O SABICHÓN 21
PÁXINA 1
O SABICHÓN 21
PÁXINA 2
5
Historías de San Vicente
6-7
Samaín
8-9
Magosto
10-13
O Nadal
14-16
Entroido
17
O corazón do Bosque
18
Facemos pulseiras de Goma
19-23
Excursión a Campolameiro
24,25
O Corvo Roque
26-27
Multideporte
28,29
Receita
30,31
Letras Galegas
32
Saída polo entorno
33
O noso concello
34
Temperaturas medias Matinais
35
Trogloditas
36
Dia da Paz
37
Visita da profe Belén
38
Crocodilo namorado
39
Adiviña
40
Mergúllamos cos Beatles
41
I love Art & crafts
42,43
Our English Corner
44, 45
Saída ao Múseo do Salazo, festa da espuma.
46
A leda das nove Ondas
47
Salto ao instituto
O SABICHÓN 21
PÁXINA 3
SOBRE O POBO San Vicente cambiou moito durante uns 20 anos. A xente, antigamente, era moi unida. Facían traballos xuntos, intercambiaban productos de comida ou calquera outra cousa. Cantos máis pés tuveran os piornos de cada un, máis ricos eran os donos. Se o piorno estaba cheo de millo, dicían os maiores , que esas persoas eran ricas por ter alimento para o outro ano. Agora mesmo, na actualidade, os veciños falamos moi pouco, incluso xa non nos coñecemos. Non se comparte case nada, nin os maiores falan, nin os nenos xogan xuntos, en definitivo, en San Vicente quedan catro. SOBRE A FESTA. San Vicente é o patrón da nosa parroquia. Célebrase o día 22 de xaneiro, este é o día do noso patrón. Hai moitos anos, cando a igrexa estaba no Adro Vello, os feligreses despois de ir a misa do Santo ,ese día ían coller auga á fonte do Santo, que está alí un pouco máis arriba. Este día faise un xantar diferente, pode haber hasta un año estofado para comer toda a familia. Despois, pola tarde,a xente dá una volta e fai o modo de ir á verbena, que é pola noite. Soe ser o que máis lle gusta a xente. Agora, sempre poñen unha carpa para que as inclemencias do tempo non estropean a festa. A FONTE DO SANTO. A fonte do Santo é unha fonte situada cerca do Adro Vello. Hai 100 anos a xente acudía a esa fonte a coller auga en botellas e levábana para as súas casas e utilizábana como milagreira para as dores, inflamacións… OS RÍOS. En San Vicente hai catro ríos chamados: O río de Castiñeira está situado cerca da praia de San Vicente. Hai 100 anos había un manantial, e como era unha poza de auga, puxéronlle unha lousa para que a roupa non se manchara e unha pedra, así se formouso río de Castiñeira. O río dos Paus que está situado case na metade de San Vicente. O río da Laxe está situado no camiño que baixa aá praia de Barreiro. O río do Sameiros situado na carretera que baixa a San Vicente do Mar. Os alumn@s de 5º.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 4
EDITORIAL:
Hola amig@s!. Como de costume por estas datas, o voso amigo “SABICHÓN “ ……. sae á rúa de novo!. Un ano máis grazas o esforzo de mestres e alumn@s poño as miñas mellores galas. Espero que para o vindeiro ano non teña que esperar a fin de curso , e poída asistir aos festivais que se celebran no colexio, que creo que estiveron moi ben este curso. Agardo que para o ano os alumn@s e mestres me inviten. Xa sabedes que son moi educado, e non podía empezar a revista doutro xeito que non fose presentándovos aos alumn@s que chegaron este ano a aula de tres anos. Na seguinte páxina podedes ler un poema de Xose Mª Diaz Castro, autor homenaxeado no día das letras Galegas 2014.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 5
Penélope. X. M. Díaz Castro Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
O SABICHÓN 21
PÁXINA 6
O 28 de Outubro celebramos o Samaín. Durante toda a semana estiveron expostas as cabazas que os alumn@s trouxeron, tamén os debuxos e textos que fixeran para o concurso “O meu medo”. Nas imaxes poden ver a entrega de premios aos gañadores de cada ciclo. Ao rematar cantamos e bailamos no ximnasio as cancións “ de medo” que prepararon coa mestra de música.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 7
O SABICHÓN 21
PÁXINA 8
O 15 de novembro celebramos o magosto, a choiva tomou un descanso e por fin puídemos comer a castañas e xogar. Como se pode observar os nosos alumn@s tiñan moitas ganas de probar as castañas. Unha vez máis Moncho encargouse de asalas . Cada grupo de alumn@s buscou o seu recuncho para comelas Estaban boísimas!!! Agora xa tiñamos enerxía para comezar os xogos.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 9
O SABICHÓN 21
PÁXINA 10
Como tódolos anos decoramos o colexio para para a chegada de Papa Noel. Cada ciclo fixo unha postal “xigante”. Tamén fixemos o boneco de neve e a árbore.
Outra das actividades foi un concurso de postais, cada alumn@ fixo a súa. Na seguinte páxina podedes ver algunhas das que fixeron.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 11
O SABICHÓN 21
PÁXINA 12
Os alumn@s preguntábanse en que viría Papa Noel este ano. Como vedes nas imaxes optou por un medio non contamintante e sorprendeu a todos chegando no seu cabalo.
Todos os nen@s sairon a recibilo. Algún xa aproveitou para entregarlle a súa carta. Era o momento de entrar para que Papa Noel puidera ver tódalas actuacións que lle tiñamos preparadas.
O SABICHÓN 21
Non faltaron tampouco as fotos con “Papa Noel”, cada alumn@ conversou con él, fixo a foto e tivo o seu agasallo. Ao rematar cada clase fixo a foto de grupo. E como colofón a festa unha merenda con doces e outros produtos típicos do Nadal.
PÁXINA 13
O SABICHÓN 21
PÁXINA 14
Con tanto temporal este ano o mar chegou ao colexio ata no entroido. Os piratas aproveitaron para desembarcar nel e invadir as aulas do primeiro ciclo. .Moito coidado cos de primeiro e segundo, que veñen a saquear todo o que se lle poña por diante. Parece que xa se escoitan os canóns: Piratas!! Á abordaxe!!
As medusas tampuco quixeron perderse a festa e chegaron ata as aulas de infantil Nos derradeiros anos apareceron medusas “portuguesas” na praia das Bizocas, pero estas co ritmo que traian debían vir de Brasil.
Ondas de máis de 5 metros de altura anegaron a aula de 4º. Quedou chea de peixes. O seu mestre tivo que vir coa roupa de augas para poder dar clase . Este peixes si que eran da ría.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 15
Os do terceiro ciclo estaban preparados para a ocasión e aproveitaron o temporal para disfrutar dos deportes de mar que tanto lles gustan.
Estaban moi tranquilos disfrutando do mar e da praia, pero non contaban coa aparición de dúas quenllas “esfameadas”. A praia quedou baleira nun intre.
Non podía faltar a comparsa do 3º ciclo, este ano a ritmo de rap. Na seguinte páxina ( 16) poden ler a letra. E para rematar a degustar productos típicos de entroido.
O SABICHÓN 21 GUSTANOS SURFEAR E A NOS BUCEAR PERO NO ENTROIDO HOXE IMOS CRITICAR E PARA EMPEZAR OS NOSOS POLÍTICOS NON PODEN FALTAR DANCHE QUE FALAR O NOSO PRESIDENTE ESTACHE A FLIPAR DI QUE REMATA CRISE E HAI PARO A ESCACHAR. QUE IMOS FACER CO FRACASO ESCOLAR PREJUNTALLE AO WERT QUE VAI A CAMBIAR? OUTRA NOVA LEI IMOS TOLEAR AGORA PA APROBAR TEMOS QUE REZAR PARA REMATAR A CRISE NOS TEMOS SOLUSIÓN MANDAR AOS POLÍTICOS PARA XAPÓN. OS DE NOALLA NON VAN DESCANSAR A PRAÍA DA LANZADA QUEREN CONQUISTAR ESTADES A FLIPAR COMO IDES MARCHAR CON ESTAS ONDAS TODO O DÍA A SURFEAR E AGORA XA DE TEMA IMOS CAMBIAR PORQUE NAS BIZOCAS HAI MOITO QUE CONTAR AS FIESTRAS DA AULA QUEREMOS CAMBIAR PRA NON NOS MOLLAR AS PERSIANAS A BAIXAR. AS PRANCHAS DO TEITO ESTANCHE A CAER CASCO HABRÁ QUE TRAER PRA NOS PROTEXER OUTRO BOA IDEA CORRUPTOS A CADEA E NOS SEUS CHALETS FAMILIAS COS SEUS BEBÉS
PÁXINA 16
DO NOSO POBO NON NOS IMOS OLVIDAR UN ANO MÁIS HAI MOITO QUE CONTAR BEIRARRÚAS A ESCACHAR VAN PEATONALIZAR ONDE IMOS A APARCAR? NO MEDIO DO MAR? E DO URBANISMO O QUE HAI QUE VER ISTO XA PARECE MISTERIO SIN RESOLVER NA CULLER DE PAU NON PODEN TRABALLAR E ELES A DIRFRUTAR NA BEIRA DO MAR QUE PASE NO CONCELLO ANTES TODO ERA LEGAL AGORA ATA OS CORTELLOS VAN DERRIBAR O ROUBO DA TELE DISGUSTOUNOS MOGOLLÓN E AGORA OS LADRÓNS QUEDARON COMO DIOS ESO PARA LOLI SI FOI ESCALANDALOSO ONDE VAI VER AGORA AO NOSO JAYOSO. DE TANTO DITADOS ESTAMOS ESGOTADOS DE TANTO ESTUDAR IMOS TOLEAR A NOSA TEACHER NOS NON SABEMOS CANDO SE VAI DECATAR QUE PARA TOMAR A RELAXING CUP OF CAFÉ CON LEITE NON NECESITAMOS SABER PRONUNCIAR. E PARA REMATAR QUEREMOS LEMBRAR QUE PARA O ANO NOS IMOS A VOLTAR
O SABICHÓN 21
PÁXINA 17
O SABICHÓN 21
PÁXINA 18
O SABICHÓN 21
PÁXINA 19
O SABICHÓN 21
PÁXINA 20
O SABICHÓN 21
PÁXINA 21
O SABICHÓN 21
PÁXINA 22
O SABICHÓN 21
PÁXINA 23
O SABICHÓN 21
PÁXINA 24
O SABICHÓN 21
PÁXINA 25
O SABICHÓN 21
PÁXINA 26
O SABICHÓN 21
PÁXINA 27
No presente curso volvemos a competir no multideporte, este ano como novidade tamén o fixemos na categoría benxamín (2º, 3º e 4º) . Os alevíns xogaron 3 xornadas. Como visitantes foron a Ceip de Castrelo e ao de Ceip Coirón Dena e no Pavillón Municipal de O Grove xogamos contra o Ceip de Noalla.
Os benxamíns tamén disputamos tres xornadas, no colexio e instituto contra Ceip Cruceiro, Villalonga. En O Grove co Ceip Cruceiro B. Rematamos a competición contra Rubiáns, en Vilagarcia. Xogamos a fútbol sala, balonmán, baloncesto , badmintón e xadrez.
Pasámolo moi ben xogando aos diferentes deportes e convivimos con nen@s de outros colexios, compartimos o recreo con eles e tamén nalgúns centros tamén o tempo de lectura.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 28
O SABICHÓN 21
PÁXINA 29
O SABICHÓN 21
PÁXINA 30
O SABICHÓN 21
PÁXINA 31
Celebramos o festival das letras galegas, este ano levábamos moito tempo esaiando as obras e as distintas actuacións que íamos facer. Este traballo tivo a súa recompensa. Todas as actuacións estiveron moi ben. Comenzaron os de cuarto cunha biografía poética de Xose Mª Diaz Castro. Chegaba o turno dos alumn@s de infantil que nos mostraron as súas “dotes teatrais” coa obra: “Os coelliños brancos”.
A terceira actuación foi dos alumn@s de 5º coa obra titulada : “ A outra Caperuchiña”. Despois actuaron os alumn@s do 1º ciclo representando : “As bodas da pulga e o piollo.
Non podía faltar a actuación músical dos de 4º. Nesta ocasión cantando a Canción do Reloxo. Remantou o festival cunha nova interpretación teatral, “ A consulta do doutor”.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 32
O SABICHÓN 21
PÁXINA 33
O SABICHÓN 21
PÁXINA 34
TEMPERATURAS MEDIAS MATINAIS
Desde o mes de outubro fomos rexistrando as temperaturas durante o horario de clase. Anotabamos os datos da hora de entrar, no recreo e a saída. O termómetro tiñámolo colocado na ventá da fachada oeste da aula. A gráfica reflicte as seguintes temperaturas medias: OUTUBRO: 18,6º XANEIRO: 10,4º ABRIL: 13,2º
NOVEMBRO: 14,4º FEBREIRO: 10,8º
DECEMBRO:13º MARZO: 13,1º
MAIO: 14,3º
Comezamos, por tanto, no primeiro mes do outono onde a temperatura media é bastante alta se comparamos coas demais. Os meses centrais do inverno - xaneiro e febreiro - son os máis fríos con temperaturas semellantes. Tímidamente se van recuperando na primavera. Chamounos a atención que o mes de maio tivese a mesma temperatura media que novembro. O día que rexistramos máis graos foi o 10 de outubro onde chegamos na saída aos 27º. Tamén nese mes observamos como ían baixando as temperaturas a medida que nos achegabamos á fin . Foi precisamente en outubro onde a diferenza entre a máis alta e a máis baixa foi a maior de todos os meses: 15º (27º - 12º). O día que rexistramos menos graos foi o 9 de decembro onde á hora de entrar só tiñamos 5º.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 35
TROGLODITAS O 29 de abril fomos a un teatro de títeres a Pontevedra. Como somos poucos e para aforrar gastos compartimos autobús con alumnos de Portonovo. O título da obra era "TROGLODITAS", que como o seu nome indica estaba ambientada na Prehistoria. Neste teatro de títeres vimos como dous lanzadores de menhires, un levantador de pedras ou un faquir que atravesa o seu corpo cun tronco divertíronnos, misturando os títeres coa intervención dos tres actores condutores da representación.
Gustounos porque tamén na clase nese momento estabamos falando da Prehistoria. Sabedes que os trogloditas eran os seres humanos do Paleolítico que vivían en cavernas. Fíxonos moita graza a expresión que repetían “ma patá” porque como non sabían falar.... Había rapaces de moitos colexios. O Auditorio, que así se chama o lugar da representación, estaba case cheo. Logo merendamos nun parque onde antigamente, segundo nos dixeron, había unha mona nunha gaiola. Pobriña... A continuación demos un paseo polo centro de Pontevedra parándonos na praza da Ferrería onde demos de comer ás pombas. Pasámolo xenial...!
Alumnas e alumnos de 4º.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 36
O SABICHÓN 21
PÁXINA 37
O SABICHÓN 21
PÁXINA 38
O SABICHÓN 21
PÁXINA 39
O SABICHÓN 21
PÁXINA 40
O SABICHÓN 21
PÁXINA 41
I LOVE ARTS & CRAFTS
O SABICHÓN 21
PÁXINA 42
OUR ENGLISH CORNER
Love, love me do you know I love you, I´ll always be true, so please, love me do…
We all live in our yellow submarine, yellow submarine, yellow submarine…
O SABICHÓN 21
PÁXINA 43
To be or not to be…
Team work…
GOOD JOB!!!!
O SABICHÓN 21
PÁXINA 44
Fixemo unha ruta de Senderismo Todos os nen@s do colexio e os mestres fumos camiñando ata alí. Saímos desde o colexio hacía o campo de Lampáns, desde alí a lagoa da Bodeira, e logo seguimos polos sendeiros que hai pegados as praias ata chegar ao múseo de Salazón.
Algúns tiveron que descansar un pouco. Chegamos ao múseo sobre ás 10:30. Dividímonos en 2 grupos e comezamos a visita. Explicaronnos a historia do múseo e das naves de Salazón, tamén moitos datos de interese sobre as xentes de San Vicente e de O Grove. Puidemos ver moitos utensilios de pesca e marisqueo.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 45
Ao rematar a visita baixamos a praia de “ As Pipas”, alí estivemos xogando durante unha hora. Logo tocaba regresar ao colexio, os de infantil e 1º ciclo fixeronno en autobús, o resto camiñando. Unha forma saúdable de coñecer o entorno!!!
O venres 20, pola tarde celebrouse no centro a festa da espuma organizada pola ANPA, pasámolo moi ben. Nas seguintes imaxes podedes comprobalo.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 46
A Lenda Das Nove Ondas A praia da Lanzada conta cunha vella e coñecida tradición en toda España : As mulleres con problemas para ter descendencia han de acudir a recibir nove ondas a noite de San Xoán, para dese modo asegurarse a fertilidade. Esta lenda, probablemente, estea relacionada con outras que aseguran que nesta praia se celebraron aquelarres( xunta o reunión nocturna de bruxos e bruxas, coa suposta intervención do demonio ordinariamente na figura de macho cabrío, para a práctica das artes de esta superstición)noutros tempos. As variantes sobre o rito son diversas, pois esta lenda mesturada con tradición é coñecida en moitos cantos, dende os cales ata hoxe en día seguen vindo mulleres con ansias de maternidade.
O SABICHÓN 21
PÁXINA 47
O SABICHÓN 21
PÁXINA 48