Estudos arredor de Saramago Burghard Baltrusch (ed.) (2014): “O que transforma o mundo é a necessidade e não a utopia” Estudos sobre utopia e ficção em José Saramago. Frank&Timme: Berlin O grupo Gaelt, pertencente a Universidade de Vigo, tirou neste primeiro trimestre do ano 2014 un volume que se ocuparía da obra do novel portugués J. Saramago. Se ben o primeiro número da colección IBroLiT tamén focalizaba unha figura concreta, falamos da poeta Lupe Gómez, os últimos tenden cara a unha revisión do campo literario galego (véxase o preparado por M. Forcadela ou A. Angueira). Porén, ábrese deste xeito a colección a un campo literario novo, o portugués, a partir de voces vindas exclusivamente deste mesmo campo. O libro que nos ocupa agora pretende debruzarse sobre a obra de Saramago partindo de dous conceptos: utopía e historia. Desta maneira, podemos dicir que o conxunto de doce artigos se podería dividir en dúas partes. A primeira estaría configurada por un grupo de textos que revisan o termo utopía dende diferentes metodoloxías, intereses e puntos de vista. Á par desta encontramos un segundo conxunto de escritos que focalizan o papel que xoga a Historia, ben portuguesa, ibérica ou europea, a partir de diferentes novelas ou relatos de Saramago. O concepto utopía focalizaba as intervencións do autor portugués nos derradeiros anos da súa vida, tal como veu desenvolvendo dende a súa intervención no Foro de Porto Alegre. Disto dá conta o primeiro dos artigos, asinado por Ana P. Arnaut, a cal establece un marco heurístico baseado na alianza espiritualidade/utopía ou na permanencia dos soños e desexos vellos no seu macrotexto. Na obra de Saramago obsérvase, segundo esta profesora, unha busca “que se traduz num processo de (re)aprendizagem que começa e acaba no próprio ser humano”. Paralelamente xorde unha dicotomía entre dúas espiritualidades: xudaico-cristiá e masónica, que loitan no movemento de ligazón entre a espiritualide e a utopía, o cal constata nas diferentes obras de Saramago. Os dous artigos de B. Baltrusch parten da imagoloxía e o tratamento das metanarrativas na (des)construción do concepto nación. A utopía serviralle ao profesor da Universidade de Vigo para analizar a representación da mensaxe trans-iberista na obra de Saramago, sobre todo a partir de textos como A jangada de pedra. No segundo artigo, revisa a obra Memorial do convento focalizando a figura feminina, especialmente o “sublime feminino” ou como a “interacção ente racionalização e imaginação do sublime ao longo dos séculos se tornou uma alegoria as relações dos sexos no sistema patrialcal”. Tendo como elemento central da investigación a figura da utopía tamén destacamos o artigo de F. Venâncio. Neste caso parte do concepto “utopia lingüistica ibérica”, o cal considera que parte no campo literario portugués con A. Garrett, para analizar como se plasma na obra de Saramago, en diálogo coa figura do padre A. Vieira. O profesor F. Venâncio elabora un artigo que ten como base