Page 1

Para saber måis‌ www.culturagalega.org/l www.casadellibro.com/fichas galicia-suroeste.com/aguarda/biografia.htm www.bvg.udc.es/ficha_autor

www.centrallibrera.com/LetGaleg05/ www.centros.edu.xunta.es/iesdemeano/ www.centros.edu.xunta.es/iesaxunqueira/ http://javichu.galeon.com/ http://www.biblosclube.com http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2005/

Equipo de Biblioteca Ceip. Milladoiro Maio 2005

Lorenzo Varela L E T R A S

G A L E G A S

2 0 0 5 Biblioteca do Ceip. Milladoiro Malpica


X

esús Lorenzo Varela Vázquez naceu en 1916 a bordo dun barco á entrada da baía da Habana. Fillo de emigrantes orixinarios de Monterroso (Lugo), en 1920 transladouse coa súa familia a Bos Aires, mais a finais dese mesmo ano trasladaríase xunto con súa nai á Galicia, instalándose en Lugo, mentres o pai quedaba en Bos Aires. En Lugo fixo o Bacharelato como un boísimo estudante: en dous anos aprobou as vinteseis asignaturas que o formaban. Nun acto do Partido Galeguista celebrado nesa cidade en 1932 coñeceu a Castelao. Ao seu abeiro ingresou nas fileiras do nacionalismo, compartindo militancia nas Mocidades Galeguistas con Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero e Ramón Piñeiro. Nestes anos coñeceu tamén a Ánxel Fole, con quen mantería unha profunda amizade. En 1935 Varela marcha a Madrid, onde se incorpora ás Misións Pedagóxicas e ao equipo de redacción de PAN (Poetas, Andantes e Navegantes), revista en que publicaban Rafael Dieste, Antonio Baltar e Otero Espasandín. Na tertulia do café "La Granja del Henar" coñeceu, ademais, a artistas mozos como Granell, Laxeiro, Maside ou Colmeiro. No momento de comezar a Guerra Civil Española, Varela enrolouse como miliciano e afiliouse ao Partido Comunista. Durante a guerra percorreu os diferentes frentes alentando coas súas publicacións xornalísticas o espírito revolucionario dos combatentes. En 1937 tomou parte no Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascitas celebrado en Valencia.

Finalizado o conflito armado, atravesou os Pirineos e ficou durante uns meses no campo de refuxiados de Saint Cyprien. En maio de 1939 conseguiu embarcar para México, e volve a América pero esta vez vai como exiliado. En México recuperaría o seu labor xornalístico. Dous anos despois, reencontrouse co seu pai en Bos Aires, cidade na que o agardaban intelectuais amigos como Luís Seoane, Rafael Dieste ou Arturo Cuadrado. Na capital arxentina recuperou a actividade política e exerceu como crítico de arte e tradutor do portugués. O golpe de Estado do xeneral Videla en 1976 forzou a Varela a un segundo exilio. Ameazado polas organizacións paramilitares de ultradereita, saiu precipitadamente do país pola fronteira brasileira e desde alí regresou a Madrid. O apoio de Isaac Díaz Pardo e Ramón de Valenzuela resultoulle fundamental para iniciar esta nova etapa, chea de isolamento e dificultades. Decide instalarse en Madrid, dedicándose ás traducións e frecuentando a tertulia do café "Gijón". So e sen ningún tipo de recoñecemento, Lorenzo Varela morreu en Madrid o 25 de novembro de 1978. O seu corpo foi soterrado no cemiterio familiar de Monterroso. Ademáis da súa produción poética e xornalística en español, a aportación ás nosas letras de Varela concretouse en Catro poemas pra catro grabados (1944), con ilustración de Luís Seoane, e o poemario sobre a guerra civil e o exilio Lonxe (1954).

Letras Galegas 2005  

Folleto bio-bibliográfico de Lorenzo Varela. Tódolos escolares, profesores e familias, dispuxeron del para coñecer millor ó escritor homena...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you