SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Page 1

POÉTICAS DIVERSAS é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propuxo ás bibliotecas escolares para este curso 2018/2019, A biblioteca do López Ferreiro, téndoo en conta, achegou as familias ao texto poético a través do obradoiro Ler en Familia. Debemos ter en conta que a poesía é ritmo, música... pero especialmente sentimento. A mellor poesía será a que teña a capacidade de asombrar, de desvelar misterios ou de crealos, de achegarnos a realidades que só existen nela. Na orixe do texto lírico temos que falar, en primeiro lugar, dos textos poéticos de tradición oral: lerias, arrolos, trabalinguas... Moitos deles non foron escritos pensando nos nenos e nas nenas, outros téñenos como protagonistas e obxecto... Debido a que posúen unha forma sinxela e un ritmo moi marcado, os/as nenos/as axiña se fan con estes textos tradicionais e empezan a empregalos nos seus xogos. Estas composicións rítmico-literarias, que foron infravaloradas durante moito tempo, teñen un grande valor pedagóxico e son importantísimas para traballar as emocións, a lingua, o ritmo, a música.... En segundo lugar está a poesía escrita para nenos e nenas. En Galicia hai moita boa poesía escrita para nenos/as e grandes autores/as: Manuel María, Antonio García Teijeiro, Helena Villar, Ana María Fernández, Xoán Babarro, Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda... En terceiro lugar estaría a poesía que os pequenos e as pequenas crean, ben porque xorde espontaneamente ou ben porque a persoa adulta a provoca a través, por exemplo, da invitación a crear frases poéticas, a facer xogos de rimas, a cambiar palabras nun poema coñecido para obter un novo poema... Aínda así, non podemos falar de nenos/as poetas, pois falta capacidade reflexiva e faltan coñecementos sobre a poesía, pero si de nenos e nenas que realizan expresións poéticas. Malia que se adoita insistir en que non hai máis que poesía, sen cualificativos, non se pode negar a peculiaridade dunha poesía escrita para nenos e nenas. Dun ou doutro xeito, existe, é poesía destinada ao público infantil e xuvenil.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN by Carmen165 - Issuu