Issuu on Google+

LELIADOURA 2014 un ano para Díaz Castro

sas u co s i á ida: , e r da a a v ozan an s le eg con tend l eu les n se en , to e l que e se n e al o qu pra a qu e st che os, pr e n a ostr arei o m C ra s r d o d eille s lles r da abra l pa

IES Poeta Díaz Castro

1


CONTIDOS O instituto no ano de homenaxe a Díaz Castro.......................2 Carta aberta a comunidade do IES.............................................4 Axenda Díaz Castro......................................................................6 Centenario.....................................................................................7 Reunión EDUCABARRIÉ.......................................................8 O portal da palabras......................................................................9 Letras galegas no mercado..........................................................11 Os camiños esquencidos.............................................................12 Luces, cámaras...acción...............................................................13 Por fin vemos a peli.....................................................................14 Presentación na Coruña e Lugo.................................................15 Un éxito inesperado....................................................................17 Compartindo contos...................................................................18 Mostras bibliográficas.................................................................19 Correlingua 2014.........................................................................20 Viaxe polo Lugo romano...........................................................21 Paixón polo teatro.......................................................................23 CIAPDGGLNGAY YANGA...................................................24 Fotografía en curso.......................................................................25 Radio en Santiago.........................................................................26 Despedida 2º BAC.......................................................................27

2

leliadoura eliadoura nº 23


POETA ou non, eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan.

OInstitutodeGuitiriznoanode homenaxe ao seu poeta, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Chegando ao remate do curso 2013/14 facemos balance dun ano académico inolvidable. A nosa actividadedentroefóradoInstitutoxirouentorno á figura do noso veciño, o poeta do Vilariño que conseguiu agromar cos seus versos un orgullo colectivo. É a historia dunha ilusión, facer que a poesía do autor que dá nome ao noso Instituto, fosecoñecidapolosseusveciños,oshabitantesdas aldeasevilascompartidas,osfalantesdalíngoana que cantou.

E a realidade superou a ilusión, hoxe é a historia dunha festa da palabra dunha comunidade educativa aglutinada en torno ao recoñecemento popular da poesía, da língoa e do entorno que compartimos co protagonista. Sentímonos parte dunha celebración que seguro vai perdurar en nós. Grazas á iniciativa de Alfonso Blanco, hai xa uns 10 anos, o Instituto de Ensino Secundario de Guitiriz embarcouse nunha andaina de achegamento e recoñecemento a ese home que nos fala de como a beleza pode ferirnos para sempre. Dende entón somos o IES Poeta Díaz Castro, máis recientemente, dende o curso 2012/13 somos unha marea que se move a prol de aprender coa poesía, de mostrar con orgullo como o noso

é motivo de interese para centros educativos, bibliotecas, medios de comunicación, institucións. OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS, curtametraxe de ficción que estreamos o 16 de maio no Salón de Actos do IES para toda a comunidade educativa, é a aportación audiovisual deste curso, logo do éxito de A LUS DO MUNDO a que realizamos o curso pasado e que tantas satisfaccións trouxo. Un ano máis contamos coa colaboración de Cristina de la Torre, directora e dinamizadora inestimable para que todo esto sexa unha realidade. Seguimos a apostar por este tipo de proxectos que están integrados en actuacións que permiten ao noso alumnado avanzar na mellora do éxito escolar. TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO, UN ROTEIRO INTERACTIVO POLA POESÍA, O LUGAR E A PERSOA, será outra proposta que presentamos o 19 de xuño no noso Centro como unha aplicación para móvil e tablet, eses soportes de comunicación co mundo, tan importantes para a vida de todos, e que tentamos convertilos tamén en espazo educativo. Acción en colaboración coa Asoc. Cultural Xermolos e o Grupo de Investigación de Pedagoxía, Historia e Sociedade da Universidade de A Coruña, é o noso intento de recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial, natural e cultural que rodea á obra e traxectoria persoal do poeta.

IES Poeta Díaz Castro

3


Díaz Castro perdido no traxeito dun recordo moi longo

Un roteiro interactivo cunha versión dixital e outra para ser precorrido co asesoramento de guías-alumnos nos lugares presentes na poesía do autor. Actividade que sería inviable sen o apoio e recoñecemento da promoción de proxectos de innovación educativa da Fundación Barrié. Estamos a descubrir a ampla formación do poeta, a grandeza dun políglota que puidendo cantar os seus sentimentos en moitas língoas, só quixo facelo nunha, en galego. É un camiño de ida e volta dos maiores aos máis novos e dos novos aos maiores, grazas a todos os avós, nais e pais, veciños... que axudan a comprender mellor os versos. E fomos de cine, de recitais poéticos, de encontros con clubes de lectura de , de portais dixitais, de televisión, estamos a formar guías do patrimonio.... Aprendemos con formatos moito máis atractivos.

sentación dunha selección de proxectos de innovación educativa que se desenvolveron co auspicio da Fundación Barrié entre o curso pasado e este. Só sete centros de toda Galicia, e salientar que somos o único presente de Lugo e Ourense. Esperemos espallar esta ilusión e iniciativas a moitos máis centros educativos. Neste andar Xosé María, o neno Pepe do Vilariño dos Vilares axudounos a entender que debemos dar un paso adiante e outro tamén, levantar a tea dos nosos ollos e ver que xuntos o tempo pasa e somos quen de lograr que a realidade responda ás nosas ilusións. Xuntos, podemos.

O 20 de maio reunimos no auditorio do ÁGORA de A Coruña a 500 alumnos e alumnas de nove centros de secundaria, emocionante. Os mozos e mozas do IES de Díaz Castro protagonistas dun acto inolvidable. A nosa música, o noso cine.. a capacidade de organización dos nosos guías, o dominio do escenario... Un éxito. Animados, tamén aceptamos a posibilidade de presentar os nosos traballos en Lugo, acolleunos o 26 de maio o IES Lucus Augusti nun salón de actos repleto de autoridades, profesores e alumnado, cera de 300 persoas coñeceron como somos quen de facer unha película entre todos, o moito que aprendemos e o moito que nos satisface. E a nosa xira tamén pasou por Vigo, o 28 de maio fomos convidados a participar na pre-

Só nos queda chamar a atención dos nosos representantes nas institucións local e autonómica, responsables de impulsar a cultura e as iniciativas da mocidade, non estiveron á altura das circunstancias. O 17 de maio non consideraron como lugar adecuado o noso Instituto para recibilas e ofrecerlle ao poeta a homenaxe que se merece. Non foron quen de cumprir cos seus compromisos e rendir tributo a casa natal do noso poeta no Vilariño dos Vilares. A marea de ilusión vai seguir, imos recibir alumnado de toda Galicia en Guitiriz para que os nosos guías mostren o noso entorno, o seu valor, a beleza das pequenas cousas nas que tanto nos fai reparar o noso poeta. Parabéns a todos e todas, familias, alumnado, profesorado, persoal non docente. Deixemos que a beleza nos fira para sempre! Olga Aguiar. Directora IES

4

leliadoura eliadoura nº 23


Son fragmentos de min mesmo perdidos...

CARTA ABERTA Á COMUNIDADE DO IESPOETADIAZ CASTRO O IES DE GUITIRIZ, A FORTUNA DO POETA É obrigado que quede constancia nalgún lugar de que foron as alumnas e alumnos do noso instituto os que souberon estar á altura da celebración do Ano Díaz Castro. Tiven que participar en eventos e actividades en lembranza do noso poeta con escritores, autoridades dende o Presidente da Xunta ata outros niveis, concertos musicais, recitais, etc., en ningún destes encontros puiden descubrir o verdadeiro Díaz Castro, o amigo, aquel co que compartín tantos camiños, atopeino con vosoutras e vosoutros que estades a transmitir as súas esencias, a súa vida e obra. E neste tempo non acouguei ata buscar o manancial capaz de deitar augas tan limpas de creatividade como as que abrollan neste instituto. Preguntábame de donde nacía tanta empatía entre o escritor e vosoutr@s... Non foi difícil dar coa raiz desta fidelidade. Para o poeta a mocidade e os estudiantes eran os seus compañeiros e amigos preferidos, buscábaos cada día coma o seu mellor lecer… “A miña nenez foi sempre importante na miña vida e na miña obra. Quizabes por isto, o meu agarimo polos nenos e polos estudantes, cos que converso moito” (El Progreso, 28-XI-1987). E fun lembrando como algunhas e algúns das vosas nais e país compartían con él longas conversas, poemas, festas coma o Festival de Pardiñas, recitais de poesía, libros, etc. E daquelas correntes de amizade e harmonía nacen arestora estes efluvios creativos… Axiña sentinme mergullado en círculos pro-

gresivos, cada un máis amplo, como as olas cada volta máis plenas ata chegar á cima, xerados naqueles anos de Díaz Castro compartidos c@s vosos proxenitores, ata arribar á vaga actual da vosa música, poesía, beleza…, coma esas rodas concéntricas que vai debuxando a auga, dende que o poeta sorprendeu coa súa arte a aquela mocidade fai máis de 30 anos. Daqueles encontros naceron estes renovos con moita máis forza, porque coma testemuñou no derradeiro verso de Nimbos “a beleza feriume para sempre”, que agora abre as portas de par en par do noso centro. Outro dos vencellos que liga para sempre a vosa achega á plenitude da obra e da vida de Díaz Castro, é que sementades con sinceridade a vosa arte. Non hai outros intereses polo medio, só reflectir a súa palabra. Emporiso a vosa luz e a vosa voz non esmorecen, fronte ós arribistas que se subiron ó tren para medrar ó abeiro do poeta. O voso IES xa leva anos prendido

IES Poeta Díaz Castro

5


coma ventos fuxidos, por antigos camiños esquencidos:

da obra de Díaz Castro, cando ninguén se lembraba del, pero os oportunistas seguen sen introducirse na súa poesía, só fan o paripé para saír na foto. Vós coa vosa nobreza estades a denunciar estas manipulacións, porén a vosa música, escrita, danza, artes plásticas, movementos…, contaxian da verdadeira lírica. Coma consecuencia disto, esta arte autentica provocou un mar de iniciativas creativas entre a mocidade e as nenas e nenos. Mesmo dende os centros de ensino, sobre todo no eido audiovisual, porque vosoutros sodes xa a “A lus do mundo”, e a luz cando se comparte non mengua, multiplicase… Esta enerxía que produce o noso centro de ensino acende nesta hora chispas de creatividade en centos de centros, coma unha lumeirada que anuncia que os novos tempos son chegados. Sodes os que introducíchedes ó poeta nas vosas casas e familias, nas parroquias, na sociedade, compartindo o palco das vosas festas coas orquestras de máis sona, facendo de guieíros a veciñ@s e foráneos polos espazos vivenciados por Díaz Castro, dando a coñecer a súa vida e obra arredor da mesa do fogar, na vida cotiá… E tamén nisto sodes fieis ó núcleo da súa traxectoria: rodear de beleza e emoción a vida de cada día, as cousas máis sinxelas… Coma o poeta estades urxindonos a que sexamos agradecidas e agradecidos coa nosa contorna porque é o mellor que nos puido acontecer: a familia, a fala, a paisaxe, a cultura e alimentación labrega, este recanto da Nai Terra, no que vimos a luz primeira e que segue a axudarnos a manternos erguid@s... Non seríamos ninguén, non teríamos esta oportunidade e agasallo da vida se non fose pola xenerosidade dos

6

leliadoura eliadoura nº 23

nosos devanceiros que nos legaron o patrimonio que agora disfrutamos, o mesmo herdo co poeta, xa que uns e outr@s coma él medramos ó abeiro da Serra de Montouto que nos permite ollar moi alto. Díaz Castro coñecía por experiencia a importancia de todos os membros da comunidade escolar para poder inzar tanta creación e beleza entre nós, Este milagre que está a enchoupar o instituto é froito da colaboración e compenetración de todos os estamentos da familia escolar, o mesmo que el acreditaba que a súa proximidade @s alumnos manaba do seu tempo de mestre, no que aprendeu que nas idades máis temperás tamén se agochan segredos e tesouros dos que podemos tirar proveito: “a miña vella incrina a falar cos nenos e tratar preferentemente con estudantes, vén dos meus tempos de estudante e maiormente, dos meus días de ensinante” (El Ideal Gallego, 2-III-1988). Con que paixón cantades un dos poemas que o poeta escolleu coma pórtico do seu libro

Nimbos!! “Eí están, coma brasas contra a noite, as vellas cousas, cheas de destinos. Ollos que piden, de famentos nenos. Ollos que esperan, dunha adoescente. ¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron, leite e centeo e soño e lus de aurora! Longa rúa da mar, fogar da terra, e esta crus que nos mide de alto a baixo. Con este alento, eu lles darei ás cousas o drama cheo que lles nega a vida: dareilles rostos, pra que se conozan, palabras lles darei pra que se entendan”... Poetas ou non, temos folgos para cantar e darlle cara e rosto ás criaturas que conviven con nós, que é o mesmo que recoñecerlles a vida que lle negan os que usurpan, escravizan ou cosifican ós demáis. E coma nen@s famentos de beleza, urximos, “pedimos” máis calidade de vida e menos recortes e trabas para poder seguir abríndonos camiño, e pola nosa idade “esperamos” acadar máis cotas de liberdade para poder facernos mulleres e homes de ben. Alfonso Blanco Torrado


Galiza en min, meu Deus, pan que me deron, leite e centeo e soño e lus de aurora!

AXENDA DÍAZ CASTRO O xoves 19 de decembro un grupo de alumnos de 1º de ESO volveron outra vez ós seu coles de Parga, A Castellana e Lagostelle para agasallar os seus antigos e futuros compañeiros cunha axendas moi especial. AXENDA ESCOLAR 2014 dedicada ao noso poeta Ademais explicarlles por qué a fixemos, quén foi Díaz Castro, ler algo de poesía e ata cantar con eles a versión do poema de Díaz Castro «A noite é» musicada por Sandra Tenreiro. Polo que sabemos a canción co karaoke foi usada en moitos coles o Dia do Centenario do Poeta. Pola súa banda o alumnado do cole de Parga entregounos, para a nosa biblioteca, un simpático Díaz Castro. Quixemos xuntar neste proxecto dous obxectivos :

Pequenos da Parga mirando as axendas

Continuar coa promoción, que dende hai tempo xa vimos levando a cabo entre o noso alumnado, da importancia que ten o uso das axendas para a organización diaria do traballo escolar e das actividades da vida cotiá. E ... Espallar o coñecemento da figura do Poeta Díaz Castro, na súa dimensión humana, profesional, artística... Así pois, deseñamos e editamos esta AXENDA DÍAZ CASTRO que, ademais da funcionalidade característica habitual en calquera axenda, contén estes outros apartados: Reseña biográfica do autor Fotografías de lugares e elementos relacionados coa vida do autor, coa súa obra e a súa presenza simbólica no noso instituto. Partituras dos poemas musicados no noso instituto. 24 dos 32 poemas de NIMBOS, única obra publicada en vida do autor Xogos e pasatempos relacionados coa vida e obra do Poeta Alumnas de primeiro de ESO presentando a axenda na biblioteca do colexio da Castellana

IES Poeta Díaz Castro

7


eu lles darei ás cousas o drama cheo que lles nega a vida

CENTENARIO DE DÍAZ CASTRO. cumental e a poesía de Díaz Castro guiados por alumnos de 1º e 4º de ESO, escoitar algúns dos seus poemas, incluso en francés, recitados por Oscar e Eva, cantar con karaoke e todo... para rematar cunha “cup´s song” inspirado nos versos do poeta, que con maior ou menor fortuna fixemos polos corredores e hall do insti. Por certo, a cancioncilla acabaou sendo todo un éxito en Youtube. Unha xornada movida e divertida para celebrar ó noso poeta. Mentres no salón de actos (e nos corredores e no Hall) celebrábanse os actos do centenarios na bi-

Foto Suso

O mércores 19 de febreiro tivemos unha xornada bastantemovida.Polamañárecibimosósalumnos do CPI López Suarez de Friol e ós do club de lectura do IES Urbano Lugris de A Coruña. Que a que viñan? pois a celebrar con nós o centenario do nacemento de Díaz Castro. Xuntos e un tanto apretados no salón de actos puidemos ver o documental a Lus do Mundo, facer algúns dos xogos sobre o do-

blioteca tiña lugar a a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14. Foto Suso

8

leliadoura eliadoura nº 23


Eí están, coma brasas contra a noite, as vellas cousas, cheas de destinos.

REUNIÓN EDUCABARRIE O mércores 19 de febreiro, coíncidindo coa celebración do Centenario de Día Castro, celebrouse na biblioteca do noso IES a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de ProxectosEscolares2013/14.

A reunión amosou o elevado nivel das intervencións educativas seleccionadas, o seu rigor e capacidade de aglutinar intereses moi variados do profesorado para mellorar a práctica docente, a captación do talento do alumnado e os incentivos en coñecemento e implementación das novas didácticas e tecnoloxía nas aulas. Todos os proxectos serán elaborados neste curso escolar e poranse a Eva recitando a Díaz Castro disposición da comunidade educativa co compromiso de compartir e espallar as súas experiencias. Unha oportunidade para visibilizar a capacidade do profesorado con inquedanzas e desexo de formación permanente. Para o noso Centro unha oportunidade máis de desenvolver un proxecto interdisciplinar, vinculado á cultura e entorno do alumnado. Antes de iniciar a reunión un grupo de alumnas de 2º de BAC (grazas Amanda, Nerea, Eva, Lidia e Laura) prepararon e realizaron unha presentación do A reunión acudiron o Director da Fundación noso centro, dos traballos e actividades que Barrié, Javier López, a Directora de Investise desenvolven nel, da nosa vila e, por gación e EducaBarrié, María José Mariño e a suposto, na data na que estabamos, do poeta Asesora educativa de EducaBarrié, Susana que da nome ó centro e a nosa biblioteca. Vázquez, e o profesorado que desenvolve os Despois Oscar e Eva agasalláronnos coa lecproxectos: Xaime Varela do Instituto Espatura duns poemas e por último puidemos ñol Cañada Blanch de Londres (Fala Londres); coñecer de primeira man a un pequeno Díaz José Viñas do IES David Buján (Ciencia Castro que falou, nunha mestura de linguas, cidadán na escola); M. T. Iglesias Polo do dalgúns episodios da súa vida. C.P.R. San José de Pontedeume (Construíndo a cultura do pensamento eficaz hoxe para mañá); M. Pérez Hernández do Centro Integrado A Xunqueira de Pontevedra (Proxecto de colaboración A Xunqueira Amencer) e Olga Aguiar do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz (Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa).

IES Poeta Díaz Castro

9


Alumarei con fachas as palabras, ancho herdo meu, o mundo que me deron.

OPORTALDAS PALABRAS

Un paso máis no achegamento á poesía de Díaz Castro. O alumnado do noso instituto reflexiona, desde a experienciapropia,desdeavivenciainterioreasuxestión, sobrealgunhasdaspalabrasmáissignificativas utilizadaspolopoetaenNIMBOS...»OresultadodestetraballoquedourecollidoefoipublicadonoPortal das Palabras unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié co obxectivo de achegar o léxico á sociedade e modernizar a súa divulgación. Podedes seguilo en http://portaldaspalabras.org/videos?titulo=o-lexico-de-nimbos-palabras-de-diaz-castro

ABRENTE. Esta palabra apórtame emocións, por exemplo, tristeza, porque cada día que empeza é un día menos da miña vida; tamén, alegría... ves como amence, un novo ceo, novo soño, nova aventura, nova esperanza de poder ser máis libre e correr máis lonxe, escapar de todo... Un novo raio de sol sobre o mundo que piso, que sinto e vexo. Dende a ventá, miro ese abrente e sinto o meu corazón bater moi, moi forte pensando na vida que teño por diante; na que xa perdín sen darme conta; nos sentimentos que vin reflexados na noite, no sorriso da noite e da lúa, que me corroen o corazón sen descanso e me deixan sen alento. Andrea Pérez Calvo, 1ºESO

CHOUSA A min a palabra «chousa», como ten moitos tons, faime pensar nas distintas cores da vida. Tamén a represento como unha leira pechada dos recordos da miña vida que se gardan no meu corazón. Ás veces déitome nela e sinto un pracer xigantesco ao tocar a súa herba finiña. Nela xoguei moito, por iso é o patio de xogos da miña infancia, e, finalmente, como por alí cruza un fermoso regato, penso que é un lugar de profundidade e misterio... «as chousas máis íntimas» dicía o noso poeta. Noemí Miraz Vázquez, 1ºESO

10

leliadoura eliadoura nº 23

CORAZÓN Para min, o corazón é o órgano máis poderoso: é o que dá e quita a vida. Na antigüidade, atribuíanlle «poderes», dicíase que el só podía controlar as emocións e o amor, a máis importante. Agora aínda lle damos creto esa crenza e a eses mitos. Cando estás con esa persoa especial...non cres que o corazón che vai saír do peito? Todos o sentimos, anque só fose unha vez! Con esta idea poderíamos completar este verso de Díaz Castro: «os pobres corazóns coma péxagos.... encóllense se o amor non está preto» Antía Sánchez , 1º ESO

LÍNGOAS Para min, as linguas representan as ganas de saber e de poder saber. Hai xente que daría todo por saber linguas pero que, por desgraza, non pode. É moi bonito poder ir polo mundo defendéndote sabendo linguas, aínda que sempre, sempre,


A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.

defendendo a túa propia lingua, o galego. Albeto Fraga 1º ESO

LORBAGAS Para min son o froito da primavera...Non me gustan, pero sempre as probo para notar o seu sabor amargo e un calafrío polo meu corpo. As lorbagas danme sensación de tristeza cando caen e lémbranme a súa murcha e enfermiza beleza...»nesa tarde cargada de lorbagas veu o silencio...»

BOIS Os bois danme sensación de defensa, porque, ao ser tan robustos, parece que te poden defender de todo. Tamén me recordan os contos de romanos e gregos que me contaba a miña tía, xa que moitos seres mitolóxicos teñen algunha parte dun boi, como o minotauro. O verso de Díaz Castro «aran os bois e chove» paréceme que está relacionado coa idea de que, por moito que chova, eles seguen traballando, arando. Dálles igual que chova, que quente o sol ou que neve. Óscar López Felpeto, 1ªESO

REGO e SUCO

María Ansede Novo, 1ºESO

LUS Para min, significa positividade. A «lus» implica vitalidade, a aparición dun novo día, doutra oportunidade para aproveitar o momento. A «lus» chama a miña atención porque nela vexo a progresión da humanidade. A «lus» dun novo día dáme as ganas de levantarme e emprender a miña felicidade, a que perdurará sempre. Tamén significa o camiño que has de seguir para chegar ao lugar adecuado, o que buscas. Unha «lus» no amor. Esa «lus» que che aporta a persoa á que amas e a que te acompaña na traxectoria da túa vida. Unha «lus» que os teus pais ven en ti, esa alegría por criar a un ser próspero. A «lus» é a morriña pola terra, as ganas de ver o mencer da nosa Galicia. Unha «lus» que definitivamente traerá novas vidas e a prosperidade a esta fermosa terra, unha terra cuxa beleza «fireu» ao poeta «para sempre!».

Rego. A min créame un sentimento de cansazo, xa que o rego é profundo e estreito. Tamén me dá un sentimento de pena, xa que queres saír del e non podes pois parece que se che vai cerrando ao lonxe. Isto é como un pechar portas, coma un traballo que non se dá acabado. Cando acabaches de facer o rego, aínda che queda o cadullo, tal e como dicía Díaz Castro... «que o sol siga o seu rego deica o mesmo cadullo». Suco. A min créame sentimento de alegría, xa que é ancho e profundo. Paréceme que o suco é o que che crea unha saída do inferno profundo. O suco ara menos có rego. Lévalle máis tempo, pero todo o tapa. Como di Xosé María, «suco a suco vaise enterrando o outono» Jorge Tomé Carreira 1º ESO

RÍO «Á beira do ancho río...» respírase tranquilidade. Como dixo Díaz Castro nos seus poemas...»unha música ardente vén no aire coma un río», ese río que leva o recendo da miña infancia. As súas correntes tráenme a diversión, a alegría e os bos recordos: Longas tardes sentada xunto a el, escoitando a súa música; as incansables charlas que leva gardadas no seu armazón... Sempre levará consigo o reflexo dos meus sorrisos.

Laura Barreiro 1º BAC

IES PoetaIrea Díaz CalvoCastro 1º ESO C

11


Polos días do Carmio a festa chega ó río.

LETRASGALEGASNO MERCADO

Como en anos anteriores, a Biblioteca e o EDLG do IES Poeta Díaz Castro celebraron o mércores anterior ó 17 de maio a Festa das Letras Galegas na praza da vila.

Participaron ademais do alumnado do IES, o alumnado dos colexios de Parga e Lagostelle e da Escola Municipal de Música. Tivemos un día ben fermoso e case cegados de tanta lus os pequenos dos coles e do instituto recitaron e cantaron. A escola de música puxo gaitas, pandeiros e bombos e o alumnado de

12

leliadoura eliadoura nº 23

música do insti, da man da súa profesora Sandra Tenreiro, presentou tres novos e fermosos temas, con letra de Díaz Castro e música de Sandra: Esmeralda, Remuíños e Vísperas. Feridos quedamos de tanta beleza. Unha homenaxe fermosa é alegre por parte dos rapaces e rapazas a un poeta que senten como algo seu.


Ferve o grau, pulo enterrado da espranza, nena dormida.

OSCAMIÑOS ESQUENCIDOS

ó poeta dos Vilares por parte dos xóvenes estudantes de Guitiriz. Foi un traballo de construcción creativa e sobre todo, un esforzo de produción no que se implicou toda a comunidade educativa e para o que o Instituto, recibiu tamén unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo.

SINOPSE Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.

Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha ficción sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. A película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e representacións de danza, coa intención de explorar novas perspectivas no achegamento

CRÉDITOS Dirección: Cristina de la Torre Dirección de produción: Olga Aguiar Guión e produción: Andrea Balsa, Tania Campello, Sara Campos, Agustín Carballido, Verónica Carballeira, Paula Currás, Andrea Díaz, Eva Fernández, Antía Ferreiro, Tania Forja, Andrea García, Raquel Hortas, Cintia Iglesias, Xabier López, Yassir Louza, Paula Paderne, Noa Pena, María Pérez, Uxía Pérez, Noemí Romero, Sabela Salgueiro, Noelia Santalla, Marta Vázquez, Cristóbal Veiga, Margarita Vidal, Ana Vilela, Icíar Villar, Sarah Whitten Realización: Pío Cribeiro Coreografías: Rut Balbís Música: Sandra Tenreiro Actores: Julio José González, Óscar LópezFelpeto, María Miragaya, Óscar López, Alfonso Blanco Torrado, Alfredo Torres, Jesús Álvarez, Víctor Pollán Fernández, Marisé Fernández, María del Carmen Marrondo, María Consuelo Otero, Agustín Carballido, José

López.

IES Poeta Díaz Castro

13


Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida.

LUCES,CÁMARAS...E ACCIÓN!

A última semana do mes de marzo os alumnos do instituto guitiricense estiveron inmersos na rodaxe dunha película en honor ao poeta que da nome ao seu instituto, Xosé María Díaz Castro.

entre outras cousas, a súa vida e a súa morriña por Galicia durante a súa estancia en Madrid; e o mellor, está dirixido e rodado por alumn@s con axuda profesional. Esta proposta xurdiu nos obradoiros levados a cabo no centro para difundir a figura do poeta Díaz Castro, homenaxeado nas Letras Galegas 2014 e persoa sobre a cal o pasado ano os alumnos realizaron un documental con moito éxito: A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro. A curtametraxe que se está levando a cabo é un proxecto no que alumnos e profesores aportan o seu gran de area. Neste filme, basado nas vivenzas e obra do autor, cóntase dun xeito moi orixinal e un tanto especial, Ademais da rodaxe desta película, que verá a luz o próximo día 15 de maio, no instituto estanse levando a cabo diversos proxectos para promover e dar a coñecer a figura e obra de Díaz Castro. Realizaranse próximas visitas con outros institutos aos lugares que frecuentaba o poeta (guiadas por alumnos do IES) e o departamento de música e os seus alumnos traballarán na composición de novas cancións sobre os seus versos. Espéranos un gran ano cheo de lus, poesía e música! Eva Fernández Paderne, 3º ESO B

14

leliadoura eliadoura nº 23


dinme a buscar teus cen perdidos nomes pra te chamar, ouh nai, ouh insua miña!

PORFINVEMOSA PELI!!

Chegou o día. Nervios, problemas de última hora... aínda temos que escoitar moitas palabras, explicacións … e por fin a peli.

Cristina e Olga

Cristina e Noa

Cristina, Marisá, Consuelo

Os protagonistas (actores, equipo de produción, guionistas... ) comidos polos nervios, e o resto tamén, pois quen máis quen menos sinte coma seu este proxecto. Por fin apáganse as luces, silencio... O silencio entre o público séntese, agrándase ao longo da proxección. Boa sinal? Ó final tardamos uns segundos, décimas de segundos? en rompelo cos nosos aplausos (que tensión para os protas). Tranquilos, e que algúns aínda tiñan que desfacer o nó de emoción que tiñan na garganta, que crerse que iso o fixeron eles, os seus compañeiros. Despois os comentarios, as fotos e algunhas a calma. Pero non por moito tempo, aínda queda presentala na Coruña e en Lugo.

PARABÉNS A TODO O EQUIPO E SOBRE TODO A CRISTINA.

IES Poeta Díaz Castro

15


Tódalas pombas fan o meu amor. A beleza fireume para sempre.

PRESENTACIÓNNA CORUÑAELUGO

O martes 20 de maio presentamos “Os camiños esquencidos” na Coruña, no centro Ágora nun acto foi organizado pola Biblioteca do IES Poeta Dáiz Castro en colaboración coa Biblioteca do Ágora. Na homenaxe ao poeta do Vilariño no que participarán uns 500 alumnos e alumnas de varios centros da Coruña, invitados a través das bibliotecas do seus centros: IES Urbano Lugrís, IES Monte das moas, IES Máximino

Romeiro de lema de Baio, IES Elviña, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, Colexio Liceo la Paz. Ademais da proxección da curtametraxe alumnos dos diferentes centros participantes leron versos do poeta. Pola súa banda o alumnado de música interpretou tres novas cancións compostas pola súa profesora Sandra inspiradas en versos do poeta: Esmeralda, Vésperas e Remuíños Por último presentouse o roteiro “Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa” seleccionado na Convocatoria de proxectos escolares EducaBarrie 20132014 no que está traballando o alumnado e profesorado do IES e que pronto estará a vosa disposición na rede. A presentación do acto, a cargo de María Pérez e Agustín foi estupenda. Fátima e Edgar explicaron marabillosamente o roteiro. Iciar, Margarita e Óscar responderon con gracia e corrección ás preguntas do público asistente, que cremos que disfrutou moito da música, a poesía e sobre todo da película que foi todo un éxito. Estabamos algo nerviosos, pois aínda que nos xa a víramos no insti agora tratábase de presentala ante moita máis xente e que nada tiña que ver co noso centro. O silencio co que o público asistiu á proxección e os aplausos ao finalizar a mesma foron a mellor proba de que a peli gustou de verdade. En fin nos quedamos satisfeitos e o público tamén.

Parabénsatodos

16

leliadoura eliadoura nº 23


Nesa tarde cargada de lorbagas veu o Silencio

O luns 26 repetimos en Lugo, no IES Lucus Augusti. De novo ante uns 300 rapaces e rapazas doIESXoánMontes,MurallaRomana,Virxedos Ollos Grandes, Ánxel Fole, Lucus Augusti e Leiras Pulpeiro explicamos os nosos proxectos e proxectamosapeli.Oactoresultoumoianimado. Ó final Antía de 1º ESO animouse a cantar ESA LUS, o inesperado éxito musical deste curso. Antes e despois, no hall do centro, alumnos e alumnas dos centros asistentes puideron facerse fotos cos protagonistas da peli. Nos tamén aproveitamosparafacernosalgunhaqueoutrafoto.

IES Poeta Díaz Castro

17


a túa risa, para sempre inmenso abrente na mar.

UNÉXITO INESPERADO

Máis de trece mil visualizacións en dous meses. “Esalus”converteusenohimnodasletrasgalegas deste ano. O día 16 foron moitos os coles que usaronparacelebrartodosxuntooDiadasLetras Galegas. Podedes escoitala en http:// biblodiazcastro.blogspot.com.es/2014/04/esalus.html

Esa mirada era especial, xa que nacera no rural e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio o neno Pepe escribirá (est 1) Esa lus, esa lus se o poema é só un nimbo de lus son fragmentos de min mesmo o herdo, o mundo que me deron se o poema é só un nimbo de lus (est 2)

18

leliadoura eliadoura nº 23

Esa lus, esa lus se o poema é só un nimbo de lus coma ventos fuxidos por camiños esquencidos se o poema é só un nimbo de lus Más de once linguas que falou pero unha soa que cantou, á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza Xose María escribirá (est 1) (est 2) Un paso adiante, un paso atrás Galiza sempre nel está ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza Díaz Castro escribirá (est 1) (est2)


Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar,

COMPARTINDO CONTOS Un ano máis celebramos cos pequenos dos colexios de Guitiriz, Parga e A Castellana unha xornada de contoscompartidos.Destavoltanosadiantamosunpoucoódíadolibro,pero maísaládodíaoimportante e ler e compartir o pracer de ler. Aínda que tiñamos certo medo de repetirnos un pouco, xa é o cuarto ano, o entusiasmo coa que participaron os alumnos e alumnas do IES (participou todo 1º e 2º ESO, 78 alumnosealumnas)eailusiónealegríacoaquenosrecibironospequenosdoscolesanímanosacontinuar conestaactividade.

alumnado de 1º da ESO do IES Poeta DíazCastro cos pequenos de infantil de Lagostelle

IES Poeta Díaz Castro

19


I eu coma a néboa sobre os outos montes que lles cobre a ferez e mailas bágoas;

MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS O 27 de xaneiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL EN MEMORIA DAS VÍTIMA DO HOLOCAUSTO E A PREVENCIÓN DOS CRIMES CONTRA A HUMANIDADE.

Nabibliotecasumámonosaestaconmemoración cunha mostra de libros e películas sobre o holocausto e outros xenocidios. A mostra completouse cunha serie de paneis con informaciónsobrerealizadospoloGrupoEleuterio Quintanilla do Ateno Obrero de Gijón. Durante a última semana de xaneiro semana proxectáronse nos recreos unha serie de pequenos documentais con testemuños de superviventes. No blog da biblioteca varias entradas con información sobre o tema:o holocausto no cine, o holocausto nos libros. En internet podedes atopar unha enorme cantidade de información sobre a Shoah. Se tecleamos “holocausto judio” en google obtemos 342.000 resultados, pero ollo! Como pasa habitualmente nas buscas en google hai moito que cribar. Neste caso entre as 10 primeiras resultados atopamos algunhas páxinas espantosas (tetradespertar, bibliotecapleyades). Ademais da wikipedia tedes unha información ampla e rigorosa na páxina de UNITED STATES HOLOCAUST MEMORIALMUSEUM, na do YAD VASHEM (museo do holocausto en Israel) ou na páxina da

20

leliadoura eliadoura nº 23

USC Shoah foundation (fundación creada por Steven Spielberg para gravar testemuñas de sobreviventes e testemuñas do holocausto). Na páxina LECTURASDELHOLOCAUSTO.COM poderás atopar unha selección amplísimas de libros e películas sobre o holocausto, o contexto histórico no que se produce, a Europa de entreguerras, etc ordenados por temas e comentados. http://biblodiazcastro.blogspot.com.es/ search/label/SHOAH Para finalizar a mostra de libros e películas sobre o Holocausto a nosa compañeira Conchi contounos a súa experiencia durante a visita que realizou cuns alumnos de 1º BAC ó campo de concentración de Mauthausen. Todo, alumnado e profesorado presente seguimos con atención e nalgúns momentos emoción o relato de Conchi que foi quen de transmitirnos os sentimentos que ela e os seus alumnos viviron durante esa experiencia ó temo de informarnos e explicarnos a sorte de moitos españois que pasaron polos campos de concentracións nazis. Inesquencible


Erte, fillo, coma anxo airado, rompe a paz, e ponte a loitar!

CORRELINGUA 2014 O mércores, 7 de maio, os de cuarto tivemos a oportunidade de ir ao correlingua en Lugo, como se adoita facer todos os anos dende hai xa moito tempo. Aínda que a cousa mermou dende que se comezou a asistir a este evento, a verdade é que o pasamos ben de paseo pola muralla e, sobre todo, escoitando a música do grupo Monoulious Dop. Saímos da praza de Santa María e percorremos a muralla detrás da nosa pancarta co nome do instituto e, logo disto, volvemos de novo á praza. Agasallaron a todos os institutos cun diploma e mais unha caixa de libros, que levamos para a biblioteca do IES e dos que disfrutaremos nós e mais os que veñan. O lema deste ano era “Galiza, o paso adiante” facendo homenaxe ao poema de Díaz Castro “Penélope”... Tamén fixeron un chisco de homenaxe ao noso instituto, como é lóxico... Gustoume a experiencia xa que é unha loita polo galego e alégrome de que se sigan organizando este tipo de cousas para intentar que non acabe por esquecerse a nosa lingua María Pérez Ferreiro

TODOSNACORUÑA.

O Martes 17 de Novembro todos oa alumnos da ESO do IES Poeta Díaz Castro visitamos a Coruña para facer un montón de cousas. Había un número de actividades conxuntas e patinaxe sobre xeo ao que se acudía por turnos. Mentres un dos cursos patinaba, outros ían a ver diferentes exposicións como a de Ilusionismo ou un taller de construcción. Na exposición de Ilusionismo ensinaban cómo a nosa vista e a nosa mente non eran capaces de ver o que en realidade estaba a ocorrer. Tamén tivemos una visita á Torre de Hércules e museos como a Domus e una exposición sobre o corpo humano. Unha xornada moi completa

IES Poeta Díaz Castro

21


Tras del fragas zuando, paus, loucura, e mozas coma rosas, longa hestoria.

UNHAVIAXEPOLO LUGOROMANO

O pasado día 24 de marzo fomos de excursión á cidade de Lugo. Durante esta visita turística coñecemos varioslugares.

A primeira hora fomos ao Museo Provincial, no cal disfrutamos dunha visita guiada sobre a Romanización ensinándonos diversos restos arqueolóxicos moi elaborados coma obxectos persoais ou restos de mosaicos.

antigas Termas e Ponte romanas antes de dirixirnos ata o centro comerial “As Termas” para xantar e descansar durante un par de horas antes de ir ver a obra “Aulularia”: unha comedia de Plauto moi divertida e entretida.

En segundo lugar, visitamos”A casa dos mosaicos” onde proxectaron un vídeo que trataba de explicarnos cómo era a vida romana en Lugo antigamente. Ademais, como curiosidade, dito museo atópase nos mesmos restos dunha antiga casa romana (Domus) dunhas dimensións considerables.

A parte que máis me gustou foi posiblemente a obra “Aulularia” de Plauto que foi representada no Auditorio “Gustavo Freire”. O actores e actrices conseguiron combinar dunha maneira moi orixinal unha comedia clásica con rasgos divertidos característicos de personaxes famosos da actualidade. Con isto conseguiuse que dita obra resultase máis amena e actual.

Máis tarde, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla, lugar onde un guía se encargou de explicarnos algunhas cuestións sobre a Muralla romana lucense. Tamén vimos documetais explicativos que comparaban a antiga cidade de Lugo coa actual- ao tempo que nos contaban algo da súa historia. Tras isto, demos un breve paseo pola muralla e fixemos unha breve parada nas

22

leliadoura eliadoura nº 23

Na miña opinión esta foi unha viaxe moi productiva pois, ademais de pasalo ben cós compañeiros, tamén aprendemos e vimos moitas cuestións novas e interesantes. Sen dúbida, esta foi unha das excursións máis divertidas ás que fun e espero repetir a experiencia moi pronto. Yaiza Prieto 1º BAC


TERRA sucada, poema de cen versos na outonía!

PAIXÓNPOLO TEATRO.

O 12 de novembro de 2013 collemos o autobús varios cursos do I.E.S Poeta Díaz Castro para ir a unha representación en Lugo.

Isto sucedeu grazas a unha idea da nosa profesora de francés, xa que todos os anos se organiza unha excursión para ir ao teatro. Alí, en Lugo, esperábanos unha obra de teatro titulada Tartuffe, un autor francés. Esa representación foi divertida e moi graciosa, houbo xente á que lle defraudou a obra, debido a que só había un foco iluminando o escenario, e noutras ocasións había moita animación sobre o palco e así esa obra facíase máis entretida. A obra durou sobre 1 h 30 min e despois preguntamos as dúbidas que iamos tendo ao longo do relato e a obra rematouse cun grande aplauso para os actores. Ao saír da representación os profesores deixáronnos un tempo para andar por libre en Lugo, comentamos a obra e pasámolo en grande entre todos. Era hora de marchar, así que collemos o autobús e partimos a Guitiriz, onde cada un entrou na súa clase e comentou o que viramos e pasado aos demais .

LIBROS E CABAZAS

Como todos os anos a biblioteca organizou o concurso de cabazas. Tivemos moitas e moi feas, como ten que ser. E como somos a biblioteca acompañamos ás cabazas de libros e pelis, por se algún non pode durmir

IES Poeta Díaz Castro

23


Sinto ás veces as horas nos meus ombros e digo que me pesan coma un reino.

DÍA DO AMOR

Amor, libros, poesía... non atopades a relación? Dende a biblioteca vos propoñemos celebrar o San valentín dun xeito diferente. Nos poñemos libros, flores e poesía, o amor o poñedes vós... ou non

UNANO SEN MAGOSTO O IES Poeta Díaz Castro tiña previsto celebrar o seu Magosto o pasado día 21 de novembro, pero por mor da escaseza das castañas non se puido organizar. O alumnado e o profesorado eran os encargados do subministro deste produto típico do outono; pero por falta de colaboración dos rapaces, ao non aportar as castañas, quedou cancelado este evento. Aínda que o centro podía mercalas, o vicedirector preferiu suspender esta celebración por non ser como anos anteriores. Chegado o día previsto para a celebración desta tradicional festa galega, a comunidade do IES de Guitiriz sentiu non levar a cabo este outono a degustación das castañas e o festexo que conleva a súa preparación, que sempre estivo a

24

leliadoura eliadoura nº 23

cargo dos alumnos de PCPI. Anos atrás celebrábase a exaltación deste produto da terra, participando en todo o proceso, desde a elaboración de carteis publicitarios para anunciar este evento ata o asado das castañas, para rematar coa súa degustación. Era unha festa moi alegre, onde a maioría acababa coa cara tisnada, pero algúns con boas enchentas nos seus bandullos. Esperemos que en vindeiros anos se siga celebrando, xa que é unha tradición na que se enxalza un produto da nosa terra e que non debemos perder. Sara Campos González


Unha música ardente vén no aire coma un río de recordos.

CIAPDEGGLUNGAY YANGA

Nós sabíamos que o concerto do 22 de Outubro no Auditorio de Galicia, non ía ser clásico,...deses nos que temos que estar case sen respirar... para non distraer ao solista ou o director, non...de iso nada.Para empezar, Sandra, a profe, empezou a dicir cousas rarísimas na clase, nunha língua, a quepoucoapouconosiríamosachegando;owólof e o mandinga. “Ci ap degglu ngay yanga”; solo quen escoita pode aprender. Ese sería o noso lema para o resto do curso e o pasaporte para achegarnos a cultura senegalesa. Nos acostumados ós móbiles, os lapis de memoria, as vídeo cámaras dixitais, ós tegas dos discos duros...estábamos de súpeto ante a cultura da tradición oral, transmitida de xeración en xeración polos griots de senegal. “Djilandiang” este grupo formado por catro homes e unha muller falounos tamén da importancia de escoitar ós máis maiores, adedicarlles tempo, para entender o que nos queren dicir. En Senegal cando un ancián morre é como se se lles queimara unha biblioteca ou o disco duro do ordenador, por iso é tan importante transmitir os seus coñecementos, toda a súa sabiduría de avós a fillo e netos a través da música dos griots, que acompañados pola sonoridade máxica e cristalina da Kora chegan a tódolos membros dunha comunidade. A través da súa música encheron todo o auditorio de hospitalidade, alegría e positivismo.

Compartimos xuntos todo o que alí sucedía e fomos partícipes dos seus temas, invadiron coa súa forza percusiva e as súas polirritmias os corpos dos alí presentes como se de maxia se tratase, atrapados polas vibracións dos variados instrumentos de percusión . Ninguén quedou impasible ante a forza vocal e corporal da solista . Impresionados e impregnados de forza e expresión natural, tivemos a oportunidade de tocar os seus instrumentos e bailar con eles. Sentímonos entón nun primeiro momento, como unha cultura pasiva e inexpresiva ó seu lado, sempre temerosos de tocar ou cantar desvergonzadamente, polo que dirán. Eles non tiveron medo e se expresaron escenicamente tal e como son sen medo a dar todo o que levaban dentro, iso é hospitalidade e xenerosidade iso foi “Teranga, o legado dos griots de Senegal”. Por certo e xa para rematar non esquezades outra fraseciña que deles aprendimos e que deberíamos ter en conta o resto do curso;

“Xamul aay na wànte laajtewul a ka yéés” : No saber es malo, pero no preguntar es aún peor.

IES Poeta Díaz Castro

25


I eu coma un fondo río de recendos, de voces e de luces: coma o aire,

FOTOGRAFÍA EN CURSOCONVARI CARAMÉS

Esteanotivemos asortedeparticiparnoproxecto FotografíaenCursoxuntoconoutrosoitoinstitutos de toda Galicia onde coñecemos a un gran fotógrafo como Vari Caramés.

Tivemos o pracer de poder compartir de varias sesións fotográficas con el onde disfrutamos da súa obra e aprendiamos técnicas, trucos e formas de elaborar unha imaxe. Comezamos traballando coa páxina de Fotografía en Curso onde vimos fotos de outros centros e de fotógrafos recoñecidos. Tamén visitamos a mostra de Albero García-Alix na Coruña. Vari propúxonos saír polos lugares que inspiraron a obra de Díaz Castro e facer a nosa contestación fotográfica aos seus poemas. Podedes ver o resultado na exposición que fixemos no centro. Grazas a esta experiencia con Vari Caramés cambiou a nosa maneira de facer fotos. Alumnos de Plástica, 4º de E.S.O.

26

leliadoura eliadoura nº 23


i eu coma a estrela que entra polo oco do lousado do probe na agonía.

RADIO EN SANTIAGO! Os alumnos de 1º ESO elaboraron unha serie de podcast para seren emitidos en Radio Principal Vilalba

O día 4 de febreiro tiñamos previsto visitar os estudios de radio da USC. Alí gravamos, coa axuda dos técnicos de son da Facultade, os contos que estivéramos preparando durante as semanas anteriores nas clases de Proxecto Interdisciplinar. Chegamos a Santiago ás 10 da mañá e xa nos dividimos en dous grupos; o primeiro grupo foi gravar os contos á Facultade de Ciencias da Información; mentres, os do segundo grupo fixemos unha visita guiada aos edificios de patrimonio histórico da Universidade de Santiago: dirixímonos á Biblioteca Ameríca, dentro da Biblioteca Xeral; visitamos o Salón de Fonseca, dentro do Palz Fonseca, etc. Finalizada a visita, nós tamén fomos á Facultade, para gravar os nosos contos. Ao rematar íamos comer, e dar unha volta por Área Central, pero non poidemos, por culpa de que chovía a mares. Esta saída foi divertida, ainda que algúns parecíamos sopas. O 10 de abril, finalmente, os contos foron emitidos na emisora de Radio Principal Vilalba.

Andrea Pérez Calvo, 1º ESO A

TAPAA DÍAZ CASTRO

Entrar nun bar, pedir unha tapa e levarse á boca unha combinación que non só agrada ao padal senónqueestáconcebidaeunida enfuncióndun poeta…

Así pasou en Guitiriz onde un coñecido establecemento, o Bar Gaibor , participou no concurso de tapas cunha oferta inspirada nin máis nin menos que no poeta Xosé María Díaz Castro, protagonista do Día das Letras Galegas e nacido hai 100 anos. A tapa en primeiro lugar caracterízase polo uso de produtos da comarca de Terra Chá. En segundo lugar elixiuse un nome, Como unha espada tomada dun poema de Díaz Castro. A tapa levaba un fondo formado por crema de grelos. Este verde decorado non foi unha elección casual senón un recordo da herba pequerrechiña que tamén citou o poeta noutro poema. Por encima da verdura ía unha escuma de pataca que tamén ten unha razón poética: simboliza un nimbo clara alusión ao citado libro. O reino animal está presente xunto ao reino vexetal: uns cachiños de lacón aparecen na tapa representando o corazón do poeta. Un crocante pan representa a espada que aparece no nome do poema e da tapa, e unha allada de aceite de oliva, allo e pementón non só cubren os ingredientes senón que cumpre tamén unha función literaria: representan a ferida que o escritor describe no poema usado como inspiración A beleza fireume para sempre

Irea Calvo Pena IES Poeta Díaz Castro

27


eu deixo equí os nimbos, coma cinza de rosas

DESPEDIDA 2º BAC Será que non queremos que se vaian. O caso é que non acabamos de despedir a esta promoción. Primeiro foi o día 16, despois da estrea da peli. Alí, no salón de actos, os seu compañeiros déronlles unha agradábel sorpresa, e non só a eles, pois ata alí achegaronse algúns dos seus profes de primaria. Houbo palabras bonitas, risas, moita emoción e algunhas lágrimas,, moitas lágrimas. É ao final música, da man dalgúns alumnos e ex-alumnos da banda municipal de música. É que “haiche” moito metal. Así non van querer marchar. O venres 23 acto “oficial” de graduación ao que acudiron os alumnos, por suposto, as familias e moitos dos profes que os acompañaron e ,supoñemos, que guiaron e ensinaron, nestes seis anos. De novo fermosos discursos, moita emoción e máis lágrimas, como ten que ser.

QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE!!!

Sorpresa:os profes de primaria

28

leliadoura eliadoura nº 23


dareilles rostos, pra que se conozan, palabras lles darei pra que se entendan

Nerea, Martín e Víctor

Juan, Lidia e Conchi

Ramón, Davis e Manolo

Olga, Pablo e Alfredo

Amanda, Eva e suso

Laura, Nerea e Nuria

Laura e David

Oscar, Juan e Irene

IES Poeta Díaz Castro

29


30

leliadoura eliadoura nยบ 23


Leliadoura web 2014