Vocabulario temas 1,2,3,4 e 5 (2º ESO-Edit.Xerais)

Page 1

Vocabulario corrixido do tema 1 - (Os oficios e profesións)

Aderezar: 1.- Dar sabor a unha comida por medio do sal e doutros condimentos (condimentar, sazonar, adornar, axeitar, dispoñer, dispor, preparar. 2.- Cubrir de adornos ou aderezos (adobiarse, engalanar, engalanarse). Albanel: Mestre ou oficial de albanelaría. Albeite: Curador do gando que non ten titulación. Nalgúns sitios, curandeiro ou compoñedor de ósos que trata ás persoas sen ter título. Alcume: Nome inventado, alusivo a unha calidade ou circunstancia,que se lle dá a unha persoa. Aparefusar: Acción que se fai co aparefusador que serve para poñer parafusos (cast.:“tornillos”). Aparellador: Que, ou quen, aparella. Técnico de construción titulado, auxiliar do arquitecto. Aprender: Adquirir un coñecemento polo estudo, a práctica ou a experiencia. Arquitecto: Persoa que profesa a arquitectura – proxecta e deseña os planos dos edificios e dirixe a súa construción. Aula: Sala onde se imparten cursos ou clases. Bocoi: Recipiente de madeira para o viño, máis grande ca o (que o, có) barril e ca a (que a , cá) pipa, con capacidade de entre 300 e 700 litros. Calefactor: Que quenta. Técnico que entende de calefacción. Aparello que produce calor. Canteiro: Persoa que traballa a pedra para a construción. Carpinteiro: Persoa que ten por oficio traballar a madeira. Carpintaría: Taller ou tenda onde traballa o carpinteiro. Oficio ou arte do carpinteiro. Cerralleiro: Persoa que vende ou compón pechadoras, chaves ou cadeados. Cesteiro: Persoa que fai, repara ou vende cestos ou cestas. Cirurxián: Persoa que profesa a cirurxía. Cocer: Ferver os alimentos para que sexan máis comestibles.


Cociñeiro: Persoa que cociña ou ten por oficio cociñar. Comadroa: Muller que asisite ás mulleres no parto, especialmente a titulada. Confeiteiro: Persoa que ten por oficio facer confeites (doces de pastelaría). Contratista: Persoa dedicada a facer obras por contrata. Cortar: Dividir unha cousa ou separar as súas partes mediante un instrumento afiado. Costureira: Muller que ten por oficio cortar e coser vestidos ou outras pezas de roupa. Ebanista: Persoa que traballa en ébano e outras madeiras finas. Carpinteiro especializado. Escuadrar: Labrar ou dispoñer un obxecto de modo que as súas caras planas formen entre sí ángulos rectos. Farmacéutica: Relacionado coa farmacia. Persoa que fixo os estudos de farmacia. Fogueteira: Persoa que fabrica ou vende foguetes ou outros produtos pirotécnicos. Fontaneiro : Pesoa que instala e repara as conducións de auga e as instalacións sanitarias dun edificio. Forno: Espazo pechado, polo común abovedado e dotado de respiro, cunha ou máis bocas polas que se introduce o material que se quere cocer. Gandeiro: Pertencente ou relativo ao gando. Persoa que se dedica a criar gando. Traficante do gando. Garfo: Utensilio de mesa consistente nun mango con varios dentes no extremo, que se utiliza para levar a comida sólida a boca. Gato: 1.-. Animal en que se engloban varias especies de mamíferos da familia dos félidos, da orde dos carnívoros. 2.-Aparello que serve para elevar grandes pesos a pouca altura. Grade: Apeiro de labranza formado por un bastidor con dentes para achaiar e estorroar a terra. Gubia: Formón de media cana que usan os carpinteiros para labrar superficies curvas. Inmobiliaria: Lugar onde se pode mercar un piso. Labrega: Labradora. Pertencente ou relativo aos labregos. Que traballa moito e pon interese no que fai. Mecánica: Parte da física que estuda o movemento e as cousas ou forzas que o producen. Oleira: Artesá que fai olas e outros obxectos de barro. Persoa que vende olas. Ourive: Persoa que traballa obxectos de ouro, prata e outros metais preciosos. Palilleira: Muller que tece cos palillos (Entrecruza unha serie de fíos paralelos con outra serie colocada en sentido perpendicular para formar unha tea).


Panadeiro: Persoa que traballa vendendo ou facendo pan. Panadaría: Lugar onde se elabora ou se vende pan. Profesora: Persoa que ensina algunha materia. Rarear: Poñer as cousas raras ou máis separadas do que é habitual. Agregar líquido a unha comida para que estea menos espesa. Resorte: Espiral, peza elástica, xeralmenete de metal, que despois de dobrada, estirada ou comprimida pode recuperar a súa posición orixinal. Restaurante: Establecemento onde se serven comidas para consumilas no mesmo local. Solar: 1.- Adxectivo: pertencente ou relativo ao Sol. 2.- Verbo: pór/poñer solas ao calzado. Subela : Instrumento, orixinariamente de zapateiro, co que este fura para coser; consiste nun mango de madeira cunha peza aguzada de metal. Taller: Lugar onde traballa alguén nos labores dunha arte, dun oficio ou dunha industria, especialmente na realización dalgún traballo manual. Obradoiro. Tesoiras: Instrumento de corte formado por dúas follas de aceiro dun só fío, cruzadas e articuladas. Tintureiro: Persoa que ten por oficio tinguir, pasar o ferro e lavar pezas de vestir. Varredor: Persoa que ten por oficio varrer as rúas. Veiga: Parte de terra baixa, chá e fértil pola que normalmente pasa o río, dividida en prados e terras de cultivo de varios donos. Vernizador: Persoa ou instrumento que se ocupa en dar verniz. Vimbio: Vara da vimbieira; úsase en cestaría, para atar as vides. Xastre: Persoa que ten como profesión facer roupa en principio e sobre todo para homes. Xastraría: Lugar onde se fai ou vende roupa de home. Oficio de xastre. Xema: 1.- Porción central do ovo nos vertebrados ovíparos. Nas aves é de cor amarela e está rodeada pola clara e a casca. 2.- Pedra preciosa. Xiz: Arxila branca que vén en barriña. Úsase para escribir nos encerados, e pulverizada para a limpeza de metais. Zapateiro: Persoa que ten por oficio facer, amañar ou vender zapatos. Zapataría: Lugar onde se fan ou amañan zapatos, ou tenda onde se venden. Oficio ou arte de facer ou amañar zapatos. Zugar: Tirar líquido dálgún sitio absorbéndoo coa boca. Absorber un vexetal a auga ou a humidade da terra.


Vocabulario corrixido do tema 2 – (O transporte e as viaxes)

Á: Parte do corpo dalgúns animais, como aves e insectos, que lles serve para voar. Contracción da preposición a + artigo a. ADUANA: Oficina estatal situada en portos e fronteiras, onde se rexistran as mercadorías importadas ou exportadas, e se cobran as taxas correspondentes. Alfándega. ALBERGUE: Lugar onde un atopa hospedaxe ou abeiro. Pode estar no monte para excursionistas. ALERÓN: Aleta xiratoria na parte posterior das ás dun avión, que permite variar a inclinación do aparello e facilita outras manobras. ALFÁNDEGA: Oficina do estado onde se rexistran as mercadorías de importación e exportación. Aduana. ALPORIZAR: Perder, ou facer que alguén perda, a calma e manifeste ira ou carraxe. APARTAMENTO: Vivenda, especialmente a reducida, nun edificio de varias plantas. ATROPELAR: Pasar precipitadamente por enriba de algo ou alguén. Bater violentamente un vehículo con persoas ou animais. AUTOMÓBIL: Vehículo con motor que se despraza sobre rodas, usado para o transporte de persoas ou mercadorías. BAGAXE: Equipaxe, carga ou peso. Por extensión, conxunto de coñecementos e vivencias que posúe unha persoa. BERLINA: Automóbil de turismo con catro portas. Transporte tamén chamado carruaxe. BUCINA: Aparello de sinais acústicos ou para amplificar a voz; tamén os instalados nos automóbiles e nos barcos. BUGUINA: Corno de caza ou de pastor; especie de trompeta curva. Bucina. BUNGALÓ: Vivenda rústica, exenta, dunha única planta e habitualmente rodeada de galerías con aleiro. CABINA DE PILOTAXE: Espazo que rodea ao piloto, o condutor dunha aeronave, un barco ou un automóbil, que inclúe o asento e os instrumentos de control. CÁMPING: Actividade consistente en facer turismo acampando ao aire libre. Terreo destinado a acamparen os excursionistas e conxunto de todas as instalacións que hai nel.


CARAVANA: Grupo de persoas e animais que viaxan xuntos. Conxunto de vehículos que marchan a escasa velocidade ou se dirixen ao mesmo lugar. CICLOMOTOR: Bicicleta, ou outro vehículo de dúas rodas con motor, sempre que teña cilindrada inferior a cincuenta centímetros. COMPARTIMENTO DE CARGA: Espazo que soamente se usa para levar peso, cargas. COMPARTIMENTO DE PASAXEIROS: Espazo que soamente se usa para levar pasaxeiros ou persoas. ENVORCAR: Poñer boca abaixo. Inclinar, torcer para un lado. Dar a volta. EQUIPAXE: Conxunto de obxectos, vultos e maletas que leva consigo un viaxeiro. FONDA: 1.- Subst.femin.: Establecemento público modesto onde se dá hospedaxe e se serven comidas. 2.- Adxec.femin.: que ten profundidade, profundz. FORMIGONEIRA: Máquina que serve para facer formigón . FUNICULAR: Ferrocarril que sobe e baixa nunha costa moi abrupta mediante o uso de cables. FUSELAXE: Corpo central da estrutura exterior dun avión, en forma de fuso. GUIAR: Conducir un vehículo. Ir diante guiando o camiño. Dirixir, aconsellando e orientado. HOSTAL: Establecemento de pago onde se dá aloxamento e comida, máis pequeno e de menos luxo ca o hotel. HOTEL: Establecemento de hostalería para alugar con comodidade a gran número de persoas. LISCAR: Coloquialmente, marchar dun lugar ás présas, ás veces co matiz de intentar facelo sen que os demais o perciban. METRO:1) Ferrocarril destinado ao transporte rápido, de percorrido xeralmente subterráneo, que é frecuente nas grandes cidades. 2) Medida dun verso. 3) Unidade de lonxitude, base do sistema métrico decimal. MORRO: Fociño. Parte da cara das persoas onde están os labios, especialmente cando estes son grosos e avultados. Por extensión, parte dianteira dun vehículo. MOTEL: Hotel situado xunto a unha auto-estrada ou estrada, especialmente disposto para que pernocten os automobilistas. MOTOCARRO: Vehículo lixeiro de tres rodas con motor que serve para transportar cargas lixeiras. PARADOR: Establecemento hosteleiro estatal, normalmente asentado aproveitando algún castelo, pazo, etc. PENSIÓN: 1) Casa modesta destinada á hospedaxe. 2) Asignación que algunha institución do Estado lle concede a alguén por determinados motivos.


POUSADA: Casa de hóspedes modesta, habitualmente para xente de paso. QUITANEVES: Dise da máquina para remover e quitar o neve que obstrúe as vias de comunicación. RECENDER: Exhalar un cheiro agradable, desprender recendo. Facer brillante, embelecer. RESIDENCIA: Lugar onde se reside. Establecemento público onde se aloxan viaxeiros ou hóspedes. TELECADEIRA: Teleférico de cadeira (ASENTO) para o transporte de persoas a lugares elevados. TELEFÉRICO: Que transporta a distancia. Sistema de transporte a distancia no que os vehículos van suspendidos de cables de tracción. TEMÓN: Pau longo do carro, ou arado etc. Peza que serve para gobernar unha nave. TREBOADA: Chuvia forte, intensa e súbita, acompañada ou non de vento, polo xeral de pouca duración. XIRAR: 1.- Cambiar algo de posición mediante un movemento circular. 2.- Moverse algo ou alguén, en sentido circular, sobre si mesmo ou con respecto a un punto de referencia.


Vocabulario corrixido do tema 3 – (O magosto)

ABANO: 1) Instrumento para producir aire ou para airearse ao movelo dun lado para outro. Adoita ser pregabre, con pé de variñas e corpo de tea ou papel, formando un semicírculo ao se abrir. 2) Instrumento paradar aire ou aviventar o lume, feito de palla ou vergas entretecidas e provisto de mango. 3) Serie de cousas diversas que posúen algunha característica común e entre as cales pode facerse unha escolla ou gama. AMOSEGA: 1) Oco nunha cousa para que encaixe noutra. 2) Corte feito como sinal. AMOSEGAR: 1) Dar un corte na pel das castañas para asalas. 2) Morder algo lixeira e repetidamente. 3) Deixar marca ou sinal unha ligadura. ANÍS: 1) Planta anual da familia das umbelíferas (pimpinella anisam) de talo ergueito e ramificado (uns 30 cm), follas superiores divididas en lacinias, flores blancas ou rosadas e pequenas sementes aovadas, aromáticas e de sabor agradable. 2) Semente desta planta. 3) Licor fabricado con esta semente. 4) Confeito de grans de anís cun baño de azucre. AZUCRE: 1) Substancia sólida cristalizable, soluble e de sabor moi doce. Extráese, principalmente, da cana de azucre e da remolacha azucareira por trituración da materia prima, filtrado, purificación e depuración. 2) Glícido (Cn(H2O)n,). BALOIRA: Vara longa coa que se sacoden as árbores para que caia o froito. BALOIRAR: Varear. BOLERCA: Boleca. Aplícase á castaña oca que só presenta a casca e que non chegou a desenvolverse BULLÓ: 1) Castaña, asada ou cocida, sen casca. CASCA: 1) Cuberta exterior, máis ou menos dura, que teñen algunhas cousas, como a noz, o ovo… 2) Capa exterior das árbores. 3) Esqueleto externo dos crustáceos. 4) Monda (pela, para) CASTIÑEIRO: 1) Árbore das fagáceas (castanea sativa) con follas lanceoladas, flores brancas e froito en ourizo que contén a castaña; a súa madeira é de gran calidade. CASTIRO: Castiñeiro. CERNA: Parte interior e máis dura da madeira e do tronco das árbores. 2) Parte fundamental dun asunto. Sinónimios: durame, miolo,núcleo.


CHOURIZO: 1) Pedazo curto de tripa, recheo de carne magra de porco e touciño, picados e adubados con pemento e outras especias. CODIA: 1) Anaco de pan, queixo etc. endurecido. 2) Parte de fóra do pan, do queixo etc. 3) Por extensión, parte exterior da terra. COGOMELO: Fungo, de consistencia carnosa, con sombreiro branco ou acastañado, convexo ou plano, e de superficie finamente fibrosa e escamosa con láminas rosas, que cando madurecen se volven negras, e cun anel na parte superior do pé. Cogombro, cogordo (champiñón). CORRIPA: Conxunto de ourizos con castañas que quedan no souto para que vaian secando. Ouriceira. CORTIZA: 1) Tecido vexetal formado por células mortas que se atopan, xeralmente, en forma de láminas delgadas, no tronco, nas ramas e nas raices de certas árbores especialmente na sobreira. Emprégase para fabricar solas de zapato, tapóns etc. 2) Por extensións, superficie de varias cousas. 3) Córtex. 4) Obxecto feito con cortiza. 5) Cortizo. CROCA: 1) Ósos, ou carne, da parte inferior do espiñazo onde nace o rabo. 2) Cocote: parte de atrás do pescozo, onde empeza a cabeza (caluga, cogote, noca). 3) Castaña pouco medrada e pequena. FIÚNCHO: Planta herbácea con sabor a anís. Fiollo. FORNELO: 1) Cavidade en forma de arco nunha parede, para albergar unha estatua ou un floreiro. 2) Forno pequeno ou fogón, xeralmente portátiles. LOUREIRO: 1) Árbore dos lauráceos (laurus nohilis) de ata 12 cm de altura, co tronco liso, follas perennes e aromáticas flores de cor branca verdosa e froito en baga ovoide. As súas follas empréganse como condimento. 2) Coroa, premio, triunfo. (Coas follas ou ramaxe/ramallada do loureiro coróanse heroes e poetas). MANTEIGA: 1) Grasa dos animais, especialmente a do porco. 2) Substancia grasa obtida do leite e de certos vexetais. MUXICA: 1) Faisca, charamusca, chispa. Partícula con lume ou reducida a cinsa que se desprende dun corpo que arde. OURIZO: 1) Envoltura ou casca espiñenta que envolve algún froito como a castaña. 2) Mamífero insectívoro que ten o lombo cuberto de espiñas. 3) Persoa de mal carácter. PATACA: 1) Planta herbácea das salanáceas (solanun tuberosun), orixinaria de América de raíces fibrosas con tubérculos carnosos, que serven de alimento, flores brancas ou moradas e froito en baga. Cultivada nos Andes, os españois introducírona en Europa no siglo XVI como forraxe. 2) Tubérculo desta planta. (BAGA: Froito carnoso) PELICA: 1) Monda, pel externa e delgada dalgunhas froitas. 2) Pel fina de carneiro ou cabuxo que se emprega para facer calzado, bolsos etc. 3) Peza de roupa feita ou forrada de pel. 4) Película que se forma na superficie de certos líquidos. PICAR: 1) Ferir, ou ferirse, superficialmente cun instrumento punzante. 2) Tomar unha pequena cantidade dun alimento, comelo aos poucos, ou comer pequenas porcións dun ou varios alimentos para probalos ou como aperitivo. 3) Morder ou punzaren os insectos, as aves e algúns réptiles. 4) Provocar a alguén con palabras ou feitos.


PLANTA: 1) Organismo que pertence ao reino vexetal, que son seres vivos xeralmente inmóbiles, ordinariamente de crecemento indefinido, e carentes de sistemas de relación. 2) Cada un dos pisos, andares ou alturas dun edificio. SÁMAGO: (SAMO) 1) Parte branda e máis clara da madeira, que está entre a casca e a cerna. 2) Parte branda, esponxosa, pouco pesada, frecuentemente de cor branca, que teñen algunhas plantas no interior do talo. 3) Parte interna e máis branda dos cornos e dos pezuños da vaca e doutros animais. SOUTO: Terreo onde abundan os castiñeiros. Castañal, castiñeira. TAMBOR: 1) Instrumento de percusión de forma cilíndrica, oco, que se toca coas mans, con baquetas, etc. 2) Quen toca este instrumento. 3) Bastidor con dous aros que se encaixan, e entre os que se pon a tea para bordala. 4) Recipiente cilíndrico que forma parte de distintas máquinas. TIXOLA: 1) Utensilio de cociña, xeralmente de metal, de forma redonda e pouca altura, fondo plano e mango longo, que serve para fritir alimentos. TORRESMOS: 1) Roxón, anaco de touciño fritido. VAREAR. 1) Golpear con vara as pólas dalgunhas árbores para que caian os froitos. 2) Dar golpes coa vara. ZONCHO: 1) Castaña cocida coa casca. 2) Dise da persoa pequena e grosa. 3) Neve que queda pegada ao calzado.


Vocabulario corrixido do tema 4 - (Imos á feira/mercado)

ACIVRO: Árbore ou arbusto de follas perennes e espiñentas, flores brancas e froito vermello en forma de bólas. Usado como motivo ornamental asociado ao tempo do Nadal. ALLOS: 1) Planta hortense da familia das liliáceas, de follas como espadas con pequenas flores brancas e bulbo dividido, que se emprega como condimento. 2) Cada unha das partes ou dentes en que está dividido o bulbo ou cabeza do allo. ATOPAR: Achar, encontrar, topar, dar co que se busca. BISCOITO: Doce mol e esponxoso, feito con fariña, ovos e azucre, e cocido no forno. BOLA: Peza de pan redonda e de pouca altura. BOLO: Peza de pan de forma arredondada, máis ben grande, con moito miolo. BUXO: 1) Arbusto da familia das buxáceas, de talos ergueitos e ramudos, follas persistentes, e pequenas flores arxilares. 2) Madeira deste arbusto, dura e compacta, que se traballa no torno e tamén se emprega para facer gravados. CABACIÑA/CABAZA: Froito da cabaceira, de forma e cor moi distinta segundo a variedade, e de sabor doce. Prepárase sobre todo en especialidades reposteiras como o doce de cabaza. CACHELO: 1) Pataca cortada en anacos, cocida, sen pel. 2) Anaco de pataca que contén o grelo para sementala. CACHOLA: 1) Cabeza das persoas, en ton festivo ou xocoso. 2) CACHEIRA: cabeza de porco salgada e afumada. CALDEIRO: (Balde) Recipiente con aro, de forma troncocónica e máis estreito no fondo que na boca, feito de diferentes materiais e empregado especialmente para conter ou transportar líquidos. CAMELIA: Árbore ou arbusto que se cultiva para uso ornamental, e que presenta follas coriáceas, dispostas de xeito alterno, flores pentámeras de cor vermella e froitos leñosos e redondos. É orixinaria do Xapón. CANA: 1) Pelo que se volveu branco. 2) Planta herbácea, da familia das poáceas, que presenta rizoma groso e duro e talos endurecidos e de cor verde (cana de azucre). 3) Obxecto alongado e cilíndrico que ten unha forma semellante á planta da cana (cana de pescar).


CARAVEL: 1) Planta que presenta flores grandes e pétalos de cores vistosas. 2) Flor de caravel. CHACINEIRO: Persoa que fai ou vende chacina (carne crúa, en xeral de vacún ou de porco, desosada, salgada, afumada e curada en secadoiros naturais). CHÍCHAROS: Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, que presenta talos gabeadores, flores brancas ou púrpuras dispostas en acios, e froitos en legume con sementes comestibles. Ervella, ervello, perico CORNECHO: 1) Recanto, recuncho. 2) Corrosco de pan, con moita codia. 3) Peza de pan, ou parte dela en forma de corno. 4) Caracol mariño, de cuncha retorta, rematada en punta. ESTALICAR: 1) Estirar ou estirarse unha cousa ou persoa. HORTENSIA: 1) Planta arbustiva de follas dentadas e flores azuis ou rosadas. Orixinaria de Asia oriental, cultívase como planta ornamental. 2) Flor desta planta. LABREGO: Persoa que traballa a terra e vive dela. Agricultor, campesiño, labrador. LACÓN: Pata dianteira do porco, despois de morto e despezado. É comida de moito aprezo en Galiza tanto en fresco como en salgado e curado. LEITUGA: Planta anual de follas grandes e ternas que se comen en ensalada. MEL: Substancia amarelada viscosa e moi doce que producen as abellas e outras himenópteras transformando no boche o néctar que recollen das flores. MERCAR: Comprar, adquirir. MIGALLA: 1) Porción pequena de calquera cousa, material ou inmaterial. 2) Parte interior e máis branda do pan, cuberta pola codia. 3) Nada ou case nada. MOLETE: Pan ovalado, esponxoso e branco, con moito miolo. OFERTAR: 1) Poñer a venda un produto. 2) Ofrecer mercadorías de oferta (prezo rebaixado co que se pon un produto á venda). ORQUESTRA: 1) Conxunto de instrumentos reunidos para realizar unha interpretación musical e que se dividen en catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e percusión. 2) Conxunto de músicos dunha orquestra. PAN DE BOROA: Pan feito con fariña de millo. PEMENTOS: Planta anual de follas lanceoladas, flores brancas e froito en baga oca. Froito desta planta. POLBEIRA: Persoa que se dedica a coller pescar ou cociñar o polbo. POLBO: Molusco octópodo , lixeiro cando repta sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios (que camiñan). POPURRÍ: Composición formada de fragmentos de obras distintas.


PORRO: 1) Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, que presenta bulbo dímero, follas planas e lineais, e flores purpúreas, agrupadas nunha umbela redonda. Bulbo de cor branca desa planta. 2) Cigarro de droga, especialmente de haxix. PREGOEIRO: Persoa encargada de ler un pregón, propio ou alleo, en voz alta. RAMISTA: Persoa que organiza a festa da parroquia. REGATEAR: 1) Discutir o comprador e o vendedor o prezo dunha cousa. 2) Procurar dar o menos posible de algo. REMORSO: Remordemento. Desacougo que se experimenta ao sentirse culpable dunha acción mala. REPOLO: Variedade de col de follas firmes, comprimidas e abrazadas a maneira dunha cabeza. RIPAR: 1) Quitarlle algo a alguén ou a algunha cousa, ou quitar algo dun lugar, turrando con forza; arrebatar. 2) Quitarlle a semente ao liño. 3) Arrincar algo que sobresae ou sobra. ROSCÓN: Doce en forma de rosca grande. TOUCIÑO: Graxa do porco, en especial a da barriga ou a do lombo. TRATAR: 1) Proceder cara a algo ou alguén do xeito que se indica. 2) Aplicarlle a un enfermo un determinado remedio ou tratamento. 3) Ter relación de amizade con alguén. 4) Ter tratos con alguén. VENTAR: 1) Soprar o vento ou facer aire forte. 2) Tomaren algúns animais o vento co olfacto para percibir un cheiro. 3) Airear, ventilar, limpar unha cousa ao vento. 4) Ter a intención de que algo concreto vai suceder.


Vocabulario corrixido do tema 5 – (O parentesco)

ADOLESCENTE: Que está na adolescencia. Que non chegou á súa plenitude. Mozo. ADULTO: Que pasou a adolescencia. Aquilo que chegou á súa madurez. AFILLADO/AFILLADA: Persoa que, na tradición cristiá, é apadriñada en relación con outra no bautismo, na confirmación, no matrimonio. ALEITAR: Alimentar unha cría de mamífero con leite. ANCIÁN: Persoa de moitos anos. Vello. AVÓ/AVOA: Pai ou nai do pai ou da nai dalgunha persoa. BISAVÓ/BISAVOA: Pai ou nai do seu avó ou da súa avoa, respecto dunha persoa. CARENCIA: Circunstancia de non ter, ou faltar algunha cousa que se expresa. Falla, falta, insuficiencia. CATIVO: 1) Que ten pouca calidade. 2) Rapaz que non chegou á adolescencia. 3) Que está privado da liberdade (escravo). COMADRE: Madriña dunha persoa con relación aos pais ou ao padriño. CONCUÑADO/A: Cónxuxe dunha irmá ou dun irmán do marido ou da muller. CONSOGRA: Pai ou nai dun dos cónxuxes con relación ao pai ou nai do outro. CÓNXUXE: Marido ou muller de alguén con respecto ao outro. CRIATURA: Neno que acaba de nacer ou que aínda é moi pequeno. CRIPTA: Construción arquitectónica subterránea, xeralmente baixo o presbiterio das igrexas, erixida para acoller a tumba ou as reliquias dun santo. Igrexa ou capela situada nun plano inferior ao da igrexa principal. CUÑADO: Persoa casada co irmán ou coa irmá de alguén. Irmán político. CURMÁN/CURMÁ: Fillo ou filla, respecto a unha persoa, dun irmán ou irmá dun dos pais. Primo irmán ou primo carnal. CUSPIDO (adxect.): Que é moi parecido. DECRÉPITO: Que chegou a un grao extremo de decadencia física ou mental por mor da vellez.


DONA: Muller casada, en relación ao marido. EMPARENTAR: Adquirir alguén parentesco por medio do matrimonio. ENVIUVAR: Quedar alguén viúvo ou viúva. FASCINAR: Exercer en alguén unha atracción irresistible (irresistible). Dominar ou someter coa mirada. Cativar, encantar, enfeitizar, seducir. FILLASTRO: Fillo dun dos cónxuxes, froito dunha relación anterior, en relación ao outro. IMPÚBERE: Persoa que non acadou a puberdade e non ten capacidade legal para redactar testamento, contratar ou prestar testemuño. PUBERDADE: Período da vida que está comprendido entre o momento da aparición dos primeiros caracteres sexuais secundarios e a consecución da fertilidade. IRMÁN/IRMÁ: Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai. Parente colateral de segundo grao civil. LACTANTE: Que lacta. Que se aleitar, alimenta ou cria con leite. LONXEVO: Que viviu moitos anos, ou pode vivir moito tempo. MADRASTA: Nova esposa do pai con respecto aos fillos que este tivo nun matrimonio anterior. MADURO: 1.- Aplícase ao froito que está no estado de sazón apropiado para ser comido ou recollido. 2.- Que chegou a un estado de desenvolvemento psíquico considerable. SAZÓN: Tempo oportuno en que se fai unha cousa. Punto axeitado que se lles dá aos alimentos ao preparalos. MENIÑO: 1.- Persoa que ten poucos anos ou meses. 2.- Aplícase ao quinto dedo da man ou do pé, o máis pequeno. MESTO: Que está formado por elementos numerosos e moi xuntos entre si. Basto, espeso. MOZO: 1) Que xa pasou da infancia pero non é maior de idade. 2) Persoa que mantén unha relación amorosa con outra persoa (noivo). NEONATO: Que acaba de nacer e que ten menos dun mes. NETO/NETA: Fillo dun fillo ou dunha filla dunha persoa NORA: Muller do fillo, con respecto aos pais deste. ORFO/ORFA: Que perdeu os pais ou un deles. PADRIÑO: 1) Persoa que asiste no bautismo, confirmación ou casamento a unha persoa, e asume así certo tipo de responsabilidade con ela. 2) Persoa que favorece ou patrocina a outra. PATRUCIO: Home máis vello dunha familia, dono da casa e digno de respecto por parte dos demais membros da familia.


PÍCARO: 1) Que actúa con malicia ou con astucia (lampantín, loubán, pillabán, pillo) 2) Cativo, neno, rapaz de pouca idade. 3) Personaxe central das novelas picarescas. PORFILLAR: Facer de padriño ou madriña de alguén. Acoller a alguén como fillo mediante a adopción. Afillar, apadriñar, amadriñar, adoptar. PREDECESOR: Que viviu nunha época anterior. Que precedeu a alguén nalgún cargo. PROLE: Descendencia no seu conxunto e sempre en relación aos seus pais. PÚBERE: Que chegou á puberdade. PUERIL: Que é propio do neno. Infantil. PUPILO: Orfo menor de idade que está ao coidado dun titor. Persoa que recibe ou recibiu instrución dun mestre. Persoa que goza da protección de alguén. PUTATIVO: Aplícase ao pai ou outro parente que é considerado como tal e non o é. RAPARIGO/RAPAZ: Rapaz que entrou na fase da adolescencia. Adolescente. REQUINTADO: Que é moi refinado, ornamentado. RUFO/FARRUCO: Que é moi fachendoso. Que está forte e goza de boa saúde. SENECTUDE: Idade senil (relativo á vellez) dunha persoa. SOBRIÑO: Fillo ou filla dun irmán ou dunha irmá, respecto dunha persoa. TIO/TÍA: 1) Irmán ou irmá do pai ou da nai de alguén. 2) Coloquialmente: calquera individuo en xeral (fulano, tipo) TITOR: 1) Persoa á que se lle encomenda a tutela da persoa, dos bens, ou de ambos os dous, dos menores que non están suxeitos á patria potestade ou dos incapacitados. 2) Profesor responsable da educación dun grupo de alumnos. VIÚVO/VIÚVA: Que perdeu o conxúxe por morte e non volveu casar. XENRO: Marido da filla, en relación aos pais dela. XUBILADO: Persoa que cobra unha xubilación (retiro). Retirado.


Vocabulario corrixido do tema 6 – (A paisaxe do mar)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.