Guadi Galego | Timbre Musical CEIP de Barouta - Novembro 2022

Page 1

FÍO MUSICAL NOVEMBRO 2022

GUADI GALEGO


Biografía Guadalupe Cribeiro Galego, Guadi Galego, naceu en Cedeira no ano 1974

Comezou moi nova a súa formación musical. Foi gaiteira, pianista e vocalista do grupo BERROGÜETTO.


No ano 2009 lanza o disco Benzón (premio Opinión ao mellor disco folk do ano) e con el comeza a súa carreira en solitario.

En 2012 cos músicos Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero forman o grupo aCadaCanto. En 2013 reciben o Premio Martín Códax da Música na categoría de Canción de Autor/a.


Discografía

Benzón 2009

A rosa d´Adina 2013

A cada canto 2012 2014

Lúas de outubro e Agosto


Discografía

O mundo está parado 2016

Inmersión

2019

Costuras Bóla de cristal

2018

2020


0 25 de novembro de 2014, Día internacional da eliminación da violencia contra as muller, presentou o seu disco "Lúas de outubro e agosto". Podes ver picando aquí: https://www.youtube.com/watch?v=Xst0jhPaF9o&ab_channel=AliciaL%C3%B3pezBruzos

Inclúe a súa canción Matriarcas, homenaxe ás mulleres


Nas Letras Galegas do ano 2017,co obxectivo de fomentar o canto coral nos colexios e institutos, cerca de mil estudantes de Primaria e Secundaria gravaron xunto a Guadi Galego, o tema "Chea de vida". Podes ver o vídeo picando aquí: https://www.youtube.com/watch?v=ISBQSlAa2cY&ab_channel=folmusica


Sabías que Guadi Galego tamén é mestra de música


No disco Immersion interpreta temas dos seus discos anteriores empregando sete linguas da península : catalán, éuscaro, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego.


O traballo musical de Guadi Galego foi recoñecido con premios e galardóns ao longo destes anos, sendo unha muller referente da música galega actual.


Neste enderezo podedes ver, escoitar, descubrir máis información sobre Guadi Galego.

https://guadigalego.eu


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.