A PENEIRA 2017 2018

Page 1























Juan Farias Díaz – Noriega naceu en Serantes, aló polo ano 1935, un 31 de marzo. Ás veces toca recordar para non perdermos os momentos importantes da vida. E na vida da nosa Biblioteca, un deses momentos ocurriu no ano 2011, cando decidimos que o autor de “Desde o corazón da mazá” e gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil no ano 1980, debería dar nome a unha Biblioteca con ganas de ilusionar a todos os nenos e nenas que pasasen por ela. Soñador de paisaxes; de prosa sinxela e trato, as máis das veces, afectuoso cos seus personaxes, os humildes, accedeu xunto coa súa dona, Lourdes Huanqui, a que a nosa biblioteca levase o nome de “Biblioteca Xoán Farias”.

“Isto, máis ou menos, foi o que escribín aquel verán. O mestre viuno en setembro e dixo: -Non está mal. INCLUSIVA Agora poñeremos os haches sitio e leralo en voz alta para que todos saiban que BIBLIOTECA – UNHA CHEA no DEseu OPORTUNIDADES! escribiches unha crónica –e baixando a voz, de xeito que só eu puidese oír, engadiu-: Non leas o de Federica ou todos se van decatar de que estás namorado.” Desde o corazón da mazá. Xoán Farias

Se vides conmigo da man, e navegades por estas nove páxinas, poderedes ver unha pequena mostra de todas actividades da Biblioteca. Aí imoooos…!


Un “photocall” da Santa Compaña. O que nos faltaba! Como vedes, este foi o novembro máis terrorífico de todos. No noso cole, o outono ole a CONTOS DE MEDO! E así, convertida en tradición, na celebración do Magosto e o Samaín non pode faltar a LECTURA DOS CONTOS DE MEDO!

Isto require un grande esforzo por parte de todos os nenos e nenas: CREAR, IMAXINAR, ESCRIBIR, DARLLE FORMA E ILUSTRAR unha historia. Xa van uns cantos contos dende que comezamos a recollelos nos libros colectivos. E que siga así! QUE VIVAN OS CONTOS!!


Chispa ten o costume de pasar pola Biblio todos os decembros. Chispa é así! Xunta libros e libros, e libros e libros, e cando xa non lle caben máis na maleta (e iso que é unha maleta máxica), vai unha noite polo noso cole, sóbeos con moito esforzo e pasa as horas colocando todo para darnos unha gran sorpresa á mañá seguinte. Peeeeero…, nunca se queda! Hum!! Xa non sabemos que facer para verlle a cara un día de verdade, de ver-

dade. Sabemos que existe, iso si; senón, de onde ían saír todos eses libros… Mirade como se despedía na carta deste ano:


No mes de xaneiro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Como cada curso, elaboramos un libro colectivo e este día fixemos a lectura ante o resto de compañeiros e compañeiras. O deste ano leva como tema a nosa convivencia, entendendo que a PAZ comeza moi perto de nós, no noso entorno máis próximo, a nosa familia e o noso colexio. Non credes?

O acto comezou cun libro que nos contou a profe Rosa, El país de las pulgas, de Beatrice Alemagna, de PHAIDON. A continuación a lectura do libros, e por último, unha divertidísima sesión de ABRAZOTERAPIA!, A MELLOR DAS TERAPIAS PARA COMBARTIR A TRISTEZA E SER FELICES! Se alguén non a probou, xa está tardando!


O 24 de febreiro está adicado ao DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, a nosa escritora máis universal. Este curso celebrámolo coa lectura dalgúns dos seus poemas, a cantiga "A Rosalía", escrita polo seu amigo Curros Enríquez; e a visita á exposición dos nosos traballos. Tamén copiamos unha bonita idea doutro cole, que nos pareceu axeitada para este día: "Os grolos de Rosalía", pero nós temos unha condición que cumprir, se alguén leva un groliño destes, é co compromiso de recitalo na casa ás familias. Hai que ser legais!! Para que está a poesía? Para compartila e gozar dela! Non si? E que opinades do “puzzle” de Rosalía? Pintado entre todos e todas quedounos así de ben!


* Imposible facer que todos os que colaboraron cos CONTACONTOS poidan aparecer aquí; non nos chegaría a revista. Moitas grazas polo voso esforzo, ánimo e xenerosidade; foi un pracer escoitarvos!! * E vai un agradecemento especial a TERE, a feiticeira que, coa súa fermosa maxia, fixo posible, unha Chispa de la con corazón de algodón.


Vídeo MATRIARCAS

Unha CELEBRACIÓN intensa para este Día Internacional da Muller Traballadora. Unha Caza do Tesouro con moitas probas divertidas nas que grandes e pequenos formaron grupos para superar retos e chegar á meta, A BIBLIOTECA, onde rematamos coa maxia de Feli. Repetimos o curso que vén? REPETIMOOOOOOS!!


“A POESÍA e o TEATRO”, no mes de marzo , e “O MES DOS LIBROS”, en abril, son dous momentos importantes para a actividade da Biblioteca e do centro: “Hai versos para min?”, “Poesía por un tubo”…, Crear

e agasallar versos, recitar, ler

poesía, escribir, representar; cada ano moitas propostas variadas nas que participar! tas variadas para


FELICIDADES aos premiados en POESÍA: Martín, Keira, María, Icía e Paula. E MICRORRELATOS: Diego María, Icía, Nuria, Elías e Martín.

Os Rebuldeir@s de Pazos acadaron o segundo premio no XVIII Certame de Poesía e Imaxe do Concello de Ferrol na categoría de audiovisual coa súa interpretación do poema en lingua inglesa "If I were a dancer", de Eva L. Robinson traducida ao galego. NORABOA, NENOS E NENAS, pola creación deste fermoso e reivindicativonnvídeo!! Unha mensaxe chea de forza que convén non esquecer, verdade? "Porque podo facer calquera cousa; non importa o que digas"

VÍDEO

E PARABÉNS para Mario, o peque desta páxina, pola súa ilustración chea de minuciosos detalles!

Xa non me cabe nada máiiiiss… Felicidades!! Felicidades!


I Edición MatesPazoS Rebuldeir@s

MATESPAZOS é a nosa última gran actividade do curso. Desta volta ampliámolo co

MatesPazoS Rebuldeir@s

para os máis peques. Non credes que é un moi bo remate?

IV Edición MatesPazoS

Seguimos cara adiante…




Do 29 de maio ao 1 de xuño… A pesar da néboa, a chuvia e o frío, creo que repetiriamos a experiencia. Por certo, fomos cos colegas de Maciñeira.







Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.