Page 1

Algunhas suxestións para agasallar. Canto frío vai no aire e canto pesar na terra, que é tan doce na compaña, e na soidade tan fera! (Do libro, E haberá tirón de orellas? de Mª Victoria Moreno, Letras galegas, 2018).

Imaxe baseada nas ilustracións de Leandro Lamas.

Nos primeiros anos da lectura, a voz de mamá ou de papá navegando entre as liñas dun libro, vai quedar unida para sempre aos recordos gratificantes, e, por tanto, vai potenciar o hábito lector. Pero agora que se achegan unhas datas de ilusión e agasallos, como podemos seleccionar os libros máis axeitados para as e os primeiros lectores? -A ilustración é moi importante nestas idades. Os formatos teñen que ser rechamantes, sorprendentes, que permitan a manipulación e, sobre todo, a súa participación con repetición de frases, con pictogramas, buscar obxectos... -A trama debe ter un inicio, un nó e un desenlace, escrita cunha linguaxe sinxela e sonora. Neste senso son moi interesantes os libros de poemas para recitar e cantar, e ao tempo, fáciles de memorizar. Hai que procurar que haxa dúas ou tres palabras novas para aumentar o seu vocabulario. -En canto ás temáticas, os libros de fadas, cabaleiros, animais que falan..., soen estar entre os seus favoritos, pero hai que evitar os que desenvolven o sexismo. É un bo momento para introducir libros sobre hábitos, rutinas, bos modais..., para que aprendan a importancia de compartir, de ser xenerosos. E tamén libros que lles axuden a recoñecer as súas emocións e superar temores (ir ao médico, durmir ás escuras...) - Os libros informativos sobre conceptos básicos (letras, contrarios, cores, animais, formas, números, natureza, ciencia, outras culturas ou civilizacións… ), tamén espertan o seu interese, así como os primeiros cómics.

En calquera caso, estas son recomendacións xerais. Vostedes son quen mellor coñecen os seus intereses, mais non esquezan que, desde os afectos, é desde onde mellor se entende e, por tanto, desde onde mellor se le.

Xa pode considerarse que as nenas e os nenos entre oito e dez anos adquiriron unha autonomía lectora, pero hai grandes diferenzas debido ao seu grao de madurez. Nun principio, gustaranlle os contos marabillosos de fadas e personaxes extraordinarios, con narracións onde haxa moita acción, e nas que predomine a sorpresa. Os cómics de historias sinxelas, forman parte das súas preferencias, e tamén a poesía, sempre e cando haxa un argumento nos poemas, xa que aínda amosan dificultades para entender a linguaxe figurada. Ao mellorar a competencia lectora, vanlle interesar personaxes con problemas e aventuras coma os seus, polo que se vai proxectar nos seus argumentos. Así pois, comezará a demandar coleccións. É unha etapa na que todo lles interesa e están abertos a calquera temática: misterio, contos fantásticos e clásicos, biografías, deportes e xogos, pobos afastados, animais, inventos, ciencia e experimentos ... En definitiva, un momento clave no desenvolvemento do hábito lector, e que a nivel de familias se pode potenciar: 

Reflexionando e lendo con elas e con eles.

Preguntándolle polas súas impresións.

Vinculando as historias coas súas vivencias persoais, cos seus medos, con todo o que papá e mamá coñecen, pero que ignora o seu profesorado.

 Desligando a lectura para aprender da que elas e eles elixen por pracer e, sobre todo, protexendo ese espazo de diálogos e afectos que sempre constituíu un libro.

A partir dos dez anos, as nenas e os nenos inician a súa etapa final na educación primaria, e observamos que pasan moito tempo diante das diferentes pantallas. Non hai que desesperarse, senón darlles ánimos nesa lectura social que agora se comparte na rede, axudándolles a crear un blog, a visitar unha librería virtual ou mergullándose na páxina dixital das autoras ou autores favoritos, ou na dos seus heroes ou heroínas. Hai que entender que aínda que o soporte sexa diferente, a competencia lectora desenvólvese tamén con estes dispositivos. Así que hai que acompañalas e acompañalos nesas novas formas de lectura, sen deixalos sós... Ben é verdade que nestas idades o estímulo máis poderoso cara a selección dos títulos, constitúeno o grupo social dos seus iguais, polo que as preferencias varían de ano a ano e segundo as modas. En calquera caso, é un momento no que queren ver reflectido nas lecturas a súa propia realidade (situación familiar, relación coa cuadrilla, primeiros amores...), coma un espello das súas dúbidas, temores e incertidumes. Pero tamén hai moitas nenas e nenos atraídos por biografías, ensaios, e a divulgación científica... E a poesía? Seguen escribindo nas axendas e cartafoles versos e estrofas, palabras de amor ou proclamas de rebeldía. Entón, por que renunciar a brindarlles textos desde os que poidan "lerse e escribirse mellor" ? En definitiva, están nunha etapa na que se van formando os propios gustos e opinións sobre a tipoloxía de textos, polo que é habitual que sexan moi fieles a un subxénero, e mesmo a unha saga, autor ou autora; pero tamén hai quen é máis proclive ao transbordo e ao descoñecido. Do que non hai dúbida, é de que lles gusta falar sobre as historias lidas e o que descobren nelas; recomendacións e coloquios que se poden establecer nos clubs de lectura, entre a familia e tamén na rede. https://www.lauragallego.com/

http://lediciacostas.com/gl/

http://www.gmoure.es/

monicarodriguez.es/

anaalonsoyjavierpelegrin.com/

Enlaces de interese para a promoción da lectura e da escritura:

- https://www.galiciale.gal/ (plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas).

-http://www.canallector.com/ (diversas propostas de lectura e audiovisuais). -http://www.lecturalab.org/ (páxina da Fundación Germán Sánchez Ruipérez con consellos, guías, seleccións de libros e máis ferramentas gratuítas en lingua española).

-http://orellapendella.gal/ (páxina para difundir a literatura popular infantil de Galicia). - galiciaencantada.com (enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa).

- coordinadoraendl.org/musicainfantil/ (recompilación de música infantil en galego). - bibliolulu. blogspot.com (blog da biblioteca do CEIP López Ferreiro con suxestións para a comunidade educativa e con recompilacións das actividades realizadas).

Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro

Suxestións para agasallar no Nadal  
Suxestións para agasallar no Nadal  

Algunhas suxestións e indicacións para non esquecerse da lectura no tempo deNadal.

Advertisement