INMUNIDADE

Page 1

INMUNIDADE CONCEPTO DE INMUNIDADE Capacidade de defensa dos seres vivos, que lles permite diferenciar o propio do alleo e que confire resistencia fronte ás infeccións. Os seres vivos teñen diferentes mecanismos para defenderse contra os numerosos axentes patóxenos (bacterias, virus, fungos, etc.) que os rodean. Estes mecanismos son: as defensas externas e as defensas internas, que constitúen o sistema inmunolóxico. 

DEFENSAS EXTERNAS: constitúen a primeira liña defensiva. É unha barreira inespecífica, actúa igual sobre todo tipo de xermes. Estas defensa poder ser: - Mecanismos físicos: como a pel e as mucosas que recobren o corpo e

-

as cavidades que comunican co exterior e forman unha barreira que impide a entrada dos xermes. Os mecanismos químicos: inclúen diversas secrecións que destrúen ou impiden o desenvolvemento dos xermes (suor, bágoas, saliva…)

DEFENSAS INTERNAS: cando os microorganismos superan as barreiras externas entran en xogo os mecanismos internos de inmunidade (que son exclusivos dos animais) que reciben o nome de SISTEMA INMUNITARIO. O sistema inmunitario comprende un complexo conxunto de mecanismos que teñen os seres vivos para defenderse e rexeitar as substancias alleas ou ANTÍXENOS que penetran no seu interior. Este sistema ponse en funcionamento cando o antíxeno ou substancia estraña atravesa a primeira liña defensiva; polo tanto, constitúe a defensa interna do organismo.

TIPOS DE RESPOSTA INMUNITARIA A reacción do sistema inmunolóxico ante a entrada dun antíxeno constitúe a denominada resposta inmunolóxica, que pode ser de dous tipos:  RESPOSTA INESPECÍFICA OU INNATA. É a segunda liña defensiva do organismo. Actúa contra calquera axente estraño que logre penetrar no organismo, é inespecífica. Nela interveñen células (fagocitos) e moléculas (complemento, citocinas…)  RESPOSTA ESPECÍFICA OU ADAPTATIVA. É a terceira liña defensiva do organismo e só actúa contra o antíxeno que a provocou: é específica, é distinta para cada agresor. Nela interveñen células (linfocitos) e moléculas liberadas por eles (anticorpos, citocinas…) A resposta específica pode ser de dous tipos: - Resposta humoral. O sistema inmunolóxico responde producindo anticorpos ou inmunoglobulinas específicas contra o antíxeno (linfocitos B), que se unen a el e o inactivan ou destrúen. - Resposta celular. O sistema inmunolóxico responde producindo células especializadas (linfocitos T) que destrúen o antíxeno ou as células propias se están infectadas por el.

1


SISTEMA INMUNITARIO OU INMUNOLÓXICO Atópase nos órganos e nos tecidos linfoides onde se diferencian, maduran e acumúlan os diferentes tipos de células inmunitarias, que forman o sistema inmunolóxico. O sistema inmunitario está constituído por: órganos linfoides (primarios e secundarios) e células inmunitarias.  Órganos linfoides primarios. Neles maduran os linfocitos.  Medula ósea: atópase no interior dos ósos, nela orixínanse as células nai precursoras de todos os linfocitos, que poden madurar aquí, transformándose en linfocitos B.  Timo: atópase baixo o esterno. As células procedentes da medula ósea que maduran aquí transformaranse en linfocitos T. (O equivalente nas aves é a bolsa de Fabricio)  Órganos linfoides secundarios: neles acumúlanse os linfocitos. Son: bazo, ganglios linfáticos, apéndice, amígdalas,placas de Peyer da parede intestinal e tecido linfoide asociado a mucosa (MALT)..  Células inmunitarias. Estas células orixínanse a partir de células pluripotentes localizadas na medula ósea vermella que teñen a capacidade de diferenciarse en tipos celulares moi variados. As células do sistema inmunitario forman parte do medio interno (líquidos internos do organismo: sangue, linfa, plasma intersticial, líquido cefalorraquídeo, pleural, sinovial ...) Poden ser de dous tipos:  CÉLULAS MIELOIDES Maduran na medula ósea vermella. Son un grupo de leucocitos ou glóbulos brancos, que se atopan non só no sangue senón no plasma intersticial e na linfa, como son: • FAGOCITOS:  Monocitos que na etapa de maior maduración denomínanse macrófagos.  Neutrófilos. • CÉLULAS ASOCIADAS ÁS REACCIÓNS INFLAMATORIAS: liberan substancias químicas que provocan reaccións inflamatorias.  Basófilos  Mastocitos: son elementos fundamentais na alerxia, producen grandes cantidades de histamina.  Eosinófilos ou acidófilos: con accións antagónicas que inhiben a reacción inflamatoria.

 CÉLULAS LINFOIDES.

Emigran polo sangue dende a medula ósea ós órganos linfoides para madurar: timo, bazo, amígdalas, ganglios linfáticos... 2


Máis abundantes na linfa, pero están tamén no sangue e líquidos do medio interno. Son células con núcleo e membrana con receptores que recoñecen substancias químicas. • LINFOCITOS T: maduran no timo. Distínguense diferentes tipos: o LINFOCITOS Ta ou T4, chamados tamén colaboradores ou helpers. Coordinadores do sistema inmunitario, para iso elaboran substancias que actúan de mensaxeiros (linfocinas, interleucinas) e activan aos macrófagos. o LINFOCITOS Tc ou T8, chamados tamén citotóxicos. Responsables da denominada inmunidade celular pois matan as células infectadas e tumorales e actúan segregando substancias químicas: citocinas e interferón. Son responsables do rexeitamento dos transplantes. o CÉLULAS ASASINAS NATURAIS OU NK: Son un tipo de linfocitos que teñen granulacións citoplasmáticas. Realizan unha acción citotóxica, inducindo a morte das células infectadas por xermes e das células tumorais; e unha acción reguladora, liberando substancias (citocinas) que regulan aos linfocitos B e T. • LINFOCITOS B: maduran na medula ósea vermella, de aí pasan ó sangue para almacenarse e multiplicarse no resto dos órganos linfoides, agás o timo. Responsables da inmunidade humoral. No estado de maior maduración reciben o nome de células plasmáticas, que sintetizan anticorpos, proteínas que neutralizan especificamente ós antíxenos ou substancias estrañas ó organismo.

DEFENSA INESPECÍFICA: FAGOCITOS E REACCIÓN INFLAMATORIA FAGOCITOS •

MACRÓFAGOS: son os primeiros en intervir. Previamente recoñecen se a célula encontrada é propia ou estraña. Para isto, presentan na superficie unhas proteínas receptoras específicas: proteínas do Complexo Maior de Histocompatibilidade: CMH. Destrúen por fagocitose microorganismos e substancias tóxicas e presentan ás células linfoides, linfocitos Ta, os antíxenos asociados ó CMH para que recoñezan as substancias estrañas e informen os outros compoñentes do sistema inmunitario.

• NEUTRÓFILOS: fagocitos menos selectivos pero máis abundantes que reforzan a actividade fagocítica dos macrófagos. Acoden a fagocitar atraídos polas toxinas ou substancias liberadas polas células infectadas. As células infecciosas liberan toxinas que matan os neutrófilos. Cando se produce unha infección local, pódese formar unha masa abrancazada denominada pus, formada por microbios invasores, neutrófilos fagocitando e neutrófilos mortos.

REACCIÓNS INFLAMATORIAS •

GRANULOCITOS BASÓFILOS E MASTOCITOS: Liberan substancias dos seus gránulos, como a histamina (hormona proteica), que desencadea as reaccións inflamatorias que consisten en:

3


o Aumento da permeabilidade dos capilares, ó pasar plasma sanguíneo dos capilares ó plasma intersticial, dilúense as toxinas, e facilítase a entrada e saída de fagocitos. o Atracción dos fagocitos ós lugares onde se acumulan toxinas. o Como efectos secundarios pódense citar: pruritos ou proído (estimulación das terminacións nerviosas), contracción dos bronquios (dificultades respiratorias) e febre (substancias liberadas polos fagocitos durante a fagocitose) que retrasa a proliferación de microbios por aumentar a Tª óptima. • GRANULOCITOS EOSINÓFILOS: Estimulados pola desaparición das substancias tóxicas liberan substancias que suprimen a reacción inflamatoria. A súa actuación e antagónica á que provoca a inflamación.

DEFENSA ESPECÍFICA: CÉLULAS LINFOIDES

RESPOSTA CELULAR: levada a cabo polos linfocitos T, que maduran no timo. Poden ser: o LINFOCITOS Ta – T4- COLABORADORES – HELPER - AUXILIARES Son activados polos macrófagos ó presentarlles os antíxenos unidos ó CMH. As funcións son: - Sintetizan mensaxeiros de inmunidade que activan células inmunitarias (Tc) - Estimulan a proliferación dos linfocitos B para a fabricación de anticorpos. - Opsonización: estimulan a proliferación de macrófagos e neutrófilos (fagocitos) que ao activarse fagocitan ao antíxeno. o LINFOCITOS TC – T8 – CITOTÓXICOS Son activados polos macrófagos e os Ta activados polo mesmo tipo de antíxeno. Producen dúas substancias: Provocan a destrución da célula estraña, cuxos restos son dixeridos por macrófagos. Substancias que producen a morte das células infectadas por virus (citocinas) Interferón: proteína que interfire noutras infeccións virais, xera nas células veciñas unha resistencia as infeccións víricas. Non é unha defensa específica, hai microorganismos con diferente resistencia a súa acción. o CÉLULAS DE MEMORIA: cando os linfocitos T se activan, algúns permanecen no tecido linfático como células de memoria. Estas células continúan dividíndose durante anos, esperando que o patóxeno volva a invadir o organismo. Cando isto ocorre, divídense rapidamente e destrúeno antes de que poida ocasionar a infección. •

RESPOSTA HUMORAL: levada a cabo polos anticorpos que producen os linfocitos B, os cales maduran na medula ósea vermella e despois proliferan noutros órganos linfoides, menos o timo. A teoría da selección clonal postula que a chegada dun determinado antíxeno ao organismo estimula a proliferación selectiva daqueles linfocitos que teñen n súa membrana anticorpos específicos para ese antíxeno, isto é, orixínase un clon de linfocitos. O antíxeno é responsable da formación do clon de linfocitos encargado de rexeitalo, e isto ocorre grazas á enorme cantidade de anticorpos do mesmo tipo que o clon é capaz de producir. Todos os linfocitos dun mesmo clon xurdiron dun antecesor común. 4


-

Cando tocan un antíxeno, diferénciase nun clon de linfocitos B específicos contra ese antíxeno: linfocitos B maduros inactivos, que se activan en contacto con Ta en contacto co mesmo antíxeno, converténdose nas chamadas células plasmáticas (gran desenvolvemento do retículo endoplasmático rugoso) que comezan a segregar anticorpos ou inmunoglobulinas que se unen aos antíxenos para neutralizalos ou marcalos para favorecer a súa destrución. - Células de memoria. Non todos os linfocitos B se transforman en células plasmáticas, algún convértense en células de memoria que permanecen no sangue e continúan fabricando pequenas cantidades de anticorpos durante moito tempo. Así, unha vez superada a infección, se o organismo volve a atoparse co mesmo patóxeno, este dispón de certa cantidade de anticorpos específicos contra el e volvendo a orixinar células plasmáticas e novas células de memoria. Inactívanse cando deixan de recibir mensaxeiros de inmunidade procedentes dos linfocitos Ta.

DEFENSAS QUÍMICAS DO SISTEMA INMUNITARIO As células inmunitarias actúan en combinación con substancias químicas que teñen as seguintes funcións: • Coordinan as accións dos diferentes tipos celulares: CMH, mensaxeiros de inmunidade e interferón. • Actúan directamente contra células e antíxenos: anticorpos e complemento.

Substancias que coordinan as células inmunitarias: • •

C.M.H.: Proteínas das células do organismo, sinais de identidade da mesma, os macrófagos recoñecen as células propias ou estrañas segundo o CMH. Mensaxeiros de inmunidade ou citocinas: proteínas elaboradas polas células inmunitarias, macrófagos e linfocitos Ta, para coordinar as funcións entre elas. Son: interleucinas que estimulan a proliferación dos linfocitos Tc e actúa nos procesos inflamatorios, e linfocinas que estimulan a proliferación dos linfocitos B e a súa transformación en células plasmáticas. Interferón: sintetizado polos linfocitos Tc, está proteína actúa sobre células infectadas por virus e células tumorais, xerando nas células veciñas resistencia a infección con outros virus, non é específica xa que hai virus máis sensibles ca outros á súa acción.

Actúan directamente contra células infectadas e antíxenos:

• ANTÍXENOS Os antíxenos son toda substancia allea ao organismo capaz de desencadear unha resposta inmune. Segundo a súa orixe poden ser: - heteroantíxeno : pertencen a individuos doutra especie, - isoantíxenos: proceden doutro individuo da mesma especie e - autoantíxenos: menos habituais, son moléculas do propio organismo que o sistema inmunitario recoñece como estrañas. Aínda que os antíxenos son fundamentalmente proteínas, moitos son polisacáridos e lípidos que teñen capacidade antixénica, isto é, desencadean a formación de anticorpos. Tamén poden ser moléculas sintéticas. Os antíxenos de histocompatibilidade (CMH) son glicoproteínas que se localizan na superficie de todas as células dos vertebrados, que son característicos de cada individuo, polo tanto, constitúen o seu “carné de identidade” que permite diferenciar o propio do alleo. A función das moléculas do CMH é recoñecer e unirse a antíxenos estraños e transportalos á superficie celular dos macrófagos para presentalos ás células T e desencadear a resposta inmune.

ANTICORPOS ou INMUNOGLOBULINAS (Ig)

5


Son glicoproteínas sintetizadas polas células plasmáticas, nas que se transforman os linfocitos B activos, e reaccionan cos antíxenos, que provocan a súa aparición, para neutralizalos e destruílos. Os anticorpos teñen forman de Y, cunha parte proteica e unha parte glicídica.  A parte proteica está formada por catro cadeas polipeptídicas unidas por pontes disulfuro, dúas longas (H) e dúas lixeiras (L), cunha rexión fixa constante que determina o tipo de Ig e que están determinadas por uns poucos fragmentos de DNA e unha rexión variable que determinan o lugar de unión ó antíxeno, determinadas por centos de fragmentos de DNA.  A parte glicídica, son cadeas de polisacáridos unidos covalentemente á rexión constante das cadeas H. Non se sabe moi ben cal é a súa función. Cada antíxeno provoca a secreción dun anticorpo específico, a unión co antíxeno ten a finalidade de destrílo, o que orixina o complexo antíxeno-anticorp. A reacción é moi específica, cada anticorpo só se une con aqueles determinantes antixénicos que lle son complementarios. Os tipos de reacción antíxeno- anticorpo que se poden producir son de tres tipos: - Neutralización: o anticorpo, ao unirse ao antíxeno, elimina os efectos negativos que este ten sobre o organismo. - Precipitación: se o antíxeno é soluble precipítao e os macrófagos fagocitan o precipitado. - Aglutinación: se o antíxeno é un virus ou unha célula (bacterias, por exemplo) provocan a súa aglomeración facilitando a acción dos fagocitos e facilitando a acción do complemento. - Opsonización: favorecen a fagocitose, debido a que os anticorpos facilitan a adhesión á superficie dos fagocitos. •

COMPLEMENTO. Proteínas do plasma que teñen función defensiva. Denomínanse así pola súa capacidade de complementar e de amplificar a acción dos anticorpos. As principais funcións do sistema de complemento son: - Destrución das células invasoras mediante a rotura da súa membrana. - Opsonización ou estimulación dos fagocitos, facilitan a fagocitose. - Activación da inflamación, producen vasodilatación e aumento da permeabilidad dos capilares.

MEMORIA INMUNOLÓXICA. RESPOSTA INMUNE PRIMARIA E SECUNDARIA O sistema inmunolóxico xera linfocitos de memoria capaces de recordar cada antíxeno, tras o seu primeiro contacto con el (resposta primaria). Se se produce un posterior contacto co antíxeno, a resposta (resposta secundaria) é moito máis rápiida e intensa. Polo tanto, a memoria inmunolóxica é responsable de que a resposta inmunolóxica específica poida ser primaria e secundaria. 6


 A resposta primaria prodúcese tras o primeiro contacto co antíxeno. A primeira vez que un individuo entra en contacto cun determinado antíxeno ten que diferenciar unha cepa de linfocitos B específica capaces de fabricar anticorpos específicos contra o mesmo, a resposta ten un período de latencia que é o que tarda en desenvolverse a defensa específica. É máis lenta que a secundaria, porque necesita un longo período de latencia para que os linfocitos B se diferencien e formen células plasmáticas.  A resposta secundaria. Ante un segundo contacto co mesmo antíxeno, xa existe unha cepa de linfocitos B específica para o antíxeno e en moitos casos quedan anticorpos no plasma co que a resposta inmune é moito máis rápida e non ten opción a multiplicarse, de aí que existan enfermidades que só se padecen unha soa vez. A presenza de linfocitos con memoria fai que sexa máis rápida, máis intensa e máis duradeira.

TIPOS DE INMUNIDADE •

INMUNIDADE CONXÉNITA NATURAL: Resistencia especial a determinadas enfermidades desde o nacemento (por exemplo o home é inmune á peste porcina). Pode variar dunhas razas a outras. A orixe pode ser debida a: facilidade na producción de anticorpos o dificultade do microorganismo de fixarse nas células dun individuo, especie ou raza.

ADQUIRIDA: É a que contrae un organismo contra unha enfermidade infecciosa despois de padecela, pode durar a vida, anos ou meses. É debida a memoria inmunolóxica. Os tipos de inmunidade adquirida son: • ADQUIRIDA ACTIVA É o propio individuo, mediante o seu sistema inmunitario, o que fabrica anticorpos ante a presenza do patóxeno. Pode ser de dous tipos:  Inmunidade activa natural: é a que contrae o organismo contra unha enfermidade infecciosa despois de ter padecido esa mesma enfermidade. O sistema inmunitario crea anticorpos específicos contra estes antíxenos e cando o individuo entre en contacto de novo co antíxeno desenvolverá unha resposta secundaria inmediata que neutralizará ó patóxeno.  Inmunidade activa artificial: vacinas. A técnica consiste en inocular no paciente antíxenos do patóxeno contra o que se quere protexer. Os tipos de vacinas pódense obter a partir de: fragmentos celulares, toxinas inactivadas, antíxenos purificados, microorganismos atenuados… O sistema inmunitario formará anticorpos contra estes antíxenos, e cando o microorganismo queira invadir o paciente, antes de que se poida desenvolver quedará neutralizado polos anticorpos producidos polo sistema inmune previamente sensibilizado, capaz de responder rapidamente á agresión (resposta inmune secundaria). As vacinas teñen carácter preventivo, non curativo; polo tanto, a administración debe ser anterior ao padecemento da enfermidade. 7


ADQUIRIDA PASIVA Conséguese cando os anticorpos non foron sintetizados polo propio organismo, senón que proceden doutro. A inmunidade pasiva non xera memoria inmunolóxica. Pode ser:  Inmunidade pasiva natural no caso en que o feto ou o neno acabado de nacer recibe anticorpos maternos a través da placenta ou durante a lactación, respectivamente.  Inmunidade pasiva artificial: soros. Inocúlanse ó paciente un soro que contén anticorpos xa fabricados por outro individuo que lle confiren unha inmunidade pasiva contra a enfermidade a tratar. Proporciona ao individuo inmunidade inmediata, pero pouco duradeira; por iso, teñen efectos curativos. Están indicados en enfermidades infecciosas graves nas que o individuo non ten tempo para producir os seus propios anticorpos (tétano, botulismo…). Os soros son preparados artificiais que conteñen anticorpos, obtéñense a partir do sangue de animais (cabalo, ovella…) ou de persoas que se inmunizaron activamente ou ben de forma natural ou artificial. Os soros de orixe animal poden producir alerxias, debido a presenza de proteínas específicas do animal. Hoxe en día purifícase o soro de xeito que diminúa o risco de reaccións indesexables.

AS INMUNOPATOLOXÍAS Son as distintas alteracións que presenta o sistema inmunolóxico. Poden ser reaccións contra substancias inocuas ou contra moléculas propias. Estas alteracións orixinan enfermidades máis ou menos graves no organismo. As máis importantes son as: a hipersensibilidade ou alerxias, as enfermidades autoinmunes e as inmunodeficiencias. ALERXIA ou HIPERSENSIBILIDADE Reacción inflamatoria esaxerada e xeneralista por todo o organismo, como consecuencia dunha hipersensibilidade do sistema inmunitario a algún antíxeno que en si é inofensivo para o organismo. A causa é discutida, en ausencia de contactos habituais con parasitos, o mecanismo inmunitario podería especializarse en actuar contra substancias inocuas. As substancias que provocan reaccións alérxicas son os alérxenos que invaden facilmente o organismo (sangue, inhalación, inoculación, tubo dixestivo), esténdense rapidamente polo medio interno, xerándose unha hipersensibilización do sistema inmunitario. A resposta rápida de tal cantidade de mastocitos é a causante dos síntomas das alerxias, o exceso de histamina provoca: inchazóns, pústulas, secreción masiva de mucosidades nas vías respiratorias, transtornos dixestivos, dificultades respiratorias, febre, pruritos e proídos. Cando a reacción alérxica acada unha elevada intensidade dise que o individuo padece un shock anafiláctico que pode desencadear a morte do individuo. Cando os efectos aparecen varias horas ou días despois do segundo contacto co alérxeno, e están provocados por unha resposta inmune de tipo celular, fálase de hipersensibilidade retardada. Exemplos de hipersensibilidade retardada son as dermatitis por contacto con determinados metais, cosméticos, látex ou pezas de vestir. AUTOINMUNIDADE O sistema inmunitario toma como corpo estraño a algún tipo celular ou algunha proteína propios do organismo ou autoantíxenos e exerce contra eles todas as accións propias do rexeitamento dunha infección. Algúns antíxenos foráneos poden ser tan similares a algunhas proteínas do organismo que os linfocitos reaccionan tamén contra as células do propio individuo. 8


Os autoanticorpos que se producen contra os autoantíxenos poden dirixirse contra un órgano ou tipo celular concreto ou dirixirse contra estruturas diseminadas por todo o organismo. Enfermidades autoinmunes son: esclerose múltiple (rexeitamento de cerebro e medula espiñal), miastenia grave (sinapse nervio-músculo), psoríase (pel), artrite reumatoide (tecido), diabete mellitus (células do páncreas)... INMUNODEFICIENCIA Debida a carencia dalgún dos factores do sistema inmunitario, o que produce unha excesiva facilidade para adquirir enfermidades infecciosas. Pode ser conxénita, debida a falta de maduración dalgúns elementos do sistema inmunitario, ou adquirida por algunha enfermidade (SIDA, o VIH ataca os linfocitos Ta que non toman contacto coas proteínas B7 e quedan inactivados) ou desnutrición que impida a maduración dos elementos celulares da inmunidade. Os pacientes que sufriron un transplante de órganos provócaselles unha inmunodeficiencia para impedir que o sistema inmunitario ataque ás células do novo órgano que teñen unhas proteínas do CMH distintas das do propio organismo, e polo estrañas para as células inmunitarias.

CANCRO E INMUNIDADE A teoría da vixilancia inmunolóxica di que as células tumorais expresan antíxenos que non están presentes nas células normais, o que fai que sexan recoñecidas como estrañas polo sistema inmunolóxico e, polo tanto, sexan destruídas antes de que poidan desenvolver e constituír tumores detectables. Distintas evidencias apoian esta teoría, como a detección dun maior desenvolvemento de cancros en persoas con inmunodeficiencias. En individuos portadores de cancro atopáronse inmunoglobulinas con capacidade antitumoral e linfocitos T citotóxicos sensibilizados fronte ao tumor. Os mecanismos que o organismo pon en funcionamento para destruír as células tumorais son tanto celulares (linfocitos T, macrófagos e células asasinas NK) como humorais (anticorpos antitumorais, citocinas e interferón). Ás veces, as células tumorais logran eludir a vixilancia inmunolóxica e os mecanismos antitumorais; entón, desenvólvese o cancro.

TRANSPLANTES DE ÓRGANOS Un transplante ou enxerto é a transferencia de células vivas, tecidos ou órganos dunha parte do organismo a outra, ou dun organismo a outro. Segundo a relación entre o doador e o receptor, poden ser: • Autotransplantes: doador e receptor son o mesmo individuo. • Isotransplantes: doador e receptor son xeneticamente idénticos, como os xemelgos univitelinos. • Alotransplantes: doador e receptor son da mesma especie, pero xeneticamente diferentes. • Xenotransplantes: doador e receptor son de especies diferentes. O éxito ou o fracaso do transplante depende da relación xenética entre doador e receptor. Cando o transplante se produce entre individuos xeneticamente diferentes, os antíxenos do doador poden provocar no receptor unha resposta de rexeitamento inmunolóxico. O rexeitamento débese a que cada especie animal ten un conxunto de xenesque codifican proteínas presentes na superficie das células, os antíxenos de histocompatibilidade ou CMH. Se os antíxenos de histocompatibilidade das células do órgano transplantado son diferentes aos do receptor, estes son recoñecidos como estraños e o seu sistema inmunolóxico reacciona contra esas células. Cando os antíxenos de histocompatibilidade do doador e do receptor son idénticos, non hai rexeitamento, isto ocorre entre individuos xeneticamente idénticos, grupos sanguíneos compatibles 9


ou no caso da córnea e de cartilaxes, xa que estas estruturas non teñen circulación e non entran en contacto con linfocitos do receptor. Para evitar problemas de rexeitamento nos transplantes, hai que actuar antes e despois del:  Antes do transplante: realízanse probas de histocompatibilidade entre doador e receptor para buscar a máxima compatibilidade posible.  Despois do transplante: utilízanse fármacos inmunosupresores que inhiben a resposta inmune e bloquean o rexeitamento. TRANSFUSIÓNS SANGUÍNEAS Son un tipo de transplante no que se transfire sangue dun individuo a outro. Se non hai compatibilidade haberá rexeitamento (aglutinación). No ser humano, utilízanse dous sistemas de clasificación sanguínea: o sistema ABO e o sistema Rh.  Sistema ABO. Diferenza catro grupos: A, B, AB e O segundo o tipo de antíxeno (aglutinóxeno) que leven na membranas os eritrocitos. As aglutininas ou anticorpos que pode haber no sangue son os anti A e anti B, que reaccionarán contra os aglutinóxenos A e B. As transfusións son só posibles entre individuos compatibles. Prodúcese rexeitamento cando un individuo recibe sangue con eritrocitos que teñen aglutinóxenos diferentes aos seus.  Sistema Rh. Os eritrocitos poden ter outro antíxeno: o Rh, podendo ser Rh+, os que o teñen e Rh-, os que non. Se se transfunde sangue dun Rh + a un Rh-, o individuo sensibilízase e produce anticorpos anti Rh.

10


11


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.