1 minute read

A píllara das dunas

CHORLITEJO PATINEGRO

(A PÍLLARA DAS DUNAS)

Advertisement

A niña nai traballa para a Sociedade Española de Ornitoloxía investigando á Píllara das dunas na comarca do Barbanza. Na súa charla contounos como é o seu traballo, vai investigando por diferentes praias, tomando datos da presenza desta ave, número de individuos, números de ovos, número de crías que nacen, os poliños que logran sobrevivir…

Despois falounos de como é a vida da Píllara das dunas, dos seus costumes, da súa alimentación, das súas crías…Foi moi interesante!!!!!

Que graza nos fixo o seu nome en castelán, Chorlitejo Patinegro, aínda que se lle coñece con outros nomes: Chorlito Alejandrino, Frailecillo blanco, Playero corredor…. pero a nós gústanos máis o seu nome en galego, Píllara das dunas é moito máis bonito sen dúbida!!!!

Lúa 5ºA

This article is from: