4.2 CENTRO DE DÍA DE PERSOAS MAIORES A ESTRADA Dende o 18 de marzo do ano 2019 AGADEA xes�ona o Centro de Día para persoas maiores do concello de A Estrada, situado no Edificio do Novo Mercado, Rúa Waldo Álvarez Insua s/n 1ª planta. O centro conta cunha capacidade total de 20 prazas a xornada completa e 40 a media xornada. O horario habitual do centro é de 09:00 a 19:00, de luns a venres pero este ano, por mor da COVID19 adaptamos o noso horario ás circunstancias de 10:00 a 19:00. O centro permanece pechado os sábados, domingos e fes�vos tanto locais como autonómicos ou nacionais.
37