1 minute read

Prensa na escola

5ºB

As alumnas e alumnos de 5º participamos nun programa que se chama “Prensa na escola”. Cada mércores recibimos un exemplar dun xornal para coñecer un pouco o mundo da prensa escrita. Xa sabemos o que é un titular, coñecemos as sección do periódico, de que trata cada unha… Dependendo da semana facemos tarefas distintas. Unhas lemos e comentamos, outras recortamos titulares de algo que se celebra ou que nos chama a atención, transformamos titulares…de todo un pouco. Se non fora polo coronavirus nós fariamos de xornalistas. Andariamos por aí coas nosas identificacións e a nosa cámara nas sesións dos patios e nas celebracións, facendo fotos para elaborar despois as nosas propias noticias. Pero este ano non podemos, esperamos que o que vén sipoidamos.

Advertisement
This article is from: