Clase 2º

Page 1

CLASE DE 2ยบ


Empezou un novo curso e atopámonos con dúas novas compañeiras e unha morea de experiencias que contar. Presentámonos co xogo da pelota e contamos algunha cousiña do noso verán. Ao longo deste mes de setembro estivemos compartindo esas experiencias co noso “Caldeiro do verán” (a maleta). Nel introducimos tres cousas que foron importantes para nós estas vacacións e, ao longo destes días, cada un o foi presentando diante dos seus compañeiros/as e da profe.


Coñecémonos mellor e empezamos a organizar as nosas exposicións. En primeiro lugar, expoño o que trouxen e, despois, abro unha quenda de preguntas. (Diferenciamos entre preguntas e comentarios). Con estas dinámicas trátase de cohesionar o grupo para logo poder facer traballo cooperativo e así mesmo velar por unha convivencia pacífica e unha resolución de problemas axeitada.


E como fomos observando, non pode cada un facer o que quere, xa que o respecto aos demais é fundamental. Así que elaboramos as nosas normas de aula cunha estrutura: o folio xiratorio. A partir de aí, temos unha ardua labor para conseguir lograr: respectar a quenda de palabra, escoitar activamente aos demais sen interrompelos, mirar a quen fala, respectar as opinións e sentimentos do que intervén …


Estamos traballando as matemáticas a través de material manipulativo, principalmente regletas. Coas regletas fixemos a escaleira de cor para traballar cos amigos do número 1o e ademais, tamén empregamos garavanzos, fabas e uvas para contar. Nestes momentos estamos contando, traballando a numeración, o bo trazado dos números, o concepto de cantidade e de número, as sumas e as restas (sen levadas), as descomposicións de números, as decenas e os números pares e impares. Ademais, todos os días traballamos co calendario.



Creamos frases cunha estrutura lineal: suxeito e predicado con complementos, incidindo no uso da maiúscula inicial e no punto ao final da frase, separando as palabras entre si cun espazo suficiente. Ademais, facemos fincapé na letra clara, ordenada e cunha direccionalidade e orientación correcta. Estamos traballando a diferenza entre nomes comúns e nomes propios, resaltando que estes últimos se escriben con maiúscula inicial. Ademais, aprendemos a crear noticias cun titular, unha imaxe e co corpo da noticia. Creamos historias a partir de personaxes e espazos concretos. Traballamos a correcta expresión oral e exposición diante dos demais, utilizando un vocabulario e estrutura axeitada.



A raíz do “Caldeiro do Verán” analizaremos todos os obxectos que foron traendo, a maioría relacionados co mar, coa praia e co tempo de lecer para adentrarnos no mundo da xeografía. Concretamente, empezaremos cos ecosistemas mariños e cos ecosistemas terrestres, partindo do máis próximo a nós. Así comezamos o proxecto anual: Descubrindo Mundo. Tamén estamos traballando as secuencias temporais , o calendario e a correcta reciclaxe do papel- cartón e dos envases de plástico. Aproveitando as excursións, traballaremos seguridade viaria.


Este curso temos previsto realizar un Diario da nosa horta a través do cal iremos traballando as plantas, o seu coidado, as súas partes e a función das mesmas; entre outros aspectos. Empezamos revisando como estaba o horto tralo verán. Neste momento, centrámonos na Vendima para traballar non só a numeración e a secuencia temporal se non tamén, os cambios de estado de sólido a líquido, a utilidade das plantas para o ser humano, os procesos de transformación … así como os sentidos e a experimentación co noso corpo. Así iniciaremos un proxecto sobre o corpo (ósos, articulacións, músculos e órganos principais).



1º Lemos toda a noticia. 2º Lemos a noticia por parágrafos. 3º Subliñamos o vocabulario que non entendamos e pescudamos cal é o seu significado. 4º Extraemos a idea principal dese parágrafo. 5º Escribimos un titular para a nosa noticia, despois da comprensión global da mesma.


Estamos lembrando como se acendía e apagaba o ordenador e como se entra na web do centro e no blogue de aula. Empezamos a traballar nun procesador de textos, escribindo pequenas cousiñas e a navegar por internet buscando información. A tablet será un instrumento de traballo máis e xa a usamos realizando un folio xiratorio. Utilizarémola para resolver actividades concretas relacionadas coas distintas áreas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.