Petiscos Literarios

Page 1


Mural realizado polos alumnos e alumnas de 1º de ESO durante o curso 2016-2017 con motivo do ano de Maruja Mallo

Argalleiros e argalleiras COORDINACIÓN e MAQUETACIÓN. Belén Martín Franco e o ENDL do IES Fonmiñá. ILUSTRACIÓNS: Alumnado de 1º de ESO (gardas e índice), Verónica Luna Méndez (7,12,19), Belén Martín Franco (portada e contraportada,16,17), Mª Anxos Corredoira Díaz (24 e contragarda) Milleiros de grazas a: Matilde, por ceder o mural e as máscaras de Maruja Mallo realizadas nas súas aulas. Maruxa e Cristina, polos seus artigos sobre Anagnórise Ana, por coordinar a tradución da canción de Zaz. Luis, por facilitar os encrucillados literarios. A todos os alumnos e alumnas que fixestes posible a revista grazas aos vosos estupendos traballos literarios e artísticos.


Máscaras de Maruja Mallo realizadas polos alumnos e alumnas de 1 de ESO do curso 2016-2017

Que che imos contar? Unha expresión, un relato..... 4,5,6 Debuxar un poema....................7 Encrucillado literario..............8,9. 10 boas razón para ler Anagnórise...10 Lectura e relectura de Anagnórise....11 Escríbelle a un maltratador.....12, 13, 14. Memes e cantigas medievais.....15 Entradas para unha enciclopedia de seres máxicos pastoricenses.......16, 17. Dúas historias de Susana....18 Une belle chanson...........19, 20. Amar en galego................21 Oda a unha picadora.......22 A historia do Papalouzas..23, 24 Retrato chinés de Antía Otero....25 Versos para pegar nun cartafol...26 Eu non teño medo!......................27, 28 Reflexións diante dunha filloa....29 Un poema dadá................................30


UNHA EXPRESIÓN, UN RELATO Na nosa lingua temos unha chea de expresións e frases enxeñosas que poden dar pé a crear historias moi divertidas que xogan co sentido literal. Os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO inspiráronse a partires de varias delas. MIGUEL ÓNEGA NOGUEIRAS, Poñer o carro antes dos bois Chegou o día de apañar as patacas e Pepe e o seu pai Xan encargáronlle a Iago, un mozo labrego, que levase o carro cos bois para a terra, mentres eles ían chamar aos veciños para que lles axudasen. Media hora máis tarde xa estaban na terra pero Iago non daba chegado. O tempo pasaba e Iago non aparecía. O pai volveu buscalo a casa e cando chegou a xunto do mozo soubo o que pasaba. Non podía cos bois, era coma se os animais se puxesen de acordo para non deixar que os xunguisen ao carro. Iago tiraba polos bois e poñíaos diante pero xusto despois eles soltábanse e colocábanse tras del. O rapaz, xa canso díxolle a Pepe: “Colle os sachos, que hoxe os bois non queren traballar.” TANIA FRANCOS OSEIRA, Ser agudo coma un allo. Había unha vez unha chuleta que ía ser cociñada ea mesma noite coma segundo prato nun gran restaurante. Entre todos os ingredientes precisados para adubar a chuleta, o allo era un deles. O allo non quería ser o protagonista aquela noite e moito menos, acabar cortado en anaquiños, así que decidiu idear un plan para escapar daquela morte segura. Tras pensar moito decidiu rodar ata a outra beira da mesa e saltar ao cubo de lixo, que máis tarde levarían á parte traseira do restaurante e unha vez alí, fuxiría. Tivo que falar cos demais ingredientes e convencelos de que debía de se despedir da súa nai; tanta pena lles deu que todos colaboraron no seu plan de fuga. Ao final, o allo estaba libre e eles, no estómago dun vello larpeiro. O allo foi o máis agudo de todos, iso si, sen preocuparse dos outros.


CLAUDIA RIVAS SEIVANE, Estar nas verzas Pola ventá dende o meu cuarto vía pasar todos os días unha muller miúda que me parecía moi misteriosa. Un día seguina polo camiño que leva ao monte, tiven que correr porque chovía a caldeiros. Mireina inquieta como se metía na horta e perdina de vista, a choiva non me deixaba vela mais cando limpei os ollos, vinlle a testa. Movíase moi rápido agochándose no medio da horta. Entón vin que esa muller estaba nas verzas e non facía nada sospeitoso coma eu pensaba. Facía aquel traballo todos os días á mesma hora. Seguina vendo todos os días pero xa non sospeitaba pois o único que facía era o seu traballo: estar nas verzas.

PABLO DÍAZ LAGE, Mollar a palleta Mollar a palleta é unha tradición moi popular na Pastoriza. Os gaiteiros ían á Fonmiñá coa súa gaita e mollaban a palleta da gaita con auga do Miño. Non se sabe de onde provén esa tradición pero os músicos afirman que a queren manter porque despois van beber viño e a mollan aínda máis. AINHOA EIRAS GALLEGO, Ser un cu de mal asento Isto era un cu que se chamaba Suso e era moi traste. Coma calquera outro día, Suso chegou do colexio e foi ver a seus pais á fábrica de asentos que tiñan na vila. Chegou e como non tiña nada que facer e era un bulebule, aproveitou que seus pais estaban tomando café, para xogar cos botóns das máquinas e estas comezaron a facer unhas cadeiras con formas estrañas. O que non sabía era que eses asentos ían ser distribuídos para o seu colexio. Ao día seguinte, cando Suso chegou a clase, todos os compañeiros comezaron a chamarlle “cu de mal asento” e quedoulle o alcume para sempre polos asentos tan incómodos que mandaran da fábrica de seus pais.


AINOA LÓPEZ NOVO, Cacarexar e non poñer ovos O outro día fun á feira con miña nai e compramos dúas pitas poñedoras e un galo. Pero había un problema: as pitas leaban seguido entre elas polo galo e unha delas, do mal xenio que tiña, cacarexaba tanto que non poñía ovos. Un día, o galo puxo as galiñas a proba, tiñan que lucir as súas plumas a ver cal delas o facía mellor. A que non poñía ovos foi a gañadora e a outra tívena que vender porque o galo a quería matar. A outra galiña púxose moi contenta porque estaba co seu amor e dende aquela puxo sempre ovos.

ÁLEX MÉNDEZ DÍAZ, Poñer o carro antes dos bois. Un home que estaba a piques de marchar da súa casa cargou nun carro todo canto necesitaba. Cando subiu deuse de conta de que vendera os bois para comprar o carro.

MARTÍN EXPÓSITO MURADO , Tranquilo, morreu cagando. Había unha vez un home chamado Xacobe que estaba na feira en Vilalba mercando uns coellos e de repente empezou a doerlle moito a barriga e arrincou cara a un bar e entrou. Díxolle ao dono que lle puxese un café e meteuse no baño. Entón sentou e comezou a apuxar e non daba saído, púxose encarnado e de tanto que o intentou saíu pero de tanta forza que fixo morreu. Despois entrou o do bar e viu a Xacobe e chamou á súa casa. Contestoulle a muller e o do bar díxolle que seu pai morrera, a muller botou a chorar e o dono díxolle: “Tranquila, morreu cagando”.


A de Lú d e e braa é Ér e denrugnco velli d ol as s ca ña, pa as gue pa lp fo se liño de be a An ra c ndoulasdo s ce ourlos s p en da p ami os doleito gos o lév oi ve o . s r lo ñar. esp ma a na as a m En r az h os po asevolv da estondeund te is d ei m o r t a e v n Ca se come a a e n. liña ai b n b s a rúando que o v rig né tá lú o n co ai ar bo a a p as ida ve as en te o E l u l e a a a tre mpo ta r. a as ma sí e o in qu tr as ra no e es ma an e i pa a do o ma tebl te lla f v ma r, ra s o aciaai l t lu na em ar po .

Debuxar un poema

Unha actividade interesante e bonita para saber que interpreta cada

un/ha da lectura dun poema. Verónica Luna (4º de ESO) realizou esta

estupenda versión acrílica do poema Lúa de Luís Amado Carballo. que

ademais leva o apelido da nosa artista.


Encrucillado literario A ver se vos atrevedes con este encrucillado. Tedes que identificar os autores das obras clave da literatura universal que aparecen na seguinte páxina.


OBRAS LITERARIAS A por eles/as!

HORIZONTAIS 1. As uvas da ira 4. O Paraíso perdido. 6.A chamada da selva. 8. A guerra dos mundos 9. Doutor Zhivago. 11. A insignia vermella da coraxe. 12. O home invisible. 13. Crime e castigo. 15. O vello e o mar. 17. Os tres mosqueteiros. 23. Foise co vento. 24. As aventuras de Huckleberry Finn. 25. Frankenstein. 28. Jane Eyre. 29. 1984. 30. Moby Dick. 31. Traxedia de Hamlet. 33. O retrato de Dorian Grey. 34. Os miserables. 35. O gran Gastby. 36. Dr. Jeckyll e Mr. Hyde.

VERTICAIS 2. Walden. 3. Os Robinsons suízos. 5. Anna Karenina. 6. Matar a un reiseñor. 7. Robinson Crusoe. 10. O señor dos Aneis. 13. David Copperfield. 14. O vixía no centeo. 15. Un mundo feliz. 16. Ulises. 17. As aventuras de Sherlock Holmes. 18. As viaxes de Gulliver. 19. A boa terra. 20. Don Quixote. 21. A letra escarlata. 22. Alicia no País das Marabillas. 26. A cabana do Tío Tom . 27. O señor das Moscas. 32. Orgullo e prexuízo.


10 boas razóns para ler Anagnórise de Mª Victoria Moreno 1. O protagonista é un rapaz adolescente co que moitos de vós vos sentiredes identificados/as nalgúns momentos da novela. 2. É unha das novelas xuvenís preferidas polos mozos galegos e foi reeditada varias veces e traducida a varios idiomas. 3. O (des)amor está presente: o rapaz foxe da súa casa e deixa o instituto porque a súa moza lle rachou o corazón. Por que romperían? 4. De seguro que vos intriga que o protagonista realice unha viaxe cunha muller adulta descoñecida que o recolle na estrada. 5. Máis misterio aínda: a identidade da muller descoñecida do coche non se coñece ata o (inesperado) final. 6. Porque é unha novela de aprendizaxe, a medida que vai transcorrendo a viaxe, o rapaz vaise coñecendo a si mesmo grazas en parte á súa acompañante e a outras experiencias vividas. 7. Coñeceredes o significado da palabra anagnórise que dá título á novela. 8. A autora da novela naceu en Estremadura, fixo o Bacharelato en Barcelona, realizou os estudos universitarios en Madrid e... escribía en galego! Desde que comezou a traballar de profesora en Galicia namorouse do noso idioma e converteuse nunha firme defensora da lingua e da cultura galegas. 9. Temos tres exemplares na biblioteca agardando por vós. 10. A Mª Victoria Moreno dedícanlle as Letras Galegas este ano 2018.


A MIÑA LECTURA DE ANAGNÓRISE por Maruxa Carballo Vega, Administrativa. Lin esta novela por primeira vez o pasado mes de novembro, animada por Cristina e por Belén. Lina rápido porque me resultou moi amena e me enganchou axiña. O primeiro que me chamou a atención foi o título, non coñecía o significado de "anagnórise", así que o mirei o dicionario e levei unha sorpresa. Anagnórise gustoume moito porque na vida ás veces ofuscámonos nunhas ideas concretas e pensamos que ten que ser dunha maneira determinada e ás veces escura e negativa. Ao lela decátaste de que non todo é así, que hai máis modos de ver as cousas e de actuar na vida. Tamén me gustou moito a aventura da viaxe do rapaz coa señora maior. O que pode cambiar a vida de alguén nunhas horas de viaxe... E a vida do rapaz mudou para ben. E como gardou a señora o segredo ata o final... O final non é de todo feliz pero por outro lado si o é porque lle serviu ao protagonista para se reencontrar con el mesmo e co seu amor. Resultoume admirable que unha autora non galega escribise no noso idioma, algo do que debería aprender moita xente de Galica, que renega del e non llelo fala aos seus fillos.

UNHA RELECTURA DE ANAGNÓRISE, ADOLESCENCIA VS. MADUREZ por Cristina Rivero, profesora de Lingua e Literatura Castelá. A primeira vez que leo Anagnórise teño, aproximadamente, a mesma idade que Nicolau. O feito de que unha persoa nada en Estremadura escribise en galego chamou a miña atención. Investigo un pouco sobre a súa vida e comezo a miña viaxe polo libro. Con abraio, deseguida advirto que María Victoria Moreno non só escribe na nosa lingua, senón que fai maxia con ela. E así é como... voilà! Acabo ocupando o asento de copiloto nun coche, tras facer autostop para chegar a Madrid. Sinto as mesmas inquedanzas que Nicolau, a súa rebeldía e enfado contra o mundo, e anhelo ter ao meu carón á muller que o recolle na autoestrada, que me escoite e me axude a comprenderme a min mesma, aínda que ás veces me resulte algo pesada e sabichona... Mais hoxe, tras ler Anagnórise de novo, son eu a que agarro o volante neste traxecto. E síntome coma ela: escoitando e facendo de conselleira, invitando á reflexión, freando a impulsividade e apelando á necesidade de contar ata dez en certas ocasións, promovendo a autocrítica... Si, agora son eu a “insoportable sábeotodo”. Porén, coido que os anos non conseguiron minguar a miña fantasía, nin as miñas arelas de soñar, nin a miña capacidade de sorprenderme ante finais inesperados... E este éo...


ESCRÍBELLE A UN MALTRATADOR

Se tiveses que escribir unha carta a un maltratador, que lle dirías? Esta foi a proposta feita no XIV Concurso de Cartas "Dillo a quen maltrata", organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade e tamén foi unha escusa para que os nosos alumnos e alumnas reflexionasen ante un problema social tan grave facendo simultaneamente un exercicio de valentía e un de estilo. Seleccionamos dúas cartas das que participaron no concurso. Ilustración: Verónica Luna Méndez


“Benquerido” maltratador: Onte vinte, e antonte, e a semana pasada e a anterior, sempre así. Non penses que son unha acosadora, é que coincidimos no transporte, só que ao mellor ti non te deches de conta, porque estabas moi ocupado, ocupado maltratando aquela mociña que te acompañaba. En verdade, eu non quería estar preocupada cando vos vin a primeira vez. Inmediatamente apartei a mirada. Sentastes moi perto, diante miña, concretamente. Primeiro nos vos fixen caso, eu estaba ao meu mirando pola ventá, despois empezastes a discutir e eu oía partes da conversa. Eu non quería, pero foime imposible deixar de escoitar, e máis aínda cando ti dixeches: “Ti farás o que eu che diga cando eu cho diga!” Alarmeime, pero cando estiven a piques de dicir algo, xa non estabades. Pasaron as semanas, vós seguiades sentando en fronte miña, ao meu carón, ou dous asentos máis atrás. Sempre coincidiamos. E sempre vos oía discutir. O susto do primeiro día non se repetira, e sempre actuabades como se fósedes unha parella normal. Poida que esteas agora dende o cárcere soltando unha morea de insultos contra min. Entereime do que pasaba unha noite cando encontrei a aquela preciosa rapaza que te acompañaba tirada na rúa, ferida. No momento non a recoñecín, pero ofrecinlle a miña axuda con gusto. Axudeina a levantarse (porque grazas a ti non podía nin iso) e conseguín levala ao centro médico. Ata o momento ningunha sospeita mais cando lle vin ben a cara, a identifiquei. Non lle preguntei por que estaba nese estado, cousa que ela agradeceu, pero si que nos fixemos amigas, e eu fun atando cabos: sempre viña cunha nova ferida ,que ela xustificaba dicindo que era torpe; cada vez que falábamos de ti, cambiaba de tema e sempre tiña medo dunha forza invisible que puidese aparecer. E agora, neste cachiño de carta que me queda, direiche que penses no que fas, a vida que destrozas con cada golpe, con cada insulto e con cada orde. Pensa que pasaría se foses tu o maltratado, a persoa que vive asustada e que non quere seguir vivindo porque alguén lle fai a vida imposible, pensa por unha vez na túa vida, nas consecuencias do que fas. Agora xa estás no cárcere, eu fun a que declarei na Policía. Espero que cando saias non volvas intentar o que xa fixeches, que penses antes de actuar. Despídome de ti , maltratador e de verdade espero que se algún día volvo dirixirme a ti, empece a carta cun “Benquerido ex-maltratador” Atentamente. A rapaza do autobús que non tiveches en conta. DANIELA ACEBEDO TORREGO, 2º de ESO


Seguramente cres que son a culpable de romper a relación. Nunca entenderás canto mal me fixeches. Sentinme inferior e perdín a miña autoestima, por iso es un maltratador. O meu maltratador. Estou escribindo esta carta porque quero que saibas das mazaduras que deixaches atrás. Só eu podo ver as miñas cicatrices. Sabes? Algunhas aínda están abertas e doénme moito: as ameazas, os nomes despectivos, a manipulación e que quixeses ter o control completo e incondicional sobre o que facía e con quen falaba... Todas esas cousas que me fixeche sufrir a diario facíanme sentir inferior e sen valor. As cicatrices polo teus abusos verbais e emocionais quedaranme para sempre. Pregunteime moitas veces como podía o home que amaba tratarme dunha maneira tan horrible. Amor e respecto foi o que me prometiche. O odio e a falta de respecto foi o que recibín. Deixei de facerme a mesma pregunta unha e outra vez cando me dei de conta de que a resposta non importaba. Quizais eras tu o que se sentía inferior e por iso querías que eu me sentise da mesma maneira. Pero non hai escusa cando se trata de violencia e aprendín iso da maneira máis dura. Nunca máis permitirei, nin a ti nin a ninguén que ameace o meu ser outra vez. Nunca estarei noutra relación envenelada con violencia psicolóxica. Ninguén o merece. Quero ser respectada e querida polo que son e non polo que vós queredes que sexa. Xa non me sinto inútil. Non sinto que non poda facer nada ben. Non me sinto fea e culpable pola miña forma de vestir. Non me sinto inferior aos homes, nin a ti. Admito que me puxeches difícil o de recuperarme. Foi difícil para min encontrar a miña autoestima. Nunca me quixeches de verdade. Como puideches? Agora estou libre de ti, e síntome moi ben. Non te odio. Sinto pena por ti e pola próxima muller que se cruzará no teu camiño. É a última vez que me escoitas… MARÍA POLLÁN DÍAZ, 3º de ESO


MEMES E CANTIGAS MEDIEVAIS O termo meme apareceu por primeira vez no ano 1976 no libro O xen egoísta do británico Richard Dawkins que o definía coma unidade teórica de información cultural, transmisible dun individuo a outro ou dunha mente a outra ou dunha xeración á seguinte. Actualmente é un termo utilizado en Internet para describir un formato audiovisual que permite expresar e transmitir de forma viral unha idea a través das redes sociais, noticias, blogues e outros servizos. Os memes máis habituais son os humorísticos pero tamén son un material moi bo para traballar a expresión escrita combinando unha imaxe que interactúa cun texto brevísimo . Cos memes literarios podemos traballar os recursos estilísticos (xogos de palabras, dobres sentidos, a ironía, hipérboles, metáforas..), a elipse e a síntese (esíxese moi pouco espazo), a rima así como aspectos da vida e obra dos autores en clave humorística. Iso mesmo fixeron os alumnos e alumnas de 3º de ESO coas cantigas medievais galego portuguesas. Se Martin Codax e compaña os ven...


ENTRADAS PARA UNHA FUTURA ENCICLOPEDIA DE SERES MÁXICOS PASTORICENSES Investigacións realizadas por alumnos e alumnas de 2º de ESO. APALPANÉBOAS.- Lugar e data de aparición. Nunha fraga de Gueimonde hai moitos anos. Descrición física. Ten o pelo branco referido á néboa e a cara conxelada de tanto frío que papa. As mans non teñen freba. Propiedades, habilidades, poderes. Cospe néboa e déixate conxelado se te metes con el. Tamén apalpa a néboa e fai figuriñas con ela. Por un prezo razoable modela a figura ao gusto de cadaquén. Outras características e/ou historias relacionadas con este personaxe. Aparece de súpeto e Garda Civil non o dá pillado. (Jacobo Lurigados Veiga) CANTANOITES.- Lugar e data de aparición. Segundo testemuñas, a primeira noticia da súa aparición tívose en novembro do 2005. Foi avistado pola zona da Pastoriza. Descrición física. Corpo de gato, patas vermellas, cabeza de coello e ollos verdes esmeralda. Propiedades, habilidades, poderes. Polas noites emite un canto semellante á canción Tú no metes cabra de Bad Bunny, que te atrae cara el. Cando sorprende a vítima atácaa co seu canto e despois a usa para atraer máis persoas para que o axuden a construír o seu tobo. Cando as súas presas xa non lle serven desfaise delas cun pontapé no cu. Outras características e/ou historias relacionadas con este personaxe. É imposible avistalo polo día posto que está agochado e non sae ata ben entrada a noite. Ao emitir o canto abre a boca todo o que pode e non a pecha ata atrapar a súa vítima. Ao chegar ao verán, desfai o seu tobo, por iso precisa da axuda dos humanos cada certo tempo. (Daniela Acebedo Torrego) CHOCOGATO.- Orixe. Nos contos populares bretoñenses. Descrición física. É un gato de chocolate que polo día é un gato normal e pola noite múdase nun gato de chocolate de tamaño dunha tableta de Nestlé. Propiedades, habilidades ou poderes. Converte as persoas en chocolate roéndolles un dedo e despois cómeas cun pouco de leite e churros. Outras características e/ou historias relacionadas con este personaxe. Polo día anda polas aldeas para escorregarse nalgunha casa e pola noite, convértese en gato de chocolate. O mellor amuleto contra o Chocogato é facerse cunha panteira rosa de peluxe e poñela a bailar unha muñeira. (Noelia Seco García)


CHUCHAPAPAS.- Orixe. Un conto popular de Vian. Descrición física. Ten o corpo dourado e longos cabelos loiros, os ollos azuis coma o ceo e unha mirada penetrante. Tamén ten unha enorme boca coa que absorve todo coma unha mangueira a presión. Propiedades, habilidades ou poderes. É un ser tranquilo e moi amigable. Sobre todo encántalle chuchar a xente. Hai que cantar unha canción de Bob Esponxa para que pare un pouco porque ás veces é algo pesadiño. (Laura Pérez Domínguez) LAMBERROCHAS.- Orixe. Lendas populares de Aldurfe. Descrición física. O Lamberrochas é un ser coa pel de cor marrón, un só ollo, orellas pequenas, brazos moi musculados e de cando en vez leva unha especie de pantalón con reixas. Propiedades, habilidades ou poderes. Cando se ve en perigo lambe unha rocha e transfórmase nunha, por iso é tan complicado velo. Hai algún caso en que o teñen visto converténdose en árbore. (Manuel Martínez Otero) PEIXELANDRA.- Orixe. Lenda de San Martiño de Corbelle. Data de aparición. Unha meniña chamada Xiana que atopou a historia nun vello papel dentro dunha botella soterrada ao pé da Igrexa de San Martiño. Descrición física. Ten forma de tiburón con ollos moi brillantes, semellantes a abelorios pero non soporta a auga. Está cuberto de follas de carballo. Propiedades, habilidades ou poderes. Vive entre as árbores autóctonas de Galicia e aliméntase de landras. As follas que o recobren serven de menciña para os nenos con tos. Outras características e/ou historias relacionadas con este personaxe. Para se achegar ao meniños que están tristes, que se senten sós ou que son orfos, asubía para captar a súa atención e bota unhas flores con cores que se imitan ao arco da vella e así sácalles un sorriso. (Marta Varela Peña)


DÚAS HISTORIAS DE SUSANA...

ILUSTRACIÓN DE VERÓNICA LUNA MÉNDEZ, BASEADA NA NOVELA "DEZ NEGRIÑOS", DE AGATHA CHRISTIE.

Susana esta sentada no sofá do seu salón, tan tranquila mirando a tele cando de súpeto escoita: "Ola". Asustouse e dixo: "Quen falou?" Volveu escoitar: "Estou aquí!" e Susana asustouse aínda máis. Viu que o neno da foto que estaba enriba da tele se movía. - Como é que falas e podes moverte?. preguntoulle. -Eu non son unha simple foto, son un neno que che vai conceder tres desexos. Susana non o creu e preguntoulle o seu nome. -Chámome Federico e xa que queres, vouche facer unha demostración. Pide un desexo. - Ti es feliz concedendo desexos?-preguntoulle Susana. - Non, non o son. respondeu Federico. Susana entristeceuse coa resposta e pensou nunha solución. - Federico, teño un desexo: quero que deixes de conceder desexos á xente para que sexas feliz. Federico, emocionado, fixo realidade o desexo de Susana e saíu da foto, volveuse de carne e óso e deulle unha aperta a Susana, saíu pola porta da casa e nunca máis volveu saber del. IRIA CASTRILLÓN LÓPEZ

Susana estaba sentada no sofá do salón da súa casa. Unha das fotos do aparador era unha imaxe dela na praia. Cando virou a mirada viu que se estaba movendo e que a nena da foto comezaba a dar pincharneiros. Susana levantouse rápido e colleu a foto. En canto a tivo nas súas mans notou que a fato a atraía para dentro. Alí saudou á outra Susana. A outra colleu medo e berrou pero a de carne e óso tranquilizouna e explicoulle a situación. Fixéronse boas amigas e xogaron toda a tarde ata que se fixo noite. Ao día seguinte, cando súa nai estaba a limpar o pó, viu que aquela foto tiña algo estraño. Había dúas Susanas en movemento! A nai agarrou a foto e foi tamén atraída por ela. Susana presentoulle a outra Susana e así pasou o día. Pola tarde, o pai de Susana non atopaba a súa filla nin a súa muller. Foi cara á sala e viu a foto onde estaban elas tres. A foto tirou por el e agora viven os catro felices: o pai, a nai e as dúas Susanas. LUCÍA GARCÍA SANDAMIL


Une belle chanson Quen dixo que unha canción non é poesía? Aquí temos un bo exempo co tema "Je veux" da cantantautora francesa Zaz. Grazas á tradución ao galego feita polos alumnos e alumnas de 2º de ESO, podemos gozar de "Eu quero" Donnez-moi une suite au Ritz, je n’en veux pas ! Des bijoux de chez Chanel, je n’en veux pas ! Donnez-moi une limousine, j’en ferais quoi ? Offrez-moi du personnel, j’en ferais quoi ? Un manoir à Neufchâtel, ce n’est pas pour moi. Offrez-moi la Tour-Eiffel, j’en ferais quoi ? Je veux d’l’amour, d’la joie, de la bonne humeur. Ce n’est pas votre argent qui fera mon bonheur. Moi j’veux crever la main sur le cœur. Allons ensemble, découvrir ma liberté. Oubliez donc tous vos clichés. Bienvenue dans ma réalité. J’en ai marre de vos bonnes manières, c’est trop pour moi ! Moi, je mange avec les mains et j’suis comme ça ! Je parle fort et je suis franche, excusez-moi ! Finie l’hypocrisie moi j’me casse de là ! J’en ai marre des langues de bois ! Regardez-moi, toute manière j’vous en veux pas. Et j’suis comme ça (j’suis comme ça). Je veux d’l’amour, d’la joie, de la bonne humeur. Ce n’est pas votre argent qui fera mon bonheur. Moi j’veux crever la main sur le cœur. Allons ensemble, découvrir ma liberté. Oubliez donc tous vos clichés. Bienvenue dans ma réalité.


Et voilà a versión en galego... Dádeme unha suite no Ritz, non a quero! Xoias de Chanel, non as quero! Dádeme unha limusina, que faría con ela? Ofrecédeme empregados, que faría con eles? Unha mansión en Neufchâtel, non é para min. Regaládeme a Torre Eiffel, para que a quero?

Zaz, na portada dun disco seu.

Eu quero amor, ledicia e bo humor. Os vosos cartos non me han facer feliz. Quero morrer coa man no corazón. Vamos xuntos á procura da miña liberdade. Esquecede todos os estereotipos. Benvidos á miña realidade. Estou farta de boas maneiras, son demasiado para min ! Eu como coas mans, eu son así! Falo a berros e son sincera, perdoade! Acabouse a hipocrisía, eu marcho de aquí ! Estou farta da lerias ! Mirádeme, así e todo, non vos quero mal. Eu sonvos así. Eu quero amor, ledicia e bo humor. Os vosos cartos non me farán feliz. Quero morrer coa man no corazón. Vamos xuntos á procura da miña liberdade. Esquecede todos os estereotipos. Benvidos á miña realidade. (Tradución realizada nas aulas de Francés, coordinada por Ana Campos Rey)


Amar en galego CUN MÁXIMO DE 350 CARACTERES VARIOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DE ESO (E ALGUNHA PROFESORA...) FIXERON AS SÚAS DECLARACIÓNS DE AMOR. A ESCUSA FOI O CONCURSO "LINGUA DE NAMORAR ORGANIZADO POLA CONSELLARÍA DE XUVENTUDE. AMOR E AS NOVAS TECNOLOXÍAS SON COMPATIBLES.

Iván López Fernández: Nunca esquecerei aquel día no que te vin na festa bailando unha bachata e comezaron a se me ensarillar as moscas polo meu corazón, coma as abellas facendo o mel. Miguel Ónega Nogueiras: Teño terras. Se ti queres podemos traballalas xuntos ata a eternidade. Nair Machado Losada: Moitas persoas din que estar namorada é unha parvada. Pois sinceramente, a min encántame ser parva. Iago Álvarez Vidueira: Ía no meu tractor e atopeite deitada nunha leira coas ovellas. De súpeto nos meus ollos reflectiuse a miña preciosa escavadora JCB chantada nunha finca coa lama ata a porta. Ainhoa Eiras Gallego: Dende que cambiache tanto deixache saír a persoa que de verdade es. Grazas por destrozar a miña primeira ilusión. Sandra Pena Iglesia: Fasme tanta falta coma a terra a unha árbore. Canto me saberían os froitos! María Pollán Díaz: -Quen se namore antes, perde. - Perdín. Claudia Rivas Seivane: Só quero dicirche que te quero. A verdade é que necesitaba facelo. Cando te vexo sinto coma se no meu estómago houbese un terremoto e as miñas cordas vogais fosen as árbores que caen.


Oda a unha picadora ... e seguimos co amor. Desta volta unha picadora inspirou a Carlos Machado Folgueira, de 1º de ESO. Esta é a súa orixinal proposta Picadora, picadora, que me picas a cada hora, ti es a que me conquista con ese ruído a todas horas. Con ese son tan bonito que se imita a unha zanfona, picas os regos do millo coa graza dunha mapoula. Cando te lavo estás enzoufada de lama Es boíña coma unha neniña Es amorosa coma unha rosa IDEA ORIXINAL DE JOSÉ ANTONIO AGUIAR E CARLOS MACHADO


HISTORIA DO PAPALOUZAS Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO, con moita paciencia, conseguiron información sobre o noso ratiño bibliotecario. Esmeralda enterouse de que naceu nunha aldea, na casa dunha velliña onde había moitos pratos que tiñan escritas pequenas historias e así aprendeu a ler. Andaba sempre á lea cun gato da casa e cansou del (iso do gato contoullo Papalouzas a Ricardo máis adiante) Un día quixo coñecer mundo e marchou da casa. Camiñou por vilas, bosques, cidades e montañas e chegou ao IES Fonmiñá. Explorou as aulas e corredores do instituto e atopou un lugar marabilloso, cheo de libros. Decidiu que ese sería o seu fogar. Iván sostén que cando marchou da aldea e se acubillou do frío nunhas caixas atopou unha gaita vella. Púxose a soprar no punteiro e escoitou un son, seguiu probando e así, ata aprender a tocar o instrumento tapando os furados. Pouco a pouco converteuse nun grande gaiteiro. Álex foi o primeiro en velo e describiuno tal cal o vemos na foto: agrisado, entrañable e moi timido, iso tamén o notou Raúl Rodríguez; Álex igualmente observou que era moi coidadoso cos libros e que os ordenaba e reparaba se os alumnos máis trastes os estragaban. Antía viulle a súa casiña agochada entre os andeis da biblioteca e tamén reparou que cada semana collía un libro para ler. Quixo quitarlle unha foto e non deu feito!


A Iria Castrillón contáronlle que cando remata o curso, Papalouzas e mais os seus curmáns quedan na biblioteca mirando por todos os libros e como é tan lector, pódedeslle deixar unha nota e recoméndavos lecturas. Pablo quíxolle tender unha trampa: nun recanto da Biblioteca, el e mais Brais puxéronlle un pouco queixo curado de cabra e unha cunca de Ribeiro para pillalo. Picou e Pablo pillouno polo rabo, o ratiño asustouse moito pero despois se calmou e conseguiu que lles contestase a algunhas preguntas. Entón Yaiza colleu a gravadora e Papalouzas contoulles o moito que lle gustaba tocar a gaita e ir despois cos amigos tomar un bo prato de xamón e queixo ao comedor. Entre as súas lecturas favoritas están a poesía galega e os libros de aventuras. A Xairo contoulle que lle encantaba Roahl Dahl e que quería bater o récord de ser o rato máis lector do mundo. Xairo tamén o ten visto polas festas por Bretoña, Muimenta, Crecente, Álvare..., así que é tímido para o que lle convén. Lucía, que quere sabelo todo, para que lle dixese se tiña moza, prometeulle un anaco de queixo cada día se llo contaba. Convenceuno e confesoulle que andaba tras dunha ratiña presumida que vivía no laboratorio de Bioloxía pero a el gustáballe máis estar na Biblioteca. Segundo Iria Trashorras, o que máis lle amola é o gato que teñen de mascota os de 4º de ESO porque lle comía o seu queixo! A Jesús díxolle que non soportaba as fotos, nin os gatos que se crían máis intelixentes ca el, nin deixar un libro sen rematar. A Carlos tiroulle migallas de pan e faragullas de "Doritos" dende os andeis pero despois recolleunas antes de que Roberto fose limpar.


RETRATO CHINÉS DE

ANTÍA OTERO

POETISA, EDITORA E ACTRIZ, ANTÍA OTERO ESTIVO CANDA NÓS PARA NOS FACER AMAR A POESÍA

Se eu fose un animal, sería un cervo Se eu fose unha flor, sería un tulipán Se eu fose un poema, sería o que aínda non escribín Se eu fose unha película, sería Vivre sa vie de Godard Se fose un perfume, sería un cítrico Se fose unha palabra, sería calquera coa que se poda tomar a palabra Se fose unha música, sería a que se escoita nunha aldea ao caer a tarde. Se fose un baile, sería o que facemos nas accións cotiás.

Se fose unha cor, sería o verde-azul Se fose un cadro, sería un de Georgia O'keeffe Se fose unha marabilla, sería as primeiras palabras da miña filla Se fose un nome, sería un propio Se fose un sentimento, sería o asombro Se fose un instrumento musical sería unha pandeireta Se fose unha comida, sería a que se come nas celebracións familiares Se fose unha bebida, sería auga Se fose unha estación do ano, sería primavera Se fose unha cidade, sería a luz de Lisboa PRECIOSO, ANTÍA!


Versos para pegar nun cartafol As princesas son nenas ou mulleres liberadas

SANDRA PENA IGLESIA

Nin as bonecas son de nenas

Noelia Seco García

nin os balóns de nenos

bre i l oa a s r e p itan a h n le qu u s ái ue l de m q a e Val ue as liberd q V

A

N

A ES

FO

A IR E U LG

CO

So C L A U D n I te igu A R I V ña al A m qu S S E I en e o V os s d A N E ou em m ai áis s

O US

PAXAR N O S S LERE AR EN L O U V M N AS UERE QUE Q IBERDADE L

OS

vo ópez No Ainoa L

HA IU NH AP CA ALA DA PE NS BRA P AM Jaco EN ARA bo Lu TO rigad

Un animal non ten a palabra, fala por el! Ti es o pai ou a nai do teu destino Pablo Díaz Lage

os Ve iga

Ainhoa Eiras Gallego

Os nosos pensamentos móvense pola mente coma pombas polo ceo Iván López Fernández

aiola g a s o n a de é A socieda a Otero Carl


Eu non teño medo! É o título dun poema de Mª Victoria Moreno, incluído no seu volume Eu conto, ti cantas. Os alumnos e alumnas de 1º de ESO recrearon os seus versos falando dos seus medos. Velaquí algúns exemplos. Anque un día pasei ben medo coas bruxas, cos leiróns e co "Papón", souben axiña que non había que ter medo Cando apago a luz da habitación nace a tenrura da calor da cama que é moi agradable e non dá medo. Raúl Rodríguez Fernández Anque cando era pequeno pasei ben medo coas bonecas, cos asasinos e co "Jeff de Killer", souben axiña que todo se pode queimar Cando incinerei a boneca nace unha PS4 que é unha consola fascinante e non dá medo. Ricardo Legaspi Alba Anque eu pasei ben medo coas arañas, coas lagartixas e coa escuridade, souben axiña que non tiña que ter medo. Cando se apagan as luces nace a tea de araña fina que é algo moi bonito cando se enchoupa e non dá medo. Antía Fernández Ónega


Anque antes pasei ben medo coas bonecas, cos tronos e cos oubeos dos cans, souben axiña que todo había pasar. Cando o medo nace, todo o sospeitoso aparece que é a brisa do vento mais non dá medo. Noa García Teijeiro Anque unha noite pasei ben medo coas sombras, cos ruídos e co tic-tac do reloxo, souben axiña que podía estar tranquila. Cando se apagan as luces nace a inquietude que é intensa mais non dá medo. Yaiza Prieto Fernández Anque cando era pequeno pasei ben medo coas sombras, cos ladróns e co ruído da noite, souben axiña que non pasaría nada. Cando morre a claridade nace o medo, que é un soño mais non dá medo. Raúl Fontela Mourelle

Anque ía con meu pai pasei ben medo coas xatas, cos cans e co raposo, souben axiña que non facían nada. Cando acendo a lanterna nace un novo mundo que é sombrío mais non dá medo. Pablo Arias Morán

Anque cando era pequeno pasei ben medo coas arañas, cos ladróns e co vento que bruaba por baixo das portas, souben axiña que non tiña por que agocharme. Cando quedas a escuras nace o medo que produce algo que non gusta a ninguén mais non dá medo. Iker Otero Legaspi Anque unha noite pasei ben medo coas luces encesas, cos ladróns e co pallaso, souben axiña que pronto me pasaría. Cando as sombras axexan nace o medo que é sombrío e frío mais non dá medo. David Miragaya Méndez


REFLEXIÓNS DIANTE DUNHA FILLOA As filloas da miña avoa teñen un segredo. Son amarelas coma a forza das cores que ten o solpor, son brandas coma as esponxas e suaves coma as nubes. Teñen un arrecendo que me recorda ao campo. A xente veas e debúxaselles un sorriso no rostro. Iso é marabilloso! O segredo das filloas da miña avoa non o podo revelar... MARTA VARELA PEÑA A filloa que máis me gustou foi a que comín na casa da miña avoa. Era redonda coma unha diana, amarela coma a xema dun ovo. Estaba riquísima. Cando a probei converteuse na mellor filloa do mundo. O primeiro anaco papeino moi rápido e pesoume tragalo así porque me quedou un sabor moi bo na boca. Era moi esponxosa e o segundo anaco comino moi amodo, dábanme ganas de volvela para a boca coma se fose unha vaca rumiando. Acabeina, collín outra, pero xa non sabía igual... IVÁN CORBELLE VIDAL Filloas, que son coma un sol, que saben tan ben que fan que che caian as bágoas. As filloas da avoa, recén feitas, inda quentes. Con azucre, con chocolate ou con mel. Eu quero aprender a facelas en torres, a facer a masa e a fritilas. Saborealas aos poucos, sen présas. De calquera forma, cadradas ou redondas. Comeríaas ata estoupar! As filloas, mundo de sabores, mundo de olores. Non costa cociñalas... A sensación dunhas filloas que baixan pola gorxa... mmmh... Filloas quentes, filloas frías, filloas doces, filloas salgadas, ou mesmo de sangue, todo un mundo! O importante e gozalas. NICOLÁS ACEBEDO TORREGO.


POEMA DADร FEITO POLOS ALUMNOS/AS DE 4ยบ DE ESO


Ilustración realizada por MªAnxos Corredoira Díaz

ATÉ OUTRA, AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS! EDICIÓN IMPRESA: GRÁFICAS PRELO (LUGO)


Árbore do xardín do IES Fonmiñá


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.