Page 1

A I N R U T NOC Coru~na mutante

A revista de cultura e ocio de Nocturnia para a mocidade Nº 5 XULLO-SETEMBRO 2017

Sons do Noroeste Do 8 ao 13 de agosto goza de música en cada recuncho

EN MOVEMENTO Ponte en forma aproveitando terra e mar

Eu quedo na Coruña Este verán redescubre a túa cidade

Sinte o flow Coñece con Nocturnia o primeiro

festival de cultura urbana da Coruña

SIGUE A PISTA A... Raquel Espada

Os matos e os bosques do mar Descubre a riqueza das algas da nosa cosa con Óscar Freire

CORUÑA XUVENTUDE

1


A I N R U T C NO Corun~a mutante

Tes nas túas mans “Coruña Mutante”, a guía definitiva para aproveitar ao máximo o verán na Coruña, unha cidade na que chova a mares ou queime o sol, a oferta cultural, de lecer, deportiva, musical… non para. Así que colle bolígrafo e papel para marcar a túa axenda de xullo a setembro. Arrancamos coa cita musical por excelencia da Coruña. O Festival Noroeste Estrella Galicia trae este ano máis de 100 artistas con sons eclécticos en contornas con encanto como prazas, espazos museísticos, recunchos urbanos e escenarios naturais, como a praia de Riazor. E de balde! En total 15 escenarios, máis de 200 horas de música, e unha cita única para que apuntes a segunda semana de agosto e da que quererás presumir. A banda de rock coruñesa Jules & the Wolf, será a encargada de abrir o Noroeste en San Nicolás. Son usuarios dos Locais de Ensaio e fálannos da súa esencia, os seus soños e as súas expectativas. Nestes meses é normal que prepares algunha viaxe e seguro que empregas Internet para iso, así que che damos pistas para que aproveites ao máximo a tecnoloxía dixital á hora de organizar a túa escapada. Tamén che presentamos algúns blogs de viaxe que se fan desde a cidade. E se no verán ficas na Coruña, estás de sorte! Tes múltiples alternativas para non aburrirte nin un minuto! Nestas páxinas

O equipo de Coruña Mutante somos:

animámoste a (re) descubrir a túa propia cidade participando nas rutas turísticas caracterizadas, percorrendo o Sendeiro Atlántico, acudindo ás actividades dos museos, apuntándote a excursións… e por suposto acudindo a festivais tan diversos coma o Mar de Mares e Sinte o flow. Este último é o novo festival da cidade, que terá lugar en xullo na Agra do Orzán e que reunirá a mozos e mozas amantes da cultura urbana. Pon atención que damos conta do que alí vas atopar: skate, breakdance, parkour e moito máis. Para que non perdas nada, facilitámosche unha axenda completa con actividades en diversos puntos da cidade. Cultura, música, artes escénicas… e deporte, que tampouco para estes meses, sobre todo o que se practica no mar. Por iso seguro que che interesa o que che contamos sobre os cursos de piragüismo da Sociedade Deportiva As Xubias. A actriz Raquel Espada foi a valente que nesta ocasión se atreveu co cuestionario mutante. Coñécea un pouco mellor e descubre algún segredo sobre a intérprete de series como O Faro, Urxencia Cero ou Cuéntame como pasó. E nada máis, soamente desexarche un bo verán e invitarte a que participes nas redes sociais de Nocturnia para deixarnos as túas achegas sobre o que queres ver no vindeiro número de Coruña Mutante. Xa sabes que esta revista fala ti. Boas vacacións mutantes!

Edita: Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña - www.coruna.es/participacion Deseño, maquetación e contidos: The Office Comunicación - www.theofficeco.es 2

Imprime: Gráficas Mera - www.graficasmera.com Depósito legal: C-272-2016


E ti que pensas? comparte

#EuSonMutante Nocturnia

@Nocturniacoruna nocturniacoruna

SONS DO NOROESTE 4-5 JULES & THE WOLF 6 7 VERÁN EN MOVEMENTO ENTREVISTA / ÓSCAR FREIRE 8-9 9 NOCTURNIA / ACTIVIDAES AXENDA CORUÑA 10-11 ESTE VERÁN EU QUEDO NA CORUÑA 12-13 SAL A RÚA E SINTE O FLOW 14 CONSTRÚE A CORUÑA QUE QUERES! 15 SIGUE A PISTA / RAQUEL ESPADA 16

3


SONS DO NOROESTE

Gústache a música? Pois estás de sorte, porque este verán volven os sons máis eclécticos ás rúas! Do 8 ao 13 de agosto, A Coruña transformarase para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, una cita musical organizada polo Concello da Coruña que saca a música dos espazos máis convencionais, espallándose por toda a cidade, desde a praia de Riazor ata o Castelo de Santo Antón, pasando por prazas, museos, parques e paseos.

A mestura de estilos -Pop, rock, swing, folk, psicodelia, reminiscencias

sixties, funk, kraut, sons urbanos, flamenco, fado, jazz, electrónica, country alternativo, rock progresivo, garage, rockabilly, indie, hardcore...- fai do Noroeste Estrella Galicia un festival único que se abre a todos os públicos. En total seis días, máis de 100 bandas e artistas -case a metade galegas-, 200 horas de música, 15 escenarios distintos... Non hai outro festival igual!

O que che agarda Do martes 8 ao xoves 10 as prazas de San Nicolás, As Bárbaras e o Campo da Leña e os museos Fundación Luís Seoane, Casa Museo Casares Quiroga e Castelo de Santo Antón acollerán 45 concertazos de bandas como Los Mambo Jambo, Aviador Dro, Mourn, Enric Montefusco, Lisa & The Lips, ou Rosalía &Raül Refree, entre outros. Venres e sábado é a quenda do escenario máis especial, o da praia de Riazor, onde poderás

E é que o Noroeste Estrella Galicia aposta por (re) descubrir de forma

gozar das actuacións de Kaiser Chiefs, Surfin’Bichos e The Jesus and Mary

próxima, experiencial e sostible espazos singulares, bandas imprescindibles,

Chain, teloneados polos gañadores do Concurso de Cuac FM The Riggos,

directos vibrantes e unha cidade única bañada polo Atlántico. Poderás gozar

Eager Platypus, Boyanca Kostova e Cía Campillo. E o parque do Paseo

dun festival contemporáneo e vibrante coma a propia A Coruña, cun cartel

das Pontes estache agardando o domingo desde as 12.30 para vivir unha

atractivo e ecléctico que reúne figuras de nome internacional e estatal, que

“romaría” musical mentres coñeces de preto produtores locais e rexionais

compartirán escenario con artistas emerxentes e novas promesas na súa

da man do Mercado da Colleita de Mundo HR.

aposta por se converter nun verdadeiro escaparate da nova escena musical galega. O mesmo ves en San Nicolás, ou no Campo da Leña, a túa veciña ou compañeiros da Universidade, sorprendéndote cunha faceta musical que non coñecías! Pois a partir de agora non poderás deixar de escoitalos ou seguilos en cada concerto. Música e arquitectura dialogarán así durante o Noroeste na Coruña para deseñar un mapa de sons moi especial. Un ano máis o festival encherá de música todos os recunchos da cidade. E é que se algo ten, ademais do seu atractivo cartel de concertos de balde, é o espazo único onde teñen lugar os seus directos: unha praia bañada polo Atlántico, atrios e patios de museos que se renden á experimentación, prazas carismáticas de pedra galega… Unha verdadeira experiencia que invita á diversión espontánea e cotiá da música a toda A Coruña e aos seus visitantes. Xa podes ir chamando ás túas amizades de fóra para que veñan á Coruña na segunda semana de agosto! Por certo! Este ano xa non hai tempo pero se te adicas á música podes formar parte do cartel do Noroeste a vindeira edición. Como? Participando no Concurso de Bandas e Solistas, que cada ano convoca a emisora Cuac FM, e que ten como premio a actuación no escenario da praia de Riazor. Outras asociacións que colaboran coa programación musical e asesoramento a artistas nesta 31 edición do Noroeste son Nave 1839, Desconcierto Cultural, Clubtura e Músicos ao Vivo. 4

Pero iso non é todo! Este ano o Noroeste Estrella Galicia amplía a experiencia festivaleira e, de xoves a sábado, adianta o seu comezo ao mediodía cun cartel de artistas e bandas da escena musical independente galega e estatal que amenizarán rúas e espazos abertos levando o ritmo á hora do aperitivo. E do día pasamos á madrugada co Noroeste +. Cando finalicen os aplausos na praia, prazas e rúas, as salas imprescindibles da noite coruñesa abrirán as súas portas a DJs residentes e visitantes con xeniais pinchadas. Consulta o cartel e a programación na web www.festivalnoroeste.com e sigue todas as novidades a través do Facebook, Twitter e Instagram do Festival Noroeste Estrella Galicia.


(Re) Descubre Unha cidade Un festival 15 escenarios diferentes + de 100 bandas e artistas 6 días de concertos 200 horas de música

Máis música

• Festival Solidario Coruña En Directo Cada ano os Locais de Ensaio da Coruña, de onde saen algunhas das bandas que podes ver no Noroeste Estrella Galicia, organizan esta cita na que música e solidariedade van da man. Artistas e bandas usuarias deste servizo municipal ofrecen cada ano un concerto na sala O Túnel no que se recollen produtos que se destinan a distintas ONG da cidade. Pon atención ás datas!

• Tempada OSG A Orquestra Sinfónica de Galicia leva 25 anos ofrecendo interpretacións inesquecibles. Cada tempada achega a música clásica a toda a cidade, a través das súas actuacións no Pazo da Ópera da Coruña

MAPA DE SONS As Matinais Bulevar do papagaio Praza da Galera Praza de JosÉ Sellier Loup Rúa Torreiro Rúa Capitán Troncoso Prazas Campo da Leña Praza das Bárbaras Praza de San Nicolás Museos Casa Museo Casares Quiroga Castelo de Santo Antón Fundación Luís Seoane Praia de Riazor Noroeste+ Salas de concertos de locais nocturnos ROMARÍA Parque do Paseo das Pontes

–para as cales podes adquirir os abonos de Venres ou Sábado¬- e en streaming HD, a través do seu YouTube, o máis visto do seu sector en Europa!

• Ciclo Son Futuras Promesas SonFuturo é un proxecto do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia que conta coa colaboración da Fundación Repsol e que dá unha oportunidade aos novos valores. De febreiro a maio ofrece un ciclo de concertos nos que participan a “Orquesta de Niños Cantores” e o “Coro Joven”, así como intérpretes da “Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia” .

• Os Imprescindibles A Concellaría de Culturas programa ao longo do ano o ciclo Os Imprescindibles, que se desenvolve en teatros e auditorios, nun formato a medio camiño entre os grandes escenarios e as salas. Por el xa pasaron artistas do talle de Nacho Vegas, Mark Lanegan, Silvia Pérez Cruz, Wilco, John Mayall ou Caetano Veloso. Este xullo tes unha cita no Pazo da Ópera co mítico Franco Batiato!

• Programación de concertos E pon atención á axenda mensual de Cultura Coruña para coñecer todo o que se coce nos espazos culturais da cidade: Teatro Rosalía, Colón, Pazo da Ópera, Coliseum, Ágora, Fórum Metropolitano,… ou a rúa, por que non? A Coruña é música e calquera recuncho pode converterse nun escenario. E non esquezas que contamos con moitos locais e salas de concertos con programacións moi atractivas. Se non gozas da música en vivo é porque non queres! 5


Jules & The Wolf

©Tin García

“Na música atopamos adrenalina e paixón, que canalizamos dando moita tralla!”

Jules & The Wolf son Roi (voz principal e baixo), Gon (guitarra) e André (batería e coros). Tres coruñeses (André de nacemento, Roi e Gon de adopción) na década dos vinte, que soñan con dar a coñecer a súa música e xirar por todo o mundo. Por que non? Comprobámolo escoitando o seu primeiro traballo, Shores (2015) e, mentres agardamos polo seu novo EP, (que están a gravar no Estudo Treboada), poderás velos o 8 de agosto no Noroeste Estrella Galicia dando tralla e demostrando por que este ano abren un dos escenarios máis rockeiros do festival, a praza de San Nicolás. E é que a música é o que os move, desde moi novos por separado e desde 2013 como banda. Cóntannolo eles. Abrides o Noroeste en San Nicolás. Que supón para vos? Gon_ Despois de asistir tantos anos ao Festival é toda unha honra poder participar nesta edición. André_Si. A verdade é que é unha moi boa oportunidade para darnos a coñecer dun xeito tan grande ao público. Estamos desexando que chegue o día. Que vai atopar o público? Roi_Moita tralla! A. _ Exacto, moita tralla causada por tres tíos apaixonados do que fan. Que agardades do Festival? A. _ Pasalo en grande. Xa sexa tocando como vendo grupos. Hai moitos e moi bos esta ano no cartel. Adrift, Travesti Afgano, Prexton… Son moitas bandas. R._ Que sexa unha festa, que lle encantemos ao público e, que tanto eles coma nós quedemos con gana de máis. E o do nivel das bandas é certo. Klüte, con quen xa tocamos unha vez…son o mellor! Futuro Terror, Lamprea explosiva… G._ Si. Klüte, Malandrómeda, Bala, Ánima, con quen tamén tocamos… Son xente dez e uns musicazos. Como nace Jules & The Wolf? G._ Eu estudaba Deseño Gráfico con André, e coñecía a Roi desde facía tempo. Viña dun proxecto musical anterior que acababa de deixar e tiña ganas de lanzarme a outro, máis no meu estilo, así que sabendo que os dous tocaban batería e baixo soamente tiven que xuntalos. Iso foi no 2013 e... ata agora! Como evolucionastes? A._ Antes dicíannos que soabamos moi Red Hot Chili Peppers. É normal que ao principio soes a outro, pero agora temos un son máis “Jules”. Aínda estamos a definilo, pero é certo que a cousa mellorou moito respecto ao principio. 6

G._ Sen dúbida a cousa mellorou. Xa non só porque non soamos a un grupo que nos influencie, se non que nos coñecemos máis, sabemos como é cada un, como toca e compón,…e iso axuda moito á hora de progresar como grupo. Cales son as vosas influencias? R._ A verdade é que me custa moito saber realmente que me influencia de todo o que escoito, pero ultimamente oio moito Wavves, The Frights, Dinosaur JR eFuzz. G._ Á hora de tocar, Biffy Clyro, Incubus, Royal Blood, Pearl Jam, bandas de post-rock coma Toundra... Pero a miña maior influencia é John Frusciante. A._ Seguramente pasaría o día dicindo grupos que me gustan e que, por pouco que sexa, inflúen na miña forma de tocar, pero ultimamente escoito cousas moi variadas: Snarky Puppy, The Mars Volta, Tayuka Kuroda, Aphonnic ou Audioslave. Sodes usuarios dos Locais de Ensaio. Que supón contar con estas instalacións na cidade? G._ É unha iniciativa moi positiva e necesaria. Significa moito para nós e para calquera banda que estea a empezar. A._ É unha oportunidade moi boa para grupos que tocan os seus primeiros acordes. Un local de ensaio gratis, unha oportunidade de gravar de balde as túas cancións, de tocar en calquera dos festivais que organizan os Locais cada semestre,… e de asistir aos obradoiros gratuítos que ofrecen é un luxo. Aínda por riba tes a Christian, o responsable dos Locais, que dalo todo polo proxecto e por axudar ás bandas. R._Christian, querémoste! Estades a gravar o voso segundo EP. Como o vivides? G._ Imos a modiño. Queremos conseguir o mellor resultado posible. O noso obxectivo é que sexa un salto respecto do traballo anterior, en todos os sentidos. R._ Exacto. Non é unha maqueta de presentación, polo que a xente xa agarda unha evolución, e niso estamos a traballar.

Que é o que máis vos enche da música e dos concertos? A._ Encántanos a música, e tocar é algo que engancha. Tanto nun local de ensaio cuns amigos coma ante o público. Hai moita adrenalina e paixón, que canalizamos no escenario. E,eu persoalmente, da música e dos concertos, quedo con que esta pode chegar a unir á xente que toca, ás persoas que escoitan,a ambos... G._ Si, a nós encántanos compoñer, xogamos moito coa improvisación, e a verdade é que, tras tantos anos tocando xuntos, e co ben que nos levamos, a música flúe moi ben. É un bo exemplo do que di André. Como vedes a “Jules” dentro de 10 años? R._ Non sabemos que será de nós dentro dun ano... Dez é moito dicir. Pero encantaríanos xirar polo mundo adiante. A._ Oxalá! Xirar e gravar nalgún sitio mítico, coma Morning View (onde Incubus gravou o disco do mesmo nome) ou na mítica mansión de Rick Rubin en Los Angeles, -onde gravaron os Red Hot Chili Pepper o Blood Sugar Sex Magik-. Son palabras maiores. G._ Vendido! Dentro de dez anos Jules & The Wolf estarán gravando con Rick Rubin! (risas). A Coruña conta con moitas bandas emerxentes. A quen non debemos perder a pista? G._ Hai moitas bandas, e moi boas como Ånima ou The Soaked Dying. R._ O panorama musical coruñés é moi diverso. Non hai un estilo que defina a cidade de por si. Eu recomendaría seguir Playa Desmayo, Hexany, Nave Nodriza, ou SraSrSra. A._ Hai un lote de bandas, e moi variadas; podes atopar de todo, e iso é moi bo. Eu non perdería Sleepwalker, Robert Pier, Audionave, Bastards e o Taller de Naranja Imaginario, un proxecto moi chulo no que están a facer un traballo de dez.


VERÁN EN MOVEMENTO

A escola, a universidade ou o traballo non che deixan practicar todo o exercicio que queres durante o ano? Pois morreu o conto! Nestes meses de días longos e bo tempo non hai escusa! E moito menos para aproveitar un dos tesouros da cidade, o mar. A provincia da Coruña ten case 1.000

intensifica a súa actividade para que te namores

térmica), chancletas e roupa de cambio para despois.

quilómetros de costa, sabíalo? E a nosa cidade

do deporte no mar a través dos seus cursos de

Moi importante! Que non che esqueza unha gorra

dá boa conta diso, non hai máis que vela dende

iniciación ao piragüismo na praia de Oza.

para protexer a cabeza, e leva sempre na bolsa un

as alturas, rodeada de cheo polo Atlántico. E iso hai que aproveitalo da mellor maneira posible. As escolas deportivas, clubs náuticos, empresas, etc. ofrecen a posibilidade de practicar unha chea de deportes náuticos durante todo o ano, e algunhas intensifican a súa actividade nos meses

Desde xa, e durante todo o verán atoparás abertos os prazos de inscrición para estes cursiños dunha semana de duración que se desenvolven de luns a venres ben no grupo de mañá (de 11.30 a 13.30 h), ben no de tarde (de 16.30 a 18.30 h). E que vas

bote de crema solar, que terás que poñer primeiro na casa e tamén antes de baixar a remar. Por último, leva útiles para ducharte ao finalizar a xornada. O demais: barcos, pas, chalecos e a diversión xa é cousa da Sociedade Deportiva As Xubias!

facer durante esas 10 horas? Pois primeiro haberá

Xa te convencemos, non? Pois entra na web

que comezar cunhas pequenas nocións teóricas

http://sdasxubias.eu/ e apúntate! Verás que o

sobre o manexo da pa e os tipos de embarcacións

piragüismo engancha e que cando remates non vas

que existen, para despois seguir aprendendo

querer marchar! Se che pasa iso, non hai problema,

mentres te divirtes remando nas piragüas kayak

xa que podes incorporarte á Sociedade Deportiva

autobaleirables. Iso si, cumprindo con todas as

As Xubias, ben para continuar gozando da

regras de seguridade! Os únicos requisitos son ser

piragua por lecer ou para competir, xa que contan

Deportiva As Xubias, unha asociación náutica, sen

maior de 8 anos e, por suposto, saber nadar.

con equipo de competición, asistindo a regatas

ánimo de lucro, que se dedica á práctica do remo

Se o que che preocupa é non ter a equipación

e do piragüismo. A escola está aberta todo o ano,

axeitada, non te preocupes. En canto á roupa só

Xa sabes, inscríbete, proba, e despois seguro que

e tamén participa no programa de Nocturnia! Pero

precisas traxe de baño ou mallas curtas (longas

lías aos amigos ou a familia para facer deporte no

durante a Semana Santa e os meses de xullo e agosto

se pensas que vas ter frío), unha camiseta (tipo

mar xuntos.

de verán. Podes atopar a ocasión de facer cursos de iniciación e perfeccionamento de mergullo, submarinismo, remo, vela, pesca deportiva, surf, pádelsurf… Escolle o que máis che apeteza! Unha das entidades máis empeñada en que non te aburras no verán e goces co mar é a Sociedade

rexionais, nacionais, provinciais e tamén populares.

www.coruna.gal/deportes

Se prefiers ter os pés máis na terra, o Servizo Municipal de Deportes deseña por

praia de Oza, o miradoiro do Matadoiro e o Parque Europa clases de tai chi,

segundo ano o programa “A Coruña en forma”, que che permite practicar tai chi,

ximnasia aeróbica e pilates. O circuíto chega tamén aos Parques Biosaludables de

ximnasia aeróbica, pilates,andainas, canicross e patinaxe en liña en doce espazos

Santa Margarita, parque de Oza, San Diego, a Sagrada Familia, Os Rosais, e Luis

distintos da cidade os meses de verán. Parques, prazas e rúas acollerán xullo, agosto

Díaz González, que terán dinamización de luns a venres (agás os mércores) en

e setembro a práctica destes deportes serenos, saudables, sosegados, abertos e non

horario de 12.30 a 13.30 horas. E as actividades de Ocio Activo desenvolveranse

competitivos. Unha boa maneira de relaxarse estando activos.

as mañás dos sábados e domingos na contorna do Paseo Marítimo, Riazor eo

Coruña en Forma conta con tres programas distintos. O primeiro inclúe “actividades dirixidas”, con monitores especializados que impartirán en Riazor,

parque de Novo Mesoiro con tres opcións: andainas, canicross e patinaxe en liña.

Non hai escusa para non moverse na Coruña! 7


“As algas son os nosos matos e bosques do mar” Outras actividades que podes desenvolver na Coruña non só en verán, se non todo o ano, son as que che propoñen asociacións, clubs e empresas da Coruña a través do programa Nocturnia. Por exemplo, o 8 de xullo lévase a cabo “O Camiño das algas”, unha ruta guiada polo biólogo experto en ficoloxía Óscar Freire, director de proxectos de ocio educativo en Oxígeno Gestión, que ten como máxima a frase “Por que decidir entre mar e montaña, se se pode facer todo?”. Unha verdadeira declaración de principios… En que consiste “O Camiño das algas”? É unha ruta de sendeirismo interpretada polo litoral da Coruña onde achegamos ás e aos participantes ao hábitat, aos tipos de algas e aos seus usos nas nosas vidas. É unha actividade práctica onde vemos, tocamos e probamos in situ diferentes tipos de algas.

Cal é o obxectivo desta actividade?

Pola península da Torre de Hércules. Achegámonos a diferentes lugares do litoral, como a praia das Lapas aproveitando a baixamar para velas no seu medio natural.

Que os e as participantes coñezan primeiro as algas que temos na nosa propia cidade; e despois que as valoren como algo importante a conservar nos nosos ecosistemas e ao mesmo tempo aprendan a usalas responsablemente.

Que temos que aprender sobre as algas?

Que é o que máis sorprende desta actividade?

O principal é que son un grupo de organismos especialmente diverso, súper importante nos ecosistemas mariños. Son os nosos matos e bosques do mar, que albergan e serven de alimento a multitude de peixes, mariscos e outros organismos. Ademais teñen moitas propiedades beneficiosas para o ser humano, tanto a nivel gastronómico coma saudable e industrial.

Sen dúbida é saber que hai tanta riqueza de algas na nosa cidade, e o seguinte que máis chama a atención é a cantidade de usos que teñen e os seus sabores diferentes.

Por onde discorre?

Cal é a riqueza da nosa costa? É enorme. En Galicia hai máis de 600 especies de algas coñecidas. A nivel de explotación para o seu consumo somos dos primeiros produtores a nivel estatal, 8

incluso exportando a mercados tan esixentes coma o Xapón e a China, lugares onde as algas xogan un papel fundamental na gastronomía e cultura do país. As empresas galegas de algas son recoñecidas como as mellores de España.

É fácil unir ocio e coñecemento? É fácil e difícil. Fácil porque a xente que vai a estas actividades é moi agradecida e positiva. E difícil porque si realmente queres crear unha experiencia única, divertida, lúdica e na que aprendan, coñezan e valoren o que estás ensinando, require de moita planificación, un bo equipo, recursos, a capacidade de adaptarse ao grupo e moitas

habilidades comunicativas e sociais. Que posibilidades ofrece A Coruña neste aspecto? A Coruña ten moitas posibilidades. Por sorte temos excelentes programas desde o Concello da Coruña, como Nocturnia, as visitas guiadas de Turismo da Coruña ou o programa A Coruña Educa, da Concellaría de Educación. A nivel asociativo e empresarial hai tamén moitas posibilidades. Cres que aproveitamos a cidade que temos? Sen dúbida, pero seguramente poderiámola aproveitar máis. Temos, a nivel de educación ambiental no mar, nas nosas costas un potencial que non estamos aproveitando ao 100%. Que actividade aconsellarías non perder a alguén que fica ou visita A Coruña este verán? Non é doado escoller actividades porque en verán na Coruña pódese facer de todo. Non perdería a ocasión de facer unha visita guiada teatralizada ou de saír ao mar, xa sexa a navegar, remar ou mergullar… descubrir o mar desde dentro. A nivel cultural non podemos deixar de ir a un concerto do Festival Noroeste Estrella Galicia na praia, ou de ver as actuacións de rúa das festas de María Pita.


ACTIVIDADES NOCTURNIA

PROGRAMA DE OCIO PARA A XUVENTUDE DO SERVIZO DE MOCIDADE DA CONCELLARÍA DE PARTICIPACIÓN E INNOVACIÓN DEMOCRÁTICA 1. Bota un ollo a todas as actividades. Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de entre 12 e 30 anos, aínda que nalgunhas se poden concretar máis os anos aos que van destinadas. 2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións. 3. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en www.coruna.gal/cmixe e en www. coruna.gal/participacion Ollo que hai novidades! Este ano abrimos as inscricións os luns ás 16.00 h e pechamos os xoves ás 12.00 h ou ata esgotar as prazas. Ah! Se as actividades son de continuidade só tes que inscribirte unha vez. 4. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

XULLO 2017

Sábado 1

Inscrición do 26 ao 29 de xuño de 2017

TALLER DE COCIÑA “E DE SOBREMESA, FROITA!” 20.00 a 22.00h - Ágora

Venres 7 Inscrición do 3 ao 6 de xullo de 2017

FRIDAY ROLLER NIGHTS 21.30 a 00.00h - Saída desde O Parrote

TALLER MADEIRA E RECICLAXE: CREA A TÚA ESTANTERÍA 21.00 a 22.30h - Espazo de Iniciativas Xuvenís

XEOCATCHING URBANO 21.30 a 23.00h - Saída desde o Espazo de Iniciativas Xuvenís

Sábado 8 Inscrición do 3 ao 6 de xullo de 2017

RUTA DE SENDEIRISMO URBANO: O CAMIÑO DAS ALGAS 10.00 a 13.00h - Saída desde a praia das Lapas

PÁDEL SURF 11.00 a 12.30h - Praia de Santa Cristina

PÁDEL SURF 12.30 a 14.00h - Praia de Santa Cristina

INICIACIÓN AO JUGGER 21.00 a 00.00h - Pazo dos Deportes de Riazor 9


AXENDA A CORUÑA XULLO-SETEMBRO 2017 Ata 4 de xullo

Ata 10 de setembro

De 6 de xullo a 9 de agosto

Casa Museo María Pita

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa - MAC.

Casa Museo María Pita

Exposición “Monotipos”, gravados de Ana Zapata Ata 9 de xullo Casa Museo casares Quiroga

Exposición “/ ri ´vaiv /”, pinturas de Meres Barreira

Exposición de EijaLiisaAhtila “Ecologías del drama” Ata 24 de setembro Museo Arqueolóxico Castelo de Santo Antón

Exposición DOMVS. Unha casa romana no castro de Exposicións de fotografías Chao Samartín de Javier Bauluz, Ricardo De 29 de xuño a 1 de outubro García Vilanova e Fundación Luís Seoane fotógrafos galegos (Juan - Exposición “Kiko Pérez. Teixeira, Adrían Irago e German Haircut” Xosé Abad) nos campos - Exposición “Carlo Maciá” de refuxiados, dentro da 1 de xullo ao 30 de outubro iniciativa “ACAMPA, pola paz De Sara Isabel Castelo, e o dereito ao refuxio” Aquarium Finisterrae Fotógrafos da Natureza Ata 25 de xullo 2017. Exposición das imaxes Centro cultural Salvador de Madariaga gañadoras do GDT European Exposicións de fotografías Wildlife Photographer of de Juan Medina, Sergi the Year. Cámara e Andrea Torres de xullo nos campos de refuxiados, 1Coliseum. 22.00h dentro da iniciativa Concerto de Amaral, “ACAMPA, pola paz e o Xira “Nocturnal” dereito ao refuxio” Ata 25 de xullo Quiosco Alfonso

Ata 10 de setembro Centro cultural Salvador de Madariaga

Exposicións de “Viñetas desde o Atlántico Ata 10 de setembro Quiosco Alfonso

Exposicións de “Viñetas desde o Atlántico Ata 3 de setembro Afundación

Exposición “Lugrís, paredes soñadas” 10

6 de xullo

Centro Ágora. 20.00h

Ficciónate, ciclo de cinema galego 6 de xullo

Cinesa Marineda City. 21.00h

Concerto solidario de Antonio Orozco 6 de xullo

Recinto feiral Expocoruña. 21.00h

Festival de música latina Party Songo: Orishas, Maikel Delacalle, Fuego e Daddy Yankee

Exposición “A Coruña en feminino”, pintura de Obdulia Prego Candal De 6 a 9 de xullo Ría da Coruña

XLIV regata Rías Altas de vela lixeira 7 de xullo Centro Ágora. 19.30h

Concerto Benéfico de “Amizades” a favor de Cáritas 7 e 8 de xullo Venres 7: Librería “Madame Bovary”. 19.00h Sábado 8: Hotel Riazor. 10.00h

VI Congreso de Literatura Romántica de A Coruña 8 e 9 de xullo Miradoiro do Matadoiro

II Rufo’s Surfboard Tribute De 12 de xullo a 6 de agosto Casa Museo Casares Quiroga

Exposición “Fragmentos “, fotografías de Alberte Pereira De 13 a 16 de xullo Palexco

Hobbycon 20 de xullo Coliseum. 22.30h

Concerto de Juan Luis Guerra, xira 2017 21 de xullo Praza dos Mariñeiros

Festival “Cultura urbana: Sinte o flow” 22 e 23 de xullo Coliseum. 22.30h

Concerto de Joaquín Sabina, “Lo niego todo” De 28 a 30 de xullo Real Club Náutico da Coruña

XVII Semana náutica


29 de xullo

3 de setembro

21 de setembro

Planetario da Casa das Ciencias.

Pista do Frontón Muncipal de Riazor e circuíto urbano.

Centro Ágora. De 09.00 a 18.30h

11.00h: Proxección “El cielo para enterados” 12.00: Proxección “El cielo del mes” 5 e 6 de agosto Enseada do Orzán

XXXII Trofeo Bandeira Teresa Herrera de Traíñas De 7 a 13 de agosto Quiosco Atlántico

Actividades de “Viñetas desde o Atlántico” De 7 a 13 de agosto Centro cultural Salvador de Madariaga

Actividades de “Viñetas desde o Atlántico” De 9 agosto a 3 de setembro Casa Museo casares Quiroga

Roller Maratón Atlántica 2017

De 7 de setembro a 1 de outubro Casa Museo Casares Quiroga

Exposición “Mis instantes ... para ti “, obra pictórica de Sara Blanco De 8 a 10 de setembro Praia de Riazor

Torneo Internacional de Fútbol Praia 9 de setembro Fórum Metropolitano. 19.00h

Forumáxico: Maxia Xabi, Barafunda De 12 de setembro a 8 de outubro Casa Museo María Pita

Exposición “Fetiches” , Exposición de pinturas de obra artística (cerámica, Natividad Vázquez Eiroa. collage, grabado) de Maycu Merino, Victor Ares e Isabel 14 de setembro Fundación Barrié Rumbo Xornada “Unha nova De 10 de agosto a 10 de setembro economía para a Galicia do Casa Museo María Pita porvir na industria e nos Exposición “Lembranzas”, servizos” pinturas de José Luis Rodríguez Correa 16 de setembro

I Foro Autonómico “Justicia e Infancia” en Galicia 23 de setembro Fórum Metropolitano. 19.00h

Forumáxico: Ilusións Máxicas, Mago Xacobe 25 de setembro

Circuíto urbano na contorna do Ventorrillo

V Carreira Popular do Ventorrillo “Coruña Corre” 30 de setembro

Teatro Rosalía castro. 20.30h

TRC Danza. Undostresundos, de Estefanía Benages. 30 de setembro

Planetario da Casa das Ciencias.

11.00h: Proxección “El cielo para enterados” 12.00: Proxección “El cielo del mes” 30 de setembro Fórum Metropolitano. 19.00h

Forumáxico: Volta a Maxia, Dani García

Teatro Rosalía Castro. 20.30h 26 de agosto Planetario da Casa das Ciencias

11.00h: Proxección “El cielo para enterados” 12.00: Proxección “El cielo del mes” 27 de agosto Enseada de Santo Amaro

LXXVII Travesía a nado Enseada de Santo Amaro De 30 de agosto a 3 de setembro Praia de Riazor

Campionato de España de Fútbol Praia (para categorías inferiores)

TRC Danza 2017: Hollywood, Horario de verán das de Andrea Quintana visitas caracterizadas 16 de setembro Fórum Metropolitano. 19.00h

Forumáxico: Fantasía dos sentidos, Fani Triana 17 de setembro Circuíto urbano

V Carreira da Muller 2017 Do 20 de setembro ao 19 de novembro Quiosco Alfonso

Exposición polo centenario de Fernando Rey

de Turismo de A Coruña

• A cidade de Picasso: Domingos ás 11.30h. (En agosto os xoves ás 12.30h). • Palacio Municipal: Xoves ás 17.00h. • Torre de Hércules: Sábados ás 12.00h. • Baterías de costa Monte de San Pedro: Venres ás 16.30h. • Sir John Moore: En xullo os xoves ás 12.30h, e en agosto os domingos ás 12.30h. • Tour nocturno pola Cidade Vella: Venres ás 21.30h. • Tour nocturno poloCemiterio de Santo Amaro: Sábados ás 21:30h. • Descubrindo A Coruña con Catuxa: Domingos de xullo e agosto ás 12.00h.

11


Este verán eu quedo na Coruña No verán podes empregar o tempo de ocio para o que che dea a gana. Podes viaxar, facer algún curso, practicar deportes, estudar idiomas, ir de festivais… pero tamén podes destinalo a coñecer mellor a túa cidade. A Coruña ofrece unha chea de actividades para que non poidas dicir que non a (re) descubrir recunchos, segredos e curiosidades que terás gana de amosar a toda a familia e contar ás túas amizades. O paseo marítimo do que gozamos, os parques que nos rodean, as rúas cheas de historia e as pedras dos edificios e monumentos que nos observan desde o alto, dannos centos de posibilidades para non aburrirnos nin este verán nin nunca. Sabemos que son recursos que están aí –ou non- pero, como aproveitalos? Toma nota. Se che gusta camiñar, o recentemente presentado Sendeiro Atlántico encantarache. É un percorrido que discorre pola costa desde O Parrote ata o Miradoiro de San Pedro. Durante os seus 12,5 quilómetros pásase por auténticas xoias da cidade; algunhas moi coñecidas coma o Castelo de Santo Antón, a Torre de Hércules, os Museos Científicos ou as praias, e outros que descubrirás como as illas de San Pedro, a praia fósil de san Pedro ou Punta Herminia. Un percorrido que ten o título de sendeiro azul europeo e que e é só o primeiro dos “Sendeiros da Coruña”, aos que pronto se sumarán outros coma o Eirís-Valparaíso, zona cunha grande historia en torno aos usos da auga na Coruña e cunha grande riqueza natural con máis de 500 especies censadas no Mapa da Biodioversidade. Outra forma de achegarte ao patrimonio natural da Coruña é a través de “Sae do niño. Achégate á natureza”, un programa de visitas guiadas gratuítas organizadas pola Concellaría de Medio Ambiente coa finalidade de dar a coñecer a riqueza ambiental da contorna da Torre de Hércules (1º, 3º e 5º venres de mes ás 17.00h) e o Parque Monte de San Pedro (2º e 4º venres de mes ás 17.00h).

Visitas caracterizadas Coñecer A Coruña dunha forma diferente e moi entretida é posible grazas a unha serie de visitas guiadas, da man de profesionais, caracterizados coma algunhas das personaxes históricas máis emblemáticas da cidade. Son oito rutas que Turismo da Coruña propón para visitantes e, por que non?, para que ti poidas achegarte ás figuras de Picasso, Sir John Moore, ou María Pita, e viaxar ao pasado da túa propia cidade. Á historia de Picasso na cidade, ao paseo polo Pazo Municipal, ao mundo mitolóxico celta que rodea a Torre de Hércules, á mostra da artillería das baterías do Monte de San Pedro e ao episodio coruñés das guerras napoleónicas centrado na tumba de do heroe británico Sir John Moore, únense os tours nocturnos pola Cidade Vella e polo cemiterio de San Amaro, guiados por María Pita e a ánima en pena Fiz de Cotobelo. E os máis pequenos poden coñecer en familia as anécdotas e historias máis fascinantes da contorna da Torre de Hércules guiados por Catuxa. Apetecible, non? Pois o mellor de todo é que é de balde. Só tes que 12

consultar os días de visita e os horarios en http://visitasguiadas.coruna. es/ (ou na páxina 11 desta revista) e facer a túa reserva online ou chamando ata 30 minutos antes de que comece a actividade ao teléfono 698 169 798. Anímate e sé puntual!

Vai máis aló O verán é moi longo e dá para moito, por iso recomendámosche consultar a programación dos museos e casas museos, das salas de exposicións, dos teatros, etc… Pero tamén contas con asociacións coma os Amigos da Casa das Ciencias, que organizan excursións enfocadas a achegar a flora e a fauna de distintas contornas, como as programadas a Corme e Allariz (9 e 23 de setembro respectivamente). E a Agrupación Astronómica Coruñesa IO ofréceche o último sábado de mes a actividade no Planetario da Casa das Ciencias “El cielo para enterados”, unha proxección coa que afondar nos teus coñecementos astronómicos, descubrindo algunhas das galaxias e nebulosas máis espectaculares. Non te deixará indiferente!

Festival Mar de Mares Setembro pode ser o mes para reflexionar e concienciarte do que viviches, aprendiches e descubriches durante o verán. Comparte experiencias con esas amizades que estiveron fóra, presume do que fixeches e anímalles a que te acompañen á última das actividades que che propoñemos nesta guía para non aburrirte na Coruña, o Festival Mar de Mares, unha celebración do océano como fonte de riqueza natural, algo imprescindible na Coruña. A muller e a súa relación co mar, centrará a edición deste ano, que desenvolve o seu núcleo central do 20 ao 24 de setembro, e organizará outras actividades ata o 26 de novembro. É unha oportunidade única para achegarse á obra da fotógrafa e bióloga Cristina Mittermeier, que visitará España por primeira vez para asistir ao Festival. A mexicana é investigadora de National Geographic, publicou en Nature e Science -as revistas científicas máis prestixiosas do mundoe centrou boa parte do seu traballo no estudo do mar, as comunidades pesqueiras e a vida das mulleres nestas. O programa de Mar de Mares contén máis de 20 actividades ao redor da conservación do mar, a gastronomía, o intercambio de coñecemento... Haberá talleres, conferencias, programas educativos, concertos, proxeccións e encontros inspiradores con mulleres de mar: fareiras, mariscadoras, arqueólogas mariñas, biólogas, pescadoras, capitás da mariña mercante e submarinistas que achegarán a súa experiencia traballando no mar e a favor dos mares, nun mundo tradicionalmente masculino. Non podes dicir que non a Mar de Mares!


13


21

Sal á rúa e sinte o flow

XULLO

12.00-14.00 16.00-23.00

O 21 de xullo tes unha cita coa cultura urbana no barrio do Agra do Orzán. Breakdance e outras danzas urbanas, skate, parkour, scratching, beatbox… Todo isto, e máis, ten cabida no festival “Cultura urbana: Sinte o flow” que a área de Mocidade da Concellaría de Participación Cidadá preparou para que este verán goces do movemento do teu corpo, do teu barrio e da túa cidade. A praza dos Mariñeiros é o lugar escollido para celebrar esta xornada, dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, á que, por suposto, trasladámosche a invitación para coñecer e gozar as diferentes e variadas expresións xuvenís de cultura urbana que se dan na Coruña. E propoñémoscho porque se trata dunha alternativa de ocio xuvenil que aglutina as formas de expresión máis modernas e

demandadas por vós, a mocidade, fomentando así a cultura e ofrecéndovos un espazo onde ides ser os auténtico protagonistas. Se aínda non probaches, a que agardas? No festival “Cultura urbana: Sinte o flow” atoparás obradoiros participativos, mostras e exhibicións destinadas ao público xeral. De que? Pois hai de todo! Toma nota.

SE O TEU É O BAILE... Jam de danzas urbanas

Organizarase un campionato de estilos All styles battle na modalidade 2vs2 por parellas de hiphop, breakdance, funky, poppin e boogaloo.

Deporte de rúa

Skatepark e obradoiro de skateboard

O skate é unha das disciplinas urbanas máis practicadas do mundo, e para moitos un estilo de vida. É o teu caso? Pois o festival “Cultura Urbana: Sinte o flow” convócate o 21 de xullo a unha quedada para persoas afeccionadas a este deporte. Nela poderás practicar os teus mellores trucos e aprender dos teus compañeiros e compañeiras. No recinto atoparás diferentes módulos de skate conformado por ramplas, caixóns e raís.

Ritmos urbanos Obradoiro de turntablism DJ

Quen di que os discos de vinilo xa pasaron de moda? O turntablism é unha disciplina practicada polos DJs de hip hop que consiste en mover un vinilo adiante e atrás sobre o prato do tocadiscos para crear un efecto parecido ao son de raiar o disco (scratch). Neste taller participativo poderás aprender a construír diferentes ritmos con esta técnica musical.

14

Obradoiro de breakdance

Back to the roots show

Taller de parkour

Quedada parkour

perde o medo ás alturas co taller de iniciación e

parkourpark con cubos de madeira, pirámides,

Poderás participar nun obradoiro de perfeccionamento de breakdance no que, ademais de mellorar o teu estilo, traballarás a creatividade e a túa libre expresión a través do movemento.

Achégate á praza dos Mariñeiros o 21 de xullo e perfeccionamento de parkour. Coñécelo? Trátase

Forma parte ou acude como persoa espectadora deste espectáculo de breakdance que mestura baile coreográfico e improvisación, con ritmos frenéticos e acrobacias imposibles que desafían a gravidade.

Durante toda a xornada haberá instalado un ramplas, pedestais… e unha zona acolchada para que

dunha disciplina que consiste en desprazarse dun

as recepcións de saltos e rodamentos sexan seguras.

punto a outro o máis fluidamente posible sen tocar o

Un espazo ideal para que todos os afeccionados

chan, usando as habilidades do corpo e superando os

e afeccionadas a esta disciplina vos reunades a

obstáculos que atopas normalmente na rúa: valados,

practicala.

muros, paredes, bancadas…

Taller de beatbox

E se levas contigo o ritmo, déixao saír a través do beatbox, a habilidade de crear ritmos e melodías, efectos e letras, de forma simultánea soamente cos recursos corporais, principalmente coa boca. Anímaste a probar?

ARTE NA CIDADE Exhibición de cellograffiti

Se asistes ao festival “Cultura urbana: Sinte o flow”, estás invitado e invitada a participar na realización dun mural temático colectivo pintado con spray. Libre expresión pura!


Constrúe a Coruña que queres!

En setembro comeza a fase de votación final dos proxectos que se levarán a cabo cos orzamentos participativos, e que poden ser

decisivos para a realización de iniciativas e recursos destinados á mocidade. Non o dubides e vota!

Sabías que parte dos proxectos que o Concello da Coruña destine á mocidade en 2018 están nas túas mans? Ademais literalmente, porque só tes que mover un dedo e darlle un clic ás propostas de mellora na cidade que este ano se presentaron a través da plataforma A Porta Aberta da Concellaría de Participación Cidadá da Coruña. Ata o mes de maio tiveches a oportunidade de propoñer ideas para solucionar ese problema que detectas no teu barrio, maneiras de aproveitar mellor os recursos da túa contorna, e iniciativas que botas en falta para o teu lecer ou o teu día a día. Tras unha fase de apoios, e a de avaliación por parte do Concello, en setembro comezan a votacións! Así que pon atención á data para non perder a ocasión de contribuír

SIGUE A PISTA de...

Raquel Espada

Naceu hai 28 anos na Coruña e, aínda que a súa profesión a levou a vivir a Madrid, a terra tíralle e vén cada pouquiño a ver aos seus e a respirar o ar do Atlántico. Aínda así, a actriz Raquel Espada é cidadá do mundo, e vai a onde o traballo a chame. Inquietude que, en certa forma, aplica a todos os aspectos da súa vida, pois non para… Apaixónaa a danza e baila en canto pode! Fai tamén moito deporte desde pequena, formando parte dun equipo de ximnasia artística que, finalmente deixaría polo teatro. Quen sabe que tería sido se non fixese este cambio! Aínda así o deporte é fundamental na súa vida, así que vai correr cada mañá e, cando é posible, goza dunha xornada de exercicio no mar. Desde que comezou co teatro xa sabía que ía ser actriz. E conseguiuno! Estudou Arte Dramática en Madrid e Galicia, e a directora Chus Gutiérrez deulle a súa primeira oportunidade en 2013 protagonizando a web-serie Nadia en Cuesta, papel co que gañaría o premio á mellor interpretación feminina no FEW e no Girona Film Fest. Coouse, ademais, moitas veces nas nosas televisións, por exemplo como Lucía en O Faro, Sara en Urxencia Cero, da TVG, ou como Maite en Cuéntame como pasó (TVE). Di Raquel que é un regalo como actriz poder formar parte da gran familia de “Cuéntame”: “Poder pisar a praza de San Genaro, que xa forma parte da historia da televisión, é un auténtico soño”. Non nos estraña! A ver que máis nos conta Raquel no cuestionario mutante.

UNHA ACTRIZ OU ACTOR Meryl Streep (topicazo, pero é que é unha crack!) UN PAPEL MEMORABLE Cate Blanchett en Blue Jasmine UN MOMENTAZO Estar coas miñas amigas tiradas en calquera recuncho dalgún parque ao sol, rindo da vida e falando de comida

TEATRO, CINE OU TELEVISIÓN? Dáme un combo dos tres que os levo para a casa

UNHA INQUIETUDE A nosa sociedade cada vez parécese máis a un episodio de Black Mirror

Só tes que ter máis de 16 anos, estar empadroado ou empadroada

UNHA OBRA DE TEATRO La fierecilla Domada, deWilliam Shakespeare

“Participa”. Da túa implicación e da de cada un dos coruñeses e coruñesas depende o crecemento e benestar da cidade.

UN RECORDO DA INFANCIA A miña primeira obra de teatro no colexio, El Principito UN DESEXO Vivir da miña profesión

UNHA PELÍCULA Alabama Monroe

Alí selecciona “Orzamentos participativos 2017” e dalle a

UN VICIO Teño un grave problema cos M&M’S

RIR OUFACER RIR? Facer rir SEMPRE!

activamente ao desenvolvemento da Coruña.

na Coruña e entrar na web https://aportaaberta.coruna.es.

UNHA INSPIRACIÓN Os meus pais e o meu irmán. Grazas a eles son como son, éche o que hai

UNHA CANCIÓN The Pelican, de The Maccabees UN LIBRO El amor es una isla, de ClaudieGallay

UN SOÑO FEITO REALIDADE Dedicarme por completo á miña vocación SE PUIDESES REBOBINAR... Non cambio NADA, as cousas sempre suceden por algo. Mirar atrás só para coller impulso UN ASUNTO PENDENTE Aprender a facer skate

UNHA REDE SOCIAL Instagram

UNHA ELECCIÓN Estrella Galicia

UN ADIANTO TECNOLÓXICO A banca electrónica (odio ir aos bancos)

Se non foses actriz serías... Detective ou astronauta

UN RECUNCHO DA CORUÑA PARA ESCAPAR O Miradoiro Fiestra ao Atlántico, debaixo do Monte de San Pedro UN RECUNCHO DA CORUÑA PARA DIVERTIRSE A rúa San Xoán

PROXIMO PROXECTO Vivir UN CONSELLO Sigue sempre os teus principios, eles nunca fallan ALGUÉN QUE MEREZA A PENA SEGUIR A PISTA... O canadense Xavier Dolan 15


CORUÑA XUVENTUDE

Revista coruña mutante_05  

Aquí tes “Coruña Mutante”, a guía definitiva para aproveitar ao máximo o verán A Coruña, unha cidade na que chova a mares ou queime o sol, a...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you