Memoria ano 2009

Page 2

MEMORIA DO EXERCICIO 2009 0.- Titularidade e razón social: Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños Presidenta: Mª Carmen Pernas Leivas Tremiñá nº 62 32300O Barco de Valdeorras (Ourense) Tfn.: 620436015 CIF: G-32311441 1.- Obxectivos que pretendemos principalmente son: ✔ Promover o benestar socio- cultural das asociadas e a mellora da súa calidade de vida, aproveitando o medio rural como xerador de recursos para a formación e desenvolvemento persoal e social. ✔ Coidar o medio rural como valor propio ademáis de asesoramento e axuda ás persoas que o precisen. ✔ Manter festas e tradicións que se estaban a perder, facendo partícipes delas a nenos/as e mozos/as. ✔ Traballar pola cultura local e comarcal. ✔ Fomentar o asociacionismo como elemento integrador da comunidade. ✔ Fomentar o intercambio de coñecementos. ✔ Participar en intercambios culturais con outros concellos e outra asociacións. ✔ Integrar a toda a xente que estea interesada nalguna das actividades da asociación: mozas/os, inmigrantes aínda que pertezan a outros concellos. ✔ Representar a nosa aldea nas activides propostas polo Concello. ✔ Participar en obradoiros de carácter cultural e formativos. 2.- Poboación á que vai dirixida. A Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños está formada por 150 socias aínda que con frecuencia se organizan actividades, xuntanzas, festas ou obradoiros nos que colaboran e participan tanto homes coma mulleres non asociados que se ven beneficiados polas actividades plantexadas por esta asociación (Ex: Magosto pupular, Mercado Medieval, Xogos Populares, Entroido). 3.- Metodoloxía a seguir. Tódolos anos no mes de setembro convócanse unha xuntanza para presentar todas as propostas de activides e o posible calendario do "curso". Unha vez discutidas en asamblea xeral, procédese á votación e así quedan clarificadas as actividade que se levarán a cabo durante o ano: obradoiros, excursións, cursos, normas de funcionamento xeral, horarios... Estas reunións organízanse de xeito trimestral para ir adecuando os obxectivos plantexados á realidade do momento e facer os cambios necesarios que poidan ir xurdindo, así imos facendo unha avaliación progresiva das distintas actividades e o seu desenvolvemento. Para todo esto contamos cun local dotado do mobiliario básico: mesas e cadeiras, e un ordenador.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.