2 minute read

Sumario

#3. EDITORIAL #4. COMISIONES COLEGIALES de Asistencia Sociosanitaria y Atención Primaria #9. Actualización del Código de DEONTOLOGÍA Médica #10. La FUNDACIÓN HIPOCRÁTICA amplía su programa para este año #12. DÉFICIT DE MÉDICOS. Claves de la jubilación activa mejorada #13. PREMIOS del concurso Dálle ao seu corpo vida, Macarena #16. Premios Best in Class #24. Laura Juanatey, ganadora del galardón Jesús Galán #25. EXCELENCIA. El Chuac, pionero en Europa en intervenciones renales a través de cirugía robótica por puerto único #26. Marina Blanco y Carmen Vidal, entre los cien mejores médicos de España, según Forbes #28. RISCO CERO #30. ENTREVISTA. Eduardo Iglesias: “Deben mejorarse las condiciones laborales y retributivas de los médicos para que resulten atractivas” #36. OPINIÓN. Consideraciones sobre la sanidad, aquí y ahora, por Enrique Castellón #38. ATENCIÓN SOCIOSANITARIA. Reunión de responsables de residencias #42. Ingreso de Federico Martinón en la Real ACADEMIA de Medicina de Galicia #47.

ACTUALIDAD COLEGIAL. El Consello Galego de Colexios Médicos solicita la retirada del Plan XIDE #49. HISTORIA. El papel del médico rural en el siglo XIX #52. CONECTADOS #54. CULTURA

Advertisement

Non Ao Xide

Comezamos este número de A Saúde de Galicia presentando as novas comisións do noso Colexio, centradas en dous ámbitos prioritarios para a Xunta Directiva: a Atención Primaria —onde pretendemos abordar os retos e problemas deste nivel asistencial e as posibles solucións para adaptarnos aos cambios que se están a producir nel— e a asistencia sociosanitaria. Con respecto a esta última, a creación dunha comisión colexial específca é unha iniciativa pioneira en España, e con ela fíxase como prioridade a atención aos maiores e os problemas dos profesionais sociosanitarios, que moitas veces carecen dos recursos necesarios para atender aos pacientes de forma óptima.

Tamén repasamos algúns dos proxectos que a Fundación Hipocrática porá en marcha ao longo deste ano. O seu padroado deseñou un ambicioso programa con numerosas iniciativas a través das que se pretende implicar a profesionais e institucións, pero coas que tamén se pretende achegar o coñecemento á cidadanía.

Outras das nosas grandes satisfaccións foi poder entregar, hai poucos días, os premios do concurso Dálle ao seu corpo vida, Macarena, no que participaron numerosos colexios e institutos da provincia co obxectivo de aprender e divulgar a importancia de coñecer as manobras de reanimación cardiopulmonar desde nenos. O Colexio leva anos moi implicado en fomentar a aprendizaxe destas técnicas e a instalación de desfibriladores semiautomáticos en lugares públicos, porque todos podemos axudar a salvar unha vida se sabemos reaccionar ante unha parada cardiorrespiratoria.

Nas páxinas centrais da revista entrevistamos ao novo presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Eduardo Iglesias, para falar sobre a situación da sanidade galega, as reclamacións da profesión e as novidades aprobadas para facer fronte á falta de médicos. Entre esas cuestións atópase o sistema de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), unha forma de triaxe levada a cabo por profesionais non sanitarios que busca mellorar a xestión de citas en Atención Primaria, pero que promove cambios de dubidosa legalidade e pouco favorables para profesionais e pacientes. O Colexio, no seo do Consello Galego de Colexios Médicos, xa solicitou a súa retirada.

Neste número, ademais, damos conta dos sete servizos e unidades do Chuac e do Chus que foron galardoadas nos premios Best in Class, da nova abordaxe que leva a cabo o Servizo de Uroloxía do hospital coruñés para realizar intervencións renais a través de cirurxía robótica por porto único e da inclusión das nosas compañeiras Marina Blanco e Carmen Vidal na lista Forbes dos cen mellores médicos de España. E tamén falamos da toma de posesión de Federico Martinón como académico numerario de Pediatría da Real Academia de Medicina de Galicia. Todos eles son un exemplo da excelencia dos nosos profesionais. Felicidades.

Xunta directiva do COMC: Luciano Vidán, Javier de Toro, Azucena Prieto, Enrique Castellón, Vicente Javier Prieto, Ana María Álvarez, Ramón Calviño, Marta Vidal, Raquel Marzoa, Mercedes Ferreira, Enriqueta Rivas, Rosaura Leis, Manuel Bustamante, Elena Fernández, Guillermo Debén, Laura Bermejo e Bernardo Seoane.

This article is from: