1 minute read

Celebración do magosto

Este ano a celebración do magosto foi moi diferente a outros anos. Saímos a facer unha pequena excursión para plantar un castiñeiro. Cando chegamos ao noso sitio asignado, xa tiñamos o burato feito, simplemente metemos a árbore e cubrímola coa axuda dun pequeno rastrillo. Cando pasen uns cantos anos, darán castañas e poderemos celebrar con elas un magosto todos e todas xuntos e xuntas. Agora toca esperar. Despois de tanto traballar, fomos merendar ao parque dos Pasales, eso sí, con tódalas medidas de seguridade para que o becho da Covid non nos viñera a molestar. Foi xenial!!!

Tamén hai que dicir que fomos dar unha boa camiñata ata o lugar que nos tocou, pero as vistas pagaron a pena!!!!

Advertisement

ALUMNADO DE 5ºA

Aquí estamos nun dos obradoiros de Horta Agrelo.Fixemos saquiños aromáticos para os armarios, arcóns ou caixóns. Luz explicounos que antigamente nas casas non había ambientadores eléctricos nin doutro tipo para dar bo olor e incluso conservar. Tamén nos contou que se empregaban plantas de distintos tipos como o ourego, herba luisa, hortensia, rosa, fiúncho e moitas máis para cumprir esa función e que nós iamos facer o mesmo. Así que mesturando distintos tipos desas herbas logramos elaborarunhamisturademarabillosoarrecendopara levarparaosnososfogares. Foi un obradoiro moiagradable.

This article is from: