Petiscos 8

Page 1

Bis


B.M.F

QUEN SON OS “CULPABLES”? Coordinación xeral e maquetación: Belén Martín Franco (Coordinadora do ENDL) Coordinación lingüística: ENDL do IES Fonmiñá. Ilustracións: Laura Iglesias López, Verónica Luna Méndez, Carla Francos Oseira, Belén Martín Franco. Edición impresa: Gráficas Prelo (Lugo)

MILLEIROS DE GRAZAS A: Aos compañeiros e compañeiras, que fostes acosados sen piedade pola coordinadora, pola vosa colaboración con artigos ou polo material facilitado para a elaboración dalgunha das seccións. A Laura Iglesias López e Verónica Luna Méndez, polas súas ilustracións; a Carla Francos Oseira, por deixarse roubar a súa espiral de Teodoro realizada nas aulas de Matemáticas; a Laura Pérez Domínguez polas probas tipográficas realizadas para o título da portada. A Anxo Núñez Castro, pola súa axuda na maquetación. Aos demais alumnos e alumnas do IES Fonmiñá que colaborastes en Petiscos de xeito individual ou en grupo.


ESPIRAL DE TEODORO, por Carla Francos Oseira (4º de ESO)

ÍMOSCHE CONTAR MOITAS COUSAS: Dous microrrelatos contra a violencia machista 4-5 Mª Anxos Corredoira Díaz, Victoria A. Veiga Maseda, Laura Iglesias López (ilustración) Receitas contra a violencia machista 6-7 Alumnos e alumnas de 1º de ESO Galiciencia 2016

8-9 Eva María López Vázquez

Un ollar matemático 10-11 Covadonga García-Losa Greguerías da Fonte Miñá 12-13 Pablo, Claudia, Iago, Victoria, Martín, Ainhoa, Iván, Belén Martín Franco (ilustracións) Trobas pastoricenses 14-15 Alumnos e alumnas de 3º de ESO Patinaxe 16-17 Jorge Moreno Castro Curiosidades varias 18-19 Iván, Mª Anxos, Diego, María, Yeray, Sandra e Naír (2º de ESO) A Galette des Rois 20-21 Ana Campos Rey Estas son Silvia e Zobaida 22 Pais e nais comprometidos 23 Pasatempos galego/ inglés

Monse Castro Guerreiro, Laura Iglesias López (ilustración)

24-25 Eva, Hugo, Ainoa, Suso, Laura, Otero, Nerea e Borja (4º de ESO)

Crónica dunha visita ao Parlamento Galego 26-27 Alumnos e alumnas de 2º de ESO “O mundo que queremos”

28-29

Cavilacións antes dunha viaxe 30

Maribel Valiela Pérez e Uxía Logilde Iglesia Alumnos e alumnas de 4º de ESO.

Despois da viaxe 31 Correlingua 2017 “O galego, sen cancelas” 32-33 Belén Martín Franco Balance Letras Galegas 2017 34-35 Belén Martín Franco Cartafoles Máxicos 36 Matilde Arrizado Yáñez.



DOUS MICRORRELATOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA Os alumnos e alumnas de 2º de ESO redactaron uns microrrelatos sobre un tema pouco atractivo pero lamentablemente moi real na nosa sociedade. O pretexto para pedírllelos foi un concurso organizado polo Concello de Burela e varios deles animáronse despois a enviar as súas creacións. Seleccionamos dous para a revista pero TODOS os textos sen excepción son merecedores de loanza porque hai un punto en común en todos

eles:

a

súa

honestinade

e

firmeza

na

condena

do

maltrato

ás

mulleres.

B.M.F.

Ilustración da páxina anterior: Laura Iglesias López (4ºA)

por Mª Anxos Corredoira Díaz Todo estaba ben, os dous compartiamos a chave da gaiola. A gaiola sempre estaba aberta para que os paxaros puidesen saír e entrar libremente. Alí amontoaban unha morea de flores, todas con cores alegres. De súpeto, algo cambiou. O ceo tornárase gris, as fermosas aves agora eran voitres e corvos que traían cadeas no bico e todo isto dende que el me pechara na gaiola. Preguntáballe por que non se metía comigo nela, pero el berrábame ofendido. Así e todo eu amábao, tiña que ser unha mala racha. Co tempo usou as cadeas en contra miña, pegábame e dicíame que non valía nada. Eu choraba, non podía máis, quixen forzar a porta da gaiola, quería saír, pero non daba. Tempo despois vin ao lonxe unha gaivota. Era branca, fermosa, e fixo que me alegrase un pouco. Había tempo que non vía un paxaro tan ledo. Achegouse a min, miroume e preguntoume o motivo das miñas feridas cargadas de dor. Decidín calar e dicir que fora eu mesma. Creume. Un día xa non podía máis e decidín chamar á gaivota para que me axudara a saír, e así o fixo, roubou a chave da gaiola e fuxín voando con ela. El viume e quixo poñerme pesos nas ás, pero xa era tarde. Eu era libre e el quedou pechado na gaiola, agora tocáballe a el. por Victoria Andrea Veiga Maseda Non hai moitos anos, na galaxia Desigualdade, un grupo de rapazas presenciaron como un mozo lle pegaba a súa parella por non querer collelo da man. Elas, impresionadas e presas polo medo, non fixeron nada. Non foron quen de esquecelo, así que decidiron loitar contra ese individuo. As cinco, Ledicia, Fortaleza, Paz, Unidade e Razón remexeron terra, mar e aire para dar con aquela rapaza. Atopárona e a moza contoulles todo o que ocorría. O seu mozo, Abuso, non lle permitía tomar as súas propias decisións e, se o facía, maltratábaa de xeito físico e verbal. As seis rapazas decidiron tomar medidas. Logo dun longo proceso lograron meter a Abuso no cárcere por moitos anos, asegurándose de que non lle volvería a facer dano a ninguén. Mais non quedaron satisfeitas… Sabían que a súa amiga, Decisión, non era a única que pasara por iso e que moitas outras rapazas aínda o sufrían. Así que Decisión se uniu ao grupo, igual que todas as persoas de Desigualdade que foron axudadas, e todas as que non o precisaban, para erradicar de vez ese noxento fenómeno chamado Maltrato. Comezaron sendo cinco e agora xa perdemos a conta! Poucas cousas coñecemos delas, pero o que si sabemos é que o seu poder é imparable e que o grupo se deu en chamar IGUALDADE.


RECEITAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA Coas receitas destes chefs de categoría que temos en 1º de ESO, poderiamos previr esta peste que nos invade desde a noite dos tempos. Bo proveito! B.M.F.

DA COCIÑA DE NICOLÁS, MARTA E CARLOS. PREPARACIÓN INGREDIENTES: * 500 grs. de AMOR * 6 BICOS LIBRES DE CHANTAXE EMOCIONAL * 250 grs de CONSOLO. * 100 grs de RESPECTO. * 3 culleradas repletas de IGUALDADE * 1 l de COMPRENSIÓN con 0’0% de ABUSOS * 1 sobre de CONFIANZA * 200 grs. de RISAS * DOZURA en Pó

Comezamos botando o AMOR nun cunco. A seguir verquemos a CONFIANZA, a COMPRENSIÓN libre de ABUSOS e remexemos con TOLERANCIA ata que quede unha masa sólida. Deixamos repousar e incorporamos os BICOS e a DOZURA á masa. Engraxamos un molde co RESPECTO, botamos a mestura cocemos ½ hora a 180º. Retiramos do forno e deixamos arrefriar un chisco. Espolvorexamos coa IGUALDADE e decoramos co CONSOLO e coas RISAS.

SUXESTIÓN DOS CHEFS: engadide unhas virutas de LIBERDADE. Quedará deliciosa!

DA COCIÑA DE MARYAM, IKER E DAVID LUACES.

INGREDIENTES: * 1 Kg. de RESPECTO. * 200 grs. de AMOR * Unha taza de BICOS * ½ Kg. de APOIO. * 1 sobre de IGUALDADE. * 2 culleradas de CONFIANZA

PREPARACIÓN. Botamos o AMOR e mais o RESPECTO nun cunco. Batemos con moito AGARIMO. A seguir, engadimos os BICOS. Amasamos e deixamos medrar a masa do AMOR un tempiño. Engadimos a IGUALDADE mesturada coa CONFIANZA e batemos todos os ingredientes xuntos. Metemos a masa no forno e deixamos cocer amodiño durante TODA A VIDA .


DA COCIÑA DE IVÁN, DANIELA E DAVID MIRAGAYA. INGREDIENTES:

PREPARACIÓN.

* ½ Kg. de AMOR

Primeiro poñemos o AMOR cocer amodiño durante 15 minutos. Entrementres mesturamos nun cunco a IGUALDADE co RESPECTO.

* 40 grs. de RISAS

Cando o AMOR estea ben feitiño engadímolo no cunco xunto coa IGUALDADE e o RESPECTO. Batemos con delicadeza.

* 2 onzas grandes de DOZURA *1 kg. de IGUALDADE

Forneamos arredor de 30 minutos . Cando vexamos que a masa estea ben cocida, retirámola e

* 1 vaso de RESPECTO

deixamos arrefriar un chisco.

* Uns cantos AMIGOS que te apoien.

Fundimos a DOZURA coa RISA e remexemos.

* Un sobre de CONFIANZA libre de CIÚMES.

Decoramos con ALOUMIÑOS de cores varias.

* Boliñas de ALOUMIÑOS de cores variadas.

CONSELLO DOS CHEFS: practicade moito esta receita para un mundo libre de violencia

machista.

DA COCIÑA DE NOELIA, RAÚL E JOSÉ ANTONIO. CONSELLO DOS CHEFS: practicade moito esta receita para un mundo libre de violencia

INGREDIENTES: machista. * 1 kg. de RESPECTO. * 2 tazas de AMOR * 1cullerada de TOLERANCIA * 200 ml. de DIÁLOGO

PREPARACIÓN: Depelicar ben o RESPECTO e tirar ao lixo as pelas de AGRESIVIDADE. Romper a casca do MEDO e salferir o AMOR con moito AGARIMO. Mondar a SUMISIÓN e os pelexos, para os cochos! Nunha tixola botamos o DIÁLOGO e engadimos o RESPECTO. Cando pasen 2 minutos, verquemos o AMOR coa TOLERANCIA. Deixamos cociñar con DOZURA un bo anaco.

* LIBERDADE ao gusto.

CONSELLOS DOS CHEFS: bota moita LIBERDADE, saberá moito máis rica!


Sandra:“Igual que a Claudia, gustoume moito a charla do tubo e tamén o proxecto dos insectos.”

Victoria: “O meu proxecto preferido? Sen dúbida, o de resucitar insectos”

Naír:“A min, os mandalas”

María: “a charla do tubo, a miña preferida” Diego: “gustoume moito a charla do tubo porque me pareceu moi interesante e unha maneira moi curiosa de escoitar música e de quentar o caldo ao lume”

Iago Álvarez Vidueira: “O meu proxecto preferido foi o dos máis pequenos: o método para facer as mellores pompas”

Ainhoa: “ a charla do tubo e os proxectos, o mellor; o peor, que había algo de desorganización porque eramos moitos.”

Martín ten cara de telo pasado moi mal…


Por Eva María López Vázquez, profesora de Bioloxía e Xeoloxía. O mércores, 16 de novembro de 2016 os alumnos e alumnas do IES Fonmiñá, xunto cos do IES Enrique Muruais (A Pontenova), asistiron á maior feira científica de Galicia que se celebra todos os anos polo mes de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e que está patrocinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores/as. Arredor dela, organizáronse tamén actividades paralelas, coma un obradoiro e unha charla relacionada co tema cume deste ano: as matemáticas. Na charla os alumnos descubiron a importancia das matemáticas na nosa vida. Foron conscientes de que todo está relacionado con números, dende as supersticións ata a música, pasando polos canons de beleza de Leonardo da Vinci, ou os estudos realizados sobre o número de parellas que unha persoa debe de ter antes de encontrar a ideal. Tamén falaron do tubo de Rubens, un aparello que amosa as variacións de presión en forma de onda transversal, visualizándoas a través do gas propano. Para Yeray, Eduardo, Martín e Jacobo, de 2º de ESO, o momento en que a música pasaba a través do tubo e modificaba a lonxitude da chama foi sen dúbida o mellor de toda a actividade.

Con todo, o que máis éxito tivo entre os asistentes foi a carpa onde rapaces e rapazas da mesma idade ca eles e mesmo máis pequenos, presentaban os seus propios proxectos. Pablo Alonso Cordero, de 2º de ESO, quedou encantado porque “facían cousas moi chulas e coñecín moita xente”.


?

A que non vedes o TEOREMA DE PITÁGORAS? :P

Disque hai de todo…

EUREKA!! …caso é atopalo…

Onde está Wally, perdón, onde está

?

Xuntanza de sabios de 1º de ESO debatendo sobre as elipses.


UN OLLAR MATEMÁTICO… Por Covadonga García-Losa, profesora de Matemáticas.

Durante o mes de novembro tivemos no centro a exposición de fotografía Unha mirada matemática , por cortesía do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo. Dende o Departamento de Matemáticas xa tentaramos hai catro anos de conseguila, pero non houbera forma de establecer contacto cos responsables da mesma... Este curso, e grazas á boa xestión de Eva, a profesora de Bioloxía, por fin veu para nós! Leva razón ese refrán de “ten un amigo ás portas do inferno”… E se xa costou conseguila, máis costou manter as fotos penduradas! As fotografías caían seguido... Que llo digan a Anxo, que cada día pasaba revista a primeira hora! “Hoxe, dúas…, debe

ser o sol; hoxe… unha, pero xa case está controlada; hoxe… ningunha, por fin!!...” As imaxes da exposición son obra de Nieves Díaz Fernández, profesora de Matemáticas e tamén excelente fotógrafa. A través delas puidemos descubrir o que é capaz de ver o ollo guiado por unha mente instruída nas matemáticas: pentágonos, octógonos, poliedros estrelados, ata o número Pi, e tampouco non podía faltar… o teorema de Pitágoras! Como adoitan facer, as alumnas e alumnos do centro responderon fenomenal á actividade planificada, buscando activamente as respostas do cuestionario preparado polo departamento de Matemáticas co obxectivo de aproveitar a exposición a fondo. Boa mostra son as fotos dos rapaces en plena faena, ollade con que afán facían o traballo. Así dá gusto! En conclusión, MATEMÁTICAS!

Sssshhh…, non me desconcentredes!

por

se

aínda

non

vos

decatastes,

ESTADES

ARRODEADOS

DE


GREGUERÍAS da Fonte Miñá SE O REI É DE SANGUE AZUL LOGO É QUE NON TEN BOA CIRCULACIÓN. (Pablo Alonso Cordero)

ONTE ESTIVEN TRISTE: O MEU CAXATO NON ME QUIXO DAR APOIO (Claudia Rivas Seivane)

POLO INVERNO AS NUBES MAQUILLAN O SOL CON PÓS BRANCOS DE NUBES E SOMBRA DE ROSADA (Mª Anxos Corredoira Díaz)

O OITO É COMA ESPERTAR CADA MAÑÁ E VER NO GALIÑEIRO DOUS OVOS ESCACHADOS (Iago Álvarez Vidueira)


CANDO UNHA VACA FAI MUUUUU, QUERERÁ QUE A MUUUUUXAN? (Ainhoa Eiras Gallego)

UNHA MINA SEN OS SEUS CABELOS DE OURO NON É NADA (Iván López Fernández)

AS BOTAS SON OS TÚNELES DE ONDE SAEN OS PÉS (Martín López González)

OS CAMIÑOS VELLOS AGOCHAN SEGREDOS NOVOS (Victoria Andrea Veiga Maseda)

Ilustracións: B.M.F.


O PERGAMIÑO DA BIBLIOTECA FONMIÑÁ As cantigas de escarnio e maldicir foron un xénero poético que gozou de grande éxito na Galiza medieval. Nelas facíanse burlas contra todo e todos cunha soa intención: facer rir á xente. Recentemente foi descuberto un pergamiño do século XIII na Biblioteca do IES Fonmiñá, que contén tres cantigas de escarnio e unha tenzón (dicusión dialogada entre dous poetas sobre un tema), a antecesora das nosas regueifas. Gozade das trobas! (B.M.F.)

Em Crecente num souto mora um velho velhouzo

Um crego havia em Bretonha

que há bico de corvo.

que o chubasqueiro non puxo

Nom é nada decente

e choveu que se descopuxo.

este velho de Crecente

O dia escampou

O velho lareteiro

e a amiga escorrentou

con ideas de bombeiro

O crego dúas amigas tinha

mete a lingua no caldeiro.

e a uma agasalhou

Nom é nada decente

ca lle picaba uma formiga

este velho de Crecente

O dia escampou

Este vello toleirám

e a amiga escorrentou

é tam folgaçám

Despois de se arremolhar

que non sabe ganhar seu pam.

a abadessa pregadora

Nom é nada decente

O dia escampou

este velho de Crecente

e a amiga escorrentou

Dona Ainoa Lopes de Novo Dona Carla, Condesa de Loboso Dona Vanesa da Folgueira

acabou sendo pecadora.

Davizinho Paadeiro Paulo de Corvelhe.


Tenzón entre Braisinho de Álvare e Dom Martin, conde de Vian. O Barça é o melhor, xoga sempre com amor. Messi é mui bom, leva o equipo no coraçom

-

Dom Martin, non levades

com muito esqueimor E ele o aceitou.

o Madrid é o campiom. Dom Cristiano é número

que gran mamarrachada.

um,

Cre que causa risa.

melhor ca nenhum.

Dom Brais, non concordo com vosco: os do Madrid son uns ladrós! Jordi corre moito

-

um papel lhe outorgou

Que actor, que trapalhada,

razón,

-

A Dom Santiago Segura un produtor

Cre que causa graça. Aburre coma estar na misa quando o cura canta.

Que actor, que trapalhada,

sejam as sete ou as oito.

que gran mamarrachada.

Escusádeme, amigo

Dona Tanja Garcia de Francos.

Martin, o Barça semelha purín Benzema é calvo mais sempre dá no cravo.

Dona Verónica, condesa de Luna


Selección de patinaxe en liña do IES Fonmiñá

Os mellores!!!

Oioioioioioioioooiiiiiii!!!...


PATINAXE EN LIÑA por Jorge Moreno Castro, profesor de Educación Física

Este ano os alumnos e alumnas de 2º curso de ESO tiveron que afrontar unha unidade didáctica novidosa e diferente nas aulas de Educación Física: a patinaxe en liña. Para a maioría deles era a primeira toma de contacto cos patíns. Antes de comezar coas clases, todos os alumnos fixéronse cos seus patíns en liña, modelo fitness, ademais das protección (indispensable!) para non se mancaren en caso de caídas: casco, pulseira, cobadeira e xeonlleira. Nas sesións iniciais contamos coa colaboración de Álvaro Aldariz, o monitor que imparte clases de patinaxe nas Escolas Deportivas do Concello de A Pastoriza. O proceso de aprendizaxe foi un chisco máis longo ca noutras actividades. Para algúns resultaron todo un reto as primeiras sesións, mais coa práctica, pouco a pouco comezáronse a ver os resultados. Canto máis control dos patíns ían tendo, máis lles medraba a ilusión e o interese por seguir aprendendo. Ao remate da unidade puiden ver que a patinaxe en liña resultou ser unha actividade moi divertida e atractiva para todos, na que os rapaces o pasaron en grande e lograron ter un nivel básico nas habilidades de progresión, xiro e freada. AIIINS, QUEN ME MANDARÍA!..


Curiosidades da vida POR QUE AS VACAS PODEN SUBIR ESCALEIRAS E NON BAIXALAS? Por Iván López Fernández. As vacas, efectivamente, non poden baixar escaleiras porque os seus xeonllos non son capaces de se dobrar con xeito para baixalas. Ademais son animais moi pesados e case todo o seu peso está concentrado na parte traseira por mor dos ubres que as empurran cara abaixo bloqueándolles os xeonllos. Outras das causas que se din é que poden sufrir de vertixe e por iso non poden baixar…

OS CD FORON DESEÑADOS PARA RECIBIR 72 MINUTOS DE MÚSICA PORQUE ESA É A DURACIÓN DA 9ª SINFONÍA DE BEETHOVEN por María Pollán Díaz. No ano 1974 o director de Philips, Lou Ottens, tomou a iniciativa de crear un disco de audio óptico cun diámetro de zoom cunha calidade de son superior á dos discos de vinilo. En 1977, os directivos estableceron un laboratorio coa misión de crear ese disco dixital. No canto de porlle 20 cm de diámetro, poríanlle 11’5cm. Norio Ohga, un executivo de Sony, pediu que os CD tivesen 74 minutos de duración para que neles collese a 9ª Sinfonía de Beethoven. Philips insistiu en que o disco debía coller nos petos e con esas medidas era imposible. Pola súa parte, os executivos de Sony mediron unha chaqueta norteamericana, unha europea e unha xaponesa.: “Non hai petos de menos de 14 cm, non hai problema”- concluíron. E así foi como se fixeron os CD de 74 mn. Grazas, Beethoven!

AS FORMIGAS NON DORMEN por Mª Anxos Corredoira Díaz. Un rumor espallado pero falso. As formigas en realidade dormen, é máis, botan arredor de 250 sestas ao día, e segundo o tipo de formiga, a duración da sesta varía. As formigas obreiras botan sestas de 1 minuto, o que pode parecer pouco, pero para elas equivale a arredor dunhas 5 ou 6 horas! As formigas raíñas botan sestas de 6 minutos, que equivalen a 9 horas. Todo isto fano para distribuíren o tempo da mellor maneira posible e traballar seguido. En conclusión, no mundo das formigas acontece case o mesmo ca no dos humanos, os obreiros dormen menos e as raíñas descansan coma o que son, raíñas.

O NOME DE WENDY INVENTOUSE NO LIBRO PETER PAN por Sandra Pena Iglesia. Moita xente pensou que James Matthew Barrie, máis coñecido coma J.M. Barrie, creara o nome de Wendy na súa novela Peter Pan. En realidade, isto non é certo porque xa se usaba antes nos Estados Unidos e Inglaterra, aínda que era un nome raro e poucas mulleres se chamaban así. Barrie puxo o nome de Wendy a un dos seus personaxes porque na súa época os nomes galeses, como é o de Wendy, comezaron a poñerse moi de moda en Inglaterra. A novela Peter Pan fíxose moi famosa polo que se popularizou o nome de Wendy. Conclusión, Wendy xa existía antes de Peter Pan.


OS DESTROS VIVEN UN PROMEDIO DE NOVE ANOS MÁIS CA OS ZURDOS por Yeray Lorenzo Darriba Mentira! Aínda non se sabe ciencia certa. O que si é verdade é que, como zurdo que son, é que os manechos vivimos nun mundo feito para destros. Dende pequenos, todo e todos nos fan lembrar a nosa condición e fannos crer que somos torpes e tardos. En 1991, Holpern e Coren publicaron un estudo que dicía que os coxenos vivían menos que os destros. Das 987 mortes que analizaron, comprobaron que os zocatos morrían a unha media de idade de 66 anos fronte aos 75 anos dos destros. O curioso é que as mortes non eran naturais, senón accidentes laborais ou de conducción. Isto é posible, porque os cochainos vivimos nun mundo con aparellos deseñados para destros, por iso temos máis risco de sufrir accidentes laborais e de circulación. O feito de que os sinistros vivan menos que os destros é un falso mito, de feito hai outros estudos que afirman que os viven máis anos. Eu penso que os xergos viven o mesmo que os destros e os ambidestros, só que teñen máis dificultades para o día a día.

OS CROCODILOS NON BOTAN A LINGUA por Naír Machado Losada. Os crocodilos teñen unha lingua grande e carnosa, que se atopa unida ao padal en toda a súa extensión por unha membrana, de xeito que non poden movela máis duns centímetros. Por este mesmo motivo, os crocodilos non poden mastigar e teñen que cortar a súa presa, sacudíndoa e esnaquizándoa cos dentes. Teñen unha mandíbula poderosa e uns dentes filosos cos que arrastran a presa debaixo da auga até afogala. Cando son novos aliméntanse de caranguexos, insectos e ras. Os adultos comen peixes e animais mortos. Para atrapalos permanecen horas á espera. En conclusión, que os crocodilos non podan botar a lingua non ten que ver con que teñan unha boca xigante, senón a que está unida ao padal.

OS LOSTREGOS MATAN MÁIS QUE AS ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS por Diego Seco Barreira. Os lóstregos matan moito máis que as erupcións volcánicas porque poden caer en calquera lugar avisando só coa aparición de nubes de tormenta. Ademais, se cae un lóstrego sobre unha persoa que esta ao teu carón, pódeche afectar a ti tamén. Estes fenómenos deixan máis de 200 mortos por ano mentres que as erupcións dos volcáns non sempre ocorren todos os anos, e cando ocorren, hai distintos sinais que as anuncian. Os lóstregos tamén devoran todos os anos unha media de 120 hectáras de árbores e praos de herba. Tamén cobran moitas vidas animais. Aproveito de paso para desmentir algúns contos como o de que cando che cae un raio e non morres, tes que te enterrar para descargares a electricidade. Isto é falso: o raio é instantáneo e a electricidade vaise tan rápido do corpo como entrou.


As SSMM, Dona Andrea e Don José Juan

Mmmmmh…, quel délice!


A GALETTE DES ROIS Por Ana Campos Rey, profesora de Francés A galette des Rois é un doce tradicionalmente vendido e consumido en Francia o 6 de xaneiro, para festexar a a Epifanía dos Reis Magos. Ten a súa orixe nas festas saturnais romanas, cando era costume xogar a invertir os papeis e así conxurar os días nefastos de Saturno. Durante estas festas, que tiñan lugar cara a finais de decembro ou a comezos de xaneiro, os romanos designaban un escravo como “rei por un día”. En cada familia romana pudente realizábase un banquete e empregaban unha faba agochada nun pastel para elixir ao “príncipe” das Saturnais (ou da desorde). Este costume axudaba a mellorar os lazos domésticos e daba ao “rei por un día” o poder de levar a cabo todos os seus desexos durante unha xornada, como por exemplo, darlle ordes ao seu señor, antes de volver á súa vida servil. Con todo, o escravo debía de ter coidado co que desexaba, posto que ao día seguinte podería haber represalias por parte dos seus amos. Para asegurarse de que o pastel se repartía ao chou, era costume que o rapaz máis novo da casa se colocase debaixo da mesa e fose nomeando a quen lle tocaba o anaco que cortaba o anfitrión. Aínda que a tradición da galette (similar á do noso rosco de Reis) nada ten que ver coa relixión, hoxe en día está fortemente vinculada á celebración do día dos Reis Magos no mundo cristián. Actualmente en Francia, a persoa á que lle toca a figuriña agochada na galette, convértese no rei ou na raíña do día e tamén ten dereito a levar unha coroa e a escoller ao seu consorte. Así mesmo, manda a tradición que o día da Candeloria (o 2 de febreiro) se encargue de facer ou de pagar as crêpes (filloas). Este ano quixemos celebrar esta festa francesa cos alumnos de 4º de ESO para que coñecesen de primeira man os costumes e tradicións galos. A nosa raíña foi Andrea López Caaveiro, quen escolleu como rei a José Juan Veiga Maseda.


ESTAS SON SILVIA E ZOBAIDA Había unha vez na Pastoriza unha tímida e fermosa rapaciña de ollar melancólico que estudaba no Instituto Fonmiñá…. e ímonos deter acó porque isto non é un conto de fadas, é unha historia real coma a vida. Silvia Folgueira Rico, antiga alumna do noso centro, resultou gañadora o pasado mes de marzo do primeiro premio de pintura de automóbil nas Olimpiadas Nacionales de Formación Profesional. Silvia estudou a ESO no IES

Fonmiñá e

continuou a súa formación

no Instituto de

CPIFP As Mercedes de Lugo

onde se graduará

este curso. Logo terá que

facer de novo as

maletas para se desprazar en

outubro a Abu

Dhabi e disputar o mundial

WorldSkills.

Ademais das súas indiscutibles

dotes para a

mecánica e a pintura de

automóbiles, que lle

fixeron valedora de varios premios, a Silvia hai que lle dar o mérito de sobresaír nun mundo tradicionalmente destinado aos homes e no que ela se desenvolve coa naturalidade de ter sido criada “entre ferros” –como comentaba ela nunha entrevista a un xornal- sen se cadra ser consciente de que está a abrir a porta a moitas rapazas que soñan con dedicarse á mecánica e que non se atreven a dar o paso. Moita sorte no mundial de Abu Dhabi, Silvia, estaremos pendentes! Iguais parabéns merece Zobaida El Hidam, que rematou a ESO o curso anterior con magníficas cualificacións, o que lle fixo valedora do Premio Extraordinario da Educación Secundaria Obrigatoria ao Esforzo e Superación Persoal.

Malia que

Zobaida provén dunha

familia marroquí de sete irmáns na que os cartos

non sobran, os seus

irmáns

continuaron,

maiores

Soufian

e

Mohamed,

respectivamente, cos seus estudos de Grao en

Turismo e de FP de

Mecánica. E Zobaida non quere ser menos. O

grande

moza, que reside na Pastoriza dende os cinco

anos,

practicamente xorda do oído esquerdo e

facéndose cargo na súa

casa dos seus irmáns pequenos, conseguiu

graduarse na Secundaria

Obrigatoria cun expediente académico que a

medida que avanzaban

os

Ademais,

niveis,

melloraba

espectacularmente.

consciente de que poucas mulleres da súa

é

mérito

desta

que,

sendo

Zobaida

é

cultura continúan cos

seus estudos, mais no seu caso seus pais apoiárona sempre. Agora continúa cos seus estudos de Bacharelato en Meira para despois ir á universidade. A carreira á que lle ten posto o ollo é a de Administración e Dirección de Empresas pero non descarta outras. Coa túa capacidade de traballo ti podes con todo, Zobaida!


NAIS E PAIS COMPROMETIDOS, FILLAS E FILLOS RESPONSABLES. Por Monse Castro, Orientadora educativa.

A responsabilidade é a capacidade de recoñecer e aceptar as consecuencias dos nosos actos. Cada acción ten a súa consecuencia e debemos ensinar aos nosos fillos e fillas a ser conscientes de que son os responsables de remediaren o que fixeron. Pode adquirirse esta responsabilidade de forma innata? Non, hai que traballala. Non é unha tarefa fácil, precisa de paciencia, constancia, firmeza, confianza e cariño. Como pais tendemos a sobreprotexer aos nosos fillos e fillas , a liberalos de tarefas que poderían desenvolver perfectamente, a evitarlles castigos, a encubrir ou escusar os seus erros, etc., e isto leva a que os rapaces non asuman responsabilidades e sexan inmaduros e excesivamente dependentes dos seus proxenitores. Dende o ámbito familar debemos promover valores coma o esforzo para conseguir as cousas non sempre se consegue todo canto desexamos-, a pacencia e o control da ira provocada por situacións que non nos agradan, a asunción das consecuencias dos erros, ou tamén a saber afrontar un “non”. O respecto mutuo e a comunicación cos nosos fillos e fillas son moi necesarios pero non deben evitar que os eduquemos con firmeza e lles marquemos os límites axeitados a cada idade. Os pequenos que non teñen límites nin normas, medran como persoas egoístas e sen empatía cara aos demais e adoitan ter problemas de convivencia e conduta. Coma nais e pais temos a obriga de educar aos fillos, se non asumimos a nosa responsabilidade, non podemos esperar que eles afronten a súa. Todo iso vainos axudar a seren autónomos e a tomar as decisión axeitadas para o seu futuro persoal. Non decaiades no voso papel a fin de que os vosos fillos e fillas cheguen a ser persoas maduras para afrontar o longo camino que agarda por eles na vida. Ilustración: Laura Iglesias López (4ºA)




Hemiciclo do Parlamento: alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO con Sonia, a profesora de Oratoria e organizadora da actividade.

ALGÚNS APUNTAMENTOS SOBRE O PARLAMENTO GALEGO E AS SÚAS FUNCIÓNS Comezou a súa actividade no ano 1981, pasando por diferentes sedes ata chegar á actual, no Pazo do Hórreo (Santiago de Compostela) en 1989. O edificio está decorado con vidreiras e esculturas de pedra e madeira, realizadas íntegramente por artistas galegos, O Parlamento ten unha serie de funcións, entre elas, a lexislativa, que consiste en formular e aprobar as leis que se implantan en Galicia logo de seren acordadas polos Deputados e Deputadas. Dependendo de quen as propoña poden ser: 

Proxectos de Lei, se son propostos polos Conselleiros.

Propostas de Lei, se as plantean dende a Oposición.

Propostas de Iniciativa Popular, propostas polos cidadáns. Para que sexan refrendadas cómpre que haxa 10000 sinaturas.

Función de Control ao Goberno, exercida polos grupos da oposición. Busca supervisar as acción do Goberno e impulsar outras novas. Victoria Andrea Veiga Maseda, Naír Machado Losada, Iván López Fernández, Yeray Lorenzo Darriba

CRÓNICA DUNHA VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA


CRÓNICA DUNHA VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA Feita polos alumnos e alumnas de 2º de ESO

9.30h. Marchamos do instituto. No autobús iamos escoitando música co altofalante de Iago, tirando selfies, charlando e facendo un pouquiño o tolo ;) Foi unha viaxe algo longa pero divertida. Cando chegamos ao Parlamento, por volta das 11.15h., a algúns pareceunos que o edificio podía estar máis coidado pola parte de diante, e a outros, que era xigante. Ao entrar cheiraba moi forte a flores… 11.30-12.30. Comezamos a visita pasando polo detector de metais. Estivemos agardando un pouco ata que chegou o noso guía, Ignacio, que nos levou á Sala dos Xuros onde nos explicou a historia do Parlamento e no ensinou as bandeiras das sete provincias do Antigo Reino de Galicia. Despois levounos a unha sala onde nos puxo un vídeo sobre historia do Parlamento e a súa organización. Logo visitamos a Biblioteca e fixemos unha simulación dun debate político. Máis tarde leváronos ver as diferentes Salas de Reunión dos distintos grupos parlamentarios galegos. Dalí fomos á Sala das Letras Galegas onde estaban as caricaturas de todos os escritores que foron homenaxeados o 17 de maio. Rematamos a visita no Hemiciclo onde Diego, Victoria Andrea e Pablo falaron sobre diferentes temas da nosa actualidade e deron a súa opinión para arranxalos. 12.30-13.15. A nosa impresión ao saír do Parlamento de Galicia foi por unha parte, unha miguiña decepcionante porque non demos visto ao Presidente da Xunta  Moitos compañeiros ansiaban velo para pedirlle que subise o leite, e outros, para coñecelo en persoa. Pero logo divertímonos moito coa simulación do debate na Biblioteca, que por certo, tiña cinco mil volumes! Tamén o pasamos moi ben no Hemiciclo e impactounos a todos o teito da porta grande, era unha preciosidade!  Ignacio contounos a anécdota dun neno cego e xordomudo que fora visitar o Parlamento que lle puña o polgar na súa gorxa e mediante a vibración das cordas vogais, podía entender o que dicía. En fin, foi unha visita moi interesante e o guía explicóunolo todo fenomenal. Claudia Rivas Seivane, Mª Anxos Corredoira Díaz, Martín López González, Iago Álvarez Vidueira, Pablo Alonso Cordero, Ainhoa Eiras Gallego, Eduardo Castillo Samón, Jacobo Lurigados Veiga, Sandra Pena Iglesia, María Pollán Díaz. …e para concluír, señorías, supriman os deberes!

Debate na Biblioteca do Parlamento entre Victoria de 2º de ESO e Nicolás, de 1º.


Arriba: alumnos e alumnas de 3º de ESO no OBRADOIRO DE RADIO: “Bo día, Pastoriza!” No OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA os de 4º de ESO fixeron este estupendo traballo. Que representa o limón? Sobran as palabras…

O TEATRO DO OPRIMIDO é unha ferramenta ideal para educar en valores. O Grupo de Teatro “100tolas” representou a peza “A viaxe de Ana”, baseada nunha historia real, na que unha muller deixa o seu país na busca dunha vida mellor. Atoparase cunha sociedade moderna e “civilizada” e ao tempo, hostil e insolidaria. Ana fracasa no seu obxectivo. Daquela, os nosos alumnos son estimulados pola Curinga (a facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á oprimida e buscar alternativas para resolver o seu problema: Victoria Andrea, Pablo e Mº Anxos (2º de ESO) interpretaron a Ana. Metéronse no seu pelexo e reivindicaron con firmeza os seus dereitos. Precioso cartaz da República Dominicana ilustrado por Laura Iglesias López, de 4º de ESO.

Marleny e Rosaura, nativas da República Dominicana, amosaron aos nosos alumnos como é a realidade do seu país, fortemente castigado pola pobreza e as desigualdades sociais. Non soamente hai bonitas praias e merengue…


“O MUNDO QUE QUEREMOS” por Maribel Valiela Pérez, profesora de Xeografía e Historia e coordinadora do proxecto e Uxía Logilde Iglesias, profesora de Economía e colaboradora no proxecto.

Dende o IES Fonmiñá este ano participamos no programa de innovación educativa Plan Proxecta, que ten coma obxecctivo fomentar a innovación educativa e a formación en valores a través de proxectos interdisciplinares. “O mundo que queremos” ten dous obxectivos claros: por unha banda, afondar nas interconexións entre as nosas realidades, condicións de vida, dereitos, etc., coas realidades dos países en vías de desenvolvemento. Nesta liña é importante que o alumnado reflexione sobre o seu entorno, observando as desigualdades e as inxustizas que temos de perto; por outra, promover a construción dunha cidadanía global, fomentando valores como a participación, o compromiso ou a corresponsabilidade na xustiza social. A idea fundamental é dar a coñecer as desigualdades e as inxustizas sociais coa finalidade de crear accións de cambio cara a un mundo máis xusto e solidario. O proxecto parte dunha sesión inicial na que a coordinadora amosa aos alumnos e alumnas as desigualdades a través de xogos de rol que lles permiten achegarse a estas dun xeito máis vivencial. Preséntanselles as futuras actividades xunto co “país convidado”, que nesta ocasión é a República Domicana, país sobre o que teñen que buscar información. A partir daquí, traballamos arredor de dous temas: a desigualdade (3º e 4º de ESO) e o medio ambiente e a sostenibilidade (1º e 2º de ESO). Na seguinte fase os rapaces convértense en voceiros destes problemas a través de dúas ferramentas de comunicación: a radio (1º e 3º de ESO) e a fotografía (2º e 4º de ESO) para os que se organizaron senllos obradoiros que tiveron como resultado dous programas de radio e a unha exposición fotográfica. Deste xeito os alumnos aprenderon a utilizar os medios de comunicación como ferramenta de denuncia contra as inxustizas sociais. Outra actividade é a representación dunha peza de teatro que amosa problemas sociais coma o racismo, a inmigración, a desigualdade ou a violencia de xénero, a través das vivenzas da súa protagonista. O alumnado participa na obra poñéndose no seu lugar para así, identificar os seus problemas e aportaren ideas para solucionalos. A derradeira actividade consiste nunha visita de persoas procedentes da República Dominicana, que lles contan aos alumnos e alumnas, o seu día a día, os seus traballos e as súas aspiracións. Son xente nova coa que o noso alumnado conecta e empatiza pola idade, pero tamén son xente cunhas necesidades totalmente diferentes ás deles. Ao mesmo tempo que os obradoiros, os rapaces tamén fan un exercicio de captar as desigualdades que sofren eles mesmos para despois corrixir a situación. Un exemplo desta actividade: a identificación do problema do custo do transporte para o alumnado que cursa ensinanzas postobrigatorias (Bacharelato, Ciclos), un evidente caso de discriminación con respecto aos rapaces e rapazas do entorno urbano, que se poden desprazar a pé ao seu centro de estudos. Co obxectivo de convertelos en cidadáns activos, o alumnado realiza varias accións de protesta tales como un encontro co alcalde para conseguir financiamento do Concello para o transporte, a recollida de sinaturas e unha campaña de publicidade. Consideramos que a experiencia está a ser moi positiva posto que facilita o coñecemento das desigualdades, fomenta a relación do centro educativo coa contorna e promove valores como a xustiza e a partipación.


CAVILACIÓNS ANTES DUNHA VIAXE

Será Florencia como din? Ilustración:Verónica Luna

Que pasará, que misterio haberá…

Ilustración de Laura Iglesias López.

Saberémolo na páxina a seguir…


A PIZZA, a gran triunfadora. Veña, Suso, que ben a comes!

A xefa repoñendo forzas cun delicioso GELATO

A torre de Pizza, perdón, de PISA. Desexo cumprido!

Chapando unha BISTECCA ALLA FIORENTINA Hai vida alén da pizza…

Que argallas, Antonio?

A CÚPULA DE BRUNELLESCHI ao fondooo!

Uiii, xa houbo compriñas ;P, Che cosa è?...

Andrea, José Juan e Laura, chimpastes dalgún cadro dos Uffizi?!

O DAVID tampouco defraudou… Aí, aí, vós si que entendedes!...

Os clásicos RECORDOS para agasallar non faltaron en ningunha

maleta.

Aiii, canta inspiración para encher os cadernos que merquei….

Mais foron os SUADOIROS os que arrasaron nas compras, todos e todas lucíronos á volta da viaxe.


Nun dos cubos da muralla en plena ruta, e abaixo, co diploma de participación, o único que trouxemos desta volta ao instituto. Estabamos mal afeitos… Temos que ser bos perdedores!

Á esquerda, a pancarta completa. Diego Coído (ausente ou medio agochado nas fotos) foi un dos principais porteadores. Á dereita, posando coa pucha do Correlingua, o noso compañeiro Carlos Cazón cun dos “marcelinos” de 3ºA. Agardamos verte recuperado ben pronto!


CORRELINGUA 2017: O GALEGO, SEN CANCELAS! Por Belén Martín Franco, profesora de Lingua e Literatura Galega e coordinadora do ENDL

Xa van moitos maios de Correlinguas para o IES Fonmiñá. Até o de agora nada nos impediu acudir á cita e agardamos que a cousa siga así máis e máis anos. Esta actividade figura puntualmente cada ano no programa de actividades de dinamización lingüística do noso centro. Eu limiteime a participar e despois a retomar o testemuño da nosa recordada compañeira Mª Xosé Campo Falcón, a primeira coordinadora do ENDL do noso centro. A participación no Concurso de Pancartas do Correlingua lugués converteuse xa nun ritual, grazas ao traballo realizado pola profesora de Educación Plástica e Visual e membro do ENDL, Matilde Arrizado Yáñez, quen coordina ao alumnado de 3º e de 4º de ESO na elaboración da pancarta, cuxo deseño tense que axeitar ao lema proposto cada ano pola organización. Todos os anos logramos estar entre as tres mellores. No 2007 fomos tamén finalistas do Manifesto (cómpre dicir que foi a única vez en que participamos neste concurso ;) Quedaron atrás os tempos en que había máis cartos e interese por parte das institucións e do profesorado doutros centros, pero no Fonmiñá, seguimos indo encantados ao Correlingua, co importante aliciente – sobre todo para os nosos rapaces e rapazas- de pasar unha mañá enteira en Lugo, sen clases. Todo hai que dicilo  Lembro un ano, na etapa de “esplendor”, en que caera auga a cachón en Lugo toda a mañá e acabaramos todos mollados coma pitos, mais a choiva non impediu que se convertese no Correlingua máis concorrido que lembro. Noutra convocatoria, Bill Melville, un rapaz norteamericano, auxiliar de linguas no noso centro durante dous cursos, acudiu encantado a dinamizar o galego canda nós. Consonte o lema do 2017, contamos con derrubar algún día as cancelas lingüísticas que algúns se empeñan en erguer. Que non nos poñan preitos por querer normalizar o uso do galego! A nosa fala non pode nin debe ter límites e non hai que dosificar o seu uso no ensino coma se dun medicamento se tratase.


#Grazas, Verónica, Tania, Carla, Eva, Nerea, Victoria, Ainhoa, Borja e Pablo.

Á esquerda: rapazas de 1º “RosaliandoSE”, abaixo: Dores Tembrás no obradoiro sobre Carlos Casares co alumnado de 1º e 2º de ESO

Á esquerda: escoitando ao guía durante o roteiro da Esmorga.

Na Fundación Otero Pedrayo, en Trasalba.


BALANCE DAS LETRAS GALEGAS 2017 Por Belén Martín Franco, profesora de Lingua e Literatura Galega. A estas alturas parte da xente (ou toda) sabe que é Carlos Casares o escritor ao que se lle dedican as Letras Galegas neste ano 2017. Casares é sen dúbida, merecedor de tal honra, pero iso non nos impediu que tamén quixésemos homenaxear ao longo deste curso a outros autores que tanto aportaron á nosa literatura, motivo polo que o título desta reseña non só fai referencia ao autor de Os mortos daquel verán, senón tamén a outros grandes das nosas letras: Rosalía de Castro, Eduardo Blanco Amor e o recentemente desaparecido, Agustín Fernández Paz. Para lembrar a Fernández Paz gravamos uns vídeos coa etiqueta #Grazas, Agustín, nos que alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de ESO falaron dun libro do vilalbés que os marcou especialmente e explicaron con moito sentimento e naturalidade por que lles gustou tanto, dedicándolle unhas palabras finais de agarimo ao autor, que dende xullo do 2016 xa non está entre nós. Rosalía de Castro sempre é obxecto de homenaxes, congresos, análises, teses, traballos escolares ou de críticos especializados . Nós non tiñamos nada previsto con Rosalía para este ano, mais unha proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) de que os centros de Secundaria fixesemos un Mannequin Challenge baixo a etiqueta de #RosalíaTe, para festexar o aniversario do nacemento da poetisa -o 24 de febreiro- animounos a facer algo completamente novo e que nos divertiu moito. Desta volta foron os alumnos e alumnas de 1º de ESO os participantes do mannequin. Por outra banda, o 15 de maio tivo lugar un Obradoiro de Escrita Creativa para o alumnado de 1º e 2º de ESO, en torno á figura de Carlos Casares, onde a tamén escritora Dores Tembrás, traballou cos rapaces de xeito lúdico e ameno, aspectos como a trama, os personaxes, o misterio e a experimentación literaria, tomando como base un relato de Vento ferido . Así dá gusto estudar a literatura! O 25 de maio fomos a Ourense para realizar cos rapaces de 4º de ESO, o roteiro de A

esmorga, unha visita guiada dos lugares onde tiveron lugar as andainas do Cibrán, o Milhomes e o Bocas, protagonistas da xenial novela de Eduardo Blanco Amor . E o colofón do noso periplo literario foi a visita da casa de Ramón Otero Pedrayo, hoxe convertida nunha fundación dedicada ao estudo da figura dun dos membros máis importantes

do

irrepetible

Grupo

Nós.


CARTAFOLES MÁXICOS Por Matilde Arrizado Yáñez, profesora de Educación Plástica e Visual Este cartafoles xurdiron da necesidade de gardar os traballos dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, que xa traballan e experimentan con formatos de tamaño superior ao clásico caderno de debuxo. Están realizados a base de cartóns de diversas caixas de almacenaxe que sempre soe haber no centro, unidos con cinta de embalar. Canto á decoración, ademais da cinta de atar, botamos man de diferentes técnicas: pintura acrílica, estampado con esponxa, colaxe con papeis de revistas, teas, redes de froita, etc. É unha maneira orixinal de reciclar materiais con fins artísticos. Cada alumno/a decorouna cun tema ou motivo á libre elección, acorde co seu estilo.

LAURA: “eu fixen colaxe con tecidos, papeis e os restos de puntas afiadas de lapis que tiña Matilde. Chovéronme as ideas, coma a rapaza do paraugas.”

HUGO: “Eu inspireime nos libros de debuxo que me deixou Matilde. Comecei a ver paisaxes... e saíu isto”

NICOLE: “O meu foi pura improvisación. A medida que estampaba e vía que me gustaban os resultados, continuei así.”

NEREA: “Eu tamén improvisei pero xa tiña unha idea: reflectir as dúas caras que ten unha mesma persoa.”


EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

TÍTULO: A

Liberdade agardando pola hora de xantar

FOTÓGRAFA: Matilde Arrizado Yáñez MODELO E DESEÑADORA: Andrea López Caaveiro, 1º Premio do Concurso de Disfraces do Festival de Entroido.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.