RECURSOS WEB DE ARTES PLÁSTICAS: INSTITUCIÓNS ORGANIZACIÓNS
Selección de recursos web sobre institucións galegas e locais do mundo artístico.
1
MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA http://museobelasartescoruna.xunta.es/ A colección do Museo de Belas Artes da Coruña abrangue un bo número de pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A colección comeza a formarse a finais do século XIX. Na súa páxina tamén podemos descargar as fichas didácticas en formato pdf. sobre diferentes cadros do museo.
2
MUSEO DE PONTEVEDRA http://www.museo.depo.es/ Desde a súa fundación, o Museo de Pontevedra ten reunido máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc., que abranguen desde a prehistoria galega ao século XX. A través da súa páxina tamén podemos acceder aos seu catálogo en liña.
3
MUSEO DE BERGANTIÑOS http://carballo.org/servizos/ Situado ao lado da Biblioteca Municipal, o Museo de Bergantiños, inaugurouse no 2002, constitúe como museo etnográfico un referente na Comarca, ao ser o único que posee unha colección permanente neste sentido. Divídese en oito salas temáticas dedicadas a temas como a historia de Carballo, os recursos xeográficos, a economía ou o patrimonio natural do municipio. O Museo oferta tamén exposicións temporais e visitas guiadas. A través da páxina web de cultura de carballo poderemos acceder a súa información básica de contacto.
4
CGAC (CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA) http://cgac.xunta.es/ A colección está constituída fundamentalmente por obras de artistas que viron consolidada a súa traxectoria a partir da segunda metade do século vinte e algunhas das súas obras emblemáticas foron concibidas especificamente para os espazos do CGAC. Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro. A través de páxina web podemos acceder ao fondo da biblioteca do CGAC.
5
CONSELLO DA CULTURA GALEGA http://www.culturagalega.org/atalaia/ O Portal do Consello da Cultura Galega ofrece un bo número de recursos, tanto no ámbito das artes plásticas como no literario, do que docentes e alumnos poden tiran proveito. No espazo virtual Atalaia ofrece información sobre os artistas galegos máis importantes da actualidade
6
AFUNDACIÓN http://www.fundacioncaixagalicia.org/
A Fundación Galicia Obra Social é uhha institución privada sen ánimo de lucro. A Colección de arte Afundación é unha das mellores coleccións de arte galega. Conta na actualidade cun fondo de 5000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías. A Colección de arte Afundación é a mellor colección de arte galega. Conta na actualidade cun fondo de 5000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías.
Descárgate esta guía de recursos web na nosa conta de Issu Biblio Carballo: https://issuu.com/bibliocarballo