Leliadoura 17

Page 22

eTwinning Guitiriz – Dublín.

Os alumnos de P.T participamos durante este curso dous proxectos Europeos eTwinning, un con Dublín e outro coas Illas Azores. Para desenvolver estes proxectos fixemos moitas actividades que logo presentamos na nosa web que vos convidamos a visitar (www.iesguitiriz.org/ proxectos).Aquí tes un pequeno resumo de todas elas:

Saída ó Balneario: vimos tódalas instalacións do Hotel, do Balneario e do contorno. Ademais invitáronnos a almorzar e a darnos un baño nas piscinas.

Saída para coñecer o funcionamento do Concello de Guitiriz, onde vimos tódolos traballos que alí se fan.

Saídas ás Fontes de Parga: á de San Alberte e á de Valdobín, facendo parte da ruta da Auga (5 km).

Saída pola vila, onde sacamos fotos para facer presentacións que logo puxemos na web, e coas que traballamos durante as clases.

22

leliadoura eliadoura nº 17

Ademais asistimos a varias charlas coma a dos representantes do Balneario ou a de Mario Crecente, que nos serviron para aprender máis sobre o noso Concello.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.