Leliadoura 17

Page 27

UN ABRENTE TEATRAL Neste ano 2007-08 o grupo de teatro Prósopon experimentou un crecemento importante e abriu novas vías de expansión. No seu repertorio mantivo en cartel dúas montaxes: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos, de Marica Campo e Nubes, de Aristófanes. Coa obra de Marica Campo intervimos na homenaxe á propia Marica, na que foi nomeada chairega de honra, e organizada por Alfonso Blanco, a asociación Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo unha grabación profesional desta mesma obra co fin de colgala na súa páxina web (aelg.org) para que todo o que así o desexe a poida ver e consultar como material didáctico. «O Premexentes» levámolo tamén ao IES de Miraflores de Oleiros.

Por outra banda, este ano fixemos no IES a estrea de Nubes, de Aristófanes. Ademáis, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEEC) invitounos a participar no Festival de Teatro Juvenil Grecolatino 2008 e nese marco representamos «Nubes» no Auditorio Gustavo Freire de Lugo diante de 620 espectadores. Os responsabeis do festival quedaron tan satisfeitos que nos invitaron a participar para o festival do próximo ano coa mesma obra, Nubes, e con outra montaxe nova. E tamén hai grandes posibili-

dades de que nos chamen de fora de Galicia para facer unha xiriña nacional. Ademais, para o día 31 de maio temos prevista, en colaboración co Concello de Guitiriz, unha actuación para nais, pais, amig@s e o pobo de Guitiriz. Xa por último, temos que falarvos da actividade dos rapaces da Aula de Teatro, que no seu primeiro ano están currando moito e montando Barriga Verde, de Manuel María, poeta e dramaturgo da Terra Chá, que estreamos o 2 de xuño nas IX Xornadas de Artes Escénicas de Fingoi (Lugo). En total, nas actividades do grupo Prósopon participaron e colaboraron este ano aproximadamente uns 50 rapaces e 8 profesores: Santiago (Historia), Eneko (Ed.Física), Julio (Filosofía), Yolanda (Inglés), Gloria (Historia), Susana (Tecnoloxía), Lupe (Lingua Castelá) e Antonio (Latín). Ademáis, botounos unha man moi importante coa maquillaxe a nosa amiga Paula Iglesias. Un saúdo.

Grupo de teatro Prosopón

IES Poeta Díaz Castro

27


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.