Vocabularios temas 6-7-8-9

Page 1

Vocabulario corrixido do tema 6 – (A paisaxe do mar)

AMARRAR: 1. Suxeitar [unha embarcación] por medio de amarras. 2. Suxeitar [algo ou a alguén] cunha corda, cordel etc. ÁNCORA: Peza de ferro grande e pesada que consta de dous gallos ou uñas e que, suxeita por unha cadea, se tira ao fondo do mar para manter firme e segura unha embarcación. ANCORAR: Manter firme e segura nun sitio [unha embarcación] botando ao fondo unha ou máis áncoras. ANZOL: Pequeno gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por un fío ou tanza e no que se pon un engado para pescar. APARELLO: 1.Obxecto mecánico ou non, constituído por varias pezas combinadas para executar un traballo ou realizar unha función. 2. Dispositivo utilizado para capturar o peixe, formado por redes ou por cordas con anzois. ARQUIPÉLAGO: Conxunto de illas máis ou menos próximas. ARRASTREIRO: Modalidade de barco de pesca que arrastra a rede polo fondo do mar. ARRIBAR: Chegar a porto unha embarcación, tripulación... BABOR: Lado esquerdo dunha embarcación, mirando desde a popa (parte de atrás) cara á proa. BAIXAMAR: Nivel máis baixo que acada a marea. Devalo: mar baixo, marea baixa, marea libre, BOU: 1. Arte de pesca de arrastre, practicada en mar aberto, na que un ou dous barcos que navegan parellos arrastran unha rede en forma de saco durante unhas horas ata que se sobe a bordo coa pesca. Largaron o bou pola popa. 2. Barco que traballa con ese sistema de pesca. (Trabalinguas: “Se vou a Bueu non bou, vou. Se non vou a Bueu nun bou, non vou”) CALA: Pequena entrada que fai o mar na costa. CF. badía, baía, enseada, golfo. CANA: Instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana. CANTIL: Terreo abrupto en forte pendente, en particular, na costa do mar. Acantilado. CEAR: Comer de cea (última comida do día). / Vogar (remar) para atrás. Facer ir para atrás. Recuar, retroceder. CON: Como preposición expresa compañía. Como substantivo: pedra de gran tamaño, especialmente a que se atopa nas proximidades da costa e sobresae da superficie da auga, ás veces só cando baixa o mar.


DEVALO: 1. Movemento descendente da marea, baixamar 2. Lúa minguante. ESPENUCA: Cavidade natural feita no terreo. Caverna, cova, gruta, furna. ESPIGÓN: Muro perpendicular á beira do mar ou dun río, construído como protección ou para cambiar a dirección das correntes. ESTEIRO: Zona de costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar. ESTIBADOR: Persoa que se dedica a cargar e descargar, no porto, as mercancías dos barcos. ESTRIBOR: Parte dereita dunha embarcación, mirando de popa a proa. FARALLÓN: Rocha alta, moi próxima á costa, que sobresae moito mesmo na preamar. FONDEAR: Suxeitar [un barco] ao fondo mediante unha ou varias áncoras co fin de mantela fixa nun sitio. FOZ: 1.- Paso estreito entre montes, val estreito. Desfiladeiro. 2.- Sitio onde un río entra no mar. Desembocadura. FURNA: Gran cavidade natural aberta nas penas e rochas, sobre todo a producida pola acción do mar. GUINDASTRE: Máquina para levantar e levar grandes pesos dun punto a outro. IATE: Embarcación de recreo, que pode navegar con vela ou a motor. LEME/TEMÓN: Folla ou lámina móbil, de madeira ou metal segundo os casos, que, serve para gobernar un barco, submarino ou avión, facendo que se mova a un lado ou a outro. LONXA: Lugar onde se fan operacións de compra e venda, especialmente de peixe e marisco fresco. MAREA: Movemento periódico de ascenso e descenso das augas do mar causado pola forza da atracción do Sol e da Lúa. MAREA BAIXA: Aquela na que as augas do mar están no nivel máis baixo. MAREA CHEA: Aquela na que as augas do mar están no nivel máis alto. MARUSÍA: 1. Mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación. 2. Cheiro característico das algas ou do mar. ONDAS: Cada unha das elevacións producidas polo vento na superficie do mar, dun río ou dun lago. PALANGRE: Arte de pesca que consiste nunha tralla longa, chamada madre, da que colgan as brazoladas. O ollomol e o congro péscanse co palangre. SIN. pincho . PALANGREIRO: Embarcación preparada para pescar con palangre. PEIRAO: Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto e que se utiliza principalmente para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercadurías e para abrigo das embarcacións. PONTE: 2. Parte dunha embarcación desde a que se controla a súa navegación. 1. Construción que se fai sobre os ríos, foxos etc., para unir os dous lados e poder así atravesalos. POPA: Parte de atrás do barco, oposta á proa. PREAMAR: Nivel máis alto que acada a marea. Marea chea.


PROA: Parte de adiante do barco, oposta á popa. QUILLA: Peza de madeira ou ferro que vai de proa a popa por debaixo da embarcación e serve de apoio ao resto da construción. TÓMBOLO: Istmo de area que une ao continente o que antes fora unha illa ou illote. (Non se sabe cando se formou o tómbolo da Lanzada). TRÁILER: Remolque longo para transporte por estrada. VACA: 2. Arte de pesca de arrastre máis pequena ca o bou. 3. Barco que pesca con esta arte. 1. Mamífero ruminante, femia do touro, que se cría para aproveitarlle o leite, a carne e a pel. VAGAS: Cada unha das elevacións producidas polo vento na superficie do mar, dun río ou dun lago. SIN. onda . VOLANTEIRO: Barco adicado á arte de pesca de fondo ou VOLANTA. (Para a pescada “merluza”- utilizaban a volanta).

Vocabulario corrixido do tema 7 – (No Instituto)

Afialapis: Obxecto que serve para afiar os lapis. Alfinete: Pasador de metal que serve para suxeitar pezas de vestir, adornos ou outras cousas. Aprender: Adquirir un coñecemento polo estudo, a práctica ou a experiencia. Apuntamentos: Notas escritas breves sobre calquera cousa. Resumo ou notas que se toman sobre algo que se le, observa ou oe. Átono: Que carece de acento prosódico. Avaliación: Estimación do desenvolvemento escolar dos alumnos. Bacharelato: Estudos de ensinanza media necesarios para obter o grao de bacharel. Caderno: Conxunto de follas de papel,dispostas en forma de libro,que se usan para escribir. Cartolina: Cartón delgado e fino, de máis calidade ca o cartón. Censurar: Revisar, con criterios políticos ou morais, as obras, noticias... antes de publicalas, e suprimir o que non se considera conveniente ou apropiado.


Conserxe: Persoa subalterna encargada de diversos labores e da custodia dun edificio. Corrixir: Suprimir as faltas ou erros de [un texto oral ou escrito]. Debuxar: Representar un obxecto graficamente por medio de trazos, empregando lapis, pincel, etc. Descoidado: Persoa que deixa de ter a atención posta en algo. Ensinar: Facer que alguén aprenda algo. Escrito: Carta, documento ou calquera papel manuscrito, mecanografado ou impreso. Esquecer: Non lembrar por culpa da mala memoria. Estoxo: Caixa ou funda con calquera tipo de pechadura, que serve para gardar cousas. Gabar: Mostrarse fachendoso de si mesmo. Gandulo: Folgazán. Grampadora: Aparello que se usa para poñer grampas. Grampas: Pezas de metal que se usan para agarrar ou suxeitar diversas cousas. Ignorante: Persoa que ignora algunha cousa en concreto. Laborioso: Dise do que custa ou dá moito esforzo ou traballo. Lapis: Barriña de grafito pechada nun cilindro de madeira que serve para escribir, etc. Oral: De palabra, en oposición ao escrito. Ordenar: Poñer en orde algo. Pano: Anaco de tea para limpar ou secar. Privado: Que é de acceso restrinxido a algunha determinadas persoas. Público: Que está aberto a todo o mundo,que todos poden usalo, etc. Puntual: Que chega no momento sinalado. Razoable: Conforme á razón e ao sentido común. Recensión: Análise, comentario crítico dunha obra de recente publicación, artigo. Regra: Instrumento para trazar liñas rectas. Resumo: Acción e efecto de resumir.Exposición resumida. Retroproxector: Proxector que permite reproducir de modo ampliado unha imaxe sobre unha pantalla vertical situada a certa distancia. Rifar: Xogo que consiste en sortear unha cousa entre varios por medio de billetes de pouco valor. Riscar: Facer raias ou riscos sobre algunha palabra ou liña para mostrar a súa incorrección, inutilidade, etc. Secretario: Persoa que escribe a correspondecia, estende actas, arquiva documentos, etc. nunha oficina, empresa ou corporación. Severo: Persoa que carece de indulxencia. Sintetizar: Facer una síntese de algo. Sobresaliente: Cualificación máxima nun exame.


Soletrear: Pronunciar ou ler separando as sílabas. Subliñar: Sinalar por debaixo cunha raia no escrito. Taboleiro: Conxunto de táboas unidas polos bordos,cunha superficie plana barrotes atravesados pola cara contraria. Teimoso: Que teima ou profía nas súas ideas, ou manifesta esa actitude. Tesoira: Istrumento de corte formado por dúas follas de aceiro dun só fio, cruzadas e articuladas. Tolerante: Persoa que manifesta tolerancia. Tónico: Vogal, sílaba ou palabra que se pronuncia con acento ou con maior intensidade. acentuado. Antónimo de átono. Xiz: Arxila branca que en barriñas se usa para escribir nos encerados.

Vocabulario corrixido do tema 8 – (Imos de cámping)

ABAFANTE: 1. Que dificulta a respiración, que causa abafo ou afogo. 2. Que cheira moi mal. ABSIDA: Construción con planta xeralmente semicircular, cuberta cunha bóveda, que sobresae na parte posterior dun templo e onde se sitúa o altar maior. ACORDANZA: 1. Idea que se lle acorda a alguén. 2. Presenza na mente de algo pasado. ANTUCA : Instrumento similar ao paraugas, que serve para protexerse do sol. BACA: Armazón que se instala na parte superior dos vehículos para transportar equipaxes. BUNGALÓ: Pequena casa dunha sola planta que adoita a ser construída en pasaxes destinadas ao descanso. CABO: 1. Parte saínte da costa, que penetra no mar. 2. Conxunto de fíos metálicos grosos que se usan para soster ou tirar de grandes pesos. 3.Parte dun instrumento ou utensilio por onde se agarra coas mans. CACHARELA: Morea de leña ou outro combustible que arde e fai laparada. CAMPISTA: Persoa que practica o campismo ou o cámping.


CARAVANA : 1. Grupo numeroso de persoas, a pé ou nalgún medio de transporte, que van en fila a un lugar. 2. Vehículo ou remolque equipado como unha pequena vivenda. CLAREXAR: Dar claridade a, tornar claro. Clarear PNEUMÁTICO: Máquina ou instrumento que dá aire a presión, e que funciona grazas a el. CREMALLEIRA: 1.Mecanismo que consiste en dúas filas de dentes metálicos ou de plástico, fixadas a cada lado dunha abertura que queda pechada ao seren unidas por unha peza móvil 2.Barra metálica con dentes á que se une e adapta unha roda, que serve para producir movemento. CUSTODIAR: Coidar de algo ou alguén para evitar que sexa roubado, atacado etc. DESPEXAR:1. Deixar libre 2.Tornar claro, o ceo, o día etc. ENCAPOTADO: Que está cuberto de nubes (o ceo). ENXOITO: Que perdeu a humidade que tiña ESCAMPAR: Parar de chover ESTEIRA: Tecido groso de esparto, vimbios, palma etc. ESTRELADO: 1.Cheo de estrelas 2.Que se frite sen ser batido FOGÓN: 1. Lugar onde se fai o lume nas cociñas ou onde arde o combustible nas caldeiras, fornos de vapor etc. 2.Cada unha das pezas que están sobre a cociña de gas, por onde este sae e arde, e sobre as que se cociña. FOGUEIRA: Leña ou outro combustible que arde e fai labarada. FORNELO: Pequeno forno ou fogón, polo xeral portátil. GRELLA: Obxecto formado por unha serie de barras de ferro paralelas nas que se pon carne ou peixe para asar sobre as brasas. HAMACA: Rede ou lona que, colgada polos dous extremos, serve para tombarse nela e poder bambearse. LÁMPADA: 1. Fonte de luz artificial, xeralmente producida pola transformación de enerxía eléctrica en enerxía luminosa. 2. Aparello que serve de soporte a unha ou máis luces artificiais. LANTERNA: Aparello manual, en forma de caixa pequena ou de cilindro, cunha lámpada no seu interior protexida por un vidro, que produce luz mediante pilas. LÓSTREGO: Resplandor intenso e momentáneo, producido polo raio. MARQUESIÑA: Cuberta, polo xeral de vidro con soporte metálico, colocada nas terrazas dos cafés, entradas de edificios públicos, paradas de autobús e estacións de ferrocarril, destinada a protexer do sol e das inclemencias do tempo. MASTRO: Poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc. MAZO: 1. Ferramenta de madeira ou doutro material, que consta dunha peza maciza de formas e tamaños diferentes, inserida polo centro ou por un lateral nun mango, utilizada para golpear, pisar, machucar etc. 2. Conxunto de cousas atadas xuntas ou contidas no mesmo receptáculo. PARASOL: Instrumento similar a un paraugas, que se utiliza para protexerse do sol.


RAIOLA: 1. Raio ou conxunto de raios de sol que aparecen ás veces por entre as nubes cando o ceo está cuberto. 2. Calor morna do sol SACO DE DURMIR: Saco feito cun tecido techeo de plumas ou outro material que da calor e que se utiliza para durmir dentro del especialmente ó aire libre ou en tendas canadenses. TENDA IGLÚ: Tenda canadense de forma parecida ao habitáculo no que viven os esquimais. TENDA CANADENSE: Tenda pregabre de barras metálicas cubertas cunha gran peza de lona que se suxeta ao chan con cravos ou ganchos e que se monta para durmir ao aire libre ou para acampar. TOLDARSE: Facerse perder a claridade ou transparencia natural de algo. TRAPELA: 1. Trampa para cazar paxaros que se coloca sobre un burato na terra e que consiste nunha caixa cunha tapa de dúas follas que se abren co peso da ave e se pechan ao caer nela. 2. Pequena porta ou abertura no piso ou no teito, que comunica unha dependencia da casa con outra dun nivel inferior ou superior, coma a que se utiliza para acceder ao faiado desde o sobrado. TREBÓN: Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración. TRONO: Ruído forte que acompaña o alustro ou lóstrego ao producirse unha descarga eléctrica na atmosfera. VENTAR: 1. Soprar o vento con forza. 2. Aplicar un animal o sentido do olfacto para percibir olores. VENTO: Aire atmosférico en movemento.

Vocabulario corrixido do tema 9 (Os medios de comunicación / TIC)

Almofadiña: Soporte con superficie ríxida de gran precisión e rapidez sobre o que se desliza o rato. Altofalantes: Aparello eléctrico que transforma o sinal eléctrico que recibe en ondas audibles a distancia.


Canle: 5. Electr. Banda de frecuencia na que emite unha estación de radio ou de televisión. Emitimos pola canle trinta e nove. 6. Estación de radio ou televisión. A segunda canle de televisión. 1. Leito artificial construído para conducir a auga, de dimensións variables. Contrasinal: (INFORM) Secuencia secreta de caracteres que impide o acceso de persoas non autorizadas a un documento determinado. Correo-e: Mensaxe ou conxunto de mensaxes que se reciben ou mandan a través das redes informáticas. Cursor: (INFORM) Símbolo que indica na pantalla dun ordenador en que lugar dela aparecerá o seguinte carácter que se escriba. Deseñar: Facer o deseño de algo. Enxeñeiro: Persoa que exerce a enxeñaría como profesión. Enxeñaría / Enxeñería: Conxunto de técnicas que permiten a aplicación dos coñecementos científicos á resolución de necesidades e problemas humanos. Escanear: Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escáner: Aparello que permite pasar a formato dixital un texto ou unha imaxe. Icona: 1. Signo que representa unha idea ou obxecto cos que mantén unha relación de semellanza. 2. Inform. Debuxo ou imaxe que na pantalla dun ordenador presenta as distintas funcións dun programa, as cales se activan ao ser seleccionado este debuxo ou imaxe mediante o rato ou o cursor. Indexar: 1. Facer o índice de [un texto]. 2. Ordenar en forma de índice. 4. Inform. Elaborar un índice de [datos] mediante un procedemento informático. Inserir: 1. Meter, facer que penetre [unha cousa] nun corpo. SIN. incluír , introducir . Ligazón: Relación lóxica entre dúas ou máis cousas. SIN: conexión, nexo, enlace (“link”) Maquetar: Deseñar maquetas (Reproducións exactas feitas en tamaño reducido dunha escultura, edificio ou construción. Módem: Aparato que converte os sinais dixitais en sinais susceptibles de ser enviados por unha liña telefónica ou telegráfica, que se emprega na transmisión de datos a distancia. Navegador: 1 adx Que navega. 2 s m (INFORM) Programa informático para moverse por internet. Paxinar: Numerar as páxinas dun libro, dun impreso ou dun caderno. Programa: 7. Inform. Conxunto de instrucións, datos etc., que se introducen nun ordenador para poder realizar unha serie de operacións. (“software”). Rato: 1 s m Roedor da familia dos múridos, de pequeno tamaño e coa cola longa. 2 s m (INFORM) Dispositivo de diálogo que permite localizar un punto sobre a pantalla dun visualizador e actuar sobre el. Trípode: s. m. Soporte de tres pés sobre o que se montan diversos aparatos e instrumentos. (.../... )


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.