Page 1

Lembro Este inverno foi triste moi triste para min. O frío encolleume o corpo e a pena o corazón. Sentín a súa perda só chorando me aliviei. As bágoas móllanme a cara cando me lembro del. O tempo todo o cura e aínda que xamais o esqueza, sairán as flores, virá o sol chegará a primavera. Chegará a calor, chegará a alegría o ceo estará todo azul e nese ceo estarás ti.

Sara Dobarrio


Cambiei e a xente sorprendeuse. Sorprendéronse, o meu pai, a miña nai, os meus amigos, os meus mestres, pero quen mais o fixo, fun eu. Pensei que nunca sacaria a miña intelixenxia. A dia de hoxe estou feliz. Atopei o meu camiño, a miña felicidade.

TOÑO 1º ESO


Grazas Ti, que sempre estás aquí para axudarme, coidarme, facendo o posible para que sexa feliz. Grazas por estar comigo, polos momentos que compartimos de soños, segredos e sorrisos. Grazas pola túa sinceridade, por ensinarme a valorar as cousas que son importantes. Grazas por facerme rir, grazas por ser marabillosa e grazas por existir.

Claudia Dobarrio


VivĂ­a correndo sempre a fondo, a todo gas. De golpe, todo parou. A adrenalinade nada serviu. Agora ĂŠ tarde, todo rematou.

Enrique


Hai xente que ten dobre personalidade, pensa que é unha boa persoa, á hora da verdade non o é. Pensa no que os demais cren dela, e non mira como é por dentro, non ten interese por saber quen é, pero síntese moi mal cando está soa.

Desiré


NON QUEDA NADA Foise para sempre fóronse os seus bicos, o seu sorriso, os seus abrazos e miradas. Non queda nada, ainda que non deixase de velo día tras día, para min, foise para sempre. Xa non queda nada, agora está naquel negro e frío rincón. Non queda nada. Esqueceuse do eco do seu riso, de seu cheiro, esqueceuse de min. Foise para sempre, os seus bicos, o seu sorriso, os seus abrazos e miradas.

Laura


Ás veces vives sen sentido como nun cuarto escuro e baleiro, pero un día alguén te saca dese baleiro. Lévate a un lugar que te enche más alá do infinito Sabes que te ompletou fixo todo o que podía e que te axudou E agora a felicidade conquistoute. Felicidade. Felicidade. E moito amor.

Leo


Eres como un mar de xeo, esvaradizo, frío... Por cada paso que dou a miña felicidade aumenta, pero entón digo bobadas e esvaro... E levántome de novo, e non penso por que caín, penso no que me dixeches, e sinto calor na face e só penso niso, soño con iso e esperto con iso. Pero párome e penso o parva que son, e xiro, dou a volta e volvo a caer. Ás veces penso que só me levanto para iso, para volver a caer e non querer levantarme. E os meus ollos enchense de bágoas... as bágoas que sempre eran de amor, agora son de odio e desesperación.

Nerea


Dende pequeno soñaba con aprender, soñaba con medrar, conducir e traballar. Agora que medro, gustaríame ser pequeno, lembrar aquel tempo de xogos na area. Agora é diferente, miro ó meu arredor, e vexo un mundo tolo.

Luís


Só ti Só ti dás brillo, só ti dás amor ao meu corazón. Só ti me miras con pureza e beleza. Só ti coñeces os meus segredos. Só ti me trasmites moita ledícia. Só ti me dás a forza que eu necesito. Só ti me escoitas con paciencia.

Noelia


Cambio

Estou contento. Encóntrome agusto síntome raro, e moitos sentimentos mesturados.

Gústanme os profesores, divírtome na clase, intento mellorar. Intento cambiar. Vou sacar este curso, con ganas, con esforzo, e sobre todo con enerxía.

Ían


Eu son moi tímida, pero cando quero, podo ser amorosa. A min gústame amar, gústame sentir o amor e gústame que me queiran. Aínda que non sexa, a mellor rapaza sempre quererei de verdade Aínda que, me coste expresarme se quero amar, podo amar.

Yadhira


Elixir ¿Que elixir? O camiño bo. O camiño malo. O corazón. As tonterías. Os sentimentos. Os risos bobos. O interior. O exterior. ¿Que elixir? Depende de ti. Elixe.

César

Poesías con 1  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you