Texto pablo sensacións

Page 1

SENSACIÓNS Semellas triste cando os paxaros migran, pero non o estás, porque os paxaros voltarán. Semellas frío cando a calor esvaece, pero non o estás, porque a calor voltará. Semellas pobre cando a folla palidece e cae, pero non o estás, porque a folla voltará. Semellas distante cando o insecto se agocha, pero non o estás, porque o insecto voltará. Semellas sombrío cando a luz se apaga, pero non o estás, porque a luz voltará. Porque todo volta, a calor, o paxaro, a folla, o insecto, a luz... Todo volta. Só nos queda esperar.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.