LOITANDO POLA TERRA, CONSTRÚESE A PAZ.

Page 1

JANE GOODALL

JANE, OS CHIMPANCÉS E OS

BOSQUES TROPICAIS

En 1960, unha inglesa moi xove chamada Jane Goodall aterrou nas beiras do lago Tanganica para estudar aos chimpancés. Durante varios meses, tratou de aproximarse a eles para examinar o seu comportamento; oíaos e vía as súas pegadas por todas as partes, pero non lle deixaban achegarse. Jane, non obstante, non se rendiu e un bo día eses chimpancés que a estiveran observando, baixaron das árbores e achegáronse a ela. Foi así como soubo que a aceptaban e iniciou unha convivencia de máis de cincuenta anos.

Grazas as súas investigacións, hoxe coñecemos moito sobre esta especie e como se separaron da evolución humana.

Ademais, Jane Goodall segue a defender estes animais que ven ameazado o lugar onde viven, os bosques tropicais africanos, pola mineiría, a tala de árbores e caza furtiva.

PETER WILLCOX

Grenpeace é unha organización independiente ecoloxista internacional que traballa para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade en todas as súas formas, previr a contaminación e promover a paz, o desarme e a non violencia.n un barco chamado o Rainbow Warrior, do que foi capitán, durante máis de corenta anos, Peter Willcox.

Peter e a súa tripulación perseguiron aos barcos baleeiros no Xapón e aos cazadores de focas no Canadá, impediron probas nucleares no océano Pacífico e paralizaron plataformas petrolíferas no océano Gñaciar Ártico.

A pesar de ser detido e preso en numerosas ocasión, Peter Willcox e o Rainbow Warrior seguen, aínda hoxe, navegando para defender o medio ambiente onde máis se lles necesita.

Berta Cáceres

ndíxena que habita entre son fundamentais para a nas súas augas habitan eres protexeron durante rno de Honduras decidiu eléctrica no río xuda a Berta Cáceres.

Berta encargouse de organizar a resistencia pacífica a este proxecto que pretendía privatizar o río para o beneficio duns poucos. Sufriron

ameazas e agresións, pero o pobo lenca

conseguiu que as máquinas e os operarios non chegaran ata o río

Deste xeito, o proxecto foi abandoado e hoxe o río Gualcarque segue pertencendo a toda a comunidade. Berta sabía que o conseguirían, pero esta loita custoulle a súa propia vida.

Wangari Waathai

Wangari foi aprimeira muller africana en gañar un Premio Nobel da Paz e a primeira persoa que o lograba por defender a natureza.

Preocupada pola gran deforestación que sufría o seu país, Kenia, fundou xunto a un grupo de mulleres o Movemento do Cinto Verde, grazas ao cal plantáronse máis de corenta millóns de árbores en toda África. Para Wangari, plantar unha árbore supoñía non só un pequeño xesto polo planeta, senón tamén unha maneira de erradicar a pobreza mediante a creación de postos de traballo, a produción de alimentos e combustibles para a comunidade dun modo sostible.

Para ela, as árbores

eran un símbolo de paz e de esperanza, por iso hoxe é coñecida como a “Muller árbore”.

VANDANA SHIVA

No interior das sementes hai unha planta que medra; esta dará froito e del saírán novas sementes. Os agricultores de calquera parte do mundo sábeno, e durante millón de anos seguiron este ciclo natural.

Na atualidade,algunhas

multinacionais, cambian esas sementes por outras modificadas para así conseguir unha maior producción. Os agricultores que queiran plantar estas novas sementes, teñen que compralas, o que provoca que moirta xente se arruíne e que desaparezan os cultivos tradicionais.

A india Vandana Shiva aprendeu de Gandhi que a suma de pequenas accións podía conseguir grandes cambios. Por iso decidiu crear unha rede para protexer e conservar as sementes tradicionais e que os agricultores as pudieran compartir libremente.

Deste xeito, Shiva salvou a milleiros de persoas que vivían da terra da pobreza, promovendo a biodiversidade e a agricultura sostible.

WILLIAM KAMKWAMBA

A CREATIVIDADE AO

SERVIZO DA COMUNIDADE.

Malaui é un dos países máis pobres e pequenos de toda África. Alí naceu William Kamkwamba, quen tivo que deixar moi pronto a escola pois a súa familia non tiña con que pagala. Pese a isto, William pasaba tardes enteiras na biblioteca tratando de aprender pola súa conta.

Nunha ocasión, atopou un libro sobre enerxías renovables e xurdiulle unha idea.

Xuntou materiais de desfeito e as partes dunha vella bicicleta para construir un muíño de vento. Ao principio, tivo que soportar as burlas e as risas do vecindario, pero iso acabou cando conseguiu acender as luces e a radio da súa casa.

Pouco a pouco, William Kamkwamba construiu máis e mellores muíños, grazas aos cales a súa comunidade obtiña unha enerxía limpa e renovable. Tamén ideou unha bomba de auga coa que mellorou a calidade de vida do seu pobo, especialmente das mulleres e das crianzas, que eran as persoas encargadas de ir pola auga a moitos quilómetros.

ALETA ALETA BAUN BAUN

Unha muller que loitou contra as grandes empresas mineiras

Aleta Baun é de Indonesia. Perdeu á súa nai cando era unha nena. As mulleres e as persoas máis vellas da súa comunidade encargáronse de criala, transmitíndolle unha forte conexión entre a natureza e as persoas.

Por iso, cando quixeron abrir unha mina que ameazaba con destruír unha das súas montañas sagradas, Aleta percorreu toda a illa na busca de axuda. As mulleres, que sempre se encargaran de obter alimentos e medicinas desas mesmas montañas, sentáronse na entrada da mina, ocupándoa de maneira pacífica. Ao mesmo tempo, texían alí os seus vestidos tradicionais, como unha forma de resistencia silenciosa.

Mentres, os homes coidaban do fogar e das súas crianzas.

Grazas ao seu esforzo, o proxecto suspendeuse. Hoxe, esa montaña segue a ser un lugar onde amosar que estamos unidos pola natureza e que esta debe respectarse como parte da nosa identidade.

SHEILA WATT-CLOUTIER

1
A P R E S E N T A T I O N B Y S I R R O N A L D D E C K

Myth #2

Sheila forma parte da comunidade inuit de Canadá. De nena, desprazábase a calquera parte cun trineo tirado por cans, e todo canto necesitaba a súa comunidade, podíallo ofrecer as augas xeadas do Ártico.

Pero cando regresou da universidade, comprobou que o seu mundo estaba desparecendo: a caza escaseaba, borrábase a pegada dos camiños e as casas próximas á costa, eran traf¡gadas polo mar. O xeo derretíase, e así poñíase en perigo a existencia do seu pobo e a dos seus seres queridos.

8

Comorepresentantedos inuit,Sheilademandou aosEstadosUnidos,e demostrouquea emisióndegases nocivosestabana orixedoaumentoda temperaturaque derretíaoxeo.

Asúademandafoia primeiraacciónlegal contraocambio climático,edemostrou queoquecemento globaltaménéunha defensadosdereitos humanos.

CHICO MENDES, O GRAN DEFENSOR DA AMAZONÍA.

Naceu en 1944 na Amazonía brasileira.

Comezou a traballar aos nove anos como recolector de caucho na selva amazónica, considerada o pulmón verde do planeta.

Pero os donos das terras, querían acadar máis productividade de madeira e aumentar a explotación de recursos mineiros e petrolíferos. Xorde entón o temor en Chico Mendes de que moita xente pode perder o seu medio de supervivencia: a selva. Uniu a xente campesiña, traballadora, política e ecoloxista co obxectivo de protexer o Amazonas.

Para iso creou un sindicato e mais o Partido dos Travalhadores.

Pouco a pouco a súa loita foi coñecida en todo o mundo, e mesmo participou nun documental de televisión no que denunciaba a norte de milleiros de indíxenas porque o goberno brasileiro lle destruíra o seu hábitat. El reinvindicaba que o desenvolvemento sen destrucción era posible e necesario.

Pero as súas opinións chocaban cos intereses económicos doutra xente. Por iso, en 1988, asasinárono.

Coa súa morte, a xente de todo o mundo tomou conciencia da destrución do Amazonas, así como da violación dos dereitos dos indíxenas.

Ademais, «Chico» converteuse nun referente coñecido polo seu amor á selva e por entender que protexela non é coidar unhas árbores, senón salvagardar o fogar no que todas e todos vivimos: a Terra.

https://www.fundacionaquae.org/wiki/chico-mendes/

T E X T O A D A P T A D O D E :

ÁNGELVILAEOBARCOXURELO:AVALENTÍADAXENTEANÓNIMAQUESALVOU ASNOSASRÍAS

Enfronte da costa galega atópase a Fosa Atlántica, lugar empregado por gobernos europeos no século pasado para botar os bidóns con residuos nucleares.

.Ante as consecuencias que iso podería ter para a pesca galega, e polo tanto para o xeito de vida de milleiros de persoas, Ángel Villa, como capitán do barco pesqueiro

Xurelo de Ribeira, decidiu poñer rumbo cara a fosa

atlántica xunto a outros activistas. O seu obxectivo era impedir que unhas naves

holandesas botaran 6.800

toneladas de residuos.

Non recibiron ningunha axuda por parte das autoridades, polo que só albiscaron dous navíos escoltados por dúas fragatas. A pesar diso, cando regresaron, foron recibidos como heroes.

Ao ano seguinte, o Xurelo volveu partir, mais desta vez apoiado por outros dous pesqueiros e o Sirius, barco de Greenpeace. Coas súas lanchas puxéronse debaixo das grúas que lanzaban os bidóns ao mar, ata conseguir que parasen.

A fazaña foi noticia en todos os xornais e nas televisións, e deste xeito, o Xurelo cambiou os mares do mundo e converteuse no símbolo da loita antinuclear.

O seu patrón, Ángel Vila, foi esquecéndose na memoria colectiva e o Xurelo afundiuse en novembro de 2002… No mesmo mes, e no mesmo ano, que sucedía a traxedia do Prestige.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.