Baroutófilas Nº 1 | EDLG CEIP de Barouta

Page 1

BAROU TÓFILAS ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2022

Florencio Delgado

GURRIARÁN REVISTA DO EDLG | CEIP DE BAROUTA -

Nº 1 | MAIO 2022


BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

Índice Revista da EDLG do CEIP de Barouta con pequena historia de vida do autor homenaxeado no Días das Letras Galegas 2022, poemas ilustrados creados polo alumnado, artigos, reportaxes...

02

Biografía do Escritor

03

Poemas Ilustrados do Alumnado: A Natureza Barouta

18

Artigos

EDLG | CEIP DE BAROUTA


BIOGRAFÍA

Florencio Delgado Gurriarán

Sempre comprometido e orgulloso da súa terra, foi membro do Partido Galeguista e das Irmandades da Fala,onde coñeceu a Castelao e Alexandre Bóveda. Tivo que fuxir por mor da Guerra Civil no buque Ipanema a México, onde casou e tivo cinco fillos/as.

LETRAS GALEGAS 2022

Asinaba a miúdo con pseudónimos como Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil ou Río Miño.

Este ano 2022 adicámoslle o Día das Letras Galegas ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, poeta que naceu no ano 1903 no seu querido Córgomo, na comarca de Valdeorras (Ourense). Foi un grande admirador de Rosalía, Curros Enríquez, Eduardo Pondal e escribiu poesías adicadas á natureza e fauna galegas que logo reuniu na súa obra Bebedeira.

PÁXINA 2 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

Desde México publicou Galicia Infinda e Cantarenas. Florencio Delgado sempre sentiu morriña de Córgomo pero só regresou de visita.

Pouco antes do seu pasamento en 1987, en California, saiu á luz a súa derradeira obra, O Soño do Guieiro. Cumprindo coa súa vontade, os seus restos foron trasladados a Córgomo.


PÁXINA 3

BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

Poemas Ilustrados do Alumnado A NATUREZA BAROUTA


ED. INFANTI A

ED. INFANTIL - A

PÁXINA 4 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


PÁXINA 5

BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

ED. INFANTIL - B


ED. INFANTIL - C

PÁXINA 6 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

PÁXINA 7


1º CICLO A | EP

PÁXINA 8 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


1º CICLO B | EP

PÁXINA 9 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


1º CICLO C | EP

PÁXINA 10 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


3º EP

Este ano as letras galegas adicámosllas a Florencio Delgado porque escribiu poesías labregas que forman parte do noso legado. Defendeu a nosa lingua con gran valentía vivindo en moitos lugares seguía escribindo noite e día libros que hoxe gardamos nos nosos fogares. Moi comprometido coa natureza gozaría de ver o noso patio escolar porque Barouta posúe gran beleza é unha escola espectacular.

PÁXINA 11 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

Casiñas de paxaros, estanques, árbores… e unha horta onde cultivamos verduras e froitas de todas as cores coas que os nenos e nenas flipamos.


PÁXINA 12

BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

O Miñato

4º EP

Aos miñatos gústalles cazar Póusanse nas ramas Cazan e cazan sen parar As árbores son as súas camas Dende o ceo gústalle vixiar No seu corpo teñen plumas Que lle serven para voar relucentes como escamas.


5ºA EP

PÁXINA 13 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

PÁXINA 14

5ºB EP


BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

PÁXINA 15

6ºA EP


BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

6ºA EP

PÁXINA 16


6º B EP

PÁXINA 17 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


Que pasa en Barouta?

ARTIGOS E OPINIÓNS

PÁXINA 18 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


SORPRESA!

Entran as Curuxas NA ESCOLA O día 2 de Abril chegamos ao colexio e dixéronnos que pola noite entraran dúas curuxas na escola. As curuxas son un tipo de aves nocturnas (saen polas noites a cazar), son carnívoras e atópanse dentro dos animais vertebrados. Na mañá dese día, a nosa conserxe atopounas cando chegou ao colexio, ao velas asustadas decidiu abrirlle unha xanela para que saíran. TEXTO | 4º EP

Tras deixalas soas e tranquilas as curuxas puideron saír de novo cara o seu hábitat. Quen sabe se volveran!! Pola nosa parte oxalá que si, estaríamos encantadas de poder velas! Débelle gustar moito a nosa escola xa que xa estiveran aquí outra vez, pero só chegaran ao patio. Para rematar gustaríanos recordarvos que as curuxas están en perigo xa que cada vez hai menos, sabedes por que? Pois por motivos como a contaminación, o maltrato para os animais, a tala de árbores e de montes, a destrución do seu hábitat... A nós parécenos que son moi importantes e bonitas, entre todas/os debémolas coidar e protexer

BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA

PÁXINA 19


REFORMAS NO PATIO DE BAROUTA Este 2022 fixéronse varias reformas no noso patio, reformas nas que engadiron cousas e que fixeron do noso patio un lugar mellor e onde xogar a máis cousas. Algunha das reformas que se fixeron foron as seguintes: 1.- Cabanas de Madeira: No segundo trimestre o colexio colocou dúas cabanas de madeira separadas por unha árbore. Son cabanas moi bonitas e moi axeitadas á contorna. Nós pensamos que son moi útiles e divertidas, alí podemos pasar un bo anaco xogando e falando cos nosos compañeiros. 2.- Novo patio de infantil: Tamén neste ano fixéronse reformas no patio de infantil, trasladando algunha cousa arriba de todo do patio. No patio de infantil fíxose un parkour con rodas e algunhas táboas. Tamén puxeron unha cociña de xoguete (feita de madeira) e unhas pequenas mesas. Todo iso é moi divertido, non só para os nenos e nenas máis pequenos, senón para nós tamén. 3.- Randeeiras: Nos dous patios reformaron as randeeiras xa que estaban en mal estado, pero tamén engadiron uns novos feitos con unha corda e un asento. Gustounos bastante esa reforma xa que na nosa opinión precisaban un arranxo. 4.- Baúl de xogos: Outra novidade foi o Baúl de xogos que se trouxo e está no patio da horta. Dentro ten moitos xogos como: pelotas, corda, conos, arco, bolos, freesbes...Está moi ben porque agora podemos xogar a moitas cousas e non nos aburrimos Nada. As reformas de Barouta foron xeniais!

TEXTO | 4º EP

PÁXINA 20 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


SAÍDA HISTÓRICA

TEXTO | 4º EP

Dombate e Borneiro 4º EP Durante o segundo trimestre estivemos estudando a historia, pareceunos moi interesante e aínda moito máis cando fixemos a saída que vos imos contar. O 29 de marzo dixéronnos na aula que íamos emprender unha viaxe escolar e que asistiríamos ao dolmen de Dombate e ao castro de Borneiro en Cabana de Bergantiños acompañados tamén polos nenos e nenas de 3º. Xa sabíamos algunhas cousas sobre esas construcións como que os dolmens son do neolítico e os castros da idade dos metais pero parecíanos unha visita xenial! O xoves 7 de abril saímos no autobús cara o noso destino. Primeiro fomos ao dolmen, o cal era xigante. Había un guía que nos explicou para que servían os dolmens, a súa importancia, como se construíu e moitas cousas máis. No museo que había pretiño ao dolmen puxéronnos unha pequena película sobre como era a vida durante o neolítico. Cando rematou fomos a un obradoiro onde nos explicaron a vida na prehistoria e fixemos unhas figuras de barro semellantes ás que facía fai moito tempo para enterrarse, figuriñas que puidemos levar para as nosas casa. Cando rematamos coas figuras, subimos ao autobús e dirixímonos a visitar o castro de Borneiro, un castro moi bonito que estaba no medio do monte rodeado por árbores, alí merendamos e estivemos observando como eran as construción ata que se puxo a chover e tivemos que volver ao autobús e coller camiño cara o cole. Chegamos ao colexio á 1 e 50 e marchamos para as nosas casas. A excursión gustounos moitísimo, foi moi chula e aprendemos un monte de cousas! PÁXINA 21 BAROUTÓFILAS | CEIP DE BAROUTA


FLORENCIO DELGADO

GURRIARÁN

Baroutófilas REVISTA DA EDLG DO CEIP DE BAROUTA

Nº 1

Quixemos aproveitar o lanzamento do primeiro número da Revista Baroutófilas para homenaxear ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Agardamos vervos en próximos números!

Maio, 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.