1 minute read

Usamos o Edixgal

EN 5º USAMOS O EDIXGAL

. Este ano utilizamos unha nova ferramenta de traballo, un programa chamado Edixgal, cada un de nós dispón dun ordenador onde temos os libros das diferentes áreas de quinto. Ao comezo do curso estabamos todos e todas moi emocionados e emocionadas por ver e tocar os ordenadores, agora xa forma parte da nosa rutina diaria de traballo. O programa conta con actividades e xogos moi divertidos, que á súa vez contribúen á nosa aprendizaxe. Encántanos esta nova maneira de traballar!!! Aínda que hai que recoñecer que algunha que outra vez temos problemas coa conexión a internet.

Advertisement

Pero non hai que esquecer que, a pesares de ter o ordenador, temos as nosas libretas onde tamén traballamos, que aínda que non son tan modernas e divertidas, son outra ferramenta moi útil e necesaria para o noso traballo. Combinar o moderno co tradicional estanos a funcionar bastante ben!!!!

ALUMNADO DE 5ºA

This article is from: