3 minute read

4. 1 Centro de día Alzhéimer de Ribeira

4.1 CENTRO DE DÍA DE ALZHÉIMER RIBEIRA

Dende o 26 de xullo do ano 2010 AGADEA xes�ona o Centro de Día de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenera�vas de Ribeira (Rúa Cardenal Cisneros nº1, entrechán), cun total de 35 prazas, que foron adxudicadas a día 13 de abril de 2016, pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Polí�ca Social, tras a renovación da concesión dos servizos de atención diúrna a AGADEA. O Centro ten un horario de 8:00 a 20:00, de luns a venres, a apertura do local é de 09:00 a 19:00 horas.

Advertisement

O 12 de marzo do 2013 outorgouse a autorización Sanitaria de funcionamento, así como a acreditación de inscrición no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios co número C-15-002952 por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Dita acreditación respalda por parte da administración pública a oferta asistencial realizada no Centro:

Fisioterapia I Terapia Ocupacional I Psicoloxía sanitaria I Enfermaría I Podoloxía

O 10 de maio do 2013 Applus cer�ficou que o sistema de calidade desenvolto por AGADEA no Cento de Día de Alzhéimer de Ribeira, é conforme cos requisitos da norma ISO 9001:2008 para a xes�ón integral do Centro de Día para o coidado e atención de persoas usuarias afectadas por Alzhéimer e outras demencias neurodexenera�vas.

Estas acreditacións consolidan e avalan a liña de traballo que AGADEA, a través do Centro de día de Alzhéimer e outras demencias neurodexenera�vas de Ribeira, dirixe ás persoas con algún �po de demencia neurodexenera�va e ás súas familias na comarca do Barbanza.

Neste ano 2021 a tónica segue a ser a mesma e seguimos a manter os mesmos estándares de calidade así como os nosos esforzos para mellorar día tras día na nosa labor.

Entre as ac�vidades terapéu�cas levadas a cabo, destacan a de es�mulación cogni�va individual e a grupal. Propóñense obradoiros relacionados coas dis�ntas fes�vidades locais e nacionais (entroido, a dorna, samaín, nadal…) e obradoiros de reminisciencia inspirados na historia de vida das persoas usuarias do centro de día. Tamén xerontoximnasia coa que se pretende mellorar a mobilidade corporal xeral, a capacidade cardiorespiratoria e establecer un ritmo adecuado vixilia-sono desenvolvendo a tolerancia ao traballo.

Por outra banda realízanse ac�vidades de psicomotricidade, como xogos motrices, ac�vidades con material (aros, pelota, globos…), ou ritmo. En fases máis avanzadas es�múlanse os reflexos voluntarios básicos.

ACTIVIDADE INTERXENERACIONAIS. Entre as ac�vidades destacadas do ano rexistrou gran interés a levada a cabo co alumnado do obradoiro de cociña O Pote II da Escola de Hostalería de Ribeira. Consis�u na elaboración dun menú proposto polas propias usuarias, que foron as encargadas de supervisala e falarlle aos alumnos e alumnas de como se preparaban eses pratos an�gamente.

PERSOAS ATENDIDAS

HOMES / MULLERES

XORNADA COMPLETA / XORNADA PARTIDA

NÚMERO DE BAIXAS

GRADO DE DEPENDENCIA

COIDADORES PRINCIPAIS

Nestos momentos atendense a un total de 40 personas usuarias A maioría das persoas usuarias do centro son mulleres. Soamente 3 persoas son homes.

Únicamente temos 2 persoas a media xornada

Durante o ano 2021/2022 �vemos de media 7 prazas vacantes a xornada completa A maioría das persoas usuarias do centro son de grado II e III A maioría das coidadoras principais son mulleres

PERSOAS USUARIAS 40 PERSOAS

MEMORIA GRÁFICA

This article is from: