Issuu on Google+

Leliadoura Xosé María Álvaerez Blazquez

2-3

Pedagoxía contra a violencia de xénero

4-5

Lifeline express: o tren da vida

6-7

Viaxe a Italia

8-9

Comenius: Berlín

10-12

Comenius: Atenas

13-14

Paris-Marsella

15-18

Visita á Voz de Galicia

19

Libros, cine, libros

20-21

eTwining Guitiriz-Dublin

22-23

Axenda 21

24-26

Teatro

27-28

O día de Marica

29

Traballos de Plástica

30-31

Coñecer para recoñecer

.32

IES Poeta Díaz Castro

1


XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a un home cun amplo percorrido, vital e cultural. Escribiu poesía, narrativa, ensaio, adentrouse na arqueoloxía, na investigación e tamén foi editor galeguista entre outros ámbitos. Xosé María Álvarez Blázquez nace o 4 de Febreiro de 1915 na rúa do Rollo da cidade de Tui, nun magnífico casal. Seu pai, Darío Álvarez Limeses, natural de Pontevedra e médico de profesión, sería fusilado polo Réxime franquista. Súa nai chamábase María Blázquez Ballester e era natural de Cuba. Non era fillo único pois chegaron a ser 6 irmáns. De mozo cursaría o bacharelato de letras, para máis tarde estudar maxisterio. Casaría en 1946 con María Luisa Cáccamo Frieben, e terían 6 fillos. A Xosé María o mundo de escritores e intelectuais non lle foi alleo nin de pequeno, pois co seu avó paterno, Emilio Álvarez Giménez, xa comezara toda unha saga familiar de escritores que chegaría ata os nosos días. O seu avó participou en numerosas publicacións periódicas, libros, e tamén destacou como dramaturgo, debéndoselle a primeira obra teatral galega de tema histórico: «Mari-Castaña ou Unha Revolta popular». Dende neno, Xosé María sente unha irresistíbel sedución pola poesía. Tanto é así, que ós 15 anos dá a coñecer os seus primeiros versos en xornais tudenses e pontevedreses, e, dous anos despois, na revista Cristal, da que é fundador xunto co mestre e poeta Xoán Vidal Martínez e Antonio Díaz Herrera. Álvarez Blázquez non sobresae no eido político pero participa como outros moitos. En 1933 ingresa nas Mocidades Galeguistas, e sería el o encargado do discurso conme-

2

leliadoura eliadoura nº 17

morativo do 88 cabodano dos fusilamentos de Carral. Un afervoado discurso que máis tarde se publicaría como: «Berro en lembranza dos heroes de Carral». Con 21 anos ingresa no Partido Galeguista e pertencerá a el ata que son proscritos por mor da Guerra Civil todos os partidos de ideoloxía nacionalista. Rexurdirá o Partido Galeguista moitos anos despois, xa instaurada a Democracia. En 1935 ten o seu primeiro destino como mestre na Guarda pero ó ano seguinte marcha para Vigo onde remata o libro de relatos «Os ruíns». Logo, en 1936 é nomeado como mestre con destino definitivo para a escola de


Coia, no concello de Vigo, pero por mor da Guerra Civil non chega a tomar posesión do seu cargo nela. Os vencedores sanciónano coa suspensión de emprego e soldo, a expulsión da escola de Coia e o desterro para a de Coreses, en Zamora, pero axiña volta por se ter que incorporar ao servizo militar en Santiago de Compostela. Cando volve á vida civil, exerce como mestre en Coreses ata que en 1941 se instala en Tui e monta xunto cos seus irmáns unha industria telleira que axiña a pecharán e será entón cando acade o emprego de secretario da Confraría de Pescadores «San Francisco» con sede no barrio mariñeiro de Berbés. Pero eso si, sen esquecer nunca a literatura. Nesta época queda finalista no I Premio Nadal de novela con «En el pueblo hay caras nuevas» En 1948 asóciase co mestre Luís Viñas Cortegoso e fundan a «Almoeda Monterrey», dedicándose a partir dese momento a percorrer casas particulares, pazos, conventos e mosteiros na procura de bibliotecas. Un ano despois publicaría, co seu irmán Emilio, o libro «Poemas de ti e de min», e é nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo. En 1950 fundan a editorial Monterrey,e é aquí onde publica o seu primeiro libro de poemas: «Roseira do teu mencer». Os anos seguintes serán de grande actividade como poeta, novelista e erudito, centrándose concretamente no estudo da nosa literatura medieval. Xosé María traballa arreo na achega de textos galegos de entre os séculos XV e XIX, venturosa teima que non o abandonará ata a súa morte. En 1953 fai o descubrimento dun rico conxunto de estelas funerarias romanas e comeza neste mesmo ano a colaborar na radio. Xosé María é galardoado co premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Bos Aires en 1953 cun libro de poemas que tardaría máis de vinte anos en publicarse, «Canle Segredo». Os anos 1955 e 1956 son dous anos moi importantes para el, nos que ademais de publicar dúas novelas en castelán como son «Las estatuas no hablan» e «Cre-

cen las aguas», gaña diversos premios literarios. Na «Escolma de poesía medieval II». A poesía dos séculos XIV a XIX (1354 - 1830), publicada en 1959, estuda a vida e a obra dos derradeiros trobadores, as cantigas paralelísticas e vilancicos anónimos dos séculos XVII e XIX.. En 1968 empeza a dar clases de Formación Humanística no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo. Os sesenta e principios dos setenta son anos de grande actividade editorial, nos que o noso homenaxeado converte as Edicións Castrelos en símbolo da popularización do libro galego e participa en varias conferencias a prol do nacionalismo galego, que está en auxe de novo. En 1976 é nomeado Cronista Oficial da Cidade de Vigo.Tamén neste ano Xosé María vende a Editorial Castrelos, fundada en 1967 entre todos os irmáns, á Editorial Galaxia. Diversos honores lle son concedidos nos últimos anos da súa vida, entre eles o «Pedrón de Ouro».En 1982 imprímese o seu libro «Alexandro Bóveda», unha sentida biografía do seu curmán político, e tamén escribe o poema «Solpor», un diamante da lírica galega e o seu derradeiro poema. En 1983 xubílase como mestre e pasa a dedicarse por enteiro ós seus estudos. O 3 de Marzo de 1985 a prensa daba a triste nova do seu pasamento en Vigo, por mor dun problema cardíaco. Así, Don Xosé María deixaba herdeira a Galiza do seu legado, como poeta, novelista e profundo erudito. «Afábel, presto a axudar, a aclarar dúbidas e a sinalar vieiros aos investigadores novos” así é como definen ó noso homenaxeado, quen estaba convencido de non ser máis que un chanzo na escaleira da nosa cultura e de que era o seu deber, tendo sempre a Terra, a Galiza, como “o fito chantado/no c e n t r o xeométrico/ do meu horizonte.»

IES Poeta Díaz Castro

3


sociedade

PEDAGOXÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o título dun artigo de Javier Montilla aparecido o pasado 20 de abril no diario PÚBLICO. Parecéronme tan interesantes as ideas que manifesta que decidín recoller e traducir para vós algúns fragmentos.

Son horas…de cambiar este modelo cara a unha masculinidade baseada na igualdade, na xustiza, no respecto e na

…”Os homes herdamos a través das distintas xeracións o modelo de home tradicional, baseado nas ideas de forza, poder e competitividade. O home ten que ser exitoso, dirixir, dispor ao seu antollo. A forza, polo tanto, é o eixo vehicular de todo o modelo. Temos, pois, a obriga de aparecermos sempre fortes ante todo o mundo. Somos reféns desta idea e non fomos capaces de construírmos un modelo alternativo de masculinidade.

solidariedade. A igualdade real da muller non é posible sen unha revolución masculina. Para esta revolución cómpre que o home se recoñeza a si propio como un ser sensible, afectivo e vulnerable para comezar a cuestionarse os estereotipos sociais e culturais dominantes. Este cambio…é primordial para que a batalla contra a violencia machista sexa combatida tamén polos homes. Normalmente, cando falamos de violencia contra as mulleres a primeira idea que nos vén á cabeza é o maltrato físico. Pero detrás de cada caso agóchanse víctimas que permanecen en silencio, ciúmes, acoso, dor e bágoas. Son as víctimas invisibles, en contraposición daqueloutras que enchen os titulares dos xornais e que son só a punta do

4

leliadoura eliadoura nº 17


ve da conduta do maltratador. Un home, sen dúbida, celoso, posesivo e controlador, que actúa como se tivese unha especie de dereito natural para humillar á súa parella. Pero, a máis disto,…existe outro factor clave para entender este complexo problema: a violencia existente no seo dunha sociedade é a suma das violencias individuais de cada un dos seus

iceberg dun problema xeneralizado que afecta a todos os estamentos sociais. Sexamos realistas. A violencia machista é unha cuestión que, lonxe de pertencer ao ámbito doméstico e privado, constitúe un problema social grave, que medra día a dia e que esixe a adopción de medidas integrais. Indudablemente son necesarias aquelas medidas que teñen que ver coa protección efectiva –seguridade persoal, tutela xudicial, servizos públicos que axuden ás víctimas,…-.Pero tamén son vitais aquelas accións que favorecen un cambio social, cultural e estrutural. É dicir,…medidas preventivas, educativas e de sensibilización… facendo pedagoxía contra calquera tipo de violencia…

membros; a que cada unha das persoas que a compoñen xera e a que é capaz de tolerar. Cada xesto, actitude ou comentario despectivo e discriminatorio contra as mulleres, aumenta a permisividade e abre o camiño cara aos malos tratos.

Os agresores, na súa grande maioría, non son homes diferentes, ou con algún tipo de enfermidade, como poderíamos pensar. Son homes comúns, cidadáns típicos, en moitos casos exemplares, amables e, a miúdo, considerados e cordiais no seu traballo. Detrás desa máscara coa que se presentan ante a sociedade, pensan que a muller é un obxecto que lles pertence. E cando non se somete docilmente á súa vontade, cando se lle ocorre rebelarse, séntense humillados e recorren á violencia. Esta é a cla-

Cómpre non ocultar a realidade. Cando unha muller é violada, ameazada, angustiada, golpeada e asasinada, toda a sociedade está ferida de morte. E lonxe de ser un problema individual, convértese nun problema colectivo do noso tecido social, da nosa sociedade. Tamén dos homes.” Como vedes, o artigo non ten desperdicio. Só unha cousa máis: convídovos a reflexionar sobre as ideas que nel aparecen e a propiciar debates sobre o tema. María Miragaya.

IES Poeta Díaz Castro

5


LIFELINE EXPRESS: O TREN DOS MILAGRES (INDIA) O meu comentario pretende achegarnos a unha curiosa experiencia desenvolvida na India: LIFE LINE- EXPRESS, un tren que percorre este país intentando mellorar a saúde dos habitantes de zonas moi desfavorecidas. A pesar de que a economía india medra a un promedio anual do 9%, a situación do sistema sanitario apenas experimentou melloras nin se viu beneficiada. Na actualidade soamente dispoñen de 1,5 camas por cada 1000 habitantes fronte as 3 ou 4 que teñen países en vía de desenrolo como Brasil, China ou Sudáfrica. O mesmo ocorre cos médicos. Soamente hai 1 por cada 2460 habitantes, a pesar de que cada ano se licencian na India 20.000 médicos e 30.000 enfermeiras, moitos dos cales van traballar a países occidentais. A India iniciou unha revolución no terreo da medicina e estase a preparar para recibir a pacientes occidentais con un novo concepto coñecido como turismo sanitario. O ano pasado xa visitaron este país 150.000 extranxeiros debido ó persoal sanitario de alto nivel e ós baixos prezos.

6

leliadoura eliadoura nº 17

Mentres isto ocorre cos extranxeiros, algúns deles europeos, a maioría da poboación non recibe ningún tipo de atención médica, porque o 70% da xente que vive no campo

non ten hospitais cerca ou non pode pagar as atencións sanitarias. Vendo a mala situación da sanidade, creouse o Lifeline Express ou Tren dos Milagres. Ten este nome porque en pouco tempo mellora a calidade de vida de moitas persoas. A iniciativa de crear este hospital móvil foi da ONG internacional Impact Foundation, que se dedica a loitar contra as enfermedades que se poden evitar. O tren está equipado como calquera hospital, só que ten a vantaxe de que pode ir dun lugar a outro e achegarse así a quen necesita a atención. Nel realízanse catro tipos


de cirurxías: cataratas, problemas auditivos, deformidades causadas pola poliomielite e reparación dos beizos leporinos e de padais abertos. Algunha destas enfermidades son un mal común, por exemplo, as cataratas, que abundan entre os maiores de 55 anos. Débense sobre todo a causas xenéticas, pero agrávanse pola malnutrición e a contaminación. O tren chega a cidades como Vizianagaram. Nestes lugares esperan multitude de persoas coa esperanza de ser atendidos, pero uns voluntarios revísanos e deciden quen pode subir ó tren, unhas 100 persoas ó día. Algún dos afortunados son: · Radha: de 20 anos. Esta rapaza tiña o beizo leporino que marcou a súa vida pola vergoña que lle suponía saír á rúa. · Chinnayya: de 60 anos. Era un campesiño que padecía de cataratas e por iso o seu patrón o botara do traballo.

Pero non toda a xente corre a mesma sorte nin ten un final feliz. Un caso disto é o de Deepa. Este bebé non puido ser operado do beizo porque padecía unha severa desnutrición. A pesar de casos como estes, o tren, durante o tempo que leva en funcionamento mellorou a vida de case medio millón de persoas. Neste tren atende á xente un grupo de voluntarios que soamente reciben auga, té e o almorzó xunto con 10 doutores e 12 enfermeiras que foron enviados polos hospitais dos Gobernos nos que traballaban. Esta iniciativa foi, na miña opinión, unha magnífica idea; porque deste xeito pódese mellorar a vida a moita xente á vez que se achega a sanidade a lugares moi afastados e a xente sen posibles que tamén ten dereito a recibir atención sanitaria; e co Lifeline Express poden ser curados de enfermidades das que nunca creron recuperarse, por iso recibe o nome de Tren dos Milagres. Susana Paz, 1º BAC, Alternativa a relixión

IES Poeta Díaz Castro

7


viaxes

VARIOS ARGUMENTOS, DOUS ESCENARIOS E UNHA MESMA PELÌCULA Entre o 28 de marzo e o 2 de abril do ano no que estamos levouse a cabo a rodaxe da pelìcula màis fermosa xamàis creada protagonizada por 15 alumnos de 1º de Bacharelato, dirixida por Marìa Miragaya e Consuelo Otero e con dous escenarios de luxo, os mellores para unha produciòn de tal calibre, non podìan ser outros que as espectaculares cidades italianas de Roma e Florencia. No momento en que aterramos en Roma estabamos todos plenamente convencidos do papel que terìamos que facer, aìnda que, co avance da rodaxe, deron algùns que outros xiros de consideraciòn. En canto ò argumento hai que dicir que non tiña un plenamente definido, senòn que era unha mestura de varios temas algùn màis importante ca outro segundo se mire, a pesar de que, sen lugar a dùbidas, o que màis destaca nesta montaxe son os «decorados». È difìcil reparar nos actores ou actrices se de fondo tes cousa como a maxestuosa Fontana di Trevi, os enormes Museos Vaticanos, as «bellìsimas» prazas de España, Venecia e Navonna, o Pantheon ou o impresionante Coliseo romano e as sùas inmediaciòns. Oviamente a nosa pelìcula tamèn tivo altas doses de historia, debido a que todos estes marcos forman parte dela mesma, e ter un papel nela axuda acoñecer doutro modo o que fomos na antigüidade, ademàis de ver a funciòn da relixiòn, que foi

8

leliadoura eliadoura nº 17

a causante de moitos dos escenarios. Isto que vos acabo de contar pertence à primeira das dùas partes pola que està composta esta montaxe, ou sexa, a rodaxe de Roma. En Florencia (2ª parte) todo cambiou. Se en Roma o màis destacado eran as pelexas de gladiadores ou as loitas entre o Papa e o Cèsar, na capital da Toscana italiana, cuna do movemento cultural renacentista, xa era outra cousa, aìnda que os decorados seguìan a ser o màis chamativo da pelìcula. Alì o protagonista era un morto. Non vos asustedes que non vos vou falar de terror. O morto era o de sobra recoñecido artista Miguel Anxo. Aìnda que en Roma xa rodàramos unha escena nunha das sùas obras màis famosas( a Capela Sextina), en Florencia fixemos a «premier» da pelìcula posando ao pè da sùa escultura màis recoñecida, o « David», en plena praza das estatuas, coa ùnica màgoa de que nos tivemos que conformar coa rèplica,xa que o autèntico non o puidemos ver. No mesmo instante no que visitamos esa praza topamos, no medio dunhas fortes medidas de seguridade, cun dos personaxes màis


secundarios da nosa produciòn, o presidente da repùblica italiana Giorgio Napolitano, que tamèn estaba de visita. Na arquitectura da cidade suguìa a ser un gran condicionante a relixiòn, como puidemos comprobar a tavès da sùa fermosìsima e exuberante catedral. Voume a permitir o luxo de dicir que baixo o meu punto de vista è a basìlica màis fermosa que xamàis puiden ver. Por se iso fose pouco, a arte traìalles a cabeza tola as dùas directoras e guionistas, que comezaban a ter dificultades para seguir atopando os lugares perfectos para rodar. Apostaron e acertaron por acercarnos ata o «Palazzo Pitti», onde se encontran algunhas da obras (mellor dito cadros) màis importantes e espectaculares da historia, tentamos traer algùn para adornar as paredes do instituto pero nin sequera estaban à venta. E que serìa dunha pelìcula sen algùn que outro matiz de romanticismo... Iso puidèmolo atopar nas proximidades da Ponte Vecchio ou con longos paseos nocturnos polo centro de Florencia. Outra cousa a ter en conta è o

vestiario. En Italia atòpanse os mellores deseñadores e as mellores tendas de todo o mundo como poden ser Dior, Armani, Dolce e Gabbanna, Prada ou Chanel, onde se pode conseguir un vestido pola mòdica cifra de 8920 €; e como todo isto saìase fòra do presuposto do equipo produtivo encontramos, a escasos 100 metros de todas estas tendas, unha firma galega cunha calidade parecida e cuns prezos ao alcance de todos. Por soposto estou falando de ZARA. E por se iso vos parecìa moito habìa mercados à pè de rùa de boa calidade. Pero o que para min foi o argumento desta pelìcula, o primeiro co que me quedarìa e ese que xamàis olvidarei, è a comedia e sobre todo a amizade. Por suposto na rodaxe dunha pelìcula bòtanse unha infinidade de gargalladas e, a pesar dalgunha que outra liorta sen importancia( que non deixan de ser normais) foi unha aventura na que primou por riba de todo o «bo rollo» e o compañeirismo. Edigo eu, estarèdesvos preguntando cando è a estrea. Pois non a haberà xa que non quedou filmada. A razòn è que foi un filme de tremenda calidade imposible de gra-

var debido aos seus 5 dìas de duraciòn. Sò se poderàn ver os fotogramas màis relevantes. As ùnicas persoas que puideron disfrutar do luxo de vela de forma ìntegra e en exclusiva foron as testemuñas que nos seguiron alò onde fomos, e nòs mesmos claro. ¡Ah! Como non se vai estrear en cines non ten tìtulo, pero se tivese que definir eses 5 dìas nunha frase serìa: Unha pelìcula gravada no recordo. Ciao Italia! Esteban Grandìo Baamonde.

IES Poeta Díaz Castro

9


viaxes

PROXECTO COMENIUS: DESTINO BERLÍN Crónica da viaxe Volamos a Berlín 4 rapaces e 3 profesores. Os afortunados fomos Eneko, Tono, Gloria, Fabián, Rocío, Cristina e eu. O motivo da nosa viaxe foi o proxecto Comenius. Este proxecto consistía en levar a 4 alumnos gregos, belgas e españois a Alemaña. Estes alumnos permanecerían 6 días no país hospedándose na casa dun rapaz/a alemán/á, e así sucesivamente, pasando por tódolos países participantes (Alemaña, España, Bélxica e Grecia).

ensináronma e fumos xa deitarnos, xa que era bastante tarde e o día seguinte tiñamos que marchar cedo para o instituto.

23 de novembro:

Pola mañá moi cedo fumos o instituto. Alí atopámonos todos e tivemos un pequeno tempo para estar xuntos. Logo tivemos unha conferencia todos os alumnos e profesores implicados no proxecto. Cada país tiña que amosar ós demais cómo era o sistema educativo e cómo era a súa escola. Rematada a conferencia, gozamos dunha tarde libre en compañía dos alemáns e gregos.

24 de novembro:

No segundo día desprazámonos á cidade de Berlín. Pola mañán estivemos de compras no centro comercial máis grande de Alemaña e pola tarde os nosos “irmáns” alemáns leváronnos a patinar sobre xeo. Este día resultounos a todos moi entretido e á vez visitamos Berlín, unha cidade moi moderna e cosmopolita.

25 de novembro:

22 de novembro:

Iniciando este proxecto, o día 22 ás 5 da tarde tomamos un avión con destino Berlín (facendo escala en Palma de Mallorca). Chegamos a Berlín á noite. No aeroporto xa nos estaban esperando dous mestres alemáns. Un deles era a profesora de español no instituto e con ela entendímonos moi ben. Saíndo do aeroporto, tomamos un bus e posteriormente o metro. Ó baixar del, a miña familia xa me estaba agradando. A primeira impresión fóra boa. Cando cheguei a casa, 10

leliadoura eliadoura nº 17

O domingo volvímonos reunir todos en Berlín para visitar xunto cos profesores o Museo de Pérgamo, que realmente me resultou moi interesante. Nel atopábanse últiples restos do Imperios Grego e Romano e da cultura babilónica. Era enorme e as esculturas que cuidemos contemplar eran as orixinais. Ademais tivemos a oportunidade de escoltar mediante uns cascos a explicación guiado do que nos preferiamos. Despois da visita ó museo, estaba programado un cantar onde nos reunimos todos os mestres e alumnos. Pola tarde todos os rapaces nos coñecimos mellor na casa dun deles.

26 de novembro:

Xa o luns pasamos a maior parte do día nun museo que nos amosaba cómo era o antiga rede de sumidoiros de Berlín e tamén


Non sabemos o que temos ate que nos falta a actual; e nunha piscifactoría que criaba variadas especies de peixes para o seu exhaustivo estudio. Esta foi a parte do programa que menos gustou a mayoría, xa que poderiamos haber aproveitado para visitar e coñecer mellor a cidade.

27 de novembro:

O martes xa foi o último día no que estivemos xuntos os rapaces do proxecto. Pola mañá todos tivemos que madrugar como nunca para asistir ao instituto (éste empezaba ás 7:55 da mañá) porque ibamos recibir 3 clases cos nosos “irmás”. A min na 1ª clase tocoume música e na 2ª xeografía, e teño que recoñecer que me enterei de moi pouco; na 3ª tivemos unha clase de química moi práctica na que a profesora realizou varios experimentos que resultaron fascinantes hasta para aqueles que aborrecen a materia. Nesta mañá fixen varias observacións: que alí todo é moito máis estricto e que temos moita sorte. A tarde foi a das despedidas e a de aproveitar os últimos momentos xuntos antes de volver cada un os nosos respectivos colexios.

27 de novembro:

O mércores tocou madrugar como de costume alí. Ás 7:30 atopámonos cos profesores no metro e despois de utilizar varios tipos de transporte público, chegamos ás 9:00 ao aeroporto de Berlín. Alí xa se produciron as últimas despedidas de verdade, porque probablemente a aqueles rapaces xamais os volvamos ver. Despegamos ás 11:00 destino Palma de Mallorca e despois Santiago. Ás 4:30 xa nos atopábamos en Santiago e cada un voltamos ás nosas respectivas casas. Mélodi Díaz Comba- 4º ESO

O que pasa é que para apreciar o que temos hai que pasar sen el durante unha temporada, porque eu a primeira cousa que dixen despois duns días alí foi: “Non sabemos o que temos ate que nos falta”. Unha das cousas que peor levamos durante o tempo de estancia en Berlín era que sempre tiñamos sono e ganas de durmir, porque alí ás 16:00 horas era de noite. Entón nós asociabamos a noite con durmir e era unha cousa terrible. Outra das cousas que nos estrañou e que alí os menores de 18 anos, a partir das 22:00 horas, non poden andar pola rúa; é decir, non poden saír ningún día pola noite. Teñen distintas maneiras de divertirse, a verdade que un pouco raras desde o punto de vista dos alumnos gregos e españois. Outra das cousas raras que atopamos por aquel país é que alí para atopar un bar tes que andar moitísimo e aínda así, é moi difícil encontralo. Nós cremos que esta ausencia de bares débese a que en Alemania fanse uns almorzos tremendamente fortes. Entón a xente non fai como en España, levantarse a ir tomar un café a calquera cafetería antes de ir ó traballo. Logo tamén se pode deber a que alí os traballadores, o que saen do traballo, xa se van para casa debido a que xa é de noite e non paran a tomar nada, nin van tomar café polas tardes como en España. Logo tamén teñen un costume que é o de sacar os zapatos á entrada de casa... [...] Agora xa para rematar o que sí quero facer é unha pequena valoración persoal, sobre todo, do que me pareceu aquel país. Quero comezar por opinar cómo son aquelas familias, porque a verdade é que son

IES Poeta Díaz Castro

11


viaxes

“Igual, igual... non é” encantadoras. Sen embargo, para min a xente de alí ten un defecto, é que son moi “cuadriculados”; é decir, que din unha cousa e non pode ser doutra maneira. Para min eso é unha cousa mala, porque se por exemplo tes que convivir cunha persoa que ten un carácter moi forte e que ningunha dobra, pois a verdade é que a cousa pode acabar moi mal, e iso é un defecto da persoa, porque se cada un cede un pouco podemos chegar a un acordo pero....

Logo tamén me decatei de que o idioma non é o problema para poder viaxar a un lugar, senón o contrario. O idioma é o que debe animarche a viaxar porque así cada vez vas aprendendo máis cousas. E xa para rematar quero animar a toda aquela xente á que non lle gusta viaxar a que o faga porque son experiencias e oportunidades da vida que posiblemente non se podan volver a vivir. A verdade é que o pasei xenial e que me encantaría volver a este tipo de viaxes, porque ademais de coñecer novos costumes e formas de vivir, tamén se coñece a moita xente doutros lugares da cal te acabas facendo amigo. Rocío Rego López – 4º ESO

12

leliadoura eliadoura nº 17

“Por exemplo, cando collíamos o tre para ir ó insti o meu “irmán” non dicía que chegaba a e cuarto, senon a e trece ou e catorce. Se chegabas tarde a clase tiñas que levar unha tarta” O que máis nos impactou foron os horarios. A xente levántase moi cedo, sobre as seis da mañá e tamén deitanse pronto. Isto se cadra é porque alí as cinco de tarde xa é noite. Ás doce da noite xa non hai ninguén

pola rúa. Ademais as persoas ían pola rua moi serias, camiñando rápido… Parece que viven para traballar e non traballan para vivir; por exemplo na miña familia o pai case non estaba na casa. Outra cousa que me impresionou e a grande rede de ferrocarrís e tranvías. Nos íamos a clase en tranvía, cando aquí o facemos en autobús. En educación están moito máis avanzados que en España. Poden elexir estudiar como optativa español ou francés. Teñen tres anos de bacherelato e rematan ós 19 anos.O nivel de ingles e claramente mellor que o noso. Nos libros de inglés non hai gramática nin vocabulario, todo eran textos para analizar. En alemania é obrigatorio o servicio militar, que moitos aproveitan para facelo no extranxeiro Fabián Vázquez Rivas, 4º ESO


DIARIO GREGO Primeiro día

Despertamos as catro da mañá para coller o avíón na Coruña. Alí chegamos nos (Tania e Tamara) cos nosos pais antes que os profesores que nos ían acompañar na viaxe. Nos, aínda que aparentabamos estar tranquilas, apenas podíamos conter os nervios. Pronto embarcaríamos. Despois, xa sentadas no avión e cos cinturóns abrochados, falando e esperando o depegue, os nosos nerviso aumentaron. A viaxe en avión foi longa, peor non importou xa que abordo vivimos moitos momento que nos quedarán gravados para sempre. Cando chegamos ó aeroporto a tensión multiplicouse por dous ou tres. Nos preguntábamos como serían as nosas familias e mirando á xente pesábmos : “serán estes?”. E non, non eran. Fumos buscar as maletas a cando xa as tíñamos e íamos sair… apareceron. E nos non sabíamos que dicir Despois de presentarnos cada unha foi coa súa familia. Ese día pola tarde xuntámonos na casa que acollía a Tamara. Pola noite fumos co pai da familia que acollía a Tania a un mirador dende o que se podía ver case toda Atenas. Despois ceamos as dúas xuntas na casa onde estaba Tania

xelados, de compras, xogando nuha bolera, etc. Coñecimos un montón de xente.

Terceiro día

De novo madrugamos moito, pois ese día fumos a ACROPOLE. Alí o visitamos todo quedamos impresionadas. O único malo foi que había moitas obras de restauración. Comimos todos xuntos e depois de comer choveu un monton e marchamos para casa. Pola noite fumos a unha cafetería ou pub moi exótica e o pasamos xenial. Cando saímos non vos

podedes imaxianr como chovía así que chegamos a casa empapadas.

Cuarto día

O domingo fumos á peninsula do Peloponeso. Vimos un monton de monumentos e lugares preciosos, todos rodeados de árboles. Visitamos un teatro moi antigo, enorme e con montón de escaleras que nos fixeron sudar do lindo. Por suposto fixemos un montón de fotos.

Segundo día

Ó día seguinte levantámonos moi cedo e fumos ó instituto onde cada grupo de cada país presentou os seus traballos. Ó terminar fumos comer cun montos de rapaces gregos a unha especie de Mcdonalds. Pola tarde estivemos nun centro comercial tomando

IES Poeta Díaz Castro

13


viaxes Quinto día

Tras apenas unha hora de viaxe naquel bus que colleramos as nove chegamos ao noso destino: a marathon. A visita cultural durou arredor de media hora e despois sentamos na terraza de un bar a tomar un pequeño refrigerio que nos axudou a soportar mellor aquela calor doce e o mesmo tempo agonizante que invadía os nosos corpos. Cegamos as casas das nosas anfitrionas arredor das dúas, onde nos esperaba un plato moi típico de alí chamado souflaki(non sei se se escribe exactamente así) tras a satisfactoria comida fomos ver Olympic Stadium acompañadas das familias.

Sexto día

Pola mañá asistimos as dúas primeiras horas de clase. O instituto era moito máis pequeño có noso e de estrutura moi diferente. A verdade é que no tempo que permanecimos alí aburrímonos bastante, pois non nos enterábamos de nada xa que as sesións eran impartidas en grego. Ao abandonar o instituto fomos ver un concerto todos xuntos, gregos, belgas e alemáns, onde tivemos a oportunidade de contactar coas tendencias musicais que triunfaban naquel momento. Despois de voltar a casa sumerximonos entre unha morea de vocablos gregos que hoxe en dia intentamos rescatar da nosa mente. A media tarde fomos en autobús a unha cafetería dende a cal se podía ver algúns elementos da acrópolis sobre os que destacaban o Partenón e os Propileos.

Sétimo día

De novo asistimos as clases, pero desta vez non foron dúas senón catro.

14

leliadoura eliadoura nº 17

Ao saír do instituto despedímonos dos tres belgas que tiñan que marcharse porque debían estar no aeroporto as doce e media; esa foi a primeira despedida do dun día que había de estar repleto delas. Comimos o noso derradeiro souflaki nun bar próximo ao instituto; aínda que todos intentábamos aparentar normalidade, sabíamos que probablemente nunca nos volveríamos ver e anque volveramos a coincidir sería xa dentro de bastante tempo e nunhas condicións moi diferentes. Tras a despedida dos alemáns e dos gregos fomos á casa a facer as nosas respectivas maletas. A chegada ao aeroporto trouxo consigo o momento das despedidas; un momento que durante a última xornada intentaramos evadir nos nosos pensmentos un millón de veces epor suposto, sempre en van.

Despedímonos nas mesmas circunstancias nas que nos coñeceramos. A única diferencia era que aquel tímido e frío apretón de máns que nos deramos cinco días atrás era agora sustituído por un profundo e cálido abrazo. Tania e Tamara,, 3º A


viaxes

PARIS, MARSELLA ... TROP FORT!!! Os alumnos de frances do IES poeta diaz Castro de Guitirz realizarun no mes de xullo do 2007 un viaxe a Paris. Non sei se Paris ben vale unha misa, pero dende logo moitas moitas visitas. Este ano foron a Marsella. Polo que se ve a experiencia foi mois interesante Na última semana do curso 2006/2007, os alumnos do departamento de francés de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bach, fixemos unha viaxe a París. Visitamos moitos lugares interesantes como a Santa Capilla, a Catedral Notre Dame, a Torre Eiffel e parte do museo do Louvre, entre outros. O que máis nos impresionou deses lugares foron as visitas dende o alto da Torre Eiffel, estaba todo iluminado, e dende alí vimos moitos dos lugares antes mencionados. Tamen nos chamaron a atención a cantidade de homes de color que

había ó pé da torre, dalí non te ías sen mercar algo. As calles estaban moi limpas, o céspede ben coidado, había xente demasiado estrafalaria para o noso gusto, coches moi chamativos, o río Sena moi limpo, nada que ver cos daquí. A pesar da dificultade do idioma, logramos desenvolvernos sen moito problema. Para comer sucedéronnos alguhnas anécdotas moi graciosas como a hamburguesa “only cheese” ou o menú infantil para todos, que cando o pedíamos mirábannos coma se fósemos

IES Poeta Díaz Castro

15


viaxes ción de enfronte. Hai varias anécdotas mais, como o día que non almorzamos por quedarnos dormidos, as comilonas na habitación que provocaron unha plaga de formigas impresionante (polas camas, fiestras, maletas, zapatos, chan) , as cartas anónimas, as cancións ao lado do semáforo, o espectácuextraterrestres. Tampouco tivemos problema para relacionarnos con persoas de outros lugares. (Madagascar, Inglaterra…)Durante as noites a maioría, non tiñamos sono, así que nos xuntábamos nunha das habitacións a falar ata as tantas da mañá. Algún día chegamos a durmir nove nunha habitación, incluído o primiero día que a un dos cativos lle pecharan a porta e tívose que acoplar na habita-

lo dalgunha xente para tomar o café do almorzo, as risas facendo as caricaturas etc, etc, etc… . Para rematar dicir que foi unha viaxe para non olvidar xamais.

VOCABULARIO MOI ÚTIL EN CASO DE IR A FRANCIA: C’est pas possible!!!!, Trop fort!!!!!!, Je flippe!!!!! J’halucine!!!!!, Oui, oui!!!, Oh la la!!!!!!, Très bien!!!!

16

leliadoura eliadoura nº 17


viaxes

Os alumnos de francés do I.E.S Poeta Díaz Castro, realizamos unha viaxe de inmersión lingüística a Marsella. Saímos o sábado 12 de Abril, as 5 da mañá, dende a praza de Guitiriz. Despois de longas horas de viaxe chegamos ó aeroporto de Barajas, para coller o avión que nos levaría ó noso lugar de destino. (¡Menudo Puentazo Que Nos Metimos!). Despois de chegar a Marsella e instalarnos fomos a dar unha volta, por uns barrios marxinais, onde todo o mundo nos miraba, ¡Sentíamonos estraños!, ¡Observados!, ¿Paranoias?. Máis tarde, fomos comer couscous, mentres os profesores bebían ansiosamente unha botella de viño marroquí, onde a súa reputación quedou polo chan. O couscous…

O día seguinte pegámonos o madrugón para ir bucear. Había auga, moita auga…Dos traxes de neopreno mellor non falar xa que Roberto quedou atascado tres veces. Foi unha grata experiencia.Tono gozou vendo

como dous polbos se apareaban, botaban tinta, moita tinta…(a súa tinta deixou a Tono marcado para toda a vida). Logo, ó terminar o submarinismo fomos comer a un restaurante que estaba na praia. Despois, como xa estabamos bastante cansos fomos descansar un rato ò albergue. Sobre as 7 da tarde subimos á basílica “Notre Dame de la Garde”, para chegar a ela había que subir unhas costas moi empinadas e con moitas escaleiras xa que esta estaba no alto dunha montaña. Alí esperamos a que se fixera noite e contemplamos as paisaxes da cidade. Á noite os alumnos decidimos cear no hotel, por suposto non queríamos interrumpir a “íntima” cea dos profesores. A profesora cando chegou facía “glup, glup, glup….” O Luns tocou outra vez madrugar: era hora de camiñar. Collimos un autobús para ir ás calas, alí puxémonos a camiñar, íamos moi contentos posto que queríamos chegar axiña á praia, pero a alegría durounos pouco, xa que o camiño era moi longo, todo costas… .Ó mediodía, e moi cansos, chegamos á praia, comemos e algúns tolos e valientes decidiron bañarse, porque a auga estaba moi fría. A media tarde, chegou o peor, subir todas as costas durante aproximativamente unha hora, sin auga, morrendo coa sede… e encima os profesores antoxóuselles subir a un mirador.

IES Poeta Díaz Castro

17


viaxes Xa moi cansos marchámos pró albergue e descansamos, aquela noite volvemos cear no albergue, algun comeuse nove napolitanas. (As nosas visitas ò supermercado eran frecuentes.)

O martes marchamos nun bus a “La Ciotat”, unha pequena vila a 30 km de Marsella. Alí comimos e logo tocou andar outro pouco xa que fomos as calas, pero esta vez non nos bañamos, non había valor. Despois de estar alí un pouco, sacando fotos às pedras da praia, collimos o bus de volta à Marsella. En Marsella Fabián orinábase, e houbo que facer unha parada urxente nun bar, resulta que non era o único so que os demais o tiñan calado. Logo volvimos ao albergue, ceamos e… pouco mais. O mércores fomos ó Castelo do Conde de Montecristo. Para ir ata alí collimos o barco, que nos saiu máis caro do que 18

leliadoura eliadoura nº 17

pensabamos, pois, supostamente, os oito éramos fillos de Tono e Bea. Non colou, eran listos. Despois de ver o Castelo e as illas collemos o barco de volta e estivemos de compras por Marsella. À noite estivemos no hotel, onde un hóspede lle botou os “tejos” à profe…Díxolle:”Eres muy guapa”…, pero aí quedou a cousa. Non durmimos nada esta noite. O Xoves levantámonos cedo e collimos o avión. Na viaxe de volta pasámolo moi ben, xa que o azafato viña mirando se tiñamos os cinturons postos e un alumno levantou as mans e o azafato fixo como si lle disparara. Logo cando chegamos a Madrid, collemos o autobús de volta a Guitiriz, neste traxecto parounos a Guardia Civil…deixémolo aí…aínda que imos especificar… non había droga. A culpa foi toda da profe. Punto de chegada a Guitiriz as dez da noite aproximativamente e chovía moito. O día seguinte instituto… . Roberto Campello Saá (4ºA) Fabián Vázquez Rivas(4ºB) Rocío Rego López(4ºB) Joel Gómez Lage(4ºA) Diego Fidalgo Campo(4ºA)


viaxes

Alumnos de 3º da ESO visitan as instalacións da Voz de Galicia na Coruña O martes día 1de abril deste ano, os alumnos de 3º ESO fumos a unha excursión a La Voz de Galicia e ó musical titulado “Rebeldes” ó Instituto Cruceiro Baleares de A Coruña protagonizado por un grupo de xóvenes que viñan dunha escola de arte dramático de Barcelona. NAS INSTALACIÓNS DE LA VOZ DE GALICIA fixéronnos unha foto en grupo nada máis chegar. Nola fixeron na entrada para poñela nos días seguintes no periódico. Ó

entrar fumos á Redacción onde estaban algúns dos traballadores (escritores, fotógrafos, encargados do xornal en Internet…); pero ó ser pola mañá había pouco ambiente xa que os horarios de traballo alí son máis ben de tarde (moitos empezan ás 5 da tarde). Despois leváronnos á sala de control onde nos explicaron “por riba” a fabricación dunha plancha de onde se saca unha páxina dobre, e qué función facían os ordenadores. A con-

tinuación levaronnos á sala de máquinas onde se atopaban estas e onde nos explicaron para que servían algunhas delas e o percorrido que facía a tinta e o papel desde os almacéns ate que o xornal xa está colocado en paquetes para ser distribuídos nos quioscos ó resto de clientes. Seguidamente fumos os almacéns de papel e comentáronnos que parte del era reciclado e que se necesitaba moito cada dia a pesar de que os rollos eran moi longos e anchos. Xa para terminar, ensináronnos o museo onde estaban as primeiras máquinas de época que se usaban por ese tempo e unha recopilación de periódicos de La Voz de Galicia coas noticias máis importantes incluídos os primeiros periódicos feitos que eran moi diferentes ós actuais. Alí tamén nos entregaron um xornal e un documental de animais ou lugares históricos. NA OBRA MUSICAL REBELDES contáronnos a historia duns chicos que participaban nunha obra de teatro á que o seu profesor nunca podia asistir. Enviáballes notas dicindo que podían ir ensaiando a obra sin el. Deixoulles o guion preparado pero eles decidiron face-la obra co que lles pasaba a eles. Despois de acabar de actuar os personaxes se presentaron e contestaron ás preguntas que os espectadores lles facían. Despois o tempo que nos sobrou fumos ó centro comercial Cuatro Caminos ate as dúas que voltamos para o instituto. Jennifer García Espiñeira Tania Freire Díaz (3º A)

IES Poeta Díaz Castro

19


libros, cine

LIBROS, CINE, LIBROS, CINE ... Patrick Süskind, El perfume Jean- Baptiste naceu no París prerrevolucionario nun mercado de comida. Era o quinto fillo da súa nai, que os paría a todos debaixo do mostrador e despois tirábaos cos restos do peixe que vendía no seu posto. Todos os seus meniños naceran mortos. Todos menos Jean-Baptiste, que cometeu o erro de chorar, descubrindo así á súa nai que foi aforcada, mentres que a el o levaban a un orfanato. Con poucos anos, a dona do orfanato vendeuno a un home que tinguía teas. Con el pasou a súa pubertade, ata que coñeceu a un importante perfumista na cidade. JeanBaptiste chegou a ser un bo perfumista e alquimista. Manipulaba ós demais con esencias que lles inspiraban amor, odio, compaixón…, ademais disto , era moi especial porque non posuía ningún olor corporal, pero era capaz de captar o máis tenro e simple dos aromas. Cando chegou á cidade viu unha rapaza rubia, e comezou a perseguila polo olor do seu corpo. Case sen darse conta, tiñaa nos seus brazos morta. Asasináraa sen se decatar. Quedou tan impresionado co aroma daquela rapaza que se obsesionou con conseguir un perfume perfecto. Para obtelo matou a doce rapazas,todas elas virxes. Coa

20

leliadoura eliadoura nº 17

última das mulleres encaprichouse dende un principio, posiblemente porque era rubia como a primeira, ou porque simplemente se chegou a namorar dela. Para obter o aroma das virxes, untábaas nunha especie de crema e cortáballes o pelo. Despois destilaba estes ingredientes e conseguía un perfume de cada unha. Ó final conseguiu o perfume perfecto, e cando foi detido polas autoridades, manipulou a toda a xente co aroma do amor. Todas as persoas da cidade se querían. Mentres isto ocorría volveu ó seu pobo natal, onde despois de verter por ribaa del o perfume perfecto, toda a xente se lle botou enriba e desapareceu da faz da terra facendo que así ninguén se lembrase del nin do que alí ocorrera. Na miña opinión tanto a película como o libro son preciosos, tamén quero decir que ten algúns detalles un pouco fortes, como cando destila o gato vivo ou se mostran os vernes no peixe. Todo o demais encantoume. Susana Paz Paz / 1º BAC B/ Nº 9

Arthur Golden, Memorias de unha geisha Chiyo-Chan era unha nena que vivía cos seus pais e sua irmá nun pequeño pobo de pescadores chamado Yoroido, no mar do Xapón. Cando súa nai enfermou, seu pai vendeuna a ela e a súa irmá ó señor Tanaka. Este levounas a Kioto. Xa na cidade, a Chiyo levárona a unha okiya para preparala como geisha; pero súa irmá, Satsu, foi vendida como prostituta. Na okiya na que vivía a vida facíaselle moi dura, pero coa axuda da “Tía”, “Mamita” e da “Abuela”, puido facerlle fronte á maldade


da fermosa e xa especializada geisha Hatsumono. Un día cando iba facer os recados atopouse co Presidente, este rebaixouse a falar con ela e deulle diñeiro para que mercase un xeado, dende entón namorouse del. Co tempo convertíuse nunha fermosa Geisha, a que se lle deu o nome de Sayuri-San. Iba polas casas de té do distrito servindo sake ós homes e tocando o shamisen. Cando rematou a súa preparación, chegou o momento de vender o seu “mizuage” (virxinidade) ó mellor postor, que foi o Doutor Cangrexo. Tempo máis tarde o presidente rematou por ser o seu Danna, é decir, a persoa que lle mercaba os vestidos de seda e que a protexía. Sayuri foise vivir con el, e coa súa axuda montou a unha casa de té. Comentábase que tiveran un fillo xuntos, pero o que si é seguro e que ela deixou de pintar a súa cara de branco e de percorrer as casa de té para convertirse na amante do home que sempre amou. Susana Paz Paz 1º BAC B

O PIANISTA de Roman Polanski Adaptación do libro de Wladyslaw Szpliman “Morte dunha cidade” Os feitos que se poden ver neste filme ocorren en Varsovia no ano 1939, durante a 2ª Guerra Mundial. O protagonista da película, Wladyslaw Szpilman, un fantástico pianista, vivía coa súa familia nesta cidade, e cando se desatou a Guerra sufriron o indexesable polo simple feito de ser xudeos. Non soamente eles, senón tamén o resto dos cidadáns tiveron que trasladarse varias veces de fogar,

pasaron moita fame (había veces nas que solo se alimentaban con patacas), entraban de noite nas casas e disparaban á primeira persoa que atopaban no camiño… Unha das imaxes que nos mostra a desesperación que había naquel momento no gueto de Varsovia, é cando o pai do pianista corta un caramelo en varios cachos e os reparte entre os membros que forman da súa familia. Cando van ser enviados ó campo de concentración de Treblinka, un amigo que tiña Wladyslaw axudoulle a fuxir mentres via como a súa familia iba camiño da morte. Despois de recibir a axuda de varias persoas que o coñecían, tivo que fuxir porque os tiroteos estaban cada vez máis cerca e estivo a piques de ser capturado polas autoridades. Vagou varios días polos cascallos que quedaban dos edificios tralos bombardeos. Case non se podía manter en pe. Levaba xa varios días sen probar bocado, cando un militar alemán o atopou. Este pediulle que tocase o piano, e tras ver a gran destreza coa que se manexaba ante o instrumento proporcionoulle a súa axuda. Deulle comida e refuxio. Cando a situación volveu case a normalidade, Wladyslaw comezou a traballar na radio polaca como pianista. Alí atopouse cun vello amigo tamén músico. Este contoulle que vira preso a un xeneral alemán que decía coñecer ó pianista Szpilman e que necesitaba a súa axuda. Este alemán fora o mesmo que no seu tempo lle prestara axuda a Wladyslaw. Cando o protagonista o foi buscar xa era tarde. Calquera axuda que lle dera era inútil. Xa estaba morto. Os papeis da Guerra cambiaran. Esta película é un moi bo exemplo do que foi a 2ª Guerra Mundial e do sufrimento, as mortes e as desgrazas que supuxo para toda unha poboación. Susana Paz Paz 1º BAC B

IES Poeta Díaz Castro

21


eTwinning Guitiriz – Dublín.

Os alumnos de P.T participamos durante este curso dous proxectos Europeos eTwinning, un con Dublín e outro coas Illas Azores. Para desenvolver estes proxectos fixemos moitas actividades que logo presentamos na nosa web que vos convidamos a visitar (www.iesguitiriz.org/ proxectos).Aquí tes un pequeno resumo de todas elas:

Saída ó Balneario: vimos tódalas instalacións do Hotel, do Balneario e do contorno. Ademais invitáronnos a almorzar e a darnos un baño nas piscinas.

Saída para coñecer o funcionamento do Concello de Guitiriz, onde vimos tódolos traballos que alí se fan.

Saídas ás Fontes de Parga: á de San Alberte e á de Valdobín, facendo parte da ruta da Auga (5 km).

Saída pola vila, onde sacamos fotos para facer presentacións que logo puxemos na web, e coas que traballamos durante as clases.

22

leliadoura eliadoura nº 17

Ademais asistimos a varias charlas coma a dos representantes do Balneario ou a de Mario Crecente, que nos serviron para aprender máis sobre o noso Concello.


eTwinning GUITIRIZ- DUBLÍN, ESCOLLIDO PROXECTO DO MES DE MAIO POLO CNICE, DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

.S. P O I.E I.E.S. Poeta oeta Díaz Castro mantén relación co Concello de Guitiriz para aprender máis cousas sobre o que nos rodea. Por iso dentro do Proxecto Europeo “eT wnning wnning” que os alumnos “eTwnning de P.T. de Guitiriz manteñen con Irlanda, faremos visitas pola vila.

Adrián Montes, Carlos Vázquez, Alex Roca, Diana Paz, Iván López, Cristian Andón

Os alumnos de P.T. Do IES Poeta Díaz Castro visitan o Concello de Guititiz. Os alumnos de P.T fomos o día 17 de xaneiro de 2008 visitar o Concello de Guitiriz. Tíñamos unha guía que se chamaba Rocío (A educadora familiar do Concello) e que nos explicou todo o que había: os despachos, o arquivo, o xulgado de paz, a policía municipal... e como funcionaba cada un dos servicios. Ademáis veu a Alcaldesa e falounos do Concello e das súas funcións e propúxonos visitar o máis importante de Guitiriz é coñecer tódalas novidades. Ademáis nos deu o seu correo eléctrónico e regalounos unha axenda do concello. Participamos como cidadáns cubrindo formularios de queixas e suxestións, que logo lería a Alcaldesa. O máis salientable foi descrubir un Arquivo cheo de documentos de moitos anos atrás. Os alumnos no Despacho da Alcaldesa puideron sentar na súa mesa. Preparáronse materiais para enviar ós compañeiros Irlandeses e para publicar na web. Fixemos unha chea de fotos coas que logo traballamos no IES, podes velas na web. http://www.iesguitiriz.org/proxectos

IES Poeta Díaz Castro

23


AXENDA 21 EG, NOVO RETO PARA O IES POETA DÍAZ CASTRO. Hai tempo que o noso instituto está comprometido coa educación en valores medioambientais. O feito de vivir nun municipio privilexiado con respecto á abundancia e calidade das augas, tanto de uso habitual coma mineiro-medicinais, sen esquecernos do agasallo que supoñen nos momentos de lecer, fai que a nosa realidade social e natural se impoñan no currículo, e sexa, precisamente a auga, o canle de estudo de moitos contidos, procedementos e valores. Para dar un sentido de unidade a todos estes proxectos educativos en marcha do Instituto, e crear un marco estable para todas as actividades que vimos a realizar, o equipo docente do centro, en colaboración co Concello de Guitiriz, elaborou un proxecto educativo para o desenvolvemento da filosofía da Axenda 21, programa proposto a nivel mundial para enfrontar a posible crise ambiental, proxecto que foi aprobado polas

24

leliadoura eliadoura nº 17

Consellerías de Medio Ambiente e Educación en xaneiro, e que inicia un proceso a medio – longo prazo, que nos ocupará nos vindeiros cursos. Durante este ano, a meta inmediata era a consolidación do Comité Ambiental (a21.ies.guitiriz@gmail.com), un grupo de persoas (profesores, alumnos, persoal non docente, persoal doutras institucións do contorno, pais e nais...) comprometidas coa organización das actividades do programa no centro. O alumnado ten un peso específico de importancia, ó ser o grupo maioritario do Comité. A súa labor estará centrada en catro aspectos fundamentais: ORGANIZATIVO: da marcha do Instituto en respecto da filosofía propia da filosofía do desenvolvemento sostible. (a21.ca.organizacion@gmail.com) PARTICIPATIVO: xa que todos os grupos deben formar parte das actividades, da organización e da toma de decisións. (a21.ca.participacion@gmail.com) CURRICULAR: posto que a filosofía educativa da axenda 21 impregnará, por forza, os curriculos dos vindeiros cursos, de xeito que comprender a necesidade do compromiso co desenvolvemento sostible será un contido


transversal con implicacións directas nos contidos estudados de forma multidisciplinar. (a21.ca.curriculo@gmail.com) COMUNICATIVO: pois é preciso que todos coñezamos as implicacións directas dos nosos actos, así como as necesidades que é preciso solventar ou os posibles plans de mellora . (a21.ca.comunicacion@gmail.com) O Comité Ambiental foi públicamente presentado en Maio, nun breve acto de entrega de carnés e presentación persoal de todos os participantes. Outra das metas para o curso 2007/08 era a creación dunha páxina web que servira de soporte para o noso traballo, así como de recompilación de materiais e recursos válidos para alumnos, profesores e cidadáns en xeral. (http://www.iesguitiriz.org/proxectos) Para os vindeiros cursos queda pendente a realización dunha ecoauditoría, baseada no consumo racional dos recursos no centro, cuxo maior obxectivo será, sen dúbida, o compromiso co desenvolvemento sostible, aprendendo, no camiño, que a aportación de cada persoa supón moito para o planeta, dado que ó multiplicala por varios miles de millóns de persoas, o efecto é claramente magnificado. Estamos a reflexionar sobre a verdadeira importancia de cada acto individual, logo. Posteriormente queda a elaboración de plans de mellora, para os que contamos coa colaboración do Concello e outras institucións da zona, sempre en base á participación dos alumnos desde o comité ambiental, como institucións democráticas de representación. Os alumnos do Instituto constituíron unha grande ledicia para todos nós ó apuntárense voluntariamente ó Comité Ambiental nunha porcentaxe cercana ó 30% do alumnado convocado. O que define claramente un espiritu inconformista e con desexos de cambiar o estado actual das cousas, así como comprometido coa boa marcha do planeta, aportando o seu grande “pequeno gran de area”. As fotos que podemos ver neste artigo dan mostra da Primeira Xuntanza de Alumnado A21EG, organizada polo Servizo de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente. A xornada tivo lugar en Parga o día 13 de Maio de 2008. Susana Vázquez.

FALANDO SOBRE O BALNEARIO O día 14 de maio, a nosa amiga Carmen veu falar conozco sobre lembranzas que ela ten dun Balneario que a viu crecer, igual ca nos viu crecer a nós. A súa intervención foi un verdadeiro agasallo, cheo de emocións, que nos fixo aprender moito sobre a maior riqueza do noso contorno. Falamos sobre a Fonte de San Xoán, á que considera fonte de saúde, pero tamén fonte de riqueza, xa que a ela viñan xentes de diferentes lugares a tomar as augas que tratarían as súas doenzas de ril, fígado, pel... unha ou varias veces ó ano, sempre en número impar de días (7, 15, 21... días) que marcaba o doutor. Tamén recordou como a hospedaxe era diferente segundo a clase social á que pertencían os augueiros: os de clases máis adiñeiradas ían ó Balneario e as menos favorecidas pasaban os días de tratamento alugados en casas da vila, onde lles daban cuarto e comida a cambio dunha cantidade económica módica. Moi interesante foi saber que aínda existía un terceiro grupo de persoas entre os augueiros, os chamados “do saco”, que recibían este nome porque viñan cos alumentos que ían precisar no “saco”, facendo menor gasto na vila. Carme fixo un percorrido pola historia que ela lembra do Balneario, ó que considera a “alma” da vila porque desde sempre foi unha fonte de riqueza e de “vida” para os guitiricenses. Iniciou a andaina no primeiro dono que recorda, don Javier, que logo de comprobar que o negocio non sería familiar,

IES Poeta Díaz Castro

25


asumiu unha sociedade para rexentalo, sociedade que non callou, esmorecendo a importancia do Balneario ata ter que pechar durante uns anos. A venda do Balneario ó actual dono e a asunción de responsabilidades de xerencia actual deu de novo pulo a este punto neurálxico do desenvolvemento socioeconómico da vila, fonte de emprego e tamén un requerimento de servicios que benefician a todos os habitantes da vila. · Como se tomaban as augas?, había algún ritual? · Normalmente de forma paulatina, aumentando a cantidade. Nos últimos días, máis cantidade. Facían tres tomas, sempre no xexún, e despois de cada toma había que paseala, é dicir, camiñar durante un cuarto de hora. As tomas que facían moito ben eran as da mañá. Non se podían tomar a calquera hora, nin en cantidade calquera. Son boas pola calidade, non pola cantidade. Recordo unha anécdota: un señor de Sarria viña tomar as augas. O médico recomendoulle 100 gramos de auga 3 veces ó día. El tomou 300 gramos tres veces ó día. Sentoulle mal, púxose enfermo. O que digo: son boas pola calidade, non pola cantidade! · Sempre era un tratamento igual? · Non, depende da enfermidade, e é o médico quen o decide. Ás veces era para beber, como cando era para o fígado, e outras veces había que botala sobre o corpo, como cando se trataba a pel. · A xente viña unha vez ó ano? · Si, pero solía repetir. Eu coñezo xente que leva vindo corenta anos.

26

leliadoura eliadoura nº 17

· Por que volvía a xente? · Un médico do Balneario, que parou na nosa casa, dicía que a calidade destas augas estaba moito por riba doutras augas mineromedicinais doutros balnearios. A xente notaba que lle facía ben. Unha señora que aínda sigue vindo di. “Eu cando chega a hora de tomar as augas, nótoo. Noto no meu corpo que necesito tomar as augas porque me limpan” E outra xente que está intoxicada por tomar moito medicamento, necesita facer unha limpeza e mándanlle tomar as augas cada certo tempo. · En que época do ano viñan tomar as augas? · Especialmente no verán. Ás veces ó final do verán ou no inverno viñan os máis pobres porque era máis barato. Había quen viña a tomar as augas na “Lúa de Xaneiro”, porque dicían que eran moi boas. · Como chegaban os augueiros? · Antes non todos tiñan coche, polo que moitos viñan en tren e logo collían un taxi ou pedían a un “maleteiro” que os desprazaran ata o aloxamento. Os menos favorecidos viñan a pé. · De que zonas viñan? · De todas partes de España, tamén do estranxeiro, recordo moitos cubanos. · É evidente que os augueiros aportaban riqueza económica á vila, pero, que outras cousas aportaron? · Moitas cousas. Para empezar, a xente antes non podía viaxar coa facilidade coa que o fai hoxe, polo tanto esta xente que viña de lonxe aportaba un intercambio de culturas. Non debemos esquecer o trato persoal. Había relacións ó longo do tempo que facían que nos trataramos como da familia. · Como lle gusta máis o Balneario, como era antes ou como é agora? · A min, persoalmente, gústame máis agora, porque antes non estaba aberto ó público. Podiamos ir tomar as augas (son para todos, un ben público) nos tempos en que estaba aberta a fonte, pero nada máis. Agora está aberto a todos, polo que se pode ir pasear polos xardíns en calquera momento. Agrupación Escolar. Proxecto interdisciplinar 1º ESO


UN ABRENTE TEATRAL Neste ano 2007-08 o grupo de teatro Prósopon experimentou un crecemento importante e abriu novas vías de expansión. No seu repertorio mantivo en cartel dúas montaxes: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos, de Marica Campo e Nubes, de Aristófanes. Coa obra de Marica Campo intervimos na homenaxe á propia Marica, na que foi nomeada chairega de honra, e organizada por Alfonso Blanco, a asociación Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo unha grabación profesional desta mesma obra co fin de colgala na súa páxina web (aelg.org) para que todo o que así o desexe a poida ver e consultar como material didáctico. «O Premexentes» levámolo tamén ao IES de Miraflores de Oleiros.

Por outra banda, este ano fixemos no IES a estrea de Nubes, de Aristófanes. Ademáis, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEEC) invitounos a participar no Festival de Teatro Juvenil Grecolatino 2008 e nese marco representamos «Nubes» no Auditorio Gustavo Freire de Lugo diante de 620 espectadores. Os responsabeis do festival quedaron tan satisfeitos que nos invitaron a participar para o festival do próximo ano coa mesma obra, Nubes, e con outra montaxe nova. E tamén hai grandes posibili-

dades de que nos chamen de fora de Galicia para facer unha xiriña nacional. Ademais, para o día 31 de maio temos prevista, en colaboración co Concello de Guitiriz, unha actuación para nais, pais, amig@s e o pobo de Guitiriz. Xa por último, temos que falarvos da actividade dos rapaces da Aula de Teatro, que no seu primeiro ano están currando moito e montando Barriga Verde, de Manuel María, poeta e dramaturgo da Terra Chá, que estreamos o 2 de xuño nas IX Xornadas de Artes Escénicas de Fingoi (Lugo). En total, nas actividades do grupo Prósopon participaron e colaboraron este ano aproximadamente uns 50 rapaces e 8 profesores: Santiago (Historia), Eneko (Ed.Física), Julio (Filosofía), Yolanda (Inglés), Gloria (Historia), Susana (Tecnoloxía), Lupe (Lingua Castelá) e Antonio (Latín). Ademáis, botounos unha man moi importante coa maquillaxe a nosa amiga Paula Iglesias. Un saúdo.

Grupo de teatro Prosopón

IES Poeta Díaz Castro

27


DÚAS EXPERIENCIAS DISTINTAS NO MUNDO DO TEATRO A continuación expoñeremos dúas formas diferentes de vivir e facer teatro: unha é o resultado final, o que se ve, polo que che aplauden ou che tiran tomates, ou sexa, os actores; e a outra, todo o que hai que preparar e facer para que se poida levar a cabo o espectáculo (decorados, maquillaxe, música, iluminación...), que, ao fin de contas, é igual de importante que o traballo que se realiza enriba do escenario, a interpretación. Eu son Esteban Grandío, o que fai os papeis de Fidípides e de Paporrubio. A miña función no proceso de montaxe dunha obra de teatro é a de actor. Levo dous anos nesta faceta, acumulando 14 representacións de tres obras diferentes: «O Musiclown», «O Premexentes non pode cos paxaros rebezos» de Marica Campo e «Nubes» de Aristófanes. Esta última foi na que máis me tiven que esforzar, pero tamén foi a máis satisfactoria en canto á aceptación do público; tamén se actuou por primeira vez na historia do grupo de teatro Prósopon no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, ante 600 persoas, na que foi tanto colectiva como individualmente a mellor ac-

28

leliadoura eliadoura nº 17

tuación durante o tempo que levo no teatro. Foi o resultado final de un excelente traballo de equipo. Gustaríame resaltar que o traballo que facemos os actores non sería posible sen que alguén nos confeccionara as telas, nos iluminara ou nos ambientara cos sons. De seguido contámosvos esa experiencia que o público non é capaz de ollar. Nós as dúas, Estela e Thais Chao, ocupámonos do que foi a montaxe da obra. Foron cinco meses de intenso traballo. Fixemos, xunto con outros rapaces, parte dos decorados dos cales o que máis difícil nos resultou foron as teas do «Pensadeiro» e as letras de dous traxes, xa que o feito de

pertenceren ao alfabeto grego dificultaron a súa fabricación. Nos momentos previos ás funcións colaboramos na maquillaxe dos actores, o cal nos foi bastante complicado debido aos nervios que padecían antes da estrea, algún ata se poñía histérico, como é o caso do director da obra de teatro. Durante a representación teatral ocupámonos da música e parte da coordinación de luces, e ao remate, recollíamos os decorados e os traxes, eso si coa colaboración dos actores. Pódese dicir que a experiencia foi positiva e sempre se saca algo de todo o que se fai,


tanto nas representacións no IES coma na do Gustavo Freire, aínda que se nos tivésemos que quedar cunha das dúas sería coa de Lugo, xa que cambia moito a reacción de 600 persoas que abarrotaban o auditorio á de máis ou menos 100 de aquí, que ademáis todos coñecemos. Pero bueno, traballar alí foi un pracer, debido a que había unha mesa de son e iluminación perfecta, e todo estaba á man. Como conclusión, temos que dicir que se algo nos aportou a inmersión na «parte de atrás» do mundo teatral, foi o traballo en equipo e os momentos que pasamos cos compañeiros e profesores. Esteban Grandío, Estela Chao e Thais Chao, Alumnos 1º BAC B

O DÌA DE MARICA Era un 10 de novembro do ano 2007, o dìa escollido para celebrar por todo o alto a traxectoria dunha das escritoras e mestras màis emblemàticas do panorama galego, Marica Campo. Todo estaba a favor, lucìa o sol e respiràbase un gran ambiente, todo a altura da homenaxeada. Os actos na honra a Mar i c a comezaron no IES Poeta Dìaz Castro -o mesmo no que ela imparte clase- as doce da mañà coa

celebraciòn dunha tàboa redonda na que participaron: Xosè Manuel Carballo Ferreiro, Pilar Garcìa Negro, Manuel Lòpez Foxo e Bernardo Penabade Rei. A continuaciòn disto, celebrouse un xantar no hostal «A Casilla» de Guitiriz, no que unhas 300 persoas se deron cita para acompañar a nosa «Chairega de honra» no que seguramente, e voume permitir o luxo de decilo, serìa un dos dìas màis felices da sùa vida: amigos, compañeiros, alumnos, familiares... Posteriormente acudiuse à representaciòn da obra « O Premexentes non podo cos paxaros rebezos», da cal ela mesmo è a autora. Hai que decir que esta obra estivo interpretada polo grupo de teatro Prosopòn, formado por alumnos e profesores do centro. Ao remate da funciòn fìxose entrega de dous agasallos que tiñan a finalidade de que Marica teña unha agradable lembranza deste dìa e en especial da obra que saìu da sùa man, e que nòs representamos con moito gusto, ademàis, desta obra aprèndese valores da vida que parecen estar esquecidos coma a solidariedade. A traca final a esta xornada de ouro na vida de Marica Campo, correu a cargo de Tino Baz e A Quenlla, que deron un concerto de poesìa musicada escritas por Marica. Como conclusiòn hai que decir que da organizaciòn do evento fixèronse cargo a Asociaciòn Cultural Xermolos e a Fundaciòn Manuel Marìa da Terra Chà. Non me quero despedir sen comentar que, todas as persoas que traballamos nesta homenaxe, o fixemos co fin de que Marica disfrutara do seu mellor dìa. Esteba Grandío

IES Poeta Díaz Castro

29


TRABALLOS DE PLÁSTICA

Aquí tedes unha pequena mostra dos magníficos raballos realizados por alumnos de asignatura de plástica da ESO e de debuxo artístico de BAC.

Laura Pardo

Diego Cantero

Patricia cancelo

30

leliadoura eliadoura nº 17

Iago Quijada

Iván Sanmiguel

Susana Paz


alba Penas

Silvia Saavedra

Segio Santalla

David Pereira

Laura López

María Martínez

Iria Villares

Tatiana Morandeira

Lidia Losada

IES Poeta Díaz Castro

31


Coñecer para recoñecer recoñecer. En primavera foi posible presentar no IES a última obra poética de Marica Campo, a nosa profesora de galego nos primeiros cursos da ESO, recoñecida escritora que este curso remata a súa vida docente con nós e parece que a disfrutaremos dende o seu bó facer literario. Autora da obra que nos dous últimos anos representa con tanto éxito de público e de crítica o Grupo de teatro do centro, O Premexentes non pode cos paxaros rebezos. Todos vós, o alumnado que tivéchedes a oportinidade de contar cunha mestra chea de palabras ricas de significados, con pensamentos inquedos e cun coñecemento da língua e da literatura galega que non é doado atopar, seredes os beneficiarios desa experiencia que sen dúbida aproveitaredes. Marica é veciña de Guitiriz, natural do Val do Mao – O Incio , formada en Lugo, exerce como profesora durante anos na Mariña Lucense, hai 8 anos instálase en Guitiriz e, como non podía ser doutra maneira, acaba de ser recoñecida Chairega de Honra 2008, a instancias da Fundación Manuel María. Pero ¿quen é Marica como creadora, como escritora?. Unha autora relevante no panorama literario galego, con varias obras premiadas, a última das cales Sextinario: trinta e seis + tres está a convertirse nunha obra

NA SEGUINTE SOPA DE LETRAS, BUSCA PALABRAS QUE FORMAN PARTE DE TÍTULOS DE OBRAS DE MARICA CAMPO. PODES GUIARTE POLAS “PISTAS”: 1. Palabra máxica, en plural 2. Fenómeno óptico e meteorolóxico 3. Satélite da Terra 4. Muller que viviu na Idade Media cuxo oficio era cantar e bailar na corte. 5. Prudencia, xuízo, falta de loucura. 6. Compilación de poemas de 39 versos de arte maior 7. Escuridade, falta de luz. 8. Nome xenérico das aves de tamaño medio e pequeno.

32

leliadoura eliadoura nº 17

moi ben acollida pola crítica literaria e polos lectores. Ao Instituto achegáronse os profesores da Universidade da Coruña, Carlos Paulo Pereiro, prologuista do libro, e Mª Pilar García Negro, especialista na obra de Marica Campo. O noso Profesor Alfonso Blanco, bó coñecedor da traxectoria profesional da autora e Miro Casabella, trovador moderno da poesía tradicional galega e de moitos dos poemas de Marica. Todo un luxo para o alumnado e profesorado que tivemos a oportunidade de asistir ao acto. Obra de Marica Campo. POESÍA:Tras as portas do rostro, Pedínche luz prestada (1º Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, 2001), Abracadabra (Premio de Literatura Infantil e Xuvenil concedido pola Asociación de Escritores en Língua Galega, 2007) e Sextinario: trinta e seis + tres (Premio de Poesía concedido pola Asociación de Escritores en Língua Galega, 2008) NARRATIVA: Confusión e morte de María Balteira e Memoria para Xoana TEATRO: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (Grupo Prosopón) Bó retiro, Marica e moitos ánimos dende a Biblioteca do Centro para que nos enchas de éxitos as nosas memorias de lectores.


Leliadoura 17