plan lector

Page 1

UN INSTRUMENTO IMPRESCINDIBLE NO NOSO PROXECTO EDUCATIVO ANO ACADÉMICO 2011/12

C.E.I.P. ATIOS, O PORRIÑO PONTEVEDRA.

1


ÍNDICE PÁXINA Título do proxecto

3

Xustificación do proxecto

3

Análise da situación de partida da biblioteca e o seu contexto

5

Análise das necesidades de renovación de fondos e actualización dos fondos documentais

6

Obxectivos

7

Tipo de organización e funcionamento

8

Actuacións por trimestres

8

Horario previsto

12

Criterios e procedementos de avaliación

12

2


1.- Título do Proxecto PROXECTO LECTOR DE CENTRO E DA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP ATIOS. UN INSTRUMENTO IMPRESCINDIBLE NO EDUCATIVO. ANO ACADÉMICO 2011/12.

NOSO

PROXECTO

2.- Xustificación do proxecto Tendo en conta a relevanza da lectura na sociedade actual, cabe preguntarse cal é o grado de desenvolvemento da competencia lectora nos nosos escolares, é dicir, cal é a situación na que se atopan os procesos de ensino e aprendizaxe da lectura no noso país. As sucesivas leis de educación veñen incidindo na necesidade de que o alumnado adquira, dende os niveis iniciais da súa escolarización, aprendizaxes básicos, entre os que se inclúe a aprendizaxe da lectura. Neste senso, o Anexo IV do Decreto 133/2007 sinala que os centros educativos deben elaborar e incluír nos seus proxectos educativos de centro, proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas. Por outro lado, a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, propón a lectura como unha das líneas básicas da nova reforma educativa. No seu preámbulo fai referencia a que a formación debe concebirse como un proceso permanente, que se desenrola durante toda a vida. Polo tanto, fomentar a aprendizaxe ao longo de toda ela implica, ante todo, proporcionar á xente nova unha educación completa, que abrangue, entre outros, coñecementos e competencias básicas que resulten necesarias na sociedade actual. Asimismo, no artígo 14.5 de esta Lei establecese que no segundo ciclo da educación infantil fomentarase unha primeira aproximazón á lectura. Tamén, no artígo 17 e) determínase que un dos obxectivos da educación primaria é desenrolar hábitos de lectura e no 16.2 que a finalidade da ensinanza primaria é proporcionar a todos os nenos e nenas uhna educación que lles permita adquirir habilidades culturais básicas relativas, entre outras, á lectura. Para esto, o artículo 19, establece que, sin perxuicio do seu tratamento específico nalgunhas das áreas desta etapa, a comprensión lectora traballarase en todas as áreas e que, co fin de fomentar hábito da lectura, dedicarase un tempo diario á mesma. Na citada Lei dedícase, ademáis, un artículo, o 113, ás bibliotecas escolares. No que se establece que as bibliotecas contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumno acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe das demáis áreas e materias e poda formarse no uso crítico dos mesmos. Non hai dúbida de que tanto a Administración educativa coma os centros escolares veñen levando a cabo importantes esforzos por mellorar estos procesos, poñendo en marcha, para esto, numerosas e diversas actividades encamiñadas a esta fin, coa mellor intención e con gran dedicación. Nembargantes, é necesario mellorar o que se vén facendo e por todo esto, resulta imprescindible que dende a escola e dende a familia se contribúia, decisivamente, a unha formación lectora básica tanto nunha diversidade de xéneros discursivos, tipos de texto e temáticas, así como tamén unha diversidade de funcións. O desenrolo deste Proxecto Lector suporá seguir realizando actuacións nesta mesma línea (inversión tanto para dotar a Biblioteca do centro de medios tecnolóxicos e 3


para mellorar a súa situación, formación do profesorado, etc.), establecendo unha estreita relación entre a biblioteca do centro e os procesos de ensinanza e aprendizaxe da competencia lectora. Finalmente, no artigo 157.1, especifícase que corresponde ás Administracións educativas proveer os recursos necesarios para garantir, entre outros aspectos, a posta en marcha dun plan de fomento da lectura, así coma o establecemento de programas de reforzo e apoio educativo e de mellora das aprendizaxes. Todo esto mencionado anteriormente, polo tanto, sitúanos ante a necesidade de abordar cambios fundamentais nos procesos de ensinanza e aprendizaxe da competencia lectora. Ademais se unimos esto ao feito de que as bibliotecas escolares e, ao papel que estas teñen dentro da comunidade educativa que cada día é máis importante nos centros, reforza que o interese polas mesmas crecera considerablemente, e que en moitos centros se empecen a ver como un instrumento válido para enriquecer a metodoloxía e a súa organización, elementos sustanciais para mellorar a educación. A potencialidade dunha biblioteca escolar, entendida como animadora e dinamizadora da práctica escolar a escala global para un centro, é abondo suxestiva para non ser abordada se as circunstancias o permiten. A posibilidade de canalizar a través da súa xestión os recursos documentais dun centro, de incidir na formación documental e nos hábitos de lectura do alumnado, de supoñer unha revitalizadora da dinámica do centro mediante as propostas que dela poden emanar supoñen unha boa motivación para participar neste proxecto. Durante anos a biblioteca do centro ten sido xestionada grazas ao voluntariado dos mestres responsables, que tiveron que levar adiante o traballo de catalogación e servizo de préstamo con escasos medios materiais e pouco tempo no horario. A pesares do xeneroso investimento económico realizado regularmente na biblioteca do centro, e das modificacións nela aplicadas, coidamos que cómpre darlle un pulo extra. A posibilidade de incorporarse ao plan de mellora de bibliotecas escolares podería supor contar co apoio e os medios para reorganiza-la nosa instalación, dotala dos medios axeitados, moderniza-los criterios de xestión e inserila de xeito máis potente na dinámica do centro, mediante a incorporación de máis mestres comprometidos, máis horas de dedicación, etc. para facer dela o motor de moitas actividades de dinamización que suporán un enriquecemento da práctica escolar e das experiencias dos nosos alumnos, así como para sentar as bases do que será o Proxecto lector do noso colexio. Non cabe a menor dúbida da necesidade imperiosa de dispoñer nos centros escolares dun espazo adicado á biblioteca escolar onde se centralicen os recursos para optimizar o seu rendimento. Un centro neurálxico para toda a comunidade educativa dotado da infraestructura adecuada e dos fondos axeitados para garantir o acceso igualitario aos recursos culturais. Un espazo que estableza vínculos emocionais cos seus usuarios/as, un espazo do colexio no que participar del sexa un pracer e non unha obriga,un espazo que exerza como intermediario na creación e consolidación do hábito lector e na adquisición de habilidades de búsqueda e posterior tratamento da información. Un espazo, en definitiva, que sexa instrumento de formación de lectores hábiles e críticos coa información que reciben e que á vez sexan capaces de emocionarse coa lectura e que tamén a entendan como un elemento de goce.

4


3.- Análise da situación de partida da biblioteca e do seu contexto A biblioteca do noso centro leva xa moitos anos funcionando e proporcionando apoio tanto ao profesorado como ao resto da comunidade educativa a través do seu servizo de préstamo, orientado, fundamentalmente a potenciar o hábito lector no noso alumnado e familias, en galego, en castelá e na actualidade contamos ademáis cun importante número de volumes en inglés, que estamos a incrementar curso tras curso. Os nosos fondos bibliográficos ascenden a uns 7000 títulos rexistrados, que actualizamos cada curso engadindo as novidades editoriais axeitadas as idades do noso alumnado, así como libros de consulta ou temáticas relacionadas coa educación. A Biblioteca do Centro ten un horario de mañán, exclusivo para o alumnado, durante os recreos, e un horario de tarde de luns a venres para toda a comunidade escolar. Polas mañáns está a cargo do profesorado do Centro, axudado por un grupo de alumnos/as voluntarios dos cursos superiores e, pola tarde, encárgase o profesorado de garda. Hai que salientar o gran interese e colaboración amosado polo alumnado na organización da Biblioteca, o que fixo que se nomearan bibliotecarios/as encargados de préstamos e devolucións, ordenación de libros, fichaxe e forrado de libros novos, restauración de libros en mal estado, etc. O alumnado acode á biblioteca escolar e selecciona o libro que desexa, ou ben se dirixe aos bibliotecarios e deixan que os asesoren tendo en conta as súas preferencias. Para optimizar recursos e tempo, o alumnado de Educación Infantil realiza o préstamo semanal en horario lectivo, supervisado polas respectivas mestras titoras que levan o control do mesmo. A utilización da biblioteca segue a incrementarse curso tras curso. De feito, como se pode observar no seguinte gráfico, o número de recursos prestados segue incrementándose curso tras curso, especialmente dende a posta en funcionamento deste Plan Lector (2008-2009).

1800 1600 1400 1200 1000 800 600 400 200 0 2004-2005

2005-2006

2006-2007

2007-2008

2008-2009

2009-2010

2010-2011

5


4.- Análise das necesidades de renovación de fondos e actualización dos fondos documentais A biblioteca do centro conta cuns 7000 títulos aproximadamente, dos que arredor dun 15% aproximadamente corresponden a libros de consulta. Os libros correspondentes ó tramo de idade 6-12 anos supoñen o 75% dos fondos existentes e os títulos restantes forman parte de libros de consulta para o profesorado e partidas bibliográficas donadas por institucións públicas e privadas ou particulares, revistas, publicacións varias, etc. Os libros correspondentes ó tramo de idade 6-12 anos supoñen o 75% dos fondos existentes e os títulos restantes forman parte de libros de consulta para o profesorado e partidas bibliográficas dotadas por institucións públicas e privadas ou particulares, revistas, publicacións varias, etc. Os fondos en CD-ROM ubicados fisicamente na biblioteca son escasos debido fundamentalmente a dúas circunstancias: Por unha banda a aula de informática dispón de espazo suficiente para o seu almacenaxe, o acceso é doado, e resulta máis eficaz, pois evítase molestar aos usuarios de biblioteca en horario lectivo, en caso de querer empregar algún dos citados soportes informáticos. Por outro lado o espazo físico da biblioteca está organizado para que a Comunidade Educativa poida acudir a el en calquera momento, incluso durante as sesións lectivas, pois sempre está aberta. Aínda así, na biblioteca dispomos de cd´s conmemorativos das Letras Galegas... para consulta de mestres/as e esperamos que para o vindeiro curso sexa de libre acceso para o alumnado. As coleccións de mapas están repartidas entre as aulas e un cuarto destinado especificamente para esta función. Actualmente, por falta de tempo, aínda non están catalogadas nin depositadas na biblioteca. Os vídeos actualmente catalogados na biblioteca son uns 200 aproximadamente, e xa estamos a catalogar os DVDs e CDs de audio que imos adquirindo. As coleccións de diapositivas son practicamente inexistentes, xa que apenas se fai uso delas. As publicacións de subscrición periódica son xornais e revistas de distintos tipos, que non poden ser almacenados por moito tempo debido ao volume do material acumulado. Á vista destas circunstancias de partida podemos extraer as seguintes conclusións de cara á renovación de fondos e actualización dos mesmos: Necesidade de adquisición de títulos para todos os ciclos, para reposición de fondos en mal estado ou máis adaptados ás necesidades actuais, por exemplo, a progresiva substitución de vídeos por formatos dixitais. Reorganización dos fondos existentes, remate da catalogación estandarizada. Centralización dos fondos, especialmente os mapas e o material videográfico e informático. Evitar a dispersión de coleccións en distintos lugares e espazos, preferindo no seu lugar a ubicación na biblioteca, para o cal debemos optimizar aínda máis o espazo que temos a nosa disposición: armarios, baldas... Potenciación do arquivo gráfico da biblioteca, adquirindo coleccións en formato dixital fundamentalmente.

6


Aumento das subscricións periódicas, especialmente de contido pedagóxico, e consecución de acordos con editoriais para recibir partidas de novidades bibliográficas nas mellores condicións económicas. Adquisición de ordenadores para que o alumnado poida realizar consultas e procuras a través de Internet e de enciclopedias en CD-ROM que as complementen.

5.- Obxectivos Potenciar a implicación do profesorado, mediante o compromiso de formación e participación no Equipo de Biblioteca. Adquirir novos fondos en diferentes soportes atendendo ás suxestións dos diferentes ciclos, centrándonos na atención á diversidade. Continuar co proceso de adopción de criterios estandarizados na catalogación dos fondos da biblioteca. Centralizar na biblioteca os recursos documentais de distintos tipos existentes no centro: mapas, cd´s, dvd´s, ... ou no seu defecto, e por falta de espazo, catalogar eses recursos documentais. Continuar o proceso de informatización da xestión bibliotecaria e utilización de Internet como recurso habitual. Informar periodicamente as titorías das novidades que se produzan na biblioteca: subscricións, adquisicións, campañas de fomento de lectura... Deseñar e levar a cabo novas actividades que fomenten o hábito lector a partir das iniciativas emanadas dende a coordinación da biblioteca e enfocadas no nivel interno (biblioteca/aula) coma externo (sesións de contacontos, de animación á lectura, exposicións de libros, encontros con autores ou ilustradores, saídas a bibliotecas, etc.). E outras dirixidas á formación de usuarios e á adquisición de habilidades e procedementos para o acceso á información usando como instrumento as novas tecnoloxías. Estimular a educación documental dos usuarios, entendida coma a adquisición e perfeccionamento das habilidades e procedementos para acceso á información e o seu tratamento, de tipo presencial (no espazo físico da biblioteca) e virtual (manexo de información en Internet). Levar a cabo o seguimento das iniciativas que se propoñan dende este servizo para as distintas titorías. Integrar o proxecto de biblioteca nos documentos oficiais do centro (PE, PXA). Estreitar as relacións coa Biblioteca Pública do Porriño proveitosas para o noso alumnado. Deseñar instrumentos de avaliación para o funcionamento da Biblioteca. Realizar actividades que impliquen ao alumnado e aos pais no funcionamento e uso da biblioteca. Empregar o espazo físico da biblioteca como lugar de encontro da comunidade educativa entendéndoo como un lugar aberto para a realización de charlas, dramatizacións, exposicións... Celebrar especialmente datas significativas como a Semana da Literatura e da Tradición Oral,o Día das Bibliotecas,o Día da poesía,o Día do Conto,o Día do Libro Infantil e Xuvenil,o Día do Libro e Semana Cultural (Letras Galegas). Colaborar cos departamentos de Normalización Lingüística, Acitividades Complementarias e Orientación nas actividades que estes realicen ao longo do curso: Festas do ano, saídas, edición da revista escolar, presentación do conto viaxeiro…

7


Elaborar e publicar Boletíns Informativos da Biblioteca destinados a toda a comunidade educativa: Horario e Normas da Biblioteca, guías de formación para os bibliotecarios, boletíns de novidades e recomendacións... Deseñar un papel protagonista para a biblioteca escolar do centro na elaboración e desenvolvemento do Proxecto Lector da escola.

6.- Tipo de organización e funcionamento O funcionamento da biblioteca escolar parte da existencia dun encargado que recibe apoio por parte do profesorado a través da creación dun Equipo de Biblioteca, que de xeito voluntario se encarga do funcionamento deste servizo. Este Equipo, nestes momentos está integrado por profesorado adscrito a cada ciclo (que serve de enlace bibliotecas-ciclos) e un mestre especialista. Segundo o horario establecido a principio de curso, manterase aberta a biblioteca co horario máis amplo posible. Durante ese tempo os/as mestres/as con labores ao cargo nela realizarán as tarefas necesarias, seguindo as indicacións do encargado da biblioteca. Estes traballos serán tanto de xestión: catalogación dos títulos por medios informáticos, forrado de libros, manexo e recolocación de fondos, etc. como de atención ao público: préstamo de libros a alumnos, pais ou mestres, recollida de libros, actualización e xestión de carnés de lector, control de saídas e entradas de títulos, etc. Ao coidado do encargado da biblioteca queda a realización do proxecto anual, atendendo ás necesidades plantexadas na memoria do curso anterior. Ese proxecto será incluído na PXA. Ademais deberá realizar o tratamento técnico dos fondos, realizando todas as tarefas de ordenación e catalogación coa axuda dos membros do equipo de apoio. Como responsable máximo deberá informar periodicamente ao Claustro e ao Consello Escolar das actividades desenvolvidas, os proxectos futuros e ser receptivo ás suxestións que se lle remitan. Finalmente recaerá nel a función de asesoramento ao resto do profesorado sobre actividades de animación e dinamización, formación de usuarios e traballo documental, atendendo tamén á realización de materiais de guía e referencia para uso dos alumnos. Durante o horario de exclusiva ou cando se determine, segundo as necesidades organizativas do centro, o Equipo reunirase periodicamente co encargado da biblioteca para planifica-las actuacións, de acordo co proxecto de inicio de curso incluído na PXA. Asemade ocuparanse da realización dos contactos, preparación de actividades e materiais necesarios, estudio de adquisición de fondos, valoración das necesidades de formación, etc., a partires das suxestións que se recollan nas citadas reunións.

7.- Actuacións por trimestres O procedemento de actuación por trimestres proposto para este curso reúne as actividades máis exitosas na experiencia da biblioteca actual, máis ás novas propostas emanadas das directrices e recomendacións da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Tamén é salientable destacar a atención prestada a outras experiencias de xestión e dinamización da biblioteca escolar que se poden atopar en Internet e das que podemos sacar conclusións de moito interese para o noso proxecto. Así, as actuacións por trimestres da biblioteca escolar atenderán ós seguintes aspectos: A organización, actualización e dinamización da xestión da biblioteca e a informatización dos seus fondos. Introdución do servizo de autoempréstito. 8


Fomento da lectura. Formación documental. Formación de usuarios. Educación documental. Dinamización cultural do centro e de toda a comunidade escolar. 7.1. Xestión técnica e organización O noso obxectivo será atender todos estes aspectos de xeito simultáneo, incidindo nuns ou noutros en función da dispoñibilidade de horario ou de circunstancias externas de difícil valoración no intre actual (como a dispoñibilidade de autores ou contacontos para este curso). A maior ou menor incidencia nun dos apartados tamén virá ditada pola repercusión da súa acción no funcionamento da biblioteca. Así, por exemplo, durante o primeiro trimestre concederáselle grande importancia á renovación do Equipo de Biblioteca para o ano académico 2011-2012 incluíndo novos/as mestres/as que se incorporan ao noso Centro, en substitución dos que se marchan neste curso e a que pretendemos que o Equipo de Biblioteca sexa integrado por un/ha mestre/a adscrito a cada ciclo (que servirá de enlace bibliotecas-ciclos), un membro do Equipo Directivo, e un mestre especialista; a posta en marcha do Proxecto lector do Centro; o cambio gradual de rexistro e catalogación ao Proxecto Meiga, e o remate do apartado de organización e automatización de volumes que queden pendentes de rexistrar, forrar... Un apartado moi importante na mellora da biblioteca escolar é a renovación dos fondos existentes coa chegada de novos títulos para as diferentes seccións. Aínda que a incorporación deses fondos será gradual e escalonada ao longo do curso, cómpre realizar un traballo de valoración das compras a comezos de curso e unha avaliación ao final de cada trimestre para considerar a idoneidade das compras realizadas, a recepción dos usuarios a eses títulos, e as conclusións que deben ser aplicadas no momento de decidir futuras compras a partir da experiencia previa. Tamén durante o primeiro trimestre se realizará un labor de información aos novos usuarios sobre os criterios de préstamo e as consecuencias da centralización dos recursos na biblioteca. Elaboraranse guías de información para o alumnado, pais/nais e mestres/as sobre as novidades no uso do espazo da biblioteca e informarase sobre os documentos de uso común coma o carné de lector/a, normas da biblioteca, etc, de xeito que gradualmente os novos usuarios do servizo se vaian acomodando a estes requirimentos. Tamén se procederá a formación dos novos bibliotecarios. Durante os primeiros meses, deberemos crear os carnés de usuario e rexistros individuais para incorporar ao alumnado que comece a escolarización no noso centro, así como tamén se revisarán os do resto dos/as alumnos/as, retirando os que se deran de baixa no colexio. Por outra banda, durante o curso académico debemos facer especial fincapé en promocionar a biblioteca dende as titorías, establecendo un horario fixo e permanente para o emprego desta instalación durante todo o ano, en estreita relación co proxecto lector do centro. Aínda que nas titorías neste momento funcionan habitualmente as bibliotecas de aula con libros cedidos ás titorías que o precisan, este servizo debe seguir potenciándose para seguir mantendo ese nivel e melloralo si é posible. Incidindo na centralización dos fondos, durante o segundo e terceiro trimestre (aínda que esta é unha tarefa que terá que ser abordada con continuidade), deberá producirse a catalogación dos fondos videográficos nos distintos formatos existentes (DVD, CD-ROM) así coma os mapas, diapositivas, fondos de consulta para o profesorado, etc.

9


Consideramos moi importante que estas tarefas (catalogación, informatización, guías de préstamo, guías para os bibliotecarios) sexan reforzadas para asentar modos de actuación e pautas de comportamento acordes coas novas prestacións da biblioteca. 7.2. Dinamización 7.2.1 Formación de usuarios Neste apartado pódense compartir moitas das experiencias e actividades plantexadas nalgúns dos puntos anteriores: Colaboración co Equipo de Normalización para a realización de actividades de lectura e escritura relacionada coas distintas celebracións do calendario (Letras Galegas, Entroido, etc.). Realización de encontros con autores, contacontos, animadores culturais, presentación de libros. Creación de materiais destinados ás familias: Revista escolar, o conto viaxeiro. Comezar co préstamo de títulos para as familias. Colaboración coas titorías mediante a planificación de actividades de investigación, tanto dos fondos físicos como virtuais (webquests, quizzes...). Colaboración coa biblioteca municipal do Porriño, considerando a posibilidade da celebración de actividades conxuntas. 7.2.2 Educación para o acceso á información Publicación e difusión de guías para a utilización da biblioteca escolar. Difusión dos criterios de préstamo. Investigación sobre fondos da biblioteca nas distintas áreas, aplicadas a traballos de aula. Elaboración de fichas sobre títulos lidos. Creación de protocolos de actuación para o uso de Internet. Buscadores e catálogos. Os distintos tipos de documentos. Manexo de información e distintas opcións de saída (almacenamento, impresión). Webquests, en colaboración co equipo de TICs. En colaboración co Departamento de Orientación realización de técnicas de estudio e de tratamento de documentación (suliñado, resumo, esquematización). 7.2.3. Fomento da lectura Tal e como se reflicte na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, a posta en funcionamento do Proxecto Lector do centro, fará que partindo dende a biblioteca e coa axuda das distintas titorías, (fundamentalmente, sen menosprezar en ningún momento o papel que desempeñen as especialidades), trataremos de marcar unhas directrices ou guías para establecer dentro do horario lectivo sesións para fomentar a lectura e que o alumnado progresivamente acceda a información (tanto a nivel impreso como empregando as novas tecnoloxías), e outros recursos que lle axuden nas distintas áreas e materias e que lle permita formar o seu uso crítico. Terase moi en conta a atención a diversidade, traballando a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, e fomentando o hábito da lectura dedicando un tempo diario a mesma, que nalgúns casos poderá ser levada a cabo nas instalacións da biblioteca.

10


As actividades de fomento da lectura, serán variadas e atenderán ao criterio de combinar o acto pracenteiro de ler coa noción de utilidade (ler como ferramenta indispensable da expresión e comunicación escrita). As actividades desenvolvidas para cada trimestre serán as que seguen, sen prexuízo de que xurdan outras durante a dinámica do proceso: Sesións de animación á lectura, coa realización de actividades de lectura colectiva e individual, particularmente fomentando a creación de espazos diferenciados que permitan a lectura nun ambiente informal e cómodo. Recomendación de libros trimestrais. Nalgúns casos, o propio alumnado exercerá de crítico literario suxerindo eles/as títulos de especial interese. Fomento do préstamo de libros a alumnos/as, pais/nais e mestres/as. Coa incentivación dos primeiros establecendo premios aos mellores lectores e máis activos usuarios da biblioteca escolar. En colaboración co Departamento de Orientación elaboraranse sesións e prácticas de técnicas de estudio (subliñado, resumos, esquematización, mapas de ideas, etc.) que tamén poden ser considerados para o apartado de formación de usuarios. Obradoiro de contos, englobado nas actividades realizados dende hai varios anos, e pensado para que os máis pequenos se vaian aficionando á lectura e escrituras creativas. Presentación de libros e contacto co seu autor, con actividades de preparación para o encontro, traballando sobre o autor e a súa obra e tendo a experiencia dun contacto persoal para coñecer o seu xeito de traballar. Elaboraranse guías de lectura e orientacións para o aproveitamento dos textos. Actividades de contacontos, a partir de temas ou libros tratados. Contactarase coas editoriais, co gallo de poder seleccionar a mellor distribución ó longo dos tres trimestres dos distintos invitados. Concursos de redacción, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, con tema dado, premios e publicación na Revista Escolar. Actividade do conto viaxeiro, de creación colectiva e interclase. Actividade da mochila viaxeira en colaboración co Equipo de Normalización Lingüíistica para fomentar a lectura e o uso do galego no alumnado e nas familias. Creación dun club de lectura durante os recreos, mediante a participación semanal dos usuarios da biblioteca, no que terán que falar dos libros que están a ler, o seu contido e a opinión que lles merece. Fomento das bibliotecas de aula, mediante préstamos de coleccións de xeito temporal para uso das titorías. Préstamo de infantil, enviando un libro cada fin de semana para cada neno de E. Infantil. Escritura e lectura creativas: Creación de contos a partires do título dun libro e da ilustración da portada. Extensión do horario de apertura ás tardes para permitir o seu uso ás familias da nosa comunidade educativa. A tal efecto contactarase coa ANPA para fomentar a súa participación. 7.2.4. Compensación de desigualdades sociais Aínda que neste momento no noso Centro non temos detectado alumnado que precise unhas actuacións específicas neste apartado, si que estaremos moi atentos a calquera problemática que poida xurdir, axudando dentro das competencias deste servizo, a tratar de subsanar posibles situacións de desigualdade, en colaboración cos

11


organismos educativos ou de calquera outra índole que incidan de xeito positivo na superación da problemática que se poida presentar.

8.- Horario previsto A biblioteca estará aberta todos os días, en horario lectivo, e baixo a atenta supervisión dun adulto de referencia (titor/a, equipo de biblioteca, encargado da biblioteca...) sempre que a dispoñibilidade horaria do profesorado e as necesidades do servizo do centro así o permitan. Quedará ó cargo, segundo o horario marcado, de todos os/as mestres/as. Durante o período de permanencia na biblioteca ocuparanse de atender aos usuarios ou ben realizae as tarefas de xestión necesarias: catalogación, ordenación, forrado, etc. No referente á dispoñibilidade horaria do profesorado que forme parte do Equipo de Biblioteca a previsión, (coa provisionalidade coa que se pode plantexar esta cuestión a estas alturas de curso e á espera das inevitables modificacións do comezo do próximo), é que o encargado da biblioteca teña un horario de dúas horas exclusivas para o seu traballo na biblioteca e exento de substitucións agás casos de forza maior. Os restantes membros non disporán de horas fixas debido a supresión das horas complementarias. Durante a realización das actividades extraescolares de tarde a biblioteca seguirá aberta, como ata agora e seguirá sendo atendida polo mestre de representación oficial no centro.

9.- Criterios e procedementos de avaliación Os criterios de avaliación virán marcados polos obxectivos definidos no plan de comezo de curso que se insire na PXA. Corresponderalle ao coordinador da biblioteca, xunto co equipo de apoio, presentar ese proxecto ao Claustro e Consello Escolar, atendendo ás suxestións de mellora que neses órganos lle sexan formuladas. Do mesmo xeito o coordinador deberá expoñer ante eles os resultados da xestión da biblioteca e dar a coñecer as futuras liñas de actuación, incluíndo na súa exposición os aspectos susceptibles de ser rectificados e as melloras de necesaria aplicación. Durante o curso os obxectivos trimestrais serán revisados para verificar a súa adecuación ao proxecto e á situación real da biblioteca, introducindo as modificacións axeitadas. No final de curso o coordinador presentará unha memoria na que se detallarán as valoracións sobre as actuacións realizadas e se recollerán as propostas de modificación para seren incluídas na proposta do curso seguinte. Do mesmo xeito, o coordinador elaborará, en colaboración co equipo de apoio da biblioteca escolar, unha enquisa sobre o uso deste espazo que será transmitido aos membros do claustro para a súa cumprimentación. Na dita enquisa valorarase a opinión do profesorado sobre o servizo prestado pola biblioteca, sobre o seu propio aproveitamento dela e incluirase un apartado para suxestións e melloras. Trala enquisa realizarase unha posta en común para comentar e valorar as opinións do profesorado e destacar liñas de actuación, aspectos que corrixir ou pautas que reforzar para, en definitiva, impulsar o mellor funcionamento da biblioteca escolar do centro.

12


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.