Boletín do Ceesg nº 125

Page 1

BoletĂ­n do Ceesg


Boletín do Ceesg Nº 125 - febreiro - marzo - abril 2019 Neste boletín: Tema destacado: Asemblea do Ceesg 2019. Laura Vilaboy Romero. CGCEES:  O CGCEES formará parte do Comité das Profesións do sector sanitario e social.  Asemblea Xeral do CGCEES, no seu 12º aniversario.  Xuntanzas e relacións institucionais.  Acordo entre CGCEES e UGT.  Comunicado en reposta ás peticións da formación política VOX ante o parlamento andaluz.  Día Internacional das Mulleres. Folga feminista. Comunicado.  Próximo número da Revista RES. Actualidade:  Lección xitana.  Un pequeno gran libro sobre o horror cotián das rendas condicionadas para pobres. Rodri Gil.  Comunicado sobre a situación do Ceesg coa Consellería de Política Social.  Nota informativa sobre o IRPF.  Presentación do libro La educación es política na Universidade de A Coruña, 5 feb. 2019. Paula Varela Costa.  VI Premio Internacional en Educación Social Joaquim Grau i Fuster. Grupos de traballo:  Animación Sociocultural e Xestión Cultural: novo grupo de traballo do Ceesg.  Artigo da Eira do Ceesg na revista RES. Formación:  Renda Básica: o novo dereito social necesario. Natalia Domínguez Galán.  Obradoiros sobre cultura menstrual. Aprazamento.  Resultado da convocatoria de proxectos de formación.  Plan formación Ceesg 2019.

2


Emprego Para ler e reflexionar: Naranja Imaginario. (Roberto Casteleiro) Actuaciรณns Documentos profesionalizadores Avisos

3


XUNTA DE GOBERNO 2018 - 2022

Laura Vilaboy Romero Presidenta Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

Natalia Domínguez Galán Vicepresidenta Área de Desenvolvemento Profesional e Área de Acción Profesional Colexiada nº 0398

Rocío Núñez Rúa Secretaria Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3867

Beatriz Caneda Zamar Tesoureira Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Yovana Miñán Castellanos Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 4970

Laura Casal Figueroa Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0110

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Mercedes González Pazos Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3994

Noelia Rodríguez Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación Colexial Colexiada nº 3408

Sonia González Rodríguez Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3402

Paula Varela Costa Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3680 4


5


Asemblea Ceesg 2019

TEMA DESTACADO

A Asemblea do Ceesg deste 2019 desenvolvida en Vigo trae consigo unha chea de novos retos e traballo para este ano. Tras os resultados da memoria do 2018 e Plan de Traballo da Xunta de Goberno e Grupos de Traballo 2019, o traballo do colexio seguirá unha liña de continuidade loitando pola profesión, dando visibilidade á nosa figura profesional e reivindicando os espazos nos que debemos estar presentes.

Laura Vilaboy Romero Presidenta do Ceesg Colexiada nº 3873

Un dos datos positivos salientables que se sinalou nesta asemblea foi o incremento da colexiación no ano 2018 en 63 persoas, ascendendo a 31 de decembro de 2018 a 878 colexiadas/os. Un punto destacado na orde do día da Asemblea foi a presentación do Informe SocioEducativo (ISE), a cargo do grupo de traballo aBeira. Gran labor a deste grupo que deseñou unha ferramenta profesional de utilidade para o traballo das e dos profesionais de educación social, non só do ámbito dos servizos sociais comunitarios senón de calquera outro no que desenvolvamos o noso labor. Tamén destacamos que a participación colexial é importantísima para que todas as persoas colexiadas se sintan partícipes e saiban do que acontece no seu colexio profesional, onde todas e todos “remamos” na mesma dirección. Iso é a loita polo recoñecemento profesional e polo dereito á cidadanía da nosa figura nos diferentes ámbitos nos encaixa o noso perfil. As persoas que formamos parte da Xunta de Goberno actual cremos que é bo que as persoas colexiadas, amigas do Ceesg, alumnado… coñezan o que se fai no Ceesg, que formamos parte do Consello Xeral de Colexios de 6


Educadoras e Educadores Sociais a nivel estatal, que existen grupos de traballo nos que se pode participar e que fan un labor por ámbitos moi valioso, que realizamos formacións e xornadas ás que invitamos á todas as persoas que se queiran achegar… E por suposto, convidamos a unirse a facer máis forza para que a nosa profesión teña o seu recoñecemento e valoración, que obteñamos a categoría profesional que nos corresponde, que se nos inclúa nas RPT e se nos teña en conta nos equipos interprofesionais. En pouco menos dun ano volveremos vernos na seguinte Asemblea, mentres tanto continuamos traballando a prol da Educación Social.

7


CGCEES

O CGCEES formará parte do Comité das Profesións do sector sanitario e social O Boletín Oficial do Estado (BOE), na súa edición do 6 de febreiro de 2019, publica a "Orde SCB/93/2019, do 4 de febreiro, pola que se crea o Comité das profesións do sector sanitario e social", que no artigo 3, Composición, inclúe ao Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES). Este comité terá as funcións de asesorar e formular propostas sobre materias que resulten de especial interese para o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e, en calquera caso, sobre os proxectos normativos con rango de lei impulsados por este; coñecer os Plans Integrais, as disposicións ou acordos de diferentes órganos que afecten directamente a materias relacionadas coas profesións do sector sanitario e social, e informar os proxectos normativos que afecten a principios básicos da política de recursos humanos e que afecten as profesións do sector sanitario e social. O Pleno do Comité reunirase como mínimo dúas veces ao ano.

8


Asemblea xeral do CGCEES, no seu 12º aniversario Os días 9 e 10 de febreiro tivo lugar en Madrid a Asemblea Xeral Ordinaria do CGCEES, máximo órgano colexiado e está integrado pola totalidade de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais do Estado. Ademais da presentación das memorias e plans de traballo anuais, analizouse o estado da Educación Social e das/os profesionais, así como dos futuros retos da profesión. Traballáronse as emendas presentadas polos diferentes territorios ao Regulamento de Réxime Interior (RRI); expúxose o estado dos estatutos definitivos, xestión do portelo único, aplicación da nova normativa de protección de datos, situación dos colexios autonómicos...

Coincidiu esta xornada de traballo coa celebración dos 12 anos de existencia do consello, que se presentou publicamente en Lugo tamén un 9 de febreiro, no ano 2007. Momento para felicitar a toda a profesión polo camiño percorrido e animar a seguir construíndo, vertebrando, defendendo, facendo viable esta profesión.

9


Xuntanzas e relacións institucionais. Nas últimas semanas, a axenda do CGCEES incluíu varias xuntanzas, entre as que destacan:

Reunión entre os Consellos de Educación Social e de Psicoloxía Representantes do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) e do Consello da Psicoloxía (COP) reuníronse para analizar conxuntamente a situación das profesións da intervención Social. Seguirase mantendo contacto e xuntanzas entre ambas entidades.

Encontro coa Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS) Lourdes Menacho, Presidenta do CGCEES e Mª Victoria Pérez Gómez de Puya, nova Presidenta da SIPS mantiveron un encontro no que revisaron o convenio existente entre ambas entidades, así como a participación e difusión dos Congresos que se organicen, entre os máis próximos o Congreso da SIPS en Barcelona, o vindeiro mes de novembro, e o VIII Congreso de Educación Social 10


en Zaragoza, en abril del 2020. Ambas entidades comparten o obxectivo da posta en valor da educación social e a pedagoxía social, así como a necesidade de impulsar a investigación.

Reunión coa Ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Transmitíuselle a preocupación pola situación da nosa profesión e a necesidade de regulación das profesións da intervención Social. Manifestouse que existe un elevado intrusismo e unha precarización laboral, ademais de externalización e privatización dos servizos, así como que a infracontratación para aforrar custes minguan a calidade de intervención socioeducativa. Púxose de manifesto igualmente a preocupación pola situación dos dispositivos de emerxencias aos menores migrantes sen referentes familiares, que deben cumprir coa normativa recollida na Lei del Protección á Infancia e á Adolescencia. A Ministra amosou interese na necesidade de profesionalizar a intervención dada a complexidade da problemática da atención a persoas menores de idade.

11


Acordo entre CGCEES e UGT FeSP-UXT e o CGCEES asinaron un acordo en virtude do cal traballarán conxuntamente para regular a educación social e conseguir intervencións socioeducativas profesionais e de calidade en todo o ámbito estatal. Ambas partes consideran necesario afrontar con decisión e garantías a regularización da profesión para establecer de maneira definitiva as súas condicións laborais, tarefas, funcións e formación académica. As dúas organizacións consideran necesario establecer mecanismos para que quen desempeña actualmente o seu labor profesional neste ámbito e teñan unha antigüidade igual ou superior a dous anos manteñan os seus postos de traballo –como categoría a extinguir- coas mesmas funcións e retribucións salariais ata que cumpran os requisitos académicos para ser reclasificados á categoría de Educador/a Social. Ao tempo, as novas contratacións deberían realizarse baixo a categoría de Educador/a Social, co requisito de ser diplomados/as, graduados/as en Educación Social ou habilitados/as colexiados/as por calquera dos colexios profesionais de educadoras e educadores sociais do Estado. O acordo tamén contempla, entre outras medidas, o apoio á creación dunha lei do dereito á Educación Social, garantía dunhas intervencións socioeducativas de calidade, que redunde na súa efectividade e no impacto nos/as usuarios/ as, e evite o intrusismo profesional e a precarización do colectivo. 12


Comunicado en reposta ás peticións da formación política VOX ante o parlamento andaluz "Os Colexios Profesionais, como corporacións de dereito público, defenden o libre exercicio das/os profesionais e dos dereitos das/os usuarias/os e consumidoras/es, entre as que están as persoas afectadas por violencia machista, cuxa existencia e identidade reflíctese na longa lista de mulleres maltratadas e asasinadas. As medidas legais e xurídicas presentadas ante o parlamento andaluz pola formación política VOX, instando a que "o Goberno da comunidade entregue a lista, con nomes e apelidos, de todos/as os traballadores e traballadoras da Unidades de Valoración Integral de Violencia de Xénero" (empregados/as en equipos piscosociais dos Xulgados de Familia e de Menores que avalían o risco das vítimas da violencia machista) non buscan outro obxectivo que o de trasladar a presión que o de trasladar a presión sobre estes/as funcionarios/as como método de coacción e con iso poñer en dúbida a propia existencia da violencia machista. Desde o Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais manifestamos o noso máis absoluto rexeitamento á medida proposta, polo cuestionamento profesional que se pretende realizar das/os traballadoras/es afectadas/os, ademais do ataque á integridade das vítimas de violencia machista, o que repercute no recorte dos dereitos fundamentais das persoas. Por iso instamos á Xunta de Andalucía a que non tome en consideración a petición presentada e siga garantindo a confidencialidade e a profesionalidade do traballo realizado, a custodia da identidade das vítimas e as medidas de protección cara a elas". 13


Día Internacional das Mulleres. Folga feminista. Comunicado O CGCEES adheriuse á folga feminista do 8 de marzo, suspendendo a súa axenda institucional nesa data. Tamén con motivo deste día, creou o hashtag #EdusoESFeminismo para visibilizar nas redes sociais, especialmente en twitter, as achegas da Educación Social nesta materia. Así mesmo, emitiu o seguinte comunicado: O 8 de marzo de 2018 levouse a cabo a primeira folga feminista internacional poñendo o foco de atención sobre os traballos produtivos e reprodutivos que as mulleres desenvolvemos. Desde Brasil, Arxentina, Estados Unidos ou Turquía, pasando polo noso país, as mulleres marchamos xuntas para defender os nosos dereitos. As nosas demandas seguen presentes e vixentes, de aí a necesidade de loitar fronte ás forzas patriarcais máis reaccionarias que se activan coa intención de manter o statu quo nas relacións de poder entre os xéneros. Estamos preparadas, do mesmo xeito que en 2018, para encher as prazas de pobos e cidades cos nosos corpos e as nosas voces, todas xuntas, sempre. Todas estamos chamadas á folga o 8 de marzo para romper os privilexios que derivan dunha sociedade patriarcal, capitalista, racista e heteronormativa. Formamos parte dun movemento interseccional marcado polas desigualdades e precariedades de diversas formas, pero cun único obxectivo, que sigamos sendo, como advertía Simone de Beauvoir, o segundo sexo. A folga é de e para todas, incluídas as que ese día non poidan estar! 14


Desde o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), ante este escenario, MANIFESTAMOS: 1.

Que as mulleres somos libres no uso dos nosos dereitos, coñecéndoos e practicándoos en igualdade de condicións e desde unha visión do mundo máis solidaria, ecolóxica e económica.

2.

Que a Educación Social ten un papel clave nos cambios, xa que traballamos para un desenvolvemento integral das persoas, libres de prexuízos e de estereotipos lastrados do pasado.

3.

Que traballaremos, desde a perspectiva de xénero, en todos os nosos ámbitos de actuación, xa que é a vía para concienciarnos do problema, comprobar a gravidade do mesmo e actuar en consecuencia.

4.

Que somos NÓS quen DEBEMOS construír modelos de poder, onde as actitudes que prevalezan sexan a cooperación e a solidariedade, sen necesidade de esgotarnos no intento, por vivir escenas agresivas e competitivas, valorando os aspectos cotiáns do coidado.

5.

Que esiximos o cumprimento e aplicación das medidas de igualdade efectiva por parte dos organismos públicos, servindo á súa vez de exemplo á cidadanía.

6.

Que rexeitamos as reformas e as políticas sociais, económicas e laborais que supoñen un retroceso nas nosas conquistas e nos nosos dereitos (recortes e privatización de servizos públicos como a educación, os servizos sociais e a sanidade), veñan de onde veñan e sexan do tipo que sexan, e defenderemos a nosa integridade e o dereito a un traballo digno por enriba de todo.

7.

Que expresamos o noso apoio á convocatoria de folga xeral das 15


mulleres e sumámonos a aqueles movementos feministas e de entidades sociais, secundando e acudindo ás mobilizacións previstas por todo o Estado e invitamos a sumarse a todas as mulleres. O 8 de marzo de 2019 volveremos facer historia. Pararemos os traballos de coidados e domésticos, o consumo, os nosos empregos e os estudos: pararemos o mundo! Porque se nós paramos, a vida para. Sen nós o mundo non produce nin se reproduce. Vémonos nas prazas! #EdusoESFeminismo Febrero de 2019

Dende o Ceesg, sumámonos á folga feminista do 8 de marzo e asistimos ás mobilizacións organizadas.

16


Adhesión ao manifiesto: Onde están elas? O CGCEES adheriuse ao manifiesto Onde están elas?, unha iniciativa do Parlamento Europeo que constitúe un compromiso institucional para aumentar a visibilidade das mulleres en conferencias e debates. Máis información

Lourdes Menacho, presidenta do CGCEES, no momento da sinatura

17


Próximo número da Revista RES. O número 29, que se publicará entre xullo e decembro de 2019, centrarase na temática “La Educación Social en la segunda generación de leyes de servicios sociales”. Posibilitaranos tomarlle o pulso á Educación Social nos recursos dos servizos sociais básicos, desde a configuración que está adquirindo a nosa ubicación na segunda xeración das leis que ordenan ese ámbito. Poderemos facer unha fotografía da realidade de como se foi consolidando a nosa presencia, a nosa incorporación aos diferentes equipos, etc. E non só desde o profesional, senón desde o discurso e a elaboración teórica na que se sustentan esas novas accións e os nosos encargos. Recordamos que tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, que recolle outras temáticas distintas á que se dedica o monográfico. Poden enviarse as propostas antes do 15 de xuño de 2019. Información detallada sobre o envío de artigos e criterios de publicación na web da revista: www.eduso.net/res.

18


ACTUALIDADE

Día Internacional do Pobo Xitano. Lección Xitana. O día 9 de Abril, con motivo da celebración do Día Internacional do Pobo Xitano o día 8 do mesmo mes, levouse a cabo unha charla no Salón de Graos

PIC

da Facultade de Ciencias da Educación. Esta data é elixida pola celebración en Londres do Primeiro Congreso Mundial Romaní/Xitano no ano 1971, no cal se instituíron a bandeira e o himno. A charla foi organizada polas rapazas desta mesma Facultade que forman parte do PIC -Punto de Información Colexial - do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg).

Alba Bautista Caperán Mª Cristina Cernadas Suárez Alba Fernández Blanco Marta Gil Paramos Bibiana Gómez Maceiras

Esta charla non se podería ter levado a cabo sen a participación de dous membros da Fundación Secretariado Xitano. Por unha banda, David Gabarri, estudante de primeiro curso de Educación Social e Paula Cabarcos, ducadora social que tras realizar as prácticas na Fundación, pasou a formar parte dela.

Dinamizadoras do PIC A Coruña

David e Paula presentáronnos a Lección Xitana, unha campaña de sensibilización da Fundación Secretariado Xitano cuxo obxectivo é dar a coñecer unha historia de persecución e sufrimento, pero tamén de superación e resistencia. Faláronnos tamén de persoas xitanas que xogaron un papel ou realizaron unha acción ou tarefa importante, como é o caso de Juan de Dios, un eurodeputado que participou na redacción da Constitución do 1973 e de outras moitas historias que non adoitan saír nos libros de 19


texto, como a intención do Rei Fernando VI de expulsar á poboación xitana de España coa Pragmática Sanción, recollida na Lei de 1783. David e Paula facilitaron e promoveron a participación por parte das persoas que asistiron á charla mediante preguntas sobre as que tiñan algunha dúbida. Tamén se fixo alusión á bandeira, a cal está composta por varios elementos. Por un lado a parte superior o azul e a inferior verde, representando o ceo e o campo, e unha roda vermella na parte central que simboliza o viaxe deste pobo dende a India, o seu país de orixe, a pesar de que está moi xeneralizada a idea de que proveñen de países do este de Europa, como por exemplo Rumanía. Por outra banda, non podemos esquecer o himno, titulado “Gelem, gelem”, que se traduce como ‘andiven, andiven’, que lembra ás vítimas do Holocausto, pois outro dos datos non moi coñecido a nivel popular é a gran persecución e exterminio que sufriron os xitanos e xitanas durante os escuros anos do nazismo. É moita a importancia que ten levar a cabo charlas deste tipo na Universidade xa que fomenta a visibilidade, neste caso, de colectivos que durante moito tempo foron estigmatizados e excluídos en diferentes ámbitos da estrutura social. A poboación xitana é un colectivo co que convivimos moi de preto e, porén, é unha cultura que case non coñecemos e sobre a que existen unha gran cantidade de prexuízos e estereotipos. Por iso, grazas a charlas 20


informativas coma esta, prodúcese un achegamento entre culturas e unha oportunidade idónea para coñecerse e desmontar eses prexuízos e estereotipos que son, ao final, o pretexto que mantén a separación entre culturas.

21


Un pequeno gran libro sobre o horror cotián das rendas condicionadas para pobres Poucas veces un libro removérame tanto por dentro. Supoño que cando un viviu de certa maneira o que o relato mostra, o natural é que o hipocampo comece a funcionar e conforme avanzamos na lectura, escarbemos nas nosas lembranzas máis dolorosas.

Rodri Gil Colectivo Renda Básica A Coruña Estudante de Educación Social

Silencio administrativo. La pobreza en el labirinto burocrático (Anagrama) é o libro máis recente de Sara Mesa (Madrid, 1976). É unha das autoras de narrativa que con máis forza irrompeu no panorama literario, e os seus títulos Cicatriz (2015) e Cara de Pan (2018), ambos editados por Anagrama, foron éxitos de crítica e vendas. Na nota inicial desta obra, a autora fai un repaso moi rápido sobre os datos de pobreza no Reino de España. Á súa vez, dá nome a este drama social introducíndonos no termo aporofobia, acuñado por Adela Cortina fai xa dezanove anos. Foi unha sorpresa moi grata para min descubrir que Sara Mesa é defensora da Renda Básica, xa que nesta nota inicial fai referencia a esta idea e a algúns dos autores máis relevantes sobre este tema, como Daniel Raventós, Philippe van Parijs ou Guy Standing. Neste libro atoparemos a historia de Carmen, unha muller sen fogar e enferma que malvive mendigando nas rúas de Sevilla. Beatriz, unha muller que no seu camiño ao traballo pasa todos os días diante de Carmen, un día repara nela. Como pode ser que esta muller estea a pasar todo tipo de calamidades, se existen uns servizos sociais que velan polas persoas sen recursos? A partir dese momento, Beatriz tenta axudar a Carmen a acceder á Renda Mínima de Inserción Social da Junta de Andalucía, unha axuda para persoas con baixos 22


recursos que oscila entre os 420 e os 780 ao mes, en función dos membros que compoñan a unidade familiar. Carmen, debido ás súas experiencias anteriores cos servizos sociais, mostra a súa incredulidade ante a posibilidade de que a Administración lle vaia a sacar da súa situación. En cambio, Beatriz amósase esperanzada xa que o goberno andaluz fixo gala de que esta “renda para pobres” chegará a 42.000 familias andaluzas. Durante o relato iremos vendo como se van chocando unha e outra vez coas paredes do labirinto burocrático. A medida que se van atopando cos obstáculos para acceder a esta renda condicionada, a autora expón que a excesiva burocratización e os requisitos absurdos para acceder a este subsidio levan a que as súas potenciais perceptoras non se atopen en risco de exclusión, senón que se atopen excluídas desde un primeiro momento ao non cumprir os requisitos. Mesa fai fincapé nos “namentres”, os longos períodos que suceden desde o primeiro contacto con servizos sociais ata que finalmente recibes (se é que a recibes) a axuda. Eu vivín nas miñas propias carnes os “namentres”, e non me entra na cabeza que a unha persoa nun despacho da administración de turno parézalle que alguén poida estar sen ningún tipo de sustento económico durante seis ou sete meses. E como isto, moitos exemplos que nos atoparemos neste libro. Por exemplo, un requisito para cobrar calquera axuda deste estilo é o empadroamento no municipio. Cando es unha persoa sen fogar e enferma, acceder ao padrón pode non ser posible. Se non estás no padrón, non existes para a Administración, e por tanto, non tes dereito a nada. Como expresa a autora, para solicitar a axuda hai que ser pobre, pero non tanto. Este é só un exemplo do que nos podemos atopar neste marabilloso relato, cheo de realidade que ás veces nos golpea na cara para facernos ver que estamos a vivir nun sistema que non garante unha existencia digna. 23


A través de libros como este, fáciles de ler e cunha carga emocional significativa, quen defenda un sistema de protección social diferente, no que a Renda Básica Incondicional proporcione unha rede de seguridade que millóns de persoas neste país perderon, poderemos chegar ao público xeral. A pobreza está invisibilizada, e temos que facer que salga ao debate público. Que a xente do común poida ver cos seus ollos o resultado do fracaso dun Estado do benestar mermado e desigual no que o único que crece é a aporofobia. Segundo indica a autora, esquecemos que a orixe da pobreza é a desigualdade. Nos compadecemos ao ver os síntomas da enfermidade, pero preferimos ignorar o diagnóstico. Sen ningunha dúbida, Sara Mesa soubo identificar e plasmar nun libro a tolemia do labirinto burocrático, relatando con claridade, sinxeleza e sinceridade como as rendas condicionadas teñen demostrado sobradamente a súa ineficacia na loita contra a pobreza. Silencio Administrativo é un pequeno gran libro sobre o horror cotián das rendas condicionadas para pobres.

Fonte: http://www.sinpermiso.info/textos/un-pequeno-gran-libro-sobre-elhorror-cotidiano-de-las-rentas-condicionadas-para-pobres

24


Comunicado sobre a situación do Ceesg coa Consellería de Política Social O Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (Ceesg), que agrupa a profesionais da Educación Social galegas/os, quere facer público o seguinte COMUNICADO en relación coa nosa situación actual coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e as Convocatorias de Educador/a das OPE de 2017 e de 2018 que se están a negociar. 1º.- Manifestamos a nosa indignación ante o feito de que temos solicitado cita coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en outubro de 2018, téndose reiterado a petición no pasado mes de marzo, e continuamos esperando a ser recibidas. Tanto a actual titular da Consellería como o anterior, tras meses de espera, delegan a atención ao noso colexio en algunha Dirección Xeral. 2º.- Lamentamos que se están a negociar as Bases dos procedementos selectivos de Educador/a das OPE de 2017 e de 2018 da Xunta de Galicia, que nos afectan directamente, ao haber prazas de Educadoras/ es de novo ingreso, sen contar co Ceesg como entidade interlocutora a ter en conta. É inadmisible que non se nos escoite. 3º.- Na mesma liña, lembramos que a falta de resposta por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vai cronificar a nosa situación na Administración autonómica. 4º.- Denunciamos a situación de vulnerabilidade dos dereitos e deberes das profesionais da Educación Social na administración pública.

25


5º.- Reclamamos que se cree unha especialidade, dentro da Escala de Técnicos Facultativos dos Servizos Sociais na Lei de Emprego Público de Galicia, coa denominación de “Educador/a Social”, que sirva de exemplo para as demais administracións públicas. 6º.- Recordamos que no ámbito laboral privado, o III Convenio Colectivo Estatal de Reforma xuvenil e Protección de menores ten avanzado moito máis que a propia administración pública galega no recoñecemento á profesión de Educación Social. E aínda así, as contratacións públicas para a xestión deste tipo de centros/recursos que ten convocado a Consellería non se axustan a esta disposición. 7º.- Recordamos que en Galicia hai máis de 4.200 tituladas e titulados en Educación Social, que ven cada día como a formación na que investiron o seu tempo e os seus cartos non ten un recoñecemento parello. Recordamos tamén que a titulación universitaria de Educación Social naceu da necesidade de formar profesionais que desenvolverían o seu papel en eidos para os que non existían titulacións idóneas, pero que a administración pública, case 30 anos despois de crearse a titulación, continúa sen darlle o valor que merece, é dicir, o mesmo valor que se lle dá a outras profesións que teñen a súa especialidade propia e exclusiva. 8º.- Anunciamos mobilizacións ata ser recibidas pola Consellería de Política Social. O Ceesg non busca a exclusividade en todos os ámbitos onde temos demostrado garantías de bo traballo e compromiso coas persoas usuarias/ cidadanía, senón que queremos e defendemos un recoñecemento naqueles campos onde se fai indispensable o noso labor de atención ás necesidades e a pertinencia da acción socioeducativa, cos menores vulnerables en especial. 26


Nota informativa sobre o IRPF Un ano máis chega o tempo de facer a Declaración da Renda e moitas colexiadas e colexiados nos solicitades unha Certificación de Cotas Colexiais do pasado exercicio. No caso de traballar por conta allea, as cotas de colexios profesionais serán deducibles cando a colexiación sexa obrigatoria (artigo 19 da LIRPF), e esta serao cando así o estableza unha lei estatal (artigo 3.2 da Lei 2/1974). Lamentablemente, no caso da Educación Social non se dispón dunha reserva de actividade por Lei estatal. A Educación Social aínda non conta cunha Lei de rango estatal que recolla esta obriga, motivo polo que neste caso non deberían incluírse as cotas colexiais do Ceesg na declaración. No caso de traballar por conta propia, as cotas de colexios profesionais, imputaranse para o cálculo do rendemento neto da súa actividade, como gasto fiscalmente deducible sen límite de importe. Neste caso, non se especifica que as cotas colexiais sexan obrigatorias, só que poidan considerarse afectas á actividade económica. Os requisitos e condicións que con carácter xeral deben cumprir os gastos para ter a consideración fiscal de deducibles son os seguintes:   

 

Deben estar vinculados á actividade económica desenvolvida. É dicir, que sexan propios da Educación Social. Deben atoparse debidamente xustificados. Deben rexistrase na contabilidade ou nos libros-rexistro que con carácter obrigatorio deban levar as/os contribuíntes que desenvolven actividades económicas. Deben imputarse ao exercicio no que se devengaron. Deben estar correlacionados coa obtención de ingresos. 27


Finalmente, lembrarche a necesidade de comprobar que todos os datos sexan correctos, xa que a/o única/o responsable da Declaración da Renda é a persoa contribuínte, nunca a Axencia Tributaria.

28


Presentación do libro La educación es política na Universidade de A Coruña, 5 feb. 2019. Con motivo da presentación do libro ‘La educación es política’ de Jaume Carbonell1, celebráronse unhas mesas redondas nos campus galegos de Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol, acudindo a educadora social Paula Varela á presente. Compartiu as experiencias arredor da lectura da obra con Carlos Vales (CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), Mariló Candedo (profesora da UDC) e o mesmo autor.

Paula Varela Costa Vogal do Ceesg Colexiada nº 3680

O libro presentado trátase dun ensaio sobre a relación entre o concepto de educación e o de política analizada dende a reflexión pedagóxica, na primeira parte, e dende o exemplo que presentan situacións de actualidade, na segunda. Unha lectura moi recomendable tanto para a formación do criterio socioeducativo no estudantado como para a reflexión sobra a acción no exercicio da nosa profesión. A experiencia relatada pola educadora social versou sobre os puntos de intersección entre as reflexións que conten a obra e a súa experiencia profesional en Cataluña e en Galicia. Algunhas notas a xeito de resumo da intervención: O feito de aprender educación social en Galicia e poder experimentala en Cataluña foi o desenvolvemento dunha visión paradigmática complementaria: a primeira, de natureza sociocrítica e a segunda, 1

Jaume Carbonell Sebarroja é pedagogo, xornalista e sociólogo. Foi director de Cuadernos de Pedagogía ata súa xubilación. Escribe e forma parte do consello editorial do Diari de l’Educació y do Diario de la Educación, onde mantén un blog semanal. É profesor colaborador da Universitat de Vic. É autor dunha ducia de libros, o último deles Pedagogías del siglo XXI.

29


hermenéutica. O crisol de culturas que é Barcelona é unha fiestra ao mundo enteiro. Chegar a Barcelona tralo desastre do Prestige foi aterrar noutro mundo, saír a manifestarse onde se podía dar voz ás bocas acaladas na terra de orixe. Coñecer así moita xente, coa que atopármonos foi vivir o activismo na cultura de acollida, imbuírse nel. Xeramos identidade como galegas e amizade como criterio. A obra, achega unha lectura sistémica dos factores sociais dos atentados de Barcelona e Cambrills, na que todos os compoñentes educativos teñen protagonismo. Sobre a repercusión en outros territorios do tratamento mediático sobre todo o relacionado co “Procés”, sinalar que é a cultura globalizada dos medios de masas a que exerce presión nas sociedades destinada a provocar dualidades: “ser follower vs ser hater”. A mediación e a paz non cotiza en bolsa, é a guerra a que sae rendible. Provocar división fomentando a ignorancia é o que leva a pelexar. Ao final de intervención agradeceuse ao autor ter traído por Galicia o camiño percorrido no libro. E rematouse cun apunte persoal para fomentar a reflexión no público: Educámonos en Galicia e despois marchamos fóra... e os axentes políticos quérennos facer ver que iso é lóxico!? O lóxico sería poder escoller onde se quere vivir a saúde, o traballo e o amor.

30


VI Premio Internacional en Educación Social Joaquim Grau i Fuster. Reflexión sobre a práctica educativa Este premio organízase como homenaxe ao educador social Joaquim Grau i Fuster, e tamén aos cidadáns e cidadás que coma el axudan a facer nosas cidades máis abertas, máis hospitalarias e respectuosas coas persoas que as habitan, e a aquelas e aqueles profesionais que traballan no campo da Educación social e que achegan, dende a reflexión, novas maneiras de entender e de exercer a profesión. O certame pretende promover a reflexión escrita sobre a práctica profesional no como da educación social coa infancia, adolescencia e xuventude, afondando nos efectos educativos resultantes da acción profesional. A dotación do premio é de 6.000 euros. Poden presentarse os traballos ata o 31 de agosto de 2019. Máis información

31


GRUPOS DE TRABALLO

Novo grupo de traballo do Ceesg Recentemente aprobouse a creación dun novo grupo de traballo no Ceesg, sobre Animación Sociocultural e Xestión cultural. O grupo créase pola iniciativa dun grupo de colexiadas e colexiados cunha traxectoria profesional vinculada a este ámbito, e prevé xa a incorporación de varias estudantes de Educación Social amigas e amigos do Ceesg. Os obxectivos que se formula o grupo de traballo son: 

Promover a reflexión sobre o perfil profesional do Educador/a Social no sector da cultura.

Visibilizar a animación sociocultural e a xestión cultural como ámbito propio da Educación Social.

Repensar o papel da animación sociocultural e da xestión cultural no marco das políticas culturais en Galicia.

Definir os perfís profesionais presentes no ámbito da animación sociocultural e xestión cultural.

Colaborar coas facultades que imparten estudos de Educación Social e/ou estudos relacionados, para reforzar a oferta formativa de troncalidade e especialidade en Animación Sociocultural e Xestión Cultural.

Xerar espazos de encontro, reflexión, formación... baixo as temáticas de animación sociocultural e xestión cultural.

Crear o 'Espazo CAM (Comparte, Asesora, Muda)' sobre situacións laborais no ámbito.

En breve terán a súa primeira xuntanza, e comezará a súa actividade.

32


A Eira do Ceesg publica na revista RES. Recentemente publicouse o nº 28 de RES, Revista de Educación Social, levando por título: 'Educación Social, medio ambiente y sostenibilidad' Incorpora un artigo do noso grupo de traballo A Eira do Ceesg, que fala da súa actividade neste eido. Lectura recomendada para coñecer un pouco mellor este ámbito e o labor dos grupos de traballo nos colexios profesionais. Ver artigo 'A Eira do Ceesg, un lustro habitando la intersección entre la Educación Social y la Educación Ambiental' Ver número 28 da Revista RES

33


FORMACIÓN

Renda Básica: o novo dereito social necesario. O Ceesg é unha corporación de dereito público, que ten como fin último promover o benestar das persoas, dos grupos e das comunidades destinatarias e protagonistas das mesmas, desde un modelo de atención centrada na persoa, dende unha perspectiva integral e integrada.

Natalia Domínguez Galán Vicepresidenta do Ceesg Colexiada nº 398

Desde o Ceesg estamos ao servizo da sociedade galega no seu conxunto, e moi especialmente das persoas e dos colectivos cos que traballamos, moitas delas, persoas en situación de vulnerabilidade. Persoas que acompañamos diariamente nos espazos onde estamos presentes e que teñen nome, cara, e necesidades concretas: persoas maiores, novas, infancia, menores, familias, migrantes, diversas, etc. Como profesionais do ámbito socioeducativo, as educadoras somos conscientes da nosa responsabilidade fronte o xurdimento de novas modalidades de exclusión e marxinación social e da necesidade de construír, conxuntamente, unha sociedade na que compartir bens de forma máis equitativa, de reivindicar o dereito ao desenvolvemento integral e polo tanto, a unha vida digna cas persoas que acompañamos. Estas son algunhas das premisas que nos levaron a organizar o pasado mes de marzo, as “Xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario”, grazas ás sinerxías creadas entre o Colectivo de Renda Básica de A Coruña e o Ceesg, e contando coa colaboración do Concello de A Coruña, a Universidade de A Coruña (UDC) e Praza.gal. Fomos moitas, un total de 200 persoas, as que participamos e debatemos sobre cuestións de gran interese social. Facendo un breve percorrido polas xornadas, cabe destacar as achegas de 34


Nuria Alabao, Sarah Babiker Moreno e Leticia Castro Torres, educadora social, sobre a imprescindible incorporación da perspectiva feminista; que conseguiron situar ao auditorio no heteropatriarcado e as súas implicacións no benestar social. Tamén Koldobi Velasco Vázquez incorporou no seu discurso a utopía, facéndonos mirar cara un horizonte emancipador e de apoderamento, sempre necesario. As intervencións de Lluis Torréns Mélich e a Marta García Pérez foron quen de narrar as experiencias municipalistas sobre modelos de aproximación á Renda Básica no Ajuntament de Barcelona e no Concello de A Coruña, respectivamente. Mari Fidalgo acompañou ás profesionais e estudantes do ámbito social no proceso de aproximación da Renda Básica nos servizos sociais e nas entidades do terceiro sector nas que traballamos. Carme Lizárraga Mollinedo, Thiago Santos Rocha e Belén Fernández Suárez fixeron debater ao público sobre a Renda Básica como unha cuestión de Dereitos Humanos, que cobra relevancia xunto a outros dereitos básicos máis recoñecidos, como son a equidade e a xustiza social de cara ao benestar de todas as persoas. Reflexionamos sobre a vulnerabilidade como un problema estrutural, grazas a Julen Bollain Urbieta, e Sergi Raventós Panyella destacou os efectos negativos desta situación na saúde integral das persoas, concretamente, na saúde mental. Foi un pracer poder escoitar a Daniel Raventós Pañella, sobre a necesidade de que exista unha maioría social a favor da Renda Básica, e que conte co apoio dos movementos sociais, partidos políticos e sindicatos. Convencéndonos de que, canto máis coñecemento tes sobre ela, máis a apoias. Finalmente, Eva López Soto, educadora social, denunciou a excesiva 35


burocratización no noso labor diario de acompañamento. A Renda Básica incondicional faría á xente máis libre e liberaríanos ás e aos profesionais da carga de decidir quen ten dereito á prestación e quen non. Desde a perspectiva da Renda Básica, o noso labor como educadoras sociais, como profesionais do ámbito social será a de repensar e reivindicar novos modelos de servizos sociais, que dean paso á análise e investigación dos contextos sociais e educativos nos que intervimos, coa finalidade de dinamizar, a través de equipos interdisciplinares, programas e proxectos de acompañamento, orientación, autonomía, protagonismo e horizontalidade que atendan as necesidades sociais, educativas, formativas e culturais das cidadás e os cidadáns. Que posibiliten o desenvolvemento individual, familiar e/ou colectivo, en definitiva, que garantan os dereitos humanos e subxectivos das persoas. Somos profesionais que pasamos o tempo fiando remendos, nas nosas oficinas, ante a situacións de emerxencia sociais, cando o que tiñamos que estar facendo é fiando sinerxías coas persoas, coa comunidade e co resto de profesionais. Dende o Ceesg consideramos que estas Xornadas convertéronse nun referente para a implementación real da Renda Básica a nivel galego e estatal e desexamos que sexa a primeira de moitas xornadas de reflexión e debate arredor deste tema. Agradecer en nome do Ceesg a confianza e a oportunidade que desde o Colectivo de Renda Básica de A Coruña nos ofreceron para formar parte activa destas xornadas, expresar a nosa satisfacción pola colaboración que xorde co Concello de A Coruña na súa organización, Universidade da Coruña e Praza.gal así como ás persoas que nos acompañaron durante as xornadas. A Renda Básica será Universal, Incondicional, Feminista e Republicana ou non será! 36


Bibliografía de interese para seguir afondando na Renda Básica: Sara Mesa. Silencio administrativo. La pobreza en el laberinto burocrático (Nuevos Cuadernos Anagrama, 2019). Jordi Arcarons, Daniel Raventós y Lluís Torrens. Renta básica incondicional. Una propuesta de financiación racional y justa. (El Serbal, 2018). David Casassas. Libertad Incondicional: la renta básica en la revolución democrática (Paidós, 2018) Guy Standing. La Renta Básica (Editorial Pasado y Presente, 2018) Carmen García Pérez. Conveniencia Social y viabilidad económica de la Renta Básica (Diego Marín Librero y Editor, 2017) Rutger Bregman. Utopía para realistas (Salamandra, 2017) Cive Pérez. Renta Básica Universal: La peor de las soluciones, a excepción de todas las demás (Clave, 2015) Philippe Van Parijs y Yannick Vanderborght. La Renta Básica (Ariel, 2015) Daniel Raventós: ¿Qué es la Renta Básica? Preguntas (y respuestas) más frecuentes (El Viejo Topo, 2012). David Casassas, Daniel Raventós (coord.) La renta básica en la era de las grandes desigualdades (Montesinos, 2011). Daniel Raventós. Las condiciones materiales de la libertad (El Viejo Topo, 2007)

.

37


Obradoiros sobre cultura menstrual O grupo de traballo Fiadeiras, sobre Igualdade, está traballando nas súas vindeiras actividades. Entre elas, é salientable a organización dos seguintes obradoiros, que teñen un eixe común: a cultura menstrual, que pretende desmitificar o tabú da menstruación. A menstruación segue sendo un tabú e apenas se ten en conta que coñecer o ciclo menstrual é unha ferramenta para a promoción da saúde e o desenvolvemento persoal. 

“Tecendo redes. Como incorporar a cultura menstrual en organizacións, proxectos e centros educativos” (6 h.) Neste obradoiro aprenderemos ferramentas teórico - prácticas sobre como desmitificar o tabú da menstruación e utilizar o ciclo menstrual como ferramenta psicoeducativa de promoción da saúde en centros educativos, proxectos sociais e culturais así como en diferentes tipos de organizacións con actividades e programas dirixidos a nenas, adolescentes e mulleres.

“Somos unha, somos moitas. Autocoñecemento e ciclo menstrual” (4 h.) Moitas mulleres sofren fortes dores menstruais ou senten que non poden xestionar as súas emocións ao longo do ciclo e este feito supón un profundo e continuo malestar. Coñecerte a través do teu ciclo menstrual é unha boa alternativa para diminuír as molestias da menstruación e organizar o teu tempo para coidarte de maneira cíclica. Ademais, é unha gran oportunidade para empezar a escoitarte e respectarte en cada fase do ciclo menstrual. 38


Estes obradoiros desenvolveranse os días 8 e 9 de xuño no centro Medra da Coruña. Ambos serán facilitados por Lola Hernández, psicóloga con especialidade en saúde emocional e ciclo menstrual con anos de experiencia no acompañamento terapéutico con mulleres desde unha perspectiva cíclica, holística e feminista e creadora do movemento de cultura menstrual La Caravana Roja. Unha vez pechados todos os aspectos da organización, teredes toda a información destes obradoiros na web do Ceesg, e a través dos habituais Avisos en liña.

39


Resultado da convocatoria de proxectos de formación. A Área de Desenvolvemento Profesional do Ceesg vén de resolver a convocatoria da bolsa de proxectos de formación para o 2019, aberta a finais do ano pasado. Como resultado deste proceso, incluiranse no plan de formación deste ano as seguintes formacións: 

'Educación e saúde mental colectiva. Repensando as coordenadas socioeducativas para navegar no campo da loucura' (20h.) , que será impartido por Miguel Salas Soneira.

'Apps e Autismo: Tecnoloxía para pensadoras/es visuais' (20h., teleformación), que será impartido pola entidade Ouvir social.

Cando a organización dos cursos estea pechada iremos informando dos detalles polos medios habituais. Nesta convocatoria participaron 10 persoas/entidades presentando 14 propostas. Destacou nesta edición a calidade dos proxectos presentados e a variedade de temáticas, o que converteu a selección nunha tarefa complexa. Moitas grazas a todas elas. Seguímosvos animando a seguir participando en vindeiras convocatorias.

40


Plan de formación Ceesg 2019 O Plan de Traballo do Ceesg para o ano 2019 recolle as seguintes accións formativas: Obradoiro “Tecendo redes. Como incorporar a cultura menstrual en organizacións, proxectos e centros educativos” (FIADEIRAS) Obradoiro “Somos unha, somos moitas”. Autocoñecemento e ciclo menstrual” (FIADEIRAS) Xornadas RB: Renda básica, o novo dereito. (Colaboración co Concello da Coruña e co Colectivo Renda Básica A Coruña) Escola de Rúa co desenvolvemento dun curso sobre a Lei de Protección de Datos Persoais (Escola da Rúa) Formación sobre ética. Educación e saúde mental colectiva. Apps e autismo. Adicción ao alcol. Estratexias na prevención de recaídas no consumo de alcohol. Obradoiro para profesionais “Axudando ás familias a medrar ben: mediación en familias con fillas ou fillos adolescentes” (colaboración coa UNAF) Obradoiro para profesionais “A familia reconstituída: un novo mapa de funcionamento” (colaboración coa UNAF) Xornada coa SGXX (GEIX) Cafés experienciais sobre Infancia e Adolescencia (ESCARAVELLANDO) II Encontro/café “Educación Social e Saúde” (MIOLO)

41


EMPREGO Estas son as ofertas de emprego publicadas o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada, recorda consultar frecuentemente a web do Ceesg

Orientador/a laboral. Pontevedra Coordinador/a xeral de proxecto. A Coruña Intérprete de Lingua de signos. Vigo T. de orientación, e prospección laboral. Cerceda Educador/a social. Carral Monitor/a de educación e tempo libre. Fene T. en educación especial. Vilagarcía de A. Varios postos, educación social. Lugo provincia T. intervención familiar. A Coruña Educador/a social. Meaño Técnica/o de inserción laboral. Ourense 42


Técnica/o de emprego. Vigo Monitor/a de ocio educativo e tempo libre. O Valadouro Monitor/a de tempo libre. Mesía Animador/a sociocultural. Vigo Prospector/a laboral. Santiago Dinamizador/a de obradoiros de saúde. Mondoñedo Educador/a social. Vigo Educadoras/es ambientais e m.t. libre. Sobrado Técnica/o. en drogodependencias. A Estrada Educador/a familiar. Xermade Animador/a cultural. A Laracha Educador/a social. A Coruña 43


Formador/a titor/a. Santiago T. de proxectos socioeducativos. A Coruña Educador/a familiar. Toén Educador/a ambiental. Sada Educador/a social. Chantada Preparador/a laboral. As Mariñas Docentes de Igualdade. T. de orientación laboral. Sada Técnica/o media/o inclusión social. A Coruña Educador/a familiar. Cariño Ludotecaria/o. Vigo Educador/a familiar. Santa Comba 44


T.M. actividades específicas. Animador/a sociocultural. Vigo Animador/a sociocultural. Salceda de Caselas Orientador/a profesional. Salceda de Caselas Axente de emprego e desenvolvemento local. Samos Dinamizador/a de obradoiros de saúde. Ourense Dinamizador/a de obradoiros de saúde. Verín Docente especialista en ES escolar. Orientador/a laboral. Vigo T. de proxectos socioeducativos. A Coruña Especialista en igualdade de xénero. Vigo Director/a de casa de familia. Vilagarcía de A. 45


Educador/a social. Viveiro Técnica/o de inclusión sociolaboral. Sada Educador/a familiar. Carballo Profesor/a FOL. A Coruña Axente de emprego e desenvolvemento local. Lugo Coordinador/a de actividades xuvenís. Sada Bolsas de investigación. Axentes de Igualdade. Corpo profesorado secundaria - FOL. Educador/a familiar. Ourense T. de prospección e inserción laboral. As Pontes Dinamizador/a do territorio. Comarca Santa Águeda 46


Técnica/o de proxectos. A Coruña Monitor/a ambiental. A Coruña T. de intervención e orientación educativa. A Coruña T. de intervención en emprego e ins. laboral. A Coruña Técnica/o en integración social. Boiro Orientador/a laboral. Poio Técnica de orientación laboral. Pontevedra Educador/a social. Chantada Educador/a social. Chantada Técnica/o de proxecto sen teito. Ourense Formador/a dinámicas de grupo. Santiago Formador/a dinámicas de grupo. Ourense 47


Educador/a social. A Coruña Educador/a social. Ourense Docente de tempo libre. Vilagarcía de A. Persoal de lecer e tempo libre. Sisel Galicia Profesor/a de reforzo educativo. Vigo Educador/a. Ourense Monitor/a de educación e tempo libre. Fene Educador/a social. Ourense Educador/a. Ourense Responsable de secretaría técnica. Santiago Educador/a social. Ribadavia Profesor/a de reforzo educativo. Vigo 48


Especialista en igualdade. Varias localidades Orientador/a laboral. A Coruña Orientador/a laboral. A Coruña Orientador/a laboral. Ferrol Técnica/o de orientación laboral. Vigo Prácticas remuneradas. Cerceda Bolseira/o actividades con escolares. Vigo Educador/a social. Verín e comarca Persoal de recursos humanos. Educador/a social. Varias localidades Técnica/o programa integrado de emprego. Mondoñedo Orientador/a laboral. Lugo 49


Educador/a social. Lugo Informador/a xuvenil. Guntín Técnica/o de emprego. Guntín Técnica/o de xestión de museo. Porto do Son Técnica/o de xestión - AEDL. Porto do Son Orientador/a laboral. Porto do Son Mestre/a de ludoteca. Porto do Son Técnica/o de cultura. Porto do Son Monitor/a de campamentos. Persoal auxiliar educativo e educador/a social. Persoal do eido social. Animador/a sociocultural. Cangas 50


Técnica/o de orientación laboral. A Coruña Técnica/o local de emprego. A Coruña

51


PARA LER E REFLEXIONAR

Naranja Imaginario. Música electrónica y diversidad. Roberto Cateleiro Bouza Edita: Ceesg. Ano: 2018

O proxecto ‘Naranja Imaginario’ foi seleccionado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia como finalista do IV Concurso de proxectos de educación social Memorial Toni Julià, organizado polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES). Un recoñecemento que ten a finalidade de dar a coñecer as propostas máis interesantes e innovadoras no eido da educación social. Ademais de ser un proxecto artístico musical, “Naranja Imaginario” ten un carácter transformador e pedagóxico; achéganos unha metodoloxía na que son protagonistas a participación, a diversidade e a experimentación, conseguindo que a música se converta unha ferramenta para o desenvolvemento persoal integral. Esta publicación tamén pode descargarse na sección “Material divulgativo” da web do Ceesg.

Publicación dispoñible na

52


ACTUACIÓNS DEFENSA DA PROFESIÓN  Achegas sobre o acollemento de MENAs. Respondemos ao grupo En Marea á

información facilitada sobre a actividade parlamentaria sobre o acollemento de MENAs. Achegamos o comunicado emitido polo CGCEES ao respecto e facemos achegas sobre cuestións a ter en conta dende o punto de vista da Educación Social.  Recurso de reposición a bases de t. en drogodependencias - A Estrada.  Recurso de reposición a bases de educador/a familiar - Cariño.  Recurso de reposición a bases de educador/a familiar - Xermade.  Recurso de reposición a bases de educador/a familiar - Compostela.  Recurso de reposición a bases de educador/a familiar - Toén.  Recurso de reposición a bases de orientador/a laboral - Poio.  Xuntanza cos sindicatos. Reunímonos conxuntamente cos tres sindicatos que forman

parte do Comité Intercentros (CSIF, UGT, CCOO e CIG) para expoñerlles de novo a situación da educación social na Xunta de Galicia, e buscar solucións  Solicitude de modificación de contratos relacionados coa infancia. Dirixímonos á

Consellería de Política Social para solicitar que modifiquen as condicións da contratación dos servizos de CIEMA e centro de menores o Seixo para que se adapten á normativa laboral vixente (III Convenio colectivo de reforma xuvenil e protección de menores)  Impugnación das subvencións para contratación de persoal do ámbito da cultura.

53


Impugnación das bases das subvencións para contratación de persoal do ámbito da cultura.  Recurso de reposición a bases de educador/a familiar - Carballo.  Recurso de reposición a bases de educador/a social - Ourense.  Recurso de reposición a bases de T. media/o de servizos sociais - O Barco de Valdeorras.  Recurso de reposición a bases de titor/a - Deputación da Coruña.  Achegas a proxecto de orde de titulacións de acceso a corpos docentes. Solicitamos a

incorporación da titulación de Educación Social na especialidade 'Orientación educativa'.  Proposta aos grupos políticos galegos (BNG e En Marea) candidatos ás eleccións xerais

para suxerirlles que incorporen o impulso da Lei de Educación Social nos seus programas electorais.  Escrito á Deputación da Coruña, para transmitir as nosas queixas ao respecto de varias

cuestións nas que o Ceesg lle temos trasladado peticións e propostas, que foron ignoradas; nomeadamente: as achegas ás subvencións para o financiamento aos concellos para a contratación de persoal de animación sociocultural e xestión cultural, a situación das educadoras do Fogar Infantil Emilio Romay e a contratación de persoal 'Titor/a', e o financiamento aos concellos para a contratación de persoal de servizos sociais.  Escrito á Secretaría Xeral de Igualdade, no que transmitimos o noso asombro ante a

resolución publicada no DOG de determinadas axudas, na que se indica que o perfil de educación social non é adecuado para as tarefas de orientación laboral. Solicitamos rectificación.  Comunicado sobre a situación do Ceesg coa Consellería de Política Social.

54


TRABALLO INTERNO  CGCEES: Participación na Asemblea ordinaria do CGCEES, así como na Asemblea

extraordinaria.  Grupos de traballo: xuntanza do grupo de traballo aBeira, xuntanza do grupo de traballo

Ceesg en Diverdade, xuntanza aberta sobre educación social e saúde organizada polo grupo Miolo,  Asemblea do Ceesg.  Xuntanza da área de Desenvolvemento Profesional  Tres xuntanzas da Área de Comunicación e Participación colexial.  Dúas xuntanzas do Consello de redacción da revista Galeduso nº 13.  Reunión da Xunta de Goberno do Ceesg.

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E DE REPRESENCACIÓN  Participación nas Reunións do Foro de Inmigración, tanto a nivel local como autonómico.  Participación no pleno do Consello Galego de Benestar Social.  Encontro co Consejo General de Psicología, xunto a outras/os representantes do

CGCEES.  Participación na Reunión do Subgrupo de traballo 3: abordaxe da violencia de xénero

coa mocidade dentro do ámbito educativo. O tema do día era revisión e aprobación da Guía de Actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, tras ter realizado propostas de modificación. 55


FORMACIÓN E DIVULGACIÓN  Obradoiro: Bo trato e boas prácticas na atención á dependencia (Geix)  Formación interna: cumprimentos normativos dos colexios profesionais.  Xornadas A Renda Básica: o novo dereito social necesario. Colaboración co Concello da

Coruña e Colectivo Renda Básica A Coruña.  Lección xitana (PIC A Coruña)

EVENTOS  Actos da VI Semana de Loita contra as fronteiras. Asistencia á palestra 'Lei de

estranxeiría e racismo estrutural' e ao conversatorio e merenda 'Mulleres migrantes partillando experiencias'.  Mesa 'Fagamos da Risga un verdadeiro dereito'.  Mulleres mudando a balanza. Encontro de empresarias, emprendedoras e profesionais

galegas.  Participación na folga e mobilizacións da Folga Feminista do 8 de marzo.  Asistencia á presentación do nº 72 da Revista Galega de Educación.  Asistencia aos actos do Día Mundial do Traballo Social organizados polo Colexio Oficial

de Traballo Social de Galicia.

56


«Cando traballe nun equipo pertencente a unha institución ou organización, será consciente da súa pertenza a este e será coherente con este e co seu proxecto socioeducativo.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Normas deontolóxicas xerais.

O/A educador/a social en relación co equipo. Artigo 14

57


AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos serán revisados e traduciranse a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Debe axuntarse fotografía da/o autora/autor. Os artigos deben utilizar unha linguaxe inclusiva e non sexista.

Cobro de cotas colexiais No mes de xullo farase o cobro da cota colexial correspondente ao segundo semestre de 2019. O prazo para solicitar a cota reducida (por desemprego, salario inferior ao mínimo ou situacións análogas), é ata o día 30 de xuño.

58


59


ceesg.gal Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia @GaledusoCeesg

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas) 15707 Santiago de Compostela 981552206

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

Fiadeiras Ceesg

A Eira do Ceesg

PIC

PIC A Coruña

PIC

PIC Santiago

60

PIC

PIC Ourense

Boletín do Ceesg


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.