Issuu on Google+

Fe s t i C l o w n

COPERACTIVA CULTURAL - CULTURACTIVA S. C. G.


INTRODUCIÓN: O FESTICLOWN O FESTICLOWN E O PÚBLICO AS SECCIÓNS DO FESTIVAL 1 Formaclown 2 Mostra Internacional 3 Certame Intergaláctico 4 Maraclown 5 Desclowntrol nas rúas 6 Clown Off 7 Clown Session 8 Apartado Social 9 Fondoclown Solidario O FESTICLOWN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DVD: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CLOWN DE GALICIA

F E S T I C L O W N


O Festiclown Leo Bassi, O Festival Internacional de Clown de Galicia naceu en 2001 para convertirse, co paso das edicións, nun evento cultural sen igual en Galicia e na Península no que se refire a programación e formación teatral. O Festiclown constitúe un intercambio continuo entre artistas e público que se desenvolve en teatros, auditorios, rúas e prazas, enchendo de humor todos os espazos da cidade, misturando o lecer, a calidade artística e a dinamización social. Ao longo destes anos o Festiclown seduciu a profesionais e non profesionais, cidadáns, cidades, alumnado, visitantes... Artistas e mestres de talla internacional como Jango Edwards, Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Philippe Gaulier ou Pepe Viyuela apadriñárono desde o seu nacemento e gañou o apoio masivo do público, tanto local como das persoas chegadas de todos os recunchos da península e máis aló, convertíndose nunha cita incondicional para moitas delas. Preto de 300.000 persoas foron dalgún xeito co-partícipes desta festa de narices vermellos ao longo das súas edicións. A marca de identidade do Festiclown é o seu espírito alternativo e solidario. Dende a súa primeira edición, o obxectivo do Festival foi democratizar a cultura e achegala ao pobo, de maneira que todos poidesen gozar e revivir a inocencia e a ilusión do clown, deixando de lado clichés ou diferenzas sociais, que nos diariamente nos separan. Unha proposta única que converte á risa na mellor arma para facer fronte á globalización e para crear unha sociedade xusta e igualitaria. Festiclown tamén ten achegado un sorriso a outras comunidades do mundo que sofren a penuria dos conflitos e a falta de recursos. Dende Coperactiva Cultural, a empresa impulsora e xestora do festival entendemos que a cultura, ademáis de ser participativa, comunitaria e creativa, ha de ser solidaria. Por iso creamos e mantemos edición tras edición un Fondoclown solidario para financiar un Proxecto Social. Dende Galicia e ao abeiro do Festiclown, levamos varios anos apoiando económicamente proxectos alternativos de carácter internacional, coma o Proxecto Educativo “Semillitas del Sol” e a axuda á creación da “Radio Insurgente de Roberto Barrios”, en Chiapas (sur de México) ou a realización dunha Caravana de Pallasos pola Paz en Palestina (2002 e 2009) e varias xiras Culturais e de encontro cos Municipios Autónomos de Chiapas (dende o ano 2003). En poucos anos, o Festiclown foi consolidando o seu prestixio ata convertirse nun dos festivais de clown de referencia obrigada no ámbito estatal e internacional para afeccionados e expertos.

F E S T I C L O W N

“O que fai único e diferente ó Festiclown do resto de festivais é que amosa a parte máis comprometida da risa”


O Festiclown e o Público Nalgún recuncho da cidade de Compostela aínda han resoar os risos de milleiros de persoas que, movidas e xuntas grazas ao clown, riron a esgalla cos centenares de actuacións que lles ofreceu o Festiclown. O mesmo aconteceu no paso do festival por Pontevedra, lugar que o viu nacer e agora en Vigo, cidade onde se asentou o Festival. Algunhas das seccións con máis proxección pública do Festiclown, coma o caso do Maraclown, teñen posto ao descuberto a parte pallasa que todas e todos levamos dentro. Nas rúas e prazas, público e artistas entendénse ás primeiras de cambio, sen necesidade de presentacións. Moitas persoas volveron revivir a inocencia e a ilusión da maxia e do clown deixando a un lado clichés ou construcións sociais para póren á vista as ganas de rir e deixar que as e os artistas as traballen. O resultado? Gargalladas e momentos incribles. Uns espectáculos baseados no humor intelixente, nas discilplinas básicas do clown e tamén nas máis innovadoras, uns trucos de maxia que cautivan e unha selección minuciosa das compañías participantes fan gozar por igual ao público, sen distinción de idades. Un ás veces público itinerante, que asiste ao espectáculo, en propostas coma o Certame Intergaláctico de Exterior súmase a outro tipo de público máis especifico, aínda que non con menos ganas de gozar, que tamén acude aos teatros en propostas incluídas na Mostra Internacional. Neste caso vívense tamén momentos memorables de todos os tipos e para todos os gustos. Desde as risas espontáneas que se xeran cando os números funcionan, até as homenaxes a grandes artistas coma Carlo Colombaioni ou Leo Bassi, pasando polas xuntanzas na rúa arredor do Desclowntrol ou sesións tamén inesquecibles que propicia o Certame Intergaláctico fan que as e os espectadores do Festiclown sexan especiais no que a público se refire. A empatía co festival e coa cidade aumenta con respecto a outras propostas artísiticas. Tanto o público galego coma o de fóra identifica Festiclown rápidamente e as reaccións van sempre acompañadas dun sorriso e un “Ah, Festiclown!”, unha admiración en resposta aos bos momentos que, tanto o festival en si coma as propostas individuais proporcionan ao respectable e que se traduce en bos recordos pasado o tempo.

Máis de 300.000 persoas xa participaron no Festiclown, tanto a nivel formativo como a través das distintas actuacións de interior e de rúa F E S T I C L O W N


AS SECCIÓNS DO FESTIVAL

F E S T I C L O W N


1 Formaclown Desde o inicio da súa andadura, o Festiclown fixo unha aposta forte por un menú formativo integral que atendese á demanda real existente principalmente en Galicia no tocante á formación profesional e/ou afeccionada de clown e teatro cómico, ofrecendo a posibilidade de formarse con algúns dos mestres máis representativos a nivel internacional. A acollida da proposta formativa do festival é, edición tras edición, sumamente positiva, xa que se cubriron a totalidade das prazas ofertadas e ata, en ocasións, fórmanse dilatadas listas de espera que levan á organizacición a ampliar o número de cursos convocados inicialmente. Nos seus anos de vida, o Festiclown pasou de dous cursos convocados na primeira edición a unha media de dez cursos nos últimos catro anos.

Algúns dos formadores e formadoras de Formaclown

Carlo Colombaioni

Leo Bassi

Nesta escola formáronse ata o momento máis de 1.000 persoas de toda Galicia, do resto do Estado e de numerosos puntos de Europa e Sudamérica (Portugal, Francia, Italia, Alemania, Arxentina...). O numeroso alumnado leva xa dez anos aprendendo de profesores de recoñecido prestixio coma Philipe Gaulier, Carlo Colombaioni, Jango Edwars, Leo Bassi, Blanca del Barrio... por citar só algúns nomes. Xuntos desenvolveron os seus coñecementos en diversas vertentes teatrais, coma o clown, o clown de rúa, o teatro xestual, as acrobacias, a maxia cómica...

Philippe Gaulier

Jango Edwards

Jhonny Melville

Carlo Bosso

Virginia Imaz

Ademáis, e a diferenza doutros programas formativos, o Formaclown conxugou a formación coa apertura de espazos para a comunicación, a convivencia multicultural, artísica e humana. O proxecto formativo de Festiclown inclúe presentación dos traballos finais dos cursos (clases de portas abertas, demostracións e actuacións de rúas compartidas), festas de improvisación e de participación grupal, e espazos para coñecer os espectáculos e as características técnicas dos mellores cómicos do panorama internacional. Esta suma de factores converte o Festiclown na maior plataforma formativa para o clown da Península, que serviu para promover o clown e o teatro de humor como disciplinas teatrais en evidente emerxencia, así como para a creación de novos espectáculos, artistas e compañías.

F E S T I C L O W N

Claudia Contín

Blanca del Barrio

Jesús Jara


2 Mostra Internacional Das múltiples caras que tén o Festiclown, sen dúbida, unha das prioritarias son as e os artistas. Elas e eles son a engranaxe que fai que a conexión entre o festival e o público sexa posible. Engranaxes que non son, nin moito menos, simple mecánica ou física, senón que cargan nos seus sistemas de funcionamento altas doses de química coas e cos asistentes aos espectáculos. O Festiclown vístese de gala para recibir dentro desta sección a unha variedade de artistas, compañías e espectáculos baixo o denominador común da calidade e o prestixio internacional dentro do universo do clown, o humor e o teatro cómico. Leo Bassi, o bufón máis irreverente de todos os tempos, acompañou o festival desde os seus inicios, presentando ano tras ano as súas montaxes, incluídas as dúas máis recentes e que levantaron maior polémica: 12 de Setembro e A Revelación. Un dos mellores pallasos do mundo, Carlo Colombaioni, herdeiro dunha tradición familiar secular ao servizo da Comedia da Arte, tamén participou en varias ocasións no Festiclown dende a súa creación interpretando maxistralmente sobre o escenario e desvelando ao alumnado dos seus talleres os segredos e a tradición da antiga arte do clown. Outras das figuras que visitaron o festival en varias ocasión foron a parella de clowns internacionais Jango Edwards e Peter Ercolano, que non dubidaron en achegar ao Festiclown as súas armas de destrucción a través da risa. A historia viva do teatro e o circo con Carlo Colombaioni, a provocación de Leo Bassi ou Jango Edwards, a popularidade e o carisma de Pepe Viyuela, Faemino e Cansado ou Eva Hache, a perfección de Johnny Melville ou de Elliot, o talento vanguardista de Carlo Mô, a beleza sublime con Res de Res, e así ata completar un longo etcétera de nomes e propostas fan deste escenario multidisciplinar unha verdadeira Mostra Internacional do humor. O público respondeu masivamente a esta oferta de espectáculos, colgando en numerosas ocasións ás portas do Teatro o cartel de “non hai entradas”. A Mostra Internacional tamén se celebra en espazos de rúa onde se programa, como mínimo, un espectáculo ao longo do festival. Por esta Mostra de Exterior pasaron artistas da talla de Capitán Maravilla, Álex Navarro, Nanny Cogorno ou Dirty Fred, entre outros.

ALGUNHAS DAS COMPAÑÍAS DA MOSTRA INTERNACIONAL: · Loco Brusca (Arxentina) · Nanny Cogorno (Arxentina) · Tom Greder (Australia) · Shirlle Sunflowers (Australia) · Badaleu´x (Bélxica) · Elliot (Bélxica) · Johnny Melville (Escocia) · Cie du Petit Monsieur (Francia) · Dirty Fred (EEUU) · Leo Bassi (EEUU) · Jango Edwards i Peter Ercolano (EEUU – Italia) · Fraser Hooper (Inglaterra) · Chris Lynam (Inglaterra)

· Carlo Colombaioni (Italia) · Pedro Reyes (Andalucía) · Res de Res (Balears) · Álex Navarro (Catalunya) · Magic Andreu (Catalunya) · Pez en Raya (Catalunya) · Pepa Plana (Catalunya) · Mofa e Befa (Galicia) · Deabru Beltzak (Euskadi) · Faemino y Cansado (Madrid) · Eva Hache (Madrid) · Yllana (Madrid) · Pepe Viyuela (La Rioja)

F E S T I C L O W N

“Festiclown confirma a súa dimensión cada vez máis internacional”

Xornal de Galicia


3 Certame Intergalactico O Certamen Intergaláctico, unha das seccións fixas do Festival e, polo tanto, presente en todas as súas edicións, viuse consolidado como a maior plataforma clown do país para a presentación e lanzamento de traballos de compañías do Estado e Internacionais, nas dúas modalidades: a de exterior, ou de rúa, e a de interior, nun teatro. Ao igual que no apartado formativo, as solicitudes recibidas para a participación foron aumentando de ano en ano, chegando a recibir preto de 100 solicitudes en cada edición. Este incremento non só foi apreciable na cantidade senón tamén na calidade das compañías que solicitaron participar. Así configurouse un programa de actuacións coa presenza dalgunha das mellores compañías de Clown do Estado que levan varios anos traballando e triunfando no campo profesional.

Jango Edwards

“ O Festiclown é a Champions League dos festivais de clown de Europa”

COMPAÑÍAS PARTICIPANTES: Niño Costrini (Arxentina) Chacovachi (Arxentina) Teatro Do Anónimo (Brasil) Patri CÍA (Andalucía) Síndrome Clown (Andalucía) Carlo Mô (Catalunya) La Fortalesa (Catalunya) Asaco Producciones (Extremadura) Muac Teatro-Clown (Zaragoza) Javi Javichi (Madrid) Good Idea Company (Madrid) Miguelillo (Salamanca) Títola Teatre (Valencia) Nas Teatre (Valencia) Puntoclown (Valencia)

F E S T I C L O W N


4 Maraclown Maraclown abre espazos para a interacción entre artistas de rúa e o público casual, convertindo o pasar a gorra nun modo máis de facer cultura e da rúa, outro escenario máis. Calquera profesional do clown, das artes circenses en xeral, da maxia ou do teatro da rúa que teña pasado polo Festiclown ama o que fai. As grandes concentracións de xente son o obxectivo que procuran as e os integrantes do Maraclown. Con ese público asegurado, números e transicións son do agrado de todos. Sen dúbida esta sección destaca pola gran cantidade de pases cos que conta cada ano así como pola súa programación ininterrumpida de 12:00 da mañá a 22:00 h da noite. Neste apartado o importante non son as infraestruturas, as grandes postas en escea ou o formalismo do teatro convencional, senón a comunicación directa en espazos abertos entre artistas e público, que ten a oportunidade de gozar durante o festival de ducias de pases ao longo de todo o día. Ao longo da historia do festival destaca o aumento progresivo edición tras edición do número de compañías interesadas en participar nesta convocatoria de rúa, pola que pasaron máis dun cento de compañías de todo o mundo, algunhas delas de recoñecido prestixio, alcanzado tras actuar en numerosos escenarios e festivais de teatro cómico.

“150 espectáculos de rúa, a maior campaña de captura de risa e gargalladas da historia recente de Galicia”

La Voz de Galicia

COMPAÑÍAS QUE PARTICIPAN: unha media de 20 por edición

PARTICIPAN COMPAÑÍAS DESTACADAS COMO: Niño Costrini (Arxentina) Chacovachi (Arxentina) Maku Jarrak (Arxentina) Grupo Electrógeno (Arxentina) Los Estrambóticos (Arxentina) Teatro Circostanzaperta (Italia) Hermanos Infoncundibles (Andalucía) Fredi (Galiza) Malabreikers (Madrid) Miguelillo (Salamanca)

F E S T I C L O W N


5 Desclowntrol nas rúas As rúas transfórmanse en escenario para acolleren as diferentes formas de facer clown e convírtense en espazo para o encontro e a tolemia arredor de actuacións, animacións e demostracións dos cursos de formación. Desde a presenza de zancudos que animan e dan cor ás rúas ata distintas animacións musicais por distintas zonas das cidades son algunhas das propostas máis destacadas que pode ver o público grazas a esta sección do Festiclown.

Desclowntrol nas Rúas é a máis plena expresión de cultura democrática, procurando nas rúas unha xanela de encontro de artistas e público, un ensaio práctico do que debe ser a vida pública: unha praza na que atoparnos e interactuar.

Leo Bassi “El Festiclown no es solo un simple conjunto de espectáculos, sino que se trata de un proyecto cultural y además demuestra amor al cómico”

ARTISTAS DESTACADOS: Avelino González (Galicia) La Máscara (Arxentina) Capitán Maravilla (Andalucía) Chus Herrera (Madrid) Trasno (Galicia)

F E S T I C L O W N


6 Clown Off Mediante a Clown Off o Festiclown pretende difundir e arroupar novos proxectos artísticos. Os actores e actrices que o desexan, dispoñen dun espazo para poder presentar os seus espectáculos en preparación ou aqueles que aínda están pouco rodados e que precisan dunha presentación en público. En definitiva, un espazo transgresor, de carácter experimental para a exhibición de espectáculos e artistas emerxentes, que poden combinar a experimentación coa profesionalidade.

“O Festiclown 2006 consolídase cun público de 55.000 persoas”

La Voz de Galicia

7 Clown Session A Clown Session é a festa da improvisación, unha invitación aberta a todas aquelas persoas que queiran dar renda solta á súa imaxinación e expresividade de forma libre e espontánea. Cada edición o escenario do Festiclown ponse a disposición dos artistas, alumnado e público en xeral que desexan participar de forma activa no Festiclown.

Iván Prado “O Festiclown é unha aposta pola risa como método para acercar a cultura á xente” F E S T I C L O W N


8 Apartado Social Neste novo século que vimos de inaugurar recentemente o pallaso ou clown segue desempeñando un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estruturas artísticas: a crítica social, o dereito á risa dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das achegas imprescindibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera lugar do noso planeta.

Baixo esta idea, o Festiclown se carateriza por conxugar a arte co compromiso social, preocupado por transmitir unha mensaxe comprometida e fomentar a participación cidadá ademais de apoiar economicamente proxectos educativos e culturais. No Programa Social do Festiclown teñen cabida exposicións solidarias, actuacións clown en hospitais, galas solidarias... e o fondo solidario destinado a proxectos de cooperación internacional.

Un referente mundial da risa, a improvisación e a solidariedade

9 Fondoclown Solidario A risa do Festiclown contaxiou edición tras edición ás xentes doutros pobos do mundo que sofren a penuria dos conflitos e a falta de recursos grazas ao Fondoclown Solidario, que destinamos a un Proxecto Social. Este recaudase a través das entradas dos espectáculos da Mostra Internacional, a venda de merchandising e as axudas que poidan facer entidades e/ou institucións que apoien ao Festiclown e ao Fondo Solidario, en especial. Esta é a aposta que facemos desde o Festiclown: a defensa dun proxecto cultural comprometido que fomente a solidariedade e a cooperación nternacionais. Desde Galicia e grazas ao Festiclown puxéronse en marcha varias iniciativas de carácter social que amosan a solidariedade humana, a cooperación internacional e o papel socioterapeútico do Clown, en realidades tan dramáticas como diversas: o apoyo á creación da Universidade das Nais da Praza de Maio, Palestina no 2002 e no 2009 ou o Estado do Sur de México de Chiapas dende o ano 2003 ao 2006, foron os portos onde atracaron os navíos cargados de esperanza e payasadas que partiron dende Galicia. Froito destas Caravanas xurdiu o proxecto de, seguindo o camiño emprendido xa fai tempo, crear unha Escola de Payasos Indíxenas zapatistas en Chiapas (México), que se converta nun apoio permanente para avanzar na construcción da súa atonomía e mellorar as súas condicións de vida. F E S T I C L O W N


O FESTICLOWN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

F E S T I C L O W N


O Festiclown nos Medios de comunicación A cobertura diaria que dan os medios de comunicación de carácter local e nacional durante a celebración do evento cada ano e a súa presenza nos principais medios de comunicación a nivel estatal, permítenos facer unha idea da relevancia do Festiclown. Durante a celebración das últimas edicións do festival fíxose habitual nos informativos das grandes cadeas estatais: TVE 1, TVE2, Telecinco e Antena 3 Televisión, así como das emisoras de radio Cadena Ser, RNE (Radio 3 e Radio 5), Onda Cero e Punto Radio. Asimesmo destaca a presenza en cabeceras estatais de gran tirada, como El Mundo, El País e ABC. A proxección do Festiclown nos medios de comunicación estatais ponse de manifesto pola súa presenza en programas de radio como Telón de fondo, Feliz domingo, El club de las siete e Aquí cabemos todos da Cadea Ser, ou Século 21 e Trébede de Radio Nacional de España (Radio 3). En prensa escrita, El País de las Tentaciones e o suplemento dominical La Mirada déronlle cabida nas súas páxinas. En televisión foi contido de programas de actualidade e culturais, como España Directo ou Miradas 2.

F E S T I C L O W N


ANEXO: O QUE DI A PRENSA

F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


F E S T I C L O W N


DVD: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CLOWN DE GALICIA


Fe s t i C l o w n


dossier festiclown galego (pequeno)