Claveaves

Page 1

Clave de aves do esteiro do Anllons Aprender a diferenciar unhas aves de outras é, como moitas outras cousas, cuestión de práctica e dedicación. Esta clave pode axudarte a distinguir algunhas das máis frecuentes, o resto depende de ti. Elixe unha opción e vai ao lugar correspondente da clave:  Nada ou mergulla ................................................. Apartado 1  Ten as patas moi longas ....................................... Apartado 2  Parece unha gaivota ............................................. Apartado 3  Non pertence a ningún dos grupos anteriores ..... Apartado 4  APARTADO 1: Aves nadadoras ou mergulladoras  Nada metendo medio corpo na auga para comer. Non mergulla o Macho coa cabeza verde e corpo marrón con negro por detrás................ ALAVANCO REAL Femia marrón do mesmo tamaño que o macho e unha mancha lateral azul. (espejuelo) o Menor que o anterior. Macho coa cabeza marrón e unha mancha ..................... CERCETA verde no ollo. Femia marrón do mesmo tamaño que o macho e con espejuelo verde.  Nada e mergulla o Pescozo longo. Descansa secándose na beira do río ou da costa, en ocasións coas as abertas............................................................................ CORVO MARIÑO o Pequeno e compacto. Marrón, con pico e pescozo curtos .......... SOMORGULLO PEQUENO o Parte superior negra e inferior branca:  Pico negro e fino ............................................................................ ARAO DOS CONS  Liña vertical negra no peiteiro ........................................................ ARAO ROMEIRO  APARTADO 2: Aves con patas moi longas  Corpo similar á imaxe o Pico longo curvado cara abaixo ................................. MAZARICO CURLÍ E GALEGO o Negra e branca co pico vermello ................................................................ GABITA o Patas moi longas e pico longo e recto  Patas laranxas ............................................................................. BILURICO  Patas e peteiro de cor escura ..........MAZARICO RABINEGRO E RABIPINTO  Corpo similar á imaxe o Totalmente branca e con pés amarelos ............................... .................. GARZOTA o Cor gris ............................................................................................... GARZA REAL o Grande. Co peteiro plano en forma de espátula .................................. .ESPÁTULA  APARTADO 3: Gaivotas  Grande. Cabeza totalmente clara o Patas amarelas. Peteiro sen manchas ..................................................... GAIVOTA PAPOIA o Patas rosadas. Peteiro cunha mancha vermella................................. GAIVOTA ARXÉNTEA  Patas e pico vermello o Parte superior da cabeza de cor negro. Cola similar ás andoriñas .................... CHARRÁN o Cola en forma de abano. No inverno ten unha mancha negra na cabeza. No verán a cabeza é totalmente negra. ................................ GAIVOTA CHORONA


Clave de aves do esteiro do Anllons  APARTADO 4: Outras aves  De pequeno tamaño e con cores rechamantes o Azul e verde na parte superior, laranxa na inferior ............................... MARTIÑO PEIXEIRO o Fazulas, gorxa, papo e peito rubios ................................................... PAPORROIBO COMÚN o Cabeza negra, peito rubio e pescozo branco ............................................. CHASCO COMÚN  Case toda de cor negro o Pescozo longo, moitas veces pousado coas as abertas para secalas despois de pescar ............................................................................CORVO MARIÑO o Pico vermello e partes inferiores brancas ................................................................. GAVITA o Pico vermello ou amarelo. Pequeno, algo menor que unha pomba ......................... MERLO o Totalmente negro, normalmente en grupo. Moi ruidosos ................................... CÓRVIDOS o Negro e branco, cola moi longa e case sempre en movemento .......................LAVANDEIRA  Cor marrón claro por enriba. Pequeno tamaño. Móvense rápido metendo pico na area .......................................................................................................... PIRLOS E PÍLLARAS  Cor verde coa cabeza vermella. Sube e baixa polas árbores a toda présa..........................PITO REAL

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA VER AVES.  Viste de cores discretos e móvete con discreción.  Leva uns prismáticos e moita paciencia.  Non molestes ás aves. Non é necesario acercarse moito a elas. Pensa que poden estar criando e teñen que protexer ás súas crías.  Leva auga, crema de protección e unha gorra.  As melloras horas para ver aves soen ser as primeiras do día xa que están comendo e podes velas mellor. No esteiro as mareas tamén son importantes á hora de decidir cando ver aves. Ten en conta que se moverán buscando a profundidade adecuada para comer.  Recolle todo o teu lixo.  No caso de atopar un niño dun ave non o toques, sal da zona e non llo contes a ninguén. Temos que axudalas para que podan criar.

Máis información sobre aves


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.