Grazas Ti, que sempre estás aquí para axudarme, coidarme, facendo o posible para que sexa feliz. Grazas por estar comigo, polos momentos que compartimos de soños, segredos e sorrisos. Grazas pola túa sinceridade, por ensinarme a valorar as cousas que son importantes. Grazas por facerme rir, grazas por ser marabillosa e grazas por existir.
Claudia Dobarrio