Issuu on Google+

CRIPTOZOOLOXÍA Este libro resultoume moi interesante ó tratar esta pseudociencia

que nos pode facer pensar na gran cantidade de seres e cousas que descoñecemos e quedan por descubrir. Sobre todo, resulta recomendábel a calquera persoa curiosa, pola cantidade de datos que se nos dan e esixíndonos poñer un límite e cuestionar se son verdadeiros ou non. Ademais, este libro cóntanos anécdotas e danos información real, non só hipóteses da existencia de animais, sendo a gran maioría dos datos moi curiosos. Por exemplo, cóntanos anécdotas como:  Os chimpancés poden fabricar unha especie de lanzas, coas que cazan.  Magraner, un home que buscaba ó Yeti, morreu, anos despois da súa chegada e tras unha boa acollida, polo odio dos pakistanís cara os europeos.  Unha lenda xaponesa di que o baiji é a reencarnación dunha princesa que afogou no río e que este delfín apenas evolucionou dende que deixou o mar.  Os chinos chaman ós fósiles "ósos de dragón", xa que na antigüidade, cando descubrían fósiles que non eran capaces de clasificar, atribuíanos a dragóns.  De Loys descubriu unha "nova especie"de mono araña. Supostamente, fotografou o cadáver e conservou o cranio, que perdeu logo por culpa dunha tribo dos motilóns. Un señor venezolano descubriu a mentira: a fotografía só era unha broma de De Loys, co que el estivera en Venezuela e ó que lle regalaran un mono ó que lle houbera que cortar a cola.


 Unha suposta femia de alma, chamada Zana, tuvo fillos con veciños da granxa na que vivía, tendo varios fillos. Non estaban cubertos de pelo e parecían normais, pero tiñan unha gran forza.  Os nazis crían que proviñan do xeo, polo que foron ó Tíbet, que estaba rodeado del, e buscaron ó Yeti.  Os mariñeiros espolvoreaban resina da Ferula foetida, que ulía e sabía mal, para alonxar ás serpes mariñas.  En España existe un baile, chamado "tarantismo", que se utilizaba para eliminar o veleno de araña.  No 1989, “houbo” un avistamento dunha especie de ser parecido a un gnomo, que atraparon e que viviu só catro días en cautividade, sendo posto despois en formol.  No verán creábanse moitas historias de monstros debido á escaseza de novas importantes e con elas comezaron algunhas das hipóteses da criptozooloxía.

Aparte das historias que se nos contan, tamén se nos din curiosidades, como xa dixen, por exemplo, dísenos que:  Algunhas cigarras periódicas teñen unha fase larvaria de dezasete anos.  As quenllas cigarro brillan pola boca durante tres horas ó morrer. Chamáselles tamén "peixe trade" e incluso é capaz de morder, facendo buratos, submarinos nucleares.  Os dragóns de Komodo nadan moi ben; posúen bacterias que acaban coa vítima pasado un tempo. As femias poden reproducirse sen axuda dos machos. Crese que a lenda do dragón comezou de que os chinos tiñan exemplares destes en cautividade.


 O Rhynchoteuthion é unha característica que presentan os calamares de Humboldt. Estes, na súa fase larvar teñen os tentáculos fusionados, que se separan a medida que os calamares crecen.  Nun caladoiro en Asturias, atopamos a maior concentración de calamares xigante de Europa.  En Namimbia, hai uns elefantes do deserto que son capaces de camiñar días sen beber.  O peixe remo é o máis grande dos peixes óseos, chegando a medir 7 m. Dicían que el era a serpe mariña, pero, en contra dalgunhas características desta, o seu corpo é fráxil e vive nas profundidades.

Despois destas, no libro tamén atopamos as suposición da criptozooloxía, que, aínda sendo algunhas un tanto absurdas, son realmente interesantes. Entre elas atopamos:  O goonch, descrito as veces coma un porco alongado, é un peixe que, supostamente, ataca ós humanos e os come.  No 2002, en Alaska, produciuse o avistamento dun ave cuxa envergadura era 6 metros.  Segundo os nativos dunha zona de Zambia, o Kongamato é unha especie de ave con dentes, moi parecida ó pterodáctilo; aínda que cabe a posibilidade de que sexa unha cegoña pico de zapato que ataca a humanos.  Segundo as descricións de "Caddy", este tería unha especie de cabeza semellante a de cabalo, ovella ou camelo. Tería grandes fosas nasais, ollos vermellos e algo parecido a unha melena, nos espécimes máis grandes.


 Segundo algunhas testemuñas, existe o tigre arcoiris, que tería unha pelaxe de cor negra con raias negras, brancas, amarelas e vermellas.  Un insecto, chamado Arthropleura, medía entre 2 e 3 metros de longo. Tiña uns trinta pares de patas, sendo unha mestura entre un cempés e un milpés.

Eu animo a calquera persoa que queira entreterse a ler este libro, xa que non está nada mal no tocante ás historias e podes aprender algo, ademais de certas crenzas dalgunhas culturas. Ademais, é bastante curto e en certos momentos chega a facerte pensar se algunhas das cousas que di son certas ou non, pero para descubrilo, hai que ler o libro, así que, adiante!


Criptozooloxía