Unha rota mitoloó xica: outra guíóa para conñ ecer Santiago de Compostela
En calquera proxecto, o traballo cooperativo debe ser a guía para chegar a bo porto. Neste caso, debemos agradecer o traballo do profesorado do CEIP López Ferreiro, pero tamén moi especialmente dalgúns membros da nosa comunidade educativa: - En primeiro lugar, á profesora de literatura galego-portuguesa da Universidade de Santiago, Isabel Morán Cabanas, que nos amosou que polas rúas da cidade naceu unha das mostras da lírica máis fermosas da literatura universal. -Tamén ao profesor de Inxeniería cartográfica, xeodésica e fotogramétrica, Francisco Alberto Varela García, da Universidade da Coruña. Sen el, non sería posible subir os contidos á aplicación Emapic, e, por tanto, amosar o noso traballo fóra dos límites da comunidade educativa. - Á Sociedade Española de Estudios Clásicos (sección Galicia), polo material e asesoramento ofrecido. - Grazas tamén ao Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago, pola valoración do noso proxecto. E, por suposto, un agradecemento especial a todas as nenas e a todos os nenos que se involucraron nunha iniciativa á que dedicaron moitas horas do seu tempo, e mesmo do seu lecer.
1