Potenciación da lingua galega

Page 1

PLAN DE POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA 1. OBXECTIVOS Os obxectivos que se pretenden acadar este curso dende o equipo de normalización lingüística son os seguintes:

Fomentar o emprego do galego tanto a nivel da fala coma da escrita.

Presentar a tódolos membros da comunidade educativa unha visión positiva do galego estimulando así o uso normal desta lingua en tódolos ámbitos.

Incentivar o uso do galego en tódalas relacións informais que xurdan na vida cotiá (mestres/as-alumnos/as, mestres/as-familias, profesorado entre si, alumnado entre si, pais/nais-fillos/as).

Usar, en situacións relacionadas coa escola e coa súa actividade, diversas clases de escritos en galego coa axuda dos cales se produce a comunicación (circulares, avisos,...)

Utilizar a lectura como fonte de pracer e aproximarse a textos da tradición literaria galega para desenvolver hábitos lectores.

Fomentar o gusto pola lectura en galego entre todo o alumnado.

Contribuír ao coñecemento do mundo popular galego recorrendo á busca de elementos tradicionais da nosa cultura que son coñecidos mundialmente.

Buscar a participación e implicación das familias nas actividades que se efectúen dende o centro para o coñecemento da cultura e costumes galegos.

Ampliar a bibliografía en galego na biblioteca do centro.

Utilizar a lingua oral galega de xeito adecuado na actividade social

(reunións,

festivais,...)

adoptando

unha

respectuosa. 2. ACTIVIDADES As actividades que se pretenden desenvolver son as seguintes:

actitude


- Concurso Logo e Lema 25 aniversario: Con motivo da celebración dos 25 anos de idade do noso centro, porase en marcha un concurso no que o alumnado deberá desenvolver o seu inxenio para procurar un logo (debuxo) e un lema que representen ao centro. Farase unha exposición nos corredores do colexio e entregarase un agasallo o gañador/a. - Subscrición ás novidades de Kalandraka e exposición destes libros novos nun expositor especial da biblioteca para poder seren ollados tanto polo alumnado como polo profesorado. Dita subscrición leva emparellada a presenza dun contacontos (3º trimestre). - Elaboración de un calendario escolar: Tendo presente que o ano 2012 estará adicado internacionalmente ás enerxías renovables e o coperativismo, confeccionarase un calendario para as aulas no que os alumnos/as participarán con debuxos e poemiñas relacionados co tema. - Recollida durante todo o curso de noticias dalgún xornal en galego: Os alumnos/as de cada aula recollerán quincenalmente as noticias que lle parezan

máis destacadas dun ou varios xornais. Estas noticias serán

expostas, por ciclos, nun panel . Esta actividade vai dirixida ós nenos/as do 3º ciclo xa que este ano participan no programa Prensa - Escola da Voz de Galicia e todos os mércores do presente curso recibirán un periódico para cada alumno/a. - Celebración do Samaín-Halloween: En directa coordinación coa mestra de Inglés, porase en marcha un concurso de decoración de cabazas co gallo desta festividade. Exporanse nos corredores do centro e haberá premios tanto para o alumnado de educación infantil como para o alumnado de educación primaria. - Correo escolar dalgúns cursos de Primaria con alumnado do C.E.I.P. “A Laxe” (Marín) e do C.E.I.P. de Seixo (Marín). Os nenos/as que os seus titores así o desexen cartearanse (en galego) unha ou dúas veces por trimestre (en datas sinaladas) con outros nenos/as dos


centros anteriormente mencionados para falarlles das actividades que se están a levar a cabo no noso colexio e dos temas que desexen. - Selección de un libro de lectura obrigatoria en lingua galega para cada un dos ciclos de Primaria: Os libros escollidos polo equipo foron os seguintes:

1º ciclo: “Que bonito é Panamá” Janosh (Kalandraka)

2º ciclo: “No corazón do bosque” Agustín Fernández Paz (Xerais)

3º ciclo: “A abella abesullona” Manuel Janeiro (Galaxia)

- Concurso de Nadal: Realizarase un concurso no que o alumnado vai a participar realizando debuxos de Nadal. Escollerase un gañador para Infantil e outro para cada ciclo de Primaria e o Equipo de Normalización elaborará, para todas as familias do centro, tarxetas de felicitación destas datas cos respectivos debuxos. - Creación do Proxecto “Un conto viaxeiro”: Trátase dunha actividade pensada para traballar con alumnos/as de outros centros. Elaborarase un conto entre varios centros e buscarase unha data na que os alumnos/as implicados convivan e se faga unha pequena representación do conto creado. - Sesións de animación á lectura: Ademais da sesión que nos corresponde (como xa se dixo con anterioridade) pola subscrición a editorial Kalandraka, falando coas editoriais conseguíronse as seguintes sesións: 1º CICLO: Sesión de animación á lectura por parte da editorial Kalandraka. 2º CICLO: Sesión de animación á lectura por parte da editorial Xerais. 3º CICLO: Visita do autor do libro. Neste actos trátase de estimular o gusto dos cativos/as pola literatura en galego. - Intercambio de xogos populares da zona de Atios entre nenos/as de 3º ciclo do C.E.I.P. de Budiño e do C.E.I.P. de Atios:


Esta será unha actividade bianual. Durante este curso traballaremos os xogos tradicionais da nosa zona. Durante o segundo trimestre os nenos/as deberán investigar, buscar e recoller información acerca dos xogos cos que se entretiñan os seus pais/nais, avós,.. cando eran cativos. De tódolos xogos recollidos, seleccionaremos algún para amosarllos aos nenos/as de 3º ciclo de Budiño. - Creación da Revista Escolar do Centro: Elaboración por aulas, especialidades e demais membros que queiran participar da revista do noso colexio. Entregarase antes do remate do presente curso. - Celebración do día das Letras Galegas :Recollida de información sobre o escritor homenaxeado para elaborar un pequeno libro por ciclo. Elaboración dun “Maio”: Todo o alumnado do colexio acompañado polos seus profesores decorará un “Maio”. Cada ciclo inventará unha copla que cantará arredor del. Temos previsto contar con algún grupo de música tradicional da zona para que os seus compoñentes nos acheguen a algúns dos instrumentos que utilizan e para que nos interpreten diversos temas. - Participación na actividade “Tren da lingua” por parte do alumnado ó que lle corresponda este curso. - Participación do alumnado que o desexe no “Correlingua”.

Nota: Cómpre dicir que esta relación de actividades estará sempre supeditada a posibles cambios, engadidos ou supresións que segundo a marcha do curso escolar vaian xurdindo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.