Invadindo a Costa da Morte

Page 1

INVADINDO A COSTA DA MORTE Resumo: ​Para facer un estudo das plantas invasoras que hai na Costa da Morte empregamos unha aplicación chamada Epicollect na que fomos subindo entradas das plantas que íbamos atopando. As especies que buscábamos eran: vinca, margarita africana, mimosa e herba da pampa. Summary:​ In order to do an study about invasive plants at Costa da Morte we undertake an application called Epicollect. The species we were looking for were: Vinca, margarita africana, mimosa and Herba da pampa. Palabras clave:​ Especies invasoras, investigación, colonización. Introdución:​ Comezamos esta investigación porque tiñamos curiosidade por saber a gran cantidade de especies invasoras que estaban ocupando os nosos solos e o espazo das nosas especies autóctonas. Aínda que os que estamos provocando esta colonización somos nós xa que somos os que plantamos directa ou indirectamente estas especies. Tamén axuda na súa expansión a gran capacidade de reproducirse que posúen. Metodoloxía:​ Para comezar esta investigación fixemos unha aplicación empregando a plataforma “Epicollect 5”. O noso proxecto chámase “Invadindo a Costa da Morte” e consta de varios apartados nos cales se especifican: ★ O nome das plantas estudadas ★ A súa extensión ★ Unha fotografía ★ A ubicación ★ A data. Tamén realizamos unha ficha de cada unha das especies investigadas facendo constar a súa orixe, característica, distribución é problemática. As primeiras semanas comezamos a introducir datos sen publicitar a aplicación na busca de posibles erros e deixando un espazo á reflexión. Unha vez completada esta etapa demos charlas primeiro a alumnos do centro e posteriormente ao resto da comunidade para que nos axudasen na nosa investigación. Tamén demos charlas a outros institutos en encontros científicos. A medida que os datos se ían subindo, comezamos a facer o cribado e corrección da información para posteriormente publicar os datos na plataforma “MapHub” que nos permite publicitar os resultados en aberto. Nesta aplicación cada especie invasora aparece representada nunha cor. Nestes momentos contamos con case 700 entradas en “Epicollect” e 600 confirmadas en “MapHub”. O proxecto está lonxe de rematar posto que a cobertura das nosas investigacións está aínda moi limitada nos concellos de Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe. A parte final deste traballo foi facer un estudo matemático coa extensión de cada unha destas especies para ver o que estaban afectando na nosa contorna.


Conclusións: ​facendo un mapa das especies estudadas deducimos, non con moita certeza, que só chegan aos lugares polos que pasan as persoas xa que son tan fáciles de reproducir que con só pisalas e andar xa podemos estar dando lugar a unha nova planta. Isto pasa especialmente coa vinca.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.