PLAN DE ORIENTACIÓN

Page 1

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP de ATIOS Covelo s/n - CP - 36418 Telf/Fax – 986330715 E-mail: ceip.atios@edu.xunta.es

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


ÍNDICE 1. Introducción 2. Contextualización 2.1. Contexto legal 2.2. Características do contorno 2.3. características do centro 2.4. Características do alumnado 3. Obxectivos do plan 3.1.

Obxectivos referidos ó centro

3.2.

Obxectivos referidos ó profesorado

3.3.

Obxectivos referidos ó alumnado

3.4.

Obxectivos referidos ás familias

4. Organización. 4.1. Componentes do DO 4.2. Tarefas dos componentes 4.3. Funcionamento do departamento 5. Planificación xeral. Definición de liñas prioritarias e accións específicas 5.1. Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe e medidas de atención á diversidade 5.2. Apoio ao plan de acción titorial 5.3. Orientación ao longo da vida 6. Estratexias de intervención: 6.1. Asesoramento psicopedagóxico Departamento de Orientación do CEIP de Atios


6.2. Funcionamento por programas 6.3. Relación cos órganos de coordinación docente 6.4. Dinamización do funcionamento do departamento de orientación 7. Avaliación do plan

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


1. INTRODUCCIÓN

Segundo a lexislación vixente, compete ao Departamento a realización deste Plan Anual de Orientación, que recollerá o conxunto de programas e medidas de tipo organizativo e curricular para desenvolver de forma coherente e coordinada actuacións encamiñadas a facilitar unha resposta educativa axustada ás necesidades de todos os nos@s alumn@s. O D.O. do centro atenderá as propostas analizadas e debatidas na Comisión de Coordinación Pedagóxica, e nas reunións de Coordinación de Ciclos

e aqueles

documentos precisos do Centro (P.A.T., P.A.D., etc). Nesta liña, as actuacións programadas serán deseñadas, estruturadas e avaliadas nas reunións que o departamento realice de forma sistemática. Tendo en conta que a P.O.A. do Centro require un traballo coordinado, con implicación de todas as estruturas pedagóxicas e criterios de actuación compartidos, plantexámonos, no marco das nosas funcións, favorecer durante o curso un clima de traballo cooperativo e tomar como marco de referencia os plans de anos anteriores e a LOE, pero partindo das necesidades reais e revisadas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

2.1.

Contexto legal

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Atenderemos á Circular 10/2010 pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia. Ademais, as referencias lexislativas que inciden na función orientadora son:

2.2.

Características do contorno

O CEIP de ATIOS, está situado no concello de Porriño, este concello dispón de diversos servizos: educativos (biblioteca, , IES…), deportivos, culturais ... Departamento de Orientación do CEIP de Atios


O Colexio Público de Atios pertence ao Concello de O Porriño, sendo a parroquia de Atios a segunda máis grande do Concello. Este Colexio recibe alumnos dos seguintes barrios: Albarín, Carbón, Casilla, Cavadas, Covelo, Eidos, Galegos, A Guía, Insua, Outeiro, Ponte Nova, Portela de Souto, Rial, Rocha, Torre,Vilafría e a zona sur do casco urbano do Porriño. Está situado ao Suroeste de Galicia, na provincia de Pontevedra, a unha distancia de quince kilómetros da fronteira con Portugal. O seu relevo é accidentado, xa que no seu límite con Salceda de Caselas está o Monte do Faro. En canto a poboación no ano 2004 contaba con 2.122 habitantes, sendo a terceira parroquia en número de habitantes do Concello. 2.3. Características do Centro 2.3.1. Unidades, xornada, horario, servizos que oferta o centro. CEIP de ATIOS 6 Unidades de Primaria (1º,2º,3º,4º,5º,6º) 4 Unidades de E.I. (3anos A e B, 4 anos, 5 anos)

Xornada Continua: 09:10-14:10 en EI e EP. Horario

Lectivo

Martes Tarde

E.I.

9:10-14.10

16:00-19:00

E.P.

9:10-14.10

16:00-19:00

Horario non lectivo: De 16:00 a19:00 horas:

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Biblioteca de Centro aberta a toda a comunidade educativa e Actividades Extraescolares en colaboración coa ANPA. Transporte escolar: 159 alumnos. Comedor escolar xestionado pola Xunta:

alumnos. Horario do comedor escolar:

14:10-15:15 Act. Extraescolares en colaboración coa ANPA.

2.3.2. Instalacións As instalacións do Centro atópanse nun recinto pechado por unha tela metálica suxeita nunha base de formigón duns dous metros de alta, excepto na zona das pistas polideportivas, na que é de tres metros. Dispón de un acceso principal e dous accesos secundarios. O acceso principal ten unha cancela para a entrada dos alumnos e alumnas e peóns e outra para os coches directamente ao aparcamento. Os accesos secundarios son para as pistas polideportivas e o patio de Ed. Infantil e que se atopan sempre pechados. Dentro do recinto está o edificio principal, de dúas plantas, con aloxamento para as seguintes dependencias: o Planta alta: seis unidades de Ed. Primaria, a Aula de Necesidades Educativas Especiais, unha aula utilizada para impartir Inglés, outra para Música, un Laboratorio e sala de Audiovisuais, unha aula de Pretecnoloxía e Plástica, unha Sala de Usos Múltiples ou salón de Actos, unha Titoría habilitada como aula de A. L. e Orientación, outra titoría cedida coma local

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


da ANPA, dous aseos, a vivenda do conserxe, ocupada por unha familia de refuxiados bosnios, que ten acceso directo ó corredoiro desta planta e unha aula valeira que se emprega como almacén. o Planta baixa: tres aulas de Ed. Infantil, unha Sala de Usos Múltiples utilizada como Ximnasio, a Biblioteca, un recinto pechado con porta metálica onde está a Caldeira da calefacción e auga quente, unha Sala de profesores, a Dirección, Secretaría, Xefatura de Estudios e dúas salas, con porta metálica, nunha delas gárdase a fotocopiadora, a multicopista e outro material, e a outra é a sala de Informática, na que hai na actualidade once ordenadores e unha impresora; dous aseos para profesores e dous para alumnos/as, os vestiarios de alumnos, alumnas e profesor, coas súas respectivas duchas e unha pequena dependencia utilizada para garda-los útiles de limpeza. Dende fai dous cursos funciona tamén nesta planta baixa o Comedor Escolar, cunha superficie de 170 m2, feito fai dous anos, en parte do que era o patio cuberto de centro. Ten dous accesos exteriores e está comunicado con outros dous co resto do recinto do colexio. Nesta Planta baixa atópanse os catro accesos que ten o edificio.

2.3.3. Estrutura organizativa do centro A estrutura organizativa do centro cumpre coas prescricións da seguinte normativa: • Decreto 374/1.996 de 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. Departamento de Orientación do CEIP de Atios


• Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de EI, dos colexios de EP, e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2.4. Características do alumnado

O CEIP de ATIOS, imparte docencia a unha liña de E.I. e E.P, cun total de 184 alumnos, a excepción de 4º de Educación infantil. A distribución nas etapas, ciclos e niveis amósase na seguinte táboa.

CEIP de ATIOS Total Alumnos: 185 (E.I : 77, E.P.:108) E.I. 3 anos: 37 4 anos: 22 5 anos A:18 1º Ciclo EP: 42 alumnos: 1º (25), 2º (17) 2º Ciclo EP: 31: 3º (17), 4º (14) 3º Ciclo EP: 35 alumnos: 5º (14), 6º ( 21)

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


3. OBXECTIVOS DO PLAN

Atendendo ás demandas da comunidade educativa, e de acordo coas disposicións legais, trataremos de acadar os seguintes obxectivos: a)

OBXECTIVOS REFERIDOS AO CENTRO: • Colaborar na elaboración e revisión do P.E.C., na C.C., no P.A.T., Plan de Convivencia,… • Cooperar coa comunidade educativa, (Equipo Directivo, profesorado, alumnado, ANPA, , .). • Potenciar a coordinación e cooperación entre o Centro e as familias. • Promover a coordinación do centro co IES Pino Manso

b) OBXECTIVOS REFERIDOS AO PROFESORADO: • Colaborar na detección das necesidades educativas especiais e no tratamento das mesmas. • Coordinar a actuación do profesor titor e profesor de apoio con respecto n.e.a.e., dando resposta ao alumnado. • Asesorar na elaboración das Adaptacións Curriculares e outras medidas ordinarias. • Facer posible a colaboración do profesorado nas tarefas de acción titorial e orientación educativa Departamento de Orientación do CEIP de Atios


c)

OBXECTIVOS REFERIDOS Ó ALUMNADO: • Realizar avaliacións psicopedagóxicas dos alumnos e alumnas que as precisen. • Coordinar a atención do alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo. • Contribuír á personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe.

d) OBXECTIVOS REFERIDOS ÁS FAMILIAS: • Promover actividades informativas e orientadoras que impliquen ás familias na consecución dos obxectivos educativos marcados. • Informar e asesorar ás familias do alumnado con n.e.e.

4. ORGANIZACIÓN

4.1. Constitución do Departamento

O día 16 de Setembro, procedeuse á constitución do departamento segundo sinala o artigo 4 de Decreto 120/1998,

do 23 de abril, polo que se regula a orientación

educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia; quedando constituído polos seguintes profesores (Segundo a Orde de 24 de xullo de 1998):

Mestra de apoio especialista en PT: Estrella López López Mestra de apoio especialista en A.L.: Cristina Quindimil López Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Coordinadora de Educación Infantil: Elena Blanco Taboada Coordinadora do 1º Ciclo de E.P.: Rocío Sánchez González Coordinadora do 2º Ciclo de E.P.: Carolina González Costas Coordinadora do 3º Ciclo de E.P.: Teresa Pérez Novás Xefa do Departamento: Noelia Mariño Baz

4.2. Priorización das intervencións

Na reunión de Constitución do Departamento de Orientación acordáronse as seguintes liñas de actuación a realizar neste curso 2011-2012: Deseñar medidas específicas de atención á diversidade do alumnado, mediante adaptacións curriculares, metodolóxicas… Promover a coordinación do noso Centro co I.E.S. Proposta e realización do Plan de Acollida para alumnado de integración tardía. Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa con referencia aos plans e proxectos LOE: (Proxecto Lector, Plan TIC, Proxecto Lingüístico e Plan de Convivencia).

4.3. Protocolo de actuación.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


No referido a valoración do alumnado por parte do DO

En primeiro lugar os mestre demandante deberá cumprimentar a solicitude de intervención, que estará dispoñible no sala de profesores, no casilleiro destinado a orientación.

O Departamento de Orientación procederá a valoración do alumno/a

Se decidirá sobre as medidas a levar a cabo, que poden ser: -

Medidas organizativas: agrupamentos flexibles, desdobramentos, etc.

-

Medidas curriculares: ACS, reforzo educativo, etc

-

Medidas

didácticas:

adaptación

do

proceso

de

aprendizaxe

as

características do alumnado

Ademais valorarase a necesidade de recibir apoio por parte das mestras especialistas en PT e AL, e a súa incorporación a estas clases en función da disponibilidade horaria das mesmas.

No referido a priorización do alumnado que recibirá apoio de AL Se priorizará o alumnado na seguinte orde de prioridades 1º Problemas de COMUNICACIÓN 2º Problemas de LINGUAXE -

Alumnado estranxeiro: adquisición de linguas (priorizarase a adquisición de linguas e a linguaxe oral antes ca escrita)

-

Alumnado con ACS

3º Problemas de FALA -

Na educación infantil: a atención será nos grupos de 4 e 5 anos e levarase a cabo de forma grupal, a partir dun programa de estimulación da linguaxe.

-

Na educación primaria: na atención individual priorizarase na seguinte orde: Departamento de Orientación do CEIP de Atios


primeiro ciclo

segundo ciclo

No referido a priorización do alumnado que recibirá apoio de PT A atención do alumnado priorizarase na seguinte orde: 1º Alumnado con ACS 2º Alumnado de integración tardía ao sistema educativo: a mestra de pedagoxía terapéutica priorizará o traballo para adquisición do nivel de competencia curricular 3º Alumnado que presenta necesidades educativas especiais 4º Alumnado que recibiu apoio en cursos anteriores e que non foron dados de alta. 5º Alumnado con dificultades de aprendizaxe: alumnados con dificultades na adquisición da lectoescritura, outras dificultades.

4.3.

Calendario de reunións.

O DO celebrará as reunións trimestrais marcadas pola lei. Se revisará e avaliará a P.O.A.

Cada reunión será convocada mediante as instruccións establecidas e

reflectirase o tratado na súa acta correspondente. Ademáis a xefa do DO terá unha reunión semanal coas profesoras especialistas en PT e AL coa fín de coordinar e organizar o apoio educativo e de facer un seguimento e avaliación permanente das liñas de intervención revisando continuamente as medidas de intervención sobre @s alumn@s que teñen medidas de atención á diversidade. Na medida que se contemplen actuacións sobre as minorías tamén se invitarán a participar nesta xuntanza.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


A xefa do DO estará a disposición dos titores e titoras para colaborar na acción titorial.

5.

PLANIFICACIÓN XERAL. ACCIONS PRIORITARIAS

Enunciamos os distintos bloques de contidos e os criterios e procedementos de intervención que utilizaremos como marco de referencia básico: 5.1.

Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe,medidas de atención á diversidade.

Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, estableceuse un protocolo para solicitar a intervención deste Departamento tendo en conta: 5.1.1. Identificación e atención de a.c.n.e.e. e/ou dificultades de aprendizaxe. A pretensión global é favorecer os procesos de madurez persoal, académica e social. As actuacións dirixiranse a axustar a resposta educativa ás necesidades de aprendizaxe do alumno e a facilitar a súa autonomía e integración normalizada nos procesos educativos da aula de referencia (mediante as adaptacións necesarias e en función das posibilidades de cada un). Criterios para a identificación e atención de a.c.n.e.e.: A identificación de n.e.a.e. comeza coa demanda dos titores e/ou a familia e supón a posta en marcha de procedementos que implican aos membros do Departamento encargados do “apoio”. Básicamente, leva consigo as seguintes actuacións: atención e/ou avaliación psicopedagóxica (inicial ou de actualización), diseño dun plan de traballo individualizado (no caso necesario ACS) e compartido co titor/a, entrevista e orientacións

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


á familia, seguimentos trimestrais e avaliación final. Levar a cabo os plans de traballo individualizados supón as veces a intervención directa das especialistas (PT e/ou AL). Así mesmo, trimestralmente, analizaremos todos os casos atendidos, e decidiremos (en colaboración cos titor@s) as altas e baixas. É imprescindible seguir o protocolo de actuación xa fixado: cubrir a demanda, aportar exemplos, etc, por operatividade e para non interromper o traballo dos especialistas do Departamento. Tamén se informa ás familias sobre a atención que reciben.

Contidos básicos para a intervención directa do equipo de orientación: A aprendizaxe e consolidación das aprendizaxes instrumentais (áreas de Lingua e Matemáticas), segundo as referencias do nivel no que o/a alumn@ estea escolarizado, para evitar na medida do posible o desfase curricular respecto ao grupo de compañeiros. O reforzo de estratexias básicas que permiten o acceso aos contidos curriculares e a prevención de dificultades de aprendizaxe (hábitos de traballo, mantemento da atención e a concentración, estratexias para o cálculo mental, comprensión lectora, etc.). A intervención directa dos especialistas coordinarase coas tarefas da aula e na percura de evitar a ausencia sistemática dos alumn@s nas áreas básicas. A especialista en Audición e Linguaxe atenderá, na educación primaria, aos alumnos de forma individualizada ou, circunstancialmente, agrupándoos por características similares (períodos flexibles entre 20 y 30 minutos en función de los tratamentos). En educación infantil levará a cabo un programa de estimulación da linguaxe oral cos alumnos de 4 e 5 anos. A especialista en Pedagoxía Terapéutica, atenderá aos alumnos prioritariamente na propia aula, atendendo á lei vixente; en casos excepcionais acudirán á aula de P.T. Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Poderá atendelos en pequeno grupo (dous/tres nenos) a partir dun programa de traballo con obxectivos similares, no caso preciso.

5.1.2. Formular propostas á comisión de coordinación pedagóxica (CCP) sobre aspectos psicopedagóxicos da concreción curricular que poidan facilitar a adopción de criterios comúns. -

Priorizar as aprendizaxes instrumentais.

-

Unificar criterios para a utilización de métodos de lecto-escritura.

-

Acordos de centro para favorece-la motivación para o aprendizaxe e valoración do esforzo.

-

Competencias básicas.

-

Favorecer o paso de Infantil ó Primeiro Ciclo.

5.1.3. Actuacións que aseguren a coherencia educativa no desenvolvemento das programacións de aula por parte do profesorado de nivel/ciclo, no referente a: -

Contidos e obxectivos didácticos: mínimos, fundamentais e de ampliación.

-

Aspectos metodolóxicos, organizativos e materiais curriculares.

-

Fomento da lectura. Colaborar no Plan lector

-

Adaptación de programas que favorezan o dominio de técnicas de estudio.

-

Procesos, criterios e instrumentos de avaliación.

5.1.4. Asesoramento na toma de decisións sobre medidas de atención á diversidade para o alumnado con necesidades educativas específicas.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


-

Planificar e colaborar no desenvolvemento de programas específicos para alumnos/as estranxeiros.

-

Medidas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (medidas curriculares, medidas organizativas).

-

Detección e valoración de necesidades educativas do alumnado.

5.1.5. Realización da avaliación psicopedagóxica.

5.2.

Apoio o plan de acción titorial (PAT) Tratando de favorecer a formación de cidadáns responsables, autónomos e participativos.

5.2.1. Elaboración/revisión do PAT. 5.2.2. Actuacións de asesoramento sobre as actividades do titor en relación co grupo.

5.3.

Asesoramento e orientación académica en momentos decisivos

Ao inicio da escolarización, ao inicio da educación primaria e ao remate da mesma. 5.3.1. Asesorar

sobre

o

centro,

ás

familias

do

alumnado

que

inicia

a

escolarización.Tamén no xeito de preparar a adaptación dos nenos/as. 5.3.2. Asesorar ás familias do alumnado que inicia a educación primaria: características de etapa, xeitos de axuda aos seus fillos. 5.3.3. Asesorar ás familias e ao alumnado que remata a educación primaria: características da educación secundaria, optatividade.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


5.4. Plans de Actuación Co fin de dar unha resposta adecuada as necesidades de cada alumno de ambos centros, tomáronse as seguintes medidas de atención á diversidade: 5.4.1. Plan de Atención á diversidade dos alumnos con n.e.a.e. Este plan inclúe medidas organizativas, curriculares e didácticas así como os plans de actuación das dúas especialistas en PT, e a especilista en AL. Medidas Curriculares (Orde do 6 de Outubro de 1995 e Orde do 31 de outubro de 1996)

D.O.

EDUCACIÓN INFANTIL PT

AL

ACS

3 ANOS 4 ANOS 5 ANOS IBTISAM

X D.O.

1º EP IVÁN BRYAN 2º EP JOEL SARA LEONARDO DAILA GABRIEL ÓSCAR 3º EP ÁNGEL YERAY ALBA DAVID KEVIN 4º EP

EDUCACIÓN PRIMARIA PT

AL

ACS

X X X X X

X X X X

X X

X

X X X X

X X

X X

X Departamento de Orientación do CEIP de Atios


ANDRÉS PAULA 5º EP ADRIELI RAQUEL ZULEIMA SARA XIANA 6º A EP MARIANA INÉS

X X X X X X X

X

X X

X

X X

X

Medidas didácticas Medidas con carácter preventivo, adaptan o proceso de ensino-aprendizaxe á diversidade dos alumnos. a)

Decreto 130/2007 de 28 de xuño: Primeiro nivel de concreción curricular.

b)

Proxecto Educativo (PE): Adapta o currículo Oficial, as características do centro.

c)

As programacións didácticas, Adapta a CC de Ciclo as características do grupo-

clase.

5.4.2. Plan de intervención da especialista en PT As intervencións da especialista en PT, están explicitadas nas medidas curriculares do Plan de Atención á diversidade dos alumnos con n.e.a.e. (art. 71 da LOE). VER ANEXO I 5.4.2. Plan de intervención da especialista en AL As intervencións da especialista en AL, están explicitadas nas medidas curriculares do Plan de Atención á diversidade dos alumnos con n.e.a.e. (art. 71 da LOE). Departamento de Orientación do CEIP de Atios


VER ANEXO II 5.4.3. Programa de adaptación á ESO para alumnos do 2º Nivel do 3º Ciclo de E.P. PROGRAMA DE ADAPTACIÓN Á ESO PARA ALUMNOS DE 2º NIVEL DO 3º CICLO DE EP. Para o alumnado de E.P., a miúdo, é desestabilizante pensar que teñen que enfrontarse a un cambio de etapa educativa que vai supoñer deixar o colexio no que estiveron durante moitos anos, co conseguinte cambio de mestres, compañeiros, espacios...Para tratar XUSTIFICACIÓN

de evitar este desacougo, plantéxanse unha serie de actividades que lle permita ós alumnos coñecer o que van a atopar, e así, eliminar ese posible temor ó descoñecido. Facilitar o tránsito do alumnado de 6º de EP á nova etapa de ESO que

OBXECTIVOS

van

Coñecer

iniciar

no

seguinte

a

propia

curso

académico. personalidade.

Coñecer información sobre a formación académica e profesional. Tomar decisións de xeito reflexivo. CONTIDOS

COÑÉZOME

INFÓRMOME

DECIDO

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Datos

de Información

identidade

académica

Características da Información personalidade

Intereses,

Valores

Capacidades

Estilos

profesional

Procedemento

de

toma de decisións. Pasos ou fases para a toma de decisións.

de

aprendizaxe Dirixidas aos Alumnos: 1ª

Sesión: Presentación en Power Point dos contidos deste

apartado. Entrega de fichas para elaborar na casa. Redacción final “Cómo son eu” 2ª Sesión: Posta en común do traballo realizado na casa na 1ª ACTIVIDADES

sesión. Exposición de redaccións " Cómo son eu", na aula. Preparación da enquisa sobre a ESO e o IES de Petelos. Presentación en Power Point. Entrega de fichas. Enquisa aos pais sobre a súa profesión. 3ª Sesión: Charla-coloquio impartida por alumnos do IES de Mos,

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


que son exalumnos do noso Ceip. 4ª Sesión: Presentación en Power Point do Procedemento de toma de decisións.Definición dun problema para todo o grupo clase. Análisis e resolución do problema na casa. TEMPORALIZA-

Terceiro trimestre.

CIÓN

5.4.5. Programa de Adquisición de Linguas para o Alumnado Extranxeiro. PROGRAMA DE ADQUISICIÓN DE LINGUAS PARA O ALUMNADO EXTRANXEIRO O Programa de Adquisición de Linguas para o alumnado estranxeiro, é un programa específico para a adquisición da Lingua Castelá ou da Lingua Galega,

do alumnado procedente do

estranxeiro cunha idade comprendida entre os tres anos e límite de XUSTIFICACIÓN

escolarización obrigatoria, e posúa un descoñecemento das dúas linguas oficias da nosa comunidade autónoma (galego e castelán).. A Base Legal deste programa está recollida na Orde do 20 de febreiro de 2004, na que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro, despois da correspondente avaliación, e que consisten en: -

Grupos de adquisición de linguas:

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


-

Grupos de adaptación da competencia curricular.

Destinadas ao alumnado que pode matricularse no Centro en calquera época do ano e que non ten a competencia lingüística necesaria para facer frente ó currículo que lle corresponde pola súa idade cronolóxica A avaliación inicial dará como resultado a adscrición do alumno/a a un de catro niveis identificados do seguinte xeito:

AVALIACIÓN INICIAL

Nivel 0: Composto por aqueles alumnos/as que posúan un descoñecemento total das linguas vehiculares. Alumnado que chega por primeira vez ó noso País. Nivel 1: Alumnado que comprende e se expresa unicamente a un nivel elemental, escriben a grafía correspondente a cada fonema vocálico e algún consonántico. Nivel 2: Alumnado que comprende e se expresa a un nivel básico e que coñece a grafía dos fonemas e escribe palabras sinxelas. Nivel 3: Alumnado que comprende e se expresa. Utilizan un vocabulario sinxelo, leen e escriben textos breves e sinxelos. Dependendo do nivel ó que sexa adscrito cada ún dos alumnos corresponderalle a adquisición dos seguintes obxectivos:

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


OBXECTIVOS XERAIS: OBXECTIVOS

Adquirir a lingua vehicular, a través dos propios obxectivos do ciclo ao que se incorpora. Partiremos dos obxectivos mínimos de cada un dos ciclos educativos.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POR NIVEIS: Nivel 0:

Recoñecer o seu nome e escribilo.

A Clase: nome de obxectos da aula, rincóns, conceptos e ordes que se utilizan habitualmente. (carteis).

O Colexio: dependencias, nomes das aulas (carteis).

Conceptos espaciais.

Formas simples.

Números ata o 10

Colores.

Calendario / días da semana

Partes do corpo.

Nivel 1: O correspondente ó Nivel 0 e: Recoñecer, leer, identificar e escribir as letras do abecedario e palabras que se poidan formar con elas a través dos temas: Articulacións do corpo, as profesións, as plantas, os animais, os alimentos. Comprender e expresar por oral e por escrito as unidades, decenas e centenas. Departamento de Orientación do CEIP de Atios Realizar sumas e restas de 2 cifras levando (monedas). Números ordinais.


Temporalización

O número máximo de horas son as que veñen determinadas pola normativa:

Recursos

5 horas en E.I. de 5 anos,

10 horas no 1º ciclo de E.Primaria e

20 horas no 2º e 3º ciclos de E. Primaria.

Tres meses, como máximo.

Persoais:

Equipo

directivo,

Departamento

de

orintación:

Especialistas en PT e AL, familias do alumnado. Materiais: PE, PCC, Plan xeral de normalización da lingua galega, Proxecto Lingüístico. Avaliación

Despois de transcurridos os tres meses, como máximo, que indica

formativa

a Normativa realizarase unha avaliación da competencia curricular do

alumno/a

en

cuestión.

De

ser

positiva

integrarase

permanentemente na aula ordinaria, si polo contrario esta avaliación resultase negativa o Departamento de Orientación tomaría as medidas necesarias relativas á atención á Diversidade que o Centro dispón consistentes en: o

Agrupamentos flexibles dentro ou fora da aula ordinaria impartidos por un profesor do ciclo.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


o

Asistencia a A.L.

o

Asistencia a P.T.

o

Elaboración de medidas específicas de apoio: Reforzos educativos e ACI.

En tódolos casos o Departamento de Orientación realizará un seguimento do alumno/a e a familia será informada.

5.4.6. Programa de Detección de deficiencia visual e falta de audición.

PROGRAMA DE DETECCIÓN DE DEFICIENCIA VISUAL E FALTA DE AUDICIÓN Os alumnos que ven de distinta forma por cada ollo, XUSTIFICACIÓN

nenos

ambliopes (ollo vago), son difíciles de detectar, este programa axuda a identificar posibles diferenzas de agudeza visual e aconsellar á familia a avaliación por un oftalmólogo. Detectar a perda auditiva en Educación Infantil. Identificar en idades temperás aos alumnos que ven de distinta

OBXECTIVOS

forma por cada ollo e a agudeza visual. Identificar a idades temperás a perda auditiva.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Test de agudeza visual para alumnos de 4 e 5 anos de E.I. ACTIVIDADES

Aplicación do test de agudeza visual, explorando cada ollo por separado, e rexistrando os datos segundo indica as normas da correcta utilización do test. Elaboración dos resultados en porcentaxes separando os nenos das nenas. Comunicación á familia aconsellándoa a realizar unha avaliación de agudeza visual polo oftalmólogo, nos casos en que dan por debaixo valor normal nas figuras do optotipo. Detección da perda auditiva: Aplicación por parte das titoras e familia do primeiro cuestionario de observación a tódolos alumnos. No caso de que existan incidicios neste primeiro cuestionario, aplicación dun segundo cuestionario no ámbito escolar polas titoras, baseado na observación do alumno/a. Aplicación dunha proba de perda auditiva por parte da orientadora aos alumnos aos cales se lle aplica o segundo cuestionario e obtención do % de perda en voz baixa, voz normal, ou voz forte. Comunicación dos resultados á familia e recomendación da avaliación por parte do otorrinolaringólogo.

Temporalización

terceiro trimestre

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


5.4.7. Outras accións de atención a diversidade Accións referidas ao centro Participación en actividades extraescolares e complementarias Elaboración de Documentos: Plan de Orientación, P..T... Accións referidas ao profesorado Reunións semanais e mensuais do Dto. Orientación. Elaboración do Programa de Acollida. Reunións co profesorado. Asesoramento na elaboración das ACS. Asistencia as sesións de avaliación. Accións referidas ao alumnado Avaliacións

psicopedagóxicas

e

elaboración

do

correspondente

Informe

Psicopedagóxico. Colaboración nas Adaptacións Curriculares Significativas. Entrevistas cos alumnos. Accións referidas ás familias Reunión a principios de curso, cos pais dos alumnos de tódolos niveis, informandolles das accións do Dto. Información e orientación ás familias do alumnado con n.e.a.e. Orientación e asesoramento ás familias. Coordinación con outros centros e organismos externos Asistencia á reunión co Dto. de Orientación do I.E.S.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Reunión coas Psicólogas dun Gabinete de Porriño.(Privado.) Reunións co EOE

6. TEMPORALIZACIÓN

Inicio de curso: avaliación inicial das necesidades e elaboración do PAO.

Cada trimestre: revisión do Plan Anual de Orientación e suxestións de

modificacións. •

Final de curso: avaliación sumativa e resumo na memoria do DO.

En Porriño, a 28 de setembro de 2011

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


ANEXO I

Departamento de Orientaci贸n do CEIP de Atios


PROGRAMACIÓN PEDAGOXÍA TERAPEÚTICA CURSO 11/12

1. XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA A mestra especialista en pedagoxía terapeútica constitue un recurso máis do centro, cuio obxectivo primordial e a atención os alumnos con NEAE, en colaboración e coordinación cos tutores e cos distintos especialistas, proporcionándoles respostas educativas necesarias. A mestra de P.T. permanecerá no centro a xornada completa atendendo as necesidades que nel se demanden:

Cubrir cos apoios oportunos as necesidades tanto permanentes como transitorias que presenten os nosos alumnos. Prestaráselle especial atención no reforzo das áreas instrumentais. Proporcionar os alumnos aprendizajes significativos e funcionais que lles permitan seu desenrolo na vida cotiá e lles posibiliten unha maior autonomía persoal.

2. ALUMNADO Na actualidade no centro temos 14 alumnos asistindo a aula de apoio. Presentan múltiples dificultades ( deficiencia psíquica lixeira, TDAH, alumnado procedente do estranxeiro con dificultades nas linguas…).Existen un número de alumnos con dificultades no proceso lectoescritor , razoamento lóxico…

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


O apoio da mestra de P.T proporcionará os alumnos a axuda adicional que requiran ante as súas dificultades, facendo posible a individualización da enseñanza respetándose o ritmo e estilo de aprendizaxe de cada alumno, a través da realización de traballos dirixidos, con pautas ben marcadas.

Tras a avaliación inicial

realizada conxuntamente cos profesionais implicados no

proceso de ensino-aprendizaxe do alumno, as ADAPTACIÓNS CURRICULARES, no caso requerido, adecuándonos así o ritmo de aprendizaxe e o N.C.C que os alumnos teñen e dando resposta as súas necesidades, en función das súas particulares capacidades, intereses e motivacións.

Tendo en conta todo o anterior axustaremos a modalidade de apoio que consideremos máis axeitada: fóra da aula ordinaria, dentro da aula ordinaria, apoio individual, colectivo. Unha ou outra opción elíxese con vistas a ofrecer a resposta máis integradora e optimizadora posible do proceso de ensino- aprendizaxe.

A continuación fago una breve relación do alumnado de NEAE neste curso 2011/12 :

Nome

I.D.B

Data

de Medida

nacemento

adoptada

21/04/05

R.E

Necesidades educativas

Curso

Necesidades derivadas 1º E.P de T.D.A.H

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


J.R.G

15/09/04

R.E

Dificultades

de 2º E.P

aprendizaxe L.M.G

R.E

Alumno procedente do 2º E.P extranxeiro.

D.I.G.B

24/11/04

R.E

Necesidades derivadas 2º E.P de T.D.A.H

A.P.M

03/04/02

A.C

Desfase

curricular, 3º E.P

referente obxectivos 1º ciclo Y.P.P

17/04/02

A.C

Desfase

curricular, 3º E.P

referente obxectivos 1º ciclo A.M.R

21/08/03

R.E

Dificultades

de 3º E.P

aprendizaxe R.F.V

01/09/00

A.C

Desfase

curricular, 5º E.P

referente obxectivos 2º ciclo A.M.G

05/05/99

A.C

Desfase

curricular, 5º E.P

referente obxectivos 2º ciclo Z.A.C

15/10/01

R.E

Dificultades

de 5º E.P

aprendizaxe S.C.M

20/01/00

R.E

Dificultades

de 5º E.P

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


aprendizaxe X.M.T

02/02/01

R.E

Dificultades

de 5º E.P

aprendizaxe M.V

23/01/99

R.E

Dificultades

de 6º E.P

aprendizaxe I.M.P

11/06/99

R.E

Dificultades

de 6º E.P

aprendizaxe

3. ACTUACIONS 3.1 Medidas preventivas: Asesoramento, recollida de información. Detección dos alumnos susceptibles de apoio. Entrevistas cos pais dos alumnos

3.2 Medidas de apoio ordinario: - R.E dentro ou fóra da aula odinaria

3.3 Medidas de carácter extraordinario: Coordinación do proceso dos alumnos que requiren de adaptacións curriculares. Desenrolo e avaliación do programa para os ACNEAE.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Proporcionar orientacións sobre os materiais máis adecuados para a aprendizaxe dos alumnos con N.E.A.E.

4. OBXECTIVOS XERAIS Os obxectivos que nos plantexamos dirixense a paliar, na medida do posible, as necesidades detectadas no noso centro dende tres frontes: 4.1 Con respeto o centro: Colaborar cos titores na detección e prevención dos alumnos con NEAE. Asesorar sobre as medidas de atención a diversidade para desta manera responder as necesidades que presenten os nosos alumnos actuais e nos cursos sucesivos. Colaborar cos mestres na elaboración de adaptacións curriculares. Garantizar a máxima coordinación entre todos os profesionais que atenden os alumnos con NEAE. Dinamizar a integración dos ACNEAE no centro e nas diversas actividades que nel se propoñan. Dotar o centro dun aula de apoio en canto a material, recabando información , recopilando todo o material didáctico posible elaborado en cursos anteriores así como o que se elabore durante o presente curso, creando un importante recurso para o traballo dos mestres a hora de atender a estes alumnos. Fomentar o traballo cooperativo con todas as persoas implicadas na educación dos ACNEAE.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


4.2 Con respeto os alumnos/as: Garantizar a integración social e escolar. Fomentar o desenrrolo das aprendizaxes básicos instrumentais. Fomentar actitudes participativas. Contribuir o desenrrolo da madurez emocional dos alumnos. Mellorar o autoconcepto dos alumnos/as. Mellorar o clima social da aula. Desenrolar técnicas específicas para a adquisición da lectura, escritura e cálculo. Desenrolar aprendizajes básicos que lle permitan vivir nunha situación o mais normalizada e autónoma posible. Traballar aspectos importantes para a aprendizaxe( atención, percepción, memoria, razoamento…).

4.3 Con respeto os pais: Fomentar actitudes participativas nas actividades propostas e diseñadas para os seus fillos. Garantizar un coñecemento real e positivo das posibilidades e limitacións dos seus fillos. Garantizar a relación e contacto cos distintos membros da comunidade educativa.

5. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS:

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


En relación as competencias centrarémonos nas dúas que máis relacionadas están coas áreas instrumentais:

Competencia en comunicación lingüística:

-

Dialogar en grupo para fomentar a expresión oral e a escoita.

-

Ampliar o vocabulario, por medio de xogos, contos… -

Actividades expresión escrita ( escribir cartas, tarxetas de felicitación, comics…)

-

Fomentar a comprensión, trabajando textos significativos para eles ( propias creacións deles ou de compañeiros, temas de interese…).

-

Actividades de regras ortográficas en forma de xogo sempre de forma lúdica, para trabajar a motivación).

-

Escribir os nosos propios contos e logo lelos ( fomentar desta maneira a gusto pola lectura).

-

Utilizar textos de diversos tipos ( narrativa, poesía…), para aprender a valoralos.

Competencia matemática: - Utilizar os contados estudados en situacións fóra da aula ou con

elementos

manipulables, se pode darse o caso. -

Poñer en práctica os procesos de razoamento e atención.

-

Apreciar a noción de cantidade en aspectos cotiás.

-

Empregar o cálculo para resolver enigmas e problemas.

-

Seleccionar as operacións adecuadas para resolver un problema. Departamento de Orientación do CEIP de Atios


-

Traballar o cálculo mental en forma de xogo.

-

Traballar problemas a poder ser relacionados con temáticas que lle sean significativas.

-

Saber interpretar a información que nos dan, procesala e darlle a resposta axeitada.

-

Xeralizar os aprendizaXes dunha situación a outra.

6. HORARIO E AGRUPAMENTOS O horario e os agrupamentos para traballar cos alumnos configuráronse tendo en conta os seguintes aspectos: O feito de compatibilizar o horario de apoio co das aulas nos que están integrados os ACNEAE e cos dos especialistas. Unha atención o mais individualizada posible. Cando o N.C.C do alumno o permita, os apoios podrán ser grupais co fin de rentabilizar tempo e esforzo. Establecer o tempo de apoio de cada alumno en función das súas necesidades non sendo este inferior a dúas sesións semanais. Afinidade e compatibilidade de caracteres. Os agrupamientos oscilan de un alumno a catro alumnos. Os apoios daranse nas áreas instrumentais e sempre que se poda coincidindo con ditas áreas.

7. RECURSOS, ESPACIOS E MEDIOS

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


O centro dispón de medios materiais e persoais que permiten unha atención espécifica e profesional , para atender o alumnado, e a aula de P.T e amplia e está dotada de material diverso. No desenrolo das A.C na aula ordinaria os alumnos utilizarán materiais didácticos adaptados o seu nivel. Estes materiais podrán usarse cando na aula ordinaria o mestre realice actividades nas que os alumnos

con NEAE non participen polo desfase

curricular. Nos casos que sexa posible os alumnos participaran nas actividades ordinarias do seu nivel. Por outro lado acordarase cos profesionais que atendan o alumno/a os aspectos a traballar e afianzar na aula de apoio que logo serán plantexados na aula ordinaria. Vanse combinar

materiais adaptados ( libros,fichas), xogos didácticos,

recursos

informáticos ( TICS) …

8. METODOLOXÍA A metodoloxía terá en conta os seguintes aspectos: Que o aprendizaxe sexa significativo. Un aprendizaxe funcional.( que lle sea de utilidade para a súa vida cotiá ou como base para acadar outros aprendizaxes máis complexos) Despertar no alumno a curiosidade e o interés por aprender. Potenciar o aprendizaxe comprensivo e cooperativo. Indagar a ver cales son os principais incentivos que moven os nosos alumnos a traballar. Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Prestar un especial interese pola motivación e o autoconcepto. Axustar a resposta educativa as necesidades dos nosos alumnos. Contemplar as A.C como medida educativa unha vez agotadas outras medidas de carácter mais ordinario. Garantir a participación dos pais para posibilitar unha continuidade no traballo así cómo cos distintos profesionais que intervieñen na atención educativa. A nosa metodoloxía debe fundamentarse nos seguintes principios:

* REDUNDANCIA: facer que a información chegue os nosos alumnos por distintos canais sensoriais. * SOBREGRADUACIÓN: partir de actividades e aprendizaxes sinxelos para co tempo, realizar aprendizaxes máis complexos.( actividades graduadas en dificultade).¨ * SOBREAPRENDIZAXE: Reiteración das tarefas. * ENCADENAMENTO HACIA ATRÁS: proporcionarlle toda a axuda e instrucións necesarias para ir eliminándoas pouco a pouco ata que consiga realizalo por si mesmo. * XERALIZACIÓN DOS APRENDIZAXES: que aquilo que aprenden o xeralicen a situacións semellantes.

9. TEMPORALIZACIÓN: Partindo dos obxectivos xerais marcados na programación, establecese uns obxectivos individuais a alcanzar con cada un dos alumnos. O tempo para alcanzalos vai variar dependendo dos casos, xa que cada alumno ten un ritmo de aprendizaxe distinto. En canto os alumnos acaden os obxectivos marcados, serán incorporados a aula ordinaria. O apoio non é unha medida definitiva, todo o contrario é flexible e nalgúns Departamento de Orientación do CEIP de Atios


casos só en momentos puntuais da súa aprendizaxe para solventar pequenas dificultades.

10. ACTIVIDADES: O elaborar as actividades teremos enconta as características individuais en cada caso, pero de maneira xeral: Que sexan curtas, motivadoras, variadas e dinámicas.( sobretodo no caso dos alumnos con T.D.A.H). Estimulen a participación, solidaridade e non discriminación. Promovan a actividade mental do alumno. Integre os contidos de distinto tipo. Presente grados de dificultade axustados e progresivos. Admitan niveis distintos de intervención. Podan resolverse utilizando distintos enfoques. Que admitan a interacción dos alumnos. Permitan a xeralización dos aprendizaxes.

11. PRÁCTICAS DE COMPRENSIÓN, LECTURA E ESCRITURA Na aula de apoio o traballar as áreas instrumentais incidimos moito na lectura, na escritura e na comprensión, diariamente, xa que e fundamental para adquirir outros aprendizaxes.

12. AVALIACIÓN E SEGUIMENTO:

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


A avaliación comprende tres modelos diferentes pero moi relacionados entre sí: avaliación inicial, formativa,sumativa e final. A avaliación inicial vai ser un punto moi importante o que hai que adicar unha especial atención. Ésta permítenos obter información de partida para saber por onde debemos comezar a traballar co alumno. A avaliación formativa proporciónanos información acerca do desenrrolo do proceso de ensino-aprendizaxe, permitíndonos tomar medidas de corrección ou seguir na mesma linea en función dos resultados que vaiamos obtendo. A avaliación final tanto do alumno como do proceso de ensino, faramos reflexionar sobre o traballo obtido. No caso das adaptacións curriculares, o alumno será avaliado en función dos criterios de avaliación fixados na propia adaptación e non con mismos criterios que o seu grupoclase. Todo o traballo será revisado periódicamente co fin de modificar a resposta educativa elexida. Coas A.C realizarase un informe de seguimento trimestral co obxectivo de avaliar os apoios e axustar mellor as A.C nos casos que sexa necesario.Así mesmo cada alumno contará cun informe final no que se reflexen os obxectivos traballados e conseguidos, sendo o punto de referencia para o curso seguinte. A avaliación do alumno, realizarase conxuntamente cos mestres das materias obxecto de A.C, valorarase o traballo realizado na aula de apoio e na de referencia así como a participación e respeto polos compañeiros.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


O seguimento do alumno realízaxe en reunións periódicas co tutor/a e cos especialistas, participación nas sesións de avaliación, reunións cos pais e revisións constantes dos problemas mais frecuentes e posibles erros.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


ANEXO II

Departamento de Orientaci贸n do CEIP de Atios


PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE

CURSO ESCOLAR 2011-2012

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


1. INTRODUCIÓN 2. OBXECTIVOS XERAIS 3. CRITERIOS DE INTERVENCIÓN 4. OBXECTIVOS DA ATENCIÓN DOCENTE DIRECTA 5. CONTIDOS 6. CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DOS CONTIDOS 7. SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS 8. METODOLOXÍA 9. TEMPORALIZACIÓN 10. RECURSOS 11. AVALIACIÓN

1. INTRODUCCIÓN

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


1. INTRODUCIÓN A atención por parte da especialista en Audición e Linguaxe no curso escolar 2011-2012 é a seguinte: •

Xornada de martes, xoves e 2 últimas horas do venres no CEIP de Atios (O Porriño), que é o centro base.

Itinerancia ao CEIP de Cruz (Budiño) os luns e mércores. Ámbolos dous centros comparten Departamento de Orientación, con base neste último.

Itinerancia ás EEI de Pontellas e Mosende os venres, acudindo unha hora a cada unha delas, e completando a xornada no centro base (CEIP de Atios).

2. OBXECTIVOS XERAISXECTIS Os obxectivos xerais da mestra de audición e linguaxe son: 1. Participar/colaborar nas diferentes reunións internas que se leven a cabo relacionadas coa atención do alumnado con n.e.a.e. 2. Proporcionar atención docente directa ao alumnado con n.e.a.e. relacionadas coa linguaxe e a comunicación. 3. Colaborar na avaliación psicopedagóxica do alumnado con n.e.a.e. no ámbito da linguaxe e a comunicación. 4. Orientar ao profesorado que imparte docencia a alumnado con dificultades no ámbito comunicativo-lingüístico sobre cuestións de interese sobre o seu desenvolvemento. 5. Informar e orientar ás familias e propio alumnado con n.e.a.e. sobre cuestións de interese sobre o seu desenvolvemento. 6. Asistir a reunións de coordinación con outros servizos da comunidade. 3. CRITERIOS DE INTERVENCIÓN As prioridades na intervención, de forma xeral, serán establecidas en función dos seguintes criterios, sempre de maior a menor necesidade para poder comunicarse. Os grupos de alumnos-as beneficiarios da atención serían: Alumnado no que a competencia na comunicación oral este ausente ou seriamente comprometida e/ou precisan dun sistema aumentativo de comunicación. Alumnado con dificultades na adquisición ou no desenvolvemento da linguaxe oral. Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Alumnado con necesidades transitorias por alteracións funcionais no uso da linguaxe oral e/ou escrita. 4. OBXECTIVOS DA ATENCIÓN DOCENTE POR PARTE DA MESTRA DE AL 4. OBXECTIVOS DA ATENCIÓN DOCENTE DIRECTA Os obxectivos que se perseguen na aula de AL son: Obxectivos

xerais

da

intervención

de

alumnado

con

trastornos

da

comunicación: - Potenciar sistemáticamente a comunicación e posibilitar que os alumnos/as con trastornos comunicativos usen as súas habilidades comunicativas para unha gran variedade de funcións, en máis contextos e para todas as actividades da vida cotiá, mediante linguaxe oral e/ou un sistema aumentativo de comunicación. - Ensinar o valor da linguaxe como instrumento para conseguir regular o seu entorno. A ensinanza/aprendizaxe da función de petición como medio de consecución dos seus desexos. - Favorecer a compresión das interaccións comunicativas dos seus interlocutores para poder producir cambios neles e compartir significados. - Favorecer a adquisición das normas que rexen os intercambios lingüísticos e as sinais extralingüísticas en diferentes situacións de comunicación para reforzar o significado das súas mensaxes e atribuir sentido aos que reciben. - Inicialos na utilización de formas socialmente establecidas para relacionarse cos demáis. Obxectivos xerais na intervención do alumnado con trastornos da linguaxe: - Desenvolver o léxico básico, tanto receptivo como expresivo que favoreza a representación mental e o coñecemento do mundo que o rodea. - Favorecer a utilización axeitada de frases de distinto tipo, incorporando elementos pertencentes a diferentes funcións gramaticais que lle permitan expresar con corrección as súas intencións comunicativas. - Desenvolver as relacións semánticas entre palabras que favoreza os procesos cognitivos e a expresión verbal dos contenidos do pensamento.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


- Desenvolver a vertiente pragmática da linguaxe que lle permita un uso funcional e social da linguaxe, así como as funcións da linguaxe de regulación e planificación. Gañar competencia en aspectos como atención, xogos (de interacción, simbólicos, de regras,...), adestramento en tarefas da teoría da mente, comunicación referencial, comprensión de cuestións relacionadas co humor e ironía, comprensión de normas, habilidades relacionadas co relato, a argumentación e a conversación... Obxectivos xerais da intervención con trastornos da fala: -

Favorecer

o

desenvolvemento

dos

aspectos

perceptivos

implicados

no

desenvolvemento da fala. - Desenvolver os aspectos funcionais do aparato fonoarticulador. - Exercitar os aspectos psicomotrices en xeral e, máis especificamente, a motricidade dos órganos da articulación que permita unha execución práxica axeitada. - Desenvolver todos os elementos fonolóxicos que lle permitan unha fala correctamente articulada. - Favorecer os elementos supragsementais da fala, prosodia, ritmo, modulación da voz,…que posibilite unha comunicación fluida e satisfactoria. Obxectivos xerais da intervención con trastornos na lectoescritura: - Reforzar os procesos de planificación, sintáctico e léxico na escrita e lectura. - Mellorar a fluidez á hora de realizar lecturas e aspectos relacionados coa mesma. - Aumentar aqueles aspectos relacionados cos procesos perceptivos. - Reforzar a súa conciencia lingüística a nivel fonolóxico (procesador léxico). - Mellorar a conciencia lingüística a nivel sintáctico. - Mellorar a conciencia lingüística a nivel semántico. Outros: - Apoiar ao alumnado procedente do estranxeiro. - Apoiar ao alumnado con ACI. - Apoiar nas áreas instrumentais básicas ao alumnado con Reforzo Educativo. - Reforzar a memoria a curto e longo prazo. - Estimular o razoamento e a fluidez verbal. - Mellorar o razoamento verbal e o razoamento abstracto. - Aumentar a motivación pola aprendizaxe. Departamento de Orientación do CEIP de Atios


- Reforzar a autoestima do alumnado. Os programas que se confeccionarán en base ás características e necesidades do alumnado partindo destes obxectivos, relacionaranse de forma directa coas seguintes Competencias Básicas: Competencia en comunicación lingüística Subcompetencia Linguaxe

Oral

(falar-escoitar)

Subcompetencia

Comprensión

Subcompetencia (oral-escrita)

Linguaxe

Tratamento

Escrita da

(ler-escribir)

información

e

competencia dixital Competencia social e cidadá Competencia para aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal. 5. CONTIDOS5. CONTIDOS Por outra banda, a relación que debe existir entre as distintas capacidades que os obxectivos pretenden desenvolver e os contidos concretos que se van a utilizar para tal fin. Deste modo, os contidos deixan de ser fines en si mesmos e convértense en medios para conseguir os obxectivos propostos. Os contidos xerais da mestra de audición e linguaxe, traballaranse a través dos distintos niveis da linguaxe. Traballaranse: Nivel Fonolóxico - a relaxación - respiración e sopro - praxias bucofaciais - estimulación, percepción e discriminación auditiva/fonética - ritmo e memoria auditiva-secuencial - articulación - fonación Nivel Léxico-Semántico - vocabulario: nomes, accións, cualidades e nocións cuantitativas - razonamento verbal: categorías lexicais, familias semánticas, palabras de significado oposto (antónimo) ou igual significado (sinónimos) e palabras polisémicas e homónimas Nivel Morfosintáctico

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


- elementos da frase: nomes, pronomes (persoais, demostrativos, reflexivos, etc...), adxectivos, artículos determinados e indeterminados, verbos regulares e irregulares, adverbios, preposicións e conxuncións - concordancia: xénero e número, número e persona - tipo de frases: simples (enunciativas, interrogativas, exclamativas e exhortativas) e compostas (coordinadas e subordinadas) Nivel Pragmático - linguaxe funcional: diálogos, conversas, habilidades conversacionais, expresión e comprensión das situaciones cotiás, relacións de causa, narración - linguaxe creativa: descriptivo, narración e diálogo - linguaxe expresiva e comprensiva: secuencias temporais, adiviñas, refráns e expresións con dobre sentido, poesías, cancións, chistes, etc. 6. CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DOS CONTIDOS 6. CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DOS CONTIDOS Como línea para seleccionar as condutas sobre as que intervir, sinálanse os seguintes criterios: •

Seleccionar os contidos que teñan un maior impacto nas destrezas comunicativas.

Seleccionar os contidos que sexan máis útiles, é dicir, os que con maior probabilidade pode realizar tanto na casa como noutros entornos habituais.

Seleccionar os contidos que axuden a ampliar as destrezas comunicativas do alumnado.

Seleccionar os contidos que sexan lingüisticamente e culturalmente axeitados para o alumnado.

Respecto ao desenvolvemento fonolóxico, seleccionar para iniciar a intervención, aqueles que máis están distorsionando a comprensión da fala e aqueles que aparecen con máis frecuencia en palabras dos nosos idiomas.

7. SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOSACIÓN DOS CONTIDOS Contidos referidos ás funcións comunicativas: - Utilizar a linguaxe oral ou alternativa en funcións de petición.

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


- Utilizar a linguaxe oral ou alternativa para interactuar con outros, nomear obxectos, persoas e accións. - Uso da linguaxe oral ou alternativa para que autorregule a súa acción e conduta. - Comprender situacións sociais do seu entorno (proporciona solucións para resolver problemas sociais). - Comprensión e seguemento de ordes simples e complexas. - Participación, cooperación e axuda en xogos e actividades con outros. - Utilizar as normas que rexen os intercambios comunicativos e lingüísticos (prestar atención, mirar ao interlocutor, gardar quenda de intervención, escoitar…). - Utilizar sinais extralingüísticas (xesticulación, expresión facial, entoación,…). - Utilización adecuada das formas socialmente establecidas para relacionarse cos demais (saludar, despedirse, solicitar,…). - Uso do diálogo. - Participar nas conversas colectivas. Contidos referidos ás categorías pragmáticas: - Con respecto ao contexto extralingüístico: adaptar as mensaxes ás situacións e a distintos falantes. - Con respecto ao contexto paralingüístico: a. Identificación de distintas expresións emocionais. b. Emisión de frases simulando distintas emocións. c. Identificación de incongruencias entre a emoción expresada pola expresión facial e a mensaxe verbal, etc. - Con respecto ao contexto lingüístico: a. Uso axeitado de artículos determinados e indeterminados para referirse a persoas e obxectos coñecidos ou descoñecidos. b. Referencia pronominal. c. Tarefas de comunicación referencial. - Interacción dos contextos: a. Iniciación dos temas de conversa b. Manter os temas c. Quenda de fala Departamento de Orientación do CEIP de Atios


d. Rectificacións conversacionais. - Iniciación en tarefas de inferencia e destrezas de narración. Contidos referidos ao léxico básico e as relacións semánticas: - Palabras concretas que denominen cousas ou accións específicas. - Nomes de obxectos e persoas familiares. - Nomes de animais e mascotas. - Verbos. - Adxectivos para describir obxectos e persoas. - Palabras relevantes nos diferentes entornos escolar, social e familiar. - Relacións semánticas de asociación por, igualdade, semellanza, diferenza, por complementariedade, por pertencer a unha mesma familia semántica. - Clasificación: por uso, atendendo a un criterio dado (forma, tamaño, cor, uso., familia semántica,…) - Definición por uso, por características,… - Relacións causais. - Categorías do léxico. - Razoamento verbal. Contidos referidos á estructuración de frases: - Combinacións de palabras. - Estructuración de frases sinxelas. - Frases negativas; activas irreversibles/frases activas reversibles - Frases transitivas/ frases intransitivas; frases relativas; frases causais. Contidos referidos a elementos morfolóxicos e sintácticos: - Termos de concordancia nominal: número e xénero. - Inflexións verbais. - Preposicións e conxuncións. - Adxectivos posesivos e demostrativos. - Pronomes personais. - Outros morfemas gramaticais e estructuras sintácticas. Neste apartado deben introducirse os termos interrogativos do tipo que, quen, como, onde, cando, canto… Contidos referidos ao desenvolvemento fonolóxico: Departamento de Orientación do CEIP de Atios


- Respiración e sopro. - Motricidade bucofacial. - Fonación e voz. - Discriminación auditiva y fonolóxica. - Habilidades psicolingüísticas relacionadas coa fala: integración auditiva e memoria secuencial auditiva. - Ritmo na expresión. - Articulación dos fonemas. - Integración dos fonemas adquiridos na linguaxe espontánea. - Prosodia. - Habilidades metafonolóxicas: conciencia fonolóxica. METODOLOXÍA 8. METODOLOXÍA A metodoloxía que se vai a levar a cabo terá como base os principios da aprendizaxe significativa onde se partirá sempre do nivel de desenvolvemento do alumnado para que as novas aprendizaxes se constrúan e consoliden sobre as xa adquiridas. Baseándonos no que o alumnado xa ten aprendido, reforzarase o éxito e evitaranse fracasos que disminúan a motivación e a autoestima do alumnado. A metodoloxía basearase en principios como: - socialización - creatividade - funcionalidade - motivación, manipulación e experimentación - creación dun ambiente de confianza e seguridade - actividades curtas e variadas (que non produzan cansazo) - uso de reforzos ante resposta correcta - respecto polo criterio de progresión das actividades (non se pasará a actividades complexas se non se superaron outras máis simples) - fomento da xeneralización de aprendizaxes noutros contextos - introducir claves visuais que axuden a estruturar o tempo e o espazo - estruturar as tarefas en sucesivos pasos Departamento de Orientación do CEIP de Atios


- darlle tempo abondo para que poida emitir a resposta - traballarase sempre primeiro no plano corporal, despois no plano obxecto e finalmente no plano gráfico para favorecer a xeneralización das aprendizaxes - as actividades que se plantexen nos programas de linguaxe deben ser suxerentes para provocar no neno-a o interese pola comunicación É importante rodear ao alumnado dun ambiente lingüístico rico que lle facilite a aprendizaxe, reforzando iniciativas comunicativas e modelando unha linguaxe correcta. As actividades levadas a cabo nas sesións individuais de intervención confeccionaranse partindo dos criterios metodolóxicos descritos anteriormente e co fin de lograr os diferentes obxectivos específicos recollidos en cada Programa de Intervención Individual do alumnado. 9. TEMPORALIZACIÓN 9. TEMPORALIZACIÓN A temporalización na intervención será flexible atendendo ás características e necesidades do alumnado. Dependendo das necesidades e obxectivos propostos nos Programas de Intervención Individuais, as sesións terán unha duración dunha sesión completa (50-55 minutos) ou media sesión (25-30 minutos). O número de sesións estableceranse en base ás necesidades do alumnado e horario dispoñible. A intervención levarase a cabo de forma individual sempre que o horario o permita ou en pequeno grupo cando as características da problemática do alumnado sexan similares. 10. RECURSOS 10. RECURSOS Os recursos materiais específicos dispoñibles na aula de AL son limitados. Esta aula conta cun espello de grandes dimensións, cadeiras e mesas para a mestra e o alumnado, mesa e ordenador e diversas estanterías. 11. AVALIACIÓN 11. AVALIACIÓN Para o proceso de avaliación contaremos coas orientacións da orientadora, en caso necesario, e coa avaliación psicopedagóxica, ademáis de co resto de informes e probas que teña o alumnado, así como a información aportada polos mestres de cursos antariores e as especialistas en Pedagoxía Terapéutica (PT). Departamento de Orientación do CEIP de Atios


A avaliación do alumnado realizarase en tres momentos: Avaliación inicial: Partiremos sempre da avaliación psicopedagóxica do alumnado ou informes que existan no centro. Como mestra de AL, antes da actuación deberase realizar unha avaliación inicial ao alumno-a na que avaliaremos aspectos lingüísticos e aspectos non lingüísticos da linguaxe. Utilizaranse métodos de avaliación como: a observación directa, rexistros do mestre titor, gravacións da súa fala-linguaxe, probas obxectivas para a avaliación da fala como o Registro Fonológico Inducido, etc. Avaliación continua: Ofrece información sobre a evolución do alumnado, o grao de consecución dos obxectivos e contidos planificados e a eficacia dos procedementos de intervención utilizados, de forma continua. Este tipo de avaliación permítenos ir introducindo modificacións nos elementos da programación ao longo da intervención, en función dos resultados da mesma. Realizarase esta avaliación comprobando se os obxectivos propostos se acadan e en que grao a través de Rexistros Diarios na aula e a coordinación cos diferentes mestres que atenden ao alumnado e a familia deste. Avaliación final: Servirá para redactar o informe final do alumno-a na que se especificarán os aspectos da comunicación e linguaxe que se traballaron co alumno-a, acadados e non acadados, así como as orientacións para o titor e a familia.

Mestra de Audición e Linguaxe Cristina Quindimil López

Departamento de Orientación do CEIP de Atios


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.