Boletín do Ceesg nº 122

Page 1

BoletĂ­n do Ceesg


Boletín do Ceesg Nº 122 - agosto-setembro 2018 Neste boletín: Tema destacado: Informe Socioeducativo (ISE). Unha ferramenta máis… ou algo máis. Sonia González Rodríguez. CGCEES:  Publicados todos os traballos premiados do concurso de proxectos socioeducativos Memorial Toni Julià.  Reunión co Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias.  Conmemoración de Días Internacionais: 12 de agosto, Día Internacional da Xuventude. 21 de setembro, Día Internacional da Paz.  Entrevistas a Lourdes Menacho, Presidenta do CGCEES, sobre o acoso escolar. Actualidade:  Máis apoios á Lei de Educación Social.  6º concurso TFG.eduso. Formación:  Curso: acompañamento socioeducativo con mocidade en dificultade social.  Curso: Xénero, Poder e Feminismos. Emprego BloguES: Xa que mo preguntas, querido… Conato de resposta sobre a violencia protagonizada por menores. Raúl Luceño. Educablog. Para ler e reflexionar: Comezar desde cero. (Tania Merelas) Actuacións Documentos profesionalizadores Avisos 2


XUNTA DE GOBERNO 2018 - 2022

Laura Vilaboy Romero Presidenta Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

Natalia Domínguez Galán Vicepresidenta Área de Desenvolvemento Profesional y Área de Acción Profesional Colexiada nº 0398

Rocío Núñez Rúa Secretaria Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3867

Beatriz Caneda Zamar Tesoureira Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Yovana Miñán Castellanos Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 4970

Laura Casal Figueroa Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0110

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Mercedes González Pazos Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3994

Noelia Rodríguez Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación Colexial Colexiada nº 3408

Sonia González Rodríguez Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3402

Paula Varela Costa Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3680 3


Informe Socioeducativo (ISE), unha ferramenta máis… ou algo máis

TEMA DESTACADO

Dis que o papel o aguanta todo, pero esta profesión da que algunhas facemos forma de vida, é unha profesión na que a procura da excelencia no traballo é algo necesario porque realizamos traballo con persoas, ó carón das persoas, e isto colegas, ás veces mete medo, porque ás veces, só ás veces, influímos na súa vida, sobre todo cando falamos de nenas e nenos, de Xan, de María, de Alba..., polo que atopar unha ferramenta que apoie este traballo non é doado. Sonia González Rodríguez

Un grupo de xentiña con esta paixón compartida levamos anos traballando

Educadora Social.

na elaboración desta ferramenta, anos que dende o grupo de traballo do

Vogal do Ceesg.

Ceesg Abeira, manifestamos a necesidade de poñer en práctica a ferramenta

Coordinadora do grupo de traballo aBeira.

que a priori propoñemos como ISE; necesidade por poñer en valor o traballo

Colexiada nº 3402

traballo socioeducativo poidamos ter a “facilidade” de contar con unha

realizado, necesidade de que as e os profesionais que dedicamos horas ó ferramenta inicial, necesidade de que as persoas que nos fan partícipes das súas situacións de vulnerabilidade e nos mostran diariamente as súas potencialidades poidan aportar a esta ferramenta melloras, pros e contras, críticas..., poidan reclamar profesionalidade en documentos que falan da súa vida. Somos conscientes da importancia de ferramentas de traballo en calquera dos ámbitos de traballo da Educación Social; cando falamos de poñer por escrito situacións que poden influír considerablemente na vida das persoas ás que acompañamos nos seus procesos de cambio é necesario que as ferramentas que utilicemos estean validadas polos e polas Educadoras Sociais e polas persoas das que vimos a falar. 4


Dende Abeira propoñemos esta ferramenta que pretende ser aberta e de mellora continua, que acompañe os procesos socioeducativos que compartimos coa cidadanía e que sirva de apoio a ese proceso, que as persoas coas que traballamos poidan participar dela e aportar porque estarán a aportar en definitiva á narración de momentos da súa vida. Entendo a Educación Social como unha prestación educativa sempre ó servizo da igualdade das cidadás e os cidadáns e da procura continua da xustiza social; cun respecto absoluto ó noso Código Deontolóxico, en especial a principios de profesionalidade e de respecto ás persoas da accións socioeducativa coas que realizamos o noso labor profesional. Por iso, atopar unha ferramenta que asegure estes principios precisa manter aberta a súa elaboración á mellora. É preciso comezar a sentar bases sólidas que promovan esa procura de excelencia profesional; temos unha ferramenta inicial na que distintas profesionais realizaron aportacións, unha ferramenta que xa se está usando e xa serve de referencia nalgúns ámbitos, unha ferramenta que ten nome e apelidos e que debe dignificar a profesión e a narrativa realizada sobre a vida da cidadanía coa que traballamos. O ISE debe ser unha ferramenta máis no quefacer da profesión porque fala de cambio, de vulnerabilidades e potencialidades, de procesos, de dinamismo persoal e social, fala de historias de vida narradas en conxunto coa cidadanía, mais non é unha ferramenta máis dada a súa especial relevancia na priorización dos intereses das persoas sobre as que fala. É un instrumento técnico que podemos utilizar en cada un dos ámbitos de acción da Educación Social, que “serve como ferramenta de información e asesoramento técnico ante a demanda explícita do propio suxeito, a demanda doutro profesional e/ou a existencia dunha situación tipificada na 5


lei que esixe unha intervención socioeducativa”. Precisabamos deste documento para dignificar a narración que realizamos dos procesos socioeducativos das persoas e para dignificar e diferenciar o labor que realizamos como Educadoras Sociais que precisa de pautas claras diferenciadoras que integren constructos teóricos e prácticos da nosa profesión. Pois ben, xa está dispoñible para o seu uso, para a súa crítica e para que a cidadanía aporte propostas de mellora nas narracións que ás veces realizamos da súas vida e do noso labor (www.ceesg.org) Igual que o ISE, remato co meu número de colexiada, número que pretende refrendar o traballo realizado, cousa importante esta porque colegas se non ...pode asinar calquera???? Sonia González Rodríguez. Educadora Social. Colexiada nº 3402.

Enlace para descargar o Modelo de Informe Socioeducativo (ISE)

6


CGCEES

Publicados todos os traballos premiados do concurso de proxectos socioeducativos Memorial Toni Julià Facilitamos o acceso aos traballos premiados nas catro primeiras edicións celebradas ata a data de hoxe do "Concurso de Proxectos de Educación Social Memorial Toni Juliá"

Proxectos premiados: I Edición: “Programa Socioeducativo Comunitario Ingenio-El Puche”, de Domingo Mayor Paredes (COPESA)

II Edición: “El símbolo: una herramienta educativa en la comunidad Manuene”, de Patxi Garcia Alicante (GHEECEESPV)

III Edición: Categoría individual: "Proyecto de intervención socioeducativa en el tiempo libre del mediodía escolar", de Marta Prats Humbert (CEESC) Categoría colectiva: “#Alternajoven. Promoción de la participación del sector joven de Mairena del Aljarafe en su propia salud y ocio”, de Israel Fernández Varela e Carlos Zapata de la Flor (COPESA)

IV Edición: Categoría individual: “Vuela, vuela, la cometa". (Proyecto educativo y de integración social con familias gitanas rumanas en la ciudad de Zamora), de Lorenzo Salamanca García (CEESCYL) Categoría colectiva: “Tarda Jove", LLoret de Mar, de Fundación Servei Gironí de Pedagogia SocialFundació Ser.Gi. (CEESC)

Máis información sobre o Concurso Proxectos de Educación Social Memorial Toni Juliá 7


Reunión co Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias. Representantes do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) mantiveron unha reunión o pasado 14 de setembro con Angel Luís Ortiz González, Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias, e na que tamén participou Eugenio Arribas, Subdirector Xeral de Recursos Humanos de Institucións Penitenciarias. Neste encontro os representantes do CGCEES solicitaron a creación da especialidade de Educación Social no corpo superior técnico de institucións penitenciarias, que na actualidade está formado ou poden acceder xuristas e psicólogos/ as. Púxose en valor a titulación da educación social e acordouse establecer un convenio de colaboración entre ambas as entidades para realizar accións conxuntas de formación neste ámbito. Polo CGCEES participaron Lourdes Menacho, Presidenta, Ricardo Pérez responsable da Comisión do CGCEES e Ignacio Herdeiro, Educador do centro penal de Soto del Real.

8


Conmemoración de Días Internacionais. Como vén facendo ao longo do ano, nos pasados dous meses, o CGCEES animou a activarnos nas redes sociais con motivo de varias conmemoracións, todas elas relacionadas con ámbitos que nos que é necesaria a reivindicación para acadar a xustiza social e o respecto aos dereitos humanos. 

12 de agosto -> #ESjuventud Día Internacional da Xuventude.

21 de setembro -> #edusoESpaz Día Internacional da Paz.

Grazas a todas as persoas que vos sumastes nas redes sociais!

9


Entrevistas a Lourdes Menacho, Presidenta do CGCEES, sobre o acoso escolar. A revista Profesiones, no seu número 174, páxinas 48-49, xullo - agosto de 2018, publica unha entrevista a Lourdes Menacho Vega, Presidenta do CGCEES, na que fala sobre o sitema educativo actual e do papel que a Educación Social pode xogar nel. Ver entrevista da revista Profesiones

Tamén o xornal dixital https://otroperiodismo.com na súa edición do 13 de setembro de 2018, publica outra entrevista a Lourdes Menacho na que se aborda esta mesma temática, e tamén outras relacionadas coa profesión de Educación Social. Ver entrevista de Otroperiodismo

Lourdes Menacho Vega, Presidenta do CGCEES

10


ACTUALIDADE

Máis apoios á Lei de Educación Social Seguen sumándose entidades á petición dunha Lei que recoñeza a Educación Social como un dereito da cidadanía. Nas últimas semanas foron os concellos de Mondoñedo, Viana do Bolo, Barco de Valdeorras, Moaña e Mugardos os que aprobaron o seu apoio en mocións plenarias municipais. Seguimos traballando para dar a coñecer a campaña, e para recabar máis apoios. Non esquezas que tamén son importantes as peticións formuladas de xeito individual. Se aínda non o fixeches, podes descargar o modelo de solicitude e presentalo en calquera rexistro da administración pública, ou no rexistro electrónico da Presidencia do Goberno (para as peticións de lei estatal) ou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (para as peticións de lei galega) Enlace ao modelo de petición dunha lei estatal. Enlace aos modelos de petición dunha lei galega.

Representantes do Ceesg acuden aos plenos nos que se debate sobre o apoio á Educación social, sempre que é posible. Nestas imaxes, Concello de Moaña, Concello de Mondoñedo e Concello de Viana do Bolo.

11


6º concurso TFG.eduso de traballos de fin de grao Recordamos que está en marcha unha nova edición do Concurso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social TFG.eduso, que pretende dar recoñecemento e visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de grao de Educación Social. O prazo de presentación de traballos é ata o 1 de decembro de 2018. Nesta convocatoria poderán participar as persoas que presentasen o seu traballo de fin de grao durante o curso 2017/2018 en calquera universidade galega, incluídos os centros UNED galegos, usando a lingua galega –deste requisito están dispensado o alumnado da UNED- e que acadasen unha nota mínima de 8. Mantéñense, como nas edicións anteriores, dúas categorías diferentes: Educación Social ESTENDIDA (para aqueles traballos centrados en ámbitos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Descargar bases do concurso

12


FORMACIÓN

Curso: acompañamento socioeducativo con mocidade en dificultade social Froito da convocatoria de proxectos de formación realizada o ano pasado, xorde esta formación que ten como obxectivos afondar no corpo teórico e na investigación recente sobre esta temática, potenciar a reflexión sobre a praxe profesional actual e adecuala ás necesidades reais das persoas, e fomentar un facer educativo de calidade e con rigor profesional. Terá en lugar en Ourense, os días 9 e 16 de novembro en horario de tarde. Moi pronto daremos todos os detalles a través da nosa web, e abrirase o prazo de inscrición.

13


Obradoiro teórico-práctico: Xénero, poder e feminismos. Da man do grupo de Igualdade do Ceesg, Fiadeiras, desenvolveremos en novembro o obradoiro teórico-práctico “Xénero, poder e feminismos. Transformando as relacións e os coidados nos grupos”. Neste encontro analizarase de forma crítica as relacións de poder que o xénero establece, ao tempo que promoverá a reflexión e a toma de consciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos. Este obradoiro está dirixido especialmente a persoas que, de forma persoal ou profesional, participe ou dinamice grupos e teña interese en reflexionar e incorporar o feminismo dunha forma transversal dentro dos mesmos. A duración total desta acción formativa é de 12h. que se impartirán durante un día e medio (10 e 11 de novembro). Na nosa web estará pronto dispoñible a información detallada e o formulario de inscrición.

14


EMPREGO Estas son as ofertas de emprego publicadas o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada, recorda consultar frecuentemente a web do Ceesg

Educador/a Social. Vigo Docente de xénero e igualdade. Galicia Educador/a. Vigo T. Media/o Inclusión Social. A Coruña T. de orientación laboral. O Grove T. de orientación laboral. Ponteareas Monitor/a escolar. Terras de Celanova Director/a de obradoiro de emprego. Moaña Profesor/a. Santiago Profesor/a de reforzo educativo. Santiago Profesor/a de reforzo educativo. Ourense 15


Director/a de obradoiro de emprego. Mos Servizos CIM. A Coruña Docentes e Axente de igualdade. Varias localidades Orientador/a laboral. Ferrol Educador/a. Monfero Técnica/o de emprendemento. Santiago Animadoras/es socioculturais. Monforte de Lemos Educador/a Social. Mondoñedo Formadoras/es de formación para o emprego. Vigo Interventor/a sociocomunitario/a. A Coruña Monitoras/es de educación e tempo libre. Boborás Monitoras/es de educación e tempo libre. Lugo 16


T. de formación en medio ambiente. A Coruña Técnica/o social. A Coruña Formadoras/es de docencia para o emprego. A Coruña Monitor/a de lecer e tempo libre. Sada e Miño Persoal técnico delegación Galicia. Galicia Educadoras/es centro de protección. Ourense Técnica/o. Santiago Técnica/o Housing First. A Coruña Técnica/o proxectos institucións penitenciarias. A Coruña Monitor/a de lingua de signos. Ferrol Consultor/a social. Santiago

17


BloguES

Xa que mo preguntas, querido… Conato de resposta sobre a violencia protagonizada por menores Pois xa que mo preguntas, querido parente… xa que mo preguntas, querida amiga… pois algo terei que dicirvos, si. Inquirides alarmadas polos últimos episodios violentos nos que estiveron implicados menores de idade na nosa contorna. Uns sucesos tráxicos, impactantes. E preguntádesme, por wathsapp, tomando un café, a ver que está a pasar, que a ver que opino, se é normal isto, se se nos foi das mans, que a ver que facemos cos angelitos (sic)

Raúl Luceño

aos que atendemos… etcétera.

Educador social. Equipo Educablog.

E preguntádesmo tamén, claro, ante os centos de páxinas, ante os numerosos

Educablog

que o facedes buscando atopar algo de claridade ante tanta maraña de

@rluceno

opinións… entendedes, supoño, que polo feito de traballar diariamente con

artigos, fronte ás numerosas conversas na cafetería ou na peixaría… entendo

rapaces e rapazas, podo achegar esa claridade que demandades, que poderei dar resposta á necesidade de explicar o inexplicable… pero, sabedes que? As respostas non son fáciles, queridos. Sinto informarvos que, nestes casos (como en moitísimos outros), non hai variñas máxicas nin solucións ao alcance da man. Ademais, a pesar de ser expertos e expertas, tamén necesitamos dixerir o que está a pasar. Ler, escoitar, falar, tratar de entender. Pero ben, xa que mo preguntas, querida familiar, xa que mo preguntas querido amigo… expoñerei unha especie de vomitona que, co paso dos días, fun acumulando e que, espero, vos poida (e me poida) servir… espero poder contestarvos a algo do que nos expondes nas seguintes liñas, aínda que, como vos dicía, non vos poida dar grandes conclusións ou remedios e, ademais, quizais nin sequera esteades de acordo con algunhas das cousas que leades… Preguntades, por exemplo: evoluciona de forma máis violenta ou agresiva a 18


mocidade actual que a de antes? Persoalmente considero que, facendo o exercicio de lembrar como eran (eramos) hai unhas décadas e admitindo, por tanto, que esta práctica non achegará evidencias xa que está baseada en percepcións, diría que, desgraciadamente, pelexas, agresións, roubos e mesmo asasinatos nos que estiveron implicados menores de idade ocorreron case sempre. Quizá me chame a atención a saña ou a crueldade coa que, agora, se dan neste tipo de situacións ou noutras como, por exemplo, o acoso escolar. Unha excesiva violencia, unha agresividade gratuíta, na que a empatía e a consideración brillan pola súa ausencia. Tamén resulta rechamante, baixo o meu punto de vista, a falta de respecto ao mundo adulto, mesmo á de máis idade, que indica unha perda de referenciabilidade cara ás e os que, antigamente, si lograban infundir respecto ou autoridade. En ambos os casos, que quede claro, devanditos aspectos parécenme sintomáticos destes tempos, non representativos ou relevantes. Por outra banda, creo que habería que complementar esta resposta aludindo, unha vez máis, á cabeza fría. Creo que ás veces as nosas percepcións poden verse alteradas polos veloces relatos que xera a propia actualidade ou pola (sobre)exposición mediática que fai que, a diferenza de outrora, estes episodios teñan agora un maior eco, unha maior repercusión. De feito, moitos estudos apuntan a que os índices de delincuencia na nosa contorna diminuíron, dato que, como comentamos, choca con esa percepción (aumentada?) social. Así mesmo e xa que sinalo parcialmente aos medios de comunicación, non estaría de máis lembrar que, a pesar de que non teñan presenza mediática xeneralizada, a maioría dos mozos e mozas non cometen actos violentos; os sistemas de protección e os servizos sociais, aínda cos seus fallos, funcionan; e son moitos (a maioría) os casos de éxito que se dan mesmo con menores que puideron chegar a delinquir e que saíron adiante sen volver facelo. Insisto en que estas situacións non adoitan aparecer reflectidas mediaticamente e, como ben sabemos, se non aparecen nos 19


medios, parece que non existen. Tamén vos cuestionades ou nos cuestionades acerca de que é o que leva a un menor de idade, a unha adolescente, a un mozo, a unha moza para delinquir, ás veces en formas moi violentas. Preguntades polas causas, non? Na miña opinión, son multifactoriais: problemas de saúde mental, unha contorna empobrecida, ausencia de valores, déficit educativo como consecuencia dunha situación familiar desestruturada, unha ausencia de acompañamento ou de referentes adultos como froito, á súa vez, dunha cada vez maior tendencia ao individualismo ou, dito doutra forma, á desaparición dunha rede comunitaria (a famosa tribo), un sentimento de primariedade e de esixencia exacerbado entre os menores (“quéroo agora e quéroo xa”), unha importante carencia de límites e normas, etc… eses, máis e a propia interacción entre eles. E é aí, amigos, familiares, onde actuamos. Tratamos de identificar as causas e tentamos incidir de forma preventiva para que non ocorran sucesos tan desgraciados. Pero isto, ides permitir, creo que é un labor de todos e todas: familia, veciñanza, barrio, profesorado, medios de comunicación, etc. De feito, outra das nosas responsabilidades como educadores sociais é, precisamente, tratar de propiciar un cambio de paradigma social no que nos impliquemos todos e todas e que poña o acento no respecto, a cooperación, os valores… e dea menos valor á competitividade, á satisfacción inmediata dos nosos desexos… os adultos, a tribo, a sociedade habemos de predicar co exemplo, de forma que algúns destes mozos e mozas poidan 20


volver atopar referentes que lles sirvan ao seu arredor. Dito o cal, aínda enumerando algunhas das posibles causas que poidan explicar determinados comportamentos aberrantes, é necesario resaltar ese cualificativo de posibles. É dicir, non habemos de caer en preceptos deterministas. Ou sexa, non todos os menores con problemas de saúde mental, non todos os menores que viven en situacións de pobreza, non todos os menores que poden vivir en familias desestruturadas, etc… teñen porque acabar asasinando ou agredindo a ninguén, non teñen porqué acabar delinquindo. Aludides tamén a mensaxes que escoitades tipo: “Man dura, man dura é o que se necesita”. “Rebaixar a Lei penal”. “Que volva a mili”. Si, querido amigo, querido parente… sei que estas mensaxes circulan por aí. E sei que moitos dos que puidésedes ler ata aquí, o exposto ata agora quizais non vos sirva. A pesar diso, penso que a resposta para dar non pode ser outra. Sigo crendo firmemente en que a nosa liña ten que seguir baseándose na prevención, na incidencia nas causas expostas, na educación social. Pero tamén creo que as e os profesionais que nos decantamos por isto e apostamos polo exposto, debemos escoitar esas voces que piden outras formas de actuación, aínda que non as compartamos. Creo que debemos redobrar esforzos para, aínda mantendo o noso discurso, non afastarnos da poboación que pide unha resposta máis eficaz, máis visible. Non podemos situarnos exclusivamente nun plano teórico, situarnos como gurús, lonxe do chan que pisan, que pisamos todas as persoas. Teremos que acompañar aos mozos e mozas que cometen delitos, claro, pero tamén ás persoas que os sufriron e, nese sentido, creo necesario lembrar que identificar as causas que poden explicar estes fenómenos violentos e que nos serven para traballar, non xustifican, non poden xustificar estes episodios. E creo necesario lembralo porque vexo que, moitas veces, esquécesenos. De feito, persoalmente, considero que algúns destes mozos e mozas teñen que ser plenamente conscientes de que o que fixeron é moi grave. Insisto: 21


poderáselles acompañar, poderase estar á beira deles e delas para facerlles ver que, nalgúns casos, o que fixeron ten ou pode ter unha explicación pero que esa explicación non lles exime de responsabilidade e que os seus actos han de ter consecuencias. Se non somos capaces de transmitirlles iso, se non son capaces de comprender esa relación causa-efecto, ao meu xuízo, non lles estaremos axudando. Estimo, á súa vez, que un afastamento pola nosa banda da xente do montón, se damos unha precaria resposta a estes acontecementos, sen querer, estamos dando ás a aquelas voces que pretenden impoñer modelos excesivamente autoritarios, excluíntes e discriminatorios. En moitas ocasións, estes sucesos son o caldo de cultivo ideal para demandas que contraveñen os dereitos de moitas persoas (menores e adultas). Tamén nos tocará estar aí para contrarrestalos, claro, pero, como dicía, igual podemos facer máis para desactivalos previamente. En fin, creo que, grosso modo, respondín a algunhas das preguntas que me fixestes chegar estes duros días. Poida que mesmo tratase de responderme a min mesmo a interrogantes que me xurdiron. Non sei se o conseguín adecuadamente en ambos os casos e teño a impresión de que hai moito máis por tratar a este respecto. Encantado estarei de lervos a quen vos apeteza participar deste debate.

Artigo publicado o 26 de xaneiro de 2018 en www.educablog.es

22


PARA LER E REFLEXIONAR

Comezar desde cero.

Voces de mulleres recuperando as súas vidas. Tania Merelas Ano: 2017

As violencias machistas son un eixo que vertebra ás sociedades patriarcais nas que vivimos. A humillación, a dor, a submisión, o auto-abandono, a inseguridade persoal, é dicir… o medo, son accións que, exercidas sobre as mulleres, conseguen reproducir unha orde xerárquica androcéntrica e patriarcal. Este é un libro coral no que a autora é quen de atopar un pulso narrativo que se sitúa entre o ensaio e o informe de investigación. Desde unha sólida estrutura teórica, e con intelixencia analítica, aborda un tema complexo e formula preguntas incómodas que nos alonxan da zona de confort para adentrarnos noutras olladas das violencias machistas. Esta obra quere (e consígueo) considerar ás mulleres coma persoas fortes, con capacidade individual e colectiva para superar unha situación de tortura e terror que marcará as súas vidas para sempre. Esta realidade deberá ser considerada como unha enorme fortaleza para as mulleres xa que se sitúa ao agresor como perdedor ao non conseguir o seu obxectivo: a escravitude física e emocional das súas parellas.

Publicación dispoñible na

23


ACTUACIÓNS

Nada sobre nós sen nós. Faladoiro con VIGalicia O pasado 28 de setembro contamos no Ceesg coa presenza de representantes de VIGalicia, asociación sen ánimo de lucro que promove a autonomía persoal e o empoderamento das persoas con diversidade funcional. Nun faladoiro aberto á participación de calquera persoa interesada no tema, trasladáronnos a súa filosofía e ideario a favor da vida independente. Faláronnos das necesidades que teñen as persoas con diversidade funcional para vivir de forma independente, e da necesidade de superar o modelo médico-rehabilitador, a través do impulso da asistencia persoal e da accesibilidade universal. Trátase sinxelamente de facer valer o dereito de toda persoa con diversidade funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia, e participar activamente na vida da súa comunidade, igual que calquera outra cidadá/n. Unha idea moi sinxela, pero cunha visión transformadora, que pode supoñer unha revolución ou un cambio de sentir respecto das persoas con diversidade funcional.

E tamén...  Reunións do Foro de Inmigración.

 Xuntanzas individuais con todos os grupos

 Asistencia á presentación do libro ‘A historia de

parlamentarios: Popular, BNG, PSOE e En Marea.  Reunións de traballo das áreas de Comunicación e Participación Colexial, Desenvolvemento profesional, Xunta de Goberno, Grupo de traballo Geix.  Reunión coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.  Asistencia aos plenos municipais nos que se aprobou o apoio á regularización do dereito á Educación Social: Concello de .O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, Moaña, e Mugardos.

    

Lambarí’ Participación na xornada de benvida ao alumnado de Educación Social da Universidade da Coruña. Reunión co Decanato da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Reunión coa Secretaría Xeral de Igualdade. Alegacións ao proxecto de decreto da Risga. Participación na Comisión de Coeducación do Consello Galego das Mulleres. 24


O/A Educador/a Social... «Non avalará nin encubrirá coa súa titulación a práctica profesional realizada por persoas non tituladas e/ou non habilitadas. Así mesmo, denunciará os casos de intrusión profesional cando cheguen ao seu coñecemento»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Normas deontolóxicas xerais.

O/A educador/a social en relación á súa profesión. Artigo 11 25


AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Debe axuntarse fotografía da/o autora/autor. Os artigos deben utilizar unha linguaxe inclusiva e non sexista.

26


ceesg.gal Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia @GaledusoCeesg

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas) 15707 Santiago de Compostela 981552206

Geix Ceesg Escaravellando Grupo de Infancia e Adolescencia aBeira Ceesg Fiadeiras Ceesg

A Eira do Ceesg

27

Boletín do Ceesg


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.