Sabichón 2018 dixital

Page 1

PÁXINA 1

SABICHÓN XXIV 2017 Ano de Rosalía Cant ares

Galle g

os

as v o N s a Foll

Letras Galegas 2017 p ín s i r C o b o lo e n i R O can

A galiña azul

Lolo anda en bic icleta


PÁXINA 2


PÁXINA 3

Ola a tod@s! Aquí estou un ano máis. Grazas ao traballo de mestres e alumn@s o Sabichón volve a “saír á rúa”. Este ano ano chegamos a edición número XXIV da revista. Unha vez máis o número da revista vai adicado ao autor homenaxeado nas letras galegas do presente ano , Carlos Casares. Pero nesta edición queremos adicarlla tamén

a Rosalía de Castro.

No 2017 conmemórase o 180 aniversario do seu nacemento.

E

como non podría ser doutra maneira queremos adicarlle tamén este número a Moncho ( Ramón Magdalena) , conserxe do CEIP AS BIZOCAS desde

a súa ingaruración. Xubilouse no mes de xuño e

queremos despedirnos del cunha pequena homenaxe “fotográfica” , lembrado a súa etapa no centro cun “sorriso” para lembrar os bos momentos que pasamos xuntos todos estes anos e para desexarlle que sexa moi feliz nesta nova etapa

da súa vida.


PÁXINA 4

6-7

Semblanza poética

8-9

Alumn@s de 4º de Ed. Infantil

10-19

Día do peón

20– 23

Samaín

24-25

Magosto en Bizocas

26-28

Unha volta polo espazo

29

Contacontos

30-35

What´s up in the English Class?

36– 40

Festival de Nadal

41

Almorzo con Beizos Brancos

42-45

O nono Entroido

46-52

Letras Galegas

53

Nacemento na Toxa

54-56

Salón do Libro

57

Facemos Muiños de Papel

58-61

Sandra e Meirol en Xistralia

62-63

Bechos no Composteiro/ Clasificando animais

64-69

O Can Rin e o lobo Crispin

70-73

A voz das Bizocas

74-75

Andaina

76-77

Ciencia en Movemento

78-81

Outras actividades

82-83

Xogos na praia

84

Despedida


PÁXINA 5

Como de costume neste últimos anos comezaremos o número da revista coa Semblanza Poética adicada a Carlos Casares e deseguido os novos alumnos/as que entraron en 4º de Educación Infantil este curso ( Sira, Iker, Sofía, Unai, Mauro, Olaya, José V, Antolino, Mikel, José R. e Álida) fan a súa presentación a través dos seus debuxos. Espero que vos guste este novo número da revista.


PÁXINA 6

CARLOS CASARES

letras galegas 2017 semblanza poética

Estamos aquí de novo xuntos nesta data leda é dezasete de maio Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a un escritor de falares adiviñades o seu nome? chámase Carlos Casares. Anque nacido en Ourense axiña se foi á Limia alí viviría a infancia en contacto coa familia. O motivo deste feito é o traballo do seu pai pois era mestre de escola destinado alá se vai. Relixiosa a súa nai fai que vaia ao seminario o estudar para crego non será o seu ideario. Alí le con avidez moitísimos libros clásicos comeza el mesmo a escribir uns pequenos textos máxicos. Sendo un mozo moi inquedo gaña un certame de contos xa se lle vían as mañas como non lle pasa a moitos.

Publica o primeiro libro chámase “Vento Ferido” tradúcese incluso ao inglés pois tíñao merecido. Ao ano seguinte aparece un contiño para nenos adiviñade como se chama (o público ten que contestar “A galiña azul”) non esperabamos menos! A emigración aparece Na novela “Cambio en tres” moi axiña el escribiu pois rematouna nun mes. Un cambio na súa vida pero un cambio para ben foi o do seu casamento coa sueca Kristin Berg. Tamén escribe para nenos algún teatro infantil “As laranxas máis laranxas…” obedece a este fin. Ingresa na Real Academia sendo o seu membro máis novo defensor do noso idioma sempre por riba de todo. No Parlamento galego chega a ser deputado galeguista independente traballou moito demasiado.


PÁXINA 7

Fábrica de libros en galego era a “Editorial Galaxia” el vai ser seu director dirixiuna con audacia. Retoma o conto infantil coa Saga dos Toribios serie que gusta moito tanto ás nais como aos fillos. Outra historia para nenos “Lolo anda en bicicleta” este neno galopín non vai acadar a meta. Gusta tamén de escribir biografías con talento unha delas vai ser a adicada ao Pai Sarmiento. Moitos premios recibiu todos eles con razón ledo os viviu Carlos ata que fallou o corazón. Grazas por estar aquí alá vai a despedida para honrar a esta persoa como el o merecía.


Pร XINA 8

ALUMNOS DE 4ยบ DE ED. INFANTIL


PÁXINA 9


PÁXINA 10

DÍA DO PEÓN


PÁXINA 11


PÁXINA 12


Pร XINA 13

DEBUXOS DE 5ยบ e 6ยบ de ED. INFANTIL


PÁXINA 14


Pร XINA 15

DEBUXOS DE 4ยบ de ED. INFANTIL


PÁXINA 16


PÁXINA 17

Trompianimais

E aquí podedes ver os trompianimais dos nenos e nenas de primeiro. Tratábase de imaxinar un animal a partires da imaxe dun trompo. Mirade que ben nos quedaron.

trompipeixe

trompiposa

trompirafa trompirrato

trompiposa

trompirón

trompisauro


PÁXINA 18


PÁXINA 19

Trompos ao camiño en primeiro e segundo

Aínda que parecía doado, tivemos que practicar un pouco para facelos xirar. Unha vez que aprendemos…Mirade como bailaban!


PÁXINA 20

Celebramos o Samaín


PÁXINA 21


PÁXINA 22

Entrega de premios aos gañadores do concurso de cabazas. Houbo seis premios, dous para Educación Infantil e dous para cada ciclo de Ed. Primaria. Presentamos aos gañadores e as súas “creacións” nas imaxes desta páxina.


PÁXINA 23

Premios para as aulas. Unha vez máis o nivel de participación no concurso de cabazas foi extraordinario. Por este motivo tamén se entregou un premio a tódalas aulas por participar no concurso.

A semana do Samaín tamén realizamos outras actividades como foron as actuacións musicais que prepararamos coa mestra de música e tamén a lectura de contos de medo na bibiloteca .


PĂ XINA 24

Magosto en Bizocas


PÁXINA 25


PÁXINA 26

UNHA VOLTA POLO ESPAZO NA CLASE DE 4 E 5 ANOS DECIDIMOS DEIXAR VOAR A NOSA IMAXINACIÓN E CREAR UNHA PEQUENA HISTORIA CON PICTOGRAMAS SOBRE ALGUNHAS DAS COUSAS QUE APREDEMOS SOBRE O ESPAZO NESTE CURSO. AGARDAMOS QUE


PÁXINA 27


PÁXINA 28


PÁXINA 29

CONTACONTOS ESTE ANO TAMÉN TIVEMOS UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS, NÓS MESMOS. CONTAMOS MOITAS HISTORIAS CON MISTERIO, DIVERSIÓN, EMOCIÓNS,… A VERDADE É QUE O FIXEMOS MOI BEN E O PASAMOS XENIAL.


PÁXINA 30

What´s up in the English class?

Neste curso 2016-17 traballamos o proxecto do cole “ O mundo que queremos” “The world where we want to live”, facendo diferentes actividades e tarefas que foron moi significativas. Velaí unha pequena mostra dos momentos máis entrañables que tivemos ao longo deste curso escolar.


PĂ XINA 31

Fixemos murais colaborativos e cooperativos entre tod@s


PÁXINA 32

Enviamos mensaxes de felicitacións e amizade para nen@s doutros países do mundo.


PÁXINA 33

Coñecemos máis o noso mundo percorrendo varios países

Recibimos ao auxiliar americano Benny e tivemos a oportunidade de coñecer a súa cultura


PÁXINA 34

Poidemos viaxar a Londres de maneira virtual

E tamén soubemos como viven os nosos amigos escoceses e os nosos veciños os franceses a través dun intercambio que fixemos coas cartas.


PÁXINA 35

Máis non podiamos esquecernos dos nosos mellores amigos, os animais, que neste mundo que queremos forman parte das nosas vidas e dos nosos intereses.

Podedes ver no noso blogue de inglés na web do cole, algunhas mostras dos nosos traballos de investigación e conclusións sobre o mundo que queremos para o noso futuro.


PĂ XINA 36

Festival de Nadal nas Bizocas

Photocall en primeiro: BO NADAL!!


PÁXINA 37

.


PÁXINA 38


PÁXINA 39

.


PÁXINA 40


PÁXINA 41

.

ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS

Pero disfrutamos tamén de outros alimentos moi saudables coma o leite, o mel, a froita ou o pan. Pasámolo moi ben todos xuntos sentados á mesa.

Mmmmmmmmm!!! Como nos poñemos! Eu case mellor como so pan. Non son moito de beizos brancos.


PÁXINA 42

O NOSO ENTROIDO Este ano no Entroido os disfraces foron de diferentes países e culturas do mundo. Aos nenos e nenas de primeiro e segundo tocounos o continente africano. Houbo tigres, panteiras, leóns tribos massais e zulús...


PÁXINA 43


PÁXINA 44

Non podía faltar o tradicional desfile. Tivemos un día soleado polo que puidemos facelo no patio como estaba previsto. Primeiro desfilaron os alumnos/as de Infantil que lucían disfraces do continente asiático , continuaron os alumnos/as de 1º ciclo de Ed. Primaria con disfraces “inspirados” no continente africano.


PÁXINA 45

Chegaba agora a quenda dos rapaces e rapazas do segundo ciclo. Algúns non tiveron que saír do continente europeo para conseguir os seus disfraces , outros decidiron viaxar como Cristóbal Colón e cruzar o Atlántico na búsqueda de disfraces no continente americano. A pesar da viaxe non viñeron moi cansos, parecía que era unha carreira e non un desfile. So faltaban os alunmos/as de 3º ciclo e neste caso Oceanía era a temática elixida para os seus atuendos. Despois de tanto movemento necesitabamos repoñer forzas, chegaba o momento de degustar os productos típicos do entroido. Pasámolo xenial!!


PÁXINA 46


PÁXINA 47

Entregóuselle un agasallo a Moncho, ao que so lle quedaban 20 días para xubilarse. Despois fóra houbo un petisco e tamén tempo para xogar.


PÁXINA 48

A GALIÑA AZUL (Adaptación do conto de Carlos Casares feita polos nenos e nenas de primeiro e segundo)


PÁXINA 49


PĂ XINA 50

E se queredes saber como remata a historia visitade o blogue do primeiro ciclo.


PÁXINA 51

Videoclip das Letras Galegas

Para celebrar as Letras galegas en música preparamos un videoclip.

Nel participamos todos os nenos e nenas do colexio, dende infantil a primaria.

Cantamos, bailamos e pasámolo en grande coa actividade.

Titulábase “Era azul”, en homenaxe ao conto “A galiña azul”, de Carlos Casares.


PÁXINA 52

“A túa galiña era azul” Era Carlos un tipo moi normal pero escritor sensacional. Un día con moita musa en galego, lingua que usa, un conto el deu en contar.

Era azul, era azul. O conto da galiña azul. Dende Ourense a Redondela

Neste mundo que queremos ter

e de Santiago Pontevedra

algo importante has de aprender:

non había outra galiña azul.

A respectar a diferencia

Era azul, era azul.

e nunca usar a violencia.

O conto da galiña azul.

É moi sinxelo, ti vas ver.

Poñía ovos de cores,

Grazas Carlos por nos ensinar

cantaba de mil amores.

cos teus contos algo esencial:

Esta galiña era azul.

A loitar coas inxustizas todos xuntos sen preguizas. Así, podémolo acadar.

Era azul, era azul. A túa galiña era azul. Ti quixeches amosar con palabras nada máis que todo o mundo é especial. Era azul, era azul. A túa galiña era azul. Que máis ten se vermella, rosa, verde ou amarela, ou se era unha galiña azul?


PÁXINA 53

NACEMENTO NA TOXA

Este curso na Illa de A Toxa sucedeu algo moi especial. A parella de burros formada por Emilia e Pardo tiveron unha fermosa burriña chamada Bazán. Aquí abaixo podedes ver as fotos da familia feliz.


PÁXINA 54

SALÓN DO LIBRO

Os alumn@s de 4º de Ed. Infantil cóntannos a saída ao Salón do Libro. Na web do centro podedes ver o vídeo e tamén o conto viaxeiro que fixemos para participar no salón.


PÁXINA 55


PÁXINA 56


PÁXINA 57

FACEMOS MUIÑOS DE PAPEL Aos nenos de primeiro e segundo encántanos de cando e vez xuntarnos para facer algunha actividade común. Desta vez ao profe Manolo ocorréuselle facer uns muiños de vento.


PÁXINA 58

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA Este curso non faltou a música galega. Fomos ao Auditorio de Afundación e alí disfrutamos da música dos Gaiteiros da Xistra. Foi unha combinación de música e teatro na que, ao final dúas nenas do colexio que saíron ao escenario axudaron, grazas ao seu baile , a liberar a Sandra do temible dragón de dúas cabezas chamado Terco.


PÁXINA 59

Debuxo de Natalia de 1º.

Este é o debuxo do dragón Terco feito por Martiño de 1º

E este outro debuxo é de Antón de 1º.


PÁXINA 60


PÁXINA 61

Instrumentos que vimos alí

acordeón gaita


PÁXINA 62

BECHOS DO COMPOSTEIRO Este curso instalamos no patio un composteiro. Como non sabiamos moito do tema veu Manolo, un biólogo moi experto, a explicarnos como o tiñamos que poñer en marcha e os bechiños que podiamos atopar nel e que axudaban a facer o compost.


PÁXINA 63

CLASIFICANDO ANIMAIS Aproveitando que investigamos os bechos que había no noso composteiro, en primeiro fixemos un mapa conceptual dos animais vertebrados e invertebrados.

E aquí temos os animais invertebrados que se poden atopar vivindo no noso composteiro: colémbolos, miñocas, cempés, milpés, formigas, arañas, bechos bóla, tixeiretas, moscas, pseudoescorpións, caracois...


Pร XINA 64

CURSO 3ยบ EP

2015-2016


Pร XINA 65

CURSO

3ยบ EP

2015-2016


PÁXINA 66


PÁXINA 67


PÁXINA 68


PÁXINA 69


PÁXINA 70


PÁXINA 71


PÁXINA 72


PÁXINA 73


PÁXINA 74

Andainas Non podía faltar a andaina de fin de curso. Tiñamos curiosidade por saber a onde iríamos este ano. Tocaría monte ou praia? .Ás 09:15 os de infantil saímos do colexio, subimos pola estrada que leva ao instituto e logo cruzamos por un paso de peóns.

Logo xiramos a esquerda para adentrarnos no monte. Tiñamos que buscar as sinais para saber por onde continuaba a ruta. Eran unhas cintas brancas e verdes que nos guiaban. Os alumnos/as de Primaira que sairán un pouco máis tarde xa estaban detrás.

Polo camiño os mestres e mestras pararon a explicarnos diversos aspectos e curiosidades relacionadas coa natureza. Puidemos ver árbores queimadas por un incendio que houbera unhas semanas antes. Tamén unha árbore que nunhas ponlas tiña mazas e noutras peras. Un pouco máis adiante un señor estaba recollendo patacas, era o avó dunha alumna de 3º. Tivo tempo a darlle unha aperta e un bico antes de continuar.


PÁXINA 75

Xa comezabamos a estar cansos e aínda seguiamos no monte, pero uns minutos despois chegamos a un camiño de area que estaba preto dunha Praia. Por un intre pensamos que este era o destino pero aínda había que seguir camiñando. Para descansar un pouco decidimos “agocharnos” para darlle un susto aos compañeiros e compañeiras que viñan detrás.

Ás 10:40 chegamos ao destino: a praia de Area Grande. Tocaba repoñer forzas, así que o primeiro que fixemos foi beber e merendar. Cando rematamos fixemos xogos na praia.

Ás 12:00 voltamos para o cole. Fixemos dous grupos. Infantil, 1º e 2º voltamos por unha ruta que nos levou ata o parque da casa da Cultura. Alí descansamos e xogamos e logo continuamos ata o colexio. Os de 3º, 4º, 5º e 6º foron ata Adro Vello, para ver o estado das excavacións que esas semanas se retomaran na zona. Poideron ademais facer preguntas aos equipo que realizaba as mesmas.


PÁXINA 76

Unha das mellores formas de espertar a curiosidade é aprender experimentando. É por iso que puxemos a disposición dos alumnos/as un museo científico con máis de 70 obxectos co lema “prohibido non tocar”. Esta actividade pretendía promover a curiosidade e interese dos mozos polas ciencias e natureza motivando as ganas de aprender sobre gran variedade de disciplinas científicas e con divertidos tópicos.


PÁXINA 77

O museo estivo no centro o día 7 de abril. Os alumnos/as de 3º fixemos experimentos sobre as propiedades dos materiais. Os alumnos/as de 4º,5º e 6º estivemos no museo científico en dúas quendas, pimeiro os de 4º e logo 5º e 6º. Explicáronnos para que servían os obxectos expostos e puidemos manipulalos . A temática principal era o movemento dos corpos e a enexía. Aprendemos moitísimo e pareceunos moi interesante, esperamos que para ao ano volva a colocar o museo no colexio.


PÁXINA 78

CHARLA RCP. Durante o curso os alumnos/a de 5º/6º de Ed. Primria tiveron dúas sesións sobre reanimación cardiopulmonar promovidas pola Concellaría de Sanidade e levadas a cabo polo concelleiro e o persoal de emerxencias.

CHARLA BOMBEIRO No mes de xuño os alumnos/as de 5º e 6º tivemos a sorte de que Alberto Agrelo nos contara a súa experiencia como voluntario nos campamentos de refuxiados. Unha experiencia “impactante” que nos fixo reflexionar sobre o tema e analizar a situación desde o punto de vista diferente e real.

DESPEDIDA BENNY Un ano máis tivemos a sorte de contar cun auxiliar de conversa no centro. Neste curso a súa chegada fixose esperar e non foi ata o mes de xaneiro. A finais de maio fixémoslle a despedida. So podemos ter palabras de agradecemento a sáu labor no centro e neste caso incluso podemos adicarllas en galego, porque era admirable como se expresaba na nosa lingua.


PÁXINA 79

LUEIRO REY No mes de novembro tivemos unha actividade sobre Manuel Lueiro Rey na biblioteca do colexio. Foi promovida polo Concello de O Grove e levada a cabo “Polo correo do Vento”. Contaron unha historia sobre Lueiro Rey, ao mesmo tempo que un deles ía facendo debuxos. Despois ensináronnos os pasos para que cada un fixeramos a nosa propia “caricatura” de Lueiro Rey.

PACO NOGUEIRAS No presente curso volvemos a ter unha actividade de animación a lectura con Paco Nogueiras. Xa van tres anos pero sempre nos sorprende cos seus contos, as súas cancións e os diversos instrumentos musicais que toca.


PÁXINA 80

CARREIRA SOLIDARIA IES MEAÑO No mes de xuño participamos por primeira vez nesta carreira solidaria. Participamos case tódolos alumnos/as do centro. Tamén houbo obradoiros e exposicións de robótica e outras actividades como xadrez, globoflexía,…

XOGOS POPULARES Durante o mes de novembro estivemos traballando os xogos populares no centro. Nas sesións de Eduación Física e nos recreos estivemos xogando.


PÁXINA 81

ANDAINA CON NEGRO Os alumnos/as de 5º e 6º xunto con titor e mestre de Eduación Física realizamos unha andaina pola zona. Recorremos 8 Km, saímos polo monte ata chegar a zona de Con Negro. Desde alí diriximonos ao carreiro e logo a praia de Area Grande para logo voltar ao colexio. Gustounos moito, vimo paisaxes moi fermosas, a pesar de que a néboa nos acompañou en parte da ruta.


PÁXINA 82

XOGOS NA PRAIA Chegou o derradeiro día de curso e para celebralo fumos a praia e fixemos xogos. Os alumnos de sexto e o mestre de Educación Física foron os responsables de colocar o material para poder xogar e tamén de explicar o que había que facer.

Carreiras de sacos

Carreiras “sin sacos”


PÁXINA 83

Para repoñer forza ao chegar o colexio tomamos froita.


PÁXINA 84

DESPEDIDA

Chega o momento de pechar esta edición da revista. Como non podía ser doutro xeito facemos unha pequena homenaxe aos que se van. Neste curso temos que despedir a dous alumnos/as de sexto e tamén a varias mestras . Esperamos que nos voltemos a ver pronto e que leven un bo recordo do seu paso polo CEIP AS BIZOCAS.

Rematan a súa etapa de Educación Primaria Álex e Xeila . En canto aos mestres e mestras, vaise Dolo Parga, que estivo no centro este curso e María, que se despide despois de 6 anos no centro. Non nos esquecemos tampouco do noso conserxe Moncho, que como xa dixemos ao comezo desta revista xubilouse no presente curso. A todos vós ( alumnos, mestres e Moncho) esperamos que vos vaia todo moi ben, que non vos esquezades de nós e veñades a visitarnos algunha vez.


PÁXINA 85


PÁXINA 86


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.