Boletín do Ceeg nº 124

Page 1

BoletĂ­n do Ceesg


Boletín do Ceesg Nº 124 - decembro ‘18 - xaneiro ‘19 Neste boletín: Tema destacado: 23 de febreiro en Vigo. Temos unha cita. CGCEES:  Anteproxecto de Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.  Encontro coa Secretaria da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Congreso das/os Deputadas/os.  Reunión coa Secretaria de Estado de Servizos Sociais.  Audiencia do Rei ás presidencias das Corporacións Colexiais de Unión Profesional.  Comunicado do CGCEES sobre o acollemento de MENAs.  Conmemoración de Días Internacionais: 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos. Actualidade:  Convenio para o apoio a orfas/os a causa da violencia de xénero.  5º Concurso Memorial Toni Julià.  O Concello de Salceda de Caselas súmase ao apoio á regularización do dereito á Educación Social.  Fagamos da Risga un verdadeiro dereito. Grupos de traballo:  Colaboración nunha publicación sobre infancia e xénero (Fiadeiras). Formación:  Obradoiros sobre cultura menstrual.  Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os. Emprego Para ler e reflexionar: A idade da inocencia. (Edith Warton) Actuacións Documentos profesionalizadores Avisos 2


XUNTA DE GOBERNO 2018 - 2022

Laura Vilaboy Romero Presidenta Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

Natalia Domínguez Galán Vicepresidenta Área de Desenvolvemento Profesional e Área de Acción Profesional Colexiada nº 0398

Rocío Núñez Rúa Secretaria Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3867

Beatriz Caneda Zamar Tesoureira Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Yovana Miñán Castellanos Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 4970

Laura Casal Figueroa Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0110

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Mercedes González Pazos Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3994

Noelia Rodríguez Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación Colexial Colexiada nº 3408

Sonia González Rodríguez Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3402

Paula Varela Costa Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3680 3


TEMA DESTACADO

23 de febreiro en Vigo. Temos unha cita. Unha das datas sinaladas no calendario do Ceesg é o 23 de febreiro. Ese día celebrarase a Asemblea colexial, á que están convocadas todas as persoas colexiadas do Ceesg. A asemblea é o órgano soberano na toma de decisións, e de aí a importancia da participación. Ese día decidiremos sobre os plans de traballo do Ceesg para este ano, para seguir construíndo as liñas de acción do colexio. É un momento clave xa que no seu marco fíxanse os obxectivos que guiarán ao Ceesg durante o ano que acaba de comezar; ademais de ser un escenario avaliativo onde valorar as actuacións realizadas. A xornada de tarde témola reservada para que o grupo aBeira realice unha presentación do modelo de Informe Socioeducativo (ISE), e pecharemos a sesión coa actuación da cantante Su Garrido. Desta vez, a xuntanza terá lugar na cidade de Vigo; polo que animamos de xeito especial ás compañeiras e compañeiros que se atopan polo sur de Galicia a participar e acompañarnos nesta xornada. Moi pronto recibirás a convocatoria no teu domicilio. Animámoste a participar do noso traballo que é tamén teu, a coñecer un pouco máis o Ceesg e a compartir espazos nos que establecer relación con outras/os profesionais. Esperámoste.

4


CGCEES

Anteproxecto de Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia. En xaneiro publicouse na web do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social o Anteproxecto de Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, abrindo trámite de Información Pública para presentar alegacións. O CGCEES estivo traballando na revisión deste texto para facer as alegacións que considere oportunas para defender o espazo da nosa profesión e, sobre todo, para buscar as máximas cotas de benestar e protección das e dos menores. Informamos sobre o artigo 39: “Artigo 39. Dos profesionais do sistema público dos servizos sociais. Os equipos de intervención dos servizos sociais que traballen no ámbito da violencia sobre as persoas menores de idade, deberán estar constituídos, preferentemente, por profesionais da Educación Social, da Psicoloxía e do Traballo Social.”

5


Encontro coa Secretaria de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Congreso de Deputadas/os. O pasado 10 de xaneiro mantívose un encontro coa Secretaria da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social, deputada por Toledo no Congreso de Deputadas/os, María Guadalupe Martín. Os representantes da Educación Social presentáronlle a Lei polo Dereito á Educación Social, que facilitaría o acceso ao dereito á educación á cidadanía. Igualmente explicáronlle a situación da profesión de educación social e os asuntos que preocupan como Consello Xeral. Tamén se falou da situación crítica das/os menores migradas/os e a necesidade dunha abordaxe transversal.

6


Reunión coa Secretaria de Estado de Servizos Sociais. A Secretaria de Estado de Servizos Sociais (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social) Ana Lima, recibiu a membros da Xunta de Goberno do CGCEES. Desde CGCEES solicitóuselle colaboración no VIII Congreso de Educación Social que se realizará en abril do 2020, no marco de colaboración que o Consello ten co Ministerio. Presentáronse as necesidades da profesión e as situacións que máis preocupan, como a das/os menores migrantes sen referentes familiares (MENAs) e as condicións sociolaborais das/os profesionais. Igualmente expúxoselle a necesidade de regulación das profesións da intervención social. Infórmase que desde o Ministerio está a estudarse a maneira de articular a participación dos consellos profesionais na actividade da Secretaria de Estado. O Ministerio comparte a necesidade de regulación das profesións sociais e anima a traballar sobre este tema mediante unha formulación común entre profesións.

7


Audiencia do Rei ás presidencias das Corporacións Colexiais de Unión Profesional. O pasado 21 de xaneiro, a Presidenta do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), Lourdes Menacho, participou na audiencia que Felipe VI realizou ás presidencias das Corporacións Colexiais que forman parte de Unión Profesional. A nosa presidenta puido compartir co Rei Felipe VI a preocupación pola situación dos e das menores estranxeiros/as sen referentes familiares, así como a necesidade da regulación das profesións da intervención social, tendo en conta que se realizan contratacións con categorías inferiores prexudicando a calidade da intervención socioeducativa e fomentando o intrusismo profesional. “Traballamos con persoas, ás veces en situación moi vulnerables e é necesario contar con profesionais con capacidade e titulación".

8


Comunicado do CGCEES sobre as actuacións de acollemento a MENAS As Educadoras e os Educadores Sociais son unhas/uns das/os profesionais con responsabilidade educativa nos centros de acollida que deben atender en primeira instancia, e ao longo do proceso de acompañamento, ás/os nenas, nenos e adolescentes migrantes sen referentes adultos, tal como queda definido na lexislación española. Nos últimos meses constatouse a creación de novos centros de emerxencia, a través de convenios con “entidades colaboradoras”, con pouca marxe de tempo, sen ter en conta a cualificación profesional necesaria do persoal contratado e con contratos laborais precarios. O CGCEES manifesta o seu total desacordo con estas actuacións e reclama que se actúe dentro da legalidade e no marco dos convenios colectivos establecidos. Neste sentido, emitiu un comunicado o pasado 31 de xaneiro.

Ver comunicado completo

9


Conmemoración de Días Internacionais. Como veu facendo ao longo de todo o ano 2018, o CGCEES animou a activarnos nas redes sociais con motivo de varias conmemoracións, todas elas relacionadas con ámbitos que nos que é necesaria a reivindicación para acadar a xustiza social e o respecto aos dereitos humanos. 

3 de decembro -> #Edusoydiversidadfuncional Día Internacional das persoas con diversidade funcional.

10 de decembro -> #EdusoDDHH Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Grazas a todas as persoas que vos sumastes nas redes sociais!

10


ACTUALIDADE

Convenio para o apoio a orfas/os a causa da violencia de xénero. Ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e mediante a aprobación dun Plan Estratéxico de Atención Integral aos menores orfos por causa da violencia de xénero, a Xunta tomará unha serie de medidas de apoio en varios eidos. Por este motivo, varias asociacións e colexios profesionais vimos de asinar un convenio coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Ao través deste convenio, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia comprométese a prestar apoio e atención socioeducativa integral tanto aos nenos e nenas orfas a causa de violencia de xénero como ás persoas que asuman o seu coidado.

11


5º Concurso de proxectos de Educación Social

Memorial Toni Juliá Prazo: 31 de marzo de 2019 

Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social.

Premiaranse os máis interesantes e innovadores, facilitando a súa futura difusión.

O concurso é a nivel estatal, pero ten unha fase autonómica (ata dous proxectos galegos poderían pasar á final estatal).

Tamén haberá un recoñecemento para as persoas que superen a fase galega.

Máis información

O teu labor na Educación Social ten valor.

! 12


O Concello de Salceda de Caselas súmase ao apoio ao dereito á Educación Social. O Concello de Salceda de Caselas, na súa sesión plenaria de decembro, aprobou o apoio á regularización do dereito á Educación Social. Seguimos traballando para dar a coñecer a campaña e para recabar máis apoios. Axúdanos a conseguir que a nosa profesión sexa regulada. Presenta o teu dereito de petición ante as administracións e difunde esta campaña.

13


Fagamos da Risga un verdadeiro dereito. Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva pola Xunta de Galicia do Decreto da Risga, o pasado 10 de decembro varias organizacións sociais e políticas desenvolvemos roldas de prensa informativas simultáneas nas cidades de Compostela, Vigo e A Coruña para presentar a campaña cidadá "Fagamos da Risga un verdadeiro dereito". Tras a aprobación definitiva do Decreto da Risga por parte da Xunta de Galicia no seu Consello de Goberno do pasado 31 de xaneiro, a campaña continúa ante a clara insuficiencia da última proposta presentada pola administración autonómica, que entendemos será a definitiva, tendo en conta ademais que a Xunta negouse a debater a mesma con este amplo grupo de organizacións sociais e políticas. A Campaña pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a Risga, nun contexto de sociedade empobrecida, nun verdadeiro dereito para o conxunto da cidadanía, incidindo na defensa dun modelo de Risga como: 

Dereito cidadán e non subsidio condicionado. Fronte ás políticas de recortes e privatización dos servizos públicos básicos (educación, sanidade, vivenda, pensións…) reclamamos a protección dos servizos sociais como garantes da igualdade social nunha sociedade que 14


segue a xerar desigualdades e sistemas de empobrecemento xeneralizados. Reclamamos o noso dereito como cidadanía a un sistema de protección social galego inclusivo, garantista e que sirva para xerar as estruturas básicas da igualdade social. 

Recurso fronte a situación de empobrecemento. A falta de recursos económicos derivada do desigual acceso á riqueza está a converternos nunha sociedade estruturalmente empobrecida onde a pobreza é condición na vida da meirande parte da poboación que nos encontramos sumidas en situacións de empobrecemento enerxético, laboral, de acceso á vivenda… etc. Defendemos un sistema de protección social que atenda ás circunstancias de necesidade económica e empobrecemento da poboación de forma garantista e sen condicións subxectivas.

Prestación suficiente e digna. Propoñemos a consideración de empobrecemento segundo a referencia do salario mínimo interprofesional fronte á valoración actual do IPREM de contía moi insuficiente para a satisfacción das necesidades básicas. Entendemos que non é posible satisfacer as necesidades básicas (alimentación, vivenda e gastos derivados da vida cotiá) de forma suficiente e digna cunha prestación actual de Risga que non supón máis que o 75% do IPREM (403,38 euros/mensuais)

Modelo de tramitación accesible e eficaz. Defendemos un modelo de Risga eficiente e áxil, sen burocratizacións innecesarias, co obxecto de que cumpra o seu cometido na maior brevidade posible. As necesidades económicas de emerxencia non se poden paliar con tempos de tramitación que exceden os catro e seis meses.

Logo de presentar a campaña fíxose un reparto de folletos informativos á cidadanía nas rúas destas tres cidades, como primeira das actividades que se prolongarán nos vindeiros meses: 

Campaña de difusión nas Redes Sociais: a cal incorporará unha 15


temática, das catro xerais do folleto, de difusión mensual. 

Contactos cos concellos das principais cidades de Galicia: para difundir cartaz e folletos da campaña nos centros de Servizos Sociais e para achegar a campaña directamente a profesionais e persoas afectadas.

Charlas informativas abertas á cidadanía nas principais cidades: con participación dunha profesional cualificada dos Servizos Sociais, dunha persoa perceptora ou ex/perceptora da RISGA para contar a súa experiencia e dunha persoa da campaña. Coincidindo con esta actividade haberá novas difusións de folletos informativos a cidadanía.

As organizacións sociais e políticas que impulsan a iniciativa son as asinantes do Acordo colectivo de esixencia de garantías básicas no relativo ao proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia e das axudas de inclusión: Foro Galego de Inmigración, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Asociación ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo, Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida, Asociación Plataforma Polo Emprego, Baladre (Coordinación contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión), Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida, BNG, Compostela Aberta , En Marea, PsdG-PSOE, CUT.

16


GRUPOS DE TRABALLO

Colaboración nunha publicación sobre infancia e xénero. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de publicar 'La educación social ante la vulnerabilidad y el riesgo social en Iberoamérica: Infancia y género en los contextos educativos', unha obra na que diversas autoras e autores expoñen as achegas da Educación Social no ámbito da infancia e xuventude e do xénero. A obra conta cunha achega do Ceesg, a través do grupo de traballo Fiadeiras, que publica o artigo: 'La Educación social con mujeres vulnerables: una visión desde los colegios profesionales' A publicación pode descargarse gratuitamente en formato pdf. Enlace á web da publicación. Presentación: La educación social ha estado tradicionalmente vinculada a los problemas, necesidades y situaciones de riesgo individuales y colectivos, a fin de mejorar las condiciones de vida y situaciones estructurales y personales. Sus contribuciones permiten la mejora de la realidad, la transformación y el cambio social a partir de la investigación en este campo y el diálogo entre los profesionales de los diversos contextos educativos y escolares con el mundo académico. El acompañamiento a grupos o personas que realizan los educadores y las educadoras facilitan procesos de enseñanzaaprendizaje de lo social, lo cultural, lo familiar, lo relacional, etc. Del mismo modo, busca la potenciación de todas las posibilidades para el derecho y disfrute de una mayor autonomía, vinculación, participación social y felicidad existencial de los sujetos y las co17


munidades. Presentamos un trabajo que refleja las permanentes relaciones e influencias eurolatinoamericanas en la Pedagogía Social en su reflexión y práctica. La educación social con infancia y juventud en situaciones de mayor vulnerabilidad, riesgo y conflicto social ha sido uno de los escenarios de estudio y de acción preferencial desde el inicio de la disciplina. En este campo, la mayor preocupación han sido siempre las dimensiones éticas, políticas, sociales y comunitarias de la educación; y no tanto, ni principalmente, el desarrollo cognitivo. De modo transversal, esta mirada nos lleva a incorporar la perspectiva de género y observar la vulnerabilidad histórica de las mujeres y el sistema sexo-género. La sociedad patriarcal promueve la desigualdad en relación a las oportunidades políticosociales de las mujeres desde las brechas y discriminaciones por razón de género. La educación social incorpora entre sus finalidades la necesidad de ser nuevos hombres y nuevas mujeres, la lucha por la igualdad y la emancipación, así como priorizar a las mujeres más vulnerables, violentadas o marginadas socialmente.

18


FORMACIÓN

Obradoiros sobre cultura menstrual O grupo de traballo Fiadeiras, sobre Igualdade, está traballando nas súas vindeiras actividades. Entre elas, é salientable a organización dos seguintes obradoiros, que teñen un eixe común: a cultura menstrual, que pretende desmitificar o tabú da menstruación. A menstruación segue sendo un tabú e apenas se ten en conta que coñecer o ciclo menstrual é unha ferramenta para a promoción da saúde e o desenvolvemento persoal. 

“Tecendo redes. Como incorporar a cultura menstrual en organizacións, proxectos e centros educativos” (6 h.) Neste obradoiro aprenderemos ferramentas teórico - prácticas sobre como desmitificar o tabú da menstruación e utilizar o ciclo menstrual como ferramenta psicoeducativa de promoción da saúde en centros educativos, proxectos sociais e culturais así como en diferentes tipos de organizacións con actividades e programas dirixidos a nenas, adolescentes e mulleres.

“Somos unha, somos moitas. Autocoñecemento e ciclo menstrual” (4 h.) Moitas mulleres sofren fortes dores menstruais ou senten que non poden xestionar as súas emocións ao longo do ciclo e este feito supón un profundo e continuo malestar. Coñecerte a través do teu ciclo menstrual é unha boa alternativa para diminuír as molestias da menstruación e organizar o teu tempo para coidarte de maneira cíclica. Ademais, é unha gran oportunidade para empezar a escoitarte e respectarte en cada fase do ciclo menstrual. 19


Estes obradoiros desenvolveranse os días 16 e 17 de marzo no centro Medra da Coruña. Ambos serán facilitados por Lola Hernández, psicóloga con especialidade en saúde emocional e ciclo menstrual con anos de experiencia no acompañamento terapéutico con mulleres desde unha perspectiva cíclica, holística e feminista e creadora do movemento de cultura menstrual La Caravana Roja. Unha vez pechados todos os aspectos da organización, teredes toda a información destes obradoiros na web do Ceesg, e a través dos habituais Avisos en liña.

20


Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os Formación en Terapia Gestalt Curso básico e Curso superior. Inicio en febreiro. Pañña. Escola de formación en Terapia Gestalt. Desconto do 20% sobre os prezos xerais. Máis información

Información detallada destas accións formativas en www.ceesg.org 21


EMPREGO Estas son as ofertas de emprego publicadas o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada, recorda consultar frecuentemente a web do Ceesg

Educador/a social. Teo Técnica/o de proxectos europeos. A Coruña Mediador/a intercultural. Pontevedra Educador/a social. Santiago Bolseira/o para xestión de proxectos europeos. A Coruña Docente de xestión de proxectos. A Coruña Educador/a social. OPE. Varios postos. Pontevedra provincia Orientador/a laboral. Ourense Formador/a de actividades de tempo libre. A Coruña Docente atención sociosanitaria. A Coruña 22


Técnica/o de oficina autonómica. A Coruña Educadoras/es Sociais. Aragón Técnicas/os en orientación e prospección laboral. Mos Técnica/o en xestión cultural. Cee Profesor/a de centro de educación especial. Boiro Educador/a familiar. A Pobra de Brollón Educador/a familiar. Castrelo de Miño Técnica/o. Lugo Técnica/o. Ourense Técnica/o de intervención educativa. Lugo Técnica/o de intervención e reforzo educativo. Lugo Axente de emprego. Vigo 23


Téc. de intervención e reforzo educativo. Pontevedra Técnica/o de intervención educativa. Pontevedra Téc. de intervención e reforzo educativo. Ourense Monitor/a de educación e tempo libre. Muros Educador/a social. Redondela Téc. en prev. comunitaria de toxicomanías. A Guarda Axente de Desenvolvemento Local. Vigo Axente de Emprego. Vigo Educador/a social. Ortigueira Varios postos. Ames Encargada/o OMIX - S. culturais. Mondariz-Balneario Asistente persoal. Santiago 24


Educador/a da Xunta. Galicia Especialista en Igualdade. Santiago Prospector/a laboral. Vigo Téc. de inclusión en centros penitenciarios. A Coruña Docente Igualdade, inserción laboral. Verín Docente atención sociosanitaria. Ourense Educador/a. Vilagarcía de Arousa Educador/a social. Zaragoza Técnica/o de lanzadeira Técnica/o de lanzadeira Técnica/o de lanzadeira Docente de ferramentas 25

de emprego. Carballo de emprego. Arteixo de emprego. Marín educativas. Ourense


Docente área social de maiores. Ourense Docente tempo libre. Ourense Téc. de intervención e reforzo educativo. Vigo Educador/a de menores. Vilagarcía de Arousa Técnica/o de prospección de emprego. A Coruña Técnica/o de emprego. A Coruña Educador/a social. Educador/a social. Ourense Docente ‘docencia da f.p. para o emprego’. Santiago Téc. de intervención educativa. Lugo Téc. de educación e mocidade. Santiago Prospector/a laboral e técnica/o de emprego. Santiago 26


Orientador/a laboral. A Coruña Coord. De proxectos - prospector/a de emprego. Vigo Educador/a social. Vigo Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Vigo Prácticas remuneradas en ES. Alemaña Téc. M. Educación Social. Sarria Orientador/a laboral. Vigo Monitor/a. Silleda Téc. de museos e centros de interpretación. Vimianzo Director/a de servizos sociais para maiores. Sada Educador/a social. Redondela Educador/a social. Caldas de Reis 27


Traballo con maiores. Marín e Pontevedra Prospector/a laboral. Santiago Dinamizador/a de museo. Santiago Téc. de intervención e reforzo educativo. Pontevedra Educadoras/es ambientais. Arca Educador/a Social. Vigo Téc. de proxectos socioeducativos. A Coruña Monitoras/es de tempo libre. Sanxenxo Coordinador/a. Ferrol Animador/a sociocultural. Carballo Docente atención sociosanitaria. Orientador/a laboral. Vigo 28


PARA LER E REFLEXIONAR

A idade da inocencia.

Edita:

Edith Wharton Xunta de Galicia e Sotelo Blanco edicións. Ano: 2009

Edith Wharton (1862-1937) foi unha muller que viviu a cabalo entre dous séculos. No século XIX, as mulleres que pertencían á clase alta neoiorquina non recibían educación regrada e estaba mal visto que tivesen veleidades intelectuais, pois podía supoñer que non atopase un bo marido. Edith Wharton triunfou no século XX, converteuse nunha empresaria de éxito e nunha heroína pola súa implicación na axuda ás persoas refuxiadas e ás vítimas de Primeira Guerra Mundial. Divorciouse e enfrontouse á súa familia e á sociedade para defender os seus dereitos e, malia todo, non quixo que a cualificasen como feminista. A idade da inocencia entra de cheo nesta sociedade na que naceu e que tan ben soubo retratar Wharton. Este libro pertence á colección "As letras das Mulleres", editada pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración con Sotelo Blanco Edicións, foi creada para dar a coñecer ao público galego obras representativas do pensamento e da creación desenvolvida por mulleres ao longo da historia da literatura e do pensamento.

Publicación dispoñible na

29


ACTUACIÓNS

Reunión coa Deputación da Coruña Laura Vilaboy e Sonia González, presidenta e vogal do Ceesg, mantiveron unha xuntanza co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na que trataron temas de importancia para a nosa profesión. Entre outros, o financiamento a concellos para contratación de persoal de cultura e o modelo de Informe Socioeducativo.

E tamén...  Pleno do Consello Local de Inclusión Social do Concello 

  

   

da Coruña. Asistencia á mesa redonda ‘A loita pola igualdade das traballadoras do fogar e dos coidados. Experiencias, estratexias e redes de apoderamento’, dentro da campaña ‘Traballo digno no fogar e nos coidados. Participación nas reunións mensuais do Foro de Inmigración. Achegas á Guía de abordaxe da Esclerose múltiple elaborada pola FEGADEM (Miolo e Diverdade) Participación na reunión da Mesa de Coordinación local contra a violencia de xénero do Concello de Santiago. Asistencia e participación na presentación da campaña ‘Fagamos da Risga un verdadeiro dereito’ Participación nos dous plenos convocados do Consello Galego de Benestar Social. Presentación do libro ‘Educación Social e escola’ na Escola Superior de Educaçao Paula Frassinetti (Porto) Reunións de traballo da Xunta de Goberno, da Área de Comunicación e Participación Colexial, dos grupos de traballo Fiadeiras, a Eira do Ceesg e Escaravellando. Asistencia á Xornada ‘Alcohol y menores. Tiempo de

   

30

soluciones’, organizada pola fundación FAD, Fundación Gallega contra el narcotráfico e Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. Presentación de proposta de colaboración ás universidades de A Coruña e Vigo, para a elaboración dun mapa de recursos e profesiograma no eido das persoas maiores, mediante a materia de prácticum ou TFG. Sinatura de convenio coa Xunta de Galcia, para a atención integral de nenas e nenos orfos por causa da violencia de xénero. Colaboración cunha publicación sobre infancia e xénero (Fidadeiras) Participación na xuntanza da Comisión de Comunicación do CGCEES. Asistencia ao faladoiro ‘Servizos sociais en Vigo, experiencias e propostas’ Desenvolvemento do obradoiro ‘Boas prácticas e bo trato con persoas dependentes’, ao alumnado do ciclo medio de atención a persoas dependentes en Vilalba (GEIX). Proposta de nomeamento Tania Merelas Iglesias como compoñente do Comité Científico do 8º Congreso Estatal de Educación Social.


«O/A Educador/a Social asumirá o código deontolóxico propio da súa profesión denominada educación social, xa que lle ofrece apoio á hora de desenvolver a súa tarefa. Consecuentemente, non aceptará os impedimentos ou obstáculos que vulneren os dereitos e deberes que nel se definen.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Normas deontolóxicas xerais.

O/A educador/a social en relación coa súa profesión. Artigo 13 31


AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos serán revisados e traduciranse a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Debe axuntarse fotografía da/o autora/autor. Os artigos deben utilizar unha linguaxe inclusiva e non sexista.

32


Moitas grazas a todas as persoas colexiadas que o facedes posible co voso apoio. Chegamos á maioría de idade e aínda temos que seguir medrando como colectivo e como profesión. No ano 2018, no Ceesg tramitáronse 115 novas altas de persoas colexiadas. E recentemente superamos os 5000 'Gústame' en Facebook. ++++++++++++++++++ Sigamos sumando ++++++++++++++++++ 33


ceesg.gal Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia @GaledusoCeesg

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas) 15707 Santiago de Compostela 981552206

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

Fiadeiras Ceesg

A Eira do Ceesg

PIC

PIC A Coruña

PIC

PIC Santiago

34

PIC

PIC Ourense

Boletín do Ceesg


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.