1 minute read

WILLIAM KAMKWAMBA

A Creatividade Ao

SERVIZO DA COMUNIDADE.

Advertisement

Malaui é un dos países máis pobres e pequenos de toda África. Alí naceu William Kamkwamba, quen tivo que deixar moi pronto a escola pois a súa familia non tiña con que pagala. Pese a isto, William pasaba tardes enteiras na biblioteca tratando de aprender pola súa conta.

Nunha ocasión, atopou un libro sobre enerxías renovables e xurdiulle unha idea.

Xuntou materiais de desfeito e as partes dunha vella bicicleta para construir un muíño de vento. Ao principio, tivo que soportar as burlas e as risas do vecindario, pero iso acabou cando conseguiu acender as luces e a radio da súa casa.

Pouco a pouco, William Kamkwamba construiu máis e mellores muíños, grazas aos cales a súa comunidade obtiña unha enerxía limpa e renovable. Tamén ideou unha bomba de auga coa que mellorou a calidade de vida do seu pobo, especialmente das mulleres e das crianzas, que eran as persoas encargadas de ir pola auga a moitos quilómetros.