REVISTA SABICHÓN 1º TRIMESTRE (CURSO 2020-21)

Page 1

Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

O Sabichón

Equipo de Dinamización da lingua galega. 1ºTrimestre Curso 2020/21 1


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Índice Editorial_________________________3 A Covid-19_______________________4 O Samaín________________________7 Outono e Magosto________________16 San Martiño_____________________17 O noso corpo____________________21 Que lemos?_____________________27 A Bizoviaxe_____________________46 Un Nadal diferente________________58 Novas__________________________65 Pasatempos_____________________70

2


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Editorial Ola a tod@s! Xa estamos de volta coa revista do cole despois do curso tan “raro” do ano pasado. Bueno…este curso tamén está sendo un pouco diferente pola situación que estamos a vivir, pero estamos a levalo o mellor posible. Con distancia social, mans limpas e un sorriso detrás da máscara. Dende o equipo de Dinamización da lingua galega queremos compartir con toda a comunidade educativa unha pequeña mostra do que estamos a facer no cole tanto dende o blog como dende esta publicación. Que teñades unas boas vacacións de Nadal e moito SENTIDIÑO!! EDLG

3


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

A Covid-19 Aula 5º Ed. Infantil O NOSO LIBRO DE PRESENTACIÓN Na aula das Abelliñas non atopamos mellor maneira, ao comezo de curso, de presentarnos e coñecer un pouquiño máis da nova realidade que nos rodea, que a través dun libro de presentación elaborado por cada un de nós . A través del, presentámonos aos nosos/as compañeiros/as, coñecemos como é As Bizocas e os nosos/as mestres/as. Así mesmo, non podemos esquecernos de novas normas que debemos cumprir, debido a un bichiño chamado COVID. Coñecemos o conto Os monstros tamén usan máscara, e descubrimos a importancia de empregala, e de facelo correctamente; e aprendemos novas normas coas que temos que convivir. Pero os nenos e nenas da clase das Abelliñas están feitos todos uns Superheroes e Superheroínas, e sabemos que se somos moi responsables TODO SAIRÁ BEN!!

4


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

5


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Aula 6º Ed. Infantil ESTE ANO NON PODEMOS VER OS NOSOS SORRISOS, NIN DAR BICOS, NIN APERTAS, NIN COMPARTIR OS XOGUETES, NIN FACER TRABALLOS EN EQUIPO, NIN BAILAR XUNTOS…

ZAIRA

ALEIX

GISELA

YERAI

MARTÍN

MARA

NAIMA

ROCÍO

DANIEL

YAGO

PERO TEMOS TANTAS GANAS DE ESTAR NO COLE CON TODOS/AS OS COMPAÑEIROS/AS E OS/AS PROFES QUE SOMOS MOI PRUDENTES, PARA QUE TODO VAIA BEN!!!!

6


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

O Samaín Dende a área de Inglés traballamos esta festa tan terrorífica…

7


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

8


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas 2º Ed. Primaria

9


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

10


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Receitas saborosas para facer na casa.

11


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

12


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas 3º Ed. Primaria

13


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

14


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Aquí tendes a entrada do Samaín no blog de biblioteca e dinamización para ver canto traballamos. Preme na imaxen.

15


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Outono e Magosto 4º e 5º Ed. Infantil

Aquí temos un poema sobre o outono. Preme na imaxen

6º Ed. Infantil

16


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

San Martiño Por San Martiño trompos ao camiño. O grupo de 2º de Ed. Primaria investigaron sobre xogos tradicionais, centráronse nas carreiras de chapas e no trompo.

Carreiras de chapas. Un dos pasatempos infantís máis económicos e divertidos antigamente era xogar ás chapas.

Imos facelo nós tamén nos recreos!!! Se o tempo nos deixa...Só é necesario reunir unhas cantas chapas de botellas de vidro. Unha vez que teñades varias chapas, podemos decorar o seu interior con diversos motivos. Antigamente, as chapas máis coñecidas eran aquelas decoradas con caras de ciclistas, se eran para xogar ás carreiras:

ou cos nomes e cores dos equipos xogar campionatos de fútbol-chapas:

de

fútbol,

se

eran

para

17


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Nós nos recreos imos montar un circuíto de carreiras. Para xogar ás trazábase na area un circuíto coas súas diferentes curvas e obstáculos. Para as curvas imos seleccionar un circuíto de fórmula 1 que queiramos dos que xa existen. Podes escoller o teu de todos.

Para os obstáculos: Os circuítos adoitaban encherse de trampas para dificultar a carreira, polo que hai que ter un gran dominio para poder completalo o primeiro. Que obstáculos podemos poñer?(rampla, fosos, pedras...). E agora só falta montalo e... A XOGAR!!!

18


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

19


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

20


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

O noso corpo 4º e 5º Ed. Infantil COÑECÉMONOS E COIDÁMONOS POR FÓRA E POR DENTRO Este 1º trimestre, en Educación Infantil, dende a aula das Abelliñas, levamos a cabo o proxecto “Coñecémonos e coidámonos por fóra e por dentro”, que ten como centro de interese o coñecemento e coidado do corpo, a saúde e alimentación. Para comezar, decatámonos de que sabíamos moitas cousiñas sobre o tema, aínda que un pouco desordenadas. Así que realizamos un panel de detección de ideas previas: que sabemos, que queremos saber e quen nos pode axudar, e puxémonos MANS Á OBRA!

Conversamos sobre as nosas características físicas: a nosa cor de pelo, fixemos listaxe de nenos/as louros/as, castaños/as, morenos/as; a cor dos nosos ollos; pesámonos; fixemos estimacións sobre quen é máis alto/a, e

21


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas quen é máis baixo/a; quen ten o pé máis grande e quen máis pequeno, ordenámolos de maior a menor, e de menor a maior. Elaboramos entre todos un palmómetro, co que nos medimos. Observamos as nosas pegadas dactilares. Todas estas actividades permítennos traballar a aceptación e o respecto cara as características distintivas dos demais.

A través da observación de láminas, vídeos e diferentes libros, vámonos coñecendo por dentro e descubrimos o esqueleto e o número de osos polo que está formado; algúns dos seus nomes, e creamos o noso propio

22


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas esqueleto. Investigamos para coñecer o nome do oso máis longo (fémur) e o máis curto (estribo) e localizámolos.

Descubrimos algúns dos sistemas que conforman o noso corpo: o dixestivo, respiratorio e circulatorio. Realizamos a silueta dalgúns nenos/as en papel continuo e con diferentes técnicas plásticas facemos os diferentes sistemas. Escribimos os nomes dos elementos que os conforman.

23


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Observamos láminas da boca e falamos da importancia dunha boa hixiene bucal. Activamos sentidos a través de diversos xogos. Investigamos a cor, olor tamaño, tacto, gusto, forma,... dalgúns froitos do outono. Comprobamos en que lugar da lingua está o sabor acedo, amargo, salgado e doce.

Falamos da importancia de comer san. Para iso clasificamos alimentos en saudables e prexudiciais para a saúde e realizamos a pirámide dos alimentos. Traballamos os nomes de diferentes profesionais da saúde.

24


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Ao finalizar démonos conta da infinidade de novas aprendizaxes que adquirimos ao redor do proxecto e de cantas novas cousas podíamos transmitirlles aos demais, algo que nos ilusionou especialmente.

2º Ed. Primaria

25


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

26


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Que lemos? 4º e 5º Ed. Infantil Dende 4º/5º de Ed. Infantil nos ensinan os seus libros favoritos. Preme na imaxe.

3º Ed. Primaria Ao longo do primeiro trimestre @s alumn@s de 3º estiveron recomendando as súas lecturas favoritas.

27


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

28


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

29


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas RECOMENDACIÓNS LECTORAS PROPOSTAS DE LECTURA EN GALEGO PARA 3-6ANOS

Mamá Ruiz Johnson, Mariana Kalandraka/9788484648-3 A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra. Xandra a landra que quería voar

Queixas, Mercedes Urco Editora / 978- 84- 16121-95-3 Xandra é unha landra que agarda coa súa familia o momento de descender das pólas das árbores, mais ela o que quere con todas as súas forzas é poder voar. As outras landras intentarán que esqueza o seu desexo, pero Xandra non

30


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas se dará por vencida. Despois da chuvia

Cerro, Miguel Kalandraka / 978-84-8464-968-7 O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da felicidade inmaterial están presentes no VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, unha obra de intenso colorido e orixinal composición. Ícaro

Delicado, Federico Kalandraka / 978-84-8464-903-8 O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Kafka e Hopper.

31


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas PROPOSTAS DE LECTURA EN GALEGO PARA 6-8ANOS.Nube branca e o pingüin Valentín

Nogueira, Pablo Baia Edicións / 978- 84- 9995- 341-0 Ao poboado de Nube Branca chegou dende moi lonxe un pingüín de nome Valentín. Devecía por voar, pero por máis que axitaba as súas ás non era quen de facelo. Con axuda das súas novas amigas…pensas que o conseguirá? A Reconquista

Yañez, Antía Baía Edicións 978- 84- 99- 95297- 0 No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Grazas a súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamente se converte nun tsunami de solidariedade. PROPOSTAS DE LECTURA EN GALEGO PARA 8-9ANOS.29 historias disparatadas

32


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Wölfel, Úrsula Kalandraka / 978-84-8464-499-6 Unha nena que non quería facer o que facía todo o mundo e saía pola porta andando cara atrás...Pequenas historias sorprendentes narradas con gran sentido do humor. Tres bichicomas, dúas illas e unha serea

Aneiros, Rosa Xerais / 978-84-91215684 Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. Chámanlle así polo seu avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilla, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles. Superavoa

Rodríguez, David Xerais / 978-84-9121-751-0

33


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ella e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.

Plan de rescate

Yañez, Antía Xerais / 978-84-9121-748-0 Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!)

PROPOSTAS DE LECTURA EN GALEGO A PARTIR DE 10-11ANOS.A señorita Bubble.

34


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Costas, Ledicia Xerais / 978-84-9121-254-6 A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble. A ponte que non tiña río

Martín, Paco Galaxia / 978-84-9151-473-2 Neste libriño cóntase unha historia na que interveñen nenas, nenos, homes, mulleres e tamén algúns vexetais, unha ponte pequena de pedra e mesmo un regato de auga algo secreto… O nariz de Fiz

Villar, Miro Galaxia / 978-84-9151-554-8

35


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural. É “unha criatura pequerrechiña e miudiña”, pero posúe unha estraña habelencia que o vai converter en protagonista de emocionantes aventuras. A tropa contra o virus

Avendaño, Alberto Xerais / 978-84-9121-744-2 Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19. Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidaridade. Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.

PROPOSTAS DE LECTURA EN CASTELÁN DE 3-6 ANOS.-

¿Has visto al león?

36


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Armando Quintero & Géraldine Alibeu ISBN 978-84-9871-231-5 Le traigo una carta que huele a flores recién cortadas... A través de esta fórmula, cargada de lirismo, que la rana repite a cada uno de los animales que se encuentra, este álbum completa página a página un rompecabezas de criaturas de la selva. Las respuestas recibidas se convierten pequeñas pistas para descubrir el motivo por el que el león ni caza ni come. Las demostraciones de amor no exigen hazañas.

La cebra Camila Núñez, Marisa. Kalandraka Editora / 978-84-95123-60-2 ...Un día, al salir de casa, el viento bandido se llevó siete rayas de su vestido. Una araña, una serpiente, el arco iris y una cigarra, entre otros animales del bosque, ayudarán a Camila a olvidar su pena.

Orejas de mariposa Aguilar, Luisa Kalandraka Editora / 978-84-96388-72-7 Mara es especial y nada ni nadie conseguirá restar valor a sus cualidades porque su madre le ha dado la clave para salir airosa de cualquier crítica: autoestima, imaginación y espontaneidad.

37


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Si yo fuera un gato Paloma Sánchez Ibarzábal & Anna Llenas ISBN 978-84-9871-382-4 –¿Qué pasaría si fueras un gato? –Si yo fuera un gato... Una propuesta divertida, a modo de juego, que permite tomar conciencia de la realidad (vivencias, emociones, necesidades...) del otro con el objetivo último de entenderlo mejor.

38


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas PROPOSTAS DE LECTURA EN CASTELÁN DE 7-8 ANOS.

TALLER DE CORAZONES Arturo Abad & Gabriel Pacheco ISBN 978-84-9871-247-6 Cuando llega la noche y el silencio de los soñadores inunda la ciudad, del taller de corazones surgen misteriosos sonidos, porque... Matías tiene un secreto. El protagonista repara corazones dañados.

EL SUEÑO DE XELÁ Alexandre Honrado & Marta Torrão ISBN 978-84-96788-43-5 -No creo que se crezca por leer un libro, refunfuñaba Miguel. -Pues yo, cada vez que entro en uno, salgo diferente. El libro y la lectura representan un puente entre los sueños y la realidad. En la ficción todo es posible, y el protagonista va a descubrir el placer de la creatividad y la imaginación, junto con la afectividad. PROPOSTAS DE LECTURA EN CASTELÁN A PARTIR DE 9 ANOS

39


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

UN INDIO COMO TÚ Y COMO YO Erna Sassen Boaz es un chico solitario fascinado por los indios y por los ponis. En el colegio no tiene amigos y tiende a perderse en sus pensamientos. Hasta que llega una nueva alumna, Aisha. No sabe hablar su idioma, pero está claro por su aspecto que es india: además, se sabe comunicar por dibujos, como los indios. Boaz es ahora el niño más feliz del mundo, hasta que a su padre se le ocurre la idea de cambiarlo de clase justo cuando ha encontrado a alguien con la que se entiende a la perfección. Un libro lleno de ternura y ciertos toques de humor que sabe mezclar con gran maestría temas como la soledad, el racismo, la amistad…

LA PUERTA DE LOS TRES CERROJOS Sonia Fernández Vidal La aventura que te descubrirá el fascinante mundo de la física cuántica. Después de recibir un misterioso mensaje, Niko recorre un nuevo camino para ir al instituto y descubre una casa que no había visto nunca antes. La resolución de un enigma le permite entrar en lo que resulta ser un

40


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas extraño lugar donde nacen universos. Dentro del mundo Cuántico ocurren cosas sorprendentes, desde una guerra entre la materia y la antimateria hasta las desapariciones del gato de Schrödinger, pasando por un taller de relojería donde se pone a prueba la relatividad del tiempo. Inmerso en esta aventura inesperada, Niko tiene la misión de devolver el equilibrio, ahora en peligro, entre su mundo y el universo cuántico que acaba de descubrir.

Tú puedes salvar el mundo Ángela Green La Tierra es sabia, respira vida y está ansiosa por ofrecer muchas más maravillas de las que ya nos regala cada día. Y nuestro deber es cuidarla para que siga haciéndolo. Aprende de 38 personajes inspiradores y conviértete tú también en un héroe de la Tierra. En el libro encontrarás 12 retos para aportar tu granito de arena en la lucha contra el cambio climático. Recuerda: no hay un Planeta B. ¡Tienes 12 meses para proteger el nuestro! PROPOSTAS EN INGLÉS EDUCACIÓN INFANTIL

Meerkat, o protagonista, dase conta de que no deserto, nada se parece ao que a súa revista denomina Nadal. Entón emprende unhaviaxe a

41


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas outros lugares desde os que vai enviando postais. En canto ao nivel de dificultade, é tan visual que é moi difícil perderse.

Pete theCataxuda a papá Noel a levar os agasallosás casas dos nenos e nenas. O vocabulario ten constantes rimas e o conto é bastante melódico con estruturas que se repiten polo que é moi fácil de comprender.

Santa Claus empeza a beber o que lle van deixando en cada casa ata a número dez. Entón, o pobre necesita urxentementefacer pipí e dáseconta de que non repartiu os agasallos. Un libro moi divertido.

PARA 1º/ 2º

42


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Papá Noel ponse en camiño para entregar os agasallos pero o pobre Oso queda atrás no taller! Como chegará á casa de Tom a tempo para Nadal? Neste libro, con moitaslapelas, os nenos e nenas poderán descubrir pequenos detalles da historia mentres se persegue a Papá Noel. Está cheo de rimas enxeñosas e escenarios divertidos.

Hai unha festa de disfraces de Nadal e todos están vestidos cos seus mellores disfraces. Aos nenos encantaralles levantar as lapelas para descubrir aosanimaisque se esconden detrás dos disfraces. Este libro combina páxinas de peek-a- boo, texto con rimas e moitos ruidos de animais.

Baseado na película clásica ‘TheSnowman‘, neste libro o boneco de nevefaiunhaviaxemáxico. Despois de que a neveasentousenun frío día de inverno, un nenoconstrúe un boneco de neve. Máis tarde esa noitebaixo as estrelas, o boneco de neve cobra vida!Xuntosvoan polo ceo nocturno nunhaviaxemáxica e impresionante, ata que sae o sol e é hora de volver a casa. PARA 3º /4º

43


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

É Noiteboa e o JollyPostman saúda aos personaxes de contos favoritos de todos. Ten unhatarxeta para Baby Bear, un xogo para Caperucita Vermella, un crebacabezas para recuperarse do pobre HumptyDumpty e moitosmáis paquetes para entregar.

Faltan dous días para a véspera de Nadal e os elefantes están moi emocionados. Elixe nunha árbore para decorar e preparan os agasallos para que Papa Red recolla durante a noite e leve a quen os necesite. Pero este ano, Elmer ten un agasallo especial reservado para os elefantes máis novos

PROPOSTAS PARA 5º/6º

44


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

É case Nadal e Winnie e Wilbur están moi emocionados. Pero logo ocorre un desastre. En Noiteboa, Santa queda atascado na súa cheminea! Necesita desesperadamente axuda coas súas entregas, pola contra, o Nadal non sucederá.

Cando o abeto feo é levado á cidade, ninguén quere cómpralo. Pero un nenos en fogar pregúntalle ao comerciante se pode levar a árbore e, xunto ao río, nunha caixa de cartón, decorada con algunhas velas, a árbore atópase no centro dunha máxica Noiteboa que nunca esquecerá. Un conto do Nadal cun toque clásico pero cun tema moderno no seu corazón.

45


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Comenza a Bizoviaxe 4º Ed. Primaria INVESTIGAMOS SOBRE A NOSA LOCALIDADE: O GROVE Comezamos coas lendas, Elias preséntanos este traballo VERDADEIRA HISTORIA DO MECO. Será certo que ocorreu así?

coa

46


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Continúamos agora con outra das lendas máis coñecidadas en O Grove. Cremos que coa seguinte imaxe non necesitas que che digamos a que lenda nos referimos.

47


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Viaxamos agora ata A Toxapara coñecer a Lenda do Burro Burro, o encargado de realizar este traballofoi traballofoi Raúl xuntoscoscompañeir@s que colaboraron copiando os textos para poder presentalonesta revista.

48


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

49


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

O GROVE / NATUREZA Cansos de investigar na aula decidimos que a mellor opción era coller as nosas mochilas e continuar aprendendo sobra sobra a natureza e a nosalocalidadecamiñando. Naprimeira delas chegamos á praia do Piñeirón, antes pasamos por un sendeiro polo que pasa a ruta de Frei Martín Sarmiento.

50


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Na saída puidemos ver algúns dos contidos que explicáramos no cole no tema das plantas: as súas partes, a polinización,…. Ao chegar ao cole fixemos xemos preguntas sobre a saída. Aquí quí deixamos algunhas:

51


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

52


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Enlace para ver tódalas fotos da saída: O PIÑEIRÓN

A FIGUEIRA DO MECO Queríamos comprobar si o que nos contara Elías sobre a lenda do Meco era certo, así que con moita ilusión e coas nosas mochilas cargadas comenzamos a nosa aventura destino á Siradella.

53


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

En media hora chegamos a un mirador desde o cal puídemos obsevar a beleza de A Lanzada, tomamos un desvio a esquerda e logo un sendeiro a dereita.

Por fin , un descanso para recuperar forzas!! Paramos ao carón dun pilón, bebemos e uns minutos máis tarde voltamos a camiñar. Comenzaba o máis duro da nosa misión, a pendente era cada vez maior e transitábamos por camiños areosos e pedregosos.

Misión cumplida!! Despois de máis de unha hora camiñando chegamos á Siradella!! Merendamos e tivemos tempo para xogar e investigar sobre os cogomelos

Cargados de enerxía subimos ao mirador para contemplar o istmo .

54


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Xa estabamos algo cansos, pero outros parece que non tanto e puxéronse a levantar rochas, antes de camiñar por unhas escaleira milenarias que conducían a figueira.

Tocaba emprender o camiño de volta ao colexio , antes subimos ao punto máis alto da Siradella e na volta paramos para ver as vacas cachenas.

As 13:00 horas chegamos ao colexio, algo cansos pero con ganas de repetir a experiencia. Si queres ver máis fotos da saída preme no enlace: SIRADELLA

55


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas A BODEIRA

56


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Aquí che deixamos o enlace con tódalas fotos: A BODEIRA E si che gustan os lugares que visitamos, xa sabes este Nadal colle a mochila e disfruta das paisaxes en compañía da familia.

57


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Un Nadal diferente Ed. Infantil @s pequen@s do cole felicítannos o Nadal. Preme na imaxen.

1º Ed. Primaria Este ano coñecemos unha personaxe ben curiosa. Preme na imaxen.

Temos unha invasión de elfos no colexio!!

58


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

59


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

60


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

61


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas Ugly sweaters contest A teacher Bea propuxo un concurso de xerseis navideños. Parabéns a todol@s participantes!!

1º PREMIO Elías(4º)

2º PREMIO Noa(3º)

62


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

3º PREMIO Noa(5º)

MENCIÓN ESPECIAL Nova Promesa Uxía(1º)

63


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

MENCIÓN ESPECIAL Orixinalidade Roque(6º)

64


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Novas do cole 6º Ed. Infantil O grupo de 5 anos estivo investigando sobre os medios de transporte. Velaquí unha mostra sobre o tren.

Tamén traballaron sobre as baleas.

65


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

5º Ed. Primaria Este ano estrenámonos con EDIXGAL. BENVIDO EDIXGAL Edixgal é unha páxina onde non temos libros. Aí traballamos case todos os días, temos as materias no ordenador e ao acabar o tema temos exercicios e probas.

66


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Neste curso 2020-2021 no CEIP As Bizocas comezamos co proxecto edixgal , os ordenadores e o armario onde os cargamos chegaron en setembro e xa comezamos a traballar.

Co proxecto edixgal os nenos e nenas poden estudar en internet sen ter que levar libros para casa e así estudar con facilidade.

67


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Polas tarde os ordenadores podémolos levara casa, tamén podes deixalos no colexio. Teñen 5 horas de autonomía, tamén temos un ordenador de reposto por se falla un dos nosos. No colexio teñen un armario de carga e na casa cargamos co cable. As aplicacións que máis gustan son Youtube e Google Earth.

Edixgal utilízase para facer deberes, para buscar información sobre o que estamos dando, (hai de todas as materias).Tamén se utiliza para preguntarlle aos profesores polos mensaxes que ten. É moi útil.

68


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Este ano solo estamos en edixgal os de 5º de educación primaria pero para o ano estaremos os de 5º e os de 6º de educación primaria.

Autores/as: Noa, Martiño, Daniel, Lucía, Pau, Ainoa, Carla, Antón, Lylea e Natalia.

69


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas

Pasatempos 6º Ed. Infantil

6º Ed. Primaria ADIVIÑA ADIVIÑANZA… 1-Vai un señor nun coche pola estrada e se atopa con 3 portas: unha vermella, unha azul e unha amarela. Cal abre primeiro? 2-Ás veces crece, ás veces mengua, e teño a súa inicial na punta da lingua. 3-Vou a todas partes pero nunca me movo. Estou chea de coches, camións, bicis e motos. Quen son? 4-Tanto a odia a madastra que cunha mazá a mata. Menos mal que chega o príncipe e da morte a rescata. Quen é? 5-É lisa coma unha táboa e negra coma o carbón, énchese de tiza branca para darnos as leccións. 6-Que cousa é que canto máis lle quitas máis grande é?

70


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas 7-Á praia veñen, á praia se van. Se te achegas moito vante mollar. 8-Fala e non ten boca, escoita e non ten oído, e pequeno e fai ruído e equivócase moitas veces. 9-Son un libro que teño 12 follas pero que se len nun ano. Quen son? 10-Todos pasan por min e eu nunca paso por ninguén. Todos preguntan por min e eu tampouco pregunto por nadie. Sabes quen son? CHISTES CHISTOSOS… 1-Cal é o colmo dun oso panda? Sair nunha foto en blanco e negro. 2-Se car é auto e men é home, entón a miña tía Carmen é un transformer? 3-Para que lle regala un matemático unha calculadora á súa parellal? Para que poida contar con él. 4-Que fan o kétchup e a mostaza no seu tempo libre? Bailar salsa. 5-Cal é a canción favorita de Harry Potter? Si eu tivera unha vasoira…

6-Nunha barbería o barbeiro pregúntalle a Manolo: -Manolo, córtoche as patillas? E responde Manolo: -Home, non, despois con que vou a camiñar? Coas manillas

71


Revista escolar nº XXVI do CEIP As Bizocas 7-Por que os adultos se tapan os ollos cando se poñen crema? Porque é Ni-vea 8-Un neno lle dí á súa profe: -Profe, castigaríame por algo que non fixen? E a profe dille: -Non, por que? E o neno dille: -Porque non fixen os deberes. 9-Que fai unha persoa cun sobre de Ketchup na orella? Escoitar salsa. 10-Como se chama o irmá maior de Pinocho? Pinueve. 11-Vai un burro á escola e ten un exame. O mestre dille: “dime dúas vogais” E o burro dille: “iiiiiii

oooooo “

12-Xaimito está coa súa avoa e lle merca unha piruleta. Cáelle ó chan e a avoa dille: -Xaimito, as cousas do chan non se collen! Polo camiño a avoa cae e dille: -Axúdame, Xaimito. E él dille: -Non avoa, as cousas do chan non se collen.

72