Os animais invertebrados/vertebrados

Page 1

os animais Traballo da รกrea de Ciencias da Natureza 3ยบ Trimestre Aula de 5ยบ de Primaria


INVERTEBRADOS:  Lombriga de terra  Centola  Araña  Bolboreta Monarca  Carabela Portuguesa  Escolopendra  Estrela de mar espinosa  Mexillón  Caracol  Polbo


LOMBRIGA DE TERRA (lumbricus terrestres)

http://biologia.laguia2000.com/wp-content/uploads/2013/09/Lombriz-de-tierra-300x226.jpg

É un invertebrado da clase dos vermes. Poden medir ata 30 cm. Pasan casi todo o tempo baixo terra e soó saen á superficie de noite o con tempo chuvioso. Aliméntanse de restos orgánicos que tragan xunto coa terra e dexiren para logo excretar a terra sobrante. Son hermafroditas, é dicir, posúen tanto órganos reprodutores femininos e masculinos. Bibliografía: Enciclopedia de animales. VVAA Edita: SM

Por Javier Alfeirán Souto.


CENTOLA (Maja Squinado)

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/ACTIVIDADES_ARDORA/IMAGES/centola1.jpg

Pertence á familia dos crustáceos. O corpo da centola está cuberto por unha casca abombada en forma de corazón e chea de espiñas. Do corpo sáenlle dez patas articuladas, duras e longas. O primeiro par de patas remata en pinzas e serven para defenderse. Na parte frontal da casca ten dúas fortes espiñas rectas e debaixo delas están os ollos. Cambia de xeito periódico de casca. Iso chámase muda. Machos e femias son diferentes e distínguense moi ben: os machos teñen o abdome mais pequeno e estreito e as femias, máis ancho e redondeado . Viven nas costas, nos fondos mariños ou areosos. Aliméntanse de pequenos animais: mexillóns, camaróns, peixes, etc. Reprodúcense no verán. Os ovos fecundados quedan pegados no ventre da femia. As larvas medran e mudan cada pouco ata acadala talla adulta. Para pescalos, utilízanse nasas. O maior de tódolos crustáceos é a centola xaponesa xigante. A súa casca pode chegar a medir medio metro de longo, e só as pinzas, catro metros. Bibliografía: Centola. Autora: Fina Mosquera Roel. (Xunta de Galicia)

Por Noa Vecino Veiga


ARAÑA (Tegenaria doméstica)

http://static.naukas.com/media/2014/05/spid4.jpg

É un arácnido da familia dos artrópodos. Hai máis de 40 mil especies distintas. Están presentes na maioría dos ecosistemas terrestres. As arañas teñen 8 patas e o corpo dividido en 2 partes ou tagmas. A parte dianteira chamase cefalotórax, formada por todas as patas, os ollos e a boca. A parte traseira, o abdome, é brandiña e leva uns bultiños chamados hileras que sirven para fabricar a seda coa que as arañas constrúen as súas teas para atrapar as súas presas. Son animais depredadores. A súa alimentación básase en insectos e outros artrópodos. Non mastigan o seu alimento senon que inxectan un veleno á súa presa mediante os quelíferos (pezas bucais) que as paralizan e así pode sorber os seus zumes. En canto ao seu tamaño pode variar entre 0´5 cm ata 25 cm (contando a lonxitude das patas). Bibliografía: Descubre las arañas. Alejandro Algarra. Edita: Edebé

Por Sergio Eiroa Chouciño


BOLBORETA MONARCA (danaus plexippus)

http://www.fundaciongaliciaverde.org/Imagenes_FGV/medio%20natural/insectos/monarca.jpg

A bolboreta é un insecto e pertence á familia dos artrópodos. Hai máis de 165.000 especies distintas de bolboretas. No caso das Monarca o seu tamaño varía de 2,5-11 cm. Cada outono, millóns de bolboretas monarca voan dende Canadá ata México, nunha viaxe duns 3200 quilómetros. Na seguinte primavera, as bolboretas poñen os seus ovos ao longo da súa viaxe de regreso ao norte. As novas bolboretas voan ata Canadá antes da chegada do outono. Bibliografía:  

La Descubre las mariposas. Autor: Alejandro Algarra. Editorial: Edebé. Enciclopedia de los animales. VVAA.Editorial: SM.

Por Adrián Moscoso Veiga


CARABELA PORTUGUESA (Phisalia Physalis)

http://blogs.hogarutil.com/wp-content/uploads/2011/07/Physalia-physalis.jpg

É un invertebrado mariño da familia dos celentéreos. A súa forma é como a dun flotador de 30 cm de diámetro, ten uns incríbles tentáculos que poden acadar os 18 m de largo . O azul, o lila e o violeta son algunhas das súas cores. O veleno que teñen non se destrúe ata unhas horas despois de quedar varadas na area das praias polo que poden picar incluso de mortas. Bibliografía: Enciclopedia de los animales. VVAA Edita: SM

Por Zoe Yang Lema Manteiga


ESCOLOPENDRA (LITHOBIUS FORFICATUS)

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/db/Scolopendra_cingulata_-_D7-08-2291.JPG

É un invertebrado do grupo dos miriápodos. Vive en bosques húmidos, en zonas habitadas e en terreos de cultivo. É ovíparo, carnívoro e respira por pulmóns. É de cor marrón, desprázase por patas e o seu corpo é alongado. Mide 3 centímetros, aproximadamente. Bibliografía: La enciclopedia de los animales. Editorial SM.

Por Pablo Varela Mille.


ESTRELA DE MAR ESPINOSA

(Echinaster sentus)

http://files.biologiamarinamediterranea.webnode.es/20000007576bba77b5e/estrella%20espinos a%20roja.jpg

É un invertebrado e o seu grupo animal son os equinodermos. Adoita habitar no Átlantico occidental e Caribe. O seu corpo está cuberto de espiñas anchas e cortas. Ten forma regular e ten simetría radial. O seu tamaño adoita ser de 12 cm de ancho e o seu peso oscila entre 300 e 400 gramos. Son ovíparos e aliméntanse de pequenos moluscos. Só se desprazan pola busca de alimento e respiran ao mesmo tempo que se alimentan (a través do sistema nervioso). Bibliografía: La enciclopedia de los animales. VVAA. Editorial: SM

Por Brais Fraga Castro


MEXILLÓN (Mytilus galloprovincialis)

http://wikifaunia.com/images/thumb/4/4a/Mejillon2.jpg/340px-Mejillon2.jpg

O mexillón é un molusco, bivalvo e invertebrado. O seu corpo está dentro dunha especie de cofre formado por dúas valvas de cor negra violácea. A cor do corpo varía desde laranxa ata branco. Viven pegados as rochas, formando comunidades na zona das mareas. Aliméntanse de pequenas partículas que hai na auga do mar, de xeito especial organismos de especie vexetal. Unha curiosidade deles é que cando baixa a marea parece que están mortos. Esperan a que suba a marea para voltar a abri-las valvas e alimentarse. Cando hai “mareas vermellas” prohíben a súa comercialización porque poden resultar tóxicos para os humanos. Bibliografía: Mexillón. Fina Mosquera Roel. Edita: XUNTA DE GALICIA

Por Lía Loureiro Cachón


Caracol (hélix aspersa)

http://files.yoguapa.webnode.es/200000067-6a63f6c57e/Baba%20de%20caracol.JPG

O caracol é un invertebrado do grupo dos moluscos e gasterópodos. Poden medir entre 1 e 8 cm. Atópase na auga ou en terra firme. Son ovíparos e herbívoros. Sobre todo sae a comer cando chove. Desprázanse por unha masa muscular chamada pé. Posúen unha cuncha en espiral. A súa respiración é tanto por branquias como por pulmóns. Bibliografía: A aula na casa.

Por Pablo Pombo Cotelo


POLBO (Octopus Vulgaris)

http://vgomez.blogia.com/2010/031501-o-polbo-e-a-paternidade-multiple.php

Entra no grupo dos moluscos (cefalópodos) e é invertebrado. Os polbos habitan no mar e na area das costas. Poden chegar a medir ate 9 m. Teñen 8 brazos e en cada brazo teñen dúas ringleiras de ventosas. Aliméntanse de animais mariños como ameixas, peixes e ata polbos máis pequenos. Para reproducirse achéganse á costa. Para namorar a femia fanlle caricias suaves, o macho colle o tentáculo e deposítao na cavidade da femia. É un animal ovíparo e a femia pon ata 15.000.000 de ovos. Nunca se debe mercar un polbo de menos de 750 gramos. Bibliografía: Polbo. Autora: Fina Mosquera. Edita: Xunta de Galicia.

Por Esther Villar Camiño


VERTEBRADOS:  Salamántiga  León  Voitre  Pimpín  Tartaruga  Geko Leopardo  Raia de Clavos


SALAMÁNTIGA (Salamandra salamandra)

http://amphibianrescue.org/amphibianwordpress/wp-content/upLoads/2012/08/Common-Firesalamander-Salamandra-salamandra-Gonçalo-M.-Rosa.jpg

A salamántiga é un vertebrado do grupo dos anfibios que vive en selvas ou en montes frescos e húmidos. Reprodúcense mediante ovos e aliméntanse de invertebrados como: coleópteros, miriápodos, dermápteros, oliguetos e opilións. A salamántiga é un anfibio coa pel húmida e de cor negra con manchas amarelas. Pode chegar a medir 230 mm de lonxitude e a súa cola pode chegar a medir o mesmo ou menos do seu corpo. Cando nace vive na auga durante 3 ou 6 meses e tarda en acadar a madurez aos 3 ou 4 anos . Tamén pode acadar os 20 anos de vida. Bibliografía: Gran enciclopedia galega (zooloxía). Editorial Novos Vieira.

Por David Ceán Castro.


León (licaones)

http://www.guauquecosas.com/wp-content/uploads/2013/06/leon-baby-lion-bebe-leones-felinos-amorde-padre.jpg

É un mamífero e vive nas pradeiras africanas. O león é o máis grande dos felinos de África . O tamaño do león macho pode chegar a máis de 3 m e a femia é de menor tamaño. O peso pode chegar a ter 230 kg. Comen cada catro días, consumindo ata 5 kilogramos de carne dunha soa vez. A nai das crías, a leona, é a que caza. Desprázanse en grupos familiares. Cando o león se enfada o seu ruxido pode escoitarse ata 8 km de distancia. Bibliografía: Enciclopedia de los animales (Tú primer libro de consulta sobre el mundo animal). Penélope Arlan. Editorial: Edebé.

Por Paula Pérez Mata


VOITRE (Gyps fulvus)

http://www.guaso.com/bestiario/buitre%20leonado.jpg

O Voitre é un animal vertebrado que pertence a familia das aves e vive e lugares secos e zonas de montaña. É unha das aves rapaces máis grandes da península ibérica. Son ovíparos e aliméntanse de carroña (carne de animais mortos). As súas cores son amarronadas, voa coas dúas ás que teñen e tamén teñen dúas patas coas que poden apousarse. Respiran por dous buracos que teñen enriba do peteiro. As súas partes son: peteiro, cabeza, dorso, coberturas pequenas e medianas, peito e patas. Pode chegar a medir 2’5 metros e pesar 6’5 kgs. Bibliografía: Aves, árbores e insectos. de Anita Gandarei. Edita: Xera Por Bibi Barizo Santana


O PIMPÍN (Fringilla coelebs)

gl.wikipedia.org

O Pimpín é un animal que pertence ao grupo das aves e é de tipo vertebrado. Constrúen niños nas árbores mais altas ou nos picos das montañas. Como son aves reprodúcense mediante ovos e o periodo de xestación dura 13-14 días. Aliméntanse de sementes de toda clase. O seu peteiro é cónico, duro e forte para extraer as sementes. As súas plumas teñen varias cores como: amarelo, verde claro, marrón e azul. Respira a través duns furado que teñen no peteiro. Desprázanse mediante ás pero tamén teñen dúas patas que usan para apoiarse. Como dato curioso decir que ós pimpíns levan ese nome polo canto do macho que soa "pin-pin". Bibliografía: Aves, árbores e insectos. Anita Ganeri. Edita: Xerais.

Por Clara Muiño Añón


Tartaruga (caretta caretta)

https://www.google.es/searchq=imagenes+de+la+tortuga&hl=es&gbv=2&prmd=ivns&source=lnms&tbm=isch &sa=X&ei=8T4uVauyFInUOebxgbgD&ved=0CAUQ_AU

A tartaruga é un animal vertebrado do grupo dos reptís. Adoita medir dende 15 cm ata 2 metros, dependendo da especie. O peso tamén varía, dende 60 g ata máis de 300 kg. Poden ser terrestres ou mariñas. Caracterízase por ter un tronco ancho e curto, e un caparazón duro que protexe os seus órganos internos. En caso de perigo agóchase dentro do caparazón. As tartarugas teñen unha alimentación variada. As terrestres aliméntase de hortalizas, froitos e verduras. As mariñas aliméntanse de polbos e pequenos vertebrados, tamén de esponxas, moluscos, algas, plantas mariñas, etc. Son ovíparas. A femia abandona os ovos na praia, que se incuban por radiación solar. Viven moitos anos, houbo un caso en que chegou aos 175 anos. Bibliografía: Anfibios, reptiles e mamíferos. Steve Parker. Edita: Xerais

Por Roi Pérez Blanco


GEKO LEOPARDO (euplepharis macularius)

O geko é un vertebrado da familia dos reptís Habita en xunglas moi húmidas. Reprodúcese mediante ovos e tardan tres meses en xestionar. A sua alimentación é moi variada: comen bichos, froita ou verdura Mide aproximadamente 11 cm e pesa 3g. Respira polos orificios nasais. Anda a catro patas con ventosas. Os ollos non teñen pálpebras e teñen unha lente que lle protexe os ollos.

Bibliografía: Reptiles. Autor: Colin McCarthy. Editorial Altea.

Por Joel Morales


RATA DO ALGODÓN (sigmodon arizonae)

http://vignette2.wikia.nocookie.net/colombia/images/c/c6/Rata_del_algod%C3%B3n.jpg/revision/latest?cb= 20130112213937&path-prefix=es

É un mamífero e o seu hábitat é o sur de E.E.U.U, en pradeiras espumosas. O seu corpo pede medir desde 12,5 a 20cm. É vivíparo e ten reprodución sexual. As femias pode ter ata 12 crías con só 10 semanas de xestación. Aliméntanse de herba e insectos aínda que tamén lles gusta roubar os ovos e as crías das codornices e cazar cangrexos. Bibliografía: Enciclopedia de animales. VVAA. Edita SM

Por Adrián Fuentes Villanueva.


RAIA DE CLAVOS (RAJA CLAVATA)

http://cram.org/wp-content/uploads/2015/03/thornback-ray-raya-de-clavos-1.jpg

A raia de clavos é vertebrada, pertence ao grupo dos peixes e vive no mar. Reprodúcense mediante ovos e aliméntase de pequenos crustáceos. O seu corpo é plano e mide aproximadamente un metro. Pesan entre 2 e 4 kg os pequenos e os grandes poden chegar a 10 kg. Respiran mediante branquias. Pode sumerxirse ata 300 m. Desprázanse mediante aletas e tamén teñen cola. Reprodúcense mediante ovos, poden chegar a poñer entre 50 e 170 ovos cada ano, aínda que algún non chegan a vivir. A súa especie esta case ameazada. Bibliografía: Os peixes. Fernando Macarias. Edita: Altea. Por Natalia Vecino Varela


XURELO (TRACHURUS TRACHURUS)

http://donmexilon.es/uploads/Image/productos/jurel.png

É un vertebrado da familia dos peixes. Está cuberto de escamas e respira por branquias. Son ovíparos. Viven en bancos. A súa cor é grisácea, verdosa ou azulada no lombo. O seu tamaño é variado. A súa alimentación é variada composta de pequenos crustáceos, larvas e peixes pequeniños. No verán achéganse á costa para poder ver a superficie e no inverno trasládanse as augas profundas. Está moi rico frito e asado. Bibliografía: Xurelo. Fina Mosqueira Roel. Edita Xunta de Galicia

Por Naroa Parga Castro


FIN CEIP Milladoiro. Maio 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.