Boletin Informativo Curso 2018-19

Page 1

3. PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE.

BOLETÍN INFORMATIVO DE INICIO DE CURSO 2018‐2019 Con esta circular o persoal do centro quere saudar a todas as nais e pais do alumnado do Centro e ofrecervos información que pode ser de interese para este curso escolar. Recomendámosvos que gardedes este documento ata final de curso para poder consultalo en distintos momentos. Así mesmo, pregámosvos que o leades coa maior atención e respectedes as normas e consideracións que aquí se explican. Tamén podedes descargar da páxina Web as NOF (Normas de Organización e Funcionamento) pois só entre todas e todos conseguiremos que o Centro funcione ben. Grazas anticipadas.

1. O NOSO CENTRO: CEIP SERRA VINCIOS. Código do Centro: 36014672 / Ano de creación: 1.979 Enderezo: A Serra s/n ‐ Vincios – Gondomar (Pontevedra) Tlf. Secretaría: 886120042 / Tlf. Departamento de Orientación: 886120045 E‐mail: ceip.serra.vincios@edu.xunta.es Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipserravincios/ Nº de unidades : 3 de educación infantil e 6 de educación primaria. Nº Alumnos/as: 167 Área de influencia: Parroquia de Vincios. IES adscrito: IES Terra de Turonio de Gondomar Proxecto Educativo de Centro (PEC): preocupámonos pola formación integral dos alumnos/as e estamos comprometidos coa nosa cultura, a igualdade, o medio ambiente, a formación en valores democráticos e o fomento do espírito de superación e de traballo en equipo.

Transporte

Inés Alonso Barreiro / Teresa Rois Jordedo

Mercedes Dios Covelo / Patricia Glez. Dios Florentino Grova / Jorge Grova / Paulino Costas

TITORÍA / ESPECIALIDADE 4º Educación Infantil (3 anos) 5º Educación Infantil (4 anos) 6º Educación Infantil (5 anos) Apoio Educación Infantil 1º Educación Primaria 2º Educación Primaria 3º Educación Primaria 4º Educación Primaria 5º Educación Primaria 6º Educación Primaria Inglés Orientadora e Pedagoxía Terapéutica Pedagoxía Terapéutica (PT) Audición e Linguaxe (AL) Educación Musical Relixión Educación Física FUNCIÓN Coidadora Alumnado NEE Conserxe Coidadoras do Comedor Persoal de limpeza Persoal de transporte

4. CONSELLO ESCOLAR.

2. HORARIOS. Alumnado Secretaría Atención familias Comedor Aula matinal

PROFESORADO Tamara García Castro Ana Pérez Rodríguez Yaiza Peixoto Sánchez Bibiana Villar Conde Naty Molares Blanco Ana Rosa Villar Comesaña Filomena Salgueiro Moure Mª Carmen Silva Barreiro Mª José Oliveira Antón Ana Mª Iglesias Iglesias Salomé Salgado Rodríguez Estefanía Del Campo Palacín Carmen Rivera Alén Marta Larrán Costas Elena Paz Alonso María Molinos Rodríguez Miguel González Barreira PERSOAL NON DOCENTE Ana Eva Cameselle Fernández Jorge Martínez Fernández

De 09:00 a 14:00h. De 12:00 a 14:00h. Martes de 17:30 a 18:30h. con cita previa. De 14:00 a 16:30h De 07:30 a 09:00h. Saídas polas mañás: 8:25h. e chegadas ao centro ás 08:40h. Ruta 1: Figueiró‐Salgueiro‐Muiños‐Rocha‐Casás‐Colexio Ruta 2: Fraga‐Resteva‐Cernada‐Xian‐Tumbio‐Colexio

    

Este curso haberá eleccións no mes de novembro para a súa renovación parcial. Equipo Directivo: - Director: Miguel González Barreira. - Xefa de Estudos: Ana Rosa Villar Comesaña. - Secretaria: Ana Mª Iglesias Iglesias. Representantes do profesorado: Filomena Salgueiro Moure, Mª José Oliveira Antón, Elena Paz Alonso e Ana Pérez Rodríguez. Representantes das nais e pais: Mª Mercedes Domínguez Santomé, Mª Del Mar García Hermida e Mª Teresa Rois Jordedo. Representante da ANPA: María Luz Pérez Gil. Persoal non docente: Vacante Representante do Concello ‐ Concelleira de Educación: Iria Lamas Salgueiro.


5. PROXECTO ANUAL DE CENTRO.

7. CALENDARIO ESCOLAR.

“UN PASEO POLA HISTORIA” será o título do Proxecto Anual que desenvolveremos este curso académico.

Gardade o calendario escolar durante todo o curso xa que non enviaremos notas de aviso recordando os días non lectivos. A entrega dos Boletíns de Notas realizarase nas seguintes datas: 21 de decembro/ 29 de marzo/ 20 de xuño.

Esta temática, relacionada coa Xeografía, será o eixe vertebrador do traballo en equipo do centro na maioría das actividades propostas polos diferentes equipos: Dinamización da Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega, TICs, Actividades Complementarias e Extraescolares, Equipos de Ciclo e Comisión de Convivencia. A colaboración das familias será moi importante para realizar todas as actividades programadas cos vosos

6. ENTREVISTAS E REUNIÓNS CO PROFESORADO. 

    

É moi importante a comunicación entre nais/pais cos/as profesores/as, para intercambiar información sobre os/as alumnos/as durante o curso escolar, calquera dato pode ser importante. Acordádevos de pedir cita ao titor/a do voso fillo/a para levar un seguimento escolar axeitado. O horario de atención ás familias é os martes de 17:30h a 18:30h. É importante non desautorizar a acción dos profesores/as en presenza dos vosos fillos/as. Facilitade aos vosos fillos/as cantos medios sexan precisos para levar a cabo as actividades e tarefas que lle indique o profesorado. Ante calquera tipo de dúbida, explicación ou pregunta dirixídevos sempre ao profesor/a correspondente. Convocamos xuntanzas no 1º e 3º trimestre do profesorado coas nais e pais, sendo imprescindible a asistencia a estas reunións. O Departamento de Orientación atenderá ás familias que así o desexen todos os días de 9h. a 14h. e os martes de 17:30h. a 18:30h., sempre con cita previa (Tlf: 886120045). A súa función consiste en identificar as necesidades educativas que poida presentar o alumnado por medio de diferentes avaliacións psicopedagóxicas e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións.


8. PÁXINA WEB, BLOGUES DE AULA E APLICACIÓN “ABALARMÓBIL”.  

O enderezo da páxina web do Centro é: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipserravincios/ Fomentamos continuamente a utilización da Páxina Web do Centro e dos diferentes blogues de aula como recurso de información e consulta, descarga de documentación, información do centro e visionado das distintas actividades que realizan os vosos fillos/as. Na páxina web podedes atopar os enlaces aos diferentes blogues do profesorado e tamén acceder a toda a información relativa ao Centro: normas, descarga de documentos, menús do comedor, conmemoracións, normas, etc, ademais de poder ver os vídeos de moitas das actividades que realizan as vosas fillas e fillos. Descargade a aplicación gratuíta da Xunta de Galicia “AbalarMóbil” xa que utilizaremos este medio como canle de comunicación coas familias coa intención de diminuír as comunicacións en formato papel e de enviar avisos ou notificacións dunha maneira máis rápida, cómoda e eficaz.

10. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. 

Están organizadas pola ANPA e para poder participar nelas será imprescindible ser socio. En breve recibiredes notificación das actividades que podedes solicitar e o impreso para a inscrición. Para o bo funcionamento das mesmas, cómpre entregar as solicitudes nos prazos e seguir as indicacións da ANPA. Haberá un profesor/a de garda que supervisará ditas actividades. Polas tardes o alumnado só poderá permanecer na biblioteca ou na actividade na que estea inscrito, non podendo acceder a outras dependencias. As familias e os alumnos/as non poderán acceder ás aulas sen permiso para coller algún material esquecido. Deberán avisar ao profesor/a de garda. Os pais/nais deberán recoller aos seus fillos ao remate da actividade. Hai que ser moi puntuais, pois os monitores marchan ao rematar a actividade. A reincidencia na non puntualidade suporá o cese da asistencia á actividade. Biblioteca Escolar: permanecerá aberta na hora do recreo durante todo o curso e polas tardes os días que haxa actividades de 16:00 a 18:00h, excepto os martes. A biblioteca, como xa sabedes, está a disposición de calquera persoa da parroquia.

11. AULA MATINAL E ALMORZO.    

9. ANPA SANTA MARIÑA. 

A Asociación de Nais e Pais Sta. Mariña é a representación das familias no colexio. A súa xunta directiva colabora na xestión do centro e realiza unha función moi importante que todos/as debemos valorar. A súa presidenta é Jennifer Penedo Carrizo.  A ANPA xestiona as actividades extraescolares, a aula matinal, subvenciona unha parte do transporte do alumnado socio en todas as saídas complementarias, organiza diferentes eventos culturais, festivais e de convivencia do centro, á vez que tamén subvencionan, dentro das súas posibilidades, moitas actividades que realiza o alumnado en horario escolar e extraescolar.  A ANPA tamén demanda diante das diferentes administracións as carencias do centro para acadar melloras en infraestruturas.  Poden ser socios/as todas as familias que o desexen aboando a cota establecida de 18€. `  Horario de atención: luns e xoves de 09:00h. a 9:30h.  O espazo Web da ANPA onde podedes informarvos do seu funcionamento é dentro da páxina Web do centro, no apartado familia.  Mail de contacto: anpa.santamarina@hotmail.com

Encárgase a ANPA da súa organización. Empresa: Serunión / Monitora: Inés Alonso Barreiro / Horario: de 07:30 a 09:00 h. Cota: 5 días/semana: 30€ ‐ 4 días/semana: 28€ ‐ 3 días/semana: 24€ ‐ 2 días/semana: 18€ ‐ 1 día/semana. 10€ ‐ Días Eventuais: 3€ ALMORZO: a monitora xestiona o servizo de almorzo para os alumnos usuarios desta aula matinal que desexen disfrutar do mesmo.

12. COMEDOR ESCOLAR. 

  

 

O comedor está xestionado polo Concello de Gondomar e a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, mediante un convenio asinado entre ambos. Empresa: Serunión / Monitoras: Inés e Tere / Horario: 14:00 a 16:30 horas. Para inscribirse hai que acudir á oficina de benestar social en Gondomar. Para notificar as ausencias e que sexan deducidas do recibo mensual debe facerse ata as 10:00h. da mañá do mesmo día, enviando un mail a galicia@serunion.elior.com ou chamando ao teléfono 630363844. Non se poderán recoller aos nenos/as antes das 15:30h. e débese agardar na porta dianteira do colexio ata que a coidadora os leve ata alí. A ANPA xestiona o taxi comedor para transportar ao alumnado que o precise aos seus domicilios unha vez rematado o comedor, a partir das 15:30 h. O prezo deste servizo será de 1€ por viaxe e neno/a. Preguntade no local da ANPA. Existen unhas normas específicas para o comedor (ver na páxina web do centro). Quen non as cumpra poderá ser expulsado temporal ou permanentemente. Os nenos/as seguirán sempre as indicacións das coidadoras do comedor.


13. TRANSPORTE ESCOLAR.  

O transporte escolar depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, sendo este gratuíto. Terá dereito o alumnado que teña o seu enderezo a máis de 2km. do colexio e dentro da parroquia de Vincios. En caso de haber prazas vacantes terán prioridade o resto de alumnos/as que o soliciten empezando polos de menor idade e discapacitados de dentro da parroquia. En caso de seguir con prazas vacantes cubriríanse co alumnado de fóra da parroquia pero nunca habilitando novas paradas. Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso. Os usuarios que non fagan uso del dun xeito continuado perderán a condición de usuario lexítimo. O alumnado transportado deberá permanecer sentado e ter un comportamento correcto. Existen unhas normas específicas para o transporte escolar (ver na páxina web do centro).

14. NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO (NOF). As normas son de obrigado cumprimento por parte da comunidade educativa e todos e todas debemos respectalas para que haxa unha boa convivencia. Aquí, un resumo dalgunhas normas e recomendacións  ACCESO DAS FAMILIAS AO CENTRO: as familias non poderán acceder con ningún tipo de vehículo, debendo aparcar fóra do recinto e non obstaculizar o tráfico. Só poderán acceder en vehículo nas seguintes franxas horarias: - De 07:30h. a 08:30h. sempre que se faga uso da aula matinal. - De 15:30h. a 18:00h. na recollida do alumnado usuario do comedor e nas actividades extraescolares. - De 17:30h. a 18:30h. nas titorías co profesorado os martes pola tarde. As familias non poderán entrar nin subir ás aulas cos seus fillos/as. O portalón do patio cuberto, por onde accede o alumnado, pechará ás 9:05h. e en caso de chegar tarde, tocarán o timbre da entrada principal e avisarán ao conserxe ou en secretaría para que se encarguen de levalos ás súas respectivas aulas. O portal de acceso ao recinto escolar pechará ás 09:10h. A partir dese momento haberá que chamar ao telefonillo exterior e identificarse para poder acceder. FALTAS DE ASISTENCIA: Considérase situación de absentismo escolar a ausencia ao centro escolar cando se acumulen faltas sen xustificar que supoñan un 10% do horario lectivo mensual. Os/As pais/nais terán a obriga de xustificar as faltas dos fillos/as mediante un modelo que lle facilitará o titor/a. Notificaranse a Servizos Sociais do Concello de Gondomar e ao Servizo de Inspección Educativa os casos de absentismo escolar, podendo chegar a perder a escolaridade.  PUNTUALIDADE: un deber do alumno/a, do que son responsables as familias, é: “asistir á clase con puntualidade e co material preciso” para non alterar o normal

funcionamento da aula e do centro e tamén por respecto aos demais. A falta de puntualidade considerarase como falta de asistencia á 1ª hora.  RECOLLIDA DO ALUMNADO: poderán recoller ós/ás alumnos/as unicamente os seus pais/nais ou titores/as legais e as persoas autorizadas por estes. Para recollelos durante as horas lectivas, deben informar aos titores/as con anterioridade e asinar unha autorización. No caso de que a familia chegue tarde a recoller ao seu fillo/a, deberá chamar ao centro para avisar. A saída de educación infantil realizarase 5 minutos antes que a de educación primaria para facilitar a entrega dos máis pequenos. Só o alumnado de 5ºEP e 6ºEP poderá irse sen custodia do centro, das actividades extraescolares, do comedor e da parada do autobús. Tamén poderán recoller aos seus irmáns pequenos. As familias que autoricen en todos estes casos, deberán entregar asinados os respectivos modelos ao titor/a.  MATERIAL ESCOLAR: é obrigatorio que traian cada día o material que precisen para as actividades. O profesorado informará aos alumnos/as no primeiro día de clase do material escolar que necesitará.  VARIACIÓNS DE DATOS PERSOAIS: comunicade en Secretaría calquera variación que haxa na situación persoal e/ou familiar, así como os cambios en números de teléfono ou domicilio.  ENFERMIDADES: os casos de alerxias ou enfermidades crónicas que precisen atención rápida deben ser comunicados ao centro. Durante as enfermidades ou estados contaxiosos os nenos/as non deben vir ao colexio polo seu propio ben e o dos seus compañeiros/as.  REPARACIÓN DE DANOS: a reparación dos desperfectos causados intencionadamente polo alumnado nas instalacións e material do Centro ou nas pertenzas doutras persoas, será a cargo das familias implicadas. Cómpre insistir na importancia de coidar os materiais e tamén os libros de préstamo.  MÓBILES: o uso de teléfonos móbiles, así como de dispositivos de reprodución ou gravación, está expresamente prohibido durante o período lectivo.  ASEO PERSOAL E ROUPA: facilitar que os seus fillos/as veñan debidamente aseados ao colexio. A roupa debe ser cómoda e debería estar marcada co nome. É o mellor sistema para que non se produzan perdas. Existe unha caixa de prendas perdidas, procuremos que estea baleira. Ao finalizar o curso, o contido desta caixa será baleirado no contedor de roupa habilitado no exterior do centro.  MERENDA: para traballar no camiño dunha correcta educación nutricional, lembrade que os nenos/as deben almorzar sempre e traer para o recreo alimentos saudables (froita, lácteos, bocadillos...), evitando a bollería industrial.  HÁBITOS: é fundamental que se deiten a unha hora razoable, para que pola mañá poidan render no colexio. Distribuír equilibradamente o tempo de estudo e de ocio, especialmente no relativo ás lecturas, televisión, videoxogos, etc. *Por último recordade que: “O RESPECTO É A BASE DA CONVIVENCIA. O COLEXIO É DE TODAS E TODOS”. Grazas pola vosa colaboración. O Persoal do CEIP Serra Vincios Vincios, 12 de setembro de 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.