Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Page 1

CATÁLOGO CULTURACTIVA 2013

+info: www.culturactiva.org


presentación

culturactiva Desde Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuímos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo “poñéndoas ao alcance de programadores/as, concellos, festivais, Entidades e programacións”. Ofrecemos un grande abano de espectáculos teatrais e musicais do máis destacado, tanto na calidade das propostas como na variedade das mesmas. Este catálogo que se presenta a continuación é só unha pequena mostra da nosa oferta, xa que estamos especializados na realización de programacións culturais, festivais e na xestión integral de todo tipo de eventos e traballamos cun número de compañías e grupos moito mais elevado do aquí presentado. Estamos ao seu dispor para estudar, artellar e propor unha programación, proxecto ou intervención para cada caso concreto. Somos a principal distribuidora de teatro en Galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. No 2010 foron mais de 300 as actuacións as que xestionamos, cantidade superada no 2011 onde acadamos unha cifra de 350 e de novo superadas en 2012 no que case chegamos ás 450 actuacións. A pesares da forte crise que sofre ao sector optamos por centrarnos mais ca nunca na nosa política de facer a cultura e a risa accesible a todos os petos e a todos os corazóns e mostra é este elevado número de representacións. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións, pasarrúas, pirotecnia … son só algunhas das propostas coas que contamos á hora de confeccionar as nosas propostas de programacións, ou que poñemos a disposición dos nosos clientes para que eles mesmos o fagan, adaptándoas a todos os niveis (orzamentario, formato, estilo, etc).

Traballamos con concellos, asociacións veciñais, ANPAS, entidades bancarias, a administración pública en xeral, comisións de festas, festivais, programacións teatrais, empresas, etc... non só na venta teatral, senón tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encargarnos de todo o que implica a elaboración dunha programación (deseño, prensa, produción, dirección, xestión, etc) Malia a que en 2013 cumpriremos doce anos de vida, non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. Diversas programacións culturais para todos os petos,e o orgullo e diferenciación de contar coa distribución en exclusiva de artistas estatais como Leo Bassi, Pez en Raya, Alba Sarraute ou Yllana en Galicia, de grupos de música abandeirados da música catalá como Txarango ou La Troba Kung Fu, de traballar con espectáculos de compañías internacionais coma Andy Snatch, Fraser Hooper ou Jango Edwards e, de promover compañías galegas coma Os 7 Magníficos + 1, O Sonoro Maxín, Peter Punk e moitas outras. A nosa oferta de xestión profesional e integral de calquera tipo de evento ou programación, son as ferramentas que nos permiten seguir medrando ano a ano, nos motivan a seguir creando e transformando a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a vila, cidade a cidade. Para afondar nestas propostas, rogamos nos contacten no

poderás atopar información detallada, video, dossier... de cada espectáculo en: www.culturactiva.org

+info: www.culturactiva.org


índice

seccións

-Circo e clown galegos -Circo e clown estatal -Circo e clown internacional -Teatro de Comedia galegos -Teatro de Comedia estatal/internacional -Maxia galegos -Maxia estatal -Monicreques e Contacontos galegos -Monólogos galegos -Pasarrúas galegos -Pasarrúas estatal -Música galegos -Música estatal -Música internacional

+info: www.culturactiva.org


Circo e clown galegos


espectáculo

Ruactiva / Gala de Circo na Rúa breve descrición A Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, de grande formato, conta sempre coa participación de tres compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do noso novo circo. Contamos coa presenza das compañías máis representativas do momento, unha banda que interpreta música en directo e un presentador – mestre de cirimonias que dá paso a unha grande variedade de espectáculos e números circenses. A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son eixos e os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, sen dúbida, un dos mellores espectáculos de rúa de Galicia. A compañía: A compañía: Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos. FichaARTÍSTICA artística: FICHA Compoñentes: un presentador, tres compañías e un grupo de música en directo Técnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e Acrobacias aéreas Duración do espectáculo: 100 minutos Público: Todos os públicos Espazo: Interior ou exterior

M

ruactiva


espectáculo

Dous pallasos en máis apuros breve descrición Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros. Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional. Dous Pallasos en Mais Apuros é o novo espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico para compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar coa idea de volver a superar as 120 representacións e o éxito acadado polo anterior espectáculo. Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni icas desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

Dous pallasos en apuros

os sete magníficos máis un Con 10 espectáculos ás costas e tendo xa preparado o undécimo, “Os Sete Magníficos + 1” naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos. Con espectáculos coma "Dous pallasos en apuros" ou "O gordo e o calvo van ao médico" e, máis recentemente "Mañá será outro día", os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respetable as máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e o bo facer teatral.

ficha artística Autor e Dirección: Wálter Veláquez e Iván Prado Elenco: Pedro Brandariz e Fran Rei Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutos Público: infantil e familiar

breve descrición

dous pallasos en máis apuros

Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. “Os Sete Magníficos + Un” quixeron con esta peza levar os narices vermellos enriba dun escenario”, afirman os protagonistas, sendo a única produción do teatro galego infantil que inclúe este elemento. Ademais coa estrea deste obra a compañía pretende afondar na creación dun espazo para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características, poidan adaptarse practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.


compañía

Peter Punk breve descrición O mellor pallaso galego do momento con xiras por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivales estatais e galegos. Recentemente participou no Festiclown 2010 e 2011, no Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro, no Festival Mueca e outros de Canarias, no festival Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, no FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) , en varias edicións do Magiclown (Ibiza), na MITEU e no FIOT (Galicia) e infinidade de importantes festivais de circo, rúa e teatro. Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns e compañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía que nos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espectáculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo. Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jöns Pappila (Iniciación ao Clown), Antón Valén e Iván Prado ou Capitán Maravilla (Clown de Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucionando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos, tanto de rúa como de interior.

Currículo destacado Festiclown Vigo 2010 e 2011 (Galicia), Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro (Brasil), Festival Mueca e Malpaís (Canarias), Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, FITEC de Getafe (Madrid), Somriure de Pineda (Catalunya) , varias edicións do Magiclown (Ibiza), MITEU, Mostra de Teatro e FIOT (Galicia), Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Teatro Municipal de Vila Real (Portugal).

FICHA ARTÍSTICA Elenco: Isaac Rodríguez Miranda Técnica teatral: Malabares, globoflexia e humor Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos

Peter Punk 1 Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia. Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos mais destacados, cun humor gamberro e fresco sen igual. Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.

S

Peter Punk 2 (A chungatrona)

Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación. O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve cun espectáculo aínda mellor, renovado con novas rutinas, novos xogos e preparado para facer rir a todos os públicos de Galicia e máis aló. O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de NuncaMáis, PeterPunk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua. Serás ti o próximo en probar a Chungatrona?

peter punk


compañía/ESPECTÁCULO

Peter Punk E O NENO IMPERDIBLE breve descrición Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso. Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa. Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas. Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país. Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutié- rrez (Brais das Hortas) Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas) "Chungatrona": Fino Música orixinal: Brais Gutiérrez Coreografía: Xenia Tártari Produción: Peter Punk e Coperactiva Cultural-Culturactiva Dirección: Walter Velázquez Técnica teatral: Clown, Humor e Malabares Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos

S


compañía/espectáculo

Circo Chosco

M

breve descrición Circo Chosco créase tras a unión de Ariñe Azkue e Óscar Páez despois de coñecerse na escola de circo Oreka (Pamplona) na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois toman diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco ! Este espectáculo ofrece a posibilidade de se representar con ou sen rutinas aéreas, o que dá grande versatilidade á proposta para adaptala a espazos de interior e/ou exterior. Ariñe Azkue estudou na escola de Circo Oreka durante 3 anos. Realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Actuou en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox... Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka. Óscar Páez formouse na escola de Zirko Oreka durante 3 anos. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar... en diferentes lugares da península e Argentina. Formou parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” y “Zirko Oreka”, ademais de actuar en diferentes festivales de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en CC. da Act. Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Chosco ! Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!! Realizarán un espeCtáCulo cheo de trampas, golpes, maxia, fraCasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito CirCo! ChosCo é un espectáCulo Case sen fala e para todo tipo de públiCo, mestura de Comedia e CirCo, que tén Como resultado unha obra CómiCa con aCrobaCia, malabar e téCniCas aéreas nas que o públiCo se unirá aos artistas: na emoCión e na risa!!

ficha artística Elenco: Ariñe Azkue e Óscar Pérez Técnica teatral: Clown e malabares Duración do espectáculo: 50 minutos Público: para todos os públicos

circo chosco


compañía/espectáculo

roi sixto

S

breve descrición Roi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos. Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampliando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela. Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos. Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo. Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

Roi, o cagabolas No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malabares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos. A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público. Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: Roi Sixto Técnica teatral: Malabares e Maxia Cómica. Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos

roi sixto


compañía/espectáculo

desastronauts/un día de praia breve descrición Raquel e Girisho formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2011 tras a creación de “Losing Grip”. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde debutaron co espectáculo de rua “Calleret” en Santiago de Compostela e en distintas programacións de Galicia. A partir de aquí toman como base Compostela onde crean "Un día de Praia", co que xiran por innumerables teatros e rúas galegas en solitario e en programacións de Culturactiva como Pistactiva e Ruactiva. Ata que en 2010 son becados por un programa da Unión Europea como uns dos mais importantes talentos do continente e sae á luz un novo traballo que dá un novo xiro á súa carreira. "Losing Grip": unha obra na que a acción ten lugar no aire en todo momento, arriscada, anovadora, orixinal e chea de calidade. Un traballo creado en España, Francia e Inglaterra colaborando con algúns dos mais importantes maestros da especialidade.

Espectáculo O espectáculo

Raquel e Girisho ofrécenlles un espectáculo de aéreos unidos á danza, ao circo e ao teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: “Un día de praia”. Un show que combina trapecio, doble trapecio corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

compañía/espectáculo

M

nC

+18

desastronauts/Losing Grip breve descrición O primeiro espectáculo que ocorre totalmente no aire. Este espectáculo foi creado co apoio de “Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010”, operación fundada co apoio da Comisión Europea. Para realizaren “Losing Grip”, Desastronauts pasou por diferentes residencias Artisticas como son CREAC (Marseille-FR), Les Migrateurs (Strasbourg-FR), La Grainerie (Toulouse-FR), Espace Périphérique (Paris-FR) AGADIC Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela-ES), Auditorio de Valga (Pontevedra-ES). Losing Grip é o primeiro espectáculo de Desastronauts. Traballando cun material de aéreos orixinal, os artistas intentan dar un novo enfoque ao seu diciplina. Así se comunican utilizando as características das súas habilidades aéreas. Forza, axilidade, confianza, perigo, resistencia e equilibrio son metáforas da súa relación. É un espectáculo apaixonante, sen sentimentalismo, sen palabras e sen límites.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: Raquel Veganzones/Girisho Concepto & Dirección: Desastronauts Posta en escena: Marcos PTT Música: Maximilian Latva Equipo de Aéreos: Simon Peevers Duración: 45 minutos Tipo de público: Todos os públicos Técnica teatral: Aéreos

FICHA ARTÍSTICA Ficha Artística

Elenco: Raquel Veganzones e Girisho Técnica teatral: Aéreos, Teatro Xestual e Danza. Duración do espectáculo: 45 minutos Público: para todos os públicos Idioma: xestual

desastronauts


espectáculo

pistactiva

M

breve descrición A Gala de Circo na Rúa PISTACTIVA, de mediano formato, está formada pola combinación de dúas compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 90 minutos de duración, co humor como elemento de conexión. A estrutura de PISTACTIVA engloba unha sucesión de pases de ambas compañías no que teñen cabida disciplinas de novo circo: clown, malabares ou pantomima e coa presenza asegurada de números de aéreos: trapecio, corda ou teas. A interacción entre as compañías participantes, a participación do público, o humor e as espectaculares acrobacias aéreas son os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa PISTACTIVA. O elenco de artistas e compañías que habitualmente participan nestas Galas de Circo na Rúa Pistactiva é na súa maioría galego, entre as que destacan Os Sete Magníficos máis Un, Peter Punk, Roi Sixto, Trano, Fredi, … Pero tamén contamos ocasionalmente con artistas do resto do Estado e internacionais afincadas en Galicia e formados en prestixiosas escolas europeas e latinoamericanas, como é o caso de Circo Expreso, compañía de números aéreos, formada na Escola Circus Space de Londres, ou Circo Claxón, compañía arxentina cun amplo currículo de espectáculos de primeira liña internacional.

a compañía Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

FICHA ARTÍSTICA Compoñentes: unha compañía de clown e unha compañía de acrobacias aéreas. Técnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e Acrobacias Duración do espectáculo: 80 minutos Público: Todos os públicos Espazo: Interior ou exterior

pistactiva


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

Isla Le Triska

fredi

pablo trasno

rudi dudi

S Le Triska Inmobile Isla LeTriska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo: malabares, paiaso, equilibrios... con excentricidades e xogos co público. Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tontería, moita tontería. Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

S

S

a compañía

a compañía

Alfredo Pérez Muíño estudou Educación Física especializándose en Ximnasia Artística. Logo de quince meses de estudos en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a súa formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Buenos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Eivissa...

circanelo

O teatro xestual, a danza, a acrobacia e outras disciplinas circenses, como o mimo ou o clown, combínanse á perfección para crear unha historia absurda, tola e enormemente divertida sobre un artista cunha única intención: presentar o seu número a toda costa e demostrar ao seu amado público todo o que é capaz de facer. Gañador do Certame Intergaláctico de Interior no Festiclown 2006.

ficha artística Elenco: Isla. Técnica teatral: Clown e malabares Duración do espectáculo: 50 minutos Público: para todos os públicos

ficha artística Elenco: Alfredo Pérez Muíño Técnica teatral: Teatro xestual Duración do espectáculo: 50 minutos Público: para todos os públicos

Trasno é un personaxe con xa nove anos de experiencia e madurez nas distintas rúas e prazas do mundo. Creado en Galicia por Pablo Reboleiro no ano 2001, non tivo moito tempo para verse por estas terras xa que emigrou con el para Londres nese mesmo ano. Alí estudiou na prestixiosa Escola de Circo The Circus Space durante catro anos, onde creou este espectáculo co que xirou pola India, Brasil, Rusia e Arxentina. Logo, regresou á terra. Poderiamos clasificar Trasno coma un espectáculo cómico co cal a xente se identifica e participa, un espectáculo por e para o público con situacións hilarantes, outras que tocan o corazón e outras que “pinchan” un pouquiño, pois falan de nós mesmos e das nosas manías e defectos. Por outro lado é un espectáculo sorprendente con ese espírito circense do “más difícil todavía” que deixa abertas as bocas de boa parte do público. Os nenos soñan co que serán de maiores e os maiores recordan o que soñaban cando eran nenos. En definitiva, un espectáculo plural e multidisciplinar para toda a familia. Música, circo, teatro, baile e danza para o goce de tod@s.

ficha artística

Elenco: Pablo Reboleiro Técnica teatral: Malabares, acrobacias e humor Duración do espectáculo: 50 minutos Público: para todos os públicos

S clowntamination Rudi Dudi, no seu personaxe "o home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo de máis ou menos 50 minutos, valido para salas e exterior.

ficha artística

Elenco: Rudi Vanminsel Técnica teatral: Clown Duración dos espectáculos: 50 minutos Público: público infantil

circo CIRCOcaracol CARACOL

O circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga "Elegante" e a poética Plumerita, a Mosca indomable e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida...o pallaso RudiDudi...e moito máis. Unha actuación interactiva, de ritmo alto e con moita variación, especialmente elaborado para os máis cativos - 3 a 6 anos.

ficha artística

Elenco: Rudi Vanminsel Técnica teatral: Clown Duración dos espectáculos: 35 minutos, Público: de 2 a 6 anos


Circo e clown estatal


compañía/espectáculos

Capitán maravilla breve descrición Capitán Maravilla Productions é unha compañía formada pola fusión dos artistas David González Díaz (creador de “Capitán Maravila”, 2º premio na Fira de Teatre Al Carrer, 1º no Concurso de Artistas de calle de fiestas de la Mercè, 2º premio do público no Festival de teatro de Calle de Valladolid) e Víctor Ortiz de la Torre (creador de “Wilbur”) que inician coa presentación en 2009 do seu espectáculo conxunto “Mono A Mono B”.

o Capitán capitánMaravilla maravilla O Capitán Maravilla é un novo superheroe encargado de velar pola diversión do seu público por medio do seu espectáculo. Fará malabares, bailará como poida, ligará coas nenas, voará, arriscará a súa vida (e a da metade do público) e todo o que estea na súa man para conseguir as risas, aplausos e manter atónito ao público durante todo o espectáculo. O que che conten non vale, tés que velo.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: David Morales Díez Técnica teatral: Clown e malabares Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán

Mono A Mono B mono a mono b Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible , que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público. Todo comeza cando un “Mini” entra en escea, un coche fantástico no que os nosos Monos saltarán, viaxarán e ata plantarán lume. Veremos como saen de todos estes apretos. Humor, acrobacias e malabares son só unha pequena parte deste circo animalt* *Todos os animais deste espectáculo foron tratados como tales.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: David Morales Díez e Víctor Ortiz de la Torre Técnica teatral: Clown e malabares Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán

M

capitán maravilla


Compañía

KANBAHIOTA breve descrición Kanbahiota significa voltereta en brasileiro, e iso mesmo é o que vén facendo esta compañía dende o 2002. O circo, o teatro, a música, a danza son as ferramentas que usan para realizar os seus espectáculos. Ao longo destes anos crearon varios espectáculos e números de acrobacias aéreas, roda alemá e pasarruas que viraron por Europa e Sudamérica. Unha das características fundamentais de Kanbahiota é a flexibilidade artística xa que son capaces de adaptarse a todo tipo de espazos e situacións.

namorado do aire Coma se fose un conto de dragóns, dous ananos rin, bailan e sobre todo, soñan con voar e permanecer no aire. Namorado do Aire móstranos a relación de amor e xogo entre eles e os seus dragóns. As súas torpezas, habilidades e destrezas polo aire. Un número cunha técnica áxil e dinámica e un contido poético e metafórico onde se mestura o teatro, as técnicas de circo de acrobacia aéreas e marionetas de drágoas para realizar un espectáculo para toda a familia.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: Abraham Pavón e Priska Técnica teatral: Aéreos, Monicreques e Teatro Xestúal. Duración do espectáculo: 45 minutos Público: para todos os públicos

KANBAHIOTA


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

Trapu Zaharra

Trapu Zaharra

Alas Circo

Alas Circo

M

M

a compañía

vive soñando

Trapu Zaharra é unha das compañías creadoras e fundamentais do teatro de rúa en España. Nos vinte e cinco anos de existencia de Trapu Zaharra produciron dezanove espectáculos de rúa e sala, escritos e inventados por eles mesmos, sempre en clave de humor. Os temas, moi próximos á vida doméstica, sempre subliñaron a súa predilección polo anti-heroe, converténdose este en protago nista de moitas das historias e nun dos seus selos de identidade. O apoio do público é fundamental á hora de desenvolver os conflitos que propón. Sen estes secundarios imprescindibles e de luxo sería imposible facer o teatro que lles gusta. Isto obrígalles a escribir só as tres cuartas partes dos seus guións, o resto sempre é improvisado e imprescindible.

a avaría A avaría Un matrimonio sofre unha avaría no coche cando se dirixe á voda dunha sobriña da que ela vai ser madriña. O incidente prodúcese no pobo de á beira, escasos minutos antes de comezar a cerimonia. Eles dous, ataviados coas súas mellores roupas, empuxan o coche axudados por peóns ata que a situación faise imposible.

É o titulo dun musical que dous cómicos parados de longa duración queren montar. O financiamento pretenden realizalo mediante petitorio popular polos pobos por onde pasan; lugares nos que adiantan algunhas partes do espectáculo co fin de convencer a posibles “socios”. Ambos adornan o proxecto cos seus avultados currículos , uns obxectivos altruístas, unha forma innovadora de montar en tempos de crises etc etc. Son o optimismo personalizado, soamente unha dificultade porá en perigo o proxecto: que non se aguantan.

ficha artística Espazo: espectáculos exclusivamente de rúas e que combinan unha parte itinerante cunha parte fixa. Técnica teatral: Humor, Teatro de rúa. Duración do espectáculo: 50 minutos Público: para todos os públicos Idioma: castelán.

L compañía Alas Circo Teatro é unha compañía dedicada ás artes aéreas que se fusiona e investiga constantemente con outros artistas e disciplinas, sendo o aire o seu hábitat natural. Os dous artistas e acróbatas que integran Alas Circo Teatro están abertos á investigación escénica cunha alta dose de destreza física e responsabilidade social. Juan Manuel Sánchez (Córdoba) e Txutxu Buffa (Arxentina) son os compoñentes desta compañía que xa leva ás súas costas tres espectáculos de medio formato que levan anos percorrendo a xeografía española.

AMADA Y AMADOR: ENCUENTRO EN LA LUNA Circo contemporáneo con fundamentos e fortes bases de destrezas físicas aéreas e música ao vivo. Amada e Amador quedan nunha praza, a luz dun farol, unha pedida de man, e un ramo de flores, pero Amada nunca chega á cita... cando Amador descobre que Amada espéralle na lúa busca mil e unha formas para chegar ata ela, pero as relacións entre ceo e terra non son posibles.

ficha artística Técnica teatral: Aéreos, Circo e Música. Duración do espectáculo: 45 minutos Público: para todos os públicos Idioma: sen palabras.

L el espejo Espectáculo multidisciplinar con trapecio, teas, acrobacias, malabares e sorpresas. ¡Nunca un espirro deu tanta vida! - un salón en branco e negro, unha vella maleta chea de pó e un espello xigante que alza voo a cinco metros de altura son o escenario onde dous personaxes esquecidos se atopan para confirmar que non están nos recordos: nacen, viven, reviven, soben moi alto pola corda e o trapecio para fusionarse outra vez cando cae a noite no esquecemento dun espello voador. Unha tenra historia para reflectirse.

ficha artística Técnica teatral: Aéreos Duración do espectáculo: 45 minutos Público: para todos os públicos Idioma: sen palabras.


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

hilton

javi javichy

M a compañía Clown, bailarín de claqué, músico frustrado, deportista de elite, transportista, anticuario, exhibicionista, mimo pouco falador e pallaso. Na súa carreira o seu único propósito é honrar os seus continuos e doces fracasos e convivir en harmonía coas afeccións. No espazo escénico rueiro atopa unha bela oportunidade de crear un novo e efémero universo. Nace en Granada, motivado e interesado polo aspecto lúdico e creativo do movemento, licénciase en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Desenvolve paralelamente cursos e workshops de teatro xestual, mimodrama, creación de personaxe, clown, bufón... Con diversos docentes; José Piris, Miquel Crespi, Antón Valén, Jesús Jara... En 2001 é cando comeza a súa andaina como comediante e xunto ao seu compañeiro de duo Krolikowski, nace "Le Troupé". En 2004 cofunda "La Mona y el Boquerón" colectivo de artistas escénicos de diferentes nacionalidades, estilos e disciplinas, dando comezo na súa sala un ciclo que durará cinco anos de varietes mensuais, onde acontecen diversos experimentos e un grandísimo numero de sketchs e pezas curtas. En 2008 comeza a xestación do seu espectáculo unipersoal de teatro de rúa: Radio Salmonela.

M radio salmonela Aproxímase a hora "F", comeza a procura de sons deportivos, frecuencias moduladas ligadas ao deporte rei, o momento radiofónico mais esperado. Por fin conséguese sintonizar a retransmisión e de súpeto interrómpese.Catapultado por este inconveniente, crea coa complicidade do publico, un ambiente paixón-parodia deportiva que o leva a marcar o gol da súa vida, dun xeito épico, ao espido, con ovos, con humor, sen que suba ao marcador.

ficha artística Dirección e Interpretación: Hilton Bastos Técnica Teatral: clown e teatro xestual. Duración: 45 minutos Vestiario: Laura Leon Musica: Anthony Matieu Deseño Gráfico: Maribel Franco Asesoramento Técnico: Ramón Ruíz

compañía Javi Javichi, máis coñecido como El Malabarista de la Pista, é actor, showman e malabarista, con experiencia na realización de animacións en eventos e festivais por todo o estado. Compañía formada fai mais de 12 anos, de forma totalmente autodidacta nos principios e tras un período de formación posterior en distintas escolas de teatro e circo. Nos últimos anos traballou en distintos medios, destacando sen dúbida a súa participación en diversos programas de televisión, como os populares 1, 2, 3, A Leer esta Vez (TVE 1) e El Club Megatrix (Antena 3), como malabarista, ou Pecado Original (Tele 5), como presentador. Igualmente, no seu currículo conta con participacións no Festival Internacional de Teatro de Calle de Valladolid, Festival Internacional de Teatro de Getafe, Festival De Gorra 2005 ou o Festival Internacional de Teatro de SHIZUOKA en Xapón, así como un proxecto benéfico de UNICEF en diversos países de África.

veló como el rayo Los malabares, diábolos, mazas ou pelotas, como fío condutor dun malabarista no seu primeiro día de traballo, xogando coas reaccións do público e buscando o risco cun número de equilibrios sobre cilindros no que se mesturan a técnica de circo co humor máis clásico. Con esta divertida produción de rúa, Javi Javichi logra conectar co público dun xeito directo, cunha proposta artística fresca e orixinal que convence desde o primeiro momento. Proba disto é que este espectáculo obtivo o recoñecemento como mellor espectáculo do Certame Intergaláctico de exterior no Festiclown Compostela 2005, premio outorgado polo público.

ficha artística Elenco: Javi Javichi Técnica teatral: Malabares Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán


Circo e clown internacional


COMPAÑíA/espectáculo

circo claxon/revolución industrial breve descrición Circo Claxon é unha compañía única no panorama actual que fai arriscadas e espectaculares rútinas de pau chino e aéreos con trapecio de voo, algo realmente difícil de ver en todo Estado. Revolución Industrial é un espectáculo que, ademais de ter un bo nivel de humor e participación, amosa equilibrios, portes e acrobacias aéreas en diferentes elementos (mástil, trapecio) que a sitúan entre as mellores compañías do momento. Germán Cortés e Tatiana Hess presentan o seu quinto espectáculo, “Revolución Industrial”Neste caso Germán Cortés e Tatiana Hess presentan o seu quinto espectáculo, “Revolución Industrial”. A esencia deste espectáculo é a satirizacion do traballo mecanizado, a burla cara a todo este sistema produtivo que nace naquela revolución e instala o culto ao produto, ao consumo e que para iso demanda a escravización dos individuos a trapos, impersoais. E por contraposición pretende ofrecer como alternativa, outro “produto”: a arte; e outra forma de traballar: divertíndose. compañía: aAcompañía A compañía Claxon Circo é o produto da unión de dúas persoas que desde fai catro anos xuntan as súas forzas creativas dando por resultado unha rica e variada produción de postas escénicas e artísticas. Germán Cortez e Tatiana Hess, ambos con inicios en ámbitos deportivos, contan cunha ampla formación profesional. Os dous profesores de educación física, formáronse tamén en técnicas artísticas circenses e acrobáticas múltiples, así tamén como en técnicas teatrais, ela no ámbito da danza e el na música. Fichaartística artística: ficha Dirección: Circo Claxon Duración: 50 min Elenco: Tatiana Hess e Germán Cortez Técnica teatral: Aéreos, mástil chinés, portes e acrobacias

nC

circo claxon revolución industrial


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

fraser hooper / Strawberry

andy snatch / imbalance

Djuggledy / El diábolo

Gregor Wollny / Wollny

S breve descrición Strawberry recrea un espectáculo onde os elementos do mimo, a comedia gestual e o vaudeville fusiónanse coa tradición dos grandes clowns. Co seu estilo persoal, Fraser Hooper, performance de nariz vermello, percorreu o mundo deleitando a audiencias de todas as idades.

a compañía Fraser Hooper é, sen dúbida, un dos principais clowns europeos. A súa experiencia como mimo, cómico, malabarista e monociclista convérteo nun artista completo que conquista o público internacional desde o primeiro momento co seu estilo único de clown contemporáneo.

ficha artística Procedencia: Gran Bretaña Técnica: Clown e teatro xestual

nC

S

breve descrición Imbalance é un espectáculo no que hai demasiadas pelotas no aire durante os números de malabares, onde o perigo está sempre presente e no que se pon a proba toda a coordinación de Andy Snatch.

compañía: a Acompañía O artista de rúa máis encantador de Inglaterra preséntanos o seu número de corda frouxa. Un orixinal estilo de malabares, moitísimo descaro e un grande carisma levarán a un final logo do cal non só Andy Snatch terá maniotas.

ficha artística Procedencia: Gran Bretaña Técnica teatral: Clown e malabares

nC

S

breve descrición Espectáculo gañador do Certame intergaláctico de exterior do Festiclown 2011. Neste show, a música marcará o ritmo dos xogos malabares. Trucos orixinais, boas ideas e un número excepcional cun diávolo inquedo, atrevido e audaz... que non para nin un momento.

compañía: aAcompañía Jan Maske forma a compañía Djuggledy. Djuggledy é un performer alemán malabarista e showman. Conta con máis de 5 anos de experiencia actuando en rúas e festivais por toda Europa.

ficha artística Procedencia: Alemaña Técnica teatral: Malabares

S breve descrición As palabras non son o único medio de transmitir ideas e situacións. Moitas veces os xestos e expresións transmiten moito máis. Iso e moito máis é o que Gregor Wollny consegue facer nos seus espectáculos. O pracer exuberante de Wollny no proceso de creación do espectáculo é algo a non perderse. Realmente divertido! compañía: aAcompañía Gregor Wollny, un comediante multifacético de Berlín, é home de poucas palabras, pero ten moito que dicir, sendo a súa lema: as palabras son prata, pero o silencio é de ouro. Polo tanto, cando transforma regras de madeira en animais, non é que estea soamente sen palabras, está transmitindo ideas e pensamentos.

ficha artística Procedencia: Alemaña Técnica teatral: clown, teatro xestual e maxia cómica.


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

nani cogorno / lunatik

Grupo electrógeno

Chacovachi

Maku Jarrak

S a compañía Pallaso de nacemento e clown por adopción, comeza a realizar os seus espectáculos en teatros, rúas, vías de trens e prazas de Buenos Aires, os seus arredores e polo resto do mundo sempre presentando os seus espectáculos facendo as delicias de grandes, mozos e medianos.

lunatik LUNATIK, reflexo fiel de como está este mundo hoxe en día... Desordenado, cruel, amigable, enérxico, en caída libre, atorado, preguiceiro, apurado, fiel, atorrante, buscón, guerreiro, durmiñón, desvergoñado berrón e furioso, pero por sobre todo cómico, sutil, esférico, perfumado de cor, sabor e cheiro. Un pallaso plantado neste mundo no que non elixiu nacer, pero si vivir ao seu xeito… rindo!

ficha artística Duración do espectáculo: 45 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán

S comedia circense Neste divertido espectáculo, a compañía Grupo Electrógeno presenta a Palmerita (La Dama) e a Jeremías (El Director) cun espectáculo de 60 minutos onde os bailes acrobáticos e os xogos de malabares combínanse con torpeza, ridículo e as súas intimidades cotiáns. Na súa interacción co público destaca o carácter destas personaxes unidas non só polas súas habilidades, senón da man dunha historia que recrea a imaxinación. Humor, sorpresa e impacto, onde o elegante subliña o absurdo. Unha presentación de luxo, un malabarista de lume e unha bailarina, ... interactúan os nenos e os grandes. Acrobacia con humor... e tres finais de risco. ¡¡¡ Non repita isto na súa casa sen antes consultarnos!!!

ficha artística Elenco: Celina Maffei e Fernado de la Torre Técnica teatral: Malabares e acrobacias Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán

S a compañía Chacovachi é pallaso e un dos precursores dos malabares, o circo e os espectáculos rueiros en Arxentina. O seu espectácuo en Praza Francia durante 15 anos foi inspirador, abrindo camiño á chegada de sucesivas xeracións de artistas rueiros.

CUIDADO! UN PALLASO MALO O seu espectáculo unipersoal “Coidado, un pallaso malo pode arruinar a túa vida”, é unha proposta que emociona, transforma e arde chea de risas, sorrisos e gargalladas. Chacovachi amosa a un pallaso auténtico na súa loita por entreter sen estupidizar e sobrevivir no intento.

ficha artística Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán

S a compañía Malabarista, música, paradista de cabeza e sobre todo payasa, esta nova muller con técnica e humor, estimula, representa e simboliza o unipersonal rueiro feminino. Dirixido polo pallaso Chacovachi este é un espectáculo baseado na accion fisica e a comunicación comica co público dun xeito activo e fresca.

RimBomBam! Maku comunícase sen palabras, creando asi unha linguaxe universal. Os momentos técnicos e ludicos sucédense dinámicamente durante o espectáculo, de xeito fluído, e son parte dun universo cheo de equilibrios, malabares e momentos tan cómicos como únicos que levan a un final sorprendente e inesperado. Durante 40 minutos unha pallasa entretén, divirte e asombra, amosando personalidade, oficio e un alma clown que entregar.

ficha artística Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán


Teatro de Comedia galegos


compañía

Bandullo Azul descripción Inspirándose en Barriga Verde, chega no ano 2012 unha nova compañía BANDULLO AZUL. Nacida en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que tres son multitude. Carece totalmente de persoal técnico e de texto. Da súa escenografía e do seu vestiario poderíase dicir que seguen unha liña perralleira. Realmente no único que se gastou foi no director, Evaristo Calvo, aínda que este nun alarde de solidariedade coa nova compañía non quixo cobrar polas altas doses de paciencia das que fixo gala durante todo o proceso de montaxe. Xa está aquí, xa chegou a Galicia o teatro pobre, que non podre, de BANDULLO AZUL, da man de Fran Ameixeiras e Fran Campos.

espectáculo Baseándose na coñecida historia de Robinson Crusoe e o seu naufraxio, e posterior vida nunha illa deserta, esta delirante e tola comedia daranos a coñecer máis a fondo o día a día do noso protagonista xunto co seu servinte, e tamén compañeiro e amigo, Venres. A través das actividades cotiás e diarias, Robinson tentará “colonizar” dende o seu mundo civilizado ó seu salvaxe e ignorante compañeiro Venres. Unha mostra máis do 1º mundo por facerse dono de todo e de todos. Cociñar, xantar, a roupa, a relixión, a música, os modais… serán as ferramentas que utilice Robinson para facer de Venres un home de proveito. Pero este último resistirase ante tal “ataque” e amosaralle pouco a pouco a Robinson a importancia , de ser libre, de deixarse levar polo xogo, a diversión, a contemplación… e a busca da felicidade. Unha chea de situacións onde o “choque” de dous mundos e xeitos de ver a vida faranos rir e reflexionar sobre o realmente importante e necesario para vivir felices.

ficha artística Autor: Bandullo Azul e Evaristo Calvo Dirección: Evaristo Calvo Adaptación: Evaristo Calvo Técnica: Clown e Teatro Xestúal. Duración: 60 minutos. Clasificación: Todos os públicos

bandullo azul


compañía/espectáculo

O gordo e o calvo van ao médico breve descrición Despois do éxito conseguido coa produción O Gordo e O Calvo (2003), con máis de 50 representacións, tanto en Galicia como no resto do Estado, Os 7 Magníficos máis Un recuperan os seus dous personaxes máis populares para esta nova aventura clown: A Saúde é o Primeiro. Seguindo a liña do anterior, neste divertido espectáculo recuperan e actualizan algunhas vellas farsas dos pallasos de circo, mesturándose con situacións cómicas de creación propia. O humor máis clásico fusiónase coa creatividade e actitude de risco características desta compañía para compor unha obra cómica en torno ao mundo dos/as médicos/as. A idea de “O Gordo e o Calvo Van ao médico” xurdiu a partir do traballo - na primavera de 2002- de “Os 7 Magníficos máis Un” co prestixioso clown italiano Carlo Colombaioni, considerado por moitos/as como o mellor pallaso do mundo, co obxectivo de crear un espazo no teatro galego para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características, se puidesen adaptar practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa. Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público. O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medicamento, co academicismo dos doutores e das doutoras, coa solemnidade das salas de espera, co pavor ao bisturí, coa superficialidade da cirurxía estética... A escusa neste caso é a inauguración e un novo Centro de Saúde na vila. Dous políticos descobren a placa conmemorativa e, de paso, aproveitan a ocasión ara falar das melloras na sanidade pública promovidas polo seu goberno. A lentitude das listas de espera en contraposición coa velocidade da atención primaria, a cirurxía por decreto, os medicamentos, os primeiros auxilios, os médicos e as médicas en prácticas... e todo baixo o prisma clown de “Os 7 Magníficos máis Un”.

breve ficha artística Espectáculo clown de creación propia. Dirección: Iván Prado Elenco: Pedro Brandariz y Fran Rei Vestuario: Os Sete Magníficos máis Un Atrezzo e escenografía: Os Sete Magníficos máis Un Produción: Coperactiva Cultural - Culturactiva SCG e Red de Festivales Estela Duración: 70 min. Non recomendada para menores de 12 años

o gordo e o calvo van o médico


COMPAÑíA

Producións Acontrabutaca

+16

Acontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actualidade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comunmente coñecido coma público familiar. A produtora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o deteatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrabutaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con directores e compañías foráneas.

obra

O Asasino é o Mordomo sinopse Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) O Asasino é o Mordomo é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente. Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular … unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos. A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha éstrana maldición familiar... mortes, desaparicións, presenzas fantasmais... a maldición familiar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett é asasinada; polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos. A quinta dimensión, o cuarto Beatle, a terceira perna... o espectador de O Asasino é o Mordomo algo máis que un espectador... un colaborador necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador ... o público será desencadéante directo na resolución dos feitos.

ficha artística Autor e Dirección: Xosé Lueiro – David Ottone Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran Ameixeiras Técnica teatral: Comedia Duración aproximada do espectáculo: 75 minutos Idades Recomendadas: +16 M

M

o asasino é o mordomo


compañía/espectáculo

acontrabutaca

acontrabutaca/dous son parella breve sinopse Conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella. Sempre abordado dende unha perspectiva cómica; o espectáculo é unha especie de terapia en grupo onde o fin último e rirse dun mesmo. E como se encargan de recordarnos os actores: “Todiño todo está baseado en feitos reais”. Conta en escena con dous dos seguintes tres actores:

patricia vázquez Popular intérprete televisiva, conta con case dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía, Teatro da Lúa e Sapristi Teatro. Na TVG participou en programas concurso, magazines e sobre todo é coñecida como actriz en series de ficción como Air Galicia, Mareas Vivas, Padre Casares ou Pratos Combinados. Ademais desenvolve unha carreira de conta-contos, primeiro nun dúo co tamén actor Carlos Blanco e despois en solitario. Actualmente encarna o papel de Lidia na popular serie “Padre Casares”

JOSÉ MANUEL PUENTE “ISI” Habitual colaborador en distintos programas da TVG, Isi comezou a súa traxectoria artística na compañía de teatro Tirinautas, primeiro; e Producións Acontrabutaca, despois, percorrendo todos os escenarios de Galicia cunha decena de comedias. Gañador do programa da TVG “O rei da comedia”, vén colaborando con grande éxito dende hai máis de dez anos en distintos programas da TVG como Air Galicia, Supermartes, A Solaina, Land Rober ou Luar. Actualmente, traballa en Tourilandia alterna o seu papel de cómico e contador de historias con colaboracións periódicas en programas como a Solaina ou Luar.

CELSO SANMARTÍN Poeta, filosofo e contacontos galego que esta no culme dos contadores de historias galegos. Celso leva una decena de anos percorrendo o país cos seus contos e levando gargalladas a nenos e adultos.

ficha artística Título do espectáculo: “DOUS SON PARELLA… e o demais son calumnias” Duración: 1.15 Catalogación: Para todos os públicos. Dirección artística: Xosé Lueiro (Director teatral de obras como “Robin Hood” “Un morto moi vivo” ou “Frantasmas”) Elenco: ISI (Actor e cómico en programas da TVG como O Rei da Comedia, Air Galicia, Land Rober, A Solaina, Luar…), e PATRICIA VÁZQUEZ (Actriz en “Padre Casares” TVG) Produción: PRODUCIÓNS ACONTRABUTACA Distribución: Culturactiva


compañía/espectáculo

astracán

astracán/ ladrón e familia a compañía Astracán nace ao redor de grandes nomes da escena galega como Evaristo Calvo ou Avelino González e a partir do traballo desenvolvido por Francisco Rei ao fronte da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis. Todos unidos ao redor dun texto dun gran nome internacional como é o premio Nobel Darío Fo. Tras sete anos de formación continuada, en improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento escénico e seis montaxes teatrais amadores, unha escolma dos alumnos deciden dar un paso cara a súa profesionalización dentro da escena galega e irrompen con forza e ilusión con esta súa primeira produción cómica. Francisco Rei é o director artístico de Teatro do Astracán. É membro de Os Sete Magníficos máis Un, Produccións Acontrabutaca e Bagunça Teatro e monitor teatral especializado en clown. Con estas compañías e desde 2001 ten participado en 15 espectáculos profesionais. Como mestre, é responsábel da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis desde 2004 e da Aula de Teatro Municipal de Teo desde hai catro anos. Ademais, imparte regularmente cursos de iniciación ao clown. Evaristo Calvo é o asesor de dirección e director de interpretación de Ladrón e Familia. Membro das compañías Mofa e Befa e Produccións Excéntricas, participou en varias montaxes do Centro Dramático Galego e en diversas teleseries como Pratos Combinados ou Air Galicia e posúe unha ampla traxectoria profesional como actor e director e varios premios María Casares no seu armario. Avelino González é o responsable da revisión da adaptación do texto de Ladrón e Familia a partir do texto original do premio Nobel Darío Fo. Actor de cine, teatro e televisión (Padre Casares, Pratos Combinados, …), director, monologuista, contacontos, dramaturgo e traductor, é, sen dúbida algunha, un dos profesionais máis sobranceiros da escena teatral galega con outro armario ben repletiño de Premios Max e María Casares.

breve sinopse Ladrón e Familia é unha adaptación de Teatro do Astracán e Avelino González de Non Hai Ladrón Que Por Ben Non Veña do dramaturgo italiano Darío Fo, Premio Nobel de Literatura de 1997. O espectáculo quere ser unha tarxeta de presentación do estilo que pretendemos desenvolver: un humor fresco, sinxelo e moi directo, principalmente comedia de enredo. Ladrón e Familia é un espectáculo cómico a partir dos conflitos que se desenvolven na casa dun matrimonio acomodado cando se atopan cun ladrón un chisco torpe no salón da súa casa. Maridos, mulleres, as súas amantes, ciumes e malentendidos son os ingredientes deste menú de enredo no que nada é o que semella. Os leos amorosos dos nosos protagonistas, as medias verdades, as mentiras, as visitas inoportunas, as falsas aparencias e as múltiples referencias cinematográficas e televisivas aportan aínda máis comicidade a unhas situacións xa de por si cómicas por ridículas e, sobre todo, comprometidas. Todo elo presentado por unha serie de personaxes creados por Evaristo Calvo, aloucados e desquiciados, clásicos pero tamén moi actuais, cunha alta dose de autoparodia e cos que o público se sinte moi identificado.

ficha artística Autor: Darío Fo Adaptación: Teatro do Astracán e Avelino González Director artístico: Francisco Rei Asesor dirección e dirección interpretación: Evaristo Calvo Elenco: Pedro Brandariz Fran Campos Saleta Fernández Abrahán Sande Rogelia dos Outeiros Alberte Torres Escenografía e Atrezzo: Teatro do Astracán Vestiario: Teatro do Astracán Producción: Teatro do Astracán Contacto e Distribución: Culturactiva, SCG (Nacho Fungueiriño)


Teatro de Comedia estatal//internacional


compañía

alba sarraute descripción Alba Sarraute é a pesar da súa xuventude a clown mais importante da escena actual. Premios nos mais importantes festivais de humor como Tarrega ou Leioa, xiras polos principais festivais de Europa (Avignon, Edimburgo…) e a súa incrible forza en escena fan de Sarraute unha das propostas mais frescas, orixinais e potentes dos últimos anos. Cabaré, Circo, Clown e Comedia únense nunhas proporcións perfectas para dar paso a espectáculos de altísimo nivel. MIRANDO A YUKALI mirando a yukali

Os indios da Amazonia. Vivir co peso social e o medo ao fracaso, a perda da inocencia e da liberdade. O medo á morte, a dúbida á morte,a dúbida dun mesmo, da especie humana. A procura da virxinidade orgánica, a aceptación da evolución mesma. Mirando a Yukali é un espectáculo feminino que estimula a alma con humor e circo, unha pallasa que funde técnicas musicais e cabareteiras para articular textos de Koltés, Baricco, Saint-Exupéry, Miguel Hernández, Rousseau, Brecht... "Un dia o ceo caerállenos enriba e ninguén se dará conta"

Premios: "1r Premio do público da Fira de Tàrrega 2009 1r Premio o mellor espectáculo da FIPA Andorra 2009 3r Premio do público da Fira de Tàrrega 2008 1r Premio” nits golfes” del Festival Internacional de Pallasos d'Andorra 2007

soy la otra (la diva) A viaxe dunha cantante de cabaré en busca do seu pai Música, Poesía e Circo para traducir á escena as contradicións do complexo mundo interior dunha diva. O amor, a morte, a falta de fundamentos vitais como é unha casa, un territorio, un lugar onde volver, unha lingua materna. A procura da felicidade nos resultados inmediatos, do amor na inseguridade e a soidade dos escenarios. Todo nun só concerto-espectáculo que viaxa entre a poesía, a música e a acrobacia, que compaxina textos poéticos, cancións, jazz, blues, circo, maxia, crítica, etc ... A través dunha dramaturxia dialéctica, que viaxa polo amor, a vida e a morte dunha persoa, o sacrificio de ser amado e non abandonado. A loita da muller nun mundo absurdo, buscando o xeito de sentirse libre e non cada vez máis encadeada perseguindo unha falsa perfección. A Diva é unha aposta en canto á poesía visual, clave do novo pallaso contemporáneo. A Diva quere ser amada, aclamada, e por iso esaxera a súa sedución, o pallaso tamén.

soy la otra (la diva) Unha morta dáse conta que a vida continua, foi unha cantante de cabaré, elegante, divina, unha diva. Unha vez morta dáse conta que debe de entender algo ... Algo que non a deixa abandonar o seu corpo de diva. O abandono do seu pai, cando tiña 6 anos, unha vez que a obrigou a ser cantante! Ela vai en busca deste recoñecemento, dese amor perdido, pero algo falla. Había algo no medio do destino que non entendera ben. Esta nena tiña un don, pero cal? O problema non é que o seu pai abandonásea, nin que ela nunca lle perdoase, nin unha vez el morto. O problema é que ela unha vez morta non entende aínda porque non o perdoaba! non se arrepinte cando el morra, arrepentirase cando ela se morra e os ollos da morte teñan os ollos do pai. O seu karma non lle deixa ata que non entenda cal era o seu destino ... Un espectáculo de pallasa e tres músicos, que atravesa a vida dunha diva, os locais nocturnos onde ela toca, as súas contradicións, os seus traumas e a gran pregunta: Por que quere que miles de descoñecidos ámenlle?

ficha artística Técnica Teatral: Clown, cabaré, circo e música. Compoñentes: Alba Sarraute e banda musical. Duración: 80 minutos. Idades: Maiores de 16 anos. Creación: Alba Sarraute.

alba sarraute


compañía

Yllana

L

breve descrición Yllana é creatividade. Nace en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que na actualidade diversificou a súa actividade ofrecendo distintas prestacións no mundo das artes escénicas e o audiovisual. Os membros de Yllana son Juan Francisco Ramos, Marcos Ottone, David Ottone, Joseph Ou´Curneen e Fidel Fernández. Desde 1996 xestiona o Teatro Alfil de Madrid, converténdoo en un espazo de referencia dedicado á comedia en todas as súas variantes. As súas montaxes representáronse en máis de 2000 ocasións en 33 países e foron vistos por máis dun millón de espectadores. Destacan no estranxeiro tempadas teatrais en Nova York, Montreal, México DF, Roma, Londres e París e a participación en festivais internacionais de gran prestixio como o Fringe Festival de Nova York (USA) ou o Printemps des Courges de Toulouse (Francia), gañando o premio con Muuu! ao Mejor Spectacle Etranger en 1993.

Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG é a distrubuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana. Outrosespectáculos espectáculos dispoñibles dispoñibles Outros -666 -Star Trip -Pagagnini -Buuuu! -Brokers -Muuuu! -Splash -Olimplaff.

far west Un pacífico e sinxelo granxeiro recibe, nunha polvorienta estación de tren no afastado oeste, á súa prometida. Pero antes de que poidan darse o primeiro bico, é secuestrada por dous malísimos fuxidos en busca e captura. O noso improbable heroe intentará por todos os medios ao seu alcance rescatar ao seu amor, mentres que esta, durante o seu secuestro, atopará dentro dela valores que ela mesma descoñecía, que a transformarán nunha auténtica heroína. Benvidos a Far West, a primeira incursión de Yllana no xénero do Western. A través da epopea dos nosos antihéroes, penetrarémonos nun mundo salvaxe e sen lei; visitaremos tribos indias, cantinas de mala morte, desertos cheos de perigos, duelos ao sol, grandes persecucións e, como en todo bo western, acción, moita acción. Yllana homenaxea con este novo espectáculo o mundo das películas do oeste, que tanto estimularon a nosa imaxinación e fixeron xogar; aos seus heroes, os seus viláns, as súas fronteiras e aos homes que se atreveron a desafialas.

FICHA ARTÍSTICA Autor – Dirección: Yllana - Juan Francisco Ramos / David Ottone Elenco: Antonio de la Fuente, César Maroto, Susana Cortés, Rubén Hernández Técnica teatral: Humor e Clown Duración do espectáculo: 75 minutos Público: para todos os públicos Idioma: sen palabras (videoproxección en castelán).

muuu2! Ylana cumpre 20 anos sen dicir nin mu. En 1991 un grupo de mozos entusiastas levantaban un proxecto teatral que nin nos seus mellores soños esperaban que os trouxese ata aquí.

"Muuu2”, recupera o primeiro espectáculo de Yllana, que lles proporcionou 20 anos de éxitos e gargalladas. "Muuu2" é unha sátira do mundo da tauromaquia, o sentido do humor o machismo, a valentía, a patria, a festa nacional... E de todos aqueles valores sacros e inquebrantables implícitos nun rito que enfronta, en pleno século XXI, o home e a besta ao xeito do circo romano. Vinte anos logo da súa estrea, a polémica ao redor da tauromaquia ten hoxe maior vixencia que daquela. Nesta nova posta escena e total renovación do espectáculo. Por unha parte vemos novos sketches coa habitual xenialidadede Yllana e skecthes orixinais nos que xa se podían albiscar, de xeito embrionario, os acenos de identidade da compañía: a conciencia da comedia, o sentido do ritmo, o uso do son como un personaxe máis, o seu estilo tan directo, a actitude vándala na súa posta en escena, a composición dos personaxes... En pouco tempo o espectáculo converteuse nun éxito inesperado. Descubriron con el a universalidade do seu humor. Algo que crían tan local de súpeto éncheos de recoñecemento dentro e fóra das nosas fronteiras.

FICHA ARTÍSTICA Idea orixinal e dirección: Yllana Dirección Artística: David Ottone Elenco: Fidel Fernández, Juan Francisco Ramos, Antonio Pagudo, Luis Cao Coreografía: Carlos Chamorro

yllana


COMPAÑíA

Leo Bassi

Fai 6 xeracións, un antepasado de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Naquel entón, co auxe do Vaudeville, o avó Británico de Leo, Jimmy Wheeler, era unha das estrelas do London Palladium antes de ser o pioneiro da comedia en T.V. nos temperáns anos da BBC. Máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador que foi o selo dos Bassi desde que a familia está no negocio. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora. Amado ou odiado polo bufón que é, Leo nunca buscou o consenso como artista ou como home. A súa arte, libre de convencións, ofrece ao publico unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

obra

the best of sinopse “the best of” Novo especáculo no que repasará o mellor da súa carreira ao longo de aproximadamente unha hora e media de duración na que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Os mellores e mais famosos e divertidos sketchs de Bassi sobre as relixións, a banca, a dereita, o capitalismo... Nada se escapa á crítica de Bassi, a arte que, libre de convencións, ofrece ao público unha experiencia apaixonante, sensacional, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

ficha artística Idea orixinal e dirección: Leo Bassi Elenco: Leo Bassi Técnica Teatral: Bufón.. Público: Maiores de 16 anos. Duración: 100 minutos.

M

leo bassi the best of


Maxia galegos


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

mago teto/Novas tolemaxias

mago teto/O afiador

breve descrición

breve descrición

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, Teto retorna á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación … ) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla. E esta minestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobre todo, cheo de ilusión e de ilusións.

Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX, e practicamente extinguido no século XX, desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns días ou anos coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas. Un show que pode representarse tanto en interior coma en exterior, esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no cal o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes. O espectáculo adaptase moi ben para feiras e eventos en exterior xa que todo vai auto-contido na “tarazana” (nome que recibe a roda en barallete) que porta o ilusionista.

a compañía O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos moi diversos: de rúa (como O Afiador), de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en Lugo, Santiago de Compostela, ten participado en representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... Que o levaron a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións.

a compañía O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos moi diversos: de rúa (como O Afiador) , de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en Lugo, Santiago de Compostela, ten participado en representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... Que o levaron a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións.

ficha artística Dirección: Hector Guerra Escenografía: Alex Fernández, Magicus, Juan Mayoral Elenco: Mago Teto, Jorge Prieto Deseño de iluminación: Teto Música: Teto Duración: 90 minutos Técnica teatral: Maxia Público: Adulto

ficha artística

mago teto

Autor: Héctor Guerra Dirección: Héctor Guerra Adaptación: Héctor Guerra Escenografía: Alex Férnandez, Ebanistería a Roda Elenco artístico / formación: Héctor Guerra Duración: 50 minutos Técnica teatral: Maxia Tipo de público: Todos os públicos


compañía/espectáculo

dani garcía/Don Gelati a compañía Neste momento a compañía compaxina actuacións en Galicia con estancias, actuacións e formación nos EE.UU, onde xagañou premios como: 1º Premio Michigan Magic Day. 2º Premio Close Up Contest IBM Ring de St Louis. 2º Premio TAOM Texas. 3º Premio en Houston. A compañía de Dani García nace no ano 2004 e rapidamente se fai un oco no panorama máxico galego. O longo da súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeno formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fórmase nas mais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producións sexan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porque e unha lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián. Nos últimos tempos o seu traballo camiña cara un lado físico e corporal como no citado espectáculo Da’Kara ou no seu ultimo traballo, Don Gelati. Ademais de ir gañando un bo número de premios nas súas estancias en USA.

don gelati Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xeados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso ós que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público e constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con grande mobilidade e sen necesidades técnicas externas.

ficha artística Elenco: Dani García Duración: 50 min Tipo de público: infantil Técnica teatral: maxia e teatro xestual

don gelati


Maxia estatal


compañía/espectáculos

Miguelillo breve descrición Miguelillo é un novo artista que leva percorrendo as rúas e prazas de medio mundo desde fai xa máis de 10 anos, participando en festivais tanto nacionais como internacionais de maxia e teatro de rúa. Estivo presente en feiras como “Umore Azoka”, “Feira de Teatro de Castela e León”, “Fira Máxica”, “Magiclown”, “Arts de Carrer”, e festivais como “Gargallada”, “Artes de Rúa de Castela e León”, e tantas outras. Actualmente compaxina as súas actuacións con colaboracións para a televisión autonómica de Castela e León. As súas montaxes caracterízanse por buscar sempre a teatralidade das accións máxicas, concedendo á comunicación verbal e non verbal unha importancia realmente alta, conseguindo unha complicidade co público absolutamente deliciosa.

La señorita Lupierre A señorita Lupierre é unha desas experiencias que non deixarán a ninguén indiferente. A historia máis bela e tráxica xamais contada. Tres personaxes cheos de amor, e maxia que interactúan de xeito harmónico para conseguir recrear unha desas atmosferas pertencentes a outros tempos, onde a proximidade, e o misterio fanse presentes a cada pouco. Este espectáculo de micro teatro é a nova montaxe de Miguelillo, quen interpreta a Fridiano Cartapacio, quen acompañado do seu inseparable Gláfido, farán a presentación máis especial que nunca soñaron. Déixense seducir por esta nova aventura máxica, e introduzanse no mundo da Señorita Lupierre. Trátase dunha vella historia contada con continuas chiscádelas á actualidade, onde a importancia non radica soamente no efecto máxico da clásica cabeza parlante, senón, na atmosfera á que se transporta cada un dos espectadores unha vez é pechada a porta. Un novo concepto de espectáculo, que se desenvolve no interior dunha vella caravana. Tan só 12 persoas terán a sorte ou desgraza de toparse en directo con esta bela historia!! Tres marabillosos personaxes!! Unha vella caravana!! Música en directo!!

ficha artística Creación: Miguelillo Elenco: Miguelillo, Lupierre, Acordeonista. Duración: pases continuados durante todo o día de 10 min Tipo de público: Recomendado maiores de 4 anos Técnica teatral: maxia

miguelillo


compañía

Producciones los pringaos pablo cool & dimitry compañía Pablo Muñoz e Iván Prado unen os seus talentos nunha oportunidade única. Pablo Muñoz é “Pablo Superstar Cool”. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota. Cursou Clown e técnicas de humor con Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas. Premiado co 'Nariz de Ouro' do XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid 2009. Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Sta. Susanna (Barcelona). Co-fundador de Goodidea Company coa que traballa profesionalmente paseou o seu humor por Festivais de todo o mundo: Festival Internacional de Edimburgo (Escocia), Int. Incheon Clownmime Fest (Corea do Sur), Festiclown de Galicia, Magiclown de Eivissa, Fest. Int. Clowns de Madrid, Cicloclown de Sevilla, Fira Máxica de Sta. Susana, Festival T T, Feira de Leioa, Feira de Castela-A Mancha, Castelvetro Fest., Bassano do Grappa Fest. (Italia), Mosbach Fest, Heilbronn Fest, Paderborn Int. Fair, Tuttlingen Fest (Alemaña), Thun Fest (Suíza), Sint Niklas Fest. (Bélxica), Zd"ar nad Sazavou (Repúblca Checa),Chiapas (Méjico), etc. Iván Prado é a risa. Ademais de director de proxectos como Pallasos en Rebeldía e Festiclown Palestina, de festivais como Festiclown, Fira Magica e Magiclown, de compañías como Good Idea ou Os Sete Magníficos e, como culmén, actor nesta producción de Los Pringaos que surxe dunha exitosa xira por festivais brasileños de maxia e clown.

espectáculo Despois do éxito de Pablo Superstar 'A historia máis grande xamais contada” chega: Pablo Cool & Dimitry. Desta volta, Pablo Muñoz, dirixido e acompañado en escena por Iván Prado, ofrecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un “Superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e interpretado por Pablo Muñoz e o propio Prado, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposibles. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións absurdas de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público pasarao en grande.

ficha artística Elenco: Pablo Múñoz e Iván Prado Técnica teatral: Maxia cómica e clown. Dirección: Iván Prado Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos Idioma: Castelán

pablo cool & dimitry


Monicreques e Contacontos galegos


compañía

Brancaflor descripción Protagonizado por Fran Rei, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersonal de Os Sete Magníficos máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía -con máis de dez de traxectoria profesional- na arte dos contacontos. Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma 'Contos Marabillosos'. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o público é parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma é imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan. A forza da palabra e a ilusión da maxia mestúranse para compoñer un espectáculo para público infantil que pode ter cabida en programacións xerais, programas de animación á lectura, colexios, bibliotecas, … A Historia de Brancaflor, un conto máxico sobre a forza do amor.

ficha artística Dirección: Avelino González Adaptación: Avelino González e Fran Rei Elenco: Fran Rei Producción: Culturactiva, SCG Xénero: contacontos Duración: 50 mins Clasificación: público infantil (6 – 12 anos)

Brancaflor


Compañía

a tropa de trapo

a tropa de trapo

S

breve descrición Tal como pasa cos contos, non se sabe moi ben cando naceu A Tropa de Trapo. O certo é que tanto Marta coma Brais, que compoñen esta curiosa tropa, xa levabamos anos relacionados co mundo dos contos, da oralidade e da literatura, cada un polo seu lado. Coñécense en 2006 e ao ano seguinte dan o salto ós escenarios. Desde aquela, percorren toda xeografía galega (toda!) facendo soñar e pensar os nenos e nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto. Xa teñen estado en centros sociais, bares, centros de maiores, haimas, centros penitenciarios, colexios, e un longo etcétera, pero a súa especialidade son os institutos. Nos centros de secundaria é onde máis actúan e onde atopan o público máis difícil, pero tamén máis agradecido. A súa vocación didáctica fundiuse cos contos e coa música e acabou por darlles o que hoxe teñen: catro espectáculos que combinan música e palabra, adaptados a distintas idades, un feixe de historias e melodías e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.

A Viaxe das Palabras

Contos coas mans abertas.

A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que descobre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Esta é a nova proposta da Tropa de Trapo. Un novo espectáculo de contos a dúas voces con música en directo. Igual que en anteriores proxectos, segue a explorar a liña de historias reais, recollidas en primeira persoa, na busca de contos sinceros e cercanos, que falen realmente do fondo humano que a todos nos une.

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de mercados árabes coas súas disputas, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa...

Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, do laúde árabe, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

antía, wamba e o regato pequeno Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias. A Tropa de Trapo volve cun novo conto logo de centos de actuacións coas súas anteriores propostas. Xa confirmados como uns dos mais importantes membros da nova fornada de contadores galegos pola súa orixinalidade, sensibilidade e polo seu anovador xeito de achegarse a temas universais traennos un novo conto que saca á luz o mais fermoso que levamos dentro.

Que é a Hora Azul? Que é a Hora Azul? É o seu espectáculo máis variado. Contos do deserto, da Galiza, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís... Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.


espectáculo

mañá será outro día

S

breve descrición O último espectáculo de “Os Sete Magníficos máis Un” é de carácter medioambiental en torno á redución do consumo e englóbase baixo o título de Mañá será outro día. Tratando temas como o da propia vida, as cidades, o amor e a morte, con grandes doses de ironía e cunha linguaxe cotiá e coloquial para que poida chegar sen dificultade a todos os públicos e en especial aos máis novos, enriquecendo a súa conciencia ambiental. O argumento susténtase no traballo de dous actores (Isabel MartínezRisco e Fran Rei) que, en clave clownesca, irán tecendo a trama da obra e descubrirán con asombro a necesidade de conservar, reciclar e optimizar os recursos da nosa contorna natural. ”Crer que os pobos poden ser felices sen diversións”, escribiu en certa ocasión Jovellanos, “ é un absurdo; crer que as necesitan e negarllas, é unha inconsecuencia tan absurda como perigosa; darlles diversións e prescindir da influencia que poden ter nas súas ideas e costumes, sería unha indolencia farto máis absurda, cruel e perigosa ...”. Esta dimensión do feito teatral que nos transmite Jovellanos sérvenos para introducir o noso obxectivo á hora de crear esta obra. O cal non é outro senón o de crear un espectáculo fluído e ameno que invite a reflexionar sobre os modelos de desenvolvemento sustentados no uso e o abuso do consumismo e a sobreexplotación do entorno.

ficha artística Autor e Dirección: Mario Tomás Elenco: Isabel Martínez-Risco e Fran Rei Técnica teatral: Clown mesturado con manipulación de monicreques a partir de material de refugallo. Público: Infantil. Duración aproximada do espectáculo: 50 minutos Traxectoria e información relevante da cia: Festiclown 2009 e 2010. Magiclown de Sant Josep de Sá Talaia (Ibiza) Fira Mágica de Santa Susana (Barcelona) Viernes Canallas de Valdemoro (Madrid)

titereficciós

Cantos contos contas breve descrición Dous viaxeiros coinciden nunha estación de tren durante a súa viaxe. As súas vidas están condicionadas polas historias que atopan alí onde van e descubrirán nesta ocasión que coinciden en moitas facetas da súa misión polo mundo, recoller historias.Nunha realidade confusa coa fantasía, estes personaxes comparten algúns destes contos mentres agardan a que chegue o próximo tren:

- O círculo do 99. Conto que fala sobre a avaricia e o valor das cousas. Cando temos suficiente e canto precisamos para ser felices? - A Verdadeira historia de Carapuchiña Vermella (con títeres e música en directo). Conto clásico pero desmitificado.

- A sopa de pedra. Conto popular sobre enredos, inocencia e picaresca. Finalmente, os viaxeiros interatúan co público para que sexa posible esa misión de recollida de historias que, a través dunha dinámica de papiroflexia, solicita a participación de todxs para tal fin.

ficha artística Idea e creación: Titereficciós Autores: Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño Actor e Actriz: Roberto C. Mouriño e Sofía Espiñeira Idades: de 3 a 12 anos. Técnica Teatral: Contos e Monicreques. Duración 40 minutos.

titereficciós

Gofken e o libro máxico breve descrición No Libro Máxico están contidos tódolos contos do mundo. Gofken vive dentro deste libro coidando dos contos e ocupándose desas personaxes que están a piques de desaparecer porque nós, os humanos, deixamos de ler a súa historia ou ben, durante longo tempo, ninguén volveu contala...

Espectáculo que fai un percorrido pola imaxinación dos nenos e nenas facendo unha chamada de atención para que ler e contar contos sexa un hábito máis nas súas vidas. Entrañables personaxes como Gofken, o Paiaso Hakim ou o garda dos contos encarnan a fantasía preocupada pola súa propia continuidade no tempo dentro da imaxinación colectiva.

ficha artística Creacións Titereficciós Actores: Roberto C. Mouriño & Sofía Espiñeira. Música: Sofía Espiñeira Idades: A partir de 4 anos. Técnica teatral: Monicreques e música. Duración: 40 minutos.


Mon贸logos galegos


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

isabel risco

cou

pedro brandariz

mentalini

Naviza Girl Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo, escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara. Sabedes quen son, non? Ben normal, nin puta idea, normal, ademáis indo de incognito menos, claro! Vouvos dar un par de pistas, como mínimo, agora que xa vedes a estrela encarnada xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes. Eu son Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Naviza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato¡ Ídesvos super-esperrechar de risa.

ficha artística Dirección e creación: Isabel Risco Elenco: Isabel Risco Técnica teatral: monólogo. Duración do espectáculo: 45 minutos Público: Adulto.

Olá Veño do Futuro Un viaxeiro do tempo chega do futuro ata á actualidade coa súa desvencellada cronomáquina que máis ben semella un váter que bota fume. Téñenlle prohibido adiantar acontecementos do futuro, pero como é un bocazas non vai dar calado. Dará algúns consellos sobre as novas tecnoloxías, daralle un repaso á economía, fará mostra das súas habilidades psíquicas e poñerá patas arriba o auditorio. En resumo, un tío do futuro, bastante pasado, que fará rir a tódolos presentes. Un espectáculo que mestura sen complexos o monólogo coa participación do público, e que se adentra nun universo cómico plagado de referentes do cinema de ciencia ficción.

ficha artística Dirección e creación: Antón Coucheiro Elenco: Antón Coucheiro Técnica teatral: monólogo e clown. Duración do espectáculo: 45 minutos Público: Maiores de 14 anos.

PGU / Pai Noso, Padre Nuestro PGU é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Pedro Brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida dende a perpectiva de gordo. “Dende xa antes de nacer eu xa era gordo, de feito cando lle fixeron a ecografía a milña nai, eu xa non cabía na pantalla, por eso inventaron o home cinema, a pantalla ancha” … asi comeza o desternillante monólogo P.G.U (Partido dos Gordos Unidos) Brandariz leva a cabo un "monólogo clown", onde non só importa o que se dí, senón tamén a forma de dicilo, a personaxe, etc.

PGU / Pai Noso, Padre Nuestro

Monólogo cómico sobre o mundo da relixión, pero da relixión máis enxebre, da relixión das parroquias, da que sufrimos día a día as galegas e os galegos. No espectáculo mostranse os aspectos máis cómicos das propias misas e dos curas, auténticos showmans. Pai Noso parodia o mundo do clero, da feligresía e do cristianismo. Todo esto dende un punto de vista lúdico e cómico.

ficha artística

Dirección e creación: Pedro Brandariz // Elenco: Pedro Brandariz Técnica teatral: monólogo e clown.//Duración do espectáculo: 90 min. Público: Adulto.

Mentaclismo: Tsunami Mental Desde algún lugar do trópico, non sabemos de cal, pero desde algún lugar, chega mentalini... Teña coidado, tan só con miralo aos ollos pode averiguar desde o seu nome ata os seus máis profundos desexos, é unha mente privilexiada e sen límite posta ao servizo do espectáculo. Mentaclismo é un espectáculo de maxia cómica, que a través dunha serie de poderosos números recollidos por mentalini ao longo das súas viaxes polo universo, somérxenos no seu marabilloso mundo. Coa forza dun tsunami o mentaclismo inunda as nosas cabezas ata controlalas totalmente, faise coa nosa enerxía e alimentase dela para crear un hiperespectáculo cargado de humor e intelixencia (iso di el). Hai moitas razóns polas que non se debería perder este espectáculo, pero preferimos non dicirllas e que sexa vostede mesmo/a quen as descubra. Mentalini soamente para o público máis esixente... e para o resto tamén, por suposto.

ficha artística Elenco: Fran Ameixeiras Técnica teatral: Maxia cómica Duración do espectáculo: 60 minutos Público: para todos os públicos


compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

compañía/espectáculo

padre merino

illanes

pedro brandariz

A.M.E.N (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas) Unha mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo... dirixido por Fran Rei (de Os 7 magníficos + 1). O Padre Merino, coñecido antes como “Josito”, tivo unha dura infancia e peor xuventude. Problemas na casa, na escola (nunca foi bo estudante), adición ò alcohol, (chegou a beber “Don Simòn” e “Gin Larios” a pelo), ás drogas, (psicotrópicas e das outras), ó sexo, (ás veces incluso o chegou a facer con persoas)… Ata que un día atopou a Luz cando lle cae nas máns un libro do agora admirado Juan Pablo II. Ingresou, estudou e ordeouse sacerdote e como el dí: “soldado do señor”.

ficha artística Actor: Fran Campos Dirección: autodirixido Técnica Teatral: Comedia, clown e musical. Duración: 75 minutos. Público: Adulto.

solista por narices Actor, músico, cantante, zancudo, licenciado en dereito... e de Vigo. Cando lle preguntan a que se adica el di que é faranduleiro. Comezou profesionalmente no teatro como socio fundador da cía galega de espectáculos de rúa Zancalino Produs SL. Formado en canto e varios instrumentos. En Madrid, estudou interpretación na Escola de Mar Navarro e Andrés Hernández e clown con Tom Greder, Andrés del Bosque, Jons Pappilla,… Espectáculo de comedia e música Un coro formado por unha persoa, un grupo composto por un solista, un cómico a varias voces. Tras quedar sen grupo, tivo que amañarse pra seguir el só sen que ninguén notase a diferencia. Unha comedia musical ou un concerto cómico? Tango, blues, reague, bossa… e unhas cantas ocorrencias musicais!

ficha artística Actor: Jose Carlos Illanes Dirección: autodirixido Técnica Teatral: Comedia, clown e musical. Duración: 75 minutos. Público: Todas as idades.

PROFUNDIZANDO NA GALIZA PROFUNDA Neste espectáculo, analizase a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e … a familia. Brandariz aborda o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, … Todo dende un punto de vista cómico que provocará as gargalladas do público..

FAMILIA? NON, GRAZAS O monologuista Pedro Brandariz analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns , a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo isto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.

ficha artística Dirección e creación: Pedro Brandariz // Elenco: Pedro Brandariz Técnica teatral: monólogo e clown. // Duración do espectáculo: 90 minutos Público: Adulto.


PasarrĂşas galegos


grupo

Cé Orquestra cé orquestra pantasma Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

o espectáculo Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Animación musical: O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cú! Festas e romarías populares: Un repertorio cheo de cancións populares tanto de tradición oral como das gravacións sonoras, alternando con temas propios: a festa está garantida queiras ou non queiras! Música nas rúas e prazas: Enche a túa vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Que todos disfruten do home orquestra.

Festivais: Música a pé de barra entre grupo e grupo para que non pare a festa, cun repertorio elixido dependendo do tipo de festival, incluíndo sempre temas propios. Levarás o ritmo no Corpo toda a noite. Festas de época: Poderás ver ó marabilloso home orquestra debidamente caracterizado facendo fermosos e divertidos pasarrúas e animando ás prazas en festas de época tipo medievais, reconquista de Vigo… Como para non perdelo!

Locais concertos: Poemas musicais de poetas galegos, temas propios e unha chea de orixinais versións co ritmo axeitado para que o teu corpo non pare: déixate levar!! Música para os nosos maiores: Os grandes clásicos nunca morren, darlles un repasiño sempre será unha boa escusa para facer unha festa ben acompañados, cantando bailando ou como queiras!

Home karaoke: Colle o libriño, escolle a peza e escacha a gorxa cantando ó teu ritmo acompañado/a polo home orquestra, botémoslle unha cantiga.

FICHA ARTÍSTICA Elenco: César Freiría Técnica teatral: animación musical Duración do espectáculo: variable Público: para todos os públicos

cé orquestra


grupo

un día de festa biografía Culturactiva SCG, unha das distribuidoras musicais e teatrais con máis actividade de Galicia, e Os Quinquilláns, unha das compañía de refrencia do teatro de rúa galego, únense para crear un anovador producto cultural. Un Día de Festa é unha xornada completa de programación teatral para todos os públicos, con contacontos, espectáculos de novo circo e unha grande animación final.

O día empeza cunha sesión de contacontos a cargo de Os Quinquilláns (Morgana e Arturo), Os Sete Magníficos máis Un (A Historia de Brancaflor) ou mesmo un contacontos exclusivo en función do acto no que se programe a actividade.

A tarde está reservada ao clown, a maxia e ao novo circo, con dous espectáculos de rúa. Peter Punk, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Cé Orquestra Pantasma ou Rudi Dudi serán as compañías protagonistas do serán. E para rematar, unha grande animación nocturna da man de Os Quinquilláns, que pecharán a xornada con No Fondo do Mar, Ladróns de Sona ou Arrieiros, poñendo un espectacular broche de ouro a Un Día de Festa.

os quinquilláns En activo desde 1989, a compañía especialízase desde o inicio no teatro de rúa e infantil. Nos seus preto de 25 anos de traxectoria profesional, estrean multitude de espectáculos, entre os que sobrancean As Viaxes Fantásticas (1994), As Voces do Mar (1996), Irmandiños (1998), Gulliver (2000), O Circo das Máscaras (2002), Moby Dick (2004) ou A Diáspora (2005).

culturactiva scg Culturactiva SCG

Culturactiva SCG é máis que unha oficina de venda teatral e musical e máis que unha empresa de xestión cultural. Nacida hai máis de dez anos, na actualidade é a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa. Con máis de 500 actuacións ao ano, a súa proxección e presenza está a medrar tanto no ámbito galego, coma no estatal e internacional.

programa Mañá Unha sesión de contacontos Serán Dous espectáculos de clown, maxia ou novo circo Noite Unha grande animación nocturna

un día de festa


batukadas e animacións musicais

aperta breve descrición A Asociación de PERcusionistas e Tamborileiros/as foi creada en Vigo no ano 2004 co fin de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nun entorno social, procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativo. O seu prato forte é o entroido, chegando a desfilar un máximo de 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e o propio espectáculo visual, altamente contaxioso, que en si mesmo conforma esta colorida, xigantesca e dinámica festa móbil. Desde o ano 2006 veñen participando nos entroidos de Vigo e contorna. Levaron dous premios consecutivos nos anos 2007 e 2008 á comparsa máis festeira do Entroido vigués e o premio no 2007 á mellor caracterización no enterro do Meco, tamén en Vigo. Máis non só actuaron no entroido de Vigo, senón que tamén estiveron no Porriño, Bueu, Padrón, Sanxenxo... Este grupo explora os principais ritmos afro-baianos, tradicionais do entroido do nordeste do Brasil e son coñecidas as súas actuacións en prazas, rúas, centros comerciais e zonas antigas das principais cidades e vilas de Galiza e norte de Portugal.

FICHA ARTÍSTICA Técnica teatral: Animación músical, pasarrúas e percusión Duración: Variable Público: para todos os públicos Espazo: exterior

aperta


PasarrĂşas estatal


compañía/espectáculo

kull d`sac/RAGNAROK breve descrición En Culturactiva traballamos con exitosas compañías como é o caso de Kull d´Sac. Facendo pasarrúas, pirotecnia e creando incribles espectáculos á carta para calquera tipo de evento, festa ou conmemoración. Kull d´Sac son un dos mellores especialistas do Estado facendo e creando animacións de rúa, pasarrúas e espectáculos de exterior, pirotecnia, vídeo-proxeción …. É fundamental a súa capacidade de crear espectáculos á carta e para ofrecer shows cunha presenza incomparable onde pirotecnia, fogos de artificio e música nos levan a algo totalmente diferente e inesquecible; sempre contando coa participación do público e gozando de momentos de interacción, circo, acrobacias e risco inigualables en Galicia Pasarrúas con miles de watios de son, zancudos que cuspen lume, diferentes estéticas (cabaret, futuristas, anos 20), Con espectáculos por crear ou xa creados e en cartel coma Danzefoc, Ragnarok, Cabaret ou Accion-Art, entre outros; a diversión, o espectáculo, unha posta en escena elegante e contundente e a festa están aseguradas.

RAGNAROK Ao compás dos sons electrónicos máis vangardistas, Ragnarok tingue a noite de lume e danza, de ritmo e luz. Déixate levar pola súa maxia e vive ao máximo cada instante. Coreografías de lume, efectos pirotécnicos, danza en zancos e moito ritmo, converten este pasarrúas nun auténtico espectáculo itinerante. Un espectacular pasarrúas con: pirotecnia manual e estática, elementos de lume (abánicos, mazas), zancudos, escupelumes e malabaristas, un vehículo de 4 metros de altura con 2.000 W de son; pero, sobre todo, un incrible despregue de ritmo, enerxía e interacción co público.

ficha artística Técnica teatral: Pirotecnia, Pasarrúas Musicais, Zancos Espazo: Exterior Duración: Variable. Público: Todos

Espectáculos adaptados e personalizados ao orzamento, necesidades e características do cliente e o espazo de realización

L

kull d`sac


Compañía

KANBAHIOTA breve descrición Kanbahiota significa voltereta en brasileiro, e iso mesmo é o que vén facendo esta compañía dende o 2002. O circo, o teatro, a música, a danza son as ferramentas que usan para realizar os seus espectáculos.

Ao longo destes anos crearon varios espectáculos e números de acrobacias aéreas, roda alemá e pasarruas que viraron por Europa e Sudamérica. Unha das características fundamentais de Kanbahiota é a flexibilidade artística xa que son capaces de adaptarse a todo tipo de espazos e situacións.

nómadas Impresionante espectáculo itinerante onde unha familia vén dalgún lugar onde a desertización xa chegou , polo que se viron obrigados a viaxar en busca dun lugar máis habitable. Veñen coa súa roda xigante de cinco metros de altura a cal serve de medio de transporte así como de soporte para os números aéreos que se realizan nas paradas. A espectacularidade do aparello e as técnicas circenses, combinado coa música en directo e canto de lírica fai do espectáculo un conxunto que non deixa indiferente ao espectador.

O espectáculo arrinca desde un lugar amplo para percorrer as rúas facendo entre 2 e 4 paradas dependendo do percorrido, para acabar nunha praza ou lugar amplo onde se desenvolve o número final. As técnicas usadas son técnicas aéreas, corda, trapecio , cadro fixo. Acrobacia etc …

FICHA ARTÍSTICA Elenco: Variable entre catro e doce artistas. Técnica teatral: Pasarrúas Musicais, Roda Alemana e Aéreos Espazo: Exterior Duración: Variable. Público: Todos os públicos.

KANBAHIOTA


compañía/espectáculo

Alas Circo

L

breve descrición Alas Circo Teatro é unha compañía dedicada ás artes aéreas que se fusiona e investiga constantemente con outros artistas e disciplinas, sendo o aire o seu hábitat natural. Os dous artistas e acróbatas que integran Alas Circo Teatro están abertos á investigación escénica cunha alta dose de destreza física e responsabilidade social. Juan Manuel Sánchez (Córdoba) e Txutxu Buffa (Arxentina) son os compoñentes desta compañía que xa leva ás súas costas tres espectáculos de medio formato que levan anos percorrendo a xeografía española.

a maxia de thot Un lugar onde a maxia esperta. Un lugar de soños... Baixo a sombra dun gran carballo descansa o Mago Thot, quen esperta para adentrarnos nun mundo cheo de seres máxicos e fantásticos que se deixan ver como contagotas invadindo o espazo, seres divertidos que realizan proezas asombrosas: caen do ceo facendo resoar as campás, baixan polas paredes dos edificios, camiñan por cordas frouxas, ou se tiran desde o alto dunha estrutura… Cando o Meigo Thot esperta só hai que gozar do séquito que baila e xoga ao seu antollo.

FICHA ARTÍSTICA Creación: Alas Circo Teatro Técnica teatral: Pasarrúas musical con aéreos, zancudos e corda frouxa (adaptable) Duración: Variable Público: Para todos os públicos Idioma: Sen Palabras

alas circo


compañía/espectáculo

kull d`sac breve descrición En Culturactiva traballamos con exitosas compañías como é o caso de Kull d´Sac. Facendo pasarrúas, pirotecnia e creando incribles espectáculos á carta para calquera tipo de evento, festa ou conmemoración. Kull d´Sac son un dos mellores especialistas do Estado facendo e creando animacións de rúa, pasarrúas e espectáculos de exterior, pirotecnia, vídeo-proxeción ….

É fundamental a súa capacidade de crear espectáculos á carta e para ofrecer shows cunha presenza incomparable onde pirotecnia, fogos de artificio e música nos levan a algo totalmente diferente e inesquecible; sempre contando coa participación do público e gozando de momentos de interacción, circo, acrobacias e risco inigualables en Galicia Pasarrúas con miles de watios de son, zancudos que cuspen lume, diferentes estéticas (cabaret, futuristas, anos 20),

Con espectáculos por crear ou xa creados e en cartel coma Danzefoc, Ragnarok, Cabaret ou Accion-Art, entre outros; a diversión, o espectáculo, unha posta en escena elegante e contundente e a festa están aseguradas.

espectáculos á carta Kull d´Sac levan varios anos sendo unha das compañías punteiras na creación e execución de espectáculos personalizados para eventos, actividades, festas, inauguracións, etc… Traballando en grandes eventos de compañías, multinacionais, concellos, cine e festivais.

A compañía aporta, ademais dos seus valores estéticos habituais como a pirotecnia, a acrobacia, a danza vertical, os aéreos, a música en directo, o mapping e os fogos artificiais unha execución perfecta coa integración de elementos, artistas, extras, asociacións, músicos e recursos locais. Unha liberdade e experiencia que a nivel de traballo lles permite facer a execución completa do proxecto ou compartilo e crealo con entidades e persoas locais en función das preferencias do cliente.

Kull d´Sac pon toda a súa espectacularidade e bo facer ao teu servizo para crear con total liberdade e amosar que todo é posible.

piro-art A arte e a maxia duns sorprendentes zancudos, malabaristas e escupelumes ao ritmo da máis trepidante percusión invade as rúas transformándoas nunha auténtica festa.

PIRO-ART é un espectáculo Itinerante onde a música anega as rúas de ritmo mentres os zancudos interactúan co público, realizan coreografías, escupen lume, botan elementos de pirotecnia e convirten o espazo nun impresionante corre-foc móbil no que o público se convirte nun elemento mais que participa e forma parte do espectáculo.

O espectáculo é modulable e pode rematarse cunha instalación de fogos artificiais que lle dan un final realmente apoteósico e inesquecible.

L

kull d`sac


+info: www.culturactiva.org info@culturactiva.org 981 582 836


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.