Censo de aves de Traba de Laxe

Page 1

CENSO DE AVES EN TRABA DE LAXE. Resumo: O noso estudo consistiu en realizar unha serie de observacións ás aves na Praia de Traba de Laxe para así poder extraer unhas determinadas conclusións que veremos a continuación. Usando os cálculos matemáticos necesarios, de cada especie obtivemos parámetros que nos serviron para comprobar tanto a eficacia do estudo como a cantidade media de ditas aves que habitan nese lugar específico. Summary: ​This study try to take a census of the birds on Traba de Laxe. Using the necessary mathematical calculations, of each species we obtain parameters that served us to check both the efficacy of the study and the average quantity of birds that inhabit nese specific place. Palabras clave: Aves, investigación, resultados, cálculos matemáticos, aplicación... Metodoloxía: A actividade realizada consistía en ir á Praia de Traba de Laxe e recoller datos sobre as aves indicadas: miñatos, corvos grandes, corvos pequenos, paporroibos, estorniños e merlos . Alí organizámonos e dividimos a todo o alumnado do Club de Ciencia en 5 grupos de 5 ou 6 persoas aproximadamente. Había 2 percorridos diferentes polos cales pasaban 2 ou 3 grupos, é dicir: o primeiro o grupo ía polo seu percorrido correspondente e o grupo 2 realizaba o mesmo pero con 10 minutos de diferenza. O mesmo pasaba cos grupos 3, 4 e 5 que neste casto tiñan percorrido diferente aos grupos 1 e 2 pero, do mesmo xeito, realizábano con 10 minutos de diferenza entre eles. Cada grupo anotaba o número de aves que observaba durante ese percorrido, recolléndoas nunha aplicación chamada Epicollect5. Nela tamén anotamos a data na que estabamos a realizar a actividade, a hora na que comezamos e finalizamos o percorrido, etc. A partir destes resultados, realizamos uns cálculos matemáticos estadísticos (media, varianza, desviación típica e coeficiente de variación) que nos axudaron a saber se a nosa actividade foi eficiente e saber cantos exemplares de cada especie. Conclusións: Ao realizar os cálculos démonos de conta de que neste proxecto era moi difícil de obter unhas conclusións claras, posto que había algúns dos cálculos nos que obtiñamos uns resultados moi elevados e estraños. Para que isto fora medianamente efectivo teriamos que realizar esta mesma actividade durante 100 dias ás mesmas horas e anotar sempre as observacións, é dicir, repetilo moitas veces para que os resultados foran máis ou menos predicibles.


A fiabilidade, polo tanto, deste estudo é demasiado baixa, case nula, como para obter uns resultados determinados e concluír o estudo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.